O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Presentación

Galega nacida en Vigo, por motivo do exilio interior dos meus pais; o meu pai de Ferrol e a miña nai de Málaga, desprazándose a vivir a Ferrol onde coñeceu ao meu pai. Sobriña de Manuel Barreiro Rey marino ferrolano fusilado o 14 de marzo de 1939 no Arsenal Militar de Ferrol, na Punta do Martelo, con Pena de Morte por acusación de promotor da rebelión do seu buque o cruceiro Almirante Cervera, durante a resestencia á entrega do buque aos facciosos os días da sublevación militar no Arsenal Militar de Ferrol, permanecendo encarcerado durante toda a contenda militar.

Neta de Juan López de Gamarra Orozco Secretario do Comité Directivo da Agrupación Socialista de Antequera e sanitario do Hospital de Sangue de Málaga e mais tarde miliciano do Batallón nº8 Pablo Iglesias do exercito de milicians voluntarios de Málaga ata que foi fusilado o 14 de marzo de 1937 no cemiterio de San Rafael de Málaga, sendo os netos polo exilio interior, galegos.

A sua nai filla de Juan, nena da guerra, fixo a fuxida pola estrada da morte de Málaga a Almería sen a sua familia, chegou con a colonia escolar a Valencia donde estuvo refuxiada ata o final da contenda. Mais tarde trasladouxe coa sua nai e irmán a Ferrol e xa casada a Vigo onde reside desde entón. As secuelas da guerra fixaronse no seu carácter de forma moi palpable ao longo da sua vida o que marcou profundamente a todos os membros da familia.


15 /12/2010
 En representación da Mesa de Catalunya d'Entitas Memorialistes nos Coloquios Internacionais "Mermoria dá Guerra, reconciliación e cultural dá paz" na Universidade de Santiago de Compostela USC

 Mesa 5 : A recuperación cívica das memorias. O pasado oculto da sociedade.
 A terceira pola dereita

Na presentación da lista de vitimas fusiladas en Galicia pola represión franquista polo Proxecto de investigación interuniversitario  "Nomes e voces" da UCS. Xullo 2009

Mª Jesús de Voces e Nomes da USC, Monroy da As. da MH do 36 de Vigo, eu, Nores da As. 28 de agosto de Cangas, Telmo da As. da MH do 36 de Vigo, Dionisio Pereira de Voces e Nomes da UCS, Ramón Pérez da As. da MH do 36 de Vigo e David Fernández de Ferrol nacido en Orán


Xullo 2009 USC
Telmo Comesaña , Ramón, Monroy, Gonzalo Amoedo, eu, David Fernández e Antonio Nores

Primeiro e única homenaxe no Arsenal Militar de Ferrol, flores para o
 tío Manuel na Punta do Martelo. Familia Barreiro en xullo de 2008
Intervención polo centenario do nacemento do tío Manuel fusilado no Arsenal Militar de Ferrol, no acto anual da Illa de San Simón organizado pola Iniciativa Galega pola Memoria (coordinadora de entidades galegas)
21 de xullo de 2013


Denuncia no Consulado de Arxentina en Barcelona: O día 15 de xaneiro de 2014
Seis dossieres, para a "Querella Arxentina" por crimes do franquismo: Causa 4591/10 caratulada 'N.N. s/genocidio' do Xulgado Nacional no Criminal e Correccional Federal nº1 -Secretaría nº 1, Bos Aires -República Arxentina 

 Dous por Ferrol, xunto co crimen a Manuel Barreiro Rey outro dossier-denuncia sobre a represión na Mariña galega do Arsenal Militar de Ferrol resumo meu autorizado da investigación do historiador Xosé Manuel Suarez, xunto aos listados de vítimas, localidades e causas militares do historiador Bernando Máiz.

Os outros catro, 1 polo crimen de Juan López de Gamarra, 2 polas vítimas fusiladas no cemiterio de San Rafael de Málaga co listado de fusilados desde 1937 a 1948 das historiadoras Encarnación Barranquero e Matilde Eiroa. 3 polo crimen da estrada de Almería sufrida pola miña familia materna (mai e tia) e 4 a desaparición da curmá, bebé nada en Cartagena o 1 de abril de 1939 

 
Venta de Bonos en abril 2015 para recurrir o derribo da cruz do Castro de Vigo
 ante o Tribunal Constitucional

Xunto ao río Lerez en Pontevedra de camiño a reunión da Iniciativa Galega
pola Memoria no Pazo de Cultura xunto a Antonio Monroy e Telmo Comesaña
delegación da Asoc. Viguesa pola Memoria do 36 o 20/6/15


Año 2015. Constitución da
 Asociación Familiares de Marinos Vitimas do Franquismo na Base Naval de Ferrol