O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 28 de abril de 2011

Homenaxe a Delfino Liñeira Fraga no Concello de Toques



Estimados/as amigos/as

O vindeiro sábado 30 de abril, celebrarase no Concello de Toques a Homenaxe a Delfino Liñeira Fraga, militante do sindicato de tranviarios xulgado na Coruña por rebelión militar, co resultado de sentenza a pena de morte en 1937.

O acto está organizado polo Concello de Toques en colaboración coa familia de Delfino Liñeira Fraga e o Proxecto 'Nomes e Voces' .

O programa do acto é o que segue:

18:30 - Ofrenda floral no Lugar de Piñeiro.

19:00 - Conferencia impartida por Emilio Grandío, Profesor da Universidade de Santiago e Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces'.

'A represión franquista: Delfino Liñeira'

20:00 - Remate musical.

Axuntamos o cartaz da xornada.

Agardamos que este acto sexa de interese, e que poidamos contar coa vosa asistencia.

Grazas e un saúdo cordial,

Chus Martínez


Máis información
Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598

Silenciadas: nova Xornada da Oliveira



A Oliveira de Teo ten o pracer de convidar ao acto, aberto ao público en xeral, que se vai celebrar o día 29 de abril deste mes que andamos, ás 20,30 horas, na Mediateca Municial o Grilo de Cacheiras.

Alí proxectarase o documental Silenciadas, de Pablo Ces. Contamos coa presenza do propio director e da profesora Aurora Marco, que colaborou no guión. O filme baséase no traballo de pescuda que Aurora Marco desenvolveu, durante cinco anos, ao longo e ao ancho de Galicia.

En adxuntos a este correo enviamos nota de prensa da nosa asociación, e un .pdf no que MrMisto Films SL, a produtora, explica as catacterísticas do documental.

Sobre o filme poden achar vostedes información neste enderezo

Agradecemos a difusión e a asistencia a este acto.

Un saúdo,
A directiva da Oliveira

Nota informativa

As silenciadas

A Produtora MrMisto Films S.L. ven de realizar un documentario histórico, As silenciadas, que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio…

Co propósito de contribuír ao labor de recuperación da memoria histórica e da historia das mulleres, elaborouse este produto audiovisual que tenta a divulgación dalgunhas traxectorias femininas na época da posguerra en Galicia. Mulleres que, malia seren a columna vertebral da resistencia antifranquista, seguen a ser ignoradas ou esquecidas. Neste sentido, o documentario, alén de innovador, é pioneiro.

O audiovisual, dirixido por Pablo Ces –estreado na Domus da Coruña o pasado 8 de abril– básease nas investigacións de Aurora Marco, da Universidade de Santiago de Compostela. Pode consultarse a páxina web onde figura o teaser promocional e outras informacións de interese: http://www.silenciadas.com/

Manuel Monge repasou en Cee a presenza do franquismo



Cee- A Voz 21/4/2011
O escritor e edil nacionalista na Coruña Manuel Monge estivo o martes en Cee para presentar o seu libro A historia secuestrada polo franquismo , publicado por Laiovento.

Monge, que sufriu a represión nas súas propias carnes, alertou de que o franquismo non é algo pechado no pasado, senón unha ferida aberta na democracia que aínda latexa. «Pero está claro que calquera tempo pasado foi peor, e ás veces hai que lembralo», dixo da situación actual en España.

Apuntou que o seu libro busca a mobilización da xente e recordou que a historia está secuestrada porque a escriben os vencedores e que a transición deixou débedas sen saldar, sen que tras ela se tomasen medidas para impedir que presentas vinculadas ao franquismo seguisen en postos relevantes da Administración. «Vos nostálxicos do franquismo están aí», alertou Monge, quen chamou a non baixar a garda para impedir o seu ascenso.

Premios Luís Tilve 2011 de Investigación e Divulgación Histórica


Estimados/as amigos/as,


No documento adxunto envianse as bases dos Premios Luís Tilve 2011 esperando que sean do voso interese.

Un cordial saúdo.

Fundación Luís Tilve
Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 - baixo
15705 - Santiago de Compostela
Tl: 981585490 / Fax: 981566830
http://www.fundacionluistilve.org/

terça-feira, 19 de abril de 2011

Acto de lembranza a Manuel Ponte, Manuel Díaz Pan e Manuel Rodríguez (O Asturiano) o 16 de 2011


As camelias son deles

A pedra está chantada no Fontao, Abellá, Frades, diante da parede dun pendello de tixolo sen revoque de cemento. Detrás, os fíos dun pastor automático alindan vacas frisoas, e rodean a finca na que está a casa, unha construción tradicional que debería ser restaurada, polo seu valor patrimonial e mais polo histórico. A pedra reproduce as cores republicanas da bandeira da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. O escultor Valdi labrouna con letras vermellas, que din: o día 21 de abril de 1947 aquí morreron Manuel Ponte Pedreira, Manuel Díaz Pan e Manuel Rodríguez (O Asturiano) en defensa da liberdade.

Desde o ano 2004, convocados teléfono a teléfono ou por correo e., un grupo de persoas reúnense nese lugar nunha fin de semana de abril próxima ao 21, en lembranza destes tres compañeiros defensores da legalidade republicana. Este ano, o acto comezou na mañá do 16, coa gaita de Raúl Galego a debullar as notas dunha alborada. Despois, Baldomero Iglesias, Mero, conta do sentido que ten esta sinxela xuntanza. Clara Ponte, neta de Manuel Ponte, le unha carta, inédita ata hai pouco, na que o seu avó explica o porqué da súa loita. O historiador Bernardo Máiz, que repartira entre os asistentes un papel cun didáctico cadro da vida da guerrilla antifranquista en Galicia, e mais un resumo dos feitos que aconteceron no Fontao, recita fragmentos de poemas de Méndez Ferrín. A seguir, escóitase a versión galega dun poema en catalán, do cubano Andrés Marí, en homenaxe aos republicanos. David Otero achega versos de seu. Palabras da emoción para lembrar os guerrilleiros.

Fomos cara ao cemiterio de Abellá, despois de que a gaita guiase as nosas voces polo Himno Galego que cantamos. Diante do único panteón sen cruz, no que están depositados os restos destes nosos mortos, escoitamos, na voz do historiador Máiz, máis versos de Ferrín, e tamén un fragmento dun poema de García Bodaño. Lembrou Mero a Francisco Díaz Pan, o irmán de Manuel, que, ata a súa recente morte, asistía cada ano ao acto. As palabras de Mero lévannos ao ano 1947.

-Diante da porta do cemiterio -di Mero o que contaba Francisco-, guindaron os corpos dos tres. Cando as familias porfiaban por enterralos dentro, irrompeu un mando da Garda Civil, e díxolle á nai de Díaz Pan por que miraban tanto por cadáveres de bandoleiros. A muller non dubidou: eles foron guerrilleiros, os bandoleiros e ladróns son quen roubou o reloxo e mais as botas do meu fillo, despois de o matar.

Conta David Otero atrocidades de represión na súa Terra de Montes, e a gaita de Raúl Galego trae onda nós os sons solemnes da Marcha do Antigo Reino de Galicia.

Despois da ofrenda floral confraternizamos ao redor da delicia das troitas que preparan, na súa taberna da Berxa, as fillas do Alcalde republicano de Mesía, Antonio Gómez Carneiro, tamén vítima da represión.

Á beira da pedra que recorda os tres guerrilleiros queda unha manchea de camelias vermellas. Unha veciña de Fontao dérallas a Maruchi Ponte, a filla do "home, bo, alto, guapo... que tiña unhas ideas que defendeu sempre até a morte". As flores son dunha camelia que naceu da árbore que floreaba, no mesmo lugar, o cruel abril no que os mataron, nesa casa onde eles durmiran a súa derradeira noite. As camelias son das deles, dixo a veciña de Fontao.

No libro "A guerra silenciada", de Manuel Pazos Gómez, recóllese esta reflexión de Maruchi Ponte: A transición beneficiou os políticos e os gañadores, pero non cerrou as feridas da esquerda. Recuperar a Memoria Histórica é non deixar no esquecemento os perdedores".

Saúde e República Galega.
18 de abril de 2011

Conferencia de J. A. Barroso en Vigo: "Borbóns vs República"



Conferencia organizada por la Asamblea republicana de Vigo

domingo, 17 de abril de 2011

Festexan no cemiterio de Serantes de Ferrol o 80 aniversario da II República


Ferrol -A Voz 15/4/2011
A Asociación Memoria Histórica Democrática celebrou onte no cemiterio de Serantes unha ofrenda floral coa que conmemorou o 80 aniversario da proclamación da II República. A este acto sumouse o Concello ferrolán, que estivo representado pola edila de Cultura, Mercedes Carbajales.

No cemiterio de Serantes foron fusilados un gran número de veciños da cidade durante a Guerra Civil e de aí o lugar elixido pola citada asociación para festexar o 14 de abril.

Tamén Esquerda Unida aproveitou a data para subliñar «ou valor do ideario republicano para un porvir de xustiza social, democracia participativa non eido local e autogoberno nacional».

Manifestación aprol da República en Vigo



A agonía do león. Esperanza e traxedia dos escapados de Carlos G. Reigosa



O destino de Manuel Girón Bazán foi un dos moitos que se viron alterados en España polo comezo da Guerra Civil en xullo do 1936. A guerra ía separalo da súa ocupación no campo para convertelo primeiro nun loitador na fronte de Asturias e despois, ao rematar a contenda, nun guerrilleiro antifranquista polo Bierzo, Ourense e o norte de Portugal. Durante os seus quince anos como escapado alumeouse o «mito Girón», co que se agrandou e sublimou a historia dunha vítima máis da guerra, dun home que, a falta de oportunidades de reinserción, foi protagonista dunha longa e azarosa peripecia de fuxida levando até as súas últimas consecuencias un desigual combate contra o franquismo, mesmo cando carecía xa de posibilidades de éxito. As andanzas de Manuel Girón non son concibibles sen a comarca leonesa na que se agochou durante anos como escapado, La Cabrera, un espazo de montaña por entón case inaccesible que se estende polo noroeste da provincia de León nos seus límites con Zamora e Ourense. A Guerra Civil española sobreviviu neste curruncho esquecido moito despois de 1939. Nesta case «selva» inexpugnable é onde terá lugar A agonía do león, narrada hoxe con grande rigor histórico por Carlos G. Reigosa. O autor lánzase cara á paisaxe da literatura oral e do país real a peito descuberto, sen morbo e con vocación esclarecedora, sempre tras dos seus personaxes. Así, A agonía do león pode lerse como reportaxe dun tempo de dor, como novela policial, como crónica de horribles sucesos, como episodio bélico, como novela psicolóxica, como crónica de costumes, como socioloxía dunha zona deprimida, como retrato da condición humana nunha situación límite…

El Mundo 11/4/11
Traducción Estación Atlántica

'Gafas' (1), César Ríos (2) y Antonia Rodríguez (3), de la Federación de Guerrillas de Galicia-León,
 con Indalecio Prieto en el 48. 'A agonía do león'


Maquis galegos, pioneiros da resistencia antifranquista

"Neste libro non se debuxa o perfil dun heroe nin dun vilán". "Tampouco hai xuízos morais destinados a orientar ao lector; nin o asasino sen piedade que uns cincelaron con saña en tempos pasados, nin o impoluto guerrilleiro que outros encomiaron con fervor en épocas máis próximas". Así presenta o escritor e xornalista Carlos Reigosa o seu libro "A agonía do León. Esperanza e traxedia dous escapados" (Xerais), revisión actualizada doutro ensaio que publicou en castelán en 1995.

Reigosa foi un dos autores pioneiros na difusión da historia dos guerrilleiros antifranquistas galegos. En 1989 recuperou no libro "Fuxidos de sona" o relato da traxectoria de varias figuras do maquis: "Foucellas", "Gardarríos", "Piloto", César Ríos, Gómez Gayoso, "Mario de Langullo" e "Gafas". En 1992 publicou "El regreso de los maquis", centrado en César Ríos, Mario Morán e Marcelino Fernández Villanueva, "Gafas". O tamén escritor Víctor Freixanes reconstruíu en "Memoria dun fuxido" (1980), a vida de Manuel González Fresco.

Pero os primeiros estudos sistemáticos sobre o movemento guerrilleiro de resistencia antifranquista viñeron de man dos historiadores. Bernardo Máiz ou Hartmut Heine sentaron os alicerces dunha serie de debates que hoxe, en parte, continúan. A profesora da Universidade de Santiago Aurora Marco realizou nos últimos catro anos unha investigación sobre as mulleres guerrilleiras e considera que non foron recoñecidas como merecían.

"O papel das mulleres na guerrilla foi moito máis que a intendencia: facer a comida ou lavar a roupa dos guerrilleiros. Houbo mulleres que participaron nos combates, como "Chelo". A maioría foron enlaces, e a súa actividade foi fundamental: levaban correos, enlazaban con outras persoas, avisaban de por onde andaba a Garda Civil, conseguían armas... e expuxéronse moito por iso?, explicou Marco.

Libertarios e nacionalistas

Nun dos últimos congresos celebrados en Galicia sobre a guerrilla, organizado en 2009 pola Comisión para a Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña, o historiador Eliseo Fernández reivindicaba o papel dos libertarios, mentres o tamén historiador Uxío-Breogán Diéguez facía o propio cos nacionalistas.

"Na Coruña houbo, nun principio, fuxidos ao monte. Despois, actuaron máis ofensivamente: no 37, un mineiro de Lousame asaltou a mina" Foi importante a partida de Neira, en Agarimo, Ortigueira, Viveiro " Algúns libertarios foron asasinados por comunistas cando a guerrilla entrou na súa fase máis estalinista e militarizada", recordou entón Eliseo Fernández.

Ese mesmo ano celebrouse un acto de homenaxe a Ramón Rodríguez Varela, "Curuxás", guerrilleiro anarco-sindicalista cuxa traxectoria, con 31 anos de clandestinidade ata a súa morte en 1967, foi recollida por Carlos Parrado no libro "Curuxás, ou guerrilleiro que non cazou Franco".

As guerrillas e o nacionalismo

Uxio-Breogán Diéguez comentou, pola súa banda, con ocasión daquel congreso na Coruña, que "o Partido Galeguista quedou descabezado en Galicia, algo que non lle ocorreu ao Partido Comunista. Pero Alexandre Bóveda organizou a resistencia armada en Pontevedra. Houbo galeguistas enlaces da guerrilla" O PC era o seu referente entón, e moitos volveron conectar co nacionalismo cando se reorganizou, coa UPG e a AN-PG", -anos 60-70-.

A actividade das asociacións é fundamental na actualización do debate sobre o movemento "guerrilleiro". A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica recuperou o ano pasado en Triacastela (Lugo) os restos de tres mineiros bercianos que escaparon ao monte para evitar que os matasen. Fai só uns días, celebrouse en Chantada (Lugo) unha homenaxe a "Piloto".

Carlos Reigosa defendeu, na presentación de "A agonía do León", a necesidade de recuperar a historia dos guerrilleiros sen "orientacións sectarias ou mitificadoras". O seu libro céntrase na figura de Manuel Girón, do que afirma que foi o mellor amigo dos seus compañeiros, pero un ser odiado e temido polos seus inimigos. A obra desmonta a falsa teoría de que fora a compañeira sentimental de Girón, Alida, quen o traizoou entregándoo ás autoridades.

O ensaio "A guerrilla antifranquista en Galicia", -publicado a principios dos anos 80-, de Hartmut Heine, recibiu algunhas críticas pola simpatía que mostraba cara aos maquis. Foi este historiador alemán quen primeiro sinalou a importancia da guerrilla galega que, segundo explicou, serviu de modelo ás outras desenvolvidas noutros territorios do Estado.

¿Un erro?

Pero é difícil acusar de mitificación a quen, no congreso da Coruña, achegou un durísimo balance deste movemento, ata o punto de afirmar que "visto desde hoxe, está claro que foi un erro, no sentido de que foi ineficaz para derrocar ao réxime. Pero, naquel momento, foi unha resposta lóxica, produto da guerra civil. Supuxo moito derramamiento de sangue... " xa que "familias enteiras foron fusiladas por axudar aos guerrilleiros, sen xuízo, en plena paz. A guerrilla non foi moi grande e potente en canto á cantidade de guerrilleiros, pero si houbo moitas persoas que a apoiaron. Hoxe, e xa entón, é imposible delimitar quen axudou á guerrilla de bo grado e quen, en certo xeito, viuse obrigado pola guerrilla a colaborar...".

É certo que a guerrilla non logrou terminar coa ditadura pero, segundo opinou Jorge Seoane, fillo dun dos principais líderes do Exército Guerrilleiro de Galicia nunha visita que realizou a Santiago de Compostela en 2008, a guerrilla foi "embrión da loita antifranquista que germinó na loita clandestina das fábricas e na vida diaria do pobo". A interpretación de Heine é diferente, pois o experto alemán cre que, a curto prazo, moitos dos colaboradores potenciais da resistencia antifranquista terminaron mortos ou encarcerados por mor da guerrilla, polo que esta queimou outras formas de loita.

O movemento guerrilleiro antifranquista galego estendeuse, segundo Heine, desde 1941 a 1951. Abarcou as catro provincias galegas e zonas limítrofes: El Bierzo, La Cabrera, o val de Sanabria en Zamora ou o concello asturiano de Ibias. O réxime despregou á Garda Civil, e ata a membros do Exército, para combatelo. Nun principio, fuxir ao monte era simplemente un modo de sobrevivir a unha "represión implacable".

Unha guerrilla "modelo"

A organización chegou despois. A primeira, a Federación de Guerrillas de Galicia-León, a partir de 1941-42, que tivo influencia en zonas de Lugo e Ourense. A segunda, que sucedeu á primeira desde 1946, foi o Exército Guerrilleiro de Galicia que durou ata 1951 e que era de dominio comunista, a diferenza da Federación, máis plural -con socialistas, comunistas, libertarios, galeguistas e republicanos-.

"Non é bandolerismo" -ao contrario do que sostiña entón a versión oficial franquista-, "pois hai unha clara conciencia política?, explicou Heine. Así, grupos de combatentes descoordinados -asturianos, galegos e leoneses- foron converténdose en agrupacións guerrilleiras organizadas. Marcelino Fernádez "Gafas", Mario Morán ou César Ríos foron, segundo destaca a investigadora Lupe Martínez no seu libro "Coa man armada. Exército Guerrilleiro de Galicia", algúns dos principais responsables de dar forma á Federación.

Marcelino Rodríguez, "Marrofer", esforzouse por unificar os grupos da provincia dá A Coruña e do norte de Lugo. A época de maior auxe da guerrilla, entre 1946 e 1948, alcanzouse baixo a dirección de José Gómez Gayoso, como secretario xeral do PC en Galicia, e Antonio Seoane, ao mando do Exército.

A historia da guerrilla ten, por suposto, as súas dimensións escuras. Di Heine que o mítico "Foucellas", auténtico símbolo do movemento guerrilleiro, foi un heroe cos seus "zonas de sombra". Discutiuse, por exemplo, se o PC actuou ben tras ordenar a retirada a partir de 1948. Segundo algunhas interpretacións, o partido deixou á súa sorte aos guerrilleiros que quedaban no monte.

Unha figura por recoñecer

"A guerrilla galega foi unha parte dun movemento antifascista e antifranquista español que non se pode entender sen o contexto europeo. A guerrilla estivo esperando a intervención contra Franco dos aliados da Segunda Guerra Mundial, que nunca chegou. O réxime pasou de estar illado internacionalmente a ser aceptado na estratexia anticomunista da guerra fría. Non é certo que o PC cambiase de táctica no 48 e abandonase aos guerrilleiros. Seguiunos apoiando ata o 51. O cambio de estratexia foi paulatino", apuntou o historiador Víctor Santidrián con ocasión da súa intervención no citado congreso coruñés. O historiador Bernardo Máiz sinalou 1948 como un ano de infiltracións, depuracións e problemas, unha vez capturados os principais líderes do movemento e iniciado o xiro táctico do PC.

No seu libro "Maquis. Historia de la guerrilla antifranquista", Secundino Serrano subliña que a Federación de Guerrillas de Galicia-León, constituída "oficialmente" no 42 nos montes de Ferradillo, preto de Ponferrada, foi a primeira guerrilla española da posguerra e, apunta a capítulos de fortes discordancias internas, como as que levaron a asasinatos "na mellor tradición estalinista".

A maior militarización da guerrilla, comenta, favoreceu que os enlaces -apoios da guerrilla no chairo- fósense apartando da guerrilla, que se producisen desercións ou infiltracións, polo que os guerrilleiros non foron capaces de manter a boa relación coa poboación que antes tiveran. Carlos Reigosa recorda a Mario Rodríguez Losada, "Mario de Langullo" ou "Pinche", como o maquis español en activo que máis tarde abandonou o monte para tomar o camiño do exilio, en 1968, tras resistir nas serras de Ourense durante 32 anos.

Un dos ex-guerrilleiros vivos máis activos no debate, Francisco Martínez López, "Quico", segue denunciando que, a pesar da Lei de Memoria Histórica, falta aínda por recoñecer debidamente aos maquis na súa condición de loitadores pola liberdade. "Non temos dereitos. As persoas que foron asasinadas inxustamente seguen figurando en moitos documentos como delincuentes, bandoleiros...", recordou.

sábado, 16 de abril de 2011

Presentación do libro "Cuando las derrotas otorgan la victoria" de Xosé Fortes



NOTA DE PRENSA

Martes, 26 de abril, ás 19.00 horas, na Sala de Profesores Facultade de Xeografía e Historia
 
· Relato a cabalo entre as memorias e a crónica periodística sobre os militares que nas postrimerías do franquismo apostaron pola democracia.

· O acto contará coa presenza de Ramón Villares Paz, Presidente do CCG e Catedrático de Historia Contemporánea; Xosé Luís Méndez Ferrín, Presidente da RAG e escritor, e Lourenzo Fernández Prieto, Director do Departamento de Historia Contemporánea e América e Catedrático de Historia Contemporánea.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2011

O vindeiro martes 26 de abril, ás 19.00 horas na Sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia, presentarase o libro Cuando las derrotas otorgan la victoria. Batallas perdidas de un capitán de la Unión Militar Democrática (Destino, 2011), un traballo de Xosé Fortes Bouzán (Pontevedra, 1934), ex militar fundador da Unión Militar Democrática en 1974. O acto enmarcase dentro da actividade científica desenvolta polo Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC.

Participarán neste acto presentado por Lourenzo Fernández Prieto, Director do Departamento de Historia Contemporánea e América e Catedrático de Historia Contemporánea, o Presidente do CCG e Catedrático de Historia Contemporánea, Ramón Villares Paz; o Presidente da RAG e escritor, Xosé Luís Méndez Ferrín; que serán os encargados de abrir este acto ás 19.00 horas. A continuación o autor, Xosé Fortes, exporá a análise do seu libro. Ciencia e Innovación.

A continuación abrirase un breve debate.

Máis información ou solicitude de entrevistas:
Proxecto Interuniversitario ‘Nomes e Voces’
Residencia Universitaria Monte da Condesa, 2ºAndar
Campus Sur- USC

domingo, 10 de abril de 2011

Monumento con pombas pola liberdade e contra a represión



Cangas - A Voz 10/4/2011

A asociación Memoria Histórica 28 de agosto descubriu onte na praza do Concello un monumento pola liberdade e contra a represión creado por Antonio Nores, membro do colectivo, no que debaixo dunha ilustración de pombas están gravados uns versos do poeta Claudio Rodríguez Fer.

Un par de centos de persoas asistiron ao acto, que incluíu música, un recitado de poemas e, como colofón, a interpretación do himno galego pola banda Belas Artes e un coro de voces de distintas agrupacións do municipio. Falaron dous descendentes de cangueses que foron asasinados en 1936, Bernardo Nores e Manuel Fernández, que pediron que non se volvan repetir aqueles actos de represión.

Xantar republicano en Redondela


O día 17 de abril, xantar de confraternidade as 14,00h. en A Miñoteira (Ventosela), prezo por persoa 18€ organizado polo Colectivo Republicano de Redondela.



Cangas 80º Aniversario da República


Xoves 14 - dia da República

19.30 h.- Concentración na Praza da Constitución

Camiño da Liberdade

19.55 h.- Lectura da Proclama da II República

20 h.- Casa da Xuventude – Antiga Casa do Concello

Charla – Colóquio: “Memória histórica da II República”

EMILIO GRANDÍO SEOANE – Doutor en Historia e Profesor da USC

21.45 h.- CEA de Confraternidade republicana

Presentación libro "Mortes violentas na comarca de Ordes" Sigüeiro - Oroso


A Asociazón Cultural Obradoiro da História de Ordes ten o pracer de convidarte á presentación do libro:

A Guerra Silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes (1936-1952)

Da autoría de Manuel Pazos Gómez e patrocinado polo Concello de Oroso e a Mancomunidade de Ordes.

O acto será o xoves, 14 de abril de 2011, ás 20:30 h. no Centro Cultural "Fernando Casas Novoa"
de Sigüeiro - Oroso. Na presentación teremos un tempo para a música e a literatura en homenaxe ás vítimas: Ania Mainska / Claudio Rodríguez Fer / Mini e Mero.

A publicación recolle unhas 80 mortes violentas na bisbarra de Ordes como consecuencia da represión posterior á sublevación militar de xullo do ano 1936. Documentación dos rexistros civís, actas dos consellos de guerra, informacións orais... son as fontes básicas que sustentan o estudo. Fotografías inéditas, documentos, testemuños... Este traballo de investigación é un censo biográfico rigoroso das vítimas da violencia da ditadura dende o ano 1936 (golpe militar) ao 1952 (fin da Guerrilla Antifranquista na comarca de Ordes).

A tarxeta do adeus:

A mi querida amiga Marina Recouso Boquete.

En los últimos días de mi vida, no puedo más si no acordarme de ti. Eres de todas mis amigas la que más siento dejar en estos momentos, pero moriré pronunciando tu nombre y el de la libertad. Un fuerte abrazo de tu amigo que siempre te admiró.

Manuel Moure Rey. Cárcel de Santiago. 29/XII/1936

MANUEL MOURE REY e 10 compañeiros da Fronte Popular de Ordes, fusilados en Boisaca.

Conferencia en Vigo "Borbons versus República"


O  martes 12 de abril  as 20.15 horas e no Edificio Municipal do Areal (Antigo Reitorado) a Asemblea Republicana de Vigo (Amigos/as da República) organiza unha conferencia baixo o titulo "BORBONS versus  REPÚBLICA"  impartida por  Jose Antonio Barroso, alcalde de Puerto Real (Cádiz)  e que fora denunciado polo xuíz Grande-Marlaska diante da Audiencia Nacional por inxurias ao Rei

quarta-feira, 6 de abril de 2011

Presentación en Vigo, o 7-4-11, na Casa do Libro, de "La Bañeza 1936. La vorágine de julio",e Acto de Afirmación Republicana


Saúdos.

Permitídeme que vos informe da próxima presentación en Vigo, o día 7 de abril, do primeiro volume ("Algunhas consideracións previas") da miña obra "LA BAÑEZA 1936. LA VORÁGINE DE JULIO. Golpe y represión en la comarca bañezana", da que algunha autorizada voz dixo que é: "o libro imprescindible para entender a Guerra Civil nas comarcas bañenses"

O libro, publicado pola editorial leonesa Ediciones del Lobo Sapiens, e saído de imprenta o día 15 de abril do pasado ano 2010, será presentado:

O xoves, día 7 de abril, ás 19:45 horas, na Casa do Libro (R/ Velázquez Moreno, 17), de Vigo.

A presentación do libro inscríbese e contémplase como un Acto de Afirmación Republicana, nunha data tan próxima á do 14 de abril, na que este ano se cumpre o 80º aniversario de proclamación da Segunda República Española.

Patrocinan e organizan a presentación a Casa do Libro, a Asemblea Republicana de Vigo, e a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, e nela acompañarannos, Celso López Pazos, Presidente da Asemblea Republicana de Vigo, e Telmo Comesaña Pampillón, Presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36. (Coa colaboración da Casa do Libro e da Fundación 10 de Marzo, do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia).

A presentación acompáñase da proxección dunha montaxe audiovisual e de firma de exemplares.

Sobre o libro, en tamaño 17 x 24 cm, de 613 páxinas, e que inclúe máis de 135 ilustracións, algúns gráficos, 1200 notas ao pé de páxina, e 11 variados documentos anexos, ademais de diversos índices (de contidos, onomástico, toponímico referido á provincia de León, e de procedencia das ilustracións) hai unha extensa información na web (http://www.jiminiegos36.com/), no enlace http://www.jiminiegos36.com/a_baneza_1936.htm

Achéganse cartel e invitación.

Acompáñanse enlaces a noticias de prensa sobre o libro:

En PÚBLICO:


Rógovos fagades chegar esta información a quen consideredes que poida interesarlle.

Anticípovos o meu agradecemento polo voso interese e a vosa axuda.

Atentamente.
José Cabañas González
988 243809 - 696 540133

domingo, 3 de abril de 2011

Tributo aos composteláns que sufriron represión


O ciclo «A memoria silenciada. Conxo e Compostela», homenaxeará ás vítimas da ditadura franquista

M. Beceiro -Santiago-A Voz 2/4/2011
A concellaría de Cultura dará voz aos composteláns que sufriron a represión e dará a coñecer a historia e o edificio do Psiquiátrico de Conxo co programa A memoria silenciada. Conxo e Compostela. A concelleira, Socorro García, recordou que «máis de douscentos veciños e veciñas» sufriron múltiples formas de represión.

O ciclo arrinca o luns día 4 coa conferencia Ánxel Casal Gosende, alcalde de Santiago e editor de Nós, a cargo de Miguel A. Seixas, proxectándose a continuación "Ánxel Casal a luz impresa".

O día 6 Pilar García Negro falará sobre Castelao, Compostela e ou Seminario de Estudos Galegos, proxectándose "Filmando a Castelao".

O día 7 haberá unha mesa redonda, Os nomes e as voces de Compostela e Conxo, con Lourenzo Fernández Prieto e Luis Pasín, e a proxección de "Liste, pronunciado Lister".

O 11 falará Encarna Otero sobre Ou silencio dás silenciadas e proxectarase "Coralia e Maruxa". As irmás Fandiño.

O 13, David Simón falará sobre Galenos de Galicia: historias de represión, exilio e depuración, tras o cal proxectarase "Galicia, a tempestade do 36".

E o 14, unha mesa redonda sobre Ou psiquiátrico de Conxo non tardofranquismo, e o filme "A mirada de Anna".

sábado, 2 de abril de 2011

Exposición a Mariña republicana en Malpica (A Coruña)


Do venres 25 de marzo ata o 8 de abril.

Colección particular de fotos inéditas de mariños de buques republicanos antes do Golpe de Estado en Cartaxena o autor un mariño galego exiliouse a Orán.

O venres 25 de marzo inaugurouse en Malpica a exposición A Mariña Republicana, homenaxe de David Fernández Dopico.

O acto de inauguración contou cunha charla coloquio impartida por David Fernández Martínez fillo do autor.

A exposición permanecerá aberta no espazo expositivo do centro cívico de Malpica ata o 8 de abril.

Manifestación pola República en Vigo



O 14 de Abril celebraráse a manifestación aprol da República dende o Marco, na rúa do Príncipe, ata a Rúa da II República. A cita é o xoves 14 ás 20:00 horas.

Asemblea Republicana de Vigo

O guerrilleiro español que preferiu morrer a delatar, Segundo Vilaboy



Traducción Estación Atlántica
Publicado por Amistad Hispano-Soviética
24/9/2010

Fai tempo que moitas mulleres e homes concibían un mundo libre de fascismo, de imperialismo, de militares. Aquelas persoas non entendían a vida sen o socialismo, e por el deron o máis prezado que un ser humano ten, a súa conciencia e a súa vida. Exemplo de todo isto é o seguinte relato adxunto de Segundo Vilaboy Martínez, que xunto a outros miles, forman a gloriosa historia dos guerrilleiros comunistas, xa sexan españois ou soviéticos, pois o inimigo de entón a ditadura fascista, é HOXE, doutro tipo, pero segue sendo, a mesma sociedade e ditadura a combater e erradicar: O IMPERIALISMO.

Nestor Guadaño

Enviado por Lorena Bustabad

O seu nome de guerra era Vila. Botouse ao monte durante a II Guerra Mundial para combater o fascismo. Confiaba en que os aliados derrocarían a Franco. Contan que baixo a culata da súa mosquetón, Segundo Vilaboy, gravou unha estrela vermella de cinco puntas sobre a fouce e o martelo. Foi capturado tras un enfrontamento a tiros coa Garda Civil.

Un consello de guerra sumarísimo condenao á morte o 31 de outubro de 1947. Tiña 29 anos. Dous días antes de morrer, executado a garrote vil no cárcere de Caranza, escribiu unha carta de despedida aos seus camaradas: "Se que se aproxima o meu fin. Vexo as caras dos gardas que se darán un festín sanguento en vésperas da Noiteboa. Así son estes que se chaman católicos".

Unhas 60 persoas -familiares, e grupos de esquerdas vinculados á memoria histórica- renderon unha homenaxe a Segundo Vilaboy Martínez (Ferrol, 1918-1947) no cemiterio municipal de Catabois, onde descansan os seus restos.

Obreiro, guerrilleiro, republicano, Vilaboy foi o secretario político do Comité do Partido Comunista en Ferrol. O historial da súa vida parécese ao guión dunha película que o historiador Bernardo Maiz Vázquez quixo rescatar do esquecemento. Durante anos, Maiz mergullou nos arquivos militares do franquismo e recuperou parte dos documentos que lle serviron para ganduxar a curta vida e cruel morte do guerrilleiro ferrolán, e que recompilou en "Resistencia, guerrilla e represión. Causas e Consellos de Guerra. Ferrol 1936-1975".

Vilaboy ingresou no estaleiro de Ferrol ao finalizar a Guerra Civil como plomero-tubero. A súa intensa vinculación ao PC, obrigouno a pasar moi pronto á clandestinidade nas filas do Exército Guerrilleiro de Galicia. Integrou a IV agrupación da resistencia galega, A Pasionaria.

A finais de maio de 1947, unha bala de nove milímetros deixouno malferido cerca do río Bellele, a medio camiño entre Neda e Fene, durante un intercambio de disparos con axentes da Garda Civil. Trasladárono ao hospital de Mariña de Ferrol. Operárono e só dous días despois, comezaron a interrogarlle.

"Non importou que estivese moribundo. Primeiro foron os interrogatorios, de 12 e 14 horas ata que, esgotado, perdía o sentido. Despois as torturas", escribiu na súa cela, en decembro de 1947, horas antes da súa execución. Unhas flores sobre a súa tumba e un sonoro tributo musical a cargo de Mencer Vermello, RPG7 e Mossin Nagant recordaron a Segundo Vilaboy Martínez 63 anos logo da súa morte.

sexta-feira, 1 de abril de 2011

Festa da República en Ourense 2011



Cea da República o 15 de abril ás 22,30h no restaurante "A Carballeira de Santa Cruz"
Ctra. Ourense-Vigo km 581. CP 32593 Santa Cruz (Rio) (Ourense)

Prezo da cea 25€

Sairán autobuses da Alameda do Concello fronte a Correos ás 22h. o regreso tras a cea a partir da 1,30h. o prezo do autobus e de 2€.

Organizado pola Asociación Cultural Amigos da República de Ourense