Lugar de paseos. A Paxase-Vincios
Foto: Telmo Comesaña
Texto cedido polo autorLimiar
O día 19 de marzo do 2005, na páxina de opinión de Faro de Vigo apareceu unha columna do avogado e exconcelleiro do Concello de Vigo polo Partido Popular Ramón Cortegoso, na que contestaba ás preguntas do seu fillo de 10 anos: (Papá Franco morreu onte?). Ramón explicoullo do xeito dos que queren tapar o pasado da España de chumbo e sangue.
Carta aberta a
un neno de dez anos
Neno querido:
eu, que xa son vello e xa que logo outra volta
neno, tamén me pregunto “Franco
morreu hoxe?. Ti, querido neno, tes un pai a quen lle-lo podes preguntar, ainda
que o que che contesta, a min dame medo.
Eu, querido neno, nunca lle-lo puden preguntar o meu, porque él, José
Comesaña Pérez foi asasinado o dia 6 de outubro do 1936, xuntamente co seu
irmán Antonino, o seu curmán Emilio Comesaña e o seu amigo Fernando Costas. Un
mes despois asasinaron a Adolfo Monroy e Gildo Andrés.
Querido neno: aquí non houbo guerra; asasinouse ós “ROJOS”. Agora
mesmo non che podo decir quenes eran os “rojos” porque nin eu mesmo o entendo.
Querido neno: aquí en Alcabre, de seis homes
asasinados quedaron cinco mulleres viuvas e vinte orfos. A mais, a duas fillas
dun deles rapáronlle-lo cabelo. Destrozaron familias. Quedamos aldraxados, sin
consolo e sin axudas ........ e ainda ninguen nos pediu perdón.
Querido neno: teu pai, Ramón
Cortegoso non cho supo explicar, ou non o sabe, ou non o quer saber porque
posiblemente forme parte desas familias de paseadores que queren tapalo pasado
dos seus devanceiros e dos crimes que cometeron.
Querido neno: explícalle a teu pai e a outros como él, que Franco
morreu pero que hai moitos que votan de
menos a ditadura, para seguir a pornos tesos ós que non cantamos o “cara al
sol”, e ós que queremos vivir nun país laico e ceibe.
Querido neno: teu pai laiase porque en Madrid desmontaron ó burro do
cabalo; e eu dígoche, que os agasallos son para os homes de bén, e non para os
asasinos.
Querido neno:
cando seas máis grandiño eu serei máis neno, ou xa non serei; si ainda son,
eiche suxerir que tódolos símbolos feixistas, incluidos os que están pendurados
nas paredes das igrexas os leven o “valle de los caídos” e que o declaren MUSEO
DO HORROR da ditadura franquista. Alí, querido neno, está soterrado Franco,
mais un tal José Antonio Primo de Rivera; o que nunca che contará teu pai é,
que esa obra fíxose con homes esclavos, cheos de fame e de miseria, e que
moitos deles deixaron alí a sua vida. O delito destes homes era ser demócratas.
Querido neno: agora que sei que existes nunca me esquecerei de ti.
Telmo Comesaña Pampillón 20/03/05
Esta carta foi entregada en Faro de Vigo, rúa Colón o dia 21 de
marzal. Foi censurada e non pubricada.
Esta é a segunda carta que me censura
Faro de Vigo
