O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta coloquio. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta coloquio. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de xuño de 2015

70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio



A Fundación Moncho Reboiras presenta un video documental baixo o título: “70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio”, conmemorando o que fora o organismo  de representación institucional do pobo galego creado no exilio por iniciativa de Castelao en novembro do 1944. A iniciativa que conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, intégrase nun proxecto divulgativo que inclúe tamén unha exposición, a edición dun folleto e unha conferencia-coloquio.
 

martes, 17 de marzo de 2015

III Xornadas represaliadas e resistentes en Pontevedra


Coincidindo coa exposición Do gris ao violeta (Praza da Ferraría, marzo e abril de 2015), a concellaria de patrimonio histórico organiza as III Xornadas represaliadas e resistentes, que se van desenvolver os días xoves 26, venres 27 e sábado 28 de marzo na Casa das Campás, coa participación de Xosé Álvarez Castro, Montse Fajardo, Montse Dopico, Paula Godinho, Aurora Rodrigues e Pilar Allegue. Na mesa redonda do xoves tamén participarán mulleres representantes de familias pontevedresas represaliadas (pendente de confirmar nomes).

TEMPO DE MULLERES 2015

III XORNADAS REPRESALIADAS E RESISTENTES

Casa das Campás, 26, 27 e 28 de marzo de 2015.

Xoves 26 de marzo ás 19 h

Mesa redonda sobre Sobrevivir á represión e á Ditadura

Con Montse Fajardo, Xosé Álvarez Castro e mulleres pertencentes a familias represaliadas


Venres 27 de marzo

19 h Conferencia de Montse Dopico: Semente de mudanzas

20 h Proxección do documental La memoria de las olvidadas


Sábado 28 de marzo

11 h Conferencia de Paula Godinho

Propriedade privada da história e "memórias fracas": a esquerda da esquerda e as revoltas da memória.

11.45 h Relatorio de Aurora Rodrigues. Memoria da represión e da resistencia na Ditadura portuguesa

12.15 h Relatorio de Pilar Allegue. Memoria da represión e da resistencia na Ditadura franquista.

Coloquio
 
Non é necesaria a inscrición previa

martes, 16 de decembro de 2014

Centenario da Alianza Mariñeira de Marín

 
A Asociacion para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, chegado o mes de decembro, homenaxea e recorda aos veciños da vila, vítimas do Levantamento Militar que tivo como primordial obxectivo desmantelar o Réxime Democrático iniciado coa 2ª República.
 
Coincidindo este ano o Centenario da Unión de Pescadores A Alianza Mariñeira 1914-2014, queremos adicar aos mariñeiros da nosa vila que loitaron dentro das organizacións por mellorar as súas condicións de vida sendo este colectivo o mais perseguido e represaliado.

O vindeiro venres 19 de decembro, a Asociación organiza unha charla-coloquio a cargo do investigador marinense Celso Milleiro que analizará a evolución do asociacionismo do mar dende finais do século xlx en Marín.

A Alianza Mariñeira tivo o seu domicilio en Marín na rúa de Riestra nº 14 (rúa da Ponte) e o seu primeiro presidente foi Alejandro de los Santos Zapatero e a primeira Comisión Organizadora está formada por Andrés Iglesias Otero, José Rodríguez e Laureano Arosa.

mércores, 10 de xullo de 2013

Charla Coloquio "Monumentos conmemorativos contra a represión franquista"



Xoves 11 de xullo ás 20.15h. no salón de Plenos do concello de Cangas

Ponente: John Thompson - Profesor da Universidade de Montana (USA)

Organiza: A.C. Memoria Histórica 28 de Agosto

No cartaz monumento as vitimas franquistas en Cangas, autor Antonio Nores Presidente da A.C. Memoria Histórica 28 de Agosto

mércores, 10 de abril de 2013

Festa da república en Ourense


Del 3 al 14 de Abril. FESTA DA REPUBLICA 
*3 de Abril. 
20:30 horas. Inauguración EXPOSICIÓN de carteles. Lugar: Ateneo.
21.00 horas. CONCIERTO. Con Manolo Herminio y Baldomero Pavón. Lugar: Ateneo

*10 de Abril
20:30 horas. CINE: "La Conspiración", de Pedro Olea. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.

*11 de Abril
20:30 horas. TERTULIA. Sobre Jacinto y Silvio Santiago. Lugar: Liceo.

*12 de Abril. 
20:30 horas. CONFERENCIA: "La Corrupción Sistémica". Ponente: Carlos Varela. Lugar: IES Otero Pedrayo.


22:30 horas. CENA AMIGOS DE LA REPUBLICA. Cubierto: 25 euros. Lugar: Aixiña. Rúa Recaredo Paz, 1
*13 de Abril. 
22:00 horas. ROCK. Lugar: Plaza San Marcial.

*14 de Abril. 
12:00 horas. ACTO HOMENAJE. Lugar: Cementerio de San Francisco. Convoca estos actos: Amigos da República.

domingo, 7 de abril de 2013

Calendario de actividades Semana da República en Marín

A Asociación pola recuperación da Memoria Histórica de Marín presenta o calendario de actividades que vimos organizando durante os últimos anos en torno ao 14 de abril co gallo da celebración do "82 Aniversario da República". Estimamos contar coa vosa presenza.
  • O venres 12 de abril ás 20:00 horas terá lugar a conferencia-coloquio "Marín durante a Segunda República" do investigador Celso Milleiro Sánchez no salón de actos de Biblioteca Pública Municipal "Vidal Pazos" de Marín.
  • Domingo 14 de abril ás 13:00 horas, ofrenda floral na Pedra da Liberdade (xardín ao carón do Concello). Intervirá Valentín García Bóveda da Fundación Alexandre Bóveda.
  • Domingo 14 de abril ás 14:30 horas, Xantar Republicano, no restaurante Xan Xián (Carballal, 4 - SAN XULIAN - 36915 Marin). O importe do menú é de 20 euros (reservas ata o venres 12. Información no teléfono 628 255 072).
Agardámosvos. Unha aperta agarimosa!!

luns, 19 de novembro de 2012

Lugo lembra o papel da muller no galeguismo

Primeiras mulleres votando na Coruña
 
Os actos de celebración do 94º aniversario da Asembleia Nazonalista de Lugo, organizados pola A. C. Cultura do País, contaron cunha charla coloquio sobre “A participación política das mulleres durante o primeiro terzo do século XX. O galeguismo” a cargo da historiadora Isabel Rodríguez.
 
Sermos Galiza - A.E.- 18/11/12
Esta fin de semana celébrase o 94º aniversario da Asembleia Nazonalista de Lugo na que se asinou o Manifesto nazonalista, o documento común do noso nacionalismo até a chegada dos golpistas e a posterior ditadura. Participaron un total de 63 persoas, a maior parte procedentes da Coruña, con representación de 67 sociedades agrarias, 5 centros culturais; e a adhesión de 5 federacións agrarias, 11 concellos, máis de 49 Asociacións e numerosas personalidades. Fora no hotel Méndez Núñez os días 17 e 18 de novembro de 1918, ao amparo das Irmandades da Fala, e marcou o inicio do nacionalismo galego moderno.

Actos en Lugo
A Asociación Cultura do País organizou, por cuarto ano consecutivo, os actos de conmemoración do aniversario da Primeira Asemblea Nacionalista. Nesta ocasión a actividade centrouse na participación política das mulleres naqueles tempos, un aspecto ao que se adoita dar pouca relevancia. Consistiron cunha ofrenda floral diante do Hotel Méndez Núñez, sé da Asemblea Nacionalista, e unha charla charla-coloquio no Lar da Cultura do País, sobre “A participación política das mulleres durante o primeiro terzo do século XX. O galeguismo” a cargo da historiadora Isabel Rodríguez Mate.
 
A participación da muller
Na charla celebrada en Lugo, Isabel Rodríguez apuntou que na propia Asemblea non participou ningunha muller, mais no manifesto asinado recoñecíase no capítulo terceiro artigo segundo, “a igualdade de dereitos para a muller” e foi na II Asemblea de 1919 cando se recolle a “igualdade absoluta, política e civil, da muller co home”.
 
Sobre a presencia de mulleres no daquela Partido galeguista, Isabel Rodríguez lembra os datos aportados polo historiador J. G. Beramendi, e afirma que “a porcentaxe de mulleres afiliadas foi escaso en todo o período, representando aproximadamente, salvo algunhas excepcións, entre un 3 e un 15% do total”.
 
Unha das fontes onde atopamos referencias ás actividades das mulleres neste colectivo foi o xornal A Nosa Terra. “En 1933 creouse unha efémera sección titulada “O recanto da muller”, na que se fixeron ouvir Carmen Lobeiras, Elvira Bao, María Santos ou Xaquina Trillo”. A historiadora sinala que foi nesta publicación onde se divulgaron dous Manifestos de mulleres vinculadas ao Partido Galeguista de Ourense e ás súas Mocidades. “Tamén sabemos da existencia dun importante colectivo de mulleres santiaguesas, que en 1934 enviaron un telegrama asinado por María Xesús Otero de Gándara á Asemblea Constituínte da Unión de Mocidades Galeguistas”.
 
Para Isabel Rodríguez “o galeguismo deste período, malia ter perpetuado algúns dos roles tradicionais asignados aos xéneros, contribuíu a normalizar e a impulsar a presenza política das mulleres”.
 
Imaxes: Prensa da época facilitada por Isabel Rodríguez

domingo, 22 de xullo de 2012

Homenaxe en Ares aos veciños da comarca presos en Mauthausen, 26 e 27 de Xullo


Ártabra 21 - 20/7/12
Organizado por: Concello de Ares, Asoc. Memoria Histórica Democrática e Asoc. Cultural Fuco Buxán, coa colaboración de: Deputación de A Coruña, Asoc. Amicale de Mauthausen, EAF Produccións, e os Concellos de Ferrol, A Capela, Cedeira, Fene, Miño e Monfero.

Celebrara-se en Ares, os días 26 e 27 de xullo:

Homenaxe aos nosos veciños presos en Mauthausen
(Vítimas das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal)



Xoves, 26 de Xullo:

·Ás 19,00 hs, na Casa da Xuventude:

-Inauguración Exposición fotográfica "Os nosos veciños de Mauthausen".

-Presentación da Documental de Xosé Abad: "Galegos en Mauthausen" (15 min.)

·Ás 20,00 hs, no Parque Rosalía :
-Inauguración do Monumento en homenaxe aos veciños das comarcas Ferrol-Eume-Ortegal presos en Mauthausen.

Venres, 27 de Xullo:
 
Ás 19,30 hs, na Alianza Aresana:

Conferencia-Coloquio, na que intervirán:

-Ana María Sánchez Alcubierre, da Asoc. Amical de Mauthausen.
-Enrique Barrera Beitia, da Asoc. Memoria Histórica Democrática.

Repartirase o libro: "Galegos en Mauthausen".

Entrada libre aos actos até completar aforo.

mércores, 23 de novembro de 2011

Actos conmemorativos do 75 aniversario do pasamento do Dr. Manuel Díaz González

Dr. Manuel Díaz González
[1886-1936]
O Pequeniño do Incio

26 e 27 de Novembro de 2011

Día 26/11/2011
Hora: 16,30 horas.
Lugar: Salón de actividades da Casa do Concello do Incio

Conferencia – coloquio coa intervención dos seguintes participantes:

Coordinador: Xosé Ramón Fandiño Veiga. Escritor e xornalista.

Poñentes:
- Xosé Alvilares Moure. Teólogo e escritor.
- Lourenzo Fernández Prieto. Catedrático de Historia Contemporánea na USC e director do Proxecto Interuniversitario “Os Nomes, As Voces”).
- Claudio Rodríguez Fer. Catedrático de Literatura na USC , poeta e estudoso da represión vinculada á Guerra Civil.
- David Simón Lorda. Médico psiquiatra, estudoso da represión no colectivo médico en Galicia.
- José Luis Díaz Gómez. Médico investigador da Universidade Nacional Autónoma de México e autor, entre outros, de dous libros sobre o homenaxeado do que é sobriño.

Día 27/11/2011
Hora: 11,00 horas.
Lugar: Casa do Concello do Incio.

Visita, en compañía da Sra. Alcadesa - presidenta do concello do Incio, membros da corporación municipal e familiares de don Manuel Díaz González, á mostra documental sobre o que foi médico municipal.

Hora: 12,00 horas.

Lugar: Parque biosaudable de Cruz do Incio.

Descubrimento do busto erixido en memoria do doutor Don Manuel Díaz González [1.886-1.936], O Pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e público en xeral.

Actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Hora: 13,00 horas.

Lugar: No castiñeiro da Casilla da Serra, ao pé da estrada que de Rubián conduce ao Incio.

Descubrimento do monólito erixido en memoria do doutor Don Manuel Díaz González [1.886-1.936], O pequeniño do Incio, en compañía de representantes municipais, familiares e público en xeral. Con actuación de gaiteiros do Incio con outros músicos e breve recital do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Posteriormente, celebrarase un xantar na carpa que se instalará nas proximidades do parque. Os interesados en asistir deberán retirar as tarxetas en diversos establecementos do Incio.

Coa colaboración :
Concello
Deputación Provincia

domingo, 30 de outubro de 2011

A CRMH rende homenaxe a Manuel Ponte Pedreira

A CRMH rende homenaxe a Manuel Ponte Pedreira Rubén Ardao

O guerrilleiro galego será homenaxeado o próximo 3 de novembro, a partir das 19.30 horas no Auditorio da Fundación Caixa Galicia

laopinióncoruña.es A Coruña / EP 28/10/11
A Coruña A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) destacará a figura do guerrilleiro galego Manuel Ponte Pedreira nunha homenaxe que, desde a organización coruñesa, realizarán para conmemorar o labor da guerrilla antifranquista.

En rolda de prensa, o secretario da CRMH, Fernando Souto, eloxiou a figura do guerrilleiro. "É un exemplo da loita do pobo galego, ademais, "é un home esquecido da nosa historia", sinalou.

Pola súa banda, o presidente da CRMH, Manuel Monge, argumentou que o motivo da elección de Ponche como personaxe a conmemorar está impulsado pola celebración do centenario do seu nacemento.

Ao acto de presentación acudiu o historiador, Bernando Maiz, o primeiro en publicar sobre a figura de Manuel Ponte. "Empecei a investigar sobre o antifranquismo na década dos 70", apuntou mentres subliñou o labor da loita galega armada, "un fenómeno recoñecido actualmente", apostilou.

Programa

"Tivo a sorte de caer na categoría de heroe", comentou Maiz sobre a personalidade do guerrilleiro galego que foi detido ao comezo da Guerra Civil e permaneceu en prisión ata 1943, para acceder, anos máis tarde, á Xefatura dá IV Agrupación guerrilleira, ata que en 1947 faleceu nun enfrontamento tras ser cercado pola Garda Civil.

Na homenaxe estrearase o documental 'Miracielo, vida e morte de Manuel Ponte Pedreira', de Pablo CES, despois realizarase unha mesa coloquio na que participarán a filla de Ponche, Maruchi Ponche; os historiadores, Bernando Maiz e Manuel Pazos, e por parte da CRMH, Rubén Afonso.

O acto, que terá lugar o día 3 de novembro a partir das 19.30 horas no Auditorio da Fundación Caixa Galicia, concluirá cun recital de poesía e a actuación musical de Mini e Mero (do grupo A Quenlla) e Miro Casabella.

domingo, 10 de abril de 2011

Cangas 80º Aniversario da República


Xoves 14 - dia da República

19.30 h.- Concentración na Praza da Constitución

Camiño da Liberdade

19.55 h.- Lectura da Proclama da II República

20 h.- Casa da Xuventude – Antiga Casa do Concello

Charla – Colóquio: “Memória histórica da II República”

EMILIO GRANDÍO SEOANE – Doutor en Historia e Profesor da USC

21.45 h.- CEA de Confraternidade republicana

sábado, 26 de marzo de 2011

O Concello organiza as xornadas “Ferrol recuperando a memoria. A verdade nunha man pechada”

Captura de pantalla da web do Concello de Ferrol, (a cor é da caché)

Contestación as acusacións e amenazas recibidas o 1/5/2011

2/5/2011. Foto eliminada por recibir acusacións e ameazas por parte do seu autor con pedir con educación incluísese a autoria e a fonte chegaba. No seu lugar poño a captura de pantalla da web do Concello de Ferrol que este mozo non ten constumbre de ver.
Texto da pòlémica acusada de manipular:

Venres, 25 de marzo de 2011
O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, presentou o programa, que incluirá proxeccións, mesas redondas, actos teatrais e musicais en torno á memoria histórica. As actividades celebraranse do 29 de marzo ao 27 de abril na Fundación Novacaixagalicia, no Teatro Jofre e nos Cines Dúplex e incluirán unha ofrenda floral en lembranza e homenaxe ás vítimas da ditadura O seu obxectivo é dar a coñecer o período histórico da II República e “resarcir a memoria das persoas que foron esquecidas e denigradas”, subliñou Vicente Irisarri


Programación. Do 29 de marzo ao 27 de abril

Mesas redondas
Fundación NovaCaixaGalicia, ás 19:30 h

Documental “Señora de”, de Patricia Ferreira
Martes 29 de marzo
Con: Romana San Luis, Ana Blanco, Filomena Fraga, protagonistas do documental
Guadalupe Lloves, entrevistas
Conduce: Carmen Blanco, Profesora e escritora

Muller e memoria
Mércores 30 de marzo
Con: Aurora Marco, Mary Nash, María Jesús Souto Blanco e Sari Alabau

O contexto actual no proceso de recuperación da memoria
Martes, 5 de abril
Con: Carlos Agüero, Lourenzo Fernández Prieto, Xosé Lois Vilar, e Virxinia Salvo

Memoria e Democracia
Mércores, 6 de abril
Con: José Antonio Martín Pallín, Carlos Teijo García, Susana Alaniz e Carmen Fernández Casanova

A recuperación da memoria en Ferrol
Xoves, 7 de abril
Con: Enrique Barrera, Eliseo Fernández, Bernardo Maíz, Manuela Santalla, Xosé Manuel Suárez e Guillermo Llorca

Teatro
Teatro Jofre ás 20:30 h

Tertulia sobre Memoria de Helena e María
Xoves, 31 de marzo

Memoria de Helena e María
Venres 1 e sábado 2 de abril
Teatro do Atlántico

Santa Perpetua
Venres 8 de abril
Producciones Micomicón

Música

Sempre
Pilocha
Xabier Constela e Xurxo Varela
9 de abril ás 20:30 hh
Teatro Jofre

Músicas populares da guerra civil
Brigada Bravo&Díaz
14 de abril ás 22:00 hh.
Ciclo Novas Noites
Capela do Torrente Ballester

Cine

Ciclo Primavera de Cine
Cines Dúplex Ferrol ás 20:30 hh

A vella memoria
Mércores 13 de abril

L´espoir (Serra de Teruel)
Mércores 20 de abril

Cancións para despois dunha guerra
Mércores 27 de abril

Acto cívico
Cemiterio de Serantes, 18:30 h

Ofrenda floral, en lembranza e homenaxe a todas as víctimas da dictadura franquista
Xoves 14 de abril

martes, 26 de outubro de 2010

Proxección do documental "Las manos en la tierra"


"Las manos en la tierra"
de Virginia Martínez


Mañá, mércores 27 de outubro ás 20.00 horas, no Salón de Actos do Instituto de Estudos Galegos “Padre Sarmiento” rua San Roque 2 en Santiago, proxectarase por primeira vez fóra de terras suramericanas, o documental “Las manos en la tierra” da cineasta Virginia Martínez (Montevideo, 1959), nun acto organizado polo O CSIC, o Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, a Universidad de la República Uruguay, a Universidade de Santiago de Compostela e Aceituna Films.

Tras a proxección da película celebrarase unha charla coloquio coa participación do director do Proxecto "Nomes e Voces", Lourenzo Fernández Prieto, o antropólogo e supervisor das excavacións, José López Mazz, e o coordinador da área de Ciencias humanas e Sociais do CSIC, Felipe Criado.

O tema desta película, que ven de recibir o premio DOCTV Latinoamérica, parte dos traballos de escavación que desenvolven un grupo de arqueólogos da Universidad de la República de Uruguai en xuño de 2005, cando entran por primeira vez na historia do país, nun cuartel militar para atopar os restos de detidos-desparecidos durante a ditadura en Uruguai entre 1973 e 1985. O documental reconstrúe a trama do proceso de escavacións, que marca un antes e un despois na historia do país, rexistrando e acompañando a busca dos corpos.

Con esta actividade, o Proxecto Interuniversitario continua ampliando a investigación das políticas de represión, achegando o debate á sociedade.

Agardamos que esta nova sexa de interese.
Grazas e un saúdo,
Chus Martínez

Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 981 563 100, ext. 13598