O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Mostrando postagens com marcador mesa redonda. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador mesa redonda. Mostrar todas as postagens

terça-feira, 17 de março de 2015

III Xornadas represaliadas e resistentes en Pontevedra


Coincidindo coa exposición Do gris ao violeta (Praza da Ferraría, marzo e abril de 2015), a concellaria de patrimonio histórico organiza as III Xornadas represaliadas e resistentes, que se van desenvolver os días xoves 26, venres 27 e sábado 28 de marzo na Casa das Campás, coa participación de Xosé Álvarez Castro, Montse Fajardo, Montse Dopico, Paula Godinho, Aurora Rodrigues e Pilar Allegue. Na mesa redonda do xoves tamén participarán mulleres representantes de familias pontevedresas represaliadas (pendente de confirmar nomes).

TEMPO DE MULLERES 2015

III XORNADAS REPRESALIADAS E RESISTENTES

Casa das Campás, 26, 27 e 28 de marzo de 2015.

Xoves 26 de marzo ás 19 h

Mesa redonda sobre Sobrevivir á represión e á Ditadura

Con Montse Fajardo, Xosé Álvarez Castro e mulleres pertencentes a familias represaliadas


Venres 27 de marzo

19 h Conferencia de Montse Dopico: Semente de mudanzas

20 h Proxección do documental La memoria de las olvidadas


Sábado 28 de marzo

11 h Conferencia de Paula Godinho

Propriedade privada da história e "memórias fracas": a esquerda da esquerda e as revoltas da memória.

11.45 h Relatorio de Aurora Rodrigues. Memoria da represión e da resistencia na Ditadura portuguesa

12.15 h Relatorio de Pilar Allegue. Memoria da represión e da resistencia na Ditadura franquista.

Coloquio
 
Non é necesaria a inscrición previa

quinta-feira, 24 de abril de 2014

Proxección "A pegada dos avós" en Marín

Día: 25 de abril
Hora: 20:00h.
Lugar: Biblioteca de Marín 
Organiza: Asoc. por la Recuperación de la Memoria Histórica de Marín
 
Este venres, 25 de abril, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín proxectará o documental “A pegada dos avós”, de Xosé Abad, ás 20:00 horas na Biblioteca Municipal Vidal Pazos; un proxecto que ten como coprotagonistas a un grupo de alumnas e alumnos do instituto Adormideras de A Coruña, que buscan respostas entrevistando a persoas que viviron e sufriron as terribles consecuencias do alzamento franquista, para intentar comprender o drama da represión e da dictadura; falan, ademais, con expertos neste tema como o escritor Manuel Rivas e o presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH), Fernando Souto.

Este documental ven de gañar o VIII Encuentro Hispanoamericano de Cine y Video Independiente “Contra el Silencio Todas las Voces”, celebrado en México (no apartado de “Movimientos sociales y organización ciudadana”); esta cinta, que acada este galardón neste primeiro certame no que participa, e que tamén estivo nominada ós Premios Mestre Mateo XIII (na categoría de mellor documental), xurde, segundo explica Abad, tras a rodaxe de “O segredo da Frouxeira”, que tamén obtivo recoñecementos como o premio á mellor longametraxe no II Festival Primavera do Cine de Vigo.

Mesa redonda e actuación musical
Nesta ocasión, contaremos coa presenza do propio Xosé Abad na posterior mesa redonda que terá lugar e na que tamén participarán mozos e mozas marinenses, para debater e expor opinións, experiencias e posturas sobre este tema.

E para amenizar e por o broche final, contaremos coa actuación musical de Samu Acuña e Laura Romero.

40 anos da Revolución dos Capitáns
A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín terá tamén unha referencia especial durante este acto, para conmemorar tan sinalada data para o país veciño, Portugal, cunha lembranza especial para a Rebelión dos Capitáns, que este 25 de abril cumpre o seu 40 aniversario.

segunda-feira, 20 de maio de 2013

'Xornadas sobre a represión franquista e a muller' en Pontevedra


Nomes e Voces 15 de maio 2013
No mes de xuño celebraránse en Pontevedra as 'Xornadas sobre a represión franquista e a muller'. Un programa que contará con diferentes actividades culturais e artísticas ademais dun simposio sobre a represión franquista en Galicia (1936-1975) titulado 'As mulleres: vítimas da represión, protagonistas da resistencia' que se celebrará no Pazo da Cultura os próximos 7 e 8 de xuño e no que participarán Andrés Domínguez Almansa e Julio Prada Rodríguez, membros do Proxecto 'Nomes e Voces', entre outros investigadores.

PROGRAMA DO SIMPOSIO:

VENRES 7 DE XUÑO
     17.00 h. Acto de apertura
     17.15 h. Carmen Blanco: "Memoria, mulleres, represión, resistencia e liberación"
   18.00 h. Andrés Domínguez Almansa: Presentación dos resultados do proxecto 'Nomes e Voces'. Represión e muller.
     18.30 h. Coloquio: Pontevedra lembra o papel das mulleres durante a represión franquista
     19.15 h. Mesa redonda coa participación mulleres represaliadas e resistentes

SABADO 8 DE XUÑO
    10.30 h. Julio Prada: Franquismo e represión de xénero en Galicia
    11.30 h. Ana Cebreiros. "Mulleres para España". La Sección Femenina de Falange.
    13.00 h. Xosé Álvarez Castro: a represión contra as mulleres en Pontevedra
    17.00 h. Luis Bará e Carme Vidal: Políticas públicas da memoria en Galicia (2005-2009). Mulleres con memoria.
    17.45 h. Victoria Martins: Galegas nos cárceres franquistas
    18.30 h. Coloquio
    19.15 h. Aurora Marco: Galegas na resistencia antifranquista.

terça-feira, 6 de novembro de 2012

Homenaxe Vítimas do Franquismo en Teo (A Ramallosa)


 
O próximo sábado 10 de Novembro no Auditorio de Teo (A Ramallosa), celebrarase a “Homenaxe Vítimas do Franquismo” que dende a Asociación Irmáns Liste Forján estamos a organizar.
 
Trátase dunha xornada de convivencia na que contaremos coa presenza de diferentes artistas e especialistas na materia, así como de loitadores antifranquistas e familiares dos represaliados. Terá lugar ademais a presentación da exposición “Retratos da Memoria” de Alfonso Martínez.
 
Participarán nesta xornada:
- Familiares de Manuel Ponte Pedreira
- Familiares de Fernando Barcia Veiras (Presidente do Comité Executivo de Defensa da República en Santiago)
- Familiares de Enrique Ares Díaz (Militar e militante da CNT)
- Familiares de Manuel Otero Patiño (Militante do PCE e do SRI)
- Familia de Constante Liste Forján (Tenente Alcalde de Teo)
- Camilo de Dios (Guerrilleiro)
- Familiares de Ramiro Paz Carbajal (Socialista)
- Heriberto Rodriguez Bermejo (Prisioneiro na Illa de San Simón)
- Alfonso Puente Nodar (Prisioneiro na Illa de San Simón)
- Esther Fernández (Evanxelista)
- Familiares de Manuel Puente Porto
- Familiares de José e Remegio Rodal García (militares leais a República)
- Familiares de Bernardo Mato Castro.
- Uxenu Álvarez (Neno da guerra)
- Familiares de Estanislao Pérez Artime
- Genaro Fernández Ares (Militante da UJCE e da JSU e represaliado)
- Olimpia Barcia (Represaliada)
- Familiares Alexandre Bóveda (galeguista asasinado)
- E máis por confirmar….
Contamos tamén con postos informativos de diversas asociacións e disfrutaremos dun xantar popular onde terán lugar diversas intervencións. (Prégase confirmación, para que os cociñeiros poidan prever as súas necesidades)
 
Se pertencedes a algunha asociación, colectivo social, político, sindical, etc e queredes participar non dubidedes en poñervos en contacto con nós. O prazo para solicitar un espazo remata o vindeiro día 5 de novembro.
 
Existen uns bonos-axuda compostos por reproduccións duns cadros feitos para a ocasión. O prezo dos bonos-axuda é de 50€ e de 100€. Se estás interesado en colaborar con nós manda un correo a asoc.listeforjan@gmail.com
 
11:30 MESA DEBATE ASOCIACIÓNS DA MEMORIA.
Descanso
 
13:00 “INSTRUMENTOS DE REPRESIÓN”
- Antonio López Rodríguez (Historiador)
- Alfredo González Ruibal
- Xurxo Ayan (Arqueólogos CSIC)
- Víctor Santidrián (Historiador)
 
14:00 XANTAR POPULAR
 
16:30 PRESENTACIÓN
 
17:00 “DO LOCAL AO CONCEPTUAL”
- Santiago Vega Sombría (Historiador)
- Luis Lamela García (Historiador)
 
17:30 ACTUACIÓN MUSICAL
Descanso
 
18:00 “MEMORIA DO 36” (Farruco Bernal López e Pilocha) (Fragmento)
 
18:15 “PEGADAS DA REPRESIÓN”
- Mirta Nuñez Díaz-Balart (Historiadora)
- Anna Miñarro (Psicoanalista)
 
19:00 A QUENLLA
 
19: 30 “AS VÍTIMAS DO FRANQUISMO HOXE”
 
- Ramón Sáez Valcárcel (Maxistrado Audiencia Nacional)
- Pablo Cés (Documentalista, Silenciadas)
 
20:00 ENTREGA DE AGASALLOS E PECHE
 
CONCERTO: SOM DO GALPOM!
 
COLABORAN: SON DIRECTO, Librería Lila de Lilith, Hotel Congreso.

sexta-feira, 17 de agosto de 2012

Cervo homenaxea a 62 represaliados polo franquismo cunha placa conmemorativa


El Correo Gallego - Lugo - E.P. - 16.08.2012 
O municipio de Cervo (Lugo) homenaxea hoxe venres en San Cibrao a 63 represaliados do franquismo nun acto organizado polo BNG con motivo da celebración do 'Día dá Galiza Mártir'.

O acto iniciarase ás 20.00 horas, momento no que se descubrirá unha placa conmemorativa. É a terceira vez que o BNG celebra un acto deste tipo. A primeira ocasión foi en 2002, aínda que a placa foi destruída esa noite.

Posteriormente, grazas a unha colecta popular entre veciños, comprou unha de bronce que foi situada nunha vivenda que pertenceu a un dos represaliados. Esta mesma placa é a que este venres instalarase na praza, posto que a vivenda que a albergou ata agora cambiou de propietarios, segundo explicou o portavoz do BNG en Cervo, Xoán Antón Estúa.

Ás 20.30 horas celebrarase unha mesa redonda coa participación do xornalista Javier Rivera e Roberto Pérez Vila, descendente do mestre Roberto Pérez Vila, que foi represaliado político.

Estúa apuntou que se trata dunha cifra moi alta de represaliados nunha parroquia pequena como San Cibrao, "sobre todo tendo en conta que a maior parte dos mariñeiros, polo menos 100, estaban afiliados á CNT, e sufriron unha represión brutal tras o levantamento militar".