Amosando publicacións coa etiqueta aniversario b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta aniversario b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 10 de xullo de 2016
Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo 2016
Iniciativa Galega pola Memoria 7/10/2016
A Iniciativa Galega pola Memoria un ano máis organiza a homenaxe
nacional ás vítimas do franquismo que terá lugar o vindeiro domingo 17
de xullo na Illa de San Simón. Este ano, polo seu 80 aniversario ten
especial relevancia para chamar a atención sobre este espazo que debera
ser fundamentalmente un lugar para a memoria.
Na illa de San Simón houbo moitos presos na súa colonia penitenciaria agardando en moitos casos un desenlace tráxico. É un sitio para o recordo mais tamén para reivindicar a xustiza nun presente onde aínda segue vixente a impunidade, a mentira e a apoloxía dese réxime de terror. Desde a Iniciativa Galega pola Memoria queremos un ano mais defender a verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición.
As persoas que estean interesadas en asistir teríanse que poñer en contacto coa Asociación memorialística da súa comarca que sexa membro da IGM co fin de organizar o embarque xa que as prazas son limitadas. A inscrición pecharase en canto se complete o número que lle corresponden a nosa comarca. Confirmarase e darase un tiquet a aqueles que poidan embarcar. Ninguén que non estea confirmado e co tiquet poderá embarcar por necesidades da propia limitación de prazas que teñen os barcos.
luns, 14 de marzo de 2016
77º aniversario do fusilamento de Manuel Barreiro Rey
MJBarreiroLG -14 Marzo 2016
Tal día como hoxe 14 de marzo de 1939
foi fusilado na Punta do Martelo do Arsenal Militar de Ferrol, xunto a
dous compañeiros máis un de Ares e o outro Sevillano.
Os tres asasinados pola loita na defensa dos buques os días 19 ao 21 de
xullo de 1936, ata o seu fusilamiento estiveron na prisión da
Escollera do Arsenal
Manuel Barreiro Rey, 25 a. Ferrol
Manuel A. López Iglesia, 27 a. Ares
Antonio Alcántara Mejia, 24 a. Sevilla
Por todos eles...
E por todos os marinos galegos esquecidos pola sociedade mais polos partidos políticos
E por todos os marinos galegos esquecidos pola sociedade mais polos partidos políticos
Para saber máis del:
Resistente con causa
79º y 77º aniversario de un crimen
Estación Atlántica: @Armada_esp 77º aniversario do fusilamento de Manuel Barreiro Rey para cuando su rehabilitacion? https://t.co/8qbA8IRDDa— MJBarreiroLG (@mjbarreirolg) 14 marzo 2016
![]() | |||
| marinosferrol@gmail.com Asoc. Familiares de Marinos Vitimas do Franquismo na Base Naval de Ferrol |
domingo, 6 de marzo de 2016
10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, coa ofrenda floral e a manifestación en Ferrol
CCOO Galiza 01.03.2016
- 11:00 h: Ofrenda floral diante do monumento ao 10 de Marzo (Ferrol)
- 12:00 h: Inauguración da Rúa de Julio Aneiros
- 19:00 h: Manifestación con saída dende o monumento ao Dez de Marzo ata o Cantón
martes, 20 de outubro de 2015
Homenaxe da Comisión pola Memoria e Dignidade do 36 en Mos
sábado, 10 de outubro de 2015
"O fiscal militar arrepentiuse toda a súa vida de haberlles xulgado"
![]() |
| Flor Baena e Eva Solla, familiares dos vigueses fusilados no 1975 |
Traducción Estación Atlántica
Rosé Carrera. Vigo Atlantico.net
28/09/2015
Flor Baena, irmá de Humberto Baena, leva corenta anos defendendo a
honarabilidad do seu irmán, cuxa única culpa foi publicar unha esquela
nun xornal local tralo asasinato dun obreiro en Vigo naqueles convulsos
días de 1975. As vías emprendidas ante a Xustiza española pecháronse.
Agora, as súas esperanzas están postas nun xulgado arxentino e na ONU.
Emocionada polo número de persoas que acudiron este ano á homenaxe?
Moito. Todos os anos non o esquecen.
Como se atopa os trámites legais para reparar a figura de Humberto Baena?
O proceso está agora en Arxentina, coa xuíza Servini, (investiga os crimes do franquismo e pediu a extradición de varios supostos maltradores). Este mes foi á ONU para que se saiba máis o caso. A ver en que queda, porque a cousa non pinta moi ben.
Que pasou en España?
Levouse o proceso ao Tribunal Constitucional, pero rexeitárono porque naquela época non había Constitución en España. Levámolo ao Tribunal de Dereitos Humanos da Haya, pero España non asinara a Carta de Dereitos Humanos, pero iso non hai que asinalo; é algo que hai que respectar. Na ONU tamén o rexeitaron porque o viron na Haya.
Están nun punto morto, salvo pola vía arxentina.
Estamos estudando algunha outra alternativa, porque empezan a aparecer testemuños. Un fillo do fiscal militar que os xulgou dixo que o seu pai arrepentiuse toda a vida de celebrar aquel xuízo e que nunca se debía xulgar.
Corenta anos despois, cal é a súa opinión sobre o tratamento que fai España ás vítimas do franquismo?
Pon todas as trabas posibles para que non se esclarezan os feitos. Ata agora, non deixan acceso aos expedientes e si entréganos fano tapando os nomes con típex, censurados. Iso demostra que o que fixeron foi unha chapuza.
mércores, 30 de setembro de 2015
Os fusilados. 40 anos despois de outros 40 anos.
Histagra - Lourenzo Fernández Prieto 28/9/15
Por fin, no programa de Javier del Pino
na Cadena SER do sábado 26 de mañá, fálase dos fusilamentos de
27-IX-1975. Un magnífico programa que empezou co Ministro de
Información, León Herrera Esteban, lendo no “parte de Radio Nacional” as
condeas a morte despois da tétrica musiquiña aquela; tamén entrevistou a
Magda Oranich (avogada de Txiqui) e presentou unha gravación de Marc (o
outro avogado) que conta como o fusilaron, tiro a tiro, e como lograron
facerlle a foto. Tamén participou Carlos Fonseca, autor de
Mañana cuando me maten, o
maís recente libro sobre o asunto.
A grande incógnita é porque os escolleron a eles 5 entre os 11
condeados a morte ao mesmo tempo e porque o réxime quería fusilalos, e
quen do réxime. Non chega con facer historia das vítimas para entender o
pasado. Podemos renovar a premisa logo de escoitar o programa. En
agosto de 1975 aprobouse unha lei antiterrorista que foi aplicada
retroactivamente nos catro xuízos militares que se seguían –entre moitos
outros-: 2 en Madrid contra membros do FRAP, dun escollen a Baena e do
outro a Sánchez Bravo e García Sanz; un en Burgos, onde escollen a
Otaegui, e outro en Barcelona onde escollen a Txiqui. Escollen porque
non só había máis xuízos en curso senón moitísimas persoas en múltiples
causas abertas por atentados.
Non só aplicaron a nova lei (dunha ditadura: un estado de
non-dereito) retroactivamente senón que todas as confesións foron
obtidas –como era norma- con torturas. Nese mesmo mes de agosto e, coa
mesma lóxica, en Ferrol mataron a X.R. Reboiras de 3 tiros polas costas.
Os procesos aceleráronse sen garantía ningunha, sen aceitar as probas
da defensa, incorporando novas testemuñas, contravindo as lóxicas
procesais que mal que ben viñan sendo seguidas na Ditadura. No mes de
setembro fixéronse os xuízos, impuxéronse as sentenzas, foron ao
Consello de Ministros xuntas e confirmáronse 5. Ao día seguinte
fusiláronos. Os avogados tiveron para preparar o último recurso entre as
12 da noite (cando recibiron as notificacións) e ás 4 da mañá.
Vai
sendo hora de facerse preguntas que nunca se fixeron para poder pensar
outras explicacións que nunca se deron. O réxime non respondeu á
crecente conflitividade –como se adoita a afirmar con causalidade simple
–
senón que a viña provocando dende o peche de todo ensaio de apertura en
1969. Nese fío de man dura contra unha xeración contestataria que xa
non tiña medo nin lembranza das atrocidades que coñeceran seus pais, en
1974 xa agarrotaran a Puig Antich e a Heinze. A reacción do réxime,
dende o asasinato de Carrero en decembro de 1973, era unha resposta
desconcertada que remitía en todo á súa orixe: a facer o que hai que
facer, o que houbo que facer en 1936. Os que o viviron lembran a
esperanza xornalística da apertura e do espírito do 12 de febreiro. Os
feitos son máis teimudos que as sensacións e as esperanzas. Por iso,
todo lembra a 1936, non só na aparencia e na sensación de desoncerto
senón, fundamentalmente, nas formas, nos procedementos e nos procesos
militares. Só muda o número de fusilados.
Vigo lembra aos represaliados vigueses Baena e Sánchez-Bravo
O cemiterio de Pereiró acolle un acto na súa honra no 40 aniversario do seu fusilamento durante o franquismo
Redacción Faro de Vigo 27/9/15
Fai corenta anos foron fusilados. Pagaron coa súa vida pola súa loita pola liberdade. Hoxe, o cemiterio de Pereiró acolle un acto de homenaxe aos vigueses Xosé Humberto Baena e José Luis Sánchez-Bravo, loitadores antifranquistas executados polo réxime franquista o 27 de setembro de 1975.
En Pereiró, representantes políticos e sociais lembraron aos mozos asasinados cando tiñan pouco máis de 20 anos, léronse poemas na súa honra e colocouse unha bandeira republicana na tumba de Baena.
Estes dous mozos vigueses, incansables loitadores da liberdade, foron condenados tras confesar despois de torturas e manipulacións nun xuízo sen a mínima garantía de defensa. Con todo, a pesar do intento do réxime, estes mozos non caeron no esquecemento.
Acto de Homenaxe a Xosé Humberto Baena no cemiterio de Pereiro de Vigo
![]() |
| Galería de fotos da Iniciativa Galega pola Memoria |
Unhas 300/350 persoas asistiron hoxe no cemiterio de Pereiro de Vigo ao acto de homenaxe en lembranza de Xose Humberto Baena e tamén de Xosé Luis Sánchez-Bravo, Ramón Garcia Sanz, Angel Otaegi e Yon Paredes Manot “Txiki asasinados pola ditadura franquista o 27 de setembro de 1975 .
O acto abriuse coa lectura pola miña parte dunha declaración en nome da Comisión 27 de setembro ( vai en arquivo adxunto). Logo Mari Luz Maset leu unha carta que Ramón García Sanz escribiu ao seu irmán e única famila (enfermo de poliomenitis e impedido nun hospital de Zaragoza) días antes da súa execución e onde lle deixaba todas as súas pertenzas. A continuación Luis Viñas, leu un fragmento do relato El Relog que Baena escribira días antes da súa morte. Proseguiuse coa lectura de sendos poemas escritos para a ocasión por Manuel Pipas e Manuel Sio. Acto seguido Laura Quintillán ofereceu ao violino un fragmento dunha sonata de J.S Bach. Despois da intervención do poeta Xosé María Álvarez Cáccamo que escolleu a lectura duns versos do seu libro “De mañá que medo”, oa cto rematoi coas intervencións de Eva Solla e Flor Baena, curmán e irma respectivamente de Xose Luis Sánchez-Bravo e de Xosé Humberto Baena
27 DE SETEMBRO DE 1975-27 DE SETEMBRO DE 2015
40 ANOS DESPOIS DUNS ASASINATOS DE ESTADO
O 27 de setembro de 1975, a cidade de Vigo e o mundo enteiro estremecíase diante das derradeiras penas de morte executadas en Europa por motivos políticos. Cinco loitadores antifranquistas eran asasinados logo de ser detidos e procesados nuns xuízos farsa realizados baixo xurisdición militar, en consellos de guerra sumarísimos. Foron condenados a morte en sentenzas ditadas de antemán, en base a probas inexistentes e sen testemuñas presenciais, sustentadas exclusivamente en declaracións autoinculpatorias obtidas baixo tortura. Estes feitos golpearon sobre todo a nosa cidade, porque entre os cinco asasinados, dous, Xosé Humberto Baena Alonso e Xosé Luís Sánchez Bravo-Solla eran veciños de Vigo. Xunto a eles caian tamén diante do pelotón de fusilamento Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot”Txiki” e Angel Otaegi.
Para todos e todas os que creemos na necesidade de verdade, xustiza e reparación das vitimas da ditadura é unha obriga inescusable que a lembranza deste tráxico acontecemento non esmoreza ou desapareza para sempre da memoria colectiva.
Cúmprense hoxe cuarenta anos desde aquel 27 de setembro. E desde hai trinta e nove, os amigos e amigas, compañeiros e compañeiras e camaradas de Xose Humberto Baena e tamén de Xosé Luis Sánchez-Bravo, vímonos xuntando aquí coa idea clara de manter viva a súa lembranza, celebrando actos como o que hoxe nos convoca diante da tumba de Pite. Sexan pois benvidas todas aquelas persoas que hoxe nos acompañan por primeira vez.
Porén, a nosa presencia aquí non pode nin debe constituír só un acto de emocionada e irada lembranza dos compañeiros mortos. Ninguén ten dúbidas cando se trata de reivindicar con orgullo a memoria dos que, coas armas na man, loitaron para defender a lexitimidade do goberno da República. Ninguén ten dúbida tampouco á hora de calificar aquela loita como un combate xusto na defensa da legalidade. Pois ben, hoxe nós estamos tamén aquí para reivindicer e sentirmonos orgullosos da loita que Baena e tantos outros, homes e mulleres, mantiveron contra a ditadura franquista.
Cómpre non esquecer que a loita dos que defenderon a lexitimidade republicana contra o golpe militar fascista de xullo de 1936 –comunistas,socialistas, anarquistas, nacionalistas, obreiros e campesiños, xentes sen adscripción política, antifascistas todos, republicanos en fin, - foi a mesma loita que mantiveron Baena e os seus compañeiros asasinados e outros loitadores e loitadoras contra o fascismo.
Por iso, diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro
ESIXIMOS Verdade Xustiza e Reparación moral, social e xurídica para todos os que, homes e mulleres, loitaron contra a ditadura e foron as súas vitimas
Por iso, diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro
ESIXIMOS a anulación dos xuízos da ditadura
Por iso, diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro
ESIXIMOS a fin da impunidade e a extradición a Arxentina de todos os asasinos, torturadores e políticos cómplices da ditadura, para que sexan xulgados por crimes contra a humanidade
E tamén por iso e diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro
RECLAMAMOS das forzas políticas e sindicais e das organizacións e asociacións veciñais que actúan na nosa cidade que colaboren con nós para esixir á Corporación municipal que adique un espazo público á lembranza de Xosé Humberto Baena e dos seus compañeiros asasinados polo franquismo.
Moitas grazas
COMISIÓN 27 DE SETEMBRO
Vigo 27 de setembro de 2015
sábado, 26 de setembro de 2015
Acto de homenaxe en Pereiró
"Aquela bala esnaquizou a toda a nosa familia"
Faro de Vigo 26.09.2015
A "Comisión 27 de setembro" formouse en 1995 en Galicia entre amigos e
camaradas de Xosé Humberto Baena, para conmemorar o 20 aniversario dos
asasinatos de Estado. Agora que se cumpre o 40 aniversario e grazas á
participación cidadá, lograron sufragar dous grandes valos publicitarias
que lembran aos fusilados en vías céntricas de Vigo e tamén publicar
dúas necrolóxicas na súa memoria en FARO. O cemiterio de Pereiró acolle
mañá ás 12.00 horas un acto de homenaxe que se celebra en Vigo desde
1976 -hai 39 anos ininterrompidos- . Lembrarán a Baena e a Sánchez-
Bravo con poemas e intervencións e colocarán flores coas cores da
bandeira republicana na tumba de Xosé Humberto.
xoves, 24 de setembro de 2015
Valados en memoria dos asasinados o 27 de setembro de 1975
| Avenida Europa rotonda Navia |
sábado, 12 de setembro de 2015
"Os últimos fusilados do Franquismo foron vítimas dun simulacro de xustiza"
Traducción Estación Atlántica
"Papá, mamá: execútanme mañá. Quero darvos ánimos. Pensade que eu morro, pero que a vida segue".
Atlántico - Ana Fuentes - Vigo 9/9/15
Estas primeiras liñas da carta que o vigués Xosé Humberto Baena escribiu aos seus pais antes de ser fusilado na madrugada do 27 de setembro de 1975 ilustran a portada de "Mañá cando me maten. As últimas ejecuciones do franquismo", de Carlos Fonseca (Madrid, 1959). Entre os cinco fusilados estaban o vigués Xosé Humberto Baena e José Luís Sánchez-Bravo, de Gondomar. O xornalista e escritor preséntao hoxe ás 19:30 horas na Casa do Libro.
Como chega ao tema dos últimos fusilados do franquismo?
Este ano cumpríase o corenta aniversario e a min todos estes temas da Guerra Civil e a posguerra interésanme e pareceume un bo momento para abordar un tema do que pasaron moitos anos e é bastante descoñecido. Sobre todo penso nos que naceron logo da morte do dictador, que descoñecen o tema ou teñen un coñecemento bastante difuso.
Conta na introdución que se atopou moitas dificultades para acceder á documentación. pasou moito tempo pero parece que non foi tanto.
Si, porque temos unha lei de patrimonio histórico que establece que a documentación daquelas persoas das que se coñeza o seu falecemento é de acceso público transcorridos 25 anos, pero dos que non conste ou non falezan son 50. Aquí hai condenados que foron fusilados e eu tiña autorización das familias, pero hai outros que faleceron pero despois. A situación é bastante absurda porque teño autorización das familias, que teñen dereito a acceder ás causas. Ademais, facilitáronlleme copia dos sumarios de dous dos procedementos censuradas, tachando nomes e datas de forma bastante absurda. Incluso a sentenza facilítalleme de forma incompleta, cando hoxe os xulgados facilitan sentenzas todos os días. E dáse a paradoja de que sentenzas de fai corenta anos, que o Parlamento declarou ilexítimas coa Lei de Memoria Histórica, non se poden consultar íntegramente. Grazas a que os avogados tiñan copias puiden completar os procedementos.
Logo de ver a documentación, os sumarios e falar coas familias cal é a súa opinión sobre aqueles acontecementos?
Clarísima. Foron vítimas dun simulacro de xustiza. Hai probas que se obtiveron mediante torturas, noutros casos as probas manipuláronse e recorreuse a procedementos sumarísimos que convertían nun teatro calquera simulacro de xustiza. Instruíanse co coñecemento exclusivo do xuíz e o fiscal, os acusados permanecían incomunicados durante toda a instrución, só cando se daba por terminada a investigación dábase traslado á defensa, que tiña un periodo de catro horas para ler o expediente, entrevistarse co seu cliente e propoñer medios de proba, que eran rexeitados na súa práctica totalidade. Había unha condena de antemán. Houbo once condenas de morte, seis foron conmutadas e executáronse cinco. Tocoulles a eles coma se tocoulle a calquera dos outros.
Iso para a familia debe ser aínda hoxe moi duro.
Pois si. Por iso foi especialmente emotivo falar con Flor e coa noiva de Baena, que me contou en primeira persoa como os carearon a ambos e como Baena estaba esnaquizado polas torturas, non podía nin falar. Ela sostivo con firmeza que non lle coñecía de nada e grazas a iso puido salvarse. Falar coa irmá de Sánchez-Bravo, que estivo toda a noite previa aos fusilamientos con el. Falar coa muller de Sánchez-Bravo que tiña 21 anos e estaba embarazada. Todos estes testemuños en directo seguen mantendo unha forza tremenda. Todos teñen os feitos moi presentes.
sábado, 5 de setembro de 2015
Cuntis homenaxeará á corporación de 1936, perseguida polo franquismo
![]() |
| Foto da Web Memoria de Cuntis |
Exposicións, conferencias e visitas guiadas concluirán o día 31 cun acto en honra da corporación municipal anterior ao golpe
Manu Outeiro - Cuntis - A Voz 4 de setembro de 2015
O mes de outubro en Cuntis será o da recuperación da
memoria histórica, con exposicións, conferencias e visitas guiadas que
concluirán o día 31 cun acto en honra da corporación municipal anterior
ao golpe do 1936 que servirá para homenaxear tamén a todos os cuntienses
represaliados polo franquismo.
A apertura do programa terá lugar o 3 de outubro
coincidindo co aniversario do asasinato de Roberto Blanco Torres.
Durante todo o mes, especialmente os sábados, terán lugar unha serie de
conferencias, exposicións, coloquios, visitas ou mesas redondas nas que
participarán asociacións de defensa da memoria histórica de todo o
panorama galego entre as que se atopan a Fundación Alexandre Bóveda,
Iniciativa Galega pola Memoria, Asociación de Funcionarios pola
Normalización Lingüística ou a Asociación pola Recuperación dá Memoria
Histórica. As agrupacións locais do Fervedoiro e O Meigallo colaboran
tamén na confección do programa.
Pendente de confirmar está a organización dun ciclo
de cine e documentais que arroxen luz ao significado de recuperación da
memoria histórica e á barbarie que significo a ditadura franquista en
Cuntis e en toda Galicia.
O programa non está aínda pechado, posto que poderían sumarse novos eventos.
domingo, 30 de agosto de 2015
Cunha ofrenda floral, a Asociación Memoria Histórica 28 de Agosto lembra aos mártires de Anguieiro
![]() |
| Ver Galería |
Faro de Vigo - Juan Calvo - Cangas
29.08.2015
Como cada ano, a Asociación Memoria
Histórica 28 de Agosto trata de que ninguén esquecer o que paso hai 79
anos en Anguieiro. O asasinato de 11 persoas levado a cabo polos
falanxistas de Cangas. Onte houbo máis público e máis emoción que outros
anos. O esquecemento non é fácil, nin o é tampouco vivir co recordo.
Joaquín Lores, no seu manifesto sinalou "Sentimento de rabia e dor. A pesar dous 79 anos transcorridos hai unha deixades dá situación coas vítimas dá Guerra Civil, do franquismo e dá segunda Guerra Mundial., estamos volvendo ao pasado. Hai un discurso ausente dous partidos políticos e organizacións sociais. As 11 vítimas de Anguieiro, algún deles como vos irmáns José e Alejandro Martínez Pazó, aplicáronlles a condena a morte se xuizo. Lestes, como outros cangueses, defensores do goberno republicano, ou día 20 de xullo fixeron un pequeno foco de resistencia na estrada de Cangas a Pontevedra non lugar dá fonte de Anguieiro. Ou obxectivo dá resistencia era impedir ou paso dunha posible columna de mariñeira do Tiro Janer de Marín para tomar Cangas. As 23 horas chégalles a mala noticia de que Cangas estaba tomada polas forzas de seguridade (garda civil, carabineros e gardas municipais) que se pasaron ou bando dous insurrectos".
No acto de recordatorio aos mártires houbo un recital de poemas.
Con posterioridade, no salón de plenos do Concello de Cangas celebrouse unha charla-coloquio a cargo de Carlos Núñez Rodríguez, baixo o título, "Ou Sosego de Anguieiro, eles son necesarios", na que participaron numerosas persoas.
Manifesto: Anguieiro, lugar de resistencia republicana e lugar de morte pola liberdade
Vítimas de Anguieiro, “honor para vosoutros”, porque fostedes o mellor deste pobo e ninguén pode menosprezarvos nin esquecervos.
A pesar dos 79 anos transcorridos, hai unha desleixo cara ás vítimas da guerra civil, do franquismo e da Segunda Guerra Mundial, estamos volvendo ao pasado. Hai ausencia de discurso nos partidos políticos e organizacións sociais.
Todas ás vítimas matáronas por defender a liberdade. As 11 vítimas de Anguieiro aplicáronlles a condena a morte sen xuízo. Estes, como outros cangueses defensores do lexitimo goberno republicano, o día 20 de xullo de 1936 fixeron un pequeno foco de resistencia na estrada de Cangas a Pontevedra no lugar da fonte de Anguieiro. O obxectivo da resistencia era impedir o paso dunha posible columna de mariñeiría do Polígono de Tiro Janer de Marín para tomar Cangas. Ás 23 horas chégalles a mala noticia de que Cangas estaba tomada polas forzas de seguridade ( garda civil, carabineiros e gardas municipais) que se pasaran ao bando dos insurrectos.
“El restablecimiento del principio de autoridad exige inexcusablemente que los castigos sean ejemplares, por la seriedad con que se impondrán y la rapidez con que se llevarán a cabo, sin titubeos ni vacilaciones”, poñía a proclama para a declaración do estado de guerra do xeneral Mola o 19 de xullo de 1936. A partir desas datas os golpistas puxeron fin a un tempo político de liberdades iniciado en abril de 1931 e fortalecido coa vitoria das esquerdas nas eleccións de febreiro de 1936. Os fascistas instauraron e lexitimaron as súas accións prioritarias como o uso da violencia e a vulneración dos dereitos humanos, pois non dubidaron en suprimir os dereitos individuais, e transformarse en criminais implantando o caos e a morte.
O asasinato dos once de Anguieiro na noite do 27 o 28 de agosto do 1936 foi un suceso salvaxe e desprezable, cometido polos falanxistas de Cangas baixo as ordes do alemán Bruno Sveiger, coñecido polas súas atrocidades como o carniceiro do Morrazo.
Fai falta traer unha vez máis ao presente a memoria de:
Secundino Ruibal Villar, 38 anos, canteiro, veciño de San Pedro, Darbo, casado.
Nornandino Núñez Martínez, 46 anos, veciño da rúa Sol, Cangas, mariñeiro afiliado a Alianza Mariñeira / CNT . O seu corpo apareceu o 16 de outubro, no Rexistro Civil de Cangas con data de 9/11/1936. Consta como“morto por hemorraxia interna por ferida de guerra”.
José Nores Rodríguez, 16 anos, albanel veciño da rúa Liberdade, Cangas, solteiro, detido na casa dos seus pais o 27 de agosto.
José Martinez Pazó, 26 anos, canteiro PSO , veciño de San Pedro, Darbo. Casado. O seu corpo apareceu o 16 de outubro,no Rexistro Civil de Cangas con data de 9/11/1936 consta como “morto por hemorraxia interna por ferida de guerra”.
Alejandro Martínez Pazó, 19 anos, canteiro PSO, veciño de San Pedro, Darbo. Solteiro.
Daniel González Graña, 24 anos, ,veciño de Cangas, mariñeiro afiliado a Alianza Mariñeira /CNT. Solteiro. Detido o 27 de agosto. O seu corpo apareceu o 16 de outubro, no Rexistro Civil de Cangas con data de 9/11/1936 consta como“morto por hemorraxia interna por ferida de guerra”, no 1936 os militares ábrenlle causa “por ser membro del comité do Frente Popular”. Despois de morto a mariña de guerra abriulle causa por ser da quinta do 1933 “por non presentarse”.
Guillermo Fernández Fernández, 27 anos, albanel, PSO, veciño de Seixo, Darbo. Solteiro. Detido o día 27 por falanxistas e gardas civís na casa do seus pais en Seixo, Darbo. No ano 1937, despois de morto, a Mariña abriulle causa por deserción.
Antonio Blanco Rodal, 26 anos, mariñeiro, veciño da rúa Síngulis, Cangas. Casado. Detido no peirao de Cangas cando regresaba de pescar. O seu cadáver apareceu o 16 de outubro e no Rexistro Civil de Cangas, con data de 9/11/1936, consta como“morto por hemorraxia interna por ferida de guerra”.
Eugenio Bastos Fernández, 18 anos, mecánico do estaleiro de Barreras , afiliado ás Xuventudes Socialistas Unificadas, veciño de rúa Rastro, Cangas. Solteiro.
Estanislao Ferreiro Núñez, 24 anos, canteiro, veciño de San Pedro, Darbo. Solteiro. Detido polos falanxistas e un garda civil o 26 de agosto ás dúas da madrugada na casa dos seus pais en San Pedro.
Antonio Ferreiro Núñez, 32 anos, canteiro, veciño de San Pedro, Darbo. Casado. Detido polos falanxistas e un garda civil o 26 de agosto ás dúas da madrugada na casa dos seus pais en San Pedro. O seu corpo apareceu o 16 de outubro e no Rexistro Civil de Cangas, con data de 9/11/1936, consta como“morto por hemorraxia interna por ferida de guerra”.
O Estado non debe ignorar as súas obrigacións, e debe garantir a reparación das vítimas, pois, sendo unha exixencia democrática, varias décadas despois seguimos atopando obstáculos case infranqueables. Por riba, o 5 de outubro de 2013 o alcalde de Baralla, Lugo (gobernado polo PP), o señor Manuel José González Capón pronunciou no pleno municipal unhas desafortunadas declaracións contra ás vítimas, sostendo que “os que foron condenados a morte” durante o franquismo “ sería que o merecían”.
O dereito do Estado é establecer normas penais e exixir o cumprimento delas máis a “lei de Amnistía” de 1977, é un parapeto xudicial en defensa do franquismo e representa a renuncia do Estado ao exercicio do dereito ó castigo, pois esta lei impide “constitucionalmente” resolver aquel dilatado conflito criminal dunha forma pacífica e institucional. A busca de solucións parece que está fóra de toda discusión política.
Non miredes para outro lado… isto vai para todos.
Finalmente, na memoria dos once de Angueiro, é necesario que se entenda que a xustiza e o contrario da vinganza.
Asc. Memoria Historica 28 de agosto Cangas
Etiquetas:
aniversario,
fusilados,
homenaxe,
lugar de memoria,
manifesto,
paseado,
Pontevedra provinc,
vitimas
martes, 25 de agosto de 2015
domingo, 23 de agosto de 2015
27 de setembro de 1975. 40 años despois duns asasinatos de estado
O 27 de setembro de 1975, a cidade de Vigo e o mundo enteiro estremecíase diante das derradeiras penas de morte executada en Europa por motivos políticos. Cinco loitadores antifranquistas eran asasinados logo duns xuízos farsa e sen as máis mínimas garantías procesais. Tales feitos golpearon sobre todo a nosa cidade porque entre os cinco asasinados, dous, Xosé Humberto Baena Alonso e Xosé Luís Sánchez Bravo-Solla eran veciños de Vigo. Xunto a eles caian tamén diante do pelotón de fusilamento Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot ”Txiki” e Angel Otaegui.
É unha obriga inescusable para todos e todas @s que creemos na necesidade da verdade , da xustiza e da reparación para coas vitimas da ditadura franquista que a lembranza deste tráxico acontecemento non esmoreza e desapareza para sempre da nosa memoria colectiva.
Dende aquel 27 de setembro ata hoxe mesmo, con maior ou menor intensidade pero co mesmo e activo compromiso de denuncia antifascista contra os crimes da dictadura, @s amig@s, compañeir@s e camaradas de Xose Humberto Baena e tamén de Xosé Luis Sánchez-Bravo, tentamos manter viva a súa memoria celebrando de forma ininterrompida durante estes cuarenta anos un acto de homenaxe no cemiterio de Pereiro en Vigo diante da tumba de Xose Humberto Baena, “ Peter”.
Porén este ano ten especial relevancia simbólica por tratarse do 40 aniversario daqueles asasinatos legais. Por eso creemos que é a nosa obriga levar a cabo unha serie de iniciativas de maior calado e relevancia publica que as que desenvolvimos en anos anteriores para chegar a todala veciñanza de Vigo e para que ninguén esqueza o que aconteceu fai agora cuarenta anos .
Dende a Comisión 27 de setembro , creemos que tería un grande impacto social que o día anterior ao acto do cemiterio aparecese publicada en Faro de Vigo unha grande esquela, reivindicativa, militante e memorialista, que fora quen de golpear a conciencia do pobo e, ao tempo, axudase a realizar un exercicio de memoria e homenaxe aos que deron a súa vida loitando contra a dictadura.
Tamén entre as iniciativas que imos desenvolver está o do aluguer de dúas grandes vallas publicitarias de 8 metros de longo por 3 metros de ancho (adxuntase texto) que durante quince días, entre o 13 e o 27 de setembro, sirvan para lembrar a figura de Baena, Sanchez-Bravo, García Sanz, Txiki y Otaegui e aqueles asasinatos de estado.
ESTE É O NOSO OBXECTIVO. Naturalmente, para levar a cabo todas estas iniciativas precísanse fondos. Para acadalos poremos en circulación uns bonos de axuda por valor de 2 e 5 € que estarán a venda durante os meses de agosto e setembro. Para aquelas persoas que non teñan acceso a mercar os bonos, terán a súa disposición o numero de conta bancaria ES20 2080 5217 2130 4000 2915 na que poderán facer as aportacións económicas que consideren oportunas, debendo indicar no concepto 27 DE SETEMBRO 2015.
Dos fondos recadados dependerá non só o tamaño da esquela, senón tamén o lugar de ubicación das vallas publicitarias.
Máis nada , agardando contar co voso apoio solidario e antifascista, recibide un saúdo fraterno
Asunción Baamonde Polo
Miguel Angel Gomez Álvarez
Celso X. López-Pazos
Marí Luz Maset Catala
Laura Pérez Durán
Manuel Reinoso Dominguez
(Pola Comisión 27 de setembro de 1975)
¡¡¡VERDADE , XUSTIZA E REPARACIÓN PARA COAS VITIMAS DA DICTADURA¡¡¡
¡¡¡CONTRA A IMPUNIDADE DO FRANQUISMO¡¡¡
VIGO XULLO DE 2015
É unha obriga inescusable para todos e todas @s que creemos na necesidade da verdade , da xustiza e da reparación para coas vitimas da ditadura franquista que a lembranza deste tráxico acontecemento non esmoreza e desapareza para sempre da nosa memoria colectiva.
Dende aquel 27 de setembro ata hoxe mesmo, con maior ou menor intensidade pero co mesmo e activo compromiso de denuncia antifascista contra os crimes da dictadura, @s amig@s, compañeir@s e camaradas de Xose Humberto Baena e tamén de Xosé Luis Sánchez-Bravo, tentamos manter viva a súa memoria celebrando de forma ininterrompida durante estes cuarenta anos un acto de homenaxe no cemiterio de Pereiro en Vigo diante da tumba de Xose Humberto Baena, “ Peter”.
Porén este ano ten especial relevancia simbólica por tratarse do 40 aniversario daqueles asasinatos legais. Por eso creemos que é a nosa obriga levar a cabo unha serie de iniciativas de maior calado e relevancia publica que as que desenvolvimos en anos anteriores para chegar a todala veciñanza de Vigo e para que ninguén esqueza o que aconteceu fai agora cuarenta anos .
Dende a Comisión 27 de setembro , creemos que tería un grande impacto social que o día anterior ao acto do cemiterio aparecese publicada en Faro de Vigo unha grande esquela, reivindicativa, militante e memorialista, que fora quen de golpear a conciencia do pobo e, ao tempo, axudase a realizar un exercicio de memoria e homenaxe aos que deron a súa vida loitando contra a dictadura.
Tamén entre as iniciativas que imos desenvolver está o do aluguer de dúas grandes vallas publicitarias de 8 metros de longo por 3 metros de ancho (adxuntase texto) que durante quince días, entre o 13 e o 27 de setembro, sirvan para lembrar a figura de Baena, Sanchez-Bravo, García Sanz, Txiki y Otaegui e aqueles asasinatos de estado.
ESTE É O NOSO OBXECTIVO. Naturalmente, para levar a cabo todas estas iniciativas precísanse fondos. Para acadalos poremos en circulación uns bonos de axuda por valor de 2 e 5 € que estarán a venda durante os meses de agosto e setembro. Para aquelas persoas que non teñan acceso a mercar os bonos, terán a súa disposición o numero de conta bancaria ES20 2080 5217 2130 4000 2915 na que poderán facer as aportacións económicas que consideren oportunas, debendo indicar no concepto 27 DE SETEMBRO 2015.
Dos fondos recadados dependerá non só o tamaño da esquela, senón tamén o lugar de ubicación das vallas publicitarias.
Máis nada , agardando contar co voso apoio solidario e antifascista, recibide un saúdo fraterno
Asunción Baamonde Polo
Miguel Angel Gomez Álvarez
Celso X. López-Pazos
Marí Luz Maset Catala
Laura Pérez Durán
Manuel Reinoso Dominguez
(Pola Comisión 27 de setembro de 1975)
¡¡¡VERDADE , XUSTIZA E REPARACIÓN PARA COAS VITIMAS DA DICTADURA¡¡¡
¡¡¡CONTRA A IMPUNIDADE DO FRANQUISMO¡¡¡
VIGO XULLO DE 2015
Etiquetas:
actos,
aniversario,
campañas,
cemiterio,
crimenes humanidade,
fusilados,
homenaxe,
prensa,
Vigo,
vitimas
O Goberno da Coruña promoverá este outono a "Primavera da Memoria"
Concello da Coruña
O concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande,
anuncia que o Concello impulsará " unha aplicación da Lei da Memoria
Histórica gozosa e participativa" , o día no que se cumpren 79 anos do
asasinato de Alexandre Bóveda.
Cando se cumpren 79 anos do
fusilamento de Alexandre Bóveda na Caeira de Poio, o concelleiro de
Culturas, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña, José Manuel
Sande, quere recordar que o novo Goberno local prepara para este outono a
celebración da “Primavera da Memoria”. Unha serie de actividades coas
que se busca aplicar na cidade a Lei da Memoria Histórica, ademais de
render unha homenaxe ás vítimas do franquismo. “O que propoñemos é unha
aplicación da Lei da Memoria Histórica gozosa e participada. Non debemos
desdramatizar o noso pasado, senón que debemos renderlle xusto tributo,
facendo partícipe á veciñanza e a tantos dos implicados de diversas
maneiras”, di o edil.
O Concello da Coruña quere poñer diversas iniciativas en marcha co
obxectivo de cumprir a Lei de Memoria Histórica e que pasan non só pola
retirada de símbolos franquistas, senón tamén por homenaxear ás vítimas
como parte dun plan integral de reparación dos damnificados do que
participe toda a cidadanía.
Nesta xornada, Sande recorda a figura de Bóveda como “un símbolo
desta terra e tamén unha dramática metáfora da Guerra Civil, ese
acontecemento abrupto que domina a nosa historia do século XX, vítima
xunto a outros moitos, destinos aciagos e común que van dende Ánxel
Casal até Manuel Gómez del Valle”.
“De Bóveda son moitos os elementos da súa vida breve e apaixonante,
algúns tan preclaros como o ideario que propón na vindicación dunha
redistribución tributaria ou dun novo sistema fiscal, ese preludio que
permite tamén perfilar as Caixas de Aforros coa concepción dunha Banca
Pública. Son moitas as razóns polas que recordalo”, explica o
concelleiro de Culturas. “Unha cidade ilustrada é aquela que coñece e se
recoñece no seu pasado”, conclúe.
Etiquetas:
A Coruña,
actos,
aniversario,
fusilados,
homenaxe,
lei da MH,
Pontevedra provinc,
simbolos fascistas,
vitimas
Seis poemas galegos de Federico García Lorca
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















