tag:blogger.com,1999:blog-5761441983370625193.post3907099586447986685..comments2014-02-10T19:59:52.482+01:00Comments on Estación Atlántica: Vídeo-crónica da concentración anti-Ratzinger e da violencia policialMaria Jose Barreiro Lopez de Gamarrahttp://www.blogger.com/profile/12582830929281111046noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-5761441983370625193.post-81806074325723748262010-11-08T00:44:33.080+01:002010-11-08T00:44:33.080+01:00A visita do papa
Eu fun criada nunha familia crent...A visita do papa
Eu fun criada nunha familia crente e practicante.Tiñamos unha mamá que nos ensinou a ir á misa e rezar, pero creo que o máis importante que aprendemos dela foi a querer ós que tiñan menos e compartir con eles.

Ela xa non está pero aínda, hoxe en día, atopo xente que lle está agredecida.

Sigo coa costume de escoitar misa ainda que agora o fago desde a televisión porque xa teño moitos anos. Este día, cando acabou, deron unha reportaxe da visita do Papa a Galicia.

Cambiei de cadea e estaban cun documental de calquer lugar do mundo donde os nenos viven nun vertedoiro. Nenos que comen dos restos do lixo e viven das latas, dos cartóns, do refugallo … Alí non había traxes de puntillas bordados, nin gorros de cucurucho, nin aneis de ouro. Alí había moita miseria.

Quedei vendo o documental porque o vaticano, o papa e todo o seu séquito recordáronme ós mercaderes que o Noso Señor expulsou do templo.

Jesucristo estaría ó lado dos nenos do vertedoiro , non patrullando polo mundo nun papamóvil.

Cando o fillo de Deus visitaba un pobo era para ensinar a través de parábolas, para sanar enfermos, axudar ós máis desfavorecidos…

Non para facerlles gastar 6.451 euros por cada minuto que durara a súa visita.

Mª Francisca Rodríguez Cabanas
O OurovelloAnonymousnoreply@blogger.com