O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 2 de maio de 2013

Homenaxe a Manuel Barreiro en Bobigny (Paris) o 13 de abril 2013


Texto leido no meu nome por Christina Crevillén, gravado por Henri Belin


Mª José Barreiro López de Gamarra neta e sobrina de fusilados - 14 de abril 2013
En primeiro lugar quero agradecerlle á Asociación Amigos dos republicanos españois da rexión parisina  haberme invitado a este importante e emotivo acto de recoñecemento aos republicanos españois exiliados en Francia. En especial a Rose M. Serrano e ao seu pai Daniel pola súa amizade e compañerismo a tantos kilometros de distancia e concederme estes minutos de que o meu tío Manuel, que non tivo oportunidade de viaxar fóra da peninsula ao que encarcelaron o 21 de xullo de 1936 e arrincáronlle a vida con 25 anos, o 14 de marzo de 1939, fusilado fai 74 anos; hoxe, grazas a eles, está aquí convosco do mesmo xeito que eu mesma.

Recoñecemento que como ben sabemos todos non teñen no seu propio país, onde seguen mantendo vigentes as súas condenas a morte e prisión. E onde a negativa a facer xustiza levounos a pedila noutro pais amparados no dereito penal internacional por delitos de genocidio e/ou lesa humanidade. Manuel é unha das victimas na chamada querella arxentina contra os crimes do franquismo, na cal acudinme polo seu crime e polo do meu avó materno malagueño Juan Lopez de Gamarra, fusilado no cemiterio de San Rafael da cidade onde durante 20 anos desde 1937 a 1957 foron fusilados máis de 4.000 homes e mulleres por ser de diversas ideologias de esquerdas.

Manuel Barreiro Rey é o irmán maior do meu pai. Nacido en Ferrol no Barrio de Esteiro en Galicia o 21 de xuño de 1913.

Este ano 2013 é o centenario do seu nacemento, por este motivo quero dedicalo ao seu recordo e através del, tamén ao resto de homes das dotaciones dos buques que perderon a vida na Base Naval de Ferrol, a súa cidade natal.

Unha homenaxe a Manuel Barreiro e a todas as vítimas do fascismo español desde ese Lugar de Memoria que é o Arsenal Militar de Ferrol. Onde foron fusilados.

Lugar de Memoria esquecido pola sociedade; xa non descoñecido do resto do Estado Español si non da súa propia cidade.

Manuel, do mesmo xeito que os seus compañeiros de infortunio, neste recinto militar é o gran esquecido, pola súa propia profesión, A Armada. "aínda" expulsados da Mariña e "aínda" condenados a matar sen xulgar os crimes con eles cometidos.

Porque Ferrol, unha cidade con historia revolucionaria e antifranquista quedou como falso reducto do fascista dictador, o seu delito foi dar berce ao genocida. Pero tamén deu berce a homes e mulleres fieis aos dereitos democráticos da sociedade, antifascistas, obreiros loitadores que deron a súa vida e o seu sufrimento para ser esquecidos e ignorados na actualidade.

Polo sufrimento dos homes que alí estiveron encarcelados, uns paseados cada madrugada e outros moitos como Manuel que non habendo sido paseado foi condenado a Pena de morte e fusilado. Estes buques foron: o acoirazado España, o crucero Almirante Cervera ao que pertencía Manuel, o destructor Velasco e varios torpederos e guardacostas.

Non os volvamos a abandonar ao esquecemento, loitemos por que os feitos que alí sucederon sexan coñecidos e integrados nos estudos das novas xeracións.

Por todas as vítimas esquecidas da Mariña galega, por este Arsenal Militar, a súa historia e o seu futuro como Lugar de Memoria sinalado, tan importante na historia do país, e tan descoñecido.

Adquiramos este compromiso de loita pola Verdade, Xustiza e Reparación

¡Manuel querémosche e non che esquecemos!

Nenhum comentário:

Postar um comentário