O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta revisonismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta revisonismo. Amosar todas as publicacións

domingo, 14 de setembro de 2014

A asociación que obtivo a sentenza de derriba leva tres anos litigando

 

A Voz - 14 de setembro de 2014                                 
O pasado 4 de setembro, Antonio Martínez Quintanar, xuíz do Contencioso Administrativo número 2 de Vigo, ditaba unha sentenza pola que condenaba ao Concello de Vigo «a que proceda de forma inmediata a adoptar as medidas oportunas para a retirada do elemento arquitectónico denominado 'Cruz dos Caídos' sito no Monte do Castro de Vigo». A demanda fora presentada o 19 de xullo do 2013 pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 (AVMH), aínda que non fora o primeiro movemento da asociación encamiñado á desaparición da Cruz do Castro.
 
Desde o 2008, a AVMH iniciou o proceso «por ser este un símbolo inequívoco e aínda en pe dá ditadura e porque vai contra a Lei dá Memoria Histórica». Tras solicitar en reiteradas ocasiones ser recibidos por Abel Caballero e ante o silencio deste, a asociación decide no ano 2011 presentar unha demanda xudicial contra o Concello, «por silenciar ás nosas demandas e por non nos respostar a este clamor». En decembro do 2012, o Xulgado nº 1 do Contencioso-Administrativo de Vigo estimou parcialmente a súa demanda, ordenando ao Concello que se pronunciase sobre a súa petición, aínda que non se pronunciaba sobre a obrigatoriedade de retirar a cruz, xa que entón non era o motivo da demanda.
 
Símbolo relixioso
Ante esta demanda, o Concello respondeu á asociación, dicindo que se trataba dunha cruz, un símbolo relixioso e non era un símbolo da ditadura. É cando, a AVMH recorre novamente ao xulgado para solicitar directamente a retirada da cruz.
 
Nesta ocasión, o informa pericial presentado por José Ramón Rodríguez Lago, doutor en Historia Contemporánea e profesor desta materia na Universidade de Vigo, foi fundamental porque puido probar, de forma científica, a vinculación do monumento co réxime franquista.
 
E respecto ao acordo municipal para cambiar o sentido do elemento, a sentenza afirma que «non transmuta a natureza simbólica da propia Cruz dos Caídos sita no Monte do Castro», e continúa dicindo que «non houbo un verdadeiro proceso de asunción do devandito elemento arquitectónico como símbolo de reconciliación non tendo sido nunca utilizado o seu emprazamento para a realización de ningún acto de desagravio en honra das vítimas da represión franquista».

martes, 1 de xullo de 2014

O golpe franquista, un "capricho da historia" para Feijóo

Feijóo, en la entrega de las Medallas Castelao
Traducción Estación Atlántica
 
O presidente da Xunta asegura que Castelao, pai do galleguismo político e ministro republicano, que morreu no exilio, non puido "cumprir" os seus "ideais" por mor dos "caprichos da historia" da "desafortunada República".
 
El Diario.es - David Lombao 28/6/14
Alfonso Rodríguez Castelao, político e escritor de referencia do galleguismo e o nacionalismo galego, foi elixido deputado en 1936 pola Fronte Popular, no que se integraba o Partido Galeguista. Foi un dos grandes impulsores do Estatuto de Autonomía galego referendado nas urnas o 28 de xuño dese mesmo ano e o golpe de Estado franquista obrigouno ao exilio, onde foi membro do tamén exiliado goberno da II República española. Así, exiliado, foi como faleceu en Bos Aires en 1950, de onde o seu corpo non regresou a Galicia ata outro 28 de xuño, o de 1984.

Todos estes avatares, froito da persecución política, foron definidos de moitos modos, pero en poucas ocasións foron reducidos, polo menos públicamente, á categoría de "capricho da historia". É o que fixo este sábado o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que na entrega anual das medallas concedidas polo Goberno galego co nome do político e artista nado en Rianxo atribuíu a eses "caprichos da historia" que "o pai do galleguismo" non puidese "cumprir" os seus "ideais", truncados polo golpe de Estado franquista contra a que Feijóo define como "desafortunada República".

Feijóo realizou esta rechamante reflexión no marco dun discurso en que ligou dúas figuras a priori tan afastadas entre si como a do propio Castelao e a do rei Felipe VI. Ao facer entrega das medallas, entre outras, a ex eurodiputada do PP e filla de Manuel Fraga, Carmen Fraga, considerou que non era posible "obviar lle momento histórico que vive a institución que serve de marco á nosa convivencia", tendo en conta que a "proclamación dun novo rei" supón a "continuidade" de "unha etapa con moitos máis días que noites", "colmada de esperanzas".

Segundo o discurso presidencial "o establecemento do autogobierno, o incremento do benestar, o asentamiento da nosa identidade e o florecimiento da nosa cultura prodúcense ao amparo desa Monarquía que cumpre a súa substitución". Tamén é cousa da Coroa, di Feijóo, a "superación dos traumas do pasado". Por todo isto, nun acto concibido como homenaxe a Castelao Feijóo apela a valorar os "efectos tanxibles" da Monarquía, que "nunca foi limitación, senón impulso" e que, afirma, "nunca coartó as nosas posibilidades como pobo, senón que as ampliou e enriqueceu".

Convencido de que non fai outra cousa que "facerse portavoz do que senten a maioría dos galegos", que "esperan moito do novo reinado", Feijóo fai sevas as palabras de Felipe VI relativas a unha España "unida pero non uniforme", porque "hai moitos xeitos de ser español e unha delas é ser galego". "O galego -proclama- non se ve obrigado a elixir" entre as identidades "que compoñen a súa rica personalidade, porque sentiría niso unha limitación". Este "xeito de ser" está "hondamente arraigada no noso ser colectivo" e por iso "seguimos vendo en Castelao un símbolo vigente", grazas que "por encima da súa condición de político estaba a de humanista".

domingo, 11 de agosto de 2013

A Deputación de Lugo forzará ao PP a que condene os crimes de Franco

O alcalde linguateiros do PP de Baralla
  09 Agosto 2013- Traducción de CRMHC
O Goberno bipartito da Deputación de Lugo, formado pola coalición de socialistas e nacionalistas, convocou unha xunta de portavoces para hoxe para esixir ao Partido Popular que condene os crimes do franquismo.
 
O vicepresidente do ente provincial, Antonio Veiga, advertiu que os populares "non poden seguir un minuto máis sen pronunciarse con claridade" e por iso pedirá a reprobación do alcalde de Baralla, Manuel González Capón por dicir que "as vítimas do franquismo será porque o merecían".
 
"González Capón ten que pedir perdón e non só aos grupos políticos, senón ás vítimas do franquismo. O Partido Popular ten que ser claro e contundente na condena ao franquismo, dado que polo que respecta a esta deputación o PP nunca foi claro e contundente á hora de condenar á ditadura", sostivo o político nacionalista.
 
Así mesmo, esixiu aos populares que se sitúen ao lado das vítimas: "que é o lado no que estamos os demócratas", asegurou.
 
Veiga resaltou que cando o Goberno provincial decidiu retirar honras a Franco, a Pilar Primo de Rivera e á Falanxe, "os do PP tampouco tiveron a valentía e a honradez de apoiar esta proposta".
 
O mércores, o Goberno bipartito recoñeceu que estuda levar ao pleno provincial do setembro un punto na orde do día para reprobar ao alcalde de Baralla, Manuel Antonio González Capón, polo seu defensa dos crimes do franquismo no pleno municipal do pasado 26 de xullo.
 
A vicepresidenta segunda, Lara Méndez, do PSdeG, precisou que estuda co BNG condenar as declaracións do rexedor nas que conveu que "as vítimas do franquismo sería porque o merecían".

domingo, 5 de agosto de 2012

El sacerdote Emilio Álvarez Martínez, apodado REISIÑO


Farto de aturar as loubanzas que Alfonso Segovia Lágo fai do "REISIÑO", repugnante persoeiro da época negra de Vigo, mandei esta carta a Faro de Vigo.

Esta carta foi publicada en Faro de vigo o sábado día 4 de agosto do 2012
REISIÑO
Con certa frecuencia, D. Alfonso Segovia Lago difunde nesta sección un glosario das “virtudes” do cura Emilio Álvarez Martínez como un exemplo de sacerdote: fundador da revista Martín Códax, da cofradía  de nuestro padre Jesús del Silencio, das tres gracias, e de algunhas cousas máis. O mellor cura de Vigo, de Galicia e posiblemente de España.
Alá polos anos 40 e 50, do pasado século, escoitei conversas encol do Reisiño, e non eran loubanzas, non; referíanse a un cura siniestro e malfeitor. Pasados tantos anos, chégame a información do persoeiro nun libro do historiador José Ramón Rodríguez Lágo “CRUZADOS O HEREJES. La religión, la iglesia y los católicos en la Galicia de la Guerra Civil” da editorial NIGRATREA.
O historiador describe ao Reisiño como eu xa o coñecía daquela, e arestora xa non é un comentario, está documentado.
Ao pé da foto de Emilio Álvarez figura un texto que di: El sacerdote Emilio Álvarez Martínez, apodado REISIÑO, alma mater de la agrupación Martín Códax en la ciudad de Vigo, apoyó decisivamente las medidas represivas llevadas a cabo en la ciudad. (pax.140)
Relata un grupo de curas que en Galicia tuveron participación direta na represión, e sobre REISIÑO di: Entre los más aplicados en extender las dósis del odio se encontraba el sacerdote Emilio Álvarez Martínez, que en Vigo dirigió una escuadra de falangistas encargada de la represión en toda la comarca. Su trayectoria vital es un claro exponente  de la síntesis entre mentalidad integrista y violencia fascista. (pax. 139)
A información deste siniestro cura, que xa coñeciamos e mais, queda confirmada ahora neste libro.            

Telmo Comesaña Pampillón  

xoves, 19 de xaneiro de 2012

Independentismo denuncia "operaçom de revisionismo histórico" e promove celebraçons


Galizalivre 17-1-12 Redaçom/ As formaçons arredistas criticam o exaltamento de Fraga Iribarne que estám a realizar o PP e o PSOE, da mao da prática totalidade dos meios de comunicaçom, em particular as principais cabeceiras da imprensa galega. Para Causa Galiza, trata-se de umha “manipulaçom histórica massiva” que conta com a “complicidade” de muitos dirigentes nacionalistas e de esquerda, que calam “aquelo que saben miles de galegos e galegas”. Por isso querem lembrar que o morto foi máximo responsável pola repressom política durante o franquismo e a Restauraçom bourbónica, ao passo que assinalam que as suas responsabilidades criminais nom finalizárom com a instauraçom da atual monarquia parlamentar, tendo-se significado desde entom, como dirigente da direita espanhola e como presidente da Junta, na “deconstruçom sistemática e programada da naçom”.

Causa Galiza criticou duramente o envolvimento nesta falsificaçom da história dos partidos PP, PSOE e PCE, “e incluso, por omissom, a direçom do BNG”.

AMI celebra a morte do franquista
A Assembleia da Mocidade Independentista quijo fazer fronte à operaçom opondo-lhe umha celebraçom festiva, tentando assim dissolver a ilusom de um suposto “loito nacional” pola morte de Fraga. Participando e promovendo festejos populares e lançando umha campanha de propaganda na que se insta a brindar com champange, a organizaçom juvenil fijo um repasso público da biografia do franquista, lembrando os seus principais crimes e a sua verdadeira personalidade autoritária e fascista.

Nós-UP lamenta a morte... sem julgamento
A organizaçom política Nós-UP também criticou a posiçom do BNG, a quem acusa de ter reagido de forma “indigna” ao “transmitir condolências ao PP e lamenta publicamente a morte de Fraga, explicitando a sua renúncia a falar do seu significado político”. De resto, manifestam a sua raiva porque o franquista morresse “sem ter sido posto à disposiçom de um tribunal popular”.

Candidatura do Povo critica as honras ao franquista do Concelho de Compostela
Na mesma linha, a candidatura soberanista de Santiago emitiu um comunicado em que rejeita a decisom de Conde Roa de colocar as bandeiras a meia haste, envolvendo-se assim na “operaçom de marcketing” que pretende “legitimar umha personagem com graves responsabilidades num regime que supujo morte, exílio, tortura, prisom e miséria para milhares de galeg@s e umha Longa Noite de Pedra para a naçom”.

BNG nem se soma ao “consenso” nem o saboteia
O Bloco emitiu um breve comunicado de imprensa em que “lamenta a morte de Fraga” e transmite as suas “condolências à família e achegados do expresidente da Junta, bem como ao Partido Popular”. Também aponta à sua “participaçom destacada como ministro da ditadura”, embora prefere nom interferir na campanha de criaçom de um consenso e de falsificaçom da história, porque “nom é hoje o momento mais adequado para fazer um juízo ponderado sobre a sua trajetória”. Na fronte houvo posicionamentos pessoais mais concordantes com a beatificaçom de Fraga, como a de Pérez Lema, e outros de crítica aberta na linha do arredismo, como a do MGS.

Dia de celebraçons populares
Em Compostela estava convocada umha celebraçom popular na praça do Obradoiro: a presença de antidistúrbios espanhóis dissuadiu à gente que ia chegando, e a ameaça da violência policial impossibilitou a festa. Na Corunha está-se a mover com grande sucesso umha convocatória polas rede sociais para um festejo no Obelisco. Na noite de ontem, porém, houvo celebraçons espontáneas polas zonas de bares. Fontes do galizalivre.org sinalam que mesmo em algum estabelecimento se fijo "a melhor caixa do ano". 

Em Ourense houvo também celebraçons, mas mais cativas.

A festa mais badalada foi sem dúvida a de Vigo, com brindes na Revolta e a "Fragasaurus Fest", que sob a legenda "Chegou o teu Sam Martinho porco", começou no bar St Pauli à tardinha, com um concerto dos Falperrys, convocado com anterioridade mas ao que se lhe deu umha focagem "anti-Fraga" nas redes sociais. Ao acabar fijo-se um passa-ruas pola zona nova de Vigo, de umhas duzentas pessoas, até o Torreiro da Festa. Ali tocárom os Daki Darria, que há anos que prometeram fazer um concerto o dia que morresse Fraga, e cumprírom. 

Em Barcelona por volta de umhas 400 pessoas juntárom-se numha manifestaçom espontánea que rematou diante da sede do PP e a Prefeitura da Polícia Nacional espanhola. A celebraçom começou em Canaletes, na Rambla e tivo um cariz lúdico-reivindicativo (Mais informaçom e fotografias na Directa)