O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta República. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta República. Amosar todas as publicacións

xoves, 26 de febreiro de 2015

Marcelino Gómez Arias. Unha vida dedicada á loita pola República e o Agrarismo


Marcelino Gómez Arias. Unha vida dedicada á loita pola República e o Agrarismo. Perfecto Ramos Rodríguez
 
La Librería de Cazarabet - Mas de las Matas
Marcelino Gómez Arias naceu nunha humilde familia da montaña do occidente asturiano a fins do século XIX. Emigrou a América sendo case un neno, traballou e formouse pola súa conta ata conseguir acadar un alto nivel intelectual, ao adquirir estudos políticos, xurídicos, xornalísticos e sociolóxicos.

Con 23 anos entrou a formar parte da historia do Uruguai ao participar na súa última gran guerra civil, da que nos deixou un dos poucos relatos pormenorizados que existen do que foi esa contenda. Desde Arxentina, participou activamente na formación de organizacións republicanas españolas e viaxou á Galiza para dirixir un levantamento republicano no ano 1905. De regreso na Arxentina, fundou o Partido Republicano Español en la Argentina e o xornal La España Moderna.

Máis adiante, instalouse en Lisboa para intentar de novo o derrocamento da monarquía española, e participou no movemento que instauraría a República en Portugal. Alí retomou a edición do xornal La España Moderna e, unha vez clausurado este, comezou a edición de El Clamor Español.

Marcelino regresou definitivamente a Galiza desde onde puxo en marcha o proxecto da granxa Tierra Libre e publicou os xornais Tierra Libre e El Amigo del Pueblo. Foi un dos fundadores da «Liga Española para la defensa de los Derechos del Hombre» e chegou a presidir a Sociedad Española de Artistas Notables.
 
Marcelino Gómez Arias escribiu e publicou numerosos artigos e obras socio-políticas ao longo da súa vida. Foi un home pouco común, comprometido na loita pola instauración da República e contra do caciquismo, pola que sacrificou a súa vida e a da súa familia.

A súa loita provocou que morrese de forma prematura á idade de 43 anos.
Hai libros que son quen construír, con solvencia, unha cartografía,  neste caso vivencial, profesional e política dun personaxe  que pode resultar fascinante por intensa, singular e descoñecida. Isto faise mercé á férrea vontade de investir moitas horas de traballo e moito interese persoal pois só así  se consegue poñer no xusto sitio do mapa do coñecemento histórico e social a alguén que, case sepultado no esquezo, talvez non o merecía.  Neste grupo de investigacións cómpre integrar esta valiosa monografía sobre Marcelino Gómez Arias que vén da man de Perfecto Ramos. Precisamente eran as investigacións e o labor de difusión do especialista como se ía asomando algo do periplo vital e da actividade política de Marcelino Gómez Arias, sobre quen se abateu unha lousa de silencio que duraba, sen dúbida, demasiado tempo.

O libro, elaborado con obxectividade e preciso rigor histórico, ofrece un completo compendio da obra dun autodidacta que abrazou a fe no Republicanismo e mais no Agrarismo, e que desenvolveu boa parte da súa actividade política por terras de  Crecente, alén de incorporar un completo percorrido pola súa biografía que comeza en Armeirín (Asturias), pasa por Uruguai, Arxentina e Portugal ata rematar en Angudes. Rescátanse, así,  con minuciosidade os pasos do biografado dos simplemente saliento dous momentos clave como son tanto a súa participación nun levantamento republicano en 1905 como a relevancia que depositaba na prensa, entendida como medio fundamental para espallar as súas ideas chegando a fundar diversos xornais como La España Moderna, El Clamor Español, Tierra Libre ou El Amigo del Pueblo. O traballo, así pois, alicérzase en diversos documentos exhumados e e na consulta de moita  prensa da época, operativa para elaborar ese perfil vital mais onde non esquece retratar a época na que viviu, alén de incorporar múltiples artigos que o republicano e agrarista escribiu, xunto con corpus apreciable de fotografías e rescatar, no epílogo do libro, o texto Revolución Uruguaya de 1904: unha proposta relevante que espella a visión de Gómez Arias sobre o que viviu no Uruguai e que relatou, non me cabe dúbida, con brillantez estilística.

Recomendo, ás persoas interesadas, este volume, altamente informativo e, en boa medida, orientado cara á difusión da personalidade de Gómez Arias, mais tamén do tempo no que viviu. Como proba do que afirmo conclúo reproducindo un exemplo do caudal informativo que aquí se pode atopar e que, neste caso, se refire ás orixes dunha expresión popular aínda hoxe e que o autor relata así:

O artigo 29 da Lei Electoral decretaba que nun distrito que non se presentara máis dunha candidatura, esta era proclamada automaticamente sen celebrar eleccións. Este artigo era aproveitado polos instalados no poder para, por medios lícitos ou menos lícitos, impedir que ninguén contrario ós seus intereses puidera presentar candidatura. A eliminación deste artigo foi unha das reivindicacións dos agrarios nesta época, acuñándose o famoso dito de «ó carallo o 29».

Caderno da Crítica

sábado, 21 de xuño de 2014

3.000 voces contra a monarquía na Coruña

 
Traducción Estación Atlántica
O escritor Manuel Rivas clama na Coruña contra a "imposición monárquica" nun marcha convocada por unha veintena de colectivos

EP A Coruña 20 xuño 2014
Unhas 3.000 persoas secundaron onte a protesta convocada na Coruña por unha veintena de organizacións para reclamar unha República en España, no día da proclamación de Felipe VI como Rei. A movilización, apoiada polo BNG, EU, Compromiso por Galicia, a Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica (CRMH), o Ateneo Republicano e movementos do 15-M, entre outros, partiu da Casa do Mar e concluíu ante a sé da Delegación do Goberno en Galicia blandiendo unha pancarta na que se podía ler 'Galiza pola República. Polo dereito a decidir'.

Alí, o escritor e xornalista Manuel Rivas leu un manifesto, no que se rexeita a "imposición monárquica" e denúnciase a "política de cartón pedra, que fan as élites á marxe do pobo". Tamén reivindicou un "si" á "liberdade, que é un tesouro da humanidade". "E dicimos si ao dereito a decidir", sinalou Rivas, quen subliñou tamén que os dereitos "están para exercelos e non para que os teñan conxelados nas neveras do poder". O manifesto incide tamén no "modelo caduco e que agoniza" da Constitución española e acentúase de "incompatible" a monarquía cun sistema democrático. A lectura concluíu cun 'Viva a República. Galicia pola República'.

O presidente da Comisión pola Memoria Histórica, Fernando Souto, pediu que se dea voz" á xente que por idade non puido votar no proceso de Transición. "Non hai que ter medo a que a xente opine", dixo, tras poñer como exemplo a votación realizada en Australia para elixir entre monarquía e república.

xoves, 19 de xuño de 2014

Manifestación en Vigo pola República ¡Borbóns nunca máis!


Concentración Unitaria xoves 19 En Noia

 
Terra de Outes 18/6/14
A Asociación Terra de Outes e a Comisión pola Memoria Histórica do Barbanza convocan a todos os seus socios/as e amigos /as a participar na concentración Unitaria que terá lugar o próximo xoves, 19 de xuño, a partir das 20.30 h., diante da Casa do Concello de Noia co lema GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR.

DI NON Á MONARQUÍA!!!

DEREITO A DECIDIR!!!

En arquivo adxunto envío o texto do manifesto
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes

sábado, 14 de xuño de 2014

Manifestación Pola República: Borbóns Nunca Máis


¡¡¡¡ BORBÓNS NUNCA MAIS ¡¡¡¡¡
O vindeiro 19 de xuño nomearán a Felipe de Borbón xefe do estado a título de Rei. O seu único mérito será o de ser fillo do seu pai, tal como o do seu pai fora o de ter sido nomeado polo ditador.

Compre preguntarse, de onde provén a lexitimidade que queren darlle a Felipe Borbón? . Xa o dixemos. Provén dun golpe de estado e dunha guerra xenocida. De onde a súa presunta preparación? De que e quen o examinou?. Falar da súa preparación é un insulto á intelixencia do pobo, unha ofensa aos milleiros de estudantes que se examinan da selectividade, que preparan doutoramentos ou que opositan á administración do estado. Un insulto aos traballadores e traballadoras que se examinan a cotío nos seus lugares de traballo e nas empresas para poder subsistir, unha ofensa aos labregos ou aos mineiros que se enfrontan ao tribunal da terra, aos mariñeiros, aos xubilados, aos pensionistas, aos traballadores do metal, as mariscadoras ou redeiras que se preparan a cachón día tras día para poder seguir aprobando o exame da vida e da supervivencia nun mundo de explotación e abusos sen fin.

Abofé que Felipe Borbón aprobará o exame do tribunal dos especuladores e dos banqueiros delincuentes, da troica e do FMI, da OTAN e da Unión Europea, de Walt Street e das empresas do IBEX, das monarquías absolutas do Golfo Pérsico e do Pentágono. Será, con seguridade, saudado por eles e os seus cómplices aquí….. Pero , como os seus antepasados e o seu pai, será suspendido polo tribunal do pobo . Non esquezamos que cada vez que o pobo puido elixir sempre elixiu REPÚBLICA. 

Primeiro en 1873 , cando Sabela II tivo que fuxir a fume de carozo dun lugar onde ninguén a quería. E logo en 1931, cando Alfonso XIII, colaborador e cómplice coa ditadura de Primo de Rivera marchou cara ao exilio logo dunhas eleccións municipais. Tamén nós imos ter unhas eleccións municipais dentro de menos dun ano…………non o esquezamos.

O día 19 de xuño, data prevista para a proclamación como rei deste novo Borbón, vai chegar un novo Prestige ás rúas de Vigo e as rúas de Galicia toda. Un novo Prestige que enchera de chapapote as entrañas do pobo para emporcar os seus ancellos de participación democrática e o seu dereito a poder decidir sobre a “res publica”.

Pero tal como fixemos hai dez anos, seremos nós , os galegos e galegas, os que nos movilizaremos en masa para arrincar este novo e noxento chapapote que nos ameaza derrotando así a pantasma apodrecida desta nova restauración monárquica que pretende impor o bloque dominante para que nada cambie e para que todo sega igual.

E temos que impedilo, temos que dicir non a este engano, temos que saír as rúas para republicanizar as loitas e os conflictos sociais e para encher o corpo das nosas cidades de motivos antimonárquicos, para dicirlles, nun berro alto e claro, que a democracia é o exercicio da soberanía popular e que a soberanía popular non se negocia as nosas costas.

Por todo isto A Asemblea Republicana de Vigo convoca a todos os vigueses e viguesas e tamén á veciñanza da bisbarra para que se manifesten polas rúas da cidade para berrar.

 ¡¡¡FORA OS BORBONS¡¡¡

¡¡¡NON A MONARQUÍA¡¡¡

¡¡¡POLA REPÚBLICA¡¡¡