O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta concerto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concerto. Amosar todas as publicacións

martes, 11 de agosto de 2015

V Xornadas Memoria dun Tempo

Nordés 10/8/15

Chega a cita coa Historia que cada ano, e van 5, propón Nordés para o mes de agosto: as Xornadas "Memoria dun tempo". Será os días 20, 21 e 22 na Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, ainda que aconsellamos consultar o cartaz adxunto por canto hai cousas que se fan fora do local citado.



Como en edicións anteriores, os contidos das Xornadas son diversos no seu contido e forma. Así, en canto a isto último, teremos conferencias, proxección dun documental, un recital, un roteiro didáctico, xantar de amizade e a 3ª homenaxe a Republicanos e Libertarios. E en canto ás temáticas, a lembranza do final da II Guerra Mundial achegándonos ás historias persoais de homes e mulleres do Ortegal que, dunha forma ou outra, víronse involucrados na mesma, dun xeito tráxico en moitas ocasións. O relator será o historiador ferrolán Eliseo Fernández.


A devandita homenaxe na Ponte Vella de O Barqueiro, coa participación da asociación Coletivo Pensamento e Sementeira de Viveiro en representación dos veciños da Mariña que foron fusilados nese paraxe da nosa xeografía, moi cerca do monolito en recordo dos represaliados e represaliadas polo franquismo no Concello de Mañón.


A homenaxe contará tamén con intervencións de persoas a título individual e as cancións de Mini e Mero e Andrés Rodríguez, músicos que daran un recital para pechar o acto.


Os tempos da dura guerra civil e posguerra ocuparán o sábado cunha camiñata por Ambosores para coñecer dos feitos lutuosos que nos primeiros anos 50 tiveron lugar nese casal, encrucillada dos concellos de As Pontes, Mañón, Muras e Ourol. A actividade será guiada polo Nordesteiro de pro Bernardo Penabade.


E rematarase falando do papel da muller na guerrilla da man da Catedrática de Lingua e Literatura Galega na USC, historiadora e investigadora especializada no área da muller, Aurora Marco, xunto coa proxección do documental "As silenciadas", de Pablo Ces (Premio Mestre Mateo 2012 ó mellor Documental; Premio “Memoria i Justicia Universal” no Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet (2011); Premio “Popular runner up” no Festival internacional online Humanity Explored 2013)


Ogallá o programa sexa do voso agrado e poidamos contar con vostedes como público e participantes nestas V Xornadas "Memoria dun tempo" organizadas por Nordés.

xoves, 8 de xaneiro de 2015

Ares dedicará un monumento á fuxida do «Bou Ramón»

Imaxe de época do “Bou Ramón”, ancorado en Pontedeume
En xullo do ano 1939, un grupo de 27 republicanos perseguidos pola ditadura abordaron un pesqueiro no porto
En xullo do ano 1939, un grupo de 27 republicanos perseguidos pola ditadura abordaron un barco pesqueiro no porto de Ares, o Bou Ramón, disfrazados de milicianos falanxistas e gardas civís, para escapar a Francia. Esta fuxida da que se cumpre o 75 aniversario será obxecto dunha homenaxe e unha xornada de investigación que terá lugar na Alianza Aresana este sábado.
 
O alcalde do municipio, Julio Iglesias, acompañado do historiador Enrique Barrera, e as concelleiras Olimpia Marcos e Alma Barrón, presentaron onte o programa de actos, no que colabora a Asociación Memoria Histórica Democrática, que servirá para investigar todos os aspectos relacionados coa fuxida, da que os seus protagonistas correron diferente sorte.
 
Eliseo Fernández abrirá o acto ás 11.00 horas cunha conferencia, A fuxida do Bou Ramón, tras a que intervirá Enrique Barrera para falar sobre Ás consecuencias dá fuxida. As actividades continuarán pola tarde, de 17 a 20 horas, cun taller de memoria no que participarán descendentes dos protagonistas, para dar a coñecer de primeira man como foron as súas vidas despois da fuxida.
 
Tras as actividades didácticas e de investigación, a xornada completarase cunha representación artística na que participará o actor Roberto Leal -fillo dun dos fuxidos-, e o músico ferrolán Víctor Aneiros. O acto finalizará ás 20.30 horas cando está previsto que se descubra nos xardíns da Alianza un monumento en memoria do 75 aniversario dos feitos. Trátase dunha obra do escultor Miguel Couto.

domingo, 10 de agosto de 2014

Nordés pon en marcha as IV Xornadas Memoria dun tempo

 
Crónica3.com 04-08-14
Nordés, a asociación para o desenvolvemento das Terras da Faladora, organiza para o 21, 22 e 23 de agosto as IV Xornadas “Memoria dun tempo” que, como é xa habitual, teran lugar no pobo de O Barqueiro (Concello de Mañón)
 
As devanditas xornadas, das cais lle facemos chegar o cartaz en arquivo adxunto, seguen la liña das anteriores coa apertura a novas temáticas sin perder de vista aquela que foi básica para o seu nascemento: a recuperación da chamada memoria histórica da bisbarra, é dicer, aquila que se centra nos anos da II República, Guerra Civil e represión franquista.
 
Exemplos do aumento de temas son a conferencia que abre a Xornadas, e que se centrará no Centeario da 1ª Guerra Mundial facendo unha aproximación ós feitos pasados en Galiza nos que iste conflicto foi protagonista. Estamos a falar do Congreso Internacional pola Paz que se levou a cabo en Ferrol no ano 1915. Para iste acto contaremos co historiador e Presidente do Ateneo Ferrolán Eliseo Fernández.
 
O venres 22 sí está máis centrado nos feitos da Guerra Civil e posguerra coa evocación da memoria e feitos da guerrilla antifranquista. Alejandro Rodríguez falaranos dos conflictos internos no seo da propia guerrilla, cuxo froito máis definido foi o abandono e fuxida de moitos dos seus integrantes, caso da saída dun grupo dende a praia de A Abrela, no concello de O Vicedo. Tamén se proxectará dentro diste acto o documental de Helena Villares e Pilar Faxil “A cidade da selva”.
 
Para o sábado 23 téñense programadas varias cousas, escomenzando cun roteiro didáctico que nos levará a percorrer as varias escolas construídas coas aportacións económicas da Unión Mañonesa, asociación de emigrantes fundada en Cuba en 1907. O roteiro contará como guieiros con Bernardo Penabade, Diana M. Rodríguez e o experto no asociacionanismo da emigración en Cuba Sixto Gómez.
 
Ás 8 da tarde contaremos de novo con Juan Carlos Salgado, que si ven en novembro pasado nos falou do afundimento do submariño alemán U966 en augas próximas á Estaca de Vares, esta vez se centrará nos ataques ós pesqueiros galegos durante a 1ª e 2ª Guerras Mundiais, así cómo na Guerra Civil. O título da súa poñencia é “Pescando en augas perigrosas: pesqueiros galegos nas guerras do século XX”.
 
Seguirá o sábado cunha cea de fraternidade no Restaurante Relojes, para o cal haberá que reservar primeiro chamando ó teléfono 653756454 (Ricardo).
 
E para rematar un concerto co título de “Cancións para un tempo de loita”, e que pódese definir coma unha segunda parte do recital co que se pecharon as Xornadas do ano pasado cun grande éxito de público e animación. De novo será Andrés Rodríguez, músico de O Carballiño, quen evocará as cancións que soaban nos ámbitos contestatarios durante o franquismo e maila transición, moitas dilas convertidas en himnos de loita universais.
 
Os actos terán lugar no Salón de Actos da Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, agás o roteiro que terá como ponto de partida a Escola da Unión Mañonesa restaurada en Mañón, a cea no lugar xa indicado, e o concerto que será en ” O Bar Queiro” .

xoves, 3 de outubro de 2013

Autobús desde Vigo ao acto de Montecubeiro


A Asociación Viguesa pola Memoria Históirca do 36, pon un autobús para as persoas que queiran achegarse connosco a Montecubeiro. O prezo do viaxe é de 12 € e o xantar de 15 €. A saída  será ás 8.20 horas da Avda de Madrid (frente sanatorio Concheiro)
 
As persoas interesadas que o fagan a este correo telmocomesanha@gmail.com ou o tfn 986241497 Telmo Comesaña
 
Data limite luns día 7    
Nota: as persoas que vaian coa organización de Vigo non teñen que facer ningunha outra xestión 
 
Acto de homenaxe ás vítimas do franquismo en Montecubeiro. Iniciativa Galega pola Memoria.

O próximo 13 de outubro, a partir das 12'30 h. da mañan, haberá en Montecubeiro (parroquia do concello de Castroverde, en Lugo), un acto de homenaxe e desagravio ás vítimas do franquismo, onde está un monolito que lembra o asasinato de 15 persoas nesa parroquia no 36 por parte dos franquistas.

Dito homenaxe celébrase como unha especie de resposta sensata e civilizada ás declaracións de certo alcalde dun concello limítrofe a Castroverde -Baralla-, que o único que conseguiron é retratar como un franquista "de-toda-a-vida" a ese persoeiro. A Iniciativa Galega pola Memoria -coordenadora galega de grupos memorialistas-, entidade organizadora dese acto, quere dar unha resposta forte e chea de valores cívicos profundamente ancorados en principios liberadores a tais manifestacións do innomeable alcalde. Manifestacións que conforman unha verdadeira apoloxía do franquismo, unha defensa duns principios própios do franquismo máis reaccionario. Feito este, que só é posible pola non penalización da exaltación do franquismo, inxusta medida que ven funcionando desde a promulgación da Lei de Amnistía do ano 1977, que fixo posible que os criminais e as vítimas foran postos nun mesmo nível. A Iniciativa Galega pola Memoria posiciónase desde sempre en contra da dita apoloxía do franquismo, e tamén a favor da derrogación da Lei de Amnistía do 1977, que só conduce e conducíu á impunidade dos crimes franquistas. Por todo isto, convocamos este acto de homenaxe ás vítimas do franquismo do día 13 de outubro, que terá a seguinte programación:

- Intervención do alcalde de Castroverde, máxima autoridade local, Sr. Xosé María Arias.

- Intervención do representante do Delegado da Deputación de Lugo de Cultura e Turismo, Sr. Mario Outeiro.

- Intervención dun membro da Iniciativa Galega pola Memoria, en concreto, o profesor e poeta lucense, Sr. Claudio Rodríguez Fer.

- Intervención dun persoeiro coa suficiente conexión co mundo da cultura, da educación e da non violencia, como é o profesor Federico Mayor Zaragoza, ex-director da UNESCO de 1987 a 1999, e presidente da Fundación Cultura de Paz.

- Actuación da artista galega Mercedes Peón.

Para rematar o acto, a xente que así o decidira podemos ir xantar a Castroverde, ao restaurante A Pereira-2, onde temos contratado alí un menú para celebrar conxuntamente tal evento. Podédesvos apuntar a este xantar -cun prezo de 15 euros por cabeza-, na seguinte ligazón:

 
Só tedes que encher o formulario que sae logo de premer na ligazón para anotarse ao xantar. É obrigatorio poñer unha conta de correo electrónico, caso de  que non a teñades, poñede a  de alguén coñecidx.

venres, 27 de setembro de 2013

Acto Nacional de homenaxe ás vítimas do franquismo en Montecubeiro. Non á impunidade do franquismo. Pola derrogación da Lei de Amnistía de 1977

IGM 26/9/13
O próximo 13 de outubro, a partir das 12'30 h. da mañan, haberá en Montecubeiro (parroquia do concello de Castroverde, en Lugo), un acto de homenaxe e desagravio ás vítimas do franquismo, onde está un monolito que lembra o asasinato de 15 persoas nesa parroquia no 36 por parte dos franquistas.

Dito homenaxe celébrase como unha especie de resposta sensata e civilizada ás declaracións de certo alcalde dun concello limítrofe a Castroverde -Baralla-, que o único que conseguiron é retratar como un franquista "de-toda-a-vida" a ese persoeiro. A Iniciativa Galega pola Memoria -coordenadora galega de grupos memorialistas-, entidade organizadora dese acto, quere dar unha resposta forte e chea de valores cívicos profundamente ancorados nos principios da democracia a tais manifestacións do innomeable alcalde. Por iso, o acto de homenaxe ás vítimas do franquismo do día 13 de outubro terá a seguinte programación:

- Intervención do alcalde de Castroverde, máxima autoridade local, Sr. Xosé María Arias.

- Intervención do representante da Deputación de Lugo, Sr. Mario Outeiro, representando á Deputación de Lugo.

- Intervención dun membro da Iniciativa Galega pola Memoria, en concreto, o profesor e poeta lucense, Sr. Claudio Rodríguez Fer.

- Intervención dun persoeiro coa suficiente conexión co mundo da cultura, da educación e da non violencia, como é o profesor Federico Mayor Zaragoza, ex-director da UNESCO de 1987 a 1999, e presidente da Fundación Cultura de Paz.

- Actuación da artista galega Mercedes Peón.


Para rematar o acto, a xente que así o decidira podemos ir xantar a Castroverde, ao restaurante A Pereira-2, onde temos contratado alí un menú para celebrar conxuntamente tal evento. Podédesvos apuntar a este xantar -cun prezo de 15 euros por cabeza-, na seguinte ligazón:

 
Só tedes que encher o formulario que sae logo de premer na ligazón para anotarse ao xantar. É obrigatorio poñer unha conta de correo electrónico, caso de  que non a teñades, poñede a de alguén coñecidx.

En arquivos adxuntos, vai o cartel anunciante do acto, un tríptico que informa máis sobre o que pasou en Montecubeiro, e das razóns que levan á Iniciativa Galega pola Memoria a convocar o acto de homenaxe ás vítimas do franquismo, e máis un arquivo dun acceso á parroquia de Montecubeiro desde a autovía que vai de A Coruña á Pedrafita do Cebreiro.

mércores, 14 de agosto de 2013

III Xornadas Memoria dun Tempo no Barqueiro (Mañon)


O Barqueiro (Concello de Mañón) A Coruña. 22-24 de agosto

Nordés 9/8/13 
Programa das III Xornadas "Memoria dun tempo", organizadas por Nordés e que teñen un contido variado como veredes. 

Gostaríanos moito contar convosco para poder seguir adiante con iste proxecto, polo que vos pedimos que veñades, participedes e, si cadra, vos faigades nordesteirxs.

mércores, 10 de abril de 2013

Festa da república en Ourense


Del 3 al 14 de Abril. FESTA DA REPUBLICA 
*3 de Abril. 
20:30 horas. Inauguración EXPOSICIÓN de carteles. Lugar: Ateneo.
21.00 horas. CONCIERTO. Con Manolo Herminio y Baldomero Pavón. Lugar: Ateneo

*10 de Abril
20:30 horas. CINE: "La Conspiración", de Pedro Olea. Lugar: Centro Cultural Marcos Valcárcel.

*11 de Abril
20:30 horas. TERTULIA. Sobre Jacinto y Silvio Santiago. Lugar: Liceo.

*12 de Abril. 
20:30 horas. CONFERENCIA: "La Corrupción Sistémica". Ponente: Carlos Varela. Lugar: IES Otero Pedrayo.


22:30 horas. CENA AMIGOS DE LA REPUBLICA. Cubierto: 25 euros. Lugar: Aixiña. Rúa Recaredo Paz, 1
*13 de Abril. 
22:00 horas. ROCK. Lugar: Plaza San Marcial.

*14 de Abril. 
12:00 horas. ACTO HOMENAJE. Lugar: Cementerio de San Francisco. Convoca estos actos: Amigos da República.

Acto conmemorativo pola II República española en Bos Aires

 Festejos por la II República Española, A Coruña, 14 de abril de 1931

Traducción Estación Atlántica
Federación de Sociedades Gallegas | abril 3, 2013
En conmemoración do 82º aniversario da Proclamación da II República Española, a Federación de Asociaciòns Galegas da República Arxentina invita á comunidade ao acto a desenvolverse o vindeiro sábado 13 de abril, desde as 19, no Teatro Bambalinas, sito en Chacabuco 947, da Cidade Autónoma de Bos Aires.

Ademais, ao cumprirse o primeiro mes da desaparición física do presidente da República Bolivariana de Venezuela, Comandante Hugo Rafael Chávez Frías (28/07/1954 - 05/03/2013), realizarase unha homenaxe á súa figura.

Con entrada libre e gratuita, presentarase nesta ocasión o grupo musical Club Artístico Liberdad, que ofrecerá o seu recoñecido espectáculo "Rojo y Negro" de cancións republicanas da Guerra Civil Española, traballo que tamén foi plasmado nun disco compacto de recente aparición.

Especialmente invitados, asistirán o deputado Nacional pola Cidade de Bos Aires (Frente Nueva Encuentro), Juan Carlos Junio; os embaixadores de Venezuela, Carlos Eduardo Martínez Mendoza; e de Cuba, Jorge Lamadrid Mascaró; entre outras personalidades do ámbito político, social e cultural.

Así mesmo, durante o acto presentaranse a Banda de Gaitas "Duas Beiras", que dirixe Pepe Lema; e o Coro Semente, conducido por Viviana García.

Como xa é tradicional, ao término do espectáculo artístico, o público poderá gozar da típica queimada galega que, co habitual conxuro, prepara Ramón Suárez "O Muxo".

Para maiores informes, os interesados poderán achegarse á nosa sé de Chacabuco 955, de luns a venres, de 17 a 20, ou ben comunicarse ao teléfono 4300 1790.

martes, 6 de novembro de 2012

Homenaxe Vítimas do Franquismo en Teo (A Ramallosa)


 
O próximo sábado 10 de Novembro no Auditorio de Teo (A Ramallosa), celebrarase a “Homenaxe Vítimas do Franquismo” que dende a Asociación Irmáns Liste Forján estamos a organizar.
 
Trátase dunha xornada de convivencia na que contaremos coa presenza de diferentes artistas e especialistas na materia, así como de loitadores antifranquistas e familiares dos represaliados. Terá lugar ademais a presentación da exposición “Retratos da Memoria” de Alfonso Martínez.
 
Participarán nesta xornada:
- Familiares de Manuel Ponte Pedreira
- Familiares de Fernando Barcia Veiras (Presidente do Comité Executivo de Defensa da República en Santiago)
- Familiares de Enrique Ares Díaz (Militar e militante da CNT)
- Familiares de Manuel Otero Patiño (Militante do PCE e do SRI)
- Familia de Constante Liste Forján (Tenente Alcalde de Teo)
- Camilo de Dios (Guerrilleiro)
- Familiares de Ramiro Paz Carbajal (Socialista)
- Heriberto Rodriguez Bermejo (Prisioneiro na Illa de San Simón)
- Alfonso Puente Nodar (Prisioneiro na Illa de San Simón)
- Esther Fernández (Evanxelista)
- Familiares de Manuel Puente Porto
- Familiares de José e Remegio Rodal García (militares leais a República)
- Familiares de Bernardo Mato Castro.
- Uxenu Álvarez (Neno da guerra)
- Familiares de Estanislao Pérez Artime
- Genaro Fernández Ares (Militante da UJCE e da JSU e represaliado)
- Olimpia Barcia (Represaliada)
- Familiares Alexandre Bóveda (galeguista asasinado)
- E máis por confirmar….
Contamos tamén con postos informativos de diversas asociacións e disfrutaremos dun xantar popular onde terán lugar diversas intervencións. (Prégase confirmación, para que os cociñeiros poidan prever as súas necesidades)
 
Se pertencedes a algunha asociación, colectivo social, político, sindical, etc e queredes participar non dubidedes en poñervos en contacto con nós. O prazo para solicitar un espazo remata o vindeiro día 5 de novembro.
 
Existen uns bonos-axuda compostos por reproduccións duns cadros feitos para a ocasión. O prezo dos bonos-axuda é de 50€ e de 100€. Se estás interesado en colaborar con nós manda un correo a asoc.listeforjan@gmail.com
 
11:30 MESA DEBATE ASOCIACIÓNS DA MEMORIA.
Descanso
 
13:00 “INSTRUMENTOS DE REPRESIÓN”
- Antonio López Rodríguez (Historiador)
- Alfredo González Ruibal
- Xurxo Ayan (Arqueólogos CSIC)
- Víctor Santidrián (Historiador)
 
14:00 XANTAR POPULAR
 
16:30 PRESENTACIÓN
 
17:00 “DO LOCAL AO CONCEPTUAL”
- Santiago Vega Sombría (Historiador)
- Luis Lamela García (Historiador)
 
17:30 ACTUACIÓN MUSICAL
Descanso
 
18:00 “MEMORIA DO 36” (Farruco Bernal López e Pilocha) (Fragmento)
 
18:15 “PEGADAS DA REPRESIÓN”
- Mirta Nuñez Díaz-Balart (Historiadora)
- Anna Miñarro (Psicoanalista)
 
19:00 A QUENLLA
 
19: 30 “AS VÍTIMAS DO FRANQUISMO HOXE”
 
- Ramón Sáez Valcárcel (Maxistrado Audiencia Nacional)
- Pablo Cés (Documentalista, Silenciadas)
 
20:00 ENTREGA DE AGASALLOS E PECHE
 
CONCERTO: SOM DO GALPOM!
 
COLABORAN: SON DIRECTO, Librería Lila de Lilith, Hotel Congreso.

luns, 13 de agosto de 2012

Actos homenaxe a Ánxel Casal e ós represaliados no 36


Actividades da Semana Homenaxe de Anxel Casal  e ós represaliados no 36

16 de agosto 22.30 h.
Proxección do filme “Vilamor”
Praza  Braña dos  Alféreces (Cacheiras)
17 agosto 19:00 h.
Actividades infantís – familiares
Praza dos Carballos (Teo)
18 agosto 20:00h.
Concerto da Banda de Música de Calo
Praza Estivada da Ribeira (Cacheiras)
19 de agosto 20:30 h.
Ofrenda Floral e actos de conmemoración adicados a Ánxel Casal
Praza Estivada da Ribeira (Cacheiras)

A Oliveira de Teo