O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta fusil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fusil. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de agosto de 2013

Homenaxe en Teo a Ánxel Casal e Avelino Pousa Antelo


Os actos terán lugar o 17 e 19 deste mes e incluirán ofrendas e lembranzas de ámbalas dúas figuras
 
El correo gallego - Teo -C. B.  | 11.08.2013 
O Concello de Teo rindelles de este mes unha homenaxe as figuras de Ánxel Casal e outras vítimas represaliadas do 36, así como ao seu fillo adoptivo Avelino Pousa Antelo, no seu primeiro cabodano. Así, entre o 17 e 20 deste mes están programadas diversas actividades que servirán para recuperar a memoria destas figuras vencellas ao concello.

O 17 de agosto, os actos comenzan cun concerto da Banda de Música da Sociedade Recreativa San Xoánde Calo, ás 20.00 horas, na praza da urbanización Estivada da Ribeira. 

O 19, xornada central ó redor de Casal, haberá unha actuación do malabarista Kote para o público familiar na praza da urbanización Os Carballos. O acto institucional terá lugar ás 20.30 horas, na praza da Estivada. Intervirán representantes da Oliveira, de Teenses pola Igualdade, da Asociación teense pola recuperación da memoria histórica e do patrimonio e o alcalde.