Amosando publicacións coa etiqueta III República b>. Amosar todas as publicacións

mércores, 18 de xuño de 2014
luns, 9 de xuño de 2014
Medio milleiro de persoas clama pola III República na rúa do Príncipe en Vigo
Vinte organizacións políticas e sindicais, entre elas EU e Anova, convocaron a concentración
A Voz - Carlos Punzón. Vigo 08 de xuño de 2014
Algo máis de cincocentas persoas están a concentrarse na rúa do Príncipe de Vigo esixindo a celebración dun referendo no que a sociedade española decida o seu modelo de xefatura de Estado.Vinte organizacións políticas e sindicais convocan a concentración que continúa cara á Porta do Sol.
Nun manifesto lido ante o MARCO, as organizacións convocantes claman pola proclamación da III República, como tamén forzas independentistas pediron que a república teña carácter soberano en Galicia.
O gasto que representa a familia Real, o aumento dos casos de corrupción ou as alianzas que os manifestantes auguran multiplicásense entre o PSOE e o PP para manter a actual correlación de forzas e poderes no Estado son algunhas das razóns que os concentrados corean en favor da celebración dun referendo e a posterior proclamación dunha nova república.
venres, 6 de xuño de 2014
mércores, 4 de xuño de 2014
O PSOE local reivindica a alma republicana do seu partido e reclama un referendo
![]() |
| Concentración de partidarios da república na praza da Peregrina de Pontevedra o pasado luns. // Gustavo Santos |
Os socialistas pontevedreses e de Caldas instan ao presidente do Goberno a convocar a consulta para decidir entre monarquía ou república » Distáncianse de Pérez Rubalcaba
B.márquez/F.martinez | Pontevedra 04.06.2014
As executivas do PSdeG-PSOE de Pontevedra decidiu reivindicar o espírito republicano do Partido Socialista e declarar o seu apoio á República como "fórmula de organización política do Estado en España". A decisión foi adoptada, por unanimidad, nunha reunión ordinaria da dirección local. Nos mesmos términos expresouse onte a Agrupación municipal socialista de Caldas de Reis.
En consecuencia, tal como recolle o pronunciamiento oficial do acordo tomado pola dirección pontevedresa, instará ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy, a convocar un referendo para que "os españois poidan exercer o seu dereito democrático para decidir entre a Monarquía e a República". O PSOE local súmase así ás voces críticas de formacións como Esquerda Unida, BNG, Podemos ou ERC que, nada máis coñecerse a decisión do rei Juan Carlos I de abdicar saíron á rúa para esixir unha consulta cidadá ou directamente o finiquito da Coroa.
A decisión adoptada polas executivas do PSOE de Pontevedra e Caldas choca de fronte coa postura do seu secretario xeral, Alfredo Pérez Rubalcaba, quen ben por convencimiento ben por pragmatismo tendeu a man ao PP para sacar adiante en tempo récord a preceptiva lei orgánica que regulará a sucesión monárquica.
Rubalcaba reivindicou a figura do rei Juan Carlos como artífice da Transición e alicerce básico do maior período de estabilidade política e prosperidad da historia de España e aventurou os beneficios que reportará ao Estado español a continuidade monárquica, encarnada polo chamado a ser rei Felipe VI.
O anuncio de abdicación do rei Juan Carlos I acendeu as alarmas na dirección do PSOE, que desde un primeiro momento lanzou unha mensaxe clara e inequívoco de apoio á Monarquía para afastar a pantasma do republicanismo que latexa nas bases do partido. Unha formación política, por outra banda, que se define como republicana.
En Xuventudes Socialistas de Galicia e Mocidades Socialistas de España "témolo claro, apostamos pola III República", recordou a agrupación local de Marín, respecto ao debate sobre a sucesión na jefatura do Estado. Os mozos socialistas demandan unha consulta popular para elixir ao titular e ao modelo de Estado, aproveitando o momento histórico que ofrece a abdicación de Juan Carlos I.
A través dun comunicado, o secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Marín, Nacho Cortés, declarou que "temos que ser valentes e coherentes co que a nosa organización pensa e defende; como republicanos entendemos que son momentos difíciles para a política, pero os cidadáns estamos pedindo participación política e debe dársenos", expón o portavoz de Xuventudes Socialistas de Marín.
"A consulta á cidadanía sobre que modelo de Estado queremos, Monarquía ou República, non sería unha idea disparatada, sería unha idea de madurez política do país", engade.
Cortés apoia neste sentido as declaracións do líder do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro, quen "mostrou a súa vontade clara e rotunda de escoitar á cidadanía".
Trala abdicación do rei, "e sendo totalmente coherentes co que a organización política defende", explica, Xuventudes Socialistas reclama que se escoite a voz dos cidadáns na elección da Jefatura de Estado. "A defensa da República como modelo de Estado forma parte da nosa identidade política. O recordo dos logros alcanzados no pasado, especialmente durante a II República, é algo que nunca esqueceremos", indica Xuventudes Socialistas de Galicia.

Referendo XA!
A lei de sucesión está a ser tramitada de maneira urxente polo bipartidismo, alleo a protesta ciudadana. Non deixemos que caia o fervor popular pola democracia.
Este xoves, concentración frente ao Marco ás 20:00 e posteriormente fagamos unha asemblea onde organizar a loita. O tempo apremia.
VIVA A REPÚBLICA!
xoves, 14 de marzo de 2013
Manifesto Día da República 2013 da Iniciativa Galega pola Memoria
Porque é
hora xa de acabar cunha forma de gobernar obsoleta, inxusta,
anti-económica e con moitas carencias democráticas que é a monarquía. A
República xurde como a alternativa máis racional como forma de
organización do estado..
Manifesto Día da República 2013
FRONTE A UNHA MONARQUÍA CADUCA, CONSTRUAMOS UN FUTURO REPUBLICANO.

Celebramos
este ano o Día da República cando a monarquía está máis desprestixiada
que nunca e diminúe o seu apoio popular, como indican todas as sondaxes
de opinión. A solución ante esta grave situación non é abdicación do rei
no Príncipe de Asturias, senón deixar atrás unha monarquía caduca e
avanzar na conquista da República.
Temos unha monarquía debedora de moitas pexas herdadas da ditadura franquista. Un xefe do Estado, o rei Juan Carlos, imposto polo ditador Franco en 1969 (como persoa “llamada en su día a sucederme a título de Rey”), que foi proclamado rei polas Cortes franquistas en 1975.
Cada vez é máis evidente que a chamada Transición non foi idílica, nin foi pacífica, nin estivo exenta de chantaxes e coaccións. As novas xeracións semellan non estar dispostas a apandar coas estreitas marxes de manobra que se pactaron no seu día a cambio de que os poderes fácticos permitiran certas liberdades á poboación. Sacrificouse a memoria das vítimas da represión fascista e decretouse o seu silenciamento, prohibindo a súa investigación, negándose á reparación e, sobre todo, a anulación das sentenzas que os condenaron en moitos casos á morte polo delito de ter unha ideoloxía diferente á fascista. Ao mesmo temo, amnistiouse aos verdugos.
O rei Juan Carlos desaparecía clandestinamente, en plena crise económica, abandonando as súas responsabilidades institucionais, para cazar elefantes en Botsuana. Sucedía todo isto nunha semana especialmente dura para a cidadanía co anuncio polo goberno do PP de novos recortes sociais en educación e sanidade.
A propaganda oficial fala, interesadamente, da neutralidade e independencia da monarquía, que nunca existiu. O rei Juan Carlos participou recentemente nun consello de ministros para apoiar as políticas económicas neoliberais e os recortes sociais do goberno de Mariano Rajoy. O rei tomaba claramente partido e enviaba unha carta ao Sha de Persia (“Mi querido hermano”) desde o Palacio de La Zarzuela o 22 de xuño de 1977, cinco días despois das primeiras eleccións xerais despois da morte de Franco, pedindo 10 millóns de dólares para UCD. Despois do intento do golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, o rei recibiu aos líderes dos partidos políticos con representación parlamentaria e fixo unhas declaracións de claro apoio aos golpistas: “Sería poco aconsejable una abierta y dura reacción de las fuerzas políticas contra los que cometieron los actos de subversión en las últimas horas”. É público que o rei realizou xestións para o enriquecemento ilegal do seu xenro Iñaki Urdangarín.
En tempos de crise asistimos a un auténtico despilfarro e mal exemplo para a cidadanía. O rei dedícase á caza, asiste en Abu Dabi a unha carreira de coches de Fórmula 1, todo pagado con cartos públicos. Traballan para o rei 507 persoas e o parque móbil ao servizo da Casa do Rei é de 72 vehículos oficiais e 45 condutores. O presuposto para a Familia e Casa do Rei é de case 9 millóns de euros que, segundo a Constitución, o rei “distribúe libremente”. A esta cantidade habería que sumar outros 5,9 millóns de euros que figuran na sección do Ministerio de Administracións Públicas baixo o epígrafe “Apoio á xestión administrativa da xefatura do Estado”.
É un escándalo o presuposto para garantir a seguridade da Casa Real. En 2011 a Garda Civil gastou 42,5 millóns de euros e 46 millóns a Policía Nacional. O ministerio de Defensa pagou 56 millóns de euros en seguridade, eventos onde participa o rei, desfiles e visitas; ten que facer fronte ao mantemento do Rexemento da Guarda Real cun custo anual de 80 millóns de euros; 45 millóns de euros para o Cuarto Militar e 110,8 millóns de euros para o 45 grupo de Forzas Aéreas ao servizo do monarca.
Todo o relacionado coa monarquía está rodeado dun total escurantismo. O rei queda ao marxe das políticas de transparencia e a Mesa do Congreso rexeitaba 36 preguntas sobre a Casa do Rei. Non se coñecen, oficialmente, outros ingresos do Rei e tampouco o patrimonio da Familia Real, aínda que a revista Forbes fala de 1.790 millóns de euros.
Queremos unha República laica, que acabe cos privilexios da igrexa católica, igualitaria, xusta e radicalmente democrática, que lexisle para a inmensa maioría da sociedade, poña freo á corrupción e ao enriquecemento sen límites duns poucos; que acabe cos recortes sociais que empobrecen ás clases populares; que respecte o dereito democrático a decidir o seu futuro da nación galega.
Unha República que recupere a memoria histórica, acabe coa impunidade e condene a aqueles que durante a Ditadura cometeron crimes contra a humanidade, que non prescriben. Queremos xustiza e reparación para as vítimas do franquismo. A derrogación da Lei de Amnistía de 1977, tal e como recomendaron Amnistía Internacional e a Comisión de Dereitos Humanos da ONU, porque incumpre o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos das Nacións Unidas de 1966, asinado polo Estado Español en 1976. Cómpre unha condena explícita da ditadura de Franco e a desvinculación total do sistema político que nos deamos do réxime totalitario anterior que sufrimos.
Ante unha monarquía caduca, avogamos por un novo 14 de abril que abra unha segunda transición, que liquide definitivamente os residuos do franquismo, incrustados nas institucións, e permita a libre expresión de todos os que consideren que se pode mudar as estruturas do Estado para facelas máis transparentes, participativas e ao servizo dos cidadáns. Estamos pola apertura dun proceso constituínte, que debe iniciarse cun pronunciamento popular en referendo sobre a forma de Estado. Chamamos á mobilización cívica para que se realice esa consulta. Como demócratas, pensamos que a República será unha realidade cando sexa reclamada pola maioría da sociedade.
Viva a República!

domingo, 10 de abril de 2011
Conferencia en Vigo "Borbons versus República"
O martes 12 de abril as 20.15 horas e no Edificio Municipal do Areal (Antigo Reitorado) a Asemblea Republicana de Vigo (Amigos/as da República) organiza unha conferencia baixo o titulo "BORBONS versus REPÚBLICA" impartida por Jose Antonio Barroso, alcalde de Puerto Real (Cádiz) e que fora denunciado polo xuíz Grande-Marlaska diante da Audiencia Nacional por inxurias ao Rei
mércores, 6 de abril de 2011
Presentación en Vigo, o 7-4-11, na Casa do Libro, de "La Bañeza 1936. La vorágine de julio",e Acto de Afirmación Republicana
Saúdos.
Permitídeme que vos informe da próxima presentación en Vigo, o día 7 de abril, do primeiro volume ("Algunhas consideracións previas") da miña obra "LA BAÑEZA 1936. LA VORÁGINE DE JULIO. Golpe y represión en la comarca bañezana", da que algunha autorizada voz dixo que é: "o libro imprescindible para entender a Guerra Civil nas comarcas bañenses"
O libro, publicado pola editorial leonesa Ediciones del Lobo Sapiens, e saído de imprenta o día 15 de abril do pasado ano 2010, será presentado:
O xoves, día 7 de abril, ás 19:45 horas, na Casa do Libro (R/ Velázquez Moreno, 17), de Vigo.
A presentación do libro inscríbese e contémplase como un Acto de Afirmación Republicana, nunha data tan próxima á do 14 de abril, na que este ano se cumpre o 80º aniversario de proclamación da Segunda República Española.
Patrocinan e organizan a presentación a Casa do Libro, a Asemblea Republicana de Vigo, e a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, e nela acompañarannos, Celso López Pazos, Presidente da Asemblea Republicana de Vigo, e Telmo Comesaña Pampillón, Presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. (Coa colaboración da Casa do Libro e da Fundación 10 de Marzo, do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia).
A presentación acompáñase da proxección dunha montaxe audiovisual e de firma de exemplares.
Sobre o libro, en tamaño 17 x 24 cm, de 613 páxinas, e que inclúe máis de 135 ilustracións, algúns gráficos, 1200 notas ao pé de páxina, e 11 variados documentos anexos, ademais de diversos índices (de contidos, onomástico, toponímico referido á provincia de León, e de procedencia das ilustracións) hai unha extensa información na web (http://www.jiminiegos36.com/), no enlace http://www.jiminiegos36.com/a_baneza_1936.htm
Achéganse cartel e invitación.
Acompáñanse enlaces a noticias de prensa sobre o libro:
En PÚBLICO:
Rógovos fagades chegar esta información a quen consideredes que poida interesarlle.
Anticípovos o meu agradecemento polo voso interese e a vosa axuda.
Atentamente.
José Cabañas González
988 243809 - 696 540133
mércores, 7 de xullo de 2010
Emilio Grandío: “Na Segunda República houbo dúas repúblicas”
O profesor presenta un novo ensaio titulado ‘A Segunda República en Galicia. Memoria, mito e historia’
XORNAL.COM 07/07/2010 -Emilio Grandío é un home dedicado a descifrar o pasado. Profesor Titular de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela, este investigador conta cunha longa traxectoria as súas costas. Grandío desenvolveu un gran número de estudos e investigacións sobre a II República, a Guerra Civil e o Franquismo. Este historiador presentou onte unha nova obra sobre un período determinante para o transcorrer do século XX. Co título A Segunda República en Galicia. Memoria, mito e historia (Ediciones Trea), Emilio Grandío tenta poñer luz sobre unha etapa esencial da nosa historia máis próxima que, segundo moitos, é unha gran descoñecida para os galegos.
Galicia precisa coñecer mellor a II República? É un período histórico que non se coñece xa o suficiente?
Non só Galicia precisa coñecer máis, toda España. Os estudos realizados son realmente escasos. É fundamental entender eses anos; son básicos para o desenvolvemento de todo o século XX. A II República chégalle á xente dende perspectivas moi tópicas que son produto da Guerra civil, da cultura franquista e do reducionismo entre dous bandos maniqueos. Por outra banda, nos últimos tempos, a II República chégalle á xente dende unha perspectiva única: á da violencia da Guerra Civil. Creouse un elemento indisoluble, unha especie de pegamento, que une os anos 31-36 e os 36-39. Ese pegamento é produto do réxime franquista ao que lle interesaba crear esa imaxe de violencia coa II República. Realmente estamos ante unha gran descoñecida.
Falamos de tópicos e falamos de mitos. Cales son os grandes mitos da II República en Galicia?
Os mitos non son algo específicamente galego, son formulacións mitificadoras por parte dos sectores progresistas e dos conservadores. Mitos asumidos son o da violencia polítca, o mito de que a Fronte Popular era un elemento de discordia constante e de violencia sistemática. Os últimos estudos realizados amosan que o camiño da Fronte Popular, sobre todo dende a ilegalización da Falange, non vai cara a un aumento da violencia política, senón nun retroceso desa violencia. Hai violencia e altercados pola crise económica, pero a violencia política vai caendo. Outro gran mito é o que relaciona as mulleres co voto conservador. Son moitos mitos e moitos deles seguen a funcionar. Estes mitos descóbrense investigando e rabuñando un pouco.
A II República puxo trabas constantes ao Estatuto da Autonomía? Ese feito marcou a relación da República con Galicia?
Neste sentido, o tema é o de sempre: A relación do estado cos sectores nacionalistas. Hai que ter en conta que unha cuestión fundamental era a diferenza de obxectivos entre os sectores galeguistas e os sectores republicanos progresistas no poder. Tamén é certo que a Constitución de 1931 pon trabas aos estatutos de autonomías, a todos, non só o galego. Pero os sectores galeguistas e os sectores republicanos burgueses coincidiron nunha serie de obxectivos que se introducen no programa da Fronte Popular. Así introdúcese no programa da Fronte o plebiscito. Tamén hai que ter en conta que antes, nos primeiros anos da República, todos os sectores –mesmo a dereita– estaban a favor da convocatoria do plebiscito. En 1933 íase facer, pero aprazouse. E logo púidose facer en 1936. Pero hai que ter moi presente que o 33 é un ano importante porque varían moitas cousas. Non só porque a dereita gaña as eleccións, senón a vitoria de Hitler. Realmente, hai dúas repúblicas na II República: a de antes do 33 e a de despois 33. A partir dese ano, radicalízanse a dereita e a esquerda. Ambas as dúas miran para fóra, miran como desbordar a república cara aos seus intereses.
Como historiador, no asunto da memoria histórica, considera máis importante a investigación ou as leis?
As dúas son importantes e son complementarias. Pero cada unha ten que estar no seu sitio. O debate político non pode influír no traballo do investigador histórico. Son realidades distintas e responden a obxectivos distintos. A visión política é moito máis directa, son diálogos moi rápidos e mesmo utilizando mitos e tópicos para os seus fins. O traballo de investigador é radicalmente diferente, é un traballo de anos que non se debe ver influído polos debates políticos. Tanto as leis como a investigación son dous elementos moi importantes, dous elementos totalmente complementarios, pero cada un no seu sitio, cada un na súa realidade concreta.
Tamén como historiador. Que lle parece a situación que se está a vivir co Panteón de Galegos Ilustres?
Dunha maneira ou doutra, o Panteón dos Galegos Ilustres é un ben público da sociedade galega e ten que estar accesible para todos os galegos e tamén para todos os visitantes que queiran ver o lugar. Iso dignifica o país e dálle un prestixio, non só para nós mesmos como país, senón amén para todos os que queiran encontrarse con este lugar histórico.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)