O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 30 de dezembro de 2012

Primeira sentencia polo derribo da cruz do Castro (Vigo)


Asoc. viguesa pola memoria do 36 29/12/12

O Xulgado número un do Contencioso-Administrativo de Vigo obriga a pronunciarse ao Concello sobre a petición de la Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 para que se tire a Cruz del Castro.

Enlaces a alguns medios de comunicación que recolleron a noticia.

Faro de Vigo


Roda de prensa da Asoc. viguesa pola memoria do 36
con Telmo Comesaña

sexta-feira, 28 de dezembro de 2012

Acto do Homenaxe ós executados do 31 de decembro de 1936 en Marin


A Asociación pola a Recuperación da Memoria Histórica de Marín (ARMHM) quere convidarvos este vindeiro luns 31 de decembro ás 13 horas no Paseo Marítimo "Antonio Blanco", e dentro da semana de actividades dedicadas á lembranza dos executados en Marín nó fin de ano do 1936, ó Acto de Recordo e Homenaxe que cada ano facemos a un grupo de marinenses (Bernardino de la Torre, Albino Agraso, Amando Iglesias, Demetrio Lorenzo e Santiago Ramos) que xunto co alcalde Antonio Blanco Solla, foron fusilados en Monte Porreiro (Pontevedra) polas forzas militares sublevadas.

A principal intervención durante o acto, será a de Miguel Ángel Cuña Casasbellas (Vicepresidente da Fundación Cuña-Casasbellas e Secretario Xeral do Sindicato Único de Trabajadores “Solidaridad Obrera” de Pontevedra de la CGT), que ocupará o lugar doutros destacados participantes de anteriores edicións. Tamén o fará a presidenta da ARMHM, Enriqueta Otero. O acto rematará cunha ofrenda floral ó pé do monólito conmemorativo.

Reciba unha forte aperta.

Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín

sábado, 22 de dezembro de 2012

Xove recupera a súa memoria histórica co libro "Os heroes van de paisano"


Mar G. Balseiro /VIVEIRO / LA VOZ 21 de decembro de 2012
O libro "Os heroes van de paisano" presentouse esta mañá en Xove, nun acto que contou coa presenza da autora, Lucía Sánchez Meitín; do pintor Xoan Guerreiro, que deseño a portada e fixo o prólogo; e de dous dos protagonistas, Ramón Martínez, de 92 anos e Eduardo Baño, de 93, ambos os sobreviventes da Segunda Guerra Mundial. Con eles estiveron o alcalde, Demetrio Salgueiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad. O libro, en palabras da autora, "é un ensaio sobre a vida en Xove", na segunda parte do século XX, e ten carácter testemuñal, froito do traballo de campo que Sánchez Meitín desenvolveu ao longo de varios anos. O alcalde recordou os antecedentes deste proxecto de "recuperación dá memoria histórica" do municipio, en dúas publicacións anteriores realizadas ao abrigo do ciclo de investigación de antropoloxía social que o Concello de Xove comezou no ano 2005. Desta forma viron a luz "A festa non aire", sobre a tradición e o lecer; e "De sol a sol, un século de traballo en Xove", sobre os oficios.

domingo, 16 de dezembro de 2012

A biografía de Alexandre Bóveda en cómic afonda no seu labor económico

 
Diario de Ferrol - 12 de Diciembre de 2012 - Nicolás Vidal - Ferrol
Máis coñecido pola súa terrible morte tras un xuízo oprobioso, a vida breve pero intensa de Alexandre Bóveda (Ourense, 1903-Poio, 1936 ) tivo diversas facetas tanto artísticas como intelectuais que completan a figura do destacado político galeguista. Unha das máis importantes e destacadas foi a de economista, e esta é precisamente a que queren subliñar a xornalista María Xesús Arias, “Pitusa”, e o ilustrador e deseñador Carlos Sardiña, autores do álbum de banda deseñada “Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza”. O volume dos autores feneses, que será editado en breve polo colectivo de radios municipais galegas Radiofusión, entrou hai cinco días na plataforma Verkami para o seu financiamento colectivo.

O proxecto ten 40 días para conseguir 4.300 euros dos que onte había 180. Aínda que non o logren, esta biografía visual –xa elaborada– editaríase igual. As persoas interesadas en coñecer o proxecto ou colaborar neste método de mecenazgo poden entrar na páxina web: www.verkami.com/projects/3643-boveda-un-alegato-pacifista-contra-a-inxustiza. En función do aportado obterán distintos beneficios. Antes do 15 de xaneiro os autores queren editar o libro de 46 páxinas.

Conexión coa actualidade
A través do traballo escolar dunha nai que fala co seu fillo vase debullando a biografía de Alexandre Bóveda, atendendo a un dos aspectos que máis o conecta co noso momento actual, o financeiro.
Segundo María Xesús Arias e Carlos Sardiña, “Bóveda defendía unha fiscalidade progresiva, que os que máis teñen pagasen máis impostos e unhas caixas de aforros ao servizo de Galicia e das persoas máis desfavorecidas. Tampouco vía ben a voracidade dos bancos, xa naquela volta. Por iso cómpre reivindicar o seu pensamento, que ten unha sorprendente actualidade nestes momentos”.
Editado a cor e con tapa dura, así pois antes dun mes estará nas rúas esta sorprendente e actual biografía de Alexandre Bóveda dos autores feneses.
 
O alegato pacifista de Bóveda
 
Radiofusión 16/12/2012Autor: Redacción
"Bóveda, un alegato pacifista contra a inxustiza" é un relato situado no momento actual, arredor da vida e do pensamento de Alexandre Bóveda. Carlos Sardiña realizou os debuxos. Pitusa Arias, historiadora e xornalista, salientou a vixencia das teorías de Bóveda que defendía unha banca pública axente de dinamización da actividade económica. Tamén insistia na necesidade dunha fiscalidade progresiva, para utilizar os impostos como fórmula de redistribución da riqueza.
A banda deseñada demanda a colaboración e a implicación como público conscente da cidadanía. Búscanse micromecenas para esta recuperación da figura e da teoría de quen foi dirixente do Partido Galeguista. “A idea xurdiu o pasado 17 de agosto no acto en lembranza de Bóveda celebrado na Caeira en Poio, coa intención de facer unha chiscadela a un público novo e divulgar o seu pensamento” afirma Pitusa Arias. Botan unha ollada atrás, para dar conta da importancia de Bóveda como fundador da Caixa de Aforros de Pontevedra, como entidade bancaria implicada co seu entorno social.
Francisco Carballo e Xerardo Álvarez Gallego elaboraron biografías de Alexandre Bóveda e eses traballos utilizaronse como fonte para sintetizar e traer a súa traxectoria vital ao linguaxe da banda deseñada. Carlos Sardiña e Pitusa Arias xa colaboraron na elaboración da biografía de Andrés Barallobre chamada “Galiza acorda”. Agora pretenden levar adiante unha publicación en formato europeo, unha banda deseñada a toda cór. Sonradiofusión colabora na promoción e na edición de “Bóveda” e para iso requiren a colaboración cidadán a través do portal de verkami. Pódese axudar con diferentes alternativas situadas entre os 7 e os 450 euros.

segunda-feira, 10 de dezembro de 2012

Presentación do libro War Zone, de Emilio Grandío e Javier Rodríguez, en A Coruña

Blog-Nomes e Voces
Mañá martes 11 de decembro ás 19.30, presentarase no FNAC da Coruña o libro 'War Zone. La Segunda Guerra Mundial en el Noroeste de la Península Ibérica' (Eneida, 2012).
 
No acto participarán os editores, Profs. Emilio Grandío Seoane (Universidade de Santiago de Compostela) e Javier Rodríguez González (Universidad de León).

Reseña do editor:

"Los habitantes de la región del noroeste de España siempre habían destacado por su perspicacia política (...). Ésta les ha llevado a un cambio en su conducta. Ahora no tienen el menor entusiasmo por pertenecer al Movimiento; todo lo contrario. La Guerra Mundial ha contribuido en no poca medida a este cambio, ya que es bien sabido que las grandes ciudades –es decir, capitales de provincias, etc.–, han sido siempre muy frecuentadas por ingleses y americanos, y la población es muy favorable a los aliados. Muchas personas de los pueblos en la provincia de León, y en los del sur de Galicia, han escapado a las montañas para no sufrir los agravios continuos de las autoridades de Falange. Esto ha hecho que el Gobierno declare la mencionada región montañosa «zona de guerra». Las compañías de tropas moras y la policía armada, del mismo modo que numerosos guardias civiles, son acantonados en el distrito; aunque puede decirse que con escaso resultado, porque si en cualquier momento irrumpen en las montañas para acorralar a los rebeldes, por lo general se llevan la peor parte del trato. 12 de mayo de 1943 Informe sobre la situación en el noroeste de la Península Ibérica enviado a los Servicios de Inteligencia británicos. National Archives, Kew Gardens (Londres), hs 6/927"

Novas relacionadas:

"Galicia podría haber sido Normandia" (Iago Martínez, El País)
"Las redes nazis apuntaron a A Coruña" (A. González Liste, La Opinión de Coruña)

domingo, 9 de dezembro de 2012

A Fundación 10 de Marzo presenta o portal 10demarzo1972.org

 
Blog Nomes e Voces
Con motivo do 40 aniversario do suceso do 10 de Marzo en Ferrol, a Fundación 10 de Marzo presenta o portal www.10demarzo1972.org, facilitando o aceso á información sobre este acontecemento histórico entre a poboación e chegando, desta maneira a un maior número de persoas na historia contemporánea do noso país

"Curas contra Franco", a historia dos párrocos que foron represaliados por apoiar a loita dos obreiros do Ferrol

Traducción Estación Atlántica

Entre os anos sesenta e setenta un grupo de sacerdotes críticos co réxime franquista apoiaron a dura loita dos obreiros do Ferrol. As forzas represivas do réxime cualificáronlles de "progresistas, contestatarios, europeos, comunistas, filomarxistas e criptomarxistas". "Pregunteille a un deles, Anxo Ferreiro Currás, como os denominaría el, quizá renovadores", e respondeume que 'só eran comprometidos'. Eses sacerdotes comprometidos baixáronse ao rodo, viron as necesidades temporais dos seus fregueses e entregáronse a fondo para combater as inxustizas e loitar polas liberdades". Así o rememora para ELPLURAL.COM Rosa Cal, autora do libro 'Curas contra Franco', que narra a súa historia.

elplural.com - A. DEL CAMPO - 06/diciembre/2012
Rosa Cal explica que o título Curas contra Franco alude a que o réxime montado polo ditador considerounos os seus inimigos, desafectos a un réxime que significaba a falta de liberdades, "desa forma, sen proporllo, impulsou a loita dos curas por conseguilas, a pesar da represión que sufriron. A acción transcorre na cidade de Ferrol, especial porque o poder militar (Capitán Xeral do Cantábrico, Capitán Xeral da VIII Rexión Militar, etc.) era moi forte e controlaba todo".

Pregunta: De que modo xorde este compromiso dos curas obreiros de Ferrol?
Resposta: Os curas obreiros ou "comprometidos" teñen unha primeira versión na JOC e a HOAC que teño en conta no libro. Despois, desde 1959 e o proxecto do Vaticano II obterán o respaldo legal da Igrexa para apoiar aos obreiros e esixir as liberdades: expresión, asociación, inviolabilidad de domicilio e outras. Pero o que vai unir aos seis actores principais é que todos están en parroquias do que chamaban "o cinto vermello", as máis pobres e con máis problemas.

P: Como acaban nestas parroquias?
R: Ten que ver tamén coa chegada do bispo Argaya Goicoechea a Ferrol que produciu un cambio total porque pasou a diocese, do rural Mondoñedo, a Mondoñedo-Ferrol primando ao sector obreiro. A construción da Domus Eclesiae en Ferrol permitiulles aos curas reunirse eludindo a vixilancia policial.

P: Eran persoas con especiais inquietudes?
R: Eran todos novos e si, manteñen unha formación continua: encargan libros, revistas, cursos... Viaxaron fóra ademais: Segovia, Valladolid, Madrid Francia, Suíza, Ámsterdam, Roma... Contactan con novas correntes: "El Prado", Contestatarios, Solidarios, Comunidades Cristianas (Valencia), "Echanges et Dialogues"- Septuaginta y Cristianos por el Socialismo.

P: Como empezou o proceso?
R: As primeiras accións teñen que ver co "1 de maio" día do traballo, polas pancartas e panfletos que reparten clandestinamente. A ruptura profunda xurdiu no Corpus de 1968 cando os curas díscolos pretenderon facer a procesión sen a presenza armada dos militares. O Capitán Xeral impúxose e todo celebrouse como sempre, pero Argaya en decembro abandonou Ferrol e foise a San Sebastián, e os curas estiveron case dous anos gobernados por un Vigairo Capitular que "deixoulles facer". Os xefe quedaron marcados e vixiados pola Brigada Social.

P: A partir de aí, seguindo o seu relato, a actuación destes sacerdotes vai moi ligada aos conflitos obreiros.
R: As accións seguintes son moi continuadas: 1969 toma da dirección de Cáritas, 1970 a folga de 30 días da Peninsular Maderera (resistiron pola axuda dos curas que lles abriron as igrexas e levábanlles alimentos); 1971 a folga de MEGASA, 1972 a manifestación de obreiros de BAZÁN que produciu dous mortos e decenas de feridos... Nos anos setenta chegamos á cúspide das accións que van producir un conflito disruptivo entre o clero comprometido e o franquismo. Esa ruptura brusca non se emendou senón que co tempo foise agrandando, e provocou nos nosos actores a súa separación do Réxime e da estrutura eclesial, pero non do sentimento e a práctica relixiosa e reivindicativa.

P: En total toda esta actividade foi protagonizada por apenas media ducia de curas.
R: Si. Foron Gabriel Vázquez Seijas nomeado en 1955 coadjutor para a parroquia do Carmen; o bispo Jacinto Argaya Goicoechea nomeado para Mondoñedo en 1957 e en 1959 José Chao Rego que foi designado para a parroquia de Santa Mariña do Villar. En 1963 incorporáronse dous: Eliseo Ruíz de Cortázar, procedente da burguesía ferrolá destinado ao centro da cidade, e Antonio Aneiros da zona rural para a recentemente creada parroquia de San Pablo, que non tiña nin igrexa. En 1965 Vicente Couce vai de coadjutor para Santa Mariña, é da cidade e de familia obreira. En 1967 chegou, a proposta de Chao, Anxo Ferreiro Currás de rexente para San Juan de Filgueira. Xa temos o sexteto, son os sacerdotes comprometidos, os que lle deron máis traballo á policía Social.

P: Vostede investigou especialmente a opinión do réxime sobre eles.
R: Era un punto moi importante pero delicado. Quería saber o que pensaba o réxime franquista deles, como os trataba, como os consideraba. En toda ditadura hai policía política que se dedica a seguir, metodicamente, aos que considera desafectos ao réxime. Tiña que chegar eses arquivos: os da Brigada Social. Os informes persoais dos curas son unha fonte inestimable xa que lles facían seguimentos semanais e en momentos clave, día a día, como se ve nos anos 1968 e 1972.

P: E cal foi a súa conclusión?
R: Ese grupo de relixiosos foron actores sociais cunha identidade propia durante o franquismo, aos que o Réxime cualificaba, en certos momentos, como "motor e responsable do movemento obreiro na cidade". O seu lazo de unión, a súa identidade, consistía na acción social e a loita polos dereitos e liberdades propias de países democráticos, manténdose dentro do ministerio relixioso.

P: Foron duramente represaliados.
R: Chao, Couce e Currás pasaron polo Tribunal de Orde Pública, Couce foi condenado a prisión no cárcere de Zamora, Aneiros e Currás ao cárcere da Coruña, e por suposto, impuxéronse múltiples multas a todos.

P: Deixaron a Igrexa despois?
R: Si. Quizá porque a Igrexa deu as costas ao Vaticano II e volveu á rutina angelical. En 1974 comezaron a secularizarse. Morto o ditador, CCOO que estaban infiltrados na maioría das factorías, pasan a loitar abertamente polos dereitos dos obreiros, e as eleccións políticas dan o papel de loita polos dereitos e liberdades aos parlamentarios. Os curas perderon esas funcións, e os que quedaron reconvertéronse á loita nacionalista.

terça-feira, 4 de dezembro de 2012

3 guerrilleiros contra Franco

 
Venres, 14 de decembro de 2012 ás 20:00h.
 
A Asociación Cultural e Gastronómica A Troita Armada de Santiago presentará no seu local (Rúa do Pombal, 18, baixo, Santiago) o libro "A guerrilla antifranquista galega, actas do congreso", editado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña.