O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta roteiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta roteiros. Amosar todas as publicacións

martes, 11 de agosto de 2015

V Xornadas Memoria dun Tempo

Nordés 10/8/15

Chega a cita coa Historia que cada ano, e van 5, propón Nordés para o mes de agosto: as Xornadas "Memoria dun tempo". Será os días 20, 21 e 22 na Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, ainda que aconsellamos consultar o cartaz adxunto por canto hai cousas que se fan fora do local citado.



Como en edicións anteriores, os contidos das Xornadas son diversos no seu contido e forma. Así, en canto a isto último, teremos conferencias, proxección dun documental, un recital, un roteiro didáctico, xantar de amizade e a 3ª homenaxe a Republicanos e Libertarios. E en canto ás temáticas, a lembranza do final da II Guerra Mundial achegándonos ás historias persoais de homes e mulleres do Ortegal que, dunha forma ou outra, víronse involucrados na mesma, dun xeito tráxico en moitas ocasións. O relator será o historiador ferrolán Eliseo Fernández.


A devandita homenaxe na Ponte Vella de O Barqueiro, coa participación da asociación Coletivo Pensamento e Sementeira de Viveiro en representación dos veciños da Mariña que foron fusilados nese paraxe da nosa xeografía, moi cerca do monolito en recordo dos represaliados e represaliadas polo franquismo no Concello de Mañón.


A homenaxe contará tamén con intervencións de persoas a título individual e as cancións de Mini e Mero e Andrés Rodríguez, músicos que daran un recital para pechar o acto.


Os tempos da dura guerra civil e posguerra ocuparán o sábado cunha camiñata por Ambosores para coñecer dos feitos lutuosos que nos primeiros anos 50 tiveron lugar nese casal, encrucillada dos concellos de As Pontes, Mañón, Muras e Ourol. A actividade será guiada polo Nordesteiro de pro Bernardo Penabade.


E rematarase falando do papel da muller na guerrilla da man da Catedrática de Lingua e Literatura Galega na USC, historiadora e investigadora especializada no área da muller, Aurora Marco, xunto coa proxección do documental "As silenciadas", de Pablo Ces (Premio Mestre Mateo 2012 ó mellor Documental; Premio “Memoria i Justicia Universal” no Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet (2011); Premio “Popular runner up” no Festival internacional online Humanity Explored 2013)


Ogallá o programa sexa do voso agrado e poidamos contar con vostedes como público e participantes nestas V Xornadas "Memoria dun tempo" organizadas por Nordés.

luns, 15 de decembro de 2014

Cine e charlas no programa de memoria histórica de Cuntis

Traducción Estación Atlántica
Faro de Vigo 11.12.2014
A biblioteca municipal "Roberto Blanco Torres" de Cuntis acolleu este sábado a proxección do documental "A volta dous nove". Trátase dunha peza de Antonio Caeiro sobre o proceso de recuperación da memoria histórica. Ao acabar a proxección celebrarase unha mesa redonda coa documentalista Margarita Teijeiro e o propio Antonio Caeiro.
 
Dentro das actividades, o mércores 17 farase un percorrido cos alumnos do CPI Don Aurelio de Cuntis no que se visitarán os lugares máis emblemáticos ligados a esta temática. O periplo histórico pasará polo cemiterio municipal, a Circunvalación Don Aurelio, a praza dás Árbores e a rúa do Balneario, entre outros lugares.
 
O proceso contra Aurelio Rei
 

domingo, 10 de agosto de 2014

Nordés pon en marcha as IV Xornadas Memoria dun tempo

 
Crónica3.com 04-08-14
Nordés, a asociación para o desenvolvemento das Terras da Faladora, organiza para o 21, 22 e 23 de agosto as IV Xornadas “Memoria dun tempo” que, como é xa habitual, teran lugar no pobo de O Barqueiro (Concello de Mañón)
 
As devanditas xornadas, das cais lle facemos chegar o cartaz en arquivo adxunto, seguen la liña das anteriores coa apertura a novas temáticas sin perder de vista aquela que foi básica para o seu nascemento: a recuperación da chamada memoria histórica da bisbarra, é dicer, aquila que se centra nos anos da II República, Guerra Civil e represión franquista.
 
Exemplos do aumento de temas son a conferencia que abre a Xornadas, e que se centrará no Centeario da 1ª Guerra Mundial facendo unha aproximación ós feitos pasados en Galiza nos que iste conflicto foi protagonista. Estamos a falar do Congreso Internacional pola Paz que se levou a cabo en Ferrol no ano 1915. Para iste acto contaremos co historiador e Presidente do Ateneo Ferrolán Eliseo Fernández.
 
O venres 22 sí está máis centrado nos feitos da Guerra Civil e posguerra coa evocación da memoria e feitos da guerrilla antifranquista. Alejandro Rodríguez falaranos dos conflictos internos no seo da propia guerrilla, cuxo froito máis definido foi o abandono e fuxida de moitos dos seus integrantes, caso da saída dun grupo dende a praia de A Abrela, no concello de O Vicedo. Tamén se proxectará dentro diste acto o documental de Helena Villares e Pilar Faxil “A cidade da selva”.
 
Para o sábado 23 téñense programadas varias cousas, escomenzando cun roteiro didáctico que nos levará a percorrer as varias escolas construídas coas aportacións económicas da Unión Mañonesa, asociación de emigrantes fundada en Cuba en 1907. O roteiro contará como guieiros con Bernardo Penabade, Diana M. Rodríguez e o experto no asociacionanismo da emigración en Cuba Sixto Gómez.
 
Ás 8 da tarde contaremos de novo con Juan Carlos Salgado, que si ven en novembro pasado nos falou do afundimento do submariño alemán U966 en augas próximas á Estaca de Vares, esta vez se centrará nos ataques ós pesqueiros galegos durante a 1ª e 2ª Guerras Mundiais, así cómo na Guerra Civil. O título da súa poñencia é “Pescando en augas perigrosas: pesqueiros galegos nas guerras do século XX”.
 
Seguirá o sábado cunha cea de fraternidade no Restaurante Relojes, para o cal haberá que reservar primeiro chamando ó teléfono 653756454 (Ricardo).
 
E para rematar un concerto co título de “Cancións para un tempo de loita”, e que pódese definir coma unha segunda parte do recital co que se pecharon as Xornadas do ano pasado cun grande éxito de público e animación. De novo será Andrés Rodríguez, músico de O Carballiño, quen evocará as cancións que soaban nos ámbitos contestatarios durante o franquismo e maila transición, moitas dilas convertidas en himnos de loita universais.
 
Os actos terán lugar no Salón de Actos da Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, agás o roteiro que terá como ponto de partida a Escola da Unión Mañonesa restaurada en Mañón, a cea no lugar xa indicado, e o concerto que será en ” O Bar Queiro” .

domingo, 2 de xuño de 2013

Represaliadas e resistentes: programa do Concello de Pontevedra sobre a represión franquista contra as mulleres

O concello de Pontevedra, por medio das concellarías de Cultura e Patrimonio Histórico, inicia o vindeiro mes de xuño un programa de actividades destinado a dar a coñecer a represión franquista contra as mulleres e recoñecer o papel das mulleres na resistencia á Ditadura. A iniciativa é unha resposta ao novo tempo de silencio decretado polo goberno galego a partir de 2009 e un chamamento sobre a necesidade de seguir recuperando a memoria oculta e silenciada. Neste sentido, o concello de Pontevedra salienta o pulo que recibiron os traballos de investigación e divulgación sobre esta materia (publicacións, audiovisuais, exposicións) no período 2005-2009 e a importancia de darlle continuidade malia os atrancos de todo tipo. Ademais de render homenaxe ás mulleres represaliadas, o concello de Pontevedra tamén procura con esta programación recoñecer publicamente o compromiso de asociacións culturais e historiadoras e investigadores que seguen mantendo vivo o facho da memoria e da xustiza para as mulleres represalidas e resitentes. Serán precisamente dúas das que máis se teñen significado nesta andaina, Carmen Blanco e Aurora Marco, quen pronuncien as conferencias de apertura e clausura do simposio que se vai celebrar en Pontevedra os días 7 e 8 de xuño.
 
Programación de actividades para o mes de xuño de 2013
A programación dará comezo no mes de xuño e terá continuidade no vindeiro curso con actividades en centros culturais de barrios e parroquias e en centros de ensino medio. Para o mes de xuño están previstas as seguintes:
 
1. Presentación do audiovisual Digna rabia, de Ángel Rodríguez Gallardo e Victoria Martíns. Mércores 5 de xuño ás 20 horas na Casa das Campás. Presentación e coloquio con Ángel Rodríguez Gallardo.
2. Presentación do audiovisual As silenciadas. Mulleres na resistencia antifranquista, de Pablo Ces. En centros de ensino e centros culturais de barrios e parroquias no mes de xuño. Voltarase a programar a partir de setembro.
    Venres 14 de xuño ás 20 horas no Centro social do Gorgullón
    Martes 18 de xuño ás 20 h no centro social Pontevedra Leste
    Martes 25 de xuño no centro social de Cabanas-Salcedo
3. Exposición Vermellas. No vestíbulo do Auditorio do Pazo da Cultura a partir do 6 de xuño. Poderá visitarse por grupos de escolares de secundaria e bacharelato.
4. Simposio sobre a represión franquista contra as mulleres. Venres 7 e sábado 8 de xuño no Pazo da Cultura. Inscrición através do correo mulleresememoria@gmail.com
5. Roteiro homenaxe ás mulleres represaliadas e resistentes. Venres 28 de xuño ás 20 horas, guiado por Xosé Álvarez Castro. Saída desde a praza do Concello.
 

venres, 23 de novembro de 2012

Piden a retirada dos derradeiros símbolos franquistas de Pontevedra

 
O vindeiro 6 de decembro un roteiro urbano sobre a represión franquista en Pontevedra
 
Redacció- Praza Publica
A Asociación Cultural A Revira presentou este 20 de novembro, aniversario da morte do ditador Francisco Franco, un escrito no Concello para pedir que se retiren os últimos símbolos franquistas na cidade de Pontevedra. Demandan o cumprimento da Lei de Memoria Histórica e a conseguinte supresión de varias placas da Delegación Nacional de Sindicatos e un escudo franquista co lema Una Grande Libre na rúa Michelena. A Revira explica que "afortunadamente a cidade conta com poucos símbolos franquistas, em comparaçom com o que acontece noutras urbes galegas, mas é tempo já de proceder à definitiva eliminaçom destes vergonhentos resíduos do totalitarismo".
 
O colectivo lembra que "a eliminaçom destes símbolos nom só representa um acto de higiene democrática que já chega muitos anos tarde, senom que é umha obriga legal que tenhem as administraçons públicas, segundo afirma o artigo 15 da Lei de Memoria Histórica aprovada no ano 2007". Ademais, A Revira organizará o vindeiro 6 de decembro un roteiro urbano sobre a represión franquista na cidade, dentro das actividades do seu IX aniversario, "coa intención de afondar no coñecemento histórico deste negro periodo". A Revira pretende contribuir "á reivindicaçom das liberdades e à necessária concienciaçom contra a ameaça fascista, que sempre retorna em tempos de crise profunda como os que vivemos".

xoves, 8 de novembro de 2012

Actos de memoria no MARCO en Vigo

 
Lugar: Museo “MARCO” (antiga cárcere, xulgado e cuartel) rúa Príncipe nº 54 Vigo
VENRES DÍA 9, ÁS 19 HORAS
-Mesa redonda no Auditorio
-Carlos Nuñez, Fernando M. Randulfe e Xoán Carlos Abad Galego
-Roteiro polas instalacións do que foi xulgado, cárcere e cuartel militar
VENRES  DÍA 16,  ÁS 20 HORAS*
-Concentración no exterior
 
-Manifesto
 -Música: Hímno de Riego
 -Discurso: Mónica González. Letura da Causa do seu bisabó, Manuel del Río Primeira vítima condenado en xuizo sumario, asesinado o 6 de agosto do 36 e soterrado en Pereiró
 
-Agradecementos
 
-Ofrenda floral
 -Hímno Galego e fin do acto

*NOTA: O ACTO DO VENRES DÍA 16, CAMBIA A HORA DAS 19H. PREVISTO PASASE ÁS 20H. POR SUXERENCIA  GUBERNATIVA.

sábado, 15 de setembro de 2012

Monte Alto homenaxea a Pedro Galán Calvete

 
O que fora secretario xeral das Mocidades Galeguistas na Coruña recibe máis un ano a tradicional homenaxe
 
Sermos Galiza 15/9/12 - O.R.
O grupo de barrio do BNG en Monte Alto e a organización xuvenil da fronte nacionalista, organizan unha homenaxe a Pedro Galván Calvete, secretario de organización das mocidades galeguistas da Coruña fusilado a mans dos fascistas en 1936 cando tan só contaba con 19 anos.
 
O acto consistirá nun roteiro iniciado na Praza de María Pita e que continuará até o cemiterio de San Amaro guiado pola profesora da Universidade da Coruña e exparlamentar Pilar García Negro. Finalmente, as persoas participantes realizarán unha ofrenda floral perante o sartego de Pedro Galán nun acto no que intervirán Pedro Galán Horro, sobriño do homenaxeado; o responsábel comarcal de Galiza Nova, Daniel García e Suso Bermello, candidato polo BNG ás eleccións nacionais pola Coruña.
 
Un patriota asasinado
Pedro Galán Calvete naceu en Monte Alto en xullo de 1917 no seo dunha familia de traballador@s e migrantes, coma tantas outras persoas de onte e agora. Galán, foi alumno das primeiras escolas de ensino primario que deron aulas na lingua de noso, cando aínda era mestre delas outra vítima do fascismo, Ánxel Casal.
 
Galán Calvete convertiríase co tempo nun mozo comprometido con Galiza e cos problemas reais do noso pobo. Tales facetas convérteno en secretario xeral das Mocidades Galeguistas, cando esta se constitúe na Coruña, cidade na que contaría cunha importante actividade política e de pulo na creación de numerosas asociacións e clubes coma o Clube do Mar.
 
Porén o estalido do golpe fascista puxo fin á súa vida nunha de tantas ‘cunetas’ en 1936. Cada ano a mocidade nacionalista da Coruña, lembra e homenaxea a a figura deste mozo, do que din era “un patriota galego” que morreu por defender a liberdade da Galiza.

domingo, 27 de novembro de 2011

Roteiro Homenaxe as vítimas e represaliados do 36 en Cuntis (Pontevedra)

Sábado 3 de decembro as 11 horas

-Saída da Praza dos Arbores da vila do Baño, Cuntis

-Roteiro até a Ponte Tabeada

-Xantar en Casa Varela (ORial, Santa Xusta, Moraña). Prezo 15 €

-Reservas no teléfono 678 18 79 73

Nº Conta: 0072 0451 69 0000100710

domingo, 9 de outubro de 2011

4º Roteiro da Vergoña, pola eliminación da simboloxía franquista


Domingo, 16 de outubro

Despois de dous anos da aprobación polo Pleno da corporación municipal da Coruña da eliminación de máis de 50 símbolos franquistas, aínda está sen cumprir ese acordo.

Nalgún caso o concello xa aprobou o nome da rúa que sustituirá á eliminada, como Alferez Provisional, que é Avenida do Porto.

A situación actual é unha auténtica vergoña para A Coruña e resultado da desidia do alcalde Losada e dos compromisos do alcalde Negreira cos nostálxicos do franquismo.

No Pleno de 7 de setembro de 2011 o PP negouse a debater unha moción que a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) enviou a todos os grupos municipais e que dicía nos seus puntos 3 e 5:

“Retirar no prazo de tres meses o escudo franquista, ilegal desde hai trinta anos, da vidreira da escaleira principal do palacio municipal de María Pita.

Retirar, no prazo dun mes, as placas das rúas franquistas que xa teñen aprobada a rúa da súa substitución no pleno da corporación municipal. Retirar, no prazo de tres meses, o resto das placas e símbolos franquistas, previa aprobación polo pleno das rúas alternativas.”

A CRMH vai continuar coas súas actividades para esixir a retirada da simboloxía franquista e recurrirá aos tribunais de xustiza, se é necesario, para que se cumpra o acordo do Pleno municipal de 7 de setembro de 2009.

O roteiro, será máis reducido que o primeiro, realizado o 28 de maio de 2005. Comezará ás 12,30 en Alferez Provisional (xunto a Correos), continuará por xeneral Mola (fonte de Santo André) e acabará en Juan Canalejo.

Xa foi comunicada á Delegación do Goberno en Galicia a realización desta marcha cívica.

Un cordial saúdo.