O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta mulleres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta mulleres. Amosar todas as publicacións

domingo, 29 de novembro de 2015

As cruces de caídos, como a de Vigo, resaltan aos verdugos


A investigadora da memoria histórica presenta un libro no que fai unha homenaxe ás vítimas da represión franquista

26/11/2015
A cafetería Detrás do Marco, a presentación do libro Un cesto de mazás, de Montse Fajardo, no que se fai unha homenaxe ás vítimas da represión franquista. Acompañada polo investigador Luis Bará, o crítico literario Ramón Nicolás e Paloma Reigosa, neta da viguesa Urania Mella.

-¿Que conta no seu libro?
-Recorre 16 historias de vítimas da represión do 36. Está contado por eles, como no caso do soldado Antonio Pérez, de Redondela, e Antonio Alejandre, de Vilaxoán, derradeiro sobrevivente do campo de concentración da illa de San Simón. E en outros casos, as contan os seus familiares, que para min tamén son vítimas.

-¿Como narra esas historias?
-Eu son xornalista e intento que sexan as propias fontes quen as conten coas súas propias palabras e modos de falar, como no caso das mulleres do Grove, nas que lles conservo a gheada. Cada capítulo está contado dun xeito o máis próximo posible á propia fonte e como viviu a historia. É un relato xornalístico pero que tenta que sexan eles quen manteñan o fío da narración.

-¿Mantén o formato que empregou en Matriarcas? 
-Si, é parecido a ese libro coa diferenza de que entón eran as protagonistas quen contaban a historia en primeira persoa, e aquí, na maioría dos casos, son os seus achegados, tratando de manter os seus xeitos de falar.

-¿Considera que é necesario este tipo de libros?
-Máis que nunca. O vindeiro ano cúmprense oitenta anos do pronunciamento militar e corenta da chegada da democracia pero as vítimas están pouco recoñecidas. Hai moi poucas persoas que coñecen o que lle aconteceu aos seus propios veciños nas súas propias vilas. En cambio, polo país, segue a haber rúas con nomes como General Mola, e segue habendo cruces, como a de Vigo, que resaltan aos verdugos. Segue habendo recoñecemento dos verdugos e esquecemento das vítimas; hai moitas familias que non saben onde están enterrados os seus familiares. É necesario ter empatía con esas persoas.

-En Vigo soubemos onte que o Constitucional rexeito involucrarse no derribo da Cruz do Castro.
-É a tónica do que ven pasado dende hai corenta anos, os parabéns da democracia ao que pasou durante o franquismo. As vítimas seguen tendo a sensación de que os seus verdugos están aceptados. Unha cousa é o que é legal, e outra, o que é xusto.

-¿As mulleres foron dobremente vítimas da represión?
-É unha teima miña. Adoitamos poñer un acento especial sobre os homes porque son maioría nos asasinatos e no encarceramento, pero as mulleres non só padeceron esa represión senón que tamén houbo castigos específicos para elas, como a rapa do pelo, o aceite de ricino ou as violacións. Hai tamén un tipo de represión difícil de recoller porque moitas sentiron vergoña e a sufriron en silencio. Penso que todas as mulleres foron vítimas do franquismo, primeiro porque acabou cos seus dereitos e relegounas ao fogar. E sobre todo, porque as viúvas, dos fusilados, quedaban cos fillos e sen o principal sustento. Ademais quedaban sinaladas e sen oportunidades.

-¿Cal foi o caso que máis lle chamou a atención?
-Hai moitos e brutais, pero a min o que máis me impacta son pequenos acenos, como deixar a unha nena de seis anos sen ir a escola porque eran irmá dun represaliado. Eses pequenos acenos cos máis febles amosan a crueldade do fascismo.

-¿Foi moi complicado reunir tantas testemuñas?
-Tiven moitas axudas da xente que investiga na memoria e das testemuñas que me abriron as súas casas. No acto de Vigo vai estar Paloma Reigosa, neta da viguesa Urania Mella. O máis duro foi dende o punto de vista emocional porque as historias son durísimas e as contan os familiares das vítimas ou elas mesmas.

-¿Por que lle puxo este título?
-Nun texto de Luis Bará, que tamén investiga na memoria, dicía que entrevistara a Tucha García para falar do seu pai que estivera tres anos nun tubo na corte. Os falanxistas foron a buscalo e como non o atoparon, destrozaron unha maceira. Luis dixo que ía volver a casa de Tucha para levarlle un cesto de mazás e devolverlle un pouco do que o fascismo lle quitara. Pareceume unha metáfora moi fermosa para definir o que quero facer con este libro, devolverlle as familias a verdade despois de corenta anos de ditadura escoitando que eran uns asasinos, e outros corenta de democracia silenciosa.

O Concello de Pontevedra rende homenaxe a case un cento de mulleres represaliadas

Foto Pontevedraviva.com

 Pontevedra.gal 24/11/15
Dentro do programa municipal A memoria das mulleres, o Concello de Pontevedra organiza este venres, 27 de novembro, unha homenaxe institucional ás mulleres que sufriron a represión franquista. O acto que se celebrará ás 20.30 horas no Teatro Principal, é froito dun acordo da Corporación, que prevé tamén reforzar a presenza das mulleres nos espazos públicos mediante a denominación de parques, prazas e rúas; a creación de roteiros urbanos; e creación de murais artísticos e a instalación de rótulos e inscricións que recoñezan e divulguen a achega das mulleres á historia da cidade, tanto desde o punto de vista individual como colectivo.

Na homenaxe deste venres lembrarase o nome de case un cento de mulleres que foron vítimas de todos os tipos de represión: asasinato, como Consuelo Acuña ou Elvira Lodeiro; o rapado do cabelo, como Custodia Gama, Camila Pintos Blanco, Carmen Echevarría, Aurelia Garrido, Olivia Tomé, Asunción Vilas A Vidala ou Encarnación Silva; prisión, como Enma Mourón, Josefina Arruti, Carmen Abuín, Josefina Blanco ou Asunción Vilas, presa en Saturrarán.

Mulleres que sufriron castigos económicos e laborais como as mestras Peregrina Martínez Santos, Nieves Adrio Sobrido, Pilar Poza Juncal, as irmáns Exclavitud e Serafina Dios (tamén encarceradas), Ernestina Otero, ou as traballadoras do concello Aurora Garrida e Delia Gendra.

Mulleres exiladas como Virxinia Pereira, Mercedes Magdalena ou Isabel Gómez Costas.

Mulleres que agocharon a perseguidos, que lles levaron alimento e amor aos agochos e aos cárceres, como Rosa e Oliva Fariña, Eulalia Carro, Maruja Álvarez, ou as irmás Aurora, Nicereta e María Martínez Fernández (As Corseteiras), que tamén foron encarceradas.

Tamén serán protagonistas da homenaxe as mulleres que sobreviviron ao asasinato e á prisión dos seus familiares: as nais, fillas, irmás e esposas que tiveron que convivir coa dor sen dereito ás bágoas, sen dereito ao dó (duelo), porque mesmo estaba prohibido chorar os seus, poñerlles unha lápida ou levar loito. E que tiveron que sacar adiante as familias, e sufrir o silencio e a inxustiza do esquecemento durante décadas.

As mulleres que sobreviviron, as que protagonizaron escenas de solidariedade e resistencia no tempo do terror, as que conservaron a memoria no interior das casas terán tamén un espazo na homenaxe do venres, que pretende ser un acto de memoria e de xustiza.

Publicación e vídeo       
Este acto é resultado do traballo de pescuda e investigación desenvolvido durante anos polo historiador Xosé Álvarez Castro e complementado con ducias de entrevistas a familias que realizou a xornalista e escritora Montse Fajardo.

Na homenaxe participará unha representación das familias represaliadas e haberá intervencións de Montse Fajardo, María do Carme Lores (neta de Isolina Villaverde e de Aurelio Torres, asasinado o 23 de agosto do 36) e do alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores. Tamén se proxectará un vídeo con imaxes de mulleres represaliadas, algunhas delas inéditas, e entregarase unha publicación divulgativa sobre o tema.

Desde o Concello queremos facer fincapé en que a listaxe de nomes é interminábel e fica incompleta, por iso é necesario seguir traballando na recuperación da cada historia, de cada nome, de cada rostro, sacándoos do esquecemento inxusto ao que foron condenados durante a ditadura e nas décadas posteriores, xa en plena democracia.

domingo, 22 de novembro de 2015

Pontevedra renderá homenaxe ás mulleres represaliadas e resistentes cun acto no Teatro Principal


PonteVedra Viva! 22/11/15
A memoria das mulleres que está a recuperar o Concello de Pontevedra a través do programa municipal bautizado, precisamente, como A memoria das mulleres, centrarase a vindeira semana nas mulleres represaliadas e resistenes, as mesmas que xa teñan protagonizado tres edicións das Xornadas 'Represaliadas e resistentes' e que nestes días están máis presentes ca nunca na memoria colectiva coincidindo co corenta aniversario da morte do Ditador. Francisco Franco, que inspirou esa represión. Nesta ocasión, será a través dun acto público no Teatro Principal. 

O acto está organizado para as 20.30 horas do vindeiro venres 27 de novembro e servirá para render homenaxe a mulleres asasinadas, rapadas, encarceradas, depuradas, aldraxadas, sinaladas polo seu compromiso político ou polo parentesco a raíz do Golpe de Estado de 1936 e durante a Guerra Civil e os anos do Franquismo. 

Dende A memoria das mulleres lembran que " as mulleres foron vítimas dunha cruenta represión que se prolongou no tempo da Ditadura. Sen dereito ás bágoas, sen dereito á dor, as mulleres conservaron os recordos no interior das casas, no tempo do silencio e do esquecemento"

A homenaxe servirá para representar nos nomes de case un cento de mulleres, a emoción e o orgullo que debe sentir a sociedade polas súas "vidas xenerosas".

martes, 3 de novembro de 2015

Xulia, Lola e Amparo na memoria

As irmás Touza



Mario Paz González 3 de novembro de 2015 A Voz de Vilalba.gal 

Atribúese ao psicoanalista austriaco Wilhelm Stekel a seguinte cita: “O que distingue ao home insensato do sensato é que o primeiro ansía morrer orgullosamente por unha causa, mentres que o segundo aspira a vivir humildemente por ela”. J. D. Salinger recóllea así na coñecida novela O gardián entre o centeo. Non é unha mala definición, aínda que pouco convencional, do que podería ser un heroe. Non estamos a falar deses personaxes que acostuman a conxugar o histórico e o simbólico coma parte do seu destiño, senón daqueles outros, anónimos, dispostos a gardar un segredo, un segredo que tal vez sexa o máis difícil: o da súa heroicidade, a súa renuncia, o seu sacrificio... Seres dispostos a entregala existencia por unha causa de xeito silandeiro sen agardar ningún tipo de recoñecemento por elo.

A cotidianidade, coa súa fráxil poesía, fica chea deles, pero non acostuman a encher titulares nos xornais, malia que as súas vidas, cargadas dunha fonda intensidade, poderían conmovernos sen dúbida algunha. Pero tamén, ás veces, a prensa diaria, coma se dunha novela se tratase, regálanos algunha destas historias e entón ese súpeto descubrimento resulta unha experiencia plenamente gozosa. Velaí, pois, unha delas.

Nos difíciles anos que pechan a primeira metade do século XX había diversos puntos estratéxicos (Lisboa, Tánxer, a Francia previa á ocupación nazi...) que servían de ponte para aqueles refuxiados que tentaban fuxir do infatuo destiño que os agardaba nunha Europa a piques de ser devastada pola guerra. Xunto aos perdedores da nosa contenda civil misturábanse os perseguidos polo crecente e irracional antisemitismo do terceiro Reich. Semella que, para os que facían o seu camiño a través de Portugal, entre 1943 e 1945 funcionou unha rede que, estendéndose a través de Galicia, chegou a salvar a vida a centos de persoas. Para poñela en práctica non foron necesarias grandes e complexas infraestructuras, senón, máis ben, fortes vontades e amplas doses de heroicidade.

Xulia, Lola e Amparo (nesa orde na fotografía), as tres irmáns Touza de Ribadavia, eran propietarias dun pequeno quiosquo na estación ferroviaria da súa vila onde vendían doces caseiros, licores, viños do Ribeiro ou pavías de Beade e Vieite... Dende alí facilitaron auga ou alimento aos presos dos grupos de traballo durante a guerra (o que lles acarrearía máis dun problema) e mesmo tiñan axudado a algúns emigrantes que partían cara a Venezuela. Pero o que moitos dos seus veciños nin siquera chegaron a sospeitar era que aportaron o seu gran de area a unha das moitas redes clandestinas de axuda aos fuxidos da Alemaña nazi.

Coa complicidade dos taxistas Xosé Rocha Freijedo e Xavier Míguez, “o Calavera”, recollían aos xudeus perseguidos que chegaban nun tren sinalado desde Monforte e encargábanse de agochalos baixo o chan da cantina para logo levalos, co amparo da escuridade nocturna, ata a fronteira por Ponte Barxas. Ricardo Pérez Parada, evanxelista e toneleiro que vivía preto da estación, oficiaba coma traductor. Falaba algo de inglés e polaco, xa que fora emigrante en Nova York entre 1908 e 1914. Ninguén soubo daquel intenso segredo do que as irmás só falaban entre elas. “Sempre andaron moi unidas no seo dunha familia ben numerosa”, dirá Antón Patiño en Memoria de Ferro.

Elas, que viviron no anonimato coa ledicia e vitalidade que lles permitiron as circunstancias, levaron ata as derradeiras consecuencias a máxima aquela que marcou definitivamente a vida de Cosimo Piovasco di Rondò, o heroe da fermosa novela O barón rampante de Italo Calvino: “As empresas que se basean nunha tenacidade interior deben ser mudas e escuras, por pouco que un se manifeste ou vanglorie delas, todo semella parvo, sen sentido e mesmo mesquiño”. Co seu exemplo, as tres, quizáis sen sabelo, encarnaron cunha máis que sutil perfección a imaxe do heroe anónimo, do heroe que se amosa coma modelo ético de sacrificio e responsabilidade, disposto a cumplir un destiño, tal vez non elexido, pero enteiramente asumido por inevitable.

Lola morrería o 26 de xuño de 1966, Amparo o 6 de febreiro de 1981 e Xulia, a máis nova, o 6 de xuño de 1983. As tres recibiron sepultura no cemiterio de Ribadavia, en nichos que lindaban coa parte onde enterraban aos non católicos. Quen sabe se nunha derradeira homenaxe a moitos aqueles aos que axudaron.

Recentemente, Lolin Lira Pousa adicoulles un artigo no número 83 (abril, 2008) da revista sefardita Aki Yerushalayim. Tamén a finais de xuño a “Asamblea Universal Sefardí Isaac Siboni” plantou en Xerusalén unha árbore na súa memoria. Xa na nosa terra, a prensa galega fíxose eco de como o pasado domingo 7 de setembro, coincidindo coa celebración da IX Xornada Europea da Cultura Xudía, Efi Stenzler, presidente do Directorio Mundial da Fundación Xudea Nacional Keren Kayemeth Leisrael, loubou o seu labor mentres os descendentes das tres mulleres fixeron unha homenaxe na súa vila natal coa colocación dunha praca conmemorativa na casa porticada na que viviron, na rúa do xuíz Viñas número 2, así coma unha ofrenda floral e un acto de lembranza no cemiterio municipal.

Antón Patiño Regueiro (1919-2005), libreiro e escritor, relata cun estilo tinguido de lene saudade a súa historia xunto con moitas outras no libro Memoria de ferro, imprescindible para todo aquel con interese na memoria histórica. Nel reúne unha serie de fotografías literarias, hoxe menos borrosas, de vítimas da represión franquista. Case todos os relatos que completan o pequeno volume chegáronlle por man propia ou lle foron referidos por amigos e coñecidos. “O libro é como un peto de ánimas aos amigos meus daquel tempo”, dixo con acerto no seu día o propio autor. Nesa mistura de ficción e realidade, de literatura e vida, á que nos referiamos ao comezo, compre dicir que Memoria de ferro sería, ademáis, o xerme para algunhas das historias incluidas na novela Os libros arden mal de Manuel Rivas.

Memoria de Ferro.Antón Patiño Regueira

venres, 23 de outubro de 2015

Presentación en Ferrol do libro "Málaga: base naval accidental"


Presentación do libro Málaga: base naval accidental, de Luis Miguel Cerdera Jiménez

Ateneo Ferrolan

A Asociación Memoria Histórica Democrática presentou o libro "Málaga: base naval accidental" de Luis Miguel Cerdera Jiménez
Hoxe día 23 no salón de actos do Ateneo Ferrolán

O acto presentado por Enrique Barrera Beitia, a continuación o autor disertará sobre o libro.
Cerdera naceu en El Palo (Málaga) en 1962 e na actualidade exerce como funcionario do Concello de Logroño, é un apaixoado investigador da guerra civil, especialmente da guerra no mar.
Precisamente a temática do libro desenvolve os acontecementos dos primeiros meses da guerra civil en Málaga, convertida nunha base provisional da Escuadra republicana.

O libro ten especial relación con Ferrol, debido á presenza de numerosos ferroláns nos buques da flota leal ao Goberno lexítimo.

Máis info: http://www.malagabasenavalaccidental.com/



Un destes ferrolanos, un tío meu nos buques da republica en defensa do porto de Málaga foi o Xauen, o cal conta cun capitulo no libro.

Esta é a historia da miña familia:
O Xauen en canto o golpe de estado realízase en Ferrol, o 19 de xullo do 36, dirixíase á súa Base Naval de Ferrol onde estaba destinado, ao saber das loitas na devandita Base de Ferrol o seu Comandante vira o seu rumbo e diríxese cara ao sur, alí ocupouse de defender o porto de Málaga ata a huída pola estrada de Almería tristemente famosa polos bombardeos sufridos pola poboación civil que fuxía da cidade.

No Xauen estaba destinado o meu tío Mariano Perez Yañez, que durante os bombardeos a Málaga é ferido e sufriu a amputación dunha perna, fué atendido no hospital de sangue de Málaga, onde alí atopábanse como enfermeiras a miña avóa Rafaela Reina Valenzuela e miña tia materna Carmen López de Gamarra, a irmá maior da miña nai con 16 anos; asistiu no quirofano á amputación do seu futuro marido Mariano, ambos realizaron a huída pola estrada de Almería por separado, Mariano xa mutilado de guerra, en Valencia reencontráronse, e alí casáronse, ao ser ocupada Valencia trasládanse a Cartagena onde lles colle o final e perdida da guerra, estando a súa nai de parto o mesmo día 1 de abril do 39, non poden escapar ao exilio nos últimos buques que saíron desde o porto de Cartagena, tiveron unha nena, pero esa nena pasa á historia da familia como falecida ao pouco tempo de nacer, Unha investigación miña, levame a saber que no libro de rexistro do cemiterio de Cartagena nos primeiros días do mes de abril só consta falecida unha nena o día 5 de abril pero sospeitosamente, é sen ser o habitual, a casilla de onde se atopa sepultada esta baleira, a diferenza doutras de adultos que si teñen inscripción, polo cal a considero sospeitosa de ser un bebé roubado e o que si é sen ningunha dúbida é desaparecida, posto que non se sabe onde se atopa.

Ao acabar a guerra todos os que se atopaban no estado español, tiveron por decreto do final da guerra volver ás súas respectivas localidades de orixe, Mariano paso un xuízo que foi sobreseido, a súa xa esposa Carmen, a miña tía materna, xunto coa súa nai xa viuda de Juan López de Gamarra e a miña nai Pilar, trasládanse a vivir a Ferrol, a primeira por reunirse co seu marido aínda que tiveron que volver a casarse pola igrexa xa que o matrimonio civil en Valencia a vista da ditadura fascista non existia, a avóa e a miña nai decídense a irse a vivir a Ferrol por pasar desapercibidas nun lugar onde son descoñecidas dadas as represalias que sufrian os familiares (habitualmente as mulleres) de fusilados. Este éxodo do exilio interior foi moi común en todo o territorio do estado.

Este é o motivo polo cal todos os netos do avó materno malagueño Juan López de Gamarra somos galegos, polo casamente dun marino ferrolán do Xauen casado cunha malagueña que coñece como enfermeira no hospital de sangue de Málaga en enero de 1937.

Entre os buques sublevados que bombardearon tanto Málaga como a fuxida da poboación civil atopábase o Crucero Almirante Cervera, este buque perdeuse en loita armada para o goberno da república na Base Naval de Ferrol e o meu tío paterno tamén ferrolano Manuel Barreiro Rey foi fusilado con 25 anos por defender a tóma de posesión das tropas facciosas do buque con acusación en solitario de promotor da rebelión a bordo do Cervera.

mércores, 14 de outubro de 2015

Actos do exilio: "Os nenos e nenas da guerra civil española" en Ferrol e Oleiros


O Ateneo Ferrolán recupera a experiencia do exilio infantil a Rusia despois da guerra 

14 Octubre 2015
Nos anos 1937 e 1938, no contexto da guerra civil española, uns 3.000 nenos e nenas foron evacuados dende a zona republicana cara a Unión Soviética, para evitarlles os rigores da guerra nas zonas máis afectadas polos combates, aínda que o oriente europeo non foi o único punto do exilio infantil das familias republicanas. Moitos daqueles nenos e nenas exiliados non puideron voltar ás súas zonas de orixe debido ás vicisitudes da Segunda Guerra Mundial, a dictadura franquista e a dinámica xeral da guerra fría.

O Ateneo Ferrolán organiza un encontro con Araceli Ruiz (Palencia, 1924) e Libertad Fernández (Sama de Langreo, 1927) dúas daquelas nenas, e Alejandra “Sura” Marcova, unha moscovita que viviu sempre no ambiente dos nenos de Rusia e casou cun deles, Manolo Fernández. Estas tres mulleres falarán da súa experiencia vital nun exilio que aínda é moi descoñecido para moita xente. E a narración da súa vida en primeira persoa irá seguida dun coloquio co público asistente. 


Tres nenas exiliadas pola guerra civil española contarán a súa historia o xoves na Fábrica de Oleiros

Alternativa dos Veciños Oleiros 13/10/15
O auditorio do centro cultural A Fábrica acolle este xoves, a partir das 20:00 h, un acto público sobre os nenos e nenas da guerra civil española. Araceli Ruiz, Libertad Fernández e Shura Marcova relatarán como sendo menores de idade tiveron que fuxir cara a Moscú ante a persecución fascista en España. Tamén serán proxectados varios documentais e realizarase unha charla coloquio moderada pola Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica.
 
A historia que achegarán Araceli, Libertad e Shura ás persoas asistentes estará acompañada dos comentarios do profesor de xeografía e historia Jorge Calle, que porá en situación e contexto a fuxida destas tres nenas cara a Rusia. Tamén serán proxectados os álbums da guerra de Castelao en Moscú, que contarán coas explicacións do profesor e investigador Xesús Alonso Montero. Carmen Rodeja, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e os estudantes Ángela Pérez e Daniel Sánchez moderarán un acto que durará unha hora, aproximadamente.

luns, 12 de outubro de 2015

Pontevedra homenaxeará durante todo 2016 ás vítimas 'silenciadas' da represión franquista

Homenaxe a Alexandre Bóveda
© Mónica Patxot

Pontevedra Viva! Alejandro Espiño 11/10/15
En 2016 cumpriranse oitenta anos do golpe de estado que derivou na Guerra Civil española. Un período negro da nosa historia que deixou na cidade de Pontevedra, máis aló das mortes directas no conflito bélico, centos de vítimas da represión franquista. A todas elas, especialmente a aquelas 'silenciadas' -na súa maior parte mulleres-, estará dedicada unha ampla programación de actividades que se celebrarán ao longo de todo o ano.

Así se acordou nunha reunión celebrada este venres no Concello de Pontevedra e na que participaron BNG, Partido Popular, Ciudadanos e a Fundación Alexandre Bóveda.

Segundo informou o concelleiro Luís Bará, ademais da homenaxe que o Concello organizará o próximo mes de novembro, que estará dedicado ás mulleres que foron vítimas "directas ou indirectas" desta represión, ao longo de todo o ano 2016 celebraranse diversos actos de recordo aos "moitos pontevedreses asasinados" durante ese período. Terá, dixo, "certa relación" co Ano Castelao que tamén se conmemorará o próximo ano.

Ademais desta iniciativa anual, a moción que estes tres partidos acordaron -respectando un acordo plenario- incluirá a denominación como parque Amalia Álvarez, viúva de Alexandre Bóveda, a unha zona verde no barrio da Eiriña, onde se realizará "algunha plantación de árbores ou dalgún elemento simbólico" que lembre á homenaxeada.

O que non se modificará, engadiu Bará, é o esquema dos actos que, cada 17 de agosto celébranse en Poio e Pontevedra con motivo do Día da Galiza Mártir e que están centrados na figura de Bóveda. Todos acordaron que sexan ambos os concellos, xunto coa Deputación e a Fundación Alexandre Bóveda os que decidan o formato destes actos e, sobre todo a familia, cren que a programación actual é "axeitada".

A esta reunión non asistiron nin PSdeG-PSOE, que desculpou a súa ausencia, nin Marea. Cara a esta formación foron as críticas de Luís Bará, que cualificou como "mal estilo" e "falta de respecto" que non acudisen a este encontro e anunciasen, vía comunicado de prensa, que non irían porque "ao facela extensiva a todos os grupos aboca a repetir o debate que xa tivemos no pleno de setembro", segundo destacaba a formación.

Marea entendía que a moción debía refundir as propostas presentadas polo BNG e a súa propia e, tras manifestar o seu acordo nos puntos principais, pedían que se plantase un piñeiro en memoria a Amalia Álvarez no novo parque e que se trasladase alí o acto institucional que organiza o concello cada 17 de agosto. Ambas as ideas foron rexeitadas na reunión, entre outros, polos propios familiares de Bóveda.

sábado, 10 de outubro de 2015

"O fiscal militar arrepentiuse toda a súa vida de haberlles xulgado"

Flor Baena e Eva Solla, familiares dos vigueses fusilados no 1975
Traducción Estación Atlántica

Rosé Carrera. Vigo Atlantico.net 28/09/2015
Flor Baena, irmá de Humberto Baena, leva corenta anos defendendo a honarabilidad do seu irmán, cuxa única culpa foi publicar unha esquela nun xornal local tralo asasinato dun obreiro en Vigo naqueles convulsos días de 1975. As vías emprendidas ante a Xustiza española pecháronse. Agora, as súas esperanzas están postas nun xulgado arxentino e na ONU.

Emocionada polo número de persoas que acudiron este ano á homenaxe?
Moito. Todos os anos non o esquecen.

Como se atopa os trámites legais para reparar a figura de Humberto Baena?
O proceso está agora en Arxentina, coa xuíza Servini, (investiga os crimes do franquismo e pediu a extradición de varios supostos maltradores). Este mes foi á ONU para que se saiba máis o caso. A ver en que queda, porque a cousa non pinta moi ben.

Que pasou en España?

Levouse o proceso ao Tribunal Constitucional, pero rexeitárono porque naquela época non había Constitución en España. Levámolo ao Tribunal de Dereitos Humanos da Haya, pero España non asinara a Carta de Dereitos Humanos, pero iso non hai que asinalo; é algo que hai que respectar. Na ONU tamén o rexeitaron porque o viron na Haya.

Están nun punto morto, salvo pola vía arxentina.

Estamos estudando algunha outra alternativa, porque empezan a aparecer testemuños. Un fillo do fiscal militar que os xulgou dixo que o seu pai arrepentiuse toda a vida de celebrar aquel xuízo e que nunca se debía xulgar.

Corenta anos despois, cal é a súa opinión sobre o tratamento que fai España ás vítimas do franquismo?
Pon todas as trabas posibles para que non se esclarezan os feitos. Ata agora, non deixan acceso aos expedientes e si entréganos fano tapando os nomes con típex, censurados. Iso demostra que o que fixeron foi unha chapuza.

domingo, 4 de outubro de 2015

O peirao da memoria

Eugenia Rey Acuña

O sábado 3 de outubro, ás 7 da tarde, a Regaduxa Memoria Histórica de Vilaboa organiza un acto público no peirao de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) para denunciar a negativa de Portos de Galicia a instalar una inscrición de homenaxe ás vítimas do terror franquista en Vilaboa.

Luis Bará -  Non des a esquecemento 30/9/15
Eugenia Rey Acuña, a muller da fotografía, naceu o 27 de setembro de 1932. Ten 83 anos. A súa nai, Áurea Acuña Seoane, morreu con 22 anos, cando ela tiña 4 meses. O 2 de marzo de 1937, os fascistas fusilaron ao seu pai en Pontevedra e enterráno nunha tumba sen nome, da que nunca máis volveu. Eugenia ficou no mundo coa súa avoa, Peregrina Acuña Seoane, nai solteira, muller forte e valente. Ficou aquí na terra para chorar amargamente polo pai preso, polo pai asasinado.

A comezos de 2014 fun á súa casa do Chincho na procura das páxinas do libro do esquecemento e tiven a sensación de que levaba décadas agardando ese momento. Levaba décadas esperando falar do que lle pasara ao seu pai, que tocaba o clarinete na banda de Ponte Sampaio e bailaba que daba gusto velo. Levaba décadas chorando en silencio unha ausencia que non parara de medrar, desde o día que foi ao Lazareto de San Simón visitalo e nunca máis o volveu ver. Desde o día de xullo do 36 que os falanxistas o foron buscar á casa do Outeiro e el lle dixo a Peregina que lle deixaba tres pesos para mercar herba para a semente e un vestido vermello para a nena.

En marzo de 2014 a asociación A Regaduxa organizou unha homenaxe ás vitimas do franquismo no concello de Vilaboa. Ali estaba ela, Eugenia Rey Acuña, chorando bágoas de emoción e orgullo polo pai asasinado, polo pai soterrado nunha tumba anónima, polo pai enterrado no silencio da Historia.
O pasado 26 de abril, Eugenia acompañounos na presentación da inscrición de homenaxe ás vítimas do terror franquista en Vilaboa que a Regaduxa quere instalar no peirao de Deilán, en Santa Cristina de Cobres. No peirao no que foi obrigado a realizar traballos forzados o seu pai, Eligio Rey, con centos de presos da illa. Quen lle vai explicar a Eugenia a negativa de Portos de Galicia a permitir esta homenaxe sinxela e sentida das xentes de Vilaboa?

O sábado 3 de outubro voltaremos a ese peirao para acabar co silencio ao que foi condenado Eligio, para limpar as bágoas de soidade e de dor de Eugenia, para compartir o seu orgullo de filla dun republicano, dun home de ben, humilde e honrado. Para que a luz da memoria dos homes e mulleres de Vilaboa que loitaron pola democracia e a liberdade venza definitivamente o esquecemento. E para acabar para sempre coa insensibilidade dos que ainda hoxe pretenden administrar o pasado e gobernar sobre os sentimentos das persoas.

PD O vindeiro sábado 3 de outubro, ás 7 da tarde, a Regaduxa Memoria Histórica de Vilaboa organiza un acto público no peirao de Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) para denunciar a negativa de Portos de Galicia a instalar una inscrición de homenaxe ás vítimas do terror franquista en Vilaboa.

Eligio Rey, canteiro e músico
(texto publicado no blog en marzo de 2014)

Onte pola tarde fun a Paredes (a miña terra natal, no concello de Vilaboa) falar con unha muller de 82 anos á que lle mataron o pai cando tiña 4 anos, o 2 de marzo de 1937, despois de pasar meses preso en San Simón; matáronlle o pai (a nai morrera cando tiña catro meses) por ir a Pontevedra o 20 de xullo, por ser obreiro e comunista e defender a legalidade (a iso os golpistas chamábanlle rebelión); matáronlle a esperanza, a liberdade, a infancia e condenárona nun mundo de miseria, de fame, de terror.

Esta muller tamén me falou dos veciños e veciñas perseguidos, agochados no monte e nas cortes do gando; das mulleres rapadas; dos asasinos e dos seus cómplices. Faloume da represión invisíbel, da persecución e da dor interminábel. Gardaba coma un tesouro o libro Aillados, que fala do seu pai preso na illa que case se ve desde a súa casa. Quedamos para falar outro día mais vou precisar máis días para que me desvele a súa enciclopedia do esquecemento. Díxenlle que queriamos organizar no mes de marzo un acto en homenaxe do seu pai e os ollos enchéronselle de emoción e de orgullo.

Despois de tantos anos, aínda se laian algúns de que queiramos saber o que pasou, de que mundo silenciado vimos, e sinto con máis forza a obriga de saber, de pronunciar os nomes das vítimas, de sacalos da escuridade dos arquivos militares e da letra fría dos rexistros civis, de poñelos en letra escrita nunha historia que aínda non está contada e que reclama xustiza.

Na memoria de Eligio Rey Freijanes e de todas as persoas que foron encarceradas, perseguidas, aldraxadas, encerradas no xigantesco cárcere e enterradas no inmenso cemiterio do franquismo.

sábado, 3 de outubro de 2015

Cuntis recupera a súa memoria histórica

Delia Núñez Crestar, partera de Moraña que faleceu en xaneiro.  FdV

Traducción Estación Atlántica

O Concello, coa colaboración de varias entidades, dedica o mes de outubro a rehabilitar a figura das vítimas da represión derivada do golpe militar de 1936 

Faro de Vigo 29.09.2015
Durante todo o mes de outubro Cuntis recordará ás vítimas da represión fascista xurdida do golpe militar de 1936, cunha serie de actos que contan coa colaboración de varias asociacións culturais, autores e historiadores que investigaron sobre aqueles feitos, durante tantos anos silenciados.

Conferencias, presentacións de libros, exposicións e un pleno de restitución da última corporación republicana, integran este programa.

O sábado 31 de outubro ás 12.00 horas celebrarase un pleno simbólico para levar a cabo a restitución da última corporación municipal antes do golpe de 1936. Será na Casa dá Cultura Roberto Branco Torres. O acto concluirá coa colocación dunha placa en homenaxe a todas as persoas represaliadas no municipio.

Tamén se montarán varias exposicións como a que promueve a asociación O Fervedoiro sobre a figura de Xoán Xesús González, que poderá verse no colexio Don Aurelio desde o venres 2 ao xoves 8 de outubro e na Casa dá Cultura Roberto Blanco Torres desde o 9 ata o 12 de outubro.

Outra exposición centrarase en Roberto Blanco, esta na Casa dá Cultura entre o 2 e o 8 de outubro e do 9 ao 16 no colexio Don Aurelio.

Restitución da corporación republicana
Faro de Vigo - Redacción | Cuntis 29.09.2015
Cuntis quere reconciliarse con todas as vítimas da represión xurdida da sublevación militar de 1936, dedicando o mes de outubro á recuperación da memoria histórica e aos seus protagonistas. Son actividades organizadas pola Concellería de Cultura deste municipio en colaboración con varias asociacións e persoas vinculadas coa memoria histórica. Poñeranse en marcha o sábado 3 de outubro, coa inauguración destes actos na Casa dá Cultura Roberto Blanco Torres.

A iniciativa conta coa colaboración de asociacións de Cuntis, como O Fervedoiro e O Meigallo, ás que hai que sumar a colaboración de colectivos cun gran calado a nivel nacional, como son a Fundación Alexandre Bóveda ou a Asociación pola Recuperación dá Memoria Histórica, ao que se deben de sumar os contactos mantidos con Iniciativa Galega pola Memoria ou coa Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, así como a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística, ou autores como Montse Fajardo, Baia Fernández da Torre, José Reigosa, Uxío Breogán ou Xoán Carlos Garrido.

Con estes actos recordaranse a vítimas como a partera de Moraña Delia Núñez Crestar, que faleceu o pasado mes de xaneiro aos 104 anos de idade. Precisamente nun dos capítulos do primeiro libro de Montse Fajardo, "Matriarcas" ten como escenario a comarca e está protagonizado por esta muller.

Son centos os nenos que trouxo ao mundo Delia Núñez Crestar, nos 47 anos que exerceu a súa profesión na comarca. Non era suficiente para sacar adiante soa ás dúas fillas que procreou, sen pasar polo altar, e por iso compaxinaba os partos coa venda de produtos do campo e gando en feiras tan afastadas da súa casa como a de Silleda, á que acudía andando. Iso obrigáballe a facer noite no camiño, que chegou a percorrer acompañada por unha pistola.

Foi testemuña do reinado de Alfonso XIII, a Segunda República, o golpe de Estado do 36, o franquismo e a democracia. Moitos recordos nunha memoria que nunca lle fallou e que compartiu cos lectores de "Matriarcas".

Libro
En "Un cesto de mazás" libro que Montse Fajardo presenta o 10 de outubro en Cuntis, a comarca está presente a través de dous escenarios comúns para os represaliados polo golpe de Estado de 1936.

Pontevedra, epicentro de prisión e xuízos e a illa de San Simón na que estiveron faltos de liberdade decenas de veciños da comarca. Como era o día a día do antigo lazareto, sácalas nocturnas, a miseria, os piojos e o fame son fielmente retratados polo vilaxoanés Antonio Alejandre, último superviviente da prisión.

domingo, 20 de setembro de 2015

Os portugueses de Marín

Montse Fajardo coa Memoria de Marín no Pozo da Revolta 20/9/15
Pontevedra Via! Celso Xavier Milleiro Sánchez 17 setembro 2015
Tras unha conversa mantida hai meses con José Antonio Pazos, interesante e polifacético mestre do colexio do Sequelo, gostaría realizar unha pequena procura nos datos que teño dos portugueses en Marín.

Ao longo do século XX chegaron ao noso concello perto dun centenar de emigrantes procedentes da outra beira do Miño que se asentaron e deixaron tras de si as súas pegadas, sendo numerosos os actuais marinenses descendentes deles. Os primeiros en chegar procedían do norte de Portugal, unha parte importante oriúndos da parroquia de Perre, en Viana do Castelo, e estaban relacionados co oficio de cantaría. Máis tarde, e en menor cantidade, viñeron da zona de Leiría e estaban especializados no oficio asociado ao sector manufactureiro da madeira. Xa nos anos 60, procedentes da zona de Chaves, fixaron aquí a súa residencia portugueses de etnia xitana.

Os apelidos de moitos deles foron deturpados e desnaturalizados e noutros recoñécense ben a súa procedencia: Epifanio, Capa, Abreu, Malaquías, Barbosa, León, Guerra, dos Anjos, Acevedo, de Sá, Leal... Deixando unha importante pegada na historia e na vida social de Marín. Os primeiros chegaron a comezos do século XX para traballar na construción do peirao de Marín, e trouxeron consigo os seus ideais de conciencia de clase. Tanto eles como os seus fillos participaron de forma activa no tecido sindical de preguerra, Augusto Alfonso González "Xico" e Teófilo Freitas Alves chegaron a presidir a Federación Obreira de Marín (UXT), Domingo Martínez Rufo a Sociedade de Canteiros, Domingo Gonçalves Borlido a Sociedade Agraria de Mogor, Silverio Lameiro Leal foi detido por motivos sindicais en 1932 ou Antonio Pérez Moreira "O Lonco" foi soterrado coa bandeira da República Española antes do estoupido da guerra civil.

Tras o comezo desta, moitos deles e a xeración nacida en Marín, foron perseguidos e/ou represaliados: Manuel de Paula Castiñeira Maneiro "Marcelino Liberato", Enrique Pérez Gómez "Xan do Río", Francisco da Silva Rosales "Tecelán", José Álvarez Silva, José Martínez Alfonso, Ángel Martínez Moreira "O Varrendeiro", Manuel Blanco Rodríguez "Blancote", Francisco Fresco Alfonso, Alvino Alves dos Santos, Francisco Araújo Calvo... e doutros casados con mulleres de orixe portuguesa como Laureano Muradas Domínguez "Chiripas", José Abalo Fernández, Manuel Gil García "O Maraghato" (este fusilado nos montes de Gipuzkoa o 20 de xullo de 1936 ao defender o estado democrático da República Española)...

Augusto Gonçalves Afonso "Xico" e o marinense António Afonso Martins "Cajariche" ou "Caghabicha" (os apelidos na súa forma portuguesa) foron fusilados o 14 de setembro de 1937 e foron así polo compromiso na defensa dos dereitos da clase traballadora.

Os portugueses e portuguesas de Marín, así como os seus fillos/as, contribuíron firmemente ao benestar social do noso concello e de Galiza. O vindeiro 20 de setembro a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín lembrará no Pozo da Revolta a algúns deles de forma explícita, mais tamén lembremos de forma implícita á colonia portuguesa, incluídas as esquecidas mulleres que xogaron un rol importante, mas non vistoso, pola dignidade colectiva e de loita pola xustiza social.

Os familiares terán a palabra na inaguración da avenida Josefina Arruti

Foto da boda de Josefina Arruti e Bibiano Fernández Osorio-Tafall, realizada por Pintos

 
Familiares de Josefina Arruti Viaño tomarán a palabra na inauguración oficial do desdobramento da avenida de Vigo, o novo acceso sur da cidade que leva o nome da finada. O acto celebrarase o próximo luns, 21 de setembro e estará presidido pola ministra de Fomento, Ana Pastor e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.

A avenida Josefina Arruti é o novo acceso sur da cidade, unha arteria de alta capacidade que conecta o nó do Pino coa estación de autobuses. Supón unha importante remodelación urbanística da zona xa que reordena os tráficos de entrada e saída a cidade e converte a vella avenida de Vigo nunha rúa dun só carril e características do centro urbano.

O nome escollido para o novo vial quere ser unha homenaxe á Memoria das mulleres silenciadas polo franquismo como a mesma Josefina Arruti, represaliada por ser a muller do alcalde republicano de Pontevedra Bibiano Fernández Osorio Tafall, quen marchou ó exilio deixando atrás a súa familia. A penuria de Josefina – compartida por outras moitas perdedoras e perdedores da Guerra Civil- foi unha penuria solidaria. Se lembra aínda na cidade a apertura que fixo do seu panteón familiar para que mortos republicanos recibirán sepultura.

'Un cesto de mazás', un libro para recuperar a memoria das vítimas evidentes do 36... e de todas as demais


En Pontevedra, o libro será presentado o xoves 24 ás 20.30 horas no Pazo de Mugartegui 

Pontevedra Viva! 17/9/15
Persoas detidas, fusiladas, asasinadas en cunetas, escondidas durante anos en tobos de cortes ou ocos de cociña, humilladas... e unha longa lista de vítimas do Golpe de Estado de 1936, da Guerra Civil e dos anos de Ditadura de Franco por toda Galicia. Estes son os protagonistas de  Un cesto de mazás. Memoria das vitimas do 36 e do tempo que veu, segundo libro da xornalista Montse Fajardo que busca achegar o seu gran de area á recuperación da memoria das vítimas desa etapa negra da historia de España; de todas as vítimas, tamén das que moitas veces foron aínda máis silenciadas que as demais, pois, en palabras da autora, "detrás de cada persoa fusilada ou asasinada nunha cuneta hai un ronsel doutras vítimas que moitas veces nin sequera son consideradas como tal".

Perseguindo ese obxectivo, Un cesto de mazás fala "de foxas, batallóns, cárceres e exilio", das vítimas evidentes do 36, pero tamén das outras, de "viúvas obrigadas a sacar adiante soas aos seus. Criaturas orfas que non volven á escola porque non se permite a entrada a flllas de rojos. Nais que saen pola noite a pasear por rúas oscuras porque din os vellos que a Santa Compaña anda cos mortos e ellas queren ver ao seu fillo fusilado unha vez máis...". Para Montse Fajardo ellas también son víctimas y por eso este libre "conta que pasou despois do fusilamento, do exilio, do cárcere...".

Para falar de todas elas válese de nomes propios e pon cara, nome e biografía a 16 historias de represión contadas en todos os casos por persoas próximas ás protagonistas. Unha delas é a historia de Josefina Arruti, moi de actualidade en Pontevedra porque pasou a dar nome á nova rúa xurdida do desdobramento da avenida de Vigo. Do mesmo xeito que ese nomeamento, este libro serve para facer xustiza cunha persoa moitas veces esquecida da historia pontevedresa. 

O capítulo dedicado a Josefina Arruti é, para a autora, "un exemplo desa invisibilidade das mulleres vitimas do 36", pois pasou 18 meses presa e dous anos en arresto domiciliario, pero na cidade sempre se considerou ao seu marido, o alcalde republicano Bibiano Fernández Osorio-Tafall, como a gran vítima do 36 porque se viu obrigado a exiliarse. Montse Fajardo fai súa unha apreciación da filla de Josefina de que a súa nai "presa primeiro e logo repudiada, sen moitos medios para saír adiante, sufriu tanto ou máis ca el". 

Josefina Arruti é tan só un dos vínculos deste libro con Pontevedra, pois a autora, natural de Vilagarcía de Arousa, outorga a paternidade desta obra a dous pontevedreses: o concelleiro Luís Bará, que "fixo que o 'meniño' fora así de listo, correxindo os erros lingüísticos" e Ismael Calvo, de Ovo Publicidade, responsable do deseño que "fixo que fora así de guapo". O toque pontevedrés chega tamén cos capítulos dedicados a Manuel García Amoedo, de Vilaboa, ou Antonio Alejandre, de Vilaxoán, pero que estivo preso en Pontevedra; e a cidade e a comarca están moi presentes nas 16 historias, pois é aquí onde fusilaron a outros dous protagonistas, Amando Igrexas, de Marin, e Celestino Carbia, de Valga; e onde daba clase outra das vítimas, Ernestina Otero.

Un cesto de mazás, que se presentará este venres 18 de setembro ás 21.00 horas no Salón García de Vilagarcía, é un libro de memoria que tivo as súas orixes na primeira obra de Montse Fajardo, Matriarcas. Mulleres en pé de vida, e no programa do Concello de Pontevedra A Memoria das Mulleres. A autora sempre foi consciente de que aínda "quedan centos de historias de represión por descubrir", por iso considera fundamental que se promovan iniciativas como este programa pontevedrés e por iso se decidiu a dar forma a un segundo libro. En Pontevedra, o libro será presentado o xoves 24 ás 20.30 horas no Pazo de Mugartegui coa presenza de Carmiña Arruti, que falará das experiencias da súa nai, segundo explicou Montse Fajardo na rolda de prensa ofrecida xunto ao concelleiro Luis Bará no Concello de Pontevedra.

Do mesmo xeito que no seu primeiro libro, conta historias de memoria oral, "historias contadas por quen as viviu ou nalgún caso por alguén moi próximo". Unha vez máis, busca colaborar para que se preserve a memoria oral e colectiva das galegas e, neste caso, tamén dos galegos porque, como ela mesma recolle no limiar, "nin podo nin quero seguir dándolles as costas aos esquecidos da nosa Historia".

martes, 1 de setembro de 2015

Morre Pepa Noia, a galega fundadora de Madres de Plaza de Mayo


Os nervios levárona a ser a primeira muller en chegar a Praza de Maio aquel día no que ía nacer o movemento das nais que reclamaba verdade e xustiza pola desaparición d@s fill@s pola ditadura arxentina. Pepa Noia, de orixe galega, íniciaba entón case corenta anos de busca e loita que só rematan agora, coa súa morte en Bos Aires.

C.V.
Nacera en 1921 e o seu verdadeiro nome era Josefina Garcia, mais, para sempre foi coñecida como Pepa Noia. O seu outro nacemento acontecería en outubro de 1976, cando desaparece a súa filla María Lourdes canda o seu compañeiro. Desde entón, Pepa Noia iniciaría a súa segunda vida, na busca incesante da súa filla e da verdade e a xustiza a través das Nais da Praza de Maio. A primeira que chegou á ronda que botaría a andar aquel movemento de mulleres en Arxentina, Pepa Noia, era filla da emigración, e tanto a súa nai como o seu pai eran orixinarios de Ourense. 
 
Noia era o apelido do seu home, Juan Carlos Noia, co que tivo catro fillos. A terceira era María Lourdes, psicóloga e profesora que tiña en 1976 un fillo de ano e medio ao que Pepa contribuía a criar. Desde o primeiro día da súa ausencia, Pepa Noia comezou unha busca que non remataría nunca., primeiro en solitario, logo sumando forzas e emocións con outras nais, saíndo a rúa e reclamando xustiza para toda aquela mocidade que a ditadura dera en desaparecer. 

O 30 de abril de 1977 Pepa Noia foi a primeira en chegar á Praza de Maio para iniciar as rondas que se prolongarían durante tanto tempo. “Cheguei moi cedo, dúas horas antes da hora que acordamos. Non podía durmir en toda a noite. Fun á praza, non había un alma. Eran as pombas e eu. Un anaco despois chegaron as outras mamás. Había unha moza que non quixo dar o nome. (…) comezamos a dar as voltas porque non podiamos ficar quietas, os policías facíanos camiñar”, explicou nunha das múltiples entrevistas nas que relatou a orixe dun movemento que levou ás mulleres á rúa, do ámbito familiar ao político. 

Membro do movemento, despois da escisión na Liña Fundadora, até o fin do seus días, infelizmente Pepa Noia pouco puido averiguar do destino final de María Lourdes. Confesaba que por momentos, soñaba ser a “feiticeira” do coñecido programa televisivo que movía o nariz e os desexos se cumprían. No seu caso, impúñase un sobre todos, recuperar a súa filla, mais, malia a loita, nunca se había de cumprir. 

Nos últimos anos, Pepa Noia recibiu moitos recoñecementos, entre eles, foi nomeada Cidadana Ilustre da Cidade de Bos Aires e arredor dela o investigador Enrique Arrosagaray escribiu o libro . Josefina Pepa de Noia. Una Madre de primera hora, publicado en 2011. 

“Ese sábado 30 de abril de 1977 chegou á praza dúas horas antes, de ansiosa. Deu voltas, agardou, mirou, deu máis voltas. Cando eran as catro e media atopouse con outras trece a un costado da Pirámide, preto da rúa Ribadavia. Non soubo ese día que en torno de Azucena Villaflor facían nacer unha das organizacións humanitarias máis valiosas na historia mundial”, escribiu Arrosagaray daquela nai de primeira hora, a primeira en chegar e a derradeira en marchar dunha loita que se implicou durante case corenta anos.

domingo, 16 de agosto de 2015

Homenaxe a Francisco Miguel e Syra Alonso no Día da Galiza Martir

Syra Alonso e o pintor Francisco Miguel en Madrid en 1934

Domingo 16 de agosto | 20:00h. | Praza da Liberdade, San Pedro de Nós (Oleiros)

15/08/2015 Redacción
Oleiros, 15 de agosto de 2015.- A asemblea local do BNG de Oleiros organiza mañá domingo ás 20 horas na Praza da Liberdade da parroquia de Nós un acto cívico de homenaxe ás persoas que en Oleiros e en Galiza foron vítimas da persecución e o odio desatados co golpe de estado de xullo de 1936. A iniciativa enmárcase na conmemoración do chamado Día da Galiza Mártir cada 17 de agosto para lembrar a data do fusilamento de Alexandre Bóveda. O acto, que será presentado pola actriz Isabel Risco, contará coas actuacións musicais de Moncho do Orzán e Miro Casabella, unha intervención poética a cargo do escritor Cesáreo Sánchez Iglesias e unha intervención política a cargo de Goretti Sanmartín, membro da Executiva Nacional do BNG e vicepresidenta da Deputación.

 O BNG de Oleiros vén organizando ininterrompidamente desde hai 19 anos este acto. Trátase neste momento da única iniciativa relacionada coa recuperación da memoria histórica e o recordo das vítimas da represión que se celebra anualmente no municipio. Como vén sendo habitual, a este acto súmanse diferentes entidades culturais e de recuperación da memoria de toda a comarca: a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada ou a Asociación veciñal Os Rueiros de Nós, entroutras.

 O acto anual de Nós vén servindo para recuperar a memoria da terríbel represión vivida pola parroquia a partir do triunfo da sublevación militar golpista en 1936, personalizada especialmente no nome de Xaquín Taboada, derradeiro presidente da chamada Comarcal de Sindicatos de Nós, fusilado en abril de 1937 xunto a outros compañeiros.
 
O acto deste ano busca recuperar a memoria doutras dúas personalidades practicamente esquecidas, veciñas de Oleiros no fatídico verán de 1936: a do pintor Francisco Miguel e a da súa compañeira, a escritora Syra Alonso. Francisco Miguel foi prendido por dúas veces na súa casa de Coruxo de Abaixo, en Liáns: a primeira, a madrugada do 2 de agosto de 1936; a súa muller conségueo liberar nun primeiro momento, mais de novo foi prendido e “paseado”. O seu corpo, sen vida, apareceu salvaxemente torturado e mutilado na parroquia carballesa de Bértoa o día 29 de setembro: tiña desfeita a cabeza, as mans cortadas e presentaba distintos impactos de bala, un deles no estómago. O fascismo puxo fin tan violento á vida dun home que tivo ao seu cargo a Libraría da Arte da coruñesa Rúa Real; colaborador das revistas Alfar e Casa de América; amigo de Picasso, Carpentier, Seoane, León Felipe, Siqueiros ou mesmo o mexicano Diego Rivera; ilustrador dos poemas de Jorge Luis Borges ou de Gabriela Mistral.
 
Syra Alonso, soa e con 3 fillos pequenos, viviu unha infernal persecución até que finalmente puido fuxir camiño dun exilio mexicano do que nunca voltaría. A súa dramática historia quedou narrada nos Diarios que publicou en 2000 A Nosa Terra na súa colección Mulleres.
 
En xuño de 2013, con motivo das inauguracións dos parques José Luis Sampedro e Santiago Carrillo na parroquia de Oleiros, o BNG recordou publicamente que, sorprendemente, nin Francisco Miguel nin Syra Alonso contan aínda con ningún recoñecemento público ou pegada visual que recupere a súa memoria, para alén dunha meritoria iniciativa desenvolvida polas bibliotecas municipais do Concello hai algúns anos. A casa na que habitaron, á que antes dos sucesos terríbeis de agosto de 1936 chamaron “A Casa da Felicidade”, continúa en pé e nun bo estado de conservación.

martes, 11 de agosto de 2015

V Xornadas Memoria dun Tempo

Nordés 10/8/15

Chega a cita coa Historia que cada ano, e van 5, propón Nordés para o mes de agosto: as Xornadas "Memoria dun tempo". Será os días 20, 21 e 22 na Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, ainda que aconsellamos consultar o cartaz adxunto por canto hai cousas que se fan fora do local citado.



Como en edicións anteriores, os contidos das Xornadas son diversos no seu contido e forma. Así, en canto a isto último, teremos conferencias, proxección dun documental, un recital, un roteiro didáctico, xantar de amizade e a 3ª homenaxe a Republicanos e Libertarios. E en canto ás temáticas, a lembranza do final da II Guerra Mundial achegándonos ás historias persoais de homes e mulleres do Ortegal que, dunha forma ou outra, víronse involucrados na mesma, dun xeito tráxico en moitas ocasións. O relator será o historiador ferrolán Eliseo Fernández.


A devandita homenaxe na Ponte Vella de O Barqueiro, coa participación da asociación Coletivo Pensamento e Sementeira de Viveiro en representación dos veciños da Mariña que foron fusilados nese paraxe da nosa xeografía, moi cerca do monolito en recordo dos represaliados e represaliadas polo franquismo no Concello de Mañón.


A homenaxe contará tamén con intervencións de persoas a título individual e as cancións de Mini e Mero e Andrés Rodríguez, músicos que daran un recital para pechar o acto.


Os tempos da dura guerra civil e posguerra ocuparán o sábado cunha camiñata por Ambosores para coñecer dos feitos lutuosos que nos primeiros anos 50 tiveron lugar nese casal, encrucillada dos concellos de As Pontes, Mañón, Muras e Ourol. A actividade será guiada polo Nordesteiro de pro Bernardo Penabade.


E rematarase falando do papel da muller na guerrilla da man da Catedrática de Lingua e Literatura Galega na USC, historiadora e investigadora especializada no área da muller, Aurora Marco, xunto coa proxección do documental "As silenciadas", de Pablo Ces (Premio Mestre Mateo 2012 ó mellor Documental; Premio “Memoria i Justicia Universal” no Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet (2011); Premio “Popular runner up” no Festival internacional online Humanity Explored 2013)


Ogallá o programa sexa do voso agrado e poidamos contar con vostedes como público e participantes nestas V Xornadas "Memoria dun tempo" organizadas por Nordés.

domingo, 9 de agosto de 2015

María Lopo presenta en Francia o drama das Marías de Compostela

Revista Les Cahiers du CTDEE nº 3, editada polo Centro Tolosano de Documentación sobre o Exilio Español

A ensaísta e profesora galega María Lopo, doutora en Literatura Francesa pola Universidades da Alta Bretaña, presentou na revista Les Cahiers du CTDEE, editada polo Centro Tolosano de Documentación sobre o Exilio Español, un esclarecedor traballo en francés sobre a relevancia histórica e social da figura das Marías de Compostela, baixo o título de “Deux femmes contre l’oppression franquiste. Les couleurs de la dignité: María et Coralia Fandiño Ricart”

O artigo, amplamente ilustrado con significativas fotografías das Marías en diversas épocas, así como da súa escultura na Alameda de Santiago, relata as súa procedencia familiar anarquista e o devastador efecto da represión fascista sobre elas e a súa familia, así como a aínda insuficiente e deformada recuperación da súa memoria histórica.

María Lopo doutorouse en Francia cunha tese sobre o poeta bretón Guillevic, publicada como Guillevic et sa Bretagne. Como estudosa interesouse sobre todo pola poesía francesa contemporánea e polo celtismo, incluídas as relacións de Galicia co mundo celta. En francés publicou tres libros titulados Galice & Compostelle, Fisterra e La Galice. Traduciu desde o francés ao galego e viceversa, e editou correspondencia de Breton, Péret, Duchamp e Granell.

No terreo da memoria histórica ocupouse preferentemente de mulleres exiliadas, como a artista Amparo Segarra e a actriz María Casares, sobre quen publicou o libro Cartas no exilio. Correspondencia entre Santiago Casares Quiroga e María Casares. Membro fundacional de Unión Libre. Cadernos de vida e culturas, reuniu no seu último número boa parte dos seus traballos baixo o título de Ensaios en espiral.

mércores, 5 de agosto de 2015

Unha publicación lembra a figura de máis de 400 represaliados franquistas

Represaliados e represaliadas.pdf

O folleto, editado pola CIG, nace con motivo da homenaxe que se lles fará en Verín

04.08.2015  Cesáreo Abril, Victoriano Alonso González, José do Nascimento Barroso, Emilio Couso Barja, Xullo Nóvoa Castro, Eligio Gómez Toro, Modesto Pérez Alonso, Fulgencio Araújo López, Emilio Fernández Pérez.... Son só algúns dos nomes aos que se fai mención nun folleto que acaba de editar a central sindical CIG e onde se recolle unha lista de máis de 400 represaliados polo franquismo.
 
A publicación ve a luz con motivo da celebración da homenaxe que o Concello de Verín renderá mañá ás vítimas do franquismo na comarca de Monterrei.

O folleto da CIG lembra a figura destes represaliados dando a coñecer non só os seus nomes e apelidos, senón tamén as súas circunstancias e lembrando de onde eran veciños, recollendo como zona de actuación as comarcas de Monterrei, As Fritises, Conso, Viana do Bolo e Ou Cambedo dá Raia, en territorio luso.

Honras e distincións
O acto previsto para o 6 de agosto consistirá nun pleno extraordinario e homenaxe no que se lle outorgarán distincións aos fusilados o 17 de xuño de 1937, en representación de todas as vítimas do franquismo.

A homenaxe obedece a unha petición realizada pola Unión Local da CIG de Verín en xullo do pasado ano, reiterada o pasado mes de abril.

Finalizado o pleno, sobre as 21.30 horas, terá lugar na Praza do Concello de Verín, un acto público.

domingo, 19 de xullo de 2015

Falece aos 97 anos Rosina Villaverde, símbolo do socialismo vilagarcián

 
A infatigable defensora dos valores republicanos expresara o seu desexo de ter un enterro civil
 
Vilagarcía / A Voz,  19 de xullo de 2015
Rosina Villaverde faleceu a pasada madrugada na súa casa de Vilagarcía, segundo confirmaron fontes do Partido Socialista na cidade. Os restos mortais desta muller de 97 anos xa se atopan no tanatorio de Cea. Rosina, convertida nun símbolo do socialismo e o republicanismo en Vilagarcía, deixara escrito que quería un enterro civil, e así será.

A pesar da súa avanzada idade, a filla do primeiro alcalde republicano da capital arousá, Elpidio Villaverde, foi unha muller activa ata o final. O pasado 14 de abril acudiu, puntual como sempre, ao acto que o PSOE realiza con motivo do día da República no parque Miguel Hernández. Como todos os anos, depositou unha flor ante o monumento Rosas Rotas e, como sempre tamén, exteriorizó sen andrómenas o seu desexo de ver chegar a terceira República. Rosina, que acudiu a votar nas últimas eleccións municipais, si puido ser testemuña de como o Partido Socialista, do que foi nomeada militante de honra en 2013, recuperaba a alcaldía de Vilagarcía.