O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 2 de agosto de 2015

As declaracións profranquistas do alcalde de Baralla xa están na Fiscalía

O alcalde, cos seus partidarios tras evitar a dimisión
CC BY-SA Xosé Salgado

Redacción | @prazapublica 1/8/15
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) presentou este pasado mércores ante a Fiscalía Xeral do Estado un informe que recolle declaracións de políticos que, ao seu entender, atentan contra as vítimas do franquismo, así como unha listaxe de monumentos que enxalzarían "a violencia da ditadura". 

O 26 de xullo de 2013, Manuel Fernández Capón (PP) considerou, no pleno do Concello de Baralla, que as vítimas dos crimes do franquismo "merecíano" e o 22 de agosto os votos dos seus edís evitaron, no propio pleno, que tivese que abandonar o cargo. Tan só uns meses despois, o PP evitou reprobar no Parlamento o rexedor que xustificara a represión franquista.No informe -que denuncia tamén "o mantemento de títulos nobiliarios concedidos por Franco a responsables de violacións de dereitos", segundo explicou o voceiro da ARMH, Bonifacio Sánchez-, inclúense as declaracións do alcalde de Baralla, Manuel González Capón, que asegurara que aqueles fusilados polo fascismo durante a ditadura "merecíano".

Agora, desde a ARMH agardan que a Fiscalía "ampare as vítimas da ditadura franquista", xa que considera que "existe un agravio comparrativo con outras vítimas que son debidamente atendidas polo Estado español" e aseguran que "non hai vontade política para resolver a situación". O PP achegara ao debate unha emenda para substituír a reprobación específica a González Capón que impulsara o BNG para substituíla por un rexeitamento xeral a "calquera manifestación realizara por cargos públicos nas que se xustifiquen os crimes e asasinatos producidos durante o franquismo pola gravidade que supón dar amparo e xustificar a vulneración de dereitos humanos fundamentais naquela época". De ser aceptada ficaría fóra, polo tanto, a condena específica ás verbas de González Capón e a esixencia de que deixe o cargo. O BNG admitía a emenda como adición, non como substitución, pero os populares, representados por Paula Prado, non accederon no medio dun tenso debate.

Ademais das declaracións do alcalde de Baralla, a ARMH inclúe outras, como as do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, e as da ex presidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre, que celebraron que a Audiencia Nacional prohibise as exhumacións ordenadas polo xuíz Garzón en 2008. Tamén se inclúen as do actual voceiro parlamentario do PP, Rafel Hernando, que dixo que "as vítimas da ditadura unicamente se acordaban dos seus familiares cando había diñeiro".

O documento denuncia tamén a exaltación da División Azul nun acto coa presenza da delegada do Goberno en Cataluña, un acto de exaltación franquista nun colexio público de Madrid, o voto en contra do PP no Congreso para retirar o título de Grandes de España a Franco e outras personalidades da ditadura, as burlas do PP de Granada á busca dos restos de Lorca ou as palabras do actual voceiro do PP, Pablo Casado, que en 2009 asegurara nun congreso da súa formación que a xente de esquerdas eran "carcas" porque "están todo o día pensando na guerra do avó e na fosa de non sei quen". Do mesmo xeito, o informe presentado á Fiscalía inclúe tamén as palabras de Jaime Mayor Oreja, ex ministro do Interior, nunha entrevista concedida a La Voz de Galiciaen 2010, cando rexeitara condenar a ditadura franquista, que cualificaba como un período de "extrema pracidez". "Por que vou ter que condenar o franquismo se houbo moitas familias que o viviron con naturalidade e normalidade", preguntábase o político conservador logo de afirmar que a Lei de Memoria Histórica era "un disparate". 

Nenhum comentário:

Postar um comentário