O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 31 de março de 2011

Presentación do último libro do historiador Dionisio Pereira en Pontevedra

 

O vindeiro xoves, 7 de abril, ás oito da tarde, terá lugar na Librería Michelena de Pontevedra, na rúa Alameda 8, a presentación do último libro do historiador Dionisio Pereira: LOITA DE CLASES E REPRESIÓN FRANQUISTA NO MAR (1864-1939), editado por Edicións Xerais.


O acto, coorganizado por Edicións Xerais, Sempre con Vós.Cidadanía pola Verdade e librería Michelena, contará coas intervencións do autor, Dionisio Pereira, do editor Xosé Manuel García Crego e do autor de “Pontevedra nos Anos do Medo” Xosé Álvarez Castro.

A través do estudo do asociacionismo das xentes do mar dende finais do século XIX ata o golpe militar do 36, Dionisio Pereira analiza dun xeito rigoroso a conflitividade social e laboral da época. No libro atópase a información necesaria para unha correcta comprensión do significado da organización societaria dos mariñeiros galegos e da represión sufrida polo sector coa instauración do franquismo, co resultado de cárcere, morte e evasións marítimas.

A entrada ao acto é libre e as entidades organizadoras convidan a asistir a todas aquelas persoas interesadas no tema.

quarta-feira, 30 de março de 2011

Actos arredor do 14 de abril do 2011 pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña


Actos arredor do día da República, onde a CRMH da Coruña nomea Republicano de Honra a Isaac Díaz Pardo . Por favor, prestade moita atención aos actos que se relacionan nel, sobre todo:

Martes, 29 de marzo de 2011

Presentación do libro de Dionísio Pereira “Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)”, ás 20 horas na Casa Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, A Coruña )

Mércores, 6 de abril

Ás 20 horas, da Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande de A Coruña , homenaxe a Isaac Díaz Pardo, coas intervencións de Manuel Rivas, Xosé Ramón Fandiño e Francisco Pillado

Sábado, 9 de abril

Ás 19’30 h . , no Memorial da Avenida Navarra, acto de lembranza ás vítimas do franquismo .

Ás 21’00 h . , no Hotel Meliá María Pita (fronte a praia do Matadoiro da Coruña), CEA DA REPÚBLICA, coas actuacións musicais de Miro Casabella e Mini e Mero , do grupo “A Quenlla” . Entrega a Isaac Díaz Pardo da distinción “Republicano de Honra 2011” .

Inscricións para asistir á cea, a ser posible, antes do 7 de abril, no teléfono 645029338 . Ingreso de 21 euros na conta 2096 0489 11 32753310045 . Tamén pódese pagar no hotel antes da cea.

Venres, 29 de abril

Presentación da publicación “Vivas en nós . Mulleres represaliados polo franquismo a raíz de 1936” , coa participación das autoras : Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer, (nº1 da colección “Cadernos Republicanos”) .

sábado, 26 de março de 2011

O Concello organiza as xornadas “Ferrol recuperando a memoria. A verdade nunha man pechada”

Captura de pantalla da web do Concello de Ferrol, (a cor é da caché)

Contestación as acusacións e amenazas recibidas o 1/5/2011

2/5/2011. Foto eliminada por recibir acusacións e ameazas por parte do seu autor con pedir con educación incluísese a autoria e a fonte chegaba. No seu lugar poño a captura de pantalla da web do Concello de Ferrol que este mozo non ten constumbre de ver.
Texto da pòlémica acusada de manipular:

Venres, 25 de marzo de 2011
O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, presentou o programa, que incluirá proxeccións, mesas redondas, actos teatrais e musicais en torno á memoria histórica. As actividades celebraranse do 29 de marzo ao 27 de abril na Fundación Novacaixagalicia, no Teatro Jofre e nos Cines Dúplex e incluirán unha ofrenda floral en lembranza e homenaxe ás vítimas da ditadura O seu obxectivo é dar a coñecer o período histórico da II República e “resarcir a memoria das persoas que foron esquecidas e denigradas”, subliñou Vicente Irisarri


Programación. Do 29 de marzo ao 27 de abril

Mesas redondas
Fundación NovaCaixaGalicia, ás 19:30 h

Documental “Señora de”, de Patricia Ferreira
Martes 29 de marzo
Con: Romana San Luis, Ana Blanco, Filomena Fraga, protagonistas do documental
Guadalupe Lloves, entrevistas
Conduce: Carmen Blanco, Profesora e escritora

Muller e memoria
Mércores 30 de marzo
Con: Aurora Marco, Mary Nash, María Jesús Souto Blanco e Sari Alabau

O contexto actual no proceso de recuperación da memoria
Martes, 5 de abril
Con: Carlos Agüero, Lourenzo Fernández Prieto, Xosé Lois Vilar, e Virxinia Salvo

Memoria e Democracia
Mércores, 6 de abril
Con: José Antonio Martín Pallín, Carlos Teijo García, Susana Alaniz e Carmen Fernández Casanova

A recuperación da memoria en Ferrol
Xoves, 7 de abril
Con: Enrique Barrera, Eliseo Fernández, Bernardo Maíz, Manuela Santalla, Xosé Manuel Suárez e Guillermo Llorca

Teatro
Teatro Jofre ás 20:30 h

Tertulia sobre Memoria de Helena e María
Xoves, 31 de marzo

Memoria de Helena e María
Venres 1 e sábado 2 de abril
Teatro do Atlántico

Santa Perpetua
Venres 8 de abril
Producciones Micomicón

Música

Sempre
Pilocha
Xabier Constela e Xurxo Varela
9 de abril ás 20:30 hh
Teatro Jofre

Músicas populares da guerra civil
Brigada Bravo&Díaz
14 de abril ás 22:00 hh.
Ciclo Novas Noites
Capela do Torrente Ballester

Cine

Ciclo Primavera de Cine
Cines Dúplex Ferrol ás 20:30 hh

A vella memoria
Mércores 13 de abril

L´espoir (Serra de Teruel)
Mércores 20 de abril

Cancións para despois dunha guerra
Mércores 27 de abril

Acto cívico
Cemiterio de Serantes, 18:30 h

Ofrenda floral, en lembranza e homenaxe a todas as víctimas da dictadura franquista
Xoves 14 de abril

Galicia liderou a evasión marítima no franquismo

Prieto, Pereira e Bragado na presentación / ÓSCAR DACOSTA

No 40% dos peiraos galegos houbo fugas

Xornal de Galicia, DANIEL PRIETO 26/03/2011
O 40% dos peiraos galegos rexistraron evasións marítimas entre 1936 e 1938, grazas a “unha verdadeira rede organizada” na que participaron máis de 80 embarcacións que permitiron a fuxida de numerosos galegos das gadoupas do franquismo, un fenómeno “sen parangón no resto do España”. Esta é unha das novas conclusións recollidas polo historiador Dionisio Pereira, que onte presentou na librería Couceiro de Santiago o seu último libro, Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Xerais. A través das súas cincocentas páxinas, esta obra realiza unha exhaustiva análise da evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia. Trátase dun aspecto “pouco investigado ata o momento, xa que a historia marítima é a cincenta da historiografía recente”, admitiu o autor, que onte estivo acompañado polos historiadores Lourenzo Fernández Prieto e Manuel Bragado.

Se ben as fuxidas por mar eran organizadas no 40% dos casos, xa que o investigador constatou “máis de 20 ocasións nos que isto foi así”, como ocorreu “na costa coruñesa cos sectores afíns á CNT, na zona Vigo-Bouzas, en Marín e en Malpica”, outras veces tratouse “de actos espontáneos, protagonizados case sempre por mariñeiros novos que non querían ir á guerra”.

E é que a evasión era o método “máis idóneo” ao que a xente do mar que non comungaba cos valores do franquismo recorría, ante a ameaza dunha morte segura, debido á “vixilancia férrea” á que foron sometidos os portos. “Tras os traballadores manuais das cidades, o sector do mar foi o que máis sufriu a represión en Galicia, xa que rexistrou unhas 1.500 mortes das 4.600 verificadas”, asegurou Pereira, que tamén coordina o proxecto interuniversitario Nomes e Voces, de onde obtivo información para esta magna obra cuxa xestación comezou nos anos 90.

“O franquismo asañouse cos marcos directivos da Fronte Popular e cos sindicalistas”, engadiu o historiador. Moitas veces, o cruel modus operandi dos represores facía que as viúvas quedaran sen cobrar a paga xa que “os mariñeiros eran arroxados ao mar con pesos para que os seus corpos non puideran ser recuperados, o que supuña engadir aínda máis sufrimento para as súas familias, se cabe,”indicou Pereira.

segunda-feira, 21 de março de 2011

A Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas presenta o documental "Digna rabia"



A Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas presenta o documental "Digna rabia" subvencionado polo Ministerio da Presidencia, e coa participación da Universidade de Vigo e do Concello de Vigo.

Argumento do documental:

Relato das experiencias vividas durante a dictadura franquista (1936-1975) por parte de 27 mulleres galegas. O documental é un alegato reflexivo contra a histórica invisibilidade das mulleres.

Presentacións:

22 de marzo de 2011: Auditorio do Museo de Arte Contemporáneo (MARCO) de Vigo (19 horas)

25 de marzo de 2011: Edificio Multiusos (Edificio de Ferro) do Campus de Ourense (11 horas)

29 de marzo de 2011: Casa das Campás de Pontevedra (19 horas)

Para mais informacións engadimos díptico informativo.

Agradecemos a vosa presenza e difusión da información

Un saúdo

Ángel Rodríguez Gallardo
Presidente Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas
625403870

Lugar de Memoria a Fiestra da Libertade en Vigo


O sábado 19 de marzo tivo lugar o acto de inauguración do monumento sinalando o Lugar de Memoria onde se situaron as barricadas de resistencia ao Golpe Militar en xullo de 1936 no actual barrio do Calvario de Vigo, iniciativa da Asociación Viguesa pola Memoria do 36.


O acto na prensa:

El País

Faro de Vigo

O Xornal

TodoVigo

Galeria fotográfica

domingo, 20 de março de 2011

Presentación do libro "Rianxo na súa historia : consecuencias da Guerra Civil (1936-1939)"



Achegamos nota de prensa sobre o acto de presentación do libro Rianxo na súa historia : consecuencias da Guerra Civil (1936-1939) , do que son autores os rianxeiros Xosé Comoxo e Xesús Santos.


O acto vaise celebrar o sábado, día 26 do mes de marzo, nos locais da Escola da Igrexa de Calo, ás 20,30 horas.

Agardamos a súa asistencia, e agradecemos a difusión desta nota.

Un cordial saúdo,
Pola directiva da Oliveira.



Nota de prensa

A Asociación para a recuperación da Memoria Histórica e defensa do Patrimonio Inmaterial de Teo, A Oliveira, ten o pracer de avisar do acto de presentación do libro Rianxo na súa historia. Consecuencias da Guerra Civil (1936-1939), editado pola Deputación da Coruña, do que son autores Xesús Santos e Xosé Comoxo.

O acto vaise celebrar nos locais da escola da Igrexa de Calo, rehabilitada para actividades culturais, o día 26 de marzo do ano que andamos, ás 20,30 horas.

Un dos autores do libro, Xesús Santos, é coñecido de vello en Teo, pois exerceu como profesor de Lingua Galega no Colexio Público de Calo durante máis de vinte anos. Ademais da súa actividade docente, da que hoxe está retirado, é autor e actor de teatro, na actualidade o máis lonxevo dos que se dedican ao teatro afeccionado en Galicia, a parte das súas incursións na poesía e noutros eidos da Literatura. Unha das súas preocupacións constantes é a da recuperación da Memoria Histórica, especialmente a da bisbarra do seu Rianxo de orixe.

Froito destas inquietudes é o interesante blog que trata aspectos diversos da Historia de Rianxo(http://rianxeiros.blogspot.com/), as súas publicacións varias, e este libro que presentaremos en Calo, o segundo dunha triloxía que vai abranguer República, Guerra e Franquismo.

Xosé Comoxo, pintor, tamén da vizosa terra de Rianxo, fértil en persoas letradas, é coautor deste libro e doutros que tratan de Heráldica, da biografía do xornalista republicano Arcos Moldes, de estudos históricos diversos e do blog que se cita anteriormente.

Na Oliveira de Teo estamos encantados de recibir estes dous estudosos, para estreitar azos con quen se preocupa con rigor e seriedade pola recuperación da nosa memoria, e agradecemos fondamente que aceptasen o noso convite para compartir connosco a súa sabedoría rianxeira.

Encadramos este acto dentro do obxectivo da nosa asociación de tirar á luz feitos do noso pasado que se queren ocultar. Se citamos a un dos nosos convidados, o propio Xosé Comoxo, coincidimos con el en que: «A memoria histórica non pode comezar en 1936 e rematar tres anos despois, como se pretende por parte dalgúns e por intereses concretos».

quinta-feira, 17 de março de 2011

Historia dun ermo asociativo. Labregos, sindicatos verticais e politicas agrarias en Galicia baixo o franquismo


Labregos, sindicatos verticais e políticas agrarias en Galicia baixo o franquismo de Daniel Lanero Táboas

Este libro estudia un tema áinda máis presente na memoria colectiva da nosa sociedade que nos textos de historiografía galega contemporánea: a situacións dos labregos e da Galicia rural durante a dictadura franquista. Asuntos moi transcendentes, que deixaron fondas pegadas no noso presente, como a destrución da sociedade civil rural e a demobilización política dos campesiños, a construción polo franquismo dun consenso baseado na normalización dos comportamentos corruptos e clientelares ou a imposición sobre o noso agro dun modelo produtivo alleo, a Revolución Verde. Son tratados en profundidade nesta obra, recorrendo ao sindicalismo vertical franquista como fío condutor.

terça-feira, 15 de março de 2011

Acto de Memoria sábado 19 de Marzo. 12:00h no Mercado do Calvario



CARTA A SOCIOS/AS E SIMPATIZANTES

A ASOCIACIÓN VIGUESA pola MEMORIA HISTÓRICA do 36

Viguesa Distinguida 2007


CONVIDA:

Ao acto de “LUGAR DE MEMORIA” que se celebrará no Calvario (R/Urzaiz, frente ao mercado)

Día: sábado 19 de marzo, ás 12:00 horas

HOMENAXE

Aos homes e mulleres que resistiron nas barricadas o asalto militar contra a República. No acto inaugurase unha escultura e unha placa indicativa do acontecido no lugar os primeiros días do levantamento.

Neste acto institucional falarán: o concelleiro de Cultura, un membro da Asociación e o Tenente de Alcalde da nosa cidade.

Agradecemos a sensibilidade destas concellerías que atenden as peticións memorialistas, costean o monumento e son un exemplo a seguir no concello de Vigo.

A Directiva Vigo, Marzo 2011

Fronte o Mercado do Calvario.
Lavadores.

Verdade
Xustiza
Reparación
Nós non esquecemos

segunda-feira, 14 de março de 2011

14 de marzo 72 aniversario do fusilamento de Manuel Barreiro Rey



Chámome Manuel Barreiro Rey. Son mariño da dotación do buque Cervera, en Ferrol. Auxiliar de Oficinas e Arquivos de Intendencia de Marina.

Na sublevación militar no Arsenal de Ferrol a dotación do Cervera resistimos durante tres días a entrega do buque ás forzas sublevadas en xullo de 1936, ata que fomos bombardeados pola aviación procedente de Marín, desde a rendición do buque fun encarcerado e o único incomunicado dos meus compañeiros durante tres longos meses na adega do buque prisión Plus ultra e despois no campo de concentración do Dique do Arsenal Militar, tamén estiven preso no buque Contramaestre Casado, ata o 20 de xullo de 1938 fun xulgado xunto a 63 compañeiros máis nun sumario de case 3000 folios, levaba dous anos preso, por un consello de guerra militar, acusado en solitario de promotor da rebelión no meu buque, acusación na que non cabia conmutación de pena, o consello de guerra duro 5 días e a sentenza para 64 persoas se dió a coñecer o mesmo día 25 de xullo, por razóns políticas e ideolóxicas en virtude de sentenza sen as debidas garantías nin dereito a defensa condenáronme a Pena de Morte, en espera de execución de sentenza pase os meus últimos 9 meses de vida, entrei preso con 23 anos e fusiláronme pouco antes de cumprir os 26.

O 14 de marzo de 1939 fun fusilado na Punta do Martelo o espigon do Arsenal Militar de Ferrol onde os tres anos que pase encarcerado escoitei como fusilaban aos meus compañeiros, uns paseados por sácas nocturnas de cada noite e outros polos consellos de guerra que os militares facciosos realizaban. O meu pai puido recuperar o meu corpo e darme sepultura.

72 anos despois, a miña familia seguen pedindo xustiza. Ata cando?

sexta-feira, 11 de março de 2011

O Día da Clase Obreira Galega


Traducción Estación Atlántica

O 10 de marzo é a festa dos traballadores galegos onde se conmemora unha desgraza e unha inxustiza: o asasinato dos obreiros Amador Rei Rodríguez e Daniel Néboa García por defender os seus dereitos laborais.

nuevatribuna.es10.03.2011

En 1972, debido á negociación do convenio colectivo, atópanse en loita os obreiros de Bazán. Ao asinarse en Madrid o novo convenio, os traballadores indignáronse, xa que eles querían o seu propio convenio, e isto radicalizou o problema. O día 9 prodúcese un paro total na fábrica. A empresa anuncia suspensión de emprego e soldo. Os traballadores, que ocupan a fábrica, reúnense en asemblea. Ás 17.15 a policía irrompe con gran violencia, obrigando aos traballadores a saír á desbandada pola porta: fóra espéranlles máis policías.

O 10 de Marzo, os traballadores concéntranse ante Bazán, que ten as portas pechadas. Os obreiros percorren as demais fábricas ferrolás pedindo a solidariedade dos outros obreiros. Os traballadores parten en grupo cara á ponte das Pías. Alí lles embosca a policía e comeza a carga policial. Os obreiros, cos seus líderes sindicais á cabeza, ao berro de "¡A eles!" (¡a eles!) responden ás agresións policiais con paus e pedras. A policía responde con pistolas e metralletas. Hai varios feridos de bala, e Amador Rei e Daniel Néboa caeron mortos.

Amador e Daniel, obreiros do Ferrol, foron enterrados ao día seguinte: o funeral converteuse novamente nun acto de solidariedade da clase obreira, baixo a atenta e lacerante mirada dos gardas civís.

O mesmo día do asasinato, por toda Galicia sucédense as mostras de solidariedade e duelo. Nos muros de Vigo aparecen pintadas como "Galiza con Ferrol", "Policías asasinos", "¡Viva Ferrol!". Prodúcense paros importantes en varias fábricas de Galicia, como Citroën, convócase folga xeral en Galicia e ten lugar unha importante manifestación en Pórta do Sol de Vigo.

O 20 de Marzo, os traballadores de Bazán volven ao traballo, coas portas tomadas pola vixiante policía, armada con metralletas.

Amador e Daniel foron dous máis: dous obreiros asasinados máis polas forzas da orde de entón como o foron os de Vitoria, os de Erandio, os de Madrid... Dous máis... Dito así, e pido perdón, parecen os sumandos dun total: pero non é así. Sinxelamente foron vítimas dun tempo no que se dicía que o réxime traballaba para os traballadores, pero, a verdade, á hora de pedir o que xustamente corresponde a cada un, así era como este actuaba. A día de hoxe, os herdeiros daqueles patróns e daqueles políticos seguen negándose a realizar actos de condena. E eu, como outras veces dixen (e seguirei dicindo, ao xeito de George Orwell: cando vexo a un obreiro enfrontado a un policía, non necesito demasiado tempo para situarme.

¡GLORIA AOS MORTOS DO MUNDO DO TRABALLO!

Blog: La Zamarra de Gustavo



quinta-feira, 10 de março de 2011

"Digna rabia": la visión femenina del franquismo en Galicia



Traducción Estación Atlántica

Vigo, 9/3/11 ABC (EFE).- A Universidade de Vigo e a Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas (Pontevedra) promoveron, rodado e editado o documental "Digna Rabia", que recolle o testemuño de máis dunha vintena de mulleres durante o franquismo.

Este traballo cinematográfico, financiado polo Ministerio da Presidencia, reflicte a represión da postguerra e da ditadura a través do testemuño de 27 mulleres de tres xeracións, segundo informou a universidade viguesa nunha nota.

Políticas, sindicalistas, traballadoras, esposas e fillas transmiten no documental, a través de entrevistas, os seus testemuños como vítimas non só da represión ideolóxica senón tamén da machista.

No documental aparecen mulleres anónimas e tamén personaxes públicos como a única alcaldesa de Galicia durante a II República, a exconselleira Manuela López Besteiro, ou a sindicalista Lida Senra.

O documental é froito dun ano de traballo, que incluíu a procura de material entre o que se inclúen imaxes inéditas do arquivo do NON-DO.

"Digna rabia", traballo pioneiro no panorama audiovisual español en canto a ferramenta para "profundar no perfil feminino da represión franquista", pretende "porlle voz a outras moitas mulleres que converteron a súa rabia na súa propia dignidade", sinala o comunicado da Universidade de Vigo.

O audiovisual será presentado ao longo deste mes nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra, dentro do programa de actividades programadas con motivo do Día Internacional da Muller

quarta-feira, 9 de março de 2011

Escrito ao Concello de Vigo para a retirada da “cruz dos caídos” do monte do Castro


LUGAR: Concello de Vigo.
DÍA: Xoves 10
HORA: 11:30

A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Viguesa Distinguida 2007) presentará no Rexistro do Concello de Vigo, o xoves día 10 ás 11:30 da mañán o documento no que fundamenta xurídicamente a súa petición para que o Concello "proceda de maneira inmediata a adoptar as medidas oportunas para a retirada do obxecto denominado “cruz dos caídos”, sito no monte do Castro de Vigo, propiedade do Concello de Vigo".

Consideramos que a situación actual non é propia dunha democracia.

A Asociación leva pedindo ser recibida polo Excmo. Alcalde da nosa cidade - o alcalde debe ser o alcalde de todos- máis de dous anos. Sen resposta ata o de agora.

A Directiva.







segunda-feira, 7 de março de 2011

O franquismo sobrevive á lei



Traducción Estación Atlántica

As principais cidades manteñen vestixios do réxime - A Coruña é o municipio con máis rúas dedicadas a Franco e aos militares golpistas

EL PAÍS - Santiago - 06/03/2011
Cumpridos máis de tres anos desde que entrou en vigor, os principais concellos galegos cumpren só a medias a Lei de Memoria Histórica, que obriga a retirar dos espazos públicos todo símbolo ou mención "conmemorativas de exaltación, persoal ou colectiva, da sublevación militar, da Guerra Civil e da represión da ditadura". O caso máis flagrante é o da Coruña, pero non o único.

A Coruña Incumprimento

O goberno bipartito (PSdeG-BNG) presume de monumentos e homenaxes á República, pero a cidade segue infestada de símbolos do franquismo, que só en parte desaparecerán tras o acordo adoptado polo pleno, sen o apoio do PP, en setembro de 2009. Ano e medio despois, segue sen cambiar ningunha das máis de 20 rúas que se acordou rebautizar, a pesar de que o concurso para as novas placas adxudicado en xullo de 2010 prevía un prazo de dous meses. As denominacións franquistas permanecerán no rueiro. Baixo o novo nome de cada vía, como a avenida de Oza, a primeira prevista, haberá unha segunda placa que recordará: "Antes, avenida Xeral Sanjurjo". O mesmo ocorrerá co xeneral Mola, a División Azul ou Os Caídos. Outras rúas con nomes da ditadura ou de golpistas nin sequera están na lista.

A Coruña derrogou distincións e honras a Franco e os seus colaboradores e suprimiu a estatua de Millán-Astray, fundador da Lexión. O baixo relevo dedicado ao ditador que presidía no salón de pleno os bancos dos concelleiros do PSOE tamén foi remplazado. Pero nin sequera cumprirá integramente a proposta da comisión de expertos aos que o alcalde, o socialista Javier Losada, encomendou detallar todo o que había que retirar para cumprir a lei.

Vigo Cruz dos caídos

A cruz erixida no Castro en homenaxe aos caídos na División Azul é o testemuño máis evidente de incumprimento da lei en Vigo, cidade que fai anos que eliminou do seu rueiro a pegada franquista. O alcalde, Abel Caballero (PSdeG), leva anos sen responder ás peticións da Asociación pola Memoria Histórica do 36 para que sexa derrubada, a pesar das máis de 4.000 firmas presentadas. Tamén negou a esta asociación a colocación dunha placa conmemorativa no cemiterio de Pereiró, en cuxas fosas comúns está documentado o enterro de 740 represaliados, coas últimas palabras de Heraclio Botana, fundador da UGT en Vigo.

Foi retirado o víctor gravado no frontispicio da Casa dás Artes, pero non outros en fontes públicas. Tamén se retiraron das igrexas as placas coa relación de caídos, aínda que non o nome, cincelado, de Primo de Rivera. O alcalde promoveu a constitución dun Consello da Memoria Histórica, do que formaban parte portavoces municipais, empresarios, sindicato e a asociación específica. Os empresarios nin sequera compareceron ao acto de constitución e o consello nunca máis foi convocado para elaborar o catálogo de actuacións.

Santiago Táboa rasa

Santiago non esperou á lei para facer táboa rasa dos seus símbolos franquistas. A finais dos oitenta, o entón alcalde, o socialista Xerardo Estévez, borrou toda referencia do rueiro á ditadura. Nada recorda que O Hórreo, onde se asenta o Parlamento, era avenida do Generalísimo, que a vía central da Senra estaba dedicada ao xeneral Mola ou que a Praza Roxa chamábase José Antonio. Nas sedes de Correos e Renfe non se retiraron os escudos franquistas, pero si se taparon as aguias.

Lugo Alcalde honorario

O Concello de Lugo aprobou unha moción no mes de abril de 2006, a iniciativa do BNG, para retirarlle a Francisco Franco a consideración de Alcalde Honorario (1942) e Alcalde Honorario Perpetuo (1954). Aínda non se executou, o que serviu para que os autores da moción denunciasen unha situación "anacrónica e inaceptable". Recentemente reavivouse a polémica, cando a Comisión do Rueiro acordara dotar a catro rúas de nomes de alcaldes da ditadura franquista. De momento, o acordo aínda non se referendou polo pleno.

Ferrol Adeus á estatua

Borrar a extensa pegada de Franco da súa cidade natal non resultou fácil en Ferrol. O bipartito PSdeG-EU deu os primeiros pasos a finais do 2007, pouco logo de aterrar no Goberno, coa retirada dun escudo franquista da biblioteca municipal e a vidreira preconstitucional da entrada ao consistorio. Pero o pacto local rompeu e os plans para erradicar os vestixios do réxime atascáronse un par de anos. O maior obstáculo foi, outra vez, a estatua ecuestre de Franco que o concello retirou da praza de España en 2002. A efixie pasou oito anos aparcada nun patio do arsenal, á vista de turistas e curiosos. En xaneiro de 2010, o Ministerio de Defensa ordenou ao concello que a retirase. Trasladouse a unha zona militar de acceso restrinxido, ben cuberta cunha gran lona gris. Foi un traslado rocambolesco.

En xullo do 2010, o equipo do alcalde socialista Vicente Irisarri botou abaixo a Cruz dos Caídos de Amboage, unha mole de granito que recordaba aos mortos do bando nacional e o último dos grandes símbolos na cidade. A súa retirada custeouse con fondos do Plan E (500.000 euros). A corporación tamén lle retirou a Franco e á súa familia todos os títulos honoríficos en novembro de 2008, coa abstención do PP, e restituíu a memoria do último alcalde republicano e do contraalmirante Antonio Azarola, fusilados durante a Guerra Civil, con sendas prazas públicas. Esquerda Unida segue reclamando a Defensa que suprima o rueiro franquista do Arsenal ferrolán, que loce placas que honran aos almirantes Carrero Blanco e Francisco Moreno. A última, o 15 de febreiro, a través dunha iniciativa no Congreso que asinou Gaspar Llamazares.

Pontevedra Un caso dubidoso

En Pontevedra apenas quedan vestixios desde a chegada do BNG á alcaldía, en 1999. En pouco tempo desapareceron das placas os nomes do xeneral Mola ou da avenida dos Alféreces Provisionais. "A partir dos oitenta empezáronse a retirar nomes", relata o concelleiro Cesáreo Mosquera, responsable de Urbanismo cando se cambiaron as denominacións. A excepción é a avenida Fernández Ladreda, ministro de Obras Públicas da ditadura. A placa defíneo como "científico e político". "Era un caso dubidoso", explica Mosquera.

Ourense Cambio recente

En Ourense, mentres a Deputación eliminaba vestixios franquistas, o seu presidente, José Luís Baltar, mantiña a disciplina do grupo de goberno do Concello, no que é concelleiro. Votou sempre en contra das mocións de PSdeG e BNG demandando o cambio de nomes. O cambio chegou fai tres anos, co bipartito. O PP aludiu a un suposto prexuízo para os empresarios locais, pero acabo aceptando a iniciativa. Desde entón, as rúas de Ourense soan ao pasado anterior á ditadura.

Deputacións Cara e cruz

Franco segue sendo fillo predilecto e medalla de ouro da provincia da Coruña, honras concedidas pola Deputación que o seu actual presidente, o socialista Salvador Fernández Moreda, non ten en carteira derrogar. O organismo, con goberno bipartito PSOE-BNG, nin se expón cumprir a Lei de Memoria Histórica. Na Deputación de Lugo aprobouse unha moción do BNG para retirar todos os privilexios protocolarios para personaxes do réxime franquista, pero non se executou por non reunir os dous terzos da corporación que esixe o Regulamento de Honras da institución. Casos distintos son os da Deputación de Pontevedra, na que non quedan emblemas franquistas, e de Ourense, que puxo coto fai longos anos ás reminiscencias do réxime, con José Luís Baltar como presidente. Nin un retrato, nin unha alusión, nin un expediente no que figurase recordo algún do ditador.

Con información de P. Obelleiro, P. Carbajo, A. Silvosa, L. Bustabad, V. Honorato e C. Huete.

quarta-feira, 2 de março de 2011

Carta a D. Abel Caballero. Asociación Viguesa pola Memoria Hª do 36

ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTÓRICA DO 36.

Viguesa Distinguida 2007

Carta aberta ao Excmo. Alcalde de Vigo, D. Abel Caballero



Presentación do libro "Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)", de Dionisio Pereira


Nomes e Voces-.
O martes, 22 de marzo ás 20.00 horas, o investigador Dionisio Pereira presenta o seu libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (Xerais, 2010) , na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela.

Amais do autor, participarán na presentación: Lourenzo Fernández Prieto, o Director do Proxecto "Nomes e Voces" e o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado.

Licenciado en Ciencias Económicas na USC, Dionisio Pereira (A Coruña, 1953) é historiador especialista na historia dos movementos sociais na Galicia contemporánea, ao que ten dedicado numerosos artigos e libros. Entre as súas obras destacan A CNT na Galiza (1922-1933), 1994; Sindicalistas e Rebeldes, 1998; Imaxes da Fatiga. Crónica gráfica do traballo na Galiza, 1999; Foulas e Ronseis (Retrincos para un tratado do Mar dos Galegos), 2005. Asi mesmo, coordinou e participou no volume colectivo Os conquistadores Modernos, 1992. Na actualidade é coordinador do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" e durante os últimos anos traballou no eido da cultura marítima de Galicia.

Tomando como principal fío condutor do discurso a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea, Dionisio Pereira mergúllanos no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo. Esta rede humana que turraba por unha riqueza compartida e un horizonte vital máis libre e igualitario foi, por iso mesmo, masacrada e marxinada.

Nesta obra, produto de moitos anos de traballos e investigacións potenciados coa singradura do chamado Barco da Memoria (2006), o autor tentou, como acto de xustiza e tamén como modesta semente de futuro, recuperar, relacionar e interpretar con rigor e veracidade anacos da «memoria dos vencidos» para retornalos aos seus herdeiros e a toda a cidadanía.

Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), cun estilo claro e conciso, ofrécelle ao lector todos os datos necesarios para entender a organización societaria dos mariñeiros galegos, dende o período anterior ao xurdimento do movemento obreiro ata a chegada da Guerra Civil e a posterior ditadura franquista.

terça-feira, 1 de março de 2011

Presentación do libro de Manuel Monge A Historia secuestrada polo franquismo


A Historia secuestrada polo franquismo

Xoves, 3 de marzo de 2011 , ás 20 horas

Libraría Couceiro (praza Cervantes) Santiago de Compostela

Ademais do autor, participarán na presentación: Francisco Pillado, de Edicións Laiovento, e Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela.

Manuel Monge González (Valladolid, 1947) é mestre e sociólogo. Dous tíos foron asasinados polo franquismo en Dueñas (Palencia). Sufriu a represión da Ditadura, pasando polo cárcere de Basauri en 1968; en 1973 estivo dous meses no cárcere da Coruña por multa gobernativa, con motivo do Xuízo 1001, e despedido en Ferrol como profesor por “faltas inxustificadas” ao traballo, cando estaba no cárcere; despedido en 1974 por “orde gobernativa”. Pasou varias veces pola Comisaría da Coruña, unha delas o 14 de abril de 1977, pouco antes das primeiras eleccións democráticas. En 1984 foi suspendido de emprego e soldo cando traballaba en Agualada (Coristanco).

Foi concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007. Colabora como articulista en diversos medios de comunicación. Publicou en 1999 o libro Autovías Galegas. Crónica dunha farsa; en 2003 A Coruña de Paco Vázquez e en 2007 Outra Coruña é posíbel.

Na actualidade é presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña.

Este é un libro para recuperar a historia secuestrada polo franquismo, mais tamén un libro para a acción, para cambiar as cousas. Aquí, en Galiza, non houbo Guerra Civil, senón un auténtico xenocidio; como sinala o xuíz Garzón, “un plan sistemático e preconcebido de eliminación de oponentes políticos a través de múltiples mortes, torturas, exilio e desaparicións forzadas de persoas”, con máis de 5.000 asasinados polo fascismo en toda Galiza e máis de 600 na comarca da Coruña. Aquí houbo campos de concentración; os franquistas roubaron miles de menas e nenos ás súas familias, sen que o Goberno se implique na súa recuperación; aínda quedan máis de cen mil persoas nas fosas de todo o Estado. Non podemos esquecer!

A chamada Transición, moi valorada polo paso pacífico dunha ditadura á democracia, tivo aspectos moi negativos, como o pacto de silencio dos principais partidos para deixar de lado o tema das vítimas do franquismo e a conversión, na práctica, da Lei de Amnistía nunha impunidade dos crimes do franquismo. Este libro é un acto de xustiza con todas as persoas que deron a súa vida ou sufriron a represión franquista e que foron xermolos de paz e liberdade.