O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 31 de março de 2013

Manifestación pola República o 14 de abril en Vigo

Asemblea Republicana de Vigo 28/3/13
A ilegalidad do golpe de estado contra a II República, a impunidade do franquismo para coas súas vítimas, a corrupción xeralizada que invade de xeito escandaloso á Coroa, o desprezo pola participación cidadá, o esgotamento da estructura territorial do estado e a existencia dunha constitución que nega o dereito a decidir ás nacionalidades historicas, as políticas neoliberais de expolio ós servizos públicos, a perda da soberanía usurpada polos mercados, as guerras imperialistas…. son elementos inherentes a unhas políticas ancoradas nun modelo de convivencia con graves carencias democráticas, inxusto e insolidario. que fai imposible que o amplo conflito social existente produto destas políticas poida ter vías reais de solución en beneficio da maioría se non é cunha ruptura e un cambio por outro modelo máis democrático que non pode ser outro senón en clave republicana .

Por iso a Asemblea Republicana de Vigo quere CONVIDAR A TODAS AS ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS E SINDICAIS, VECIÑAIS E DE MOVEMENTOS CIDADAS A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN QUE POLA REPUBLICA TERÁ LUGAR O VINDEIRO DOMINGO 14 DE ABRIL E QUE SAIRA ÁS 12.30 DESDE A FAROLA DA RÚA URZAÍZ PARA REMATAR NA RÚA II REPÚBLICA 

A Asemblea Republicana entende que é preciso republicanizar as rúas e os conflitos sociais para así provocar a creba do sistema creado co pacto da Transición e abrir un novo proceso de ruptura democratica que teña na caída da monarquía un dos seus alicerces basilares.
Saúde, República e Terra

sábado, 23 de março de 2013

Os curas do cinto vermello de Ferrol, contra Franco

 
Praza Pública - Marcos Pérez Pena 21/3/13
Manuel Ladra López, Elías Seoane, Gabriel Vázquez Seijas, Xosé Chao Rego, Vicente Couce Ferreira, Cuco Ruíz de Cortázar, Antón Martínez Aneiros, Anxo Ferreiro Currás..., son algúns deles. Cregos comprometidos socialmente e novos que nos anos sesenta, no contexto da doutrina social do Concilio Vaticano II, dos últimos anos da ditadura, e nunha comarca de Ferrol cunha grande actividade do movemento obreiro, levaron a cabo outra maneira de entender o cristianismo. Con moitos enfrontamentos coas autoridades civís, eclesiásticas e militares, que levaron á detención de moitos deles e a un maioritario abandono do sacerdocio ao final. 

Este xoves a partir das oito da tarde a Galería Sargadelos de Lugo acolle a presentación do libro de Rosa Cal Los curas contra Franco (Edicións Embora). Unha narración única, facendo especial fincapé no devandito contexto social e político, "era difícil contar a historia de cada un porque actuaban en grupo", di Rosa Cal, que obtivo parte da documentación directamente dos expdientes policias elaborados sobre os cregos pois conseguiu que lle asinasen unha autorización para que a investigadora puidese acceder a toda a información que a policía recollera sobre eles.

 Cal comeza salientando que o contexto do Concilio Vaticano II e a doutrina social da igrexa foi fundamental, "eles creron niso", conta. Tamén a presenza á fronte do bispado de Mondoñedo-Ferrol naqueles anos dous bispos coma Argaya Goicoechea e Miguel Anxo Arauxo Igrexas e do cóengo capitular Gabriel Pita da Veiga, que en boa medida lles “deixaron facer” ou mesmo se puxeron do seu lado: "O bispo Argaya Goicoechea foi moi importante. Quixo achegarse ao movemento obreiro e conseguiu que Roma aprobase a diócese Mondoñedo-Ferrol, para ter máis presenza en Ferrol. Mandou construír a Domus Eclesiae, que acolleu bastantes xuntanzas obreiras e de asociacións porque era un lugar no que non entraba a policía".

Rosa Cal explica que todos eles "son moi plurais na súa orixe: Cortázar era de familia burguesa e Seijas viña dunha familia de militares, e outros eran fillos de labregos ou traballadores. Pero o que os unía era que estaban no cinto vermello de Ferrol, que comezaba no peirao, subía por Canido, Santa Mariña, San Pablo, Sindicais até San Xoán. E alí vivía a xente que traballaba na Fenya, na Madereira ou en Bazán". Eran barrios que viñan de ser creados, en moitos casos, para acoller familias de obreiros chegados doutras partes de Galicia e que non contaban cos máis minimos servizos: "Cando Aneiros chegou á parroquia de San Pablo atopou moita pobreza e tamén analfabetismo e falta de servizos. Non había escolas nin chegaban os autobuses".

A súa práctica era heterodoxa en moitos sentidos. "Aneiros chegou a Cáritas e fixo unha revolución alí -di- En Cáritas estaban ao mando militares, farmacéuticos e mulleres da alta sociedade de Ferrol. E Aneiros puxo á fronte a obreiros. Mesmo conseguiu que Cáritas admitise a folga como unha forma de loita contra a pobreza". Rosa cal conta tamén un episodio que tivo lugar en Lugo nun acto non que se ían xuntar as máis altas xerarquías: "eles sentaron nunhas escaleiras cunha garrafa de viño, pan e touciño, que era o que comía o pobo. Pois a moitos pareceulles un escándalo e saíu en todos os periódicos".

A súa relación cos sindicatos e forzas de esquerda e o seu activismo social leváronos a ter problemas coas autoridades. Recibiron moitas multas por homilías críticas coa ditadura e Vicente Couce Ferreira e Anxo Ferreiro Currás foron levados ao TOP. Tamén Martínez Aneiros acabou no cárcere da Coruña e despois no mosteiro de Sobrado, onde era custodiado. Pero non só recibían ataques do réxime oficial, tamén dos grupos ultra que defendían o nacionalcatolicismo: "A Currás ameazárono de morte os Guerrilleiros do Cristo Rey e mesmo lle entraron na sacristía", conta Rosa Cal.

Finalmente a xerarquía católica do Vaticano freou o impulso do Concilio Vaticano II e tentou apartar os curas da acción social, "e aí moitos deles desilusionáronse". Tamén influíu, conta Rosa Cal, "que ao chegar a democracia e a legalización dos sindicatos o seu labor faise menos necesario e os propios sindicatos non necesitan os espazos que estes curas lles cedían para reunírense". Ao cabo moitos deles secularizáronse e casaron. Quedaron apenas Gabriel Vázquez Seijas ou Cuco Ruíz de Cortázar, que continuaron sendo curas. Rosa Cal conclúe que "eran moi atrevidos e tiñan o convencemento que ían cambiar as cousas". Quedan na historia doutro tempo.

quinta-feira, 21 de março de 2013

Desde Galicia, a por a República

Traducción Estación Atlántica
A Iniciativa Galega pola Memoria, apoiada por figuras da cultura, da política ou dos movementos sociais, lanza un manifesto que chama "á movilización cívica" para loitar por unha consulta popular que permita "deixar atrás unha monarquía caduca".

eldiario.es - Miguel Pardo 21/3/13
"Adhesión á República. Primeira planta". Así rezaba o cartel que indicaba o lugar do hotel coruñés onde se celebrou este xoves a roda de prensa para presentar o Manifesto do Día da República. "Así debería poñer en moitos máis sitios, quitándolle dramatismo ao que é normal, ao contrario do que supón a sucesión no poder dun home por outro home tan só por ser o seu fillo", explicou o escritor e xornalista Xosé Manuel Pereiro, un dos portavoces nun acto no que diferentes figuras do mundo da cultura, da política ou dos movementos sociais e sindicais mostraron a súa adhesión a un documento lanzado pola Iniciativa Galega pola Memoria (IGM).

Apostando pola "naturalidade" que debe supoñer reclamar un sistema "no que todos sexamos iguais e podamos escoller a quen gestiona" a vida pública, os presentes animan a asinar un manifesto que pretende servir de ánimo para que a sociedade sexa a vanguardia na pelexa pola instauración da República no Estado español. "A solución ante esta grave situación non é a abdicación do rei no Príncipe de Asturias, senón deixar atrás unha monarquía caduca e avanzar na conquista da República", di o texto titulado Fronte a unha monarquía caduca, construamos un futuro republicano.

"Queremos unha República laica, que acabe cos privilexios da igrexa católica, igualitaria, xusta e radicalmente democrática, que legisle para a inmensa maioría da sociedade, poña freo á corrupción e ao enriquecimiento sen límites duns poucos; que acabe cos recortes sociais que empobrecen ás clases populares; que respecte o dereito democrático a decidir o seu futuro da nación galega", di o manifesto, para o que piden apoio a través dunha recolleita de firmas que "non ten límite temporal". "Ata que se vaia, en todo caso", escoitouse.

"A chegada da República dependerá da vontade da cidadanía", destacou Fernando Souto, presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, entidade integrada na IGM, nun acto ao que tamén asistiron, entre outros, Suso Mosquera, Suso Díaz, Xurxo Souto, Francisco Pillada Mayor, Tino Fraga ou Manuel Rivas.

Foi precisamente o escritor Rivas quen destacou o feito de que "a maioría social apoie mayoritariamente a partidos que defenden o sistema republicano" nas súas bases, á vez que hai un camuflaje ou sustracción" dun debate sobre a República que non consegue chegar á política de partidos ou institucional. "Hai unha sustracción da cuestión nos movementos políticos porque hai medo", asegurou. "O debate está fóra dos partidos", díxose tamén na conversación que se abriu entre os asistentes a un acto que pretende servir de ánimo para a "apertura dun proceso constituyente, que debe iniciarse cun pronunciamiento popular en referendo sobre a forma de Estado".

"Chamamos á movilización cívica para que se realice esa consulta. Como demócratas, pensamos que a República será unha realidade cando sexa reclamada pola maioría da sociedade", reivindica o manifesto ante o que queren que sexa "un novo 14 de abril que abra unha segunda transición, que liquide definitivamente os residuos do franquismo, incrustados nas institucións, e permita a libre expresión de todos os que consideren que se poden cambiar as estruturas do Estado para facelas máis transparentes, participativas e ao servizo dos cidadáns".

quarta-feira, 20 de março de 2013

CC.OO. rememora a histórica folga de 1972

Waldino Varela, Amelia Pérez e Carlos Barros nun momento do acto
 Xoán C. Gil
O paro marcou un fito no movemento obreiro de Galicia

La Voz de Galicia - Vigo - S. Antón - 16 de marzo de 2013
Con medio ano de atraso, Comisións Obreiras conmemorou onte a folga xeral do 72. Aquel mes de setembro supuxo un fito no movemento obreiro de Galicia. Amelia Pérez, secretaria comarcal do sindicato explicou que o acto, que contou coa presenza dalgún dos protagonistas principais daquel paro, máis que unha mirada ao uso a través do retrovisor, o que buscaba era ligar aqueles acontecementos á actualidade. Entende que, salvando diferenzas non menores -«naquel momento viviamos en plena ditadura e agora facémolo en democracia»-, hai moitas similitudes, especialmente na perda de dereitos e o retroceso en cuestións laborais.

Ante un auditorio abarrotado Waldino Varela, sindicalista histórico de Vulcano, e Carlos Barros, profesor universitario e membro do PCE -ambos moi activos na organización da folga do 72-, recordaron aquel escenario comparándoo co actual. Entón foron determinantes as reivindicacións do persoal de Citroën, ás que se sumou o resto da industria da cidade aglutinados ao redor das recentemente nadas Comisións Obreiras. Agora, coincidiron os asistentes, as redes sociais están xerando un caldo de cultivo parecido con movementos como o 15-M. E outro analogismo: aquel 1972 o persoal de Barreiras foi obrigada a tomar vacacións na primavera por falta de traballo. Os clientes non estaban conformes coa calidade da chapa.

quinta-feira, 14 de março de 2013

74º aniversario do fusilamiento de Manuel Barreiro Rey

Manuel Barreiro
Tal día como hoxe 14 de marzo de 1939 foi fusilado na Punta do Martelo do Arsenal Militar de Ferrol, xunto a dous compañeiros máis un de Ares e o outro Sevillano. Os tres asasinados pola loita na defensa dos buques os días 19 ao 21 de xullo de 1936, ata o seu fusilamiento estiveron na prisión da Escollera do Arsenal

Manuel Barreiro Rey, 25 a. Ferrol
Manuel A. López Iglesia, 27 a. Ares
Antonio Alcántara Mejia, 24 a. Sevilla 
por todos eles...  

Manifesto Día da República 2013 da Iniciativa Galega pola Memoria


Porque é hora xa de acabar cunha forma de gobernar obsoleta, inxusta, anti-económica e con moitas carencias democráticas que é a monarquía. A República xurde como a alternativa máis racional como forma de organización do estado..

Manifesto Día da República 2013

FRONTE A UNHA MONARQUÍA CADUCA, CONSTRUAMOS UN FUTURO REPUBLICANO.
Celebramos este ano o Día da República cando a monarquía está máis desprestixiada que nunca e diminúe o seu apoio popular, como indican todas as sondaxes de opinión. A solución ante esta grave situación non é abdicación do rei no Príncipe de Asturias, senón deixar atrás unha monarquía caduca e avanzar na conquista da República.

Temos unha monarquía debedora de moitas pexas herdadas da ditadura franquista. Un xefe do Estado, o rei Juan Carlos, imposto polo ditador Franco en 1969 (como persoa “llamada en su día a sucederme a título de Rey”), que foi proclamado rei polas Cortes franquistas en 1975.

Cada vez é máis evidente que a chamada Transición non foi idílica, nin foi pacífica, nin estivo exenta de chantaxes e coaccións. As novas xeracións semellan non estar dispostas a apandar coas estreitas marxes de manobra que se pactaron no seu día a cambio de que os poderes fácticos permitiran certas liberdades á poboación. Sacrificouse a memoria das vítimas da represión fascista e decretouse o seu silenciamento, prohibindo a súa investigación, negándose á reparación e, sobre todo, a anulación das sentenzas que os condenaron en moitos casos á morte polo delito de ter unha ideoloxía diferente á fascista. Ao mesmo temo, amnistiouse aos verdugos.

O rei Juan Carlos desaparecía clandestinamente, en plena crise económica, abandonando as súas responsabilidades institucionais, para cazar elefantes en Botsuana. Sucedía todo isto nunha semana especialmente dura para a cidadanía co anuncio polo goberno do PP de novos recortes sociais en educación e sanidade.

A propaganda oficial fala, interesadamente, da neutralidade e independencia da monarquía, que nunca existiu. O rei Juan Carlos participou recentemente nun consello de ministros para apoiar as políticas económicas neoliberais e os recortes sociais do goberno de Mariano Rajoy. O rei tomaba claramente partido e enviaba unha carta ao Sha de Persia (“Mi querido hermano”) desde o Palacio de La Zarzuela o 22 de xuño de 1977, cinco días despois das primeiras eleccións xerais despois da morte de Franco, pedindo 10 millóns de dólares para UCD. Despois do intento do golpe de Estado do 23 de febreiro de 1981, o rei recibiu aos líderes dos partidos políticos con representación parlamentaria e fixo unhas declaracións de claro apoio aos golpistas: “Sería poco aconsejable una abierta y dura reacción de las fuerzas políticas contra los que cometieron los actos de subversión en las últimas horas”. É público que o rei realizou xestións para o enriquecemento ilegal do seu xenro Iñaki Urdangarín.

En tempos de crise asistimos a un auténtico despilfarro e mal exemplo para a cidadanía. O rei dedícase á caza, asiste en Abu Dabi a unha carreira de coches de Fórmula 1, todo pagado con cartos públicos. Traballan para o rei 507 persoas e o parque móbil ao servizo da Casa do Rei é de 72 vehículos oficiais e 45 condutores.  O presuposto para a Familia e Casa do Rei é de case 9 millóns de euros que, segundo a Constitución, o rei “distribúe libremente”. A esta cantidade habería que sumar outros 5,9 millóns de euros que figuran na sección do Ministerio de Administracións Públicas baixo o epígrafe “Apoio á xestión administrativa da xefatura do Estado”.

É un escándalo o presuposto para garantir a seguridade da Casa Real. En 2011 a Garda Civil gastou 42,5 millóns de euros e 46 millóns a Policía Nacional. O ministerio de Defensa pagou 56 millóns de euros en seguridade, eventos onde participa o rei, desfiles e visitas; ten que facer fronte ao mantemento do Rexemento da Guarda Real cun custo anual de 80 millóns de euros; 45 millóns de euros para o Cuarto Militar e 110,8 millóns de euros para o 45 grupo de Forzas Aéreas ao servizo do monarca.

Todo o relacionado coa monarquía está rodeado dun total escurantismo. O rei queda ao marxe das políticas de transparencia e a Mesa do Congreso rexeitaba 36 preguntas  sobre a Casa do Rei. Non se coñecen, oficialmente, outros ingresos do Rei e tampouco o patrimonio da Familia Real, aínda que a revista Forbes fala de 1.790 millóns de euros.

Queremos unha República laica, que acabe cos privilexios da igrexa católica, igualitaria, xusta e radicalmente democrática, que lexisle para a inmensa maioría da sociedade, poña freo á corrupción e ao enriquecemento sen límites duns poucos; que acabe cos recortes sociais que empobrecen ás clases populares; que respecte o dereito democrático a decidir o seu futuro da nación galega.

Unha República que recupere a memoria histórica, acabe coa impunidade e condene a aqueles que durante a Ditadura cometeron crimes contra a humanidade, que non prescriben. Queremos xustiza e reparación para as vítimas do franquismo. A derrogación da Lei de Amnistía de 1977, tal e como recomendaron Amnistía Internacional e a Comisión de Dereitos Humanos da ONU, porque incumpre o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos das Nacións Unidas de 1966, asinado polo Estado Español en 1976. Cómpre unha condena explícita da ditadura de Franco e a desvinculación total do sistema político que nos deamos do réxime totalitario anterior que sufrimos.

Ante unha monarquía caduca, avogamos por un novo 14 de abril que abra unha segunda transición, que liquide definitivamente os residuos do franquismo, incrustados nas institucións, e permita a libre expresión de todos os que consideren que se pode mudar as estruturas do Estado para facelas máis transparentes, participativas e ao servizo dos cidadáns. Estamos pola apertura dun proceso constituínte, que debe iniciarse cun pronunciamento popular en referendo sobre a forma de Estado. Chamamos á mobilización cívica para que se realice esa consulta. Como demócratas, pensamos que a República será unha realidade cando sexa reclamada pola maioría da sociedade.

                    Viva a República!

segunda-feira, 11 de março de 2013

Libro vivente: 6 asasinados, 5 viuvas e 20 orfos



 Lugar de paseos. A Paxase-Vincios
Foto Telmo comesaña

LIBRO VIVENTE   
LUGAR: MUSEO VERBUM –VIGO
ORGANIZACION: XANDOBELA

TITULO DO LIBRO: 

6 ASASINADOS, 5 VIUVAS E 20 ORFOS

E se a túa vida non é como cha contaron? E se descobres que teu pai,que morreu cando eras pequeño, realmente foi asesinado?  Porque escoitas dicir que “era un dos malos”, cando sabes que non é certo? Coas seis mortes de Alcabre quedaron vinte orfos que viviron nunha mentira. Pero houvo xente capaz de desmontar a história tal e como lla contaron, e reconstruila a partir da verdade 

-Os meus acompañantes no andel: foto de meu pai José comesaña Pérez e outra da miña nai Eusebia Pampillón Oitavén  acompañada dos fillos Telmo e Margarita Comesaña Pampillón (feita na alameda de vigo no 1940 para o cerné de Beneficencia), e dous libros:  “La Morena de la Copla” e “Episodios de Terror” durante a guerra civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón

O espazo era na bibloteca do museo co mabiliario acaido e libros de temas diversos, oito cadeiras para os/as lectores/as, unha bancada e una mesiña para as miñas pertenzas

Dispuña de 25 minutos para recir os/as escolares e que leran o libro que escolleran, e aquí comenza o meu labor de libro vivente:

-Chega un grupo de xoves mozas e mozos  que veñen como pexados, a descubrir o libro. Eu decátome que o titulo do libro e as preguntas que nel se fan son abondo fortes pero que veñan a descubrir.

Comenzo saudando e invitando a que se senten; preguntandolles de que centro de Estudos son e por qué escolleron este libro. Timidamente contestan que debe haber algo moi interesante. Para facer máis doado o trato preguntolles algo sobor do Centro ou de onde son; a idea é que distendan e vexan que o libro se mistura con eles e con elas.  E logo preguntolles si queren ir abrindo o libro ou si prefiren que o libro se abra. A resposta é unánime: que se abra o libro. E de contado o libro abrese e comenza por presentarse.

-Chamome Telmo, nacín preto daquí, e doulles referencia do lugar, e, mostrandlles a foto na que estou coa miña mai e irmá, digolles: vesdes este neno que está aquí todo chulo? Pois este son eu cando tíña  seis anos, esta era miña nai e esta a miña irmá, Margarita, as dúas xa finadas, e sinalandolle a de meu pai digolles  que se chamaba José  e fora asesinado xunto co seu irmán Antonino e outros catro homes máis;matarnos en Vicios e levaronos nun carro  de bois a enterrar a Mañufe (Gondomar). Quedamos soiños e desamparados, ainda que non fomos dos que pior o pasamos porque eramos unha familia longa e uns tios levaron a miña irmá que tiña oito meses e criarona ata que miña nai se pudo facer cargo de nós.

Meus curmáns de sete e cinco anos tamén foron axudados por outros tíos … E por qué os mataron? 

Doulle a ler as consignas do xeneral Emilio Mola:

- Un mozo lé en alto: “Se tendrá en cuenta que la acción ha de ser extremadamente violenta para reducir al enemigo que es fuerte y bien organizado.

Desde luego serán encarcelados todos los directivos de partidos políticos,sociedades ty sindicatos no afectos al Movimiento, aplicándoles castigos ejemplares a dichos indeviduos para estrangular los movimientos de rebeldía o huelga.

(PARLAMENTAR) ¡¡JAMÁS!!

Esta guerra qiene que terminar con los enemigos de España

Hay que sembrar el terror, tenemos que crear una impresión de dominación  eliminando, sin escrúpulo ni vacilación, a todos los que no piensen como nosotros.

Cualquiera que sea abierta o secretamente del frente popular debe ser fusilado”.

Dirixindo a man deica a foto de meu pai, digolles:él estaba dentro desas condiciós: era segredario da “Sociedade de agricultores de Alcabre, era do partido socialista, (dos de antes de Suresnes) e porén do Frente Popular”

Por esas consignas tan claras en tres anos asasinaron en Galicia preto de 6000 homes e lagunhas mulleres; a outras moitas raparonlle o cabelo, maltrtaronas, violaronas,edeixaronas viuvas con fillos e desamparadas, e de aí, os vinte orfos de Alcabre oe os arredor de 20.000 en Galicia. Como reacionaría a sociedade de hoxendía, si chegara unha noticia que nalgún país acontecerá algo semellante? Coido que sería qrrepiante. Pois  aconteceu aquí,e eu son un deles e neste país ainda ninguén nos pediu perdón , e os asesinos morreron tranquilamente na cama e os fillos herdaron as fortunas acadadas vilmente,As vitimas de ETA foron recoñecidas e apoiadas , pola contra para nos só desprezo .  

O historiador Paul Preston, no libro “El Holocausto español” mostranos o abuso dos terratenientes cos xornaleiros,  (España era un país rural; a industria estaba en Barcelona e Bilbao), as familias dos sin terra morrían de fame e cando protestaban a garda Civil mataba indiscriminadamente, e a Igrexa Católica estaba ao carón dos polerosos e dos caciques, e porén o ódio dos xornaleiros  e traballadores desprotexidos, á Igrexa Católica. O 14 de abril do 1931 foi proclamada a República despois de que o rei Alfonso XIII abandonara España porque as esquerdas gañaran as eleccións municipais.  Naceu unha ilusión. A República sacou adiante unha Constitución moi avanzada na que a muller que ata o daquela era propiedade do home, pasou a ter os dereitos de igualdade có home, o mesmo ou semellante   cas mulleres dos países nórdicos: dereito ó voto,a emanciparse do home, a poder dispor do seu patrimonio, ao divorcio e ao aborto. Todo isto non foi ben entendido pola mayoría das mulleres que en España o 70 % fora das grandes ciudades era analfabeta; pasto de curas e caciques. Crearonse 7000 escolas  e instalaronse bibliotecas en todolos pobos do país. O profesorado deixou de ser aquilo que perdurou moitos anos na sociedade:  “pasas máis fame cun mestre de escola”; o ensino foi dignificado, e homes como o poéta García lorca que percorreu os pobos co grupo de teatro “LA BARRACA” para difundir a cultura que o pobo debecía, chegado o levantamento fascista do 1936 tamén foi asesinado en Granada. O ensino era estatal, obrigatorio, laico  e de balde, e a Igrexa non podía impartir ensino. Rematou coa sangría da guerra de África na que morrían miles de mozos fillos da clase baixa, e tiña un custo insoportabel só para que miles de militares trveran ascensos.  Os militares xuraron a Cnstitución, cantaron o himno de riego e bicaron a bandeira – neste inre levanto a man e ensinolles a pulseira que é a bandeira repúblicana – e fixeronlla bicar aos mozos que se incorporaban a filas nos exercitos españois.  O 18 de xullo do 1936 un grupo de militares apoiados polos terratenientes, capitalistas e a Igrexa e por Hitler e Musolini levantaronse en armas contra o Estado Constitucional e o fracasar o golpe de Estado produciuse a guerra. Nas zonas tomadas nos primeiros días comezou a represión e prohibindo os símbolos , hímno de Riego e a bandeira tricolor, que foi  pisada,ensangrentada e aldraxada de tal xeito que ainda hoxe é desprezada.

O día 1 de abril do 1939 rematou a guerra pero non chegou a paz, seguiron aplicando as consignas de Mola e encheron as cárceres de homes e mulleres ás que se eran comunistas ou lesbianas sacabanlles os fillos; fundaron campos de concentración  entre eles os de San Simón,Figueirido, Sta María de Oia, Camposancos, e algún maáis en Galicia,desterraron xente dos seus pobos a outros lugares e miles de familias foro nao exílio para salvar a vida.
Logo viu a deformación dos logros da República empezando nas escolas para voltar á muller a situación pre-republicana. Chegado a este punto doulle a ler a unha moza uns retallos que escollín do libro “La Morena de la copla”:

<…el error sectario que ha habido en España los últimos años antes del Movimiento apartar a la mujer de su futura misión de madre de familia, llevándola a los Centros de educación en las mismas condiciones que los hombres>

<…la naturaleza ha hecho a la mujer para la ternura, para el suspiro por los pequeñuelos, para ser el nido caliente, para sacrificarse sin   aguardar retorno, para ser esposa y ser madre.>

<…la mujer no conseguirá su destino generalmente, dedicándose al arte,, o a la ciencia, o a los descubrimientos, o a las letras, o al mundo; está destinada  por su cuerpo y por su alva a la maternidad y al sacrificio>

<...sin poseer titulo académico>

<…preferimos a aquella callada y silenciosa, que nos considera maestros de su vida y  acepta el consejo y la lección con la humildad de quien se sabe inferior en talento>

<…se impone una vuelta a la sana tradición  que veía en la mujer, la hija, la esposa y la madre y no la intelectuala pedantesca que intenta en vano  igualar al varón en los dominios de la ciencia>

<…en la mujer, de ordinario,  la afición a la lectura es la pereza disfrazada> ,  lo que los hombres han hecho>.

Despois destas leturas pidoles que me digan que pensan, si lles parece ben esas barbaridades para voltar ás mulleres o dito popular”mujer casada, pata quebrada y en casa”; e os mozos pidolles si están dacordo co que acaban de oir. Un deles coa cabeza baixa dixo: sinto vergoña. Moitas desas máximas están asinadas por frades, curas e fascistas en xeral e que eles e elas sabían que Mme Curie descubrirá o radio, e Concepción Arenal tuvo que disfrazarse de home para ir a universidade, e outras mulleres eran poetisas como Rosalía ou escritoras como Concha Espina, e levando a muller a iñorancia era levala a esclavitude.

QUEDAN MUDOS, e trato de razoar as diferenzas das épocas e a importancia que para a muller tiña o casarse. Solteira quedaba soia e sen amparo. 
  
Xa para rematar mostrolles o libro de Gonzalo Amoedo e Roberto Gil, “EPISODIOS DE TERROR”  e doulles a ler a carta dun home que está en “capilla”.

“Carta escrita na noite do 4 de xuño do 1937 por Ramón Fernández, condenado a norte, a súa muller

Mi querida Pura: en este momento me encuentro en capilla y desde aquí te mando mi último abrazo. Para ti y para todos mis hijos, pues se los das por no podérselos dar yo. Ten resignación y paciencia. No hay que hacerde. Fue mi destino y no te digo más.

Le das muchos besos a los niños y abrazos  a Joaquín y a los otros.

Sin más, te abraza tu esposo por última vez.

Adiós Pura, adiós Purita, Pilar, Ramonita, Pepiño, Divina, Carmiña, Tinito, Linito y Manolito. Adiós queridos hijos todos. Vuestro padre

Ramón Fernández

Lo que has de gastar en mi entierro viste a los niños.

Adiós querida Pura, adiós”

Preguntolles si saben ben o que acaban de ler e digolles que non é unha novela, que é a carta dun home que vaai ser asesinado despois dun xuizo sumario, que deixa unha muller viuva con sete fillosdesamparados e aldraxadose que as derradeiras verbas son pedindolle a muller que non gaste cartos no seu enterro ; que vista aos fillos e isto que dicir que ó home non lle importaba a alma, non era home de igrexa e ese puido ser un dos motivos da súa norte.

E remato pedindolles que pensen e que non se deixen enganar pola propaganda que nos inunda, que rqzaoen as cousas e que vexan o que pasou nas décadas 20 e 30 do pasado século. Ter presente que o FUTURO É VOSO..

Telmo Comesaña
Feixoeira-Alcabre
Vigo 7 marzo 2013                                                   

domingo, 10 de março de 2013

O 10 de marzo de 1972: a loita obreira e antifranquista en Galicia

Monumento en Ferrol a Amador Rey e Daniel Niebla

Traducción Estación Atlántica

Alfredo Iglesias Diéguez
Rebelión 10-03-2006
O presente traballo é unha tradución e ampliación dun artigo titulado "Ou 10 de marzo" publicado en Galicia

O día 10 de marzo de 1972, logo de atopar pechadas as portas da factoría de Bazán, os máis de 4.000 obreiros que acudían ao seu traballo dirixíronse en pacífica manifestación cara ao centro da cidade de Ferrol co ánimo de buscar a solidariedad do resto da cidadanía ferrolá e para explicar o que estaba pasando na factoría —onde os traballadores levaban xa varios meses mobilizándose para lograr melloras salariais, unha redución da xornada laboral a 42 horas semanais e un mes de vacacións, o 100% do salario en caso de enfermidade ou accidente, a xubilación aos 60 anos co 100% do salario real, a readmisión dos despedidos por motivos políticos e un local de reunión—; no transcurso desa marcha, ao chegar á ponte das Pías, foron detidos por unha compañía da policía armada, polo que se produciu un enfrontamento que terminou coa morte de Amador Rey e Daniel Niebla,

así como con máis de corenta feridos de bala e con numerosos detidos, entre os que se atopaban Pillado, Riobó, Amor Deus e outros dirixentes obreiros. Nos días seguintes, a solidariedad cos traballadores de Bazán difundiuse por toda a comarca ferrolá e por toda Galicia: os paros estendéronse a outras factorías e a poboación respondeu dando mostras de apoio ás familias dos represaliados; finalmente, o día 21 de marzo, as portas da factoría volvíanse a abrir, a pesar de que nesta ocasión os obreiros traballaban baixo a vixilancia da policía e coa ausencia de 160 compañeiros, algúns deles enlaces sindicais, que fosen despedidos. A loita terminase, pero a fortaleza do movemento obreiro quedase patente.

Tamén en Vigo viviuse un conflito sociolaboral de grandes dimensións. Nesa cidade as reivindicacións obreiras, que comezasen ao amparo da renovación dos convenios colectivos no ano 1971, culminaron, logo dun proceso de crecente conflitividade laboral que se agudizase logo dos sucesos de Ferrol, coa folga xeral sostida durante quince días en setembro de 1972. As demandas eran as mesmas que en Ferrol: redución da xornada laboral, readmisión dos despedidos...; con todo, como antes en Ferrol, a intransigencia dos empresarios e a represión exercida sobre os líderes sindicais saldouse co despedimento de preto de 400 traballadores pertencentes ás principais empresas de Vigo: Citroën, Vulcano, Barreras, Censa, Álvarez..., entre os que se atopaban Waldino Varela, Xaniño e outros moitos obreiros, así como Camilo Nogueira e Francisco Lores, enxeñeiros de Citroën que pertencían ao colectivo Galicia Socialista.

En liñas xerais, o acontecido en Vigo e Ferrol, que situaba a estas dúas cidades na vangarda das loitas laborais na España dos anos finais do franquismo, sintonizaba co que estaba pasando a nivel internacional: o fortalecemento das forzas progresistas e o aumento da conflitividade social. Aí están as mobilizacións dos anos sesenta e setenta dos metalúrgicos italianos, os obreiros franceses, os metalúrgicos e mineiros alemáns, os mineiros británicos e, en xeral, a agudización dos conflitos sociolaborais na maioría dos países occidentais, que nos EEUU tomaron a forma de loita polos dereitos civís da poboación afroamericana.
Neste sentido, se temos en conta que os anos sesenta e setenta estiveron marcados por un avance decisivo da mobilización obreira e do socialismo (pensemos no triunfo de Salvador Allende en Chile en 1970, da revolución dos caraveis en Portugal en 1974 e do avance da descolonización africana, moitas veces baixo signo socialista), que pasou para que tanta forza desvanecésese no aire?

Precisamente ante estas mobilizacións os grandes posuidores, que temían perder o seu poder, aproveitaron a crise enerxética iniciada en 1973 e agravada coa crise xeral de abastecementos entre 1978 e 1979 para impor, como solución á crise, o modelo económico neoliberal. Un modelo que conseguiu triunfar despois de que chegasen ao poder Tatcher en 1979 e Reagan en 1980; este modelo, baseado na fragmentación do traballo e na ausencia do Estado da economía, principio ideolóxico que inspirou a onda de privatizacións de empresas públicas, a introdución de criterios de mercado nos servizos ofrecidos polo Estado (cando non a súa privatización directa ou indirecta, como no ensino e na sanidade) ou o déficit cero, tiña (ten) como obxectivo principal, máis aló da incorporación ao ámbito da libre empresa da sanidade e a educación e a obtención de maiores beneficios empresariais desreglamentando o mercado laboral, a desmovilización da clase traballadora. Ese era e segue sendo o obxectivo final: desmovilizar á clase traballadora.

Neste sentido, non deixa de ser significativo que a reconversión industrial de 1982-1984, que ao introducir a precariedade e a inestabilidade no ámbito laboral (recordemos os despedimentos masivos, os parados de longa duración, a inseguridade na permanencia no emprego, a desigualdade obxectiva entre os traballadores fixos da empresa e os eventuais ou subcontratados...) tanto fixo pola desmovilización do movemento obreiro, afectase principalmente ás dúas cidades galegas nas que a clase traballadora alcanzase unha maior capacidade organizativa e de loita nos anos setenta e primeiros oitenta: Ferrol e Vigo, a pesar de que tamén había industrias na Coruña (Repsol, Santa Bárbara...) ou en Santiago de Compostela (Finsa...).

Naqueles anos a mobilización foi substituída pola movida e as reivindicacións sociais polo éxito individual, dando comezo a un proceso liberalizador que pode culminar coa destrución de moitos dos dereitos sociais. Fronte a isto, é necesario permanecer vixiantes na defensa dos nosos dereitos, que, non o debemos esquecer, foron conquistados ao longo de anos de loita e co sacrificio de moitos compañeiros e camaradas mortos na loita.


  La Verdad - Vanguardia del Movimiento Obrero- Ferrol 1972
Imagenes de la Asociación López Bouza de Ferrol

domingo, 3 de março de 2013

Amaiur propón eliminar o busto de Fraga do Senado pola súa clara conivencia co terrorismo

Busto do fascista no Senado

Amaiur propuxo eliminar dos corredores do Senado o busto dedicado á figura de Manuel Fraga Iribarne co que a Cámara Baixa rendeu homenaxe o pasado mes ao político fascista galego, fundador de Alianza Popular e «pai da Constitución», falecido o 15 de xaneiro de 2012. 

Insurgente - 3/3/13 traducción CRMH da Coruña
A Coalición vasca ha dirixido unha pregunta por escrito ao Goberno de Mariano Rajoy por medio da cal relaciona a Fraga co «terrorismo tardo-franquista», valéndose para iso de novas revelacións contidas no libro de memorias do ex presidente do Congreso e ex ministro socialista José Bono, onde se acreditan as «responsabilidades» do ex senador galego no grupo ultradereitista do Batallón Vasco-Español.

Invócase directamente á lei de vítimas do terrorismo para esixir que se protexa a súa «dignidade» fronte a unha estatua que considera «unha grave afronta» e un «insulto» a todas elas. Tamén se apoia na súa demanda na lei de memoria histórica, que fai referencia á retirada de placas e insignias conmemorativas «de exaltación» do franquismo, entre as que inclúe o busto de Fraga.

A pregunta está formulada polo parlamentario Jon Iñarritu, adscrito a Aralar, quen alude á «participación activa do señor Fraga na ditadura totalitaria, acerca do cal non se arrepentiu en vida e sobre o que fixo apología até o fin dos seus días».

Desta maneira, pretende facerse eco do «malestar» xurdido entre «varios afectados» do «franquismo, da violencia policial e do terrorismo», que senten «doídos e vexados» pola colocación dunha estatua na que ven un símbolo de «apoloxía».

A iniciativa foi freada en seco ao non permitir a Mesa do Congreso, onde o PP goza de maioría absoluta, a súa admisión a trámite por considerala unha cuestión «manifestamente allea á competencia do Goberno». Con todo, Amaiur insistirá no seu obxectivo de eliminar calquera rastro de Fraga nas institucións comúns.