O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 26 de fevereiro de 2015

Marcelino Gómez Arias. Unha vida dedicada á loita pola República e o Agrarismo


Marcelino Gómez Arias. Unha vida dedicada á loita pola República e o Agrarismo. Perfecto Ramos Rodríguez
 
La Librería de Cazarabet - Mas de las Matas
Marcelino Gómez Arias naceu nunha humilde familia da montaña do occidente asturiano a fins do século XIX. Emigrou a América sendo case un neno, traballou e formouse pola súa conta ata conseguir acadar un alto nivel intelectual, ao adquirir estudos políticos, xurídicos, xornalísticos e sociolóxicos.

Con 23 anos entrou a formar parte da historia do Uruguai ao participar na súa última gran guerra civil, da que nos deixou un dos poucos relatos pormenorizados que existen do que foi esa contenda. Desde Arxentina, participou activamente na formación de organizacións republicanas españolas e viaxou á Galiza para dirixir un levantamento republicano no ano 1905. De regreso na Arxentina, fundou o Partido Republicano Español en la Argentina e o xornal La España Moderna.

Máis adiante, instalouse en Lisboa para intentar de novo o derrocamento da monarquía española, e participou no movemento que instauraría a República en Portugal. Alí retomou a edición do xornal La España Moderna e, unha vez clausurado este, comezou a edición de El Clamor Español.

Marcelino regresou definitivamente a Galiza desde onde puxo en marcha o proxecto da granxa Tierra Libre e publicou os xornais Tierra Libre e El Amigo del Pueblo. Foi un dos fundadores da «Liga Española para la defensa de los Derechos del Hombre» e chegou a presidir a Sociedad Española de Artistas Notables.
 
Marcelino Gómez Arias escribiu e publicou numerosos artigos e obras socio-políticas ao longo da súa vida. Foi un home pouco común, comprometido na loita pola instauración da República e contra do caciquismo, pola que sacrificou a súa vida e a da súa familia.

A súa loita provocou que morrese de forma prematura á idade de 43 anos.
Hai libros que son quen construír, con solvencia, unha cartografía,  neste caso vivencial, profesional e política dun personaxe  que pode resultar fascinante por intensa, singular e descoñecida. Isto faise mercé á férrea vontade de investir moitas horas de traballo e moito interese persoal pois só así  se consegue poñer no xusto sitio do mapa do coñecemento histórico e social a alguén que, case sepultado no esquezo, talvez non o merecía.  Neste grupo de investigacións cómpre integrar esta valiosa monografía sobre Marcelino Gómez Arias que vén da man de Perfecto Ramos. Precisamente eran as investigacións e o labor de difusión do especialista como se ía asomando algo do periplo vital e da actividade política de Marcelino Gómez Arias, sobre quen se abateu unha lousa de silencio que duraba, sen dúbida, demasiado tempo.

O libro, elaborado con obxectividade e preciso rigor histórico, ofrece un completo compendio da obra dun autodidacta que abrazou a fe no Republicanismo e mais no Agrarismo, e que desenvolveu boa parte da súa actividade política por terras de  Crecente, alén de incorporar un completo percorrido pola súa biografía que comeza en Armeirín (Asturias), pasa por Uruguai, Arxentina e Portugal ata rematar en Angudes. Rescátanse, así,  con minuciosidade os pasos do biografado dos simplemente saliento dous momentos clave como son tanto a súa participación nun levantamento republicano en 1905 como a relevancia que depositaba na prensa, entendida como medio fundamental para espallar as súas ideas chegando a fundar diversos xornais como La España Moderna, El Clamor Español, Tierra Libre ou El Amigo del Pueblo. O traballo, así pois, alicérzase en diversos documentos exhumados e e na consulta de moita  prensa da época, operativa para elaborar ese perfil vital mais onde non esquece retratar a época na que viviu, alén de incorporar múltiples artigos que o republicano e agrarista escribiu, xunto con corpus apreciable de fotografías e rescatar, no epílogo do libro, o texto Revolución Uruguaya de 1904: unha proposta relevante que espella a visión de Gómez Arias sobre o que viviu no Uruguai e que relatou, non me cabe dúbida, con brillantez estilística.

Recomendo, ás persoas interesadas, este volume, altamente informativo e, en boa medida, orientado cara á difusión da personalidade de Gómez Arias, mais tamén do tempo no que viviu. Como proba do que afirmo conclúo reproducindo un exemplo do caudal informativo que aquí se pode atopar e que, neste caso, se refire ás orixes dunha expresión popular aínda hoxe e que o autor relata así:

O artigo 29 da Lei Electoral decretaba que nun distrito que non se presentara máis dunha candidatura, esta era proclamada automaticamente sen celebrar eleccións. Este artigo era aproveitado polos instalados no poder para, por medios lícitos ou menos lícitos, impedir que ninguén contrario ós seus intereses puidera presentar candidatura. A eliminación deste artigo foi unha das reivindicacións dos agrarios nesta época, acuñándose o famoso dito de «ó carallo o 29».

Caderno da Crítica

Nenhum comentário:

Postar um comentário