O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta 14 de abril. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 14 de abril. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de abril de 2016

Moción en Narón relativa á conmemoración o 14 de Abril da proclamación da II República


Naron Esquerda Unida 31 mar. 2016
Parafraseando a ese gran comunista e poeta que foi Miguel Hernández, que rematou a súa luminosa vida un mes de Marzo de fai 74 anos nunha cadea fascista, “Xamais renunciaremos nin ao máis vello dos nosos sonos”. 

O 14 de abril cumpriranse 85 anos da proclamación da II República, o primeiro réxime democrático da nosa historia que instaurou un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución democrática de España. Esta Constitución plasmou o principio de igualdade dos españois ante a lei, ao proclamar España como “unha república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza”, o principio de soberanía popular, establece o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23 anos. En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses da economía nacional, constituíuse un “Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións”, o principio de laicidade “o Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”, ademais recoñeceuse o matrimonio civil e o divorcio así como o ensino primario laico, gratuíto e obrigatorio, e recoñécese a liberdade de cátedra.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos os alcaldes e concelleiros que coma nós defendían entón a legalidade e os intereses da veciñanza, moitos deles pagaron coa vida esta defensa, coma tamén o fixeron moitos veciños e veciñas dos concellos daquel período escuro, así como para condenar o golpe de estado contra a II República e a represión franquista. 

“Quen esquece a súa historia esta condenado a repetila”, isto o dixo fai moito tempo un tal Marco Tulio Cicerón, ala no 106 AC, esta é unha gran verdade, precisamos de ter Memoria Histórica. 

Porque a mal chamada Guerra Civil non foi unha guerra, foi un golpe de estado perpetrado por militares traidores as ordenes da oligarquía que defendía os seus privilexios, un golpe de estado contra un goberno lexitimo e referendado nas urnas, un golpe de estado covarde que provocou unha guerra brutal, os fascistas do bando mal chamado “Nacional” contaron con a inestimable axuda do fascista Benito Mussolini que enviou soldados e armas, tamén do NAZISMO de Adolf Hitler que aportou máis armas e a súa aviación, trouxeron tamén a Garda Mora, a todos eles o fascismo español lles abriu as portas para matar o seu propio pobo, no estado español fíxose un verdadeiro xenocidio ideolóxico, as fosas comúns seguen cheas da semente dun pobo que se quería libre. 

Lembro agora unha das imaxes de Castelao onde dicía, “Non enterran cadáveres enterran semente.”

Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación, reábrense feridas, pero ¿como imos a reabrir feridas que nunca foron pechadas? cando eles mesmos encargáronse de mantelas abertas, de potenciar a separación das DOS ESPAÑAS, ¿como perdoar cando nunca se pediu perdón?, a ninguén se lle ocorre en Alemaña falar de que hai que esquecer o holocausto, alí negalo é un delito. 

Por Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista, as cifras contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria. 

Temos documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles foron mariñeiros que se mantiveron fieis a República e a legalidade durante o golpe, no Val foron fusilados e enterrados no cemiterio 48 mariñeiros do “Acorazado España” e do “Vapor Domine”, en San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17 mariñeiros do “Mar Cantabrico”.

Nove veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión. 

Estas 93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os presos, os multados...

Como terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e “España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros do “Acorazado España”. 

O próximo día 13 de Abril Memoria Histórica acompañada por todas e todos os que queremos ter Memoria fará no cemiterio do Val e no de San Mateo unha ofrenda floral en homenaxe a todas e todos os represaliados. 

Honor e Gloria os nosos mártires. Saúde e República. 

¡A pola terceira!

martes, 21 de abril de 2015

homenaxe as vítimas do terror franquista en Vilaboa

 
A asociación A Regaduxa. Memoria Histórica de Vilaboa promove un monumento homenaxe ás vitimas do terror franquista en Vilaboa que será inaugurado o domingo 26 de abril ás 19 h no peirao de Santa Cristina de Cobres, fronte á illa de San Simón.
 
Moitos presos da illa fixeron traballos forzados para construir a estrada que vai ao peirao de Santa Cristina de Cobres.
 
O domingo lembrarémolos a eles e a todas as vítimas do terror franquista.

luns, 20 de abril de 2015

Homenaxe ás liberdades en Bueu e Moaña

Xosé Novas e Manuel Mosteiro na presentación do documental sobre
Alexandre Bóveda en Bueu. // Gonzalo Núñez
Os municipios acolleron actos en memoria de Johán Carballeira e Cándida Lago
 
19.04.2015
Bueu e Moaña celebraron onte actos en memoria de dous veciños que se distinguiron pola súa loita en defensa das liberdades. O exalcalde Johán Carballeira recibiu a habitual homenaxe por estas datas por parte do colectivo Amigos de Johán Carballeira. Á tradicional ofrenda floral sumouse este ano a proxección dun documental sobre Alexandre Bóveda. En Moaña a sindicalista Cándida Lago foi a protagonista desta xornada para a memoria.
 
O Morrazo non esquece. Esa é a idea que onte se transmitiu en Bueu e Moaña, onde se celebraron actos en homenaxe a dúas figuras que representan como ninguén a loita polas liberdades. En Bueu foi o exalcalde Johán Carballeira o que recibiu a habitual ofrenda no seu monumento, mentres que en Moaña foi a sindicalista Cándida Lago a que foi lembrada nun acto organizado pola Asociación de Mulleres de Moaña e polos Colectivos dá Memoria.
 
A Asociación de Amigos de Johán Carballeira cumpriu un ano máis co ritual. Anticipándose nuns días ao aniversario do fusilamento de José Gómez da Cova, máis coñecido como Johán Carballeiro, membros do colectivo realizaron a tradicional ofrenda floral aos pés do monumento ao exalcalde budetense. Manuel Mosteiro, presidente do colectivo, foi o encargado de ler unhas palabras en memoria dun dos represaliados da Guerra Civil en Bueu, xusto antes de que se depositase unha coroa de flores. Así mesmo, algúns dos asistentes colocaron caraveis xunto ao monumento nun acto que finalizou coa interpretación do himno galego a cargo dunha gaiteira.
 
Posteriormente, o Centro Social do Mar acolleu a proxección do documental "A fazaña dá liberdade", no que se narra a biografía de Alexandre Bóveda. Nel detállanse tanto aspectos da súa vida como se verten opinións por parte de personaxes como Isaac Díaz Pardo, Xosé Manuel Beiras ou Avelino Pousa Antelo, entre outros. Aínda que inicialmente estaba prevista a presenza tanto do produtor do filme, Roi Carballido, como a dun dos netos de Bóveda, Valentín García Bóveda, problemas de última hora impediron que acudisen a Bueu.
 
En Moaña, a Asociación de Mulleres e colectivos pola memoria histórica renderon homenaxe onte á figura de Cándida Lago, sindicalista do municipio falecida o 13 de abril de 1931 cando participaba nunha manifestación que celebraba a chegada da II República. No local da Asociación de Mulleres celebrouse unha charla das catedráticas Aurora Marco e María Xesús López Escudeiro, esta última activista da memoria da muller; e realizouse unha ofrenda floral na rúa Canexa onde se descubriu unha placa en honra a Cándida.

domingo, 19 de abril de 2015

Manifestación de Vigo en prol da República


 
Video da manifestación pola República en Vigo, que tivo lugar o 14 de abril, o mesmo día no que, tamén un martes martes 14 de abril de 1931 se proclamou a II República, que logo Franco aniquilou, condenándonos a 40 anos de dictadura que pariu un réxime monárquico cunha lexitimidade máis que dudosa. Ó remate da manifestación, na mesma praza onde foron asasinados varios republicanos, interpretáronse o himno de Riego e o Galego, baixo as bandeiras galega e republicana.

sábado, 18 de abril de 2015

O drama do Holocausto, explicado a mozos de Moaña e Cangas

Os alumnos do Instituto A Paralaia, Moaña . Foto Gonzalo Núñez
Faro de Vigo - Morrazo 18.04.2015
Os alumnos do Instituto A Paralaia asistiron onte aos actos centrais dunha semana dedicada ao drama do Holocausto cometido polo réxime Nazi.
 
Con motivo do 70 aniversario do peche do campo de concentración de Auschwitz, abriuse unha exposición do fotógrafo Daniel Candal, que fotografou este simbólico campo de concentración. O propio fotógrafo impartiu onte unha charla aos mozos. Pero sen dúbida o momento máis emotivo da mañá produciuse coas palabras de Ania Horszowski.
 
Esta muller, de 94 anos, conseguiu escapar evitando a súa deportación a un campo de concentración. O seu marido si que foi enviado a un deles. As súas palabras sobre o horror vivido, axudado polo seu fillo, emocionaron a moitos dos estudantes presentes.
 
O acto repetirase o día 22 no Auditorio de Cangas, organizado polos institutos Rodeira e María Soliño.
 
Galansky, primero dcha., con los dos profesores de Rodeira y del María Soliño,
los alumnos y la auxiliar estadounidense, tercera izda. // G.N.
Cangas 17.04.2015
 

Cándida Lago, como referencia do republicanismo

Cándida Lago (dcha.), co seu marido nunha foto do arquivo de Nós
Mulleres de Moaña homenaxea mañá á veciña que faleceu nunha protesta pola II República por un disparo das forzas de seguridade
 
17.04.2015

A Asociación de Mulleres de Moaña e os colectivos pola memoria histórica do municipio lembran mañá a figura de Cándida Lago, sindicalista falecida o 13 de abril de 1931 cando participaba nunha manifestación celebrando a inminente chegada da II República. No acto participarán as catedráticas Aurora Marco e María Xesús López e descubrirase unha placa.
 
Cándida Lago, a pescadera e sindicalista moañesa que morreu o 13 de abril de 1931 nunha manifestación que celebraba a recente vitoria dos partidos republicanos nas eleccións municipais, é un símbolo da muller represaliada e da loita de tantas mulleres anónimas polos valores democráticos.
 
A súa figura será eterna en Moaña pois mañá, 18 de abril, a súa historia será lembrada nun acto organizado pola Asociación de Mulleres de Moaña e polos colectivos pola memoria histórica do municipio. A xornada concluirá cunha ofrenda floral e o descubrimento dunha placa, en principio temporal, na Rúa Canexa, xusto o punto no que Lago foi alcanzada por unha bala mortal cando apenas tiña 25 anos.
 
Os acontecementos producíronse xusto un día antes de que se proclamase oficialmente a II República, o 14 de abril de 1931. Cándida Lago, xunto a outras mulleres da vila, organizaran unha manifestación para celebrar o resultado das eleccións e a chegada dun novo sistema, que parecía inminente. As forzas da orde trataron de parar esa protesta falando mesmo cos maridos das organizadoras. Finalmente celebrouse de todos os xeitos. A Garda Civil disparou varias veces para dispersar a manifestación e unha desas balas alcanzou a Cándida Lago. Nunca quedou claro se foron disparos ao aire para asustar aos manifestantes ou se se tratou dun disparo ás asistentes.
 
Lago, que será homenaxeada mañá, estaba casada con Cándido Giráldez Coloret, que tamén era sindicalista e foi torturado e asasinado en 1936, despois do estalido da Guerra Civil.
 
O acto, que servirá para homenaxear ás mulleres represaliadas, comezará ás 17.00 horas no local da Asociación de Mulleres de Moaña. Arrincará con varias conferencias. A escritora, catedrática da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e experta na memoria da loita feminista, Aurora Marco, dará comezo á tarde. Despois tomará a palabra María Xesús López Escudeiro, catedrática e activista da "memoria dá muller". A parte cultural chegará coa participación do poeta Xosé Daniel Costas.
 
Tamén tomará a palabra a presidenta da Asociación de Mulleres, Isabel Lorenzo. Espera, así mesmo, a asistencia das autoridades locais.
 
Os asistentes trasladaranse despois á Rúa Canexa para continuar a homenaxe cunha ofrenda floral e coa instalación dunha placa. Desde a Asociación de Mulleres aseguran que o Concello se comprometeu a iniciar os trámites necesarios para que a placa sexa permanente.

luns, 13 de abril de 2015

14 de abril en Lugo: Dialogo poético con Luis Pimentel

 Luís Pimentel
 
Martes 14 abril, ás 20 h., no Museo Provincial de Lugo
(Organizado por Asociación Cultura do País)

DIÁLOGO POÉTICO CON LUÍS PIMENTEL

(Poeta de Lugo, da República e das cunetas)

por Claudio Rodríguez Fer

Conferencia e homenaxe en Santa Cristina de Cobres-Vilaboa


O colectivo A Regaduxa-Memoria histórica de Vilaboa organiza o xoves 16 de abril, ás 20.30 h na Casa dos Montes* de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa), a conferencia de Luís Bará “Imaxes da memoria”, un percorrido visual pola memoria da represión e a resistencia contra o fascismo.
 
A contido da conferencia organízase en tres partes:
-Memoria de Vilaboa
-O Lazareto de San Simón
-Mulleres da Galiza represaliada e resistente
 
Esta conferencia serve como preámbulo ao acto de homenaxe ás vítimas do terror franquista en Vilaboa, que terá lugar o domingo 26 de abril ás 19 h no peirao de Santa Cristina de Cobres, no que se inaugurará un monumento en lembranza de todas as vítimas.
 
*A Casa dos Montes está situada ao lado da igrexa parroquial de Santa Cristina de Cobres

venres, 10 de abril de 2015

Actos de Amigos da República de Ourense


Exposición e Ciclo de conferencias en Ribadeo


Festa pola República en Ferrol


Homenaxe 12 de abril en Cedeira


Cangas 2015 Día da República


martes, 7 de abril de 2015

Presentación en Bos Aires "Cartas de un condenado a muerte. Los últimos días en prisión en 1936-37 del republicano español"

 
Traducción Estación Atlántica
Cartas de un condenado a muerte. Los últimos días en prisión en 1936-37 del republicano español José Mejuto Bernárdez

Xoves 9 de abril | 19 hs.
Sala Juan L. Ortiz
Biblioteca Nacional Mariano Moreno
Bos Aires

Presentacións
Preséntase o libro que reúne cartas de Mejuto Bermúdez, publicado por Alvarellos Editora e ao coidado de Ana Paula Mejuto Soba e Olivia Rodríguez González.

Cartas dun condenado a matar... é un testemuño único, desgarrador, da guerra civil española. Trinta e cinco cartas escritas, entre outubro de 1936 e xullo de 1937, nas cárceres galegos do Frontón de Vigo, San Simón e Pontevedra polo preso republicano español José Mejuto Bernárdez (1906-1937).
 
Custodiadas no exilio arxentino pola súa neta Ana Paula Mejuto, ven agora a luz por vez primeira nunha edición ao coidado de Olivia Rodríguez que conta coa participación de Eduardo Galeano, Xesús Alonso Montero e a propia neta de José Mejuto.

luns, 6 de abril de 2015

Actos en Vigo pola República


Actos abril 2015 en Marín


Presentación "Luita de Classes e Negociaçom Coletiva na Galiza do século XX"
 
Día: 10 de abril
Hora: 20h
Lugar: Museo ManuelTorres
Organiza: Asociación Recuperación da Memoria Histórica de Marín
 
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica de Marín, un ano máis, conmemorará o aniversario da proclamación da II República con diversos actos que comezarán o día 10 de abril.
 
O venres día 10, ás 20:00 horas no salón de actos do Museo Torres, terá lugar a presentación do novo libro do historiador e colaborador da asociación Carlos Velasco Souto, titulado "Luita de Classes e Negociaçom Coletiva na Galiza do século XX". Participarán tamén Guillermo Fontán e Xesús Chaves, activistas das folgas do ano 72 en Vigo.
 
Na noite do sábado 11, a partir das 21:30 horas, compartiremos unha velada de fraternidade na III Cea Republicana, no restaurante marinense Casa Pilán. Todas aquelas persoas que desexen acompañarnos deberán facer a reserva previa no correo da asociación (memoriadmarin@gmail.com) ou no teléfono 628 255 072. O prezo do prato é de 20 euros.
 
E o martes 14, día propiamente dito do 84 aniversario da proclamación da II República, ás 20:00 h. realizarase a xa tradicional ofrenda floral ante a Pedra da Liberdade (situada nos xardíns ao carón do edificio do concello); contaremos coa actuación da Banda de Música "Amigos da República" e darase lectura a un texto conmemorativo.

luns, 23 de marzo de 2015

Acto de Homenaxe ás vítimas do Portiño

 
Acto de Homenaxe ás vítimas do Portiño lembrando a fuga fracasada do 12 de abril de 1937, onde 19 persoas foron asesinadas.
 
27 de marzo ás 21h. no Peirao do Portiño
 
Organiza CRMH da Coruña
 
 

domingo, 22 de marzo de 2015

Homenaxe e ofrenda ás vítimas do franquismo da comarca da Coruña

 
Homenaxe e ofrenda ás vítimas do franquismo da comarca da Coruña no Memorial da Avenida de Navarra 
 
Intervención musical de Xosé Taboada, e cea posteriormente
 
10 de abril ás 19:30h.
 
Organiza CRMH da Coruña