O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 29 de novembro de 2015

As cruces de caídos, como a de Vigo, resaltan aos verdugos


A investigadora da memoria histórica presenta un libro no que fai unha homenaxe ás vítimas da represión franquista

26/11/2015
A cafetería Detrás do Marco, a presentación do libro Un cesto de mazás, de Montse Fajardo, no que se fai unha homenaxe ás vítimas da represión franquista. Acompañada polo investigador Luis Bará, o crítico literario Ramón Nicolás e Paloma Reigosa, neta da viguesa Urania Mella.

-¿Que conta no seu libro?
-Recorre 16 historias de vítimas da represión do 36. Está contado por eles, como no caso do soldado Antonio Pérez, de Redondela, e Antonio Alejandre, de Vilaxoán, derradeiro sobrevivente do campo de concentración da illa de San Simón. E en outros casos, as contan os seus familiares, que para min tamén son vítimas.

-¿Como narra esas historias?
-Eu son xornalista e intento que sexan as propias fontes quen as conten coas súas propias palabras e modos de falar, como no caso das mulleres do Grove, nas que lles conservo a gheada. Cada capítulo está contado dun xeito o máis próximo posible á propia fonte e como viviu a historia. É un relato xornalístico pero que tenta que sexan eles quen manteñan o fío da narración.

-¿Mantén o formato que empregou en Matriarcas? 
-Si, é parecido a ese libro coa diferenza de que entón eran as protagonistas quen contaban a historia en primeira persoa, e aquí, na maioría dos casos, son os seus achegados, tratando de manter os seus xeitos de falar.

-¿Considera que é necesario este tipo de libros?
-Máis que nunca. O vindeiro ano cúmprense oitenta anos do pronunciamento militar e corenta da chegada da democracia pero as vítimas están pouco recoñecidas. Hai moi poucas persoas que coñecen o que lle aconteceu aos seus propios veciños nas súas propias vilas. En cambio, polo país, segue a haber rúas con nomes como General Mola, e segue habendo cruces, como a de Vigo, que resaltan aos verdugos. Segue habendo recoñecemento dos verdugos e esquecemento das vítimas; hai moitas familias que non saben onde están enterrados os seus familiares. É necesario ter empatía con esas persoas.

-En Vigo soubemos onte que o Constitucional rexeito involucrarse no derribo da Cruz do Castro.
-É a tónica do que ven pasado dende hai corenta anos, os parabéns da democracia ao que pasou durante o franquismo. As vítimas seguen tendo a sensación de que os seus verdugos están aceptados. Unha cousa é o que é legal, e outra, o que é xusto.

-¿As mulleres foron dobremente vítimas da represión?
-É unha teima miña. Adoitamos poñer un acento especial sobre os homes porque son maioría nos asasinatos e no encarceramento, pero as mulleres non só padeceron esa represión senón que tamén houbo castigos específicos para elas, como a rapa do pelo, o aceite de ricino ou as violacións. Hai tamén un tipo de represión difícil de recoller porque moitas sentiron vergoña e a sufriron en silencio. Penso que todas as mulleres foron vítimas do franquismo, primeiro porque acabou cos seus dereitos e relegounas ao fogar. E sobre todo, porque as viúvas, dos fusilados, quedaban cos fillos e sen o principal sustento. Ademais quedaban sinaladas e sen oportunidades.

-¿Cal foi o caso que máis lle chamou a atención?
-Hai moitos e brutais, pero a min o que máis me impacta son pequenos acenos, como deixar a unha nena de seis anos sen ir a escola porque eran irmá dun represaliado. Eses pequenos acenos cos máis febles amosan a crueldade do fascismo.

-¿Foi moi complicado reunir tantas testemuñas?
-Tiven moitas axudas da xente que investiga na memoria e das testemuñas que me abriron as súas casas. No acto de Vigo vai estar Paloma Reigosa, neta da viguesa Urania Mella. O máis duro foi dende o punto de vista emocional porque as historias son durísimas e as contan os familiares das vítimas ou elas mesmas.

-¿Por que lle puxo este título?
-Nun texto de Luis Bará, que tamén investiga na memoria, dicía que entrevistara a Tucha García para falar do seu pai que estivera tres anos nun tubo na corte. Os falanxistas foron a buscalo e como non o atoparon, destrozaron unha maceira. Luis dixo que ía volver a casa de Tucha para levarlle un cesto de mazás e devolverlle un pouco do que o fascismo lle quitara. Pareceume unha metáfora moi fermosa para definir o que quero facer con este libro, devolverlle as familias a verdade despois de corenta anos de ditadura escoitando que eran uns asasinos, e outros corenta de democracia silenciosa.

Declaración de Vilaboa

 
Iniciativa Galega pola Memoria - Vilaboa, 28 de novembro de 2015
A historia dun país, unha democracia digna de tal nome, non se pode construír sobre o silencio, sobre o esquecemento das vítimas da represión, sobre a ocultación e a desmemoria que aínda perviven hoxe, 79 anos despois do golpe militar fascista, 40 anos após a morte do Ditador.

Proclamámolo aquí, á beira da ría de Vigo, a maior foxa común de Galiza, estación última dos corpos de ducias de sindicalistas, obreiros, traballadores fondeados nas augas deste mar frío, fermoso e profundo. Depósito de loitadores pola República e a liberdade cuxos corpos nunca voltaron.

Berrámolo aquí, fronte ao Lazareto, “a illa dos amores para a morte confiscada”, lugar de prisión, de sufrimento, de humillación, de fame, de frío, de morte. Da morte que presentiron os que saíron da illa para seren fusilados en Pontevedra e en Vigo. Da morte que sufriron os que saíron da illa de noite –as noites da raposa, chamábanlle os presos- rumbo a unha curva, a unha cuneta, a unha praia da que nunca volveron.

Dicímolo alto e forte aquí, ao pé da estrada que construíron centos de presos da illa con man de obra escrava. Neste lugar de memoria que queren prohibir os herdeiros do franquismo, o continuadores da ignominia , os instauradores do Esquecemento.

E neste lugar cargado de simbolismo, de memoria e de dor, denunciamos que o sistema político vixente se instaurou sobre o esquecemento, sobre a amnesia, sobre unha amnistía que contravén o dereito internacional e os dereitos humanos. 

Neste lugar anunciamos que non imos parar a nosa loita. Aquí fronte a San Simón, ao pé do cemiterio mariño, proclamamos unha vez máis a nosa decisión de seguir adiante no labor a prol da memoria histórica en Galiza. A nosa vontade de exercer con firmeza a defensa dos dereitos humanos a nivel local e no seo da Iniciativa Galega pola Memoria.

En consecuencia, e tendo en conta a singularidade do ano 2016 -80 aniversario do 36, do inicio da represión- facemos pública a seguinte táboa reivindicativa

1. Demandamos a aprobación dunha política pública da memoria de carácter estatal e por parte do goberno galego. Como punto de partida desta política, consideramos de máximo interese as recomendacións do informe do relator da ONU para os dereitos humanos, Pablo de Greiff. Entendemos portanto que a política da memoria debe fundamentarse no respecto aos dereito humanos; e particularmente no respecto ao dereito á Verdade, á Xustiza, á Reparación e a Non Repetición. En consecuencia co anterior, esiximos a derrogación da Lei de Amnistía de 1977.

2. Reclamamos aos gobernos municipais e deputacións –nomeadamente aqueles con gobernos de esquerdas- que inclúan a política da memoria histórica nas súas prioridades políticas.

3. Esiximos ao goberno galego que a Illa de San Simón volva ser Illa da Memoria, e acolla prioritariamente actividades relacionadas coa memoria histórica. Demandamos que nas visitas á Illa se informe con amplitude sobre o seu pasado como cárcere e como corredor da morte, e sobre as sacas das que foron vítimas ducias de militantes republicanos. E que se non se organicen actividades contrarias ao respecto polas vítimas da represión.

4. Demandamos a recuperación e reactivación –con financiación do goberno galego- do Proxecto Nomes e Voces para a investigación e divulgación sobre a represión franquista en Galiza. E a difusión pública da documentación do proxecto: imaxes, documentos escritos, gravacións...

5. Solicitamos o apoio por parte do goberno galego ao labor das asociacións de recuperación da memoria histórica.

6. Apelamos a consciencia democrática de maxistrados e maxistradas para que non amparen a fascistas, integrantes activos da ditadura franquista, aínda vivos; favorecendo o seu xulgamento no noso territorio, así como a colaboración co proceso xudicial aberto desde Arxentina contra o rexime franquista.
 
7. Solicitamos unha decidida política de cara a facilitar o acceso aos arquivos que albergan documentación relacionada coa represión, así como a dotación de medios para a clasificación e a divulgación dos fondos na rede.

8. Esiximos a desaparición da simboloxía franquista e de todo tipo de elementos que lembren a Ditadura e sexan ofensivos para as vítimas: nomes de rúas e praza, monumentos, símbolos...

9. Propoñemos a organización ao longo de 2016 -en colaboración con concellos e deputacións- dun programa de actividades de investigación, divulgación e homenaxe sobre as vítimas do franquismo. No que atinxe á divulgación, prestarase especial atención aos centros educativos. Neste eido, solicitamos a inclusión na programación dos diferentes niveis educativos, de materiais pedagóxicos sobre a historia recente, sobre o golpe militar do 36, e sobre as súas causas e consecuencias.

10. Demandamos a creación dunha rede galega de Lugares da Memoria, sinalizados mediante unha imaxe e simboloxía común. E a edición dun mapa guía dos Lugares da Memoria Democrática de Galiza.

Nesta iniciativa daráselle prioridade a lugares de represión, lugares de resistencia, espazos de solidariedade, foxas comúns, e a ría de Vigo como a maior foxa común de Galiza.

Aquí estamos, seguindo o ronsel que deixaron tantos homes e mulleres valentes, solidarias, xenerosos. En pé de loita, coma eles e elas, que retornan con nós da noite do esquecemento para convertírense en fachos de luz.

Fronte a San Simón, ao pé da ría, en Vilaboa, aquí estamos. Para reclamar Xustiza, Verdade, Reparación. E Memoria, sempre. 

Iniciativa Galega pola Memoria
Vilaboa, 28 de novembro de 2015

O Concello de Pontevedra rende homenaxe a case un cento de mulleres represaliadas

Foto Pontevedraviva.com

 Pontevedra.gal 24/11/15
Dentro do programa municipal A memoria das mulleres, o Concello de Pontevedra organiza este venres, 27 de novembro, unha homenaxe institucional ás mulleres que sufriron a represión franquista. O acto que se celebrará ás 20.30 horas no Teatro Principal, é froito dun acordo da Corporación, que prevé tamén reforzar a presenza das mulleres nos espazos públicos mediante a denominación de parques, prazas e rúas; a creación de roteiros urbanos; e creación de murais artísticos e a instalación de rótulos e inscricións que recoñezan e divulguen a achega das mulleres á historia da cidade, tanto desde o punto de vista individual como colectivo.

Na homenaxe deste venres lembrarase o nome de case un cento de mulleres que foron vítimas de todos os tipos de represión: asasinato, como Consuelo Acuña ou Elvira Lodeiro; o rapado do cabelo, como Custodia Gama, Camila Pintos Blanco, Carmen Echevarría, Aurelia Garrido, Olivia Tomé, Asunción Vilas A Vidala ou Encarnación Silva; prisión, como Enma Mourón, Josefina Arruti, Carmen Abuín, Josefina Blanco ou Asunción Vilas, presa en Saturrarán.

Mulleres que sufriron castigos económicos e laborais como as mestras Peregrina Martínez Santos, Nieves Adrio Sobrido, Pilar Poza Juncal, as irmáns Exclavitud e Serafina Dios (tamén encarceradas), Ernestina Otero, ou as traballadoras do concello Aurora Garrida e Delia Gendra.

Mulleres exiladas como Virxinia Pereira, Mercedes Magdalena ou Isabel Gómez Costas.

Mulleres que agocharon a perseguidos, que lles levaron alimento e amor aos agochos e aos cárceres, como Rosa e Oliva Fariña, Eulalia Carro, Maruja Álvarez, ou as irmás Aurora, Nicereta e María Martínez Fernández (As Corseteiras), que tamén foron encarceradas.

Tamén serán protagonistas da homenaxe as mulleres que sobreviviron ao asasinato e á prisión dos seus familiares: as nais, fillas, irmás e esposas que tiveron que convivir coa dor sen dereito ás bágoas, sen dereito ao dó (duelo), porque mesmo estaba prohibido chorar os seus, poñerlles unha lápida ou levar loito. E que tiveron que sacar adiante as familias, e sufrir o silencio e a inxustiza do esquecemento durante décadas.

As mulleres que sobreviviron, as que protagonizaron escenas de solidariedade e resistencia no tempo do terror, as que conservaron a memoria no interior das casas terán tamén un espazo na homenaxe do venres, que pretende ser un acto de memoria e de xustiza.

Publicación e vídeo       
Este acto é resultado do traballo de pescuda e investigación desenvolvido durante anos polo historiador Xosé Álvarez Castro e complementado con ducias de entrevistas a familias que realizou a xornalista e escritora Montse Fajardo.

Na homenaxe participará unha representación das familias represaliadas e haberá intervencións de Montse Fajardo, María do Carme Lores (neta de Isolina Villaverde e de Aurelio Torres, asasinado o 23 de agosto do 36) e do alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores. Tamén se proxectará un vídeo con imaxes de mulleres represaliadas, algunhas delas inéditas, e entregarase unha publicación divulgativa sobre o tema.

Desde o Concello queremos facer fincapé en que a listaxe de nomes é interminábel e fica incompleta, por iso é necesario seguir traballando na recuperación da cada historia, de cada nome, de cada rostro, sacándoos do esquecemento inxusto ao que foron condenados durante a ditadura e nas décadas posteriores, xa en plena democracia.

Comunicado Asc.Viguesa pola MH do 36 - Resposta as declaracions do Alcalde Sr. Caballero


Comunicado da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 en resposta as declaracións públicas do Alcalde de Vigo Sr. Caballero sobre a resolución do TC con motivo da Cruz franquista do Castro de Vigo.

Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36



Cambio dos nomes franquistas de dúas rúas e unha praza na Coruña



CRMH da Coruña 28/11/15
Martes, 1 de decembro . A partir das 19.00 h., na rúa General Mola (que deixará definitivamente de molar a partir desa hora), o Concello da Coruña celebrará o acto de substitución/eliminación da terminoloxía franquista que nomea esa rúa, cambiándoa pola de rúa ÁLVARO CEBREIRO (debuxante, caricaturista, xornalista gráfico coruñés). Tamén será eliminada/substituída o nome da praza do general Mola, pasando a recuperar a devandita praza o seu nome tradicional: Praza de Santo André.

Xoves, 3 de decembro. A partir tamén das 19.00 h., a rúa Juan Canalejo perderá o seu sinistro nome -pertencente ao do fundador da Falange na Coruña-, pasando a chamarse Rúa SOCORRO, recuperando tamén así o seu nome tradicional.


Outro acto impulsado polo concello da Coruña, coa colaboración da CRMH:

O xoves, 3 de decembro, a partir das 20.30 h., haberá un acto no Fórum Metropolitano de homenaxe aos fotógrafos coruñeses Julio e Paco Souza Fernández, tamén coñecidos polo nome de "Hermanos Mayo". Este acto será presentado polo concelleiro de Cultura e Deportes da Coruña, Xosé Manuel Sande, e constará da proxección dun documental, da autoría do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato, quen participará no posterior debate xunto con Rubén Afonso, secretario da CRMH da Coruña.

terça-feira, 24 de novembro de 2015

Homenaxe en Ourense ao doutor e político galeguista


David Simón en Diario de un médico de guardia 21/11/15
V Asemblea Xeral da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) 2015 

En Ourense, 28 de Novembro 2015

Lugar: Paraninfo del Instituto Otero Pedrayo 
(lugar do acto cambiado pola organización)

11.30 horas: Colocación dunha placa no edifício onde exerceu a profesión como médico xinecólogo o doutor Peña Rey. Parque San Lázaro.

12.30 horas: Acto de homenaxe e incorporación de novos irmandiños.

Guión do acto:
Presentación do acto a cargo de Carmen Pérez Vaquero e Carlos Eirea.
- Apertura a cargo do alcalde de Ourense ou representante municipal no acto.
- Intervención de Xaquín Monteagudo, presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
-Intervención de Xosé Luís Álvarez Prieto, membro da coordinadora de ISAGA.
-Incorporación de novos irmandiños, imposición de becas, lectura e sinatura do compromiso.
-Intervención de David Simón Lorda (médico psiquiatra): "Semblanza do doutor Manuel Peña Rey, médico xinecólogo e militante galeguista.".
-Intervención de Manuel Peña-Rey Bouzas (médico e dirixente do Partido Comunista), fillo do homenaxeado.
-Intervención do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.
-Actuación musical.
14.00. Peche do acto

Manuel Peña Rey
(Viascón, Cotobade, Pontevedra, 1899 - Ourense, 1957).
Traducción Estación Atlántica

"Manuel Pena Rey foi destituído en agosto de 1936 do seu posto de médico e de director do Hospital Provincial de Ourense, xunto co doutor Vázquez de Parga. É nomeado para substituílo como encargado da Sala de Obstetricia e Ginecología do Hospital o médico Manuel Pol Piñeiro.

Detido o 28 de outubro de 1937 estivo encarcelado en Ourense en O Carballiño por breves períodos entre 1937 e 1938. Líbrase de ser fusilado a través de recomendacions de amigos e coñecidos, pero o TRRP da Coruña manterá aberto o seu expediente ata ben entrados os anos corenta ademais de someterlle a restricciones para traballar e obrigarlle ao pago de diferentes multas e contribucións 'voluntarias' de 5.000 pesetas para o Roupeiro de Guerra, ou 'renuncias voluntarias' a cantidades elevadas (10.000 pesetas) que lle debía a Diputación provincial, etc....

Segundo o informe do Comisario Xefe da Comisión de Investigación e Vixilancia de Ourense de 26 de outubro de 1940, que figura entre a documentación do seu expediente de Responsabilidades Políticas, o doutor Manuel Pena Rey estaba afiliado ao Partido Galeguista e era socio da Agrupación de Oficios Varios na Casa do Pobo. fora apoderado da Fronte Popular en 1936 'pactando con aquel e traballando con denuedo en prol da Independencia de Galicia, o que deu lugar a discusións no seu partido'.

Testificaron ao seu favor durante a instrución do Expediente de responsabilidades políticas diversas persoas como Antonio Saenz Díez. Celso da Torre ou o doutor Luís Santos Ascarza (quen con data 11 de decembro de 1940 defende ante o Tribunal a integridad moral e profesional do doutor Pena).

A sentenza do TRRP da Coruña de data 9 de abril de 1941 declárao incurso en responsabilidade política, imponlle cinco anos de inhabilitación especial para cargos públicos de mando, confianza e directivos, e condénalle ao pago de 500 pesetas.

Tardará máis de oito anos en ser rehabilitado 'farao o Gobernador Civil Vicente Muñoz Calero, por intereses persoais derivados da necesidade de precisar a asistencia do médico Pena Rey para atender a un familiar próximo–" (tomado do libro "Médicos Ourensanos Represaliados en la Guerra Civil y en la Posguerra. Historias de la -longa noite de pedra" (2010),  David Simón Lorda, Fundación Dez de Marzo/Concello de Ourense)

A miña queixa ao P$o€ por permitir que o seu alcalde de Vigo negue o derrube da cruz fascista do Castro


Non admisión a trámite do recurso de amparo do Tribunal Constitucional pola cruz do Castro


Achégase informe do Tribunal Constitucional

INFORMAMOS a socios, simpatizantes e colaboradores que impulsaron e colaboraron tecnica e/ou economicamente. Para todas e todos o noso agradecimiento e admiración.

Pechouse un capitulo pero o proceso segue: a loita continúa e a sociedade cada vez máis plural toma o relevo

Telmo Comesaña
Presidente Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36


Presentación de “Un cesto de mazás. Memoria das vítimas do 36 e do tempo que veu” en Vigo


domingo, 22 de novembro de 2015

"Declaración de Vilaboa"


Regaduxa Memória Histórica de Vilaboa

O 28 de novembro ás 13:30h. no Peirao de Santa Cristina de Cobres

Despois da xuntanza dos colectivos da memoria histórica, que terá lugar ás 11h na casa de cultura de Riomaior, procederase, á 13h30 no peirao, á lectura pública da chamada "Declaración de Vilaboa". 

Texto elaborado por estes colectivos presentes na reunión que falará das denuncias que temos que facer ante a inoperatividade do gobernos en materia de memoria histórica, e marcará liñas de actuación para vindeiras datas.

Pontevedra renderá homenaxe ás mulleres represaliadas e resistentes cun acto no Teatro Principal


PonteVedra Viva! 22/11/15
A memoria das mulleres que está a recuperar o Concello de Pontevedra a través do programa municipal bautizado, precisamente, como A memoria das mulleres, centrarase a vindeira semana nas mulleres represaliadas e resistenes, as mesmas que xa teñan protagonizado tres edicións das Xornadas 'Represaliadas e resistentes' e que nestes días están máis presentes ca nunca na memoria colectiva coincidindo co corenta aniversario da morte do Ditador. Francisco Franco, que inspirou esa represión. Nesta ocasión, será a través dun acto público no Teatro Principal. 

O acto está organizado para as 20.30 horas do vindeiro venres 27 de novembro e servirá para render homenaxe a mulleres asasinadas, rapadas, encarceradas, depuradas, aldraxadas, sinaladas polo seu compromiso político ou polo parentesco a raíz do Golpe de Estado de 1936 e durante a Guerra Civil e os anos do Franquismo. 

Dende A memoria das mulleres lembran que " as mulleres foron vítimas dunha cruenta represión que se prolongou no tempo da Ditadura. Sen dereito ás bágoas, sen dereito á dor, as mulleres conservaron os recordos no interior das casas, no tempo do silencio e do esquecemento"

A homenaxe servirá para representar nos nomes de case un cento de mulleres, a emoción e o orgullo que debe sentir a sociedade polas súas "vidas xenerosas".

segunda-feira, 16 de novembro de 2015

Homenaxe ao médico dos pobres

, Telmo Bernárdez, líder agrarista. O médico foi asasinado o 12 de novembro de 1936 en Pontevedra. Contaba con 51 anos e era membro do partido Republicano Galego

A familia do médico redondelano fusilado en 1936 Telmo Bernárdez regresa de México

13 de novembro de 2015
Tal día como onte, Telmo Bernárdez Santomé, o médico dos pobres de Redondela, morría asasinado. E o Concello quixo renderlle homenaxe. Non en balde é o personaxe do ano na súa vila. O acto comezou no cemiterio dos Eidos, un pequeno camposanto rodeado dunha urbanización dormitorio. Alí depositouse un ramo de flores sobre a tumba que, con esmero, coida unha achegada da familia durante todo o ano xa que os descendentes de Telmo residen en México. A ese país tivo que fuxir a viúva cos seus nove fillos no ano 1936. Para asistir á efemérides desprazáronse desde o outro lado do océano a nora de Telmo Bernárdez, Loty da Granxa, unha alacantina que coñeceu no país azteca a Suso Bernárdez, un dos fillos de Telmo, e dous das súas netas. Unha delas, Amaya, recordou os «duros anos» da familia durante a posguerra, na que os seus pais tiveron que «traballar como animais» pero puideron vivir en paz grazas á xenerosidade do presidente da Republica, Lázaro Cárdenas, cos exiliados.

O alcalde de Redondela, Javier Bas, descubriu xunto á súa familia un placa que recorda a casa onde viviu Telmo Bernárdez. No seu día foi confiscada e hoxe é un albergue onde pasan a noite os peregrinos do camiño de Santiago ao seu paso polo municipio. Ao descubrir o recordatorio, un dos dirixentes do Colectivo Republicano, Raimundo Cal, pronunciou unhas improvisadas palabras nas que criticou que non se aplicou a Lei de Memoria Histórica para resarcir a «miles de persoas que morreron nas cunetas». Á homenaxe acudiron políticos de diferentes ideoloxías e, durante os actos, un grupo de achegados á familia portou unha bandeira republicana.

Telmo Bernárdez, ademais de axudar a moitos dos seus veciños como médico, foi o presidente do casino de Redondela no ano 1932. A súa preocupación pola situación dos que traballaban no campo levoulle a converterse en líder agrarista e utilizou xornais da época, como Nova xente ou A Opinión, para dar a coñecer as súas ideas. Tamén foi un destacado membro do Partido Republicano Galego e o 6 de marzo do ano 1936 foi nomeado delegado da Confederación Hidrográfica do Miño. Desde o seu cargo fixo intensa campaña a favor do estatuto de autonomía de Galicia. Tras estalar a guerra, Bernárdez foi asasinado a madrugada do 12 de novembro en Pontevedra. Estaba casado con Isabel Gómez, filla do secretario do Concello do Porriño. Tras o asasinato, a súa familia tivo que fuxir. Primeiro fixérono a Portugal e logo a Francia, desde onde se marcharon a Nova York para finalmente acabar en México. E alí seguen.

domingo, 15 de novembro de 2015

O alemán que desertó e viño a Vigo por amor

Imre Kukla, fillo de Hanns Oswald Kukla, é o responsable da tradución e edición deste libro escrito polo seu pai

Traducción Estación Atlántica

Hanns Oswald Kukla participou na II Guerra Mundial; estivo destinado en Vigo, Berlín, a fronte Rusa e Italia, onde se uniu aos partisanos. Regresou a Vigo onde se atopaba o seu gran amor. Agora publícanse as súas memorias

Atlántico - Rosé Carrera - Vigo 11/01/2015
Vigo é unha auténtica caixa de sorpresas que de cando en cando regala ás súas xentes historias épicas que devolven ao home a súa esperanza. Nesta ocasión, o seu protagonista é un soldado alemán, Hanns Oswald Kukla (Beuthen, 1914 - Innsbruck, 1956), cuxa vida, relatada en primeira persoa, foi rescatada por un dos seus fillos e ve agora a luz en forma de libro. ¡Tenia que suceder así! Diario de guerra de un desaparecido (1933-1946) é un canto ao pacifismo en plena II Guerra Mundial. E é, sobre todo, unha das poucas voces críticas contra o nazismo xurdidas na súa época entre os propios alemáns, que na maioría dos casos preferiron ver para outro lado e ignorar o horror do réxime nazi. "O meu pai tivo o convencimiento desde o principio de que era unha guerra perdida, que non tiña sentido". Imre Kukla Boán emociónase cando fala deste home ao que coñeceu moi pouco pero do que conservan na familia todos os seus escritos, documentados tamén con fotografías. El encargouse da tradución dos seus diarios que xa o seu pai redactara en forma de libro e que agora ha autoeditado, en alemán e español, en colaboración coa súa filla Inge e o seu primo Thomas Bronder.

A historia de Hanns Oswald Kukla é a de numerosos novos alemáns aos que o ascenso dos nazis ao poder sorprendeulles en idade de facer o Servizo Militar. Criado no seo dunha familia tradicional católica e de formación agrónoma, trala instrución tocoulle servir na Legión Cóndor. O seu destino como telegrafista neste corpo expedicionario que participou na Guerra Civil tróuxolle a Vigo en 1938 e, para poder operar mellor -a cidade era un auténtico niño de espías onde, desde o Cable Inglés e o Cable Alemán, vixiábanse os movementos de barcos e mercancías mutuamente-, foi presentado como corresponsal de prensa. "Así se introduciu máis fácilmente no que era a sociedade viguesa daquela época", engade o seu fillo, e así coñeceu tamén á que anos máis tarde conseguiría converter na súa esposa, a viguesa Teresa Boán.

Ao final da contenda española os alemáns regresaron ao seu país. Hanns Kukla, lonxe de licenciarse, viuse obrigado a continuar servindo como soldado no departamento de telecomunicaciones. Tal como relata no seu libro, e comenta tamén o seu fillo, estivo en Berlín, no Ministerio do Aire, onde conseguiu que o expulsasen para dar cos seus ósos, castigado, na prisión da Fortaleza de Torgau. De aí, foi enviado á fronte de Rusia, ás portas de Moscú, durante o duro inverno de 1943. Polo seu posto, sempre tivo información de primeira man do que pasaba realmente na guerra e, a base de 'triquiñuelas' e enxeño, logrou que a súa unidade fose destinada a Italia. O atentado a Hitler en xullo de 1944 foi o empujón final que necesitou para decidirse a desertar. Pero non se quedou aí a súa aventura: uniuse aos partisanos italianos e, acabada a guerra, colaborou en Roma cos aliados, ata que finalmente embarcou rumbo a España para reencontrase con Teresa Boán.

Klukla viviu en Vigo e Bilbao, onde se gañou a vida como cronista e comentarista político para numerosos xornais, tanto europeos como de América, entre eles "El Pueblo Gallego". Faleceu en Alemania mentres esquiaba. Preparaba o seu regreso ao seu país, xunto á súa familia, porque non se sentía cómodo na España de Franco. Os seus descendientes seguen asentados na cidade viguesa.

sábado, 14 de novembro de 2015

O Concello de Pontevedra recorda aos fusilados do 36 e anuncia unha homenaxe ás mulleres

Homenaxe aos represaliados, a noite deste xoves. RAFA FARIÑA

Lores presidiu o acto baseado en "un día negro na historia de Pontevedra" e engadiu que "nunca será suficiente o que fagamos polas vítimas do 12 de novembro e por todas as e demais. Especialmente por aquelas que aínda agardan que as rescatemos do anonimato (...) e do silencio da Historia"

Venres 27 de novembro, a partir das 20.30 horas, o Teatro Principal acollerá o acto "que será preámbulo dá programación do ano que vén: Homenaxe ás Abrandares Represaliadas e Resistentes"

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presidiu este xoves o acto de homenaxe aos represaliados do 36 xunto ao monumento da rúa 12 de Novembro, na zona Este de a cidade. Os médicos Amancio Caamaño Cimadevila, Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana, os mestres Paulo Novás Souto, Germán Adrio Mañá e Benigno Rey Pavón, o editor Ramiro Paz Carvajal, o avogado José Adrio Barreiro, o xornalista Víctor Casas Rey e o capitán Juan Rico Gonzá­lez viron segadas as súas vidas "pola barbarie fascista", segundo relatou o alcalde, tal día como este xoves, hai 79 anos na zona da Caeira.

"O 12 de novembro de 1936 é unha data funesta, un día negro na historia de Pontevedra, porque tal día coma hoxe (por este xoves), na Caeira, as balas da senrazón e da inxustiza, os disparos do fascismo, mataron a dez homes bos, a dez homes xustos, xenerosos e solidarios", expuxo Lores, que engadiu que "nunca será suficiente o que fagamos polas vítimas do 12 de novembro e por todas as e demais. Especialmente por aquelas que aínda agardan que as rescatemos do anonimato, das tumbas anó­nimas, das cunetas e do silencio da Historia".

80 ANIVERSARIO
O alcalde de Pontevedra adiantou, ademais, que en 2016, con motivo do 80 aniversario, vanse a programar actos de maior calado "que van ter tres obxectivos pincipais: a procura da verdade, da xustiza e da reparación. Faremos especial fincapé naquelas vítimas máis silenciadas, nas esquecidas, para que as súas vidas dignas e o seu sacrificio non sexan inútiles. Para que os seus ideais sigan vivos nun tempo en que os precisamos tanto. E seguiremos na procura do ronsel das abrandares represaliadas e resistentes, que están voltando do silencio da Historia por medio do programa A Memoria das Mulleres, que desenvolve a Concellería de Patrimonio Histórico e que está a dar tan bos resultados grazas á achega xenerosa das familias".

Fernández Lores engadiu, para rematar, que "queremos que esta programación do 2016 arredor da memoria histórica sexa sentida socialmente e moi participativa", á vez que adiantou que o venres 27 de novembro, a partir das 20.30 horas, o Teatro Principal acollerá o acto "que será preámbulo dá programación do ano que vén: Homenaxe ás Abrandares Represaliadas e Resistentes".

quarta-feira, 11 de novembro de 2015

Charla-debate: A Memoria Historica de Mos



Os integrantes da Comisión da Memoria e Dignidade do 36 de Mos charlaran cos asistentes sobre o seu traballo para manter vívida na memoria a barbarie acaecida no franquismo e a sua loita pola xustiza e reparación das vitimas do fascismo español. Contaremos co prefersor Xaquin Pastoriza como presentador e moderador.

Previamente as 18:00h. faremos un acto de homenaxe a Comisión da Memoria e Dignidade do 36 de Mos na explanada da Adecuación, situada detrás do recinto das Pedriñas.

Sábado 14 de novembro ás 19:00h.

Coa participación da Comisión Memoria e Dignidade do 36 de Mos

Organiza: C.S.C.D. As Pedriñas Territorio Cultural

Avda. do Rebullón 24, Tameiga

O desafío do primeiro discurso en galego da posguerra

Ramón Otero Pedrayo nun momento da súa intervención na homenaxe a Rosalía de Castro celebrada en Santiago o 24 de xullo de 1951. Fonte: Arquivo da Real Academia Galega

Real Academia Galega 11/11/15

Ningunha disposición legal prohibía nos anos 40 de forma expresa o uso do galego no mundo editorial, nin tampouco empregalo en certas tribunas públicas. Pero o que o franquismo non censuraba de iure censurábao de facto. O primeiro en desafiar esta norma non escrita nun acto público foi Ramón Otero Pedrayo. Aconteceu tal día coma hoxe, o 11 de novembro de 1949, na inauguración dun monumento a Lamas Carvajal co gallo do centenario do seu nacemento. Desde ese momento, as autoridades franquistas impediríanlle de forma reiterada empregar a lingua do país mesmo nos actos da Real Academia Galega.

A represión lingüística da ditadura franquista mantivera á marxe de calquera alocución pública o galego durante trece anos e medio. Incluso os discursos de ingreso na Academia se pronunciaban naqueles anos en castelán nas cerimonias nas que, ademais dos propios académicos, acudían autoridades políticas en sesións abertas. Por iso, alén dos discursos en lingua galega dos ingresos na RAG de Victoriano Taibo (1948) e Aquilino Iglesias Alvariño (abril de 1949), a primeira intervención no noso idioma nun acto claramente público da que se ten constancia é a protagonizada por Ramón Otero Pedrayo polo centenario do nacemento de Lamas Carvajal, que foi celebrado o día de san Martiño.

O académico interveu ese día en dous actos públicos. No primeiro, pola mañá, Otero Pedrayo falou nun teatro en nome da Academia, representando ao seu presidente, Manuel Casás, ausente por enfermidade. Fíxoo en castelán. Xa pola tarde, volveu falar en público na inauguración dun monumento ao autor ourensán no xardín do Posío. Pero esta vez, na que só se representaba a si mesmo, faríao en galego ante un auditorio entre o que se atopaban o gobernador, a corporación municipal e outras autoridades falanxistas

El mesmo contaríalle o sucedido ao presidente da Academia nunha carta escrita dous días despois, que se conserva no Arquivo da Academia. "A la tarde hablé en gallego ante el nuevo monumento en El Posío. El Gobernador y el ayuntamiento falangista tascaban el freno. Era de perro de presa con carranca la cara del pretor. Para resarcirse, al final, inoportunamente y con sorpresa de la gente sensata, cantaron Cara al Sol y dieron los gritos. En fin, todos quedamos en los nuestro", dicía.

"Supoño que a partir de aquí as autoridades políticas estiveron moi atentas á carreira oratoria de don Ramón, quen, durante algún tempo, que se saiba, non utilizou o galego na tribuna pública, nin sequera en actos onde o castelán renxía especialmente", apunta Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, n'A batalla de Montevideo (Xerais, 2003). Prohibíuselle así falar en galego nos actos de homenaxe a Curros Enríquez no centenario do seu nacemento, celebrados en Celanova en setembro de 1951. Alí tamén se leron ese mesmo día en castelán todos os discursos da cerimonia de ingreso na Academia de Xesús Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo, e tres meses e medio despois aconteceu o mesmo no ingreso do arquitecto Manuel Gómez Román, no Casino de Vigo, malia teren tanto o novo académico como Otero Pedrayo preparadas as súas intervencións en galego. Horas antes do inicio do acto, o gobernador provincial, José Solís, fixera chegar a prohibición do idioma do país. Tres anos máis tarde, o seu sería un dos agravios lingüísticos do réxime franquista dados a coñecer ante a UNESCO.

quarta-feira, 4 de novembro de 2015

Cartas dun fusilado

Pazos e Alonso Montero, entre Enrique Alvarellos (esqda) e Olivia Rodríguez (dereita)
Traducción Estación Atlántica 

Alonso Montero presidiu a presentación do libro coas cartas que José Mejuto escribiu á súa muller no cárcere

24.10.2015

Editado por Alvarellos, foi presentado onte no salón de plenos de Cangas o libro "Cartas de un condenado a muerte" que contén as cartas que escribiu á súa muller Alejandra Nogueiras cando estivo prisioneiro na illa de San Simón.
 
O acto estivo presidido polo alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, que xa cando estaba na oposición municipal, alá polo mes de xaneiro, organizou a presentación das cartas en Cangas da man da neta do fusilado, Ana Paula Mejuto, ademais de por o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero. Xosé Manuel Pazos manifestou o seu orgullo porque este acto celébrese en Cangas e dixo que as cartas debía de servir de faro e guía para o futuro. Xosé Alonso Montero aludiu á importancia que as cartas orixinais estean en mans da Academia Galega e recordou o esforzo realizado na publicación deste libro que agora se presenta. Antes, o editor Enrique Alvarellos puxo ao descuberto o verdadeiro desexo de Alonso Montero, que as cartas formen parte dos libros de texto das asignaturas de Historia e Literatura. Precisamente Alonso Montero mencionou que Mejuto era un home sen titulación, pero cun gran talento literario, que tamén puxo de manifesto Olivia Rodríguez, profesora da Universidade da Coruña que foi a encargada de consentir e puír os textos das cartas para a súa publicación. Olivia Rodríguez tamén estivo no acto de presentación. Foi ela a que recordou como se atoparon as cartas, trala morte de Alejandra Nogueiras, as peripecias da súa neta Ana Paula Mejuto para publicar as cartas en Arxentina, as súas conversacións con Serrat e Sabina sobre esta cuestión.

Olivia Rodríguez e o editor Enrique Alvarellos aseguraron que se trataba, sen dúbida, dun libro moi especial, quizais o máis especial que chegou ás súas mans.

Alonso Montero revelou que Mejuto fixera no cárcere dous aneis con pezas de dominou, un estaba na tumba da súa muller e outro o tiña el, pero que ía pasar a mans da Academia.

Nigrán promueve o uso do galego cunha cerimonia na que se cambiará a lápida de Vázquez Grela

Traducción Estación Atlántica

Val Miñor TV  23/10/2015
O Concello de Nigrán sumar ao 'Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia' cun acto o sábado 24 no cemiterio municipal do Ceán no que se honrará ao mestre republicano fusilado José Vázquez Grela, unha vez que a lápida foi cambiada e traducida ao galego polo consistorio co beneplácito da familia. Ademais, antes descubrirase unha placa na entrada ao camposanto co lema 'En memoria de todas as persoas que aquí xacen, porque grazas a elas Galicia segue tendo cultura e lingua de seu' e posteriormente realizarase un acto de firma de últimas vontades para que todo aquel que o desexe exprese por escrito a decisión de que unha vez falecido a súa liturgia sexa en galego (na propia capela do camposanto). O alcalde de Nigrán, Juan González, sumarase á firma e anima a todos os veciños a que tamén o fagan. Este Día de Restauración da Memoria Lingüística está promovido pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e por vez primeira na súa historia o Concello de Nigrán sumase.

As lápidas dos camposantos galegos demostran a renuncia dos galegos polo seu idioma: prefiren recordar aos seus defuntos nunha lingua que non falan no ámbito familiar. 'Este é un paso máis deste goberno en apoio da lingua galega e de recuperación da memoria histórica ao mesmo tempo. Queremos con este acto contribuír a que cambie esa mentalidad que evita o galego nos camposantos', sinala Juan González, alcalde de Nigrán. Os datos son elocuentes: só una de cada mil lápidas está escrita en galego; e únicamente un 2% das esquelas publicadas nos xornais está redactada no noso idioma.

Por outra banda, o regidor móstrase especialmente orgulloso de homenaxear e recordar a figura de Grela, mestre nacional de Nigrán ao que dedica moitas páxinas do seu libro 'Nigrán. Memoria dunha guerra 1936-1939'. 'Era unha persoa comprometida socialmente, quixo levar o ensino a todos os recunchos do municipio e lograr a alfabetización universal como primeiro paso para lograr unha sociedade máis xusta; desde o goberno de Nigrán quixemos aproveitar este acto de restauración da memoria lingüística para recuperar tamén a memoria histórica', defende González, quen aposta por realizar o ano que vén, 80 anos despois do inicio da Guerra Civil, máis actos nesta liña. Precisamente, Grela ten un parque desde 2011 co seu nome situado á beira de onde era a escola no barrio da Dehesa. O parque bautizouse no mandato de Efrén Juanes a iniciativa do agora alcalde, edil de Cultura entón.

José Vázquez Grela (1897-1936)

Natural de Ames (Padrón) coñeceu á súa muller Josefa Iglesias en Bos Aires, a donde emigró con 12 anos. O matrimonio, que tivo seis fillos, pasou uns anos en Cuba antes de volver a Galicia. Foi xa na terra onde sacou as oposicións de Mestre Nacional e, tras diversos destinos, en 1932 tomou posesión en Nigrán. Desde a súa chegada ao municipio gañouse a admiración e respecto dos veciños. Grela asumiu desde o inicio a presidencia do Consello Local de Primeiro Ensino, institución creada coa chegada da República. Era o prototipo de mestre da República, comprometido cos principios do novo ensino e políticamente moi activo, ao momento de que foi un dos organizadores do mitin de xuño de 1936 nas Angustias (Nigrán) a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia, ao que asistiría Castelao. Coa nova situación política, Grela pensou que a única opción que tiña para sobrevivir era achegarse ao novo réxime e a igrexa, con esta idea chegou a escribir varias veces a nova comisión xestora do Concello dando mostras do seu suposto novo ideario falanxista. Con todo, nada diso serviulle, o 12 de setembro, ao redor das 12:30 horas da mañá, foron buscar a Grela á escola interrompendo a clase, á que asistía o seu fillo pequeno. Todos intuíron o que ía pasar, o propio mestre pediu que o deixasen despedirse da súa esposa e non o deixaron. Metérono no coche patrulla dirección ás Angustias e fixéronlle baixar cerca do cemiterio, onde lle deron cinco tiros por detrás e deixárono morto coa báta ensangrentada. Grela contaba entón con 50 anos.

terça-feira, 3 de novembro de 2015

Xulia, Lola e Amparo na memoria

As irmás Touza



Mario Paz González 3 de novembro de 2015 A Voz de Vilalba.gal 

Atribúese ao psicoanalista austriaco Wilhelm Stekel a seguinte cita: “O que distingue ao home insensato do sensato é que o primeiro ansía morrer orgullosamente por unha causa, mentres que o segundo aspira a vivir humildemente por ela”. J. D. Salinger recóllea así na coñecida novela O gardián entre o centeo. Non é unha mala definición, aínda que pouco convencional, do que podería ser un heroe. Non estamos a falar deses personaxes que acostuman a conxugar o histórico e o simbólico coma parte do seu destiño, senón daqueles outros, anónimos, dispostos a gardar un segredo, un segredo que tal vez sexa o máis difícil: o da súa heroicidade, a súa renuncia, o seu sacrificio... Seres dispostos a entregala existencia por unha causa de xeito silandeiro sen agardar ningún tipo de recoñecemento por elo.

A cotidianidade, coa súa fráxil poesía, fica chea deles, pero non acostuman a encher titulares nos xornais, malia que as súas vidas, cargadas dunha fonda intensidade, poderían conmovernos sen dúbida algunha. Pero tamén, ás veces, a prensa diaria, coma se dunha novela se tratase, regálanos algunha destas historias e entón ese súpeto descubrimento resulta unha experiencia plenamente gozosa. Velaí, pois, unha delas.

Nos difíciles anos que pechan a primeira metade do século XX había diversos puntos estratéxicos (Lisboa, Tánxer, a Francia previa á ocupación nazi...) que servían de ponte para aqueles refuxiados que tentaban fuxir do infatuo destiño que os agardaba nunha Europa a piques de ser devastada pola guerra. Xunto aos perdedores da nosa contenda civil misturábanse os perseguidos polo crecente e irracional antisemitismo do terceiro Reich. Semella que, para os que facían o seu camiño a través de Portugal, entre 1943 e 1945 funcionou unha rede que, estendéndose a través de Galicia, chegou a salvar a vida a centos de persoas. Para poñela en práctica non foron necesarias grandes e complexas infraestructuras, senón, máis ben, fortes vontades e amplas doses de heroicidade.

Xulia, Lola e Amparo (nesa orde na fotografía), as tres irmáns Touza de Ribadavia, eran propietarias dun pequeno quiosquo na estación ferroviaria da súa vila onde vendían doces caseiros, licores, viños do Ribeiro ou pavías de Beade e Vieite... Dende alí facilitaron auga ou alimento aos presos dos grupos de traballo durante a guerra (o que lles acarrearía máis dun problema) e mesmo tiñan axudado a algúns emigrantes que partían cara a Venezuela. Pero o que moitos dos seus veciños nin siquera chegaron a sospeitar era que aportaron o seu gran de area a unha das moitas redes clandestinas de axuda aos fuxidos da Alemaña nazi.

Coa complicidade dos taxistas Xosé Rocha Freijedo e Xavier Míguez, “o Calavera”, recollían aos xudeus perseguidos que chegaban nun tren sinalado desde Monforte e encargábanse de agochalos baixo o chan da cantina para logo levalos, co amparo da escuridade nocturna, ata a fronteira por Ponte Barxas. Ricardo Pérez Parada, evanxelista e toneleiro que vivía preto da estación, oficiaba coma traductor. Falaba algo de inglés e polaco, xa que fora emigrante en Nova York entre 1908 e 1914. Ninguén soubo daquel intenso segredo do que as irmás só falaban entre elas. “Sempre andaron moi unidas no seo dunha familia ben numerosa”, dirá Antón Patiño en Memoria de Ferro.

Elas, que viviron no anonimato coa ledicia e vitalidade que lles permitiron as circunstancias, levaron ata as derradeiras consecuencias a máxima aquela que marcou definitivamente a vida de Cosimo Piovasco di Rondò, o heroe da fermosa novela O barón rampante de Italo Calvino: “As empresas que se basean nunha tenacidade interior deben ser mudas e escuras, por pouco que un se manifeste ou vanglorie delas, todo semella parvo, sen sentido e mesmo mesquiño”. Co seu exemplo, as tres, quizáis sen sabelo, encarnaron cunha máis que sutil perfección a imaxe do heroe anónimo, do heroe que se amosa coma modelo ético de sacrificio e responsabilidade, disposto a cumplir un destiño, tal vez non elexido, pero enteiramente asumido por inevitable.

Lola morrería o 26 de xuño de 1966, Amparo o 6 de febreiro de 1981 e Xulia, a máis nova, o 6 de xuño de 1983. As tres recibiron sepultura no cemiterio de Ribadavia, en nichos que lindaban coa parte onde enterraban aos non católicos. Quen sabe se nunha derradeira homenaxe a moitos aqueles aos que axudaron.

Recentemente, Lolin Lira Pousa adicoulles un artigo no número 83 (abril, 2008) da revista sefardita Aki Yerushalayim. Tamén a finais de xuño a “Asamblea Universal Sefardí Isaac Siboni” plantou en Xerusalén unha árbore na súa memoria. Xa na nosa terra, a prensa galega fíxose eco de como o pasado domingo 7 de setembro, coincidindo coa celebración da IX Xornada Europea da Cultura Xudía, Efi Stenzler, presidente do Directorio Mundial da Fundación Xudea Nacional Keren Kayemeth Leisrael, loubou o seu labor mentres os descendentes das tres mulleres fixeron unha homenaxe na súa vila natal coa colocación dunha praca conmemorativa na casa porticada na que viviron, na rúa do xuíz Viñas número 2, así coma unha ofrenda floral e un acto de lembranza no cemiterio municipal.

Antón Patiño Regueiro (1919-2005), libreiro e escritor, relata cun estilo tinguido de lene saudade a súa historia xunto con moitas outras no libro Memoria de ferro, imprescindible para todo aquel con interese na memoria histórica. Nel reúne unha serie de fotografías literarias, hoxe menos borrosas, de vítimas da represión franquista. Case todos os relatos que completan o pequeno volume chegáronlle por man propia ou lle foron referidos por amigos e coñecidos. “O libro é como un peto de ánimas aos amigos meus daquel tempo”, dixo con acerto no seu día o propio autor. Nesa mistura de ficción e realidade, de literatura e vida, á que nos referiamos ao comezo, compre dicir que Memoria de ferro sería, ademáis, o xerme para algunhas das historias incluidas na novela Os libros arden mal de Manuel Rivas.

Memoria de Ferro.Antón Patiño Regueira