O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta cabodano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cabodano. Amosar todas as publicacións

domingo, 9 de decembro de 2012

A Fundación 10 de Marzo presenta o portal 10demarzo1972.org

 
Blog Nomes e Voces
Con motivo do 40 aniversario do suceso do 10 de Marzo en Ferrol, a Fundación 10 de Marzo presenta o portal www.10demarzo1972.org, facilitando o aceso á información sobre este acontecemento histórico entre a poboación e chegando, desta maneira a un maior número de persoas na historia contemporánea do noso país

venres, 26 de outubro de 2012

75 cabodano dos milicianos mortos no Acevo no ano 1937

 
 
ARMH- Correccións Estación Atlántica
Imos facer a homenaxe no 75 cabodano dos milicianos mortos no Acevo no ano 1937.

Reunión na chaira do Museo da Fonsagrada
11.30 autobús con destino ó Acevo

12 horas ACTO NO ACEVO en homenaxe a:

José Moreno Torres Mayor das Milicias (comandante)
Jaime Machicado Llorente Comisario Político do batallón (comandante)
Odilo Masid Masid Comisario político da compañía (capitán)
Manuel Ramos Escarís Comisario político da compañía (capitán)
Maximino Martínez Fernández Tenente (axudante)
Manuel Bugallo Lois Sarxento das Milicias (Miliciano)
Luis Rafael Villar Sánchez
Jesús Martínez Castro
e seis milicianos máis

mércores, 26 de setembro de 2012

37º cabodano dos derradeiros fusilamentos do Franquismo

 
En lembranza de Baena. Xoves 18 h en Pereiro
27 de setembro 1975 – 27 de setembro 2012
 
O xoves , 27 de setembro cúmprese o cabodano dos derradeiros fusilamentos do Franquismo. Como todos os anos xuntarémonos diante da tumba do noso amigo e camarada Xosé Humberto Baena Alonso, ás 18 horas no cemiterio de Pereiró , para reinvindicar a súa memoria e a súa loita contra a ditadura. 
 
MEMORIA, XUSTIZA E REPARACIÓN DAS VITIMAS DO FRANQUISMO 
 
AGARDAMOSTE
 
Asemblea Republicana de Vigo

venres, 21 de setembro de 2012

Homenaxe no Pozo da Revolta



A Asociación Recuperación pola Memoria Histórica de Marín organiza unha homenaxe aos que defenderon a liberdade: Augusto Alfonso González, Carmen Pesqueira Domínguez, Cristobal Peñin Alonso o día 23 de setembro ás 13h. no Pozo dá Revolta (Bagüin-Mogor)


Intervirá:
-Ana Acuña Trabazo (Doutora en filologìa galega)
-Xosé Novas Piñeiro (1º Alcalde Democrático de Bueu)


sábado, 15 de setembro de 2012

Monte Alto homenaxea a Pedro Galán Calvete

 
O que fora secretario xeral das Mocidades Galeguistas na Coruña recibe máis un ano a tradicional homenaxe
 
Sermos Galiza 15/9/12 - O.R.
O grupo de barrio do BNG en Monte Alto e a organización xuvenil da fronte nacionalista, organizan unha homenaxe a Pedro Galván Calvete, secretario de organización das mocidades galeguistas da Coruña fusilado a mans dos fascistas en 1936 cando tan só contaba con 19 anos.
 
O acto consistirá nun roteiro iniciado na Praza de María Pita e que continuará até o cemiterio de San Amaro guiado pola profesora da Universidade da Coruña e exparlamentar Pilar García Negro. Finalmente, as persoas participantes realizarán unha ofrenda floral perante o sartego de Pedro Galán nun acto no que intervirán Pedro Galán Horro, sobriño do homenaxeado; o responsábel comarcal de Galiza Nova, Daniel García e Suso Bermello, candidato polo BNG ás eleccións nacionais pola Coruña.
 
Un patriota asasinado
Pedro Galán Calvete naceu en Monte Alto en xullo de 1917 no seo dunha familia de traballador@s e migrantes, coma tantas outras persoas de onte e agora. Galán, foi alumno das primeiras escolas de ensino primario que deron aulas na lingua de noso, cando aínda era mestre delas outra vítima do fascismo, Ánxel Casal.
 
Galán Calvete convertiríase co tempo nun mozo comprometido con Galiza e cos problemas reais do noso pobo. Tales facetas convérteno en secretario xeral das Mocidades Galeguistas, cando esta se constitúe na Coruña, cidade na que contaría cunha importante actividade política e de pulo na creación de numerosas asociacións e clubes coma o Clube do Mar.
 
Porén o estalido do golpe fascista puxo fin á súa vida nunha de tantas ‘cunetas’ en 1936. Cada ano a mocidade nacionalista da Coruña, lembra e homenaxea a a figura deste mozo, do que din era “un patriota galego” que morreu por defender a liberdade da Galiza.

sábado, 25 de agosto de 2012

76º cabodano do fusilamento de López Bouzas

 
Traducción Estación Atlántica
Asociación López Bouza 22/8/12
O 30 de agosto de 1936, López Bouza, destacado dirixente politico galego, xornalista, humanista e sendo Presidente da Diputacion da Coruña e do Comite central da Autonomia, foi fusilado por defender a legalidade e a Liberdade. Hoxe 76 anos mais tarde, seguimos recordando a súa figura e reivindicando os seus valores.

martes, 14 de agosto de 2012

Acto de memoria. 10º Cabodano do monolito de Fontes-Alcabre

Monolito da praia de Fontes, Telmo Comesaña y yo,
 en junio de 2011

A Asociación Viguesa pola Memoria Hsitórica do 36
(Viguesa Distinguida 2007)

Convida:

Acto de memoria no 10º Cabodano na inauguración do monolito en lembranza dos asesinados na praia de Fontes e dos fondeados ao carón do Faro de Cabo Mar 
Lugar: Praia de Fontes, Avda de Samíl, ao carón do bar “Los Olmos”
Día/ Hora: venres, 17, ás 20 horas
Acto íntimo no que faremos un breve repaso polo devalar da memoria ó longo desta década, lembraremos ás vitimas, leerase poésia e faremos a ofrenda floral e remataremos como mellor nos pareza,, sempre unidos arredor da memoria .
A Directiva            

Praia de Fontes-Alcabre 14 agosto 2012