O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 31 de maio de 2011

Presentación do libro "Las columnas gallegas hacia Oviedo" de Emilio Grandío en Oviedo e Monforte de Lemos


Nomes e Voces

Emilio Grandío Seoane, profesor da Universidade de Santiago de Compostela e Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces", está a presentar o seu último libro "Las columnas gallegas hacia Oviedo. Diario bélico de la guerra civil española (1936-1937)" [Ediciones Nigra Trea, 2011] en distintas cidades galegas.


Así, o martes día 7 de xuño ás 19.30 horas, estará na Librería Cervantes (c/ Doctor Casal, 9) de Oviedo a xunto Rubén Vega, profesor de historia contemporánea de la Universidad de Oviedo.

O mércores día 8 de xuño, ás 20.15 horas, a obra será presentada na Galería Sargadelos de Monforte de Lemos (Praza de España, 2) coa asistencia do autor.

O libro recolle o diario de guerra de Faustino Vázquez Carril, xulgado na Coruña por rebelión co resultado de sentenza a pena de morte e executado en 1937.

segunda-feira, 30 de maio de 2011

'A Transición non tivo nada de modélica. Foi moi violenta'


'A memoria e o esquecemento. O franquismo en Pontevedra'

-Gonzalo Amoedo analiza nun libro o franquismo na provincia de Pontevedra

-Achega unha listaxe de máis de seis mil nomes de falanxistas

-Denuncia a complicidade de familias da oligarquía local coa ditadura

-Lembra que intelectuais e xente de esquerdas colaborou coa Falanxe

El Mundo.es Galicia - Montse Dopico - Santiago de Compostela  30/05/2011
"Na provincia de Pontevedra, o empresariado e os membros das familias da vella política borbónica, emparentados dende tempo inmemorial mediante políticas de matrimonio con criterios de empresa e con pólas na carreira militar e na Igrexa, foron extremadamente crueis, e mentres as novas xeracións das familias adiñeiradas pelexaban na retagarda ou na fronte de guerra (os menos), os seus pais facían doazón de inmensas cantidades de diñeiro, víveres ou indumentaria ao exército sublevado, que logo, andado o tempo, se cobraron". Así de claro se amosa o investigador Gonzalo Amoedo na súa obra 'A memoria e o esquecemento. O franquismo da provincia de Pontevedra', (Xerais), que presentou hai unhas semanas a A Asemblea Republicana de Vigo.

Coautor, xunto con Roberto Gil, de estudos como 'Episodios de terror durante a guerra civil na provincia de Pontevedra. A illa de San Simón', (Xerais) ou 'Redondela, crónica dun tempo pasado: a Segunda República e o primeiro franquismo', (Ediciós do Castro), Amoedo non é historiador profesional, pero conta cunha dilatada experiencia como investigador. E, en 'O franquismo da provincia de Pontevedra' realiza unha achega nada común nos libros de historia: unha listaxe de máis de 6.000 nomes de falanxistas.

O proxecto Nomes e Voces centrouse nas vítimas. Como dixo o seu director, Lourenzo Fernández Prieto, "tiñamos claro que tentar coñecer os verdugos suporía imposibilitar coñecer as vítimas". Ti ofreces, porén, nomes de verdugos, precisamente... O historiador Dionisio Pereira tivo que enfrontarse a un xuízo por facer iso...

En realidade os nomes que eu dou non son descoñecidos. A maior parte deles xa apareceran citados en distintas publicacións, desde os anos 70-80. E en todas as vilas de Galicia as persoas de certa idade sabemos os nomes desta xente, o que pasa é que unha información que non traspasaba o ámbito familiar. E eu creo que non ten nada de estraño tentar contar a historia enteira. Non se trata de enviar ó cárcere a xente que xa nin vive, senón de reparar as vítimas. E na lista de falanxistas que inclúo ó final do libro hai xente que non tivo que ver coa represión. Porque houbo xente que entrou na Falanxe para saír do paso: o medo é libre, e as persoas que pertenceran ós partidos republicanos, comunistas, PSOE, galeguistas... sabía que estaban ao fío da morte.

Non es historiador, pero repasas, no libro, o escrito polos historiadores sobre o franquismo pontevedrés, e tamén consultaches fontes primarias en varios arquivos.

Non son historiador, non. Se cadra faltan cousas, pero saíume así o libro. Consultei arquivos cos que antes non se traballara moito como, no Arquivo Histórico Provincial, os Fondos da Xefatura Provincial do Movemento. Alí hai documentos importantes, como informes realizados polos peticionarios que se cruzan con contrainformes do servizo de información da Falanxe. É un xeito de obter información sobre o que pasou.

No libro citas, entre outras fontes, as crónicas xornalísticas da represión. Á prensa recorriches, por exemplo, no capítulo adicado a Víctor Lis Quibén, citado tamén no libro 'Lo que han hecho en Galicia' polo historiador Ángel Rodríguez Gallardo.

Víctor Lis morreu no esquecemento absoluto. No ano 36-37 foi como un superheroe para os golpistas. Malia ser médico de profesión, foi extremadamente cruel. Creo que non hai vila en Galicia que non teña algún recordo asociado a el. Foi un home tremendo.

Unha das ideas principais da obra, e nisto coincides tamén cos historiadores, é que a Falanxe non era practicamente nada antes do golpe. A afiliación disparouse despois.

Eu contei como 150 persoas, que eran xente nova das familias ben. A Falanxe foi un instrumento usado polos militares, proporcionou un soporte ideolóxico ós golpistas, pero nunca contou moito. De feito, cando os militares substitúen os gobernos locais que foran elixidos democraticamente, fano con xente do vello réxime monárquico e das oligarquías locais, e non con falanxistas.

"Da totalidade dos fusilamentos hai que aplicar a responsabilidade aos militares. A outra represión, a que se aplicaba sen a necesidade dos consellos de guerra amañados e foi bautizada co apelativo de 'paseos', practicada polas patrullas nocturnas de falanxistas, gardas cívicos e gardas civís, é tamén da súa responsabilidade", indicas no libro. Militares, terratenentes, Igrexa e oligarquía industrial e financeira non estaban dispostos a perder os seus privilexios -e nisto conflúe a túa interpretación coa de historiadores como Paul Preston-.

É que foi un golpe militar, no que todo estaba planificado para impoñer o terror, o medo, e parar así os avances acadados na República. Aí está o que dixo o xeneral Mola. As oligarquías, do sector conserveiro nas Rías Baixas por exemplo, estaban moi enfrontadas coa xente que se sublevara na República: nas folgas da sardiña, por exemplo. A oligarquía tiña moito interese en desfacerse desa xente que se distinguira política ou sindicalmente.

Non só denuncias a complicidade co franquismo de parte do capitalismo familiar pontevedrés. Tamén sinalas que esa oligarquía mantén membros nas altas instancias da sociedade actual, e dirixiu "a comedia de transformar as Cortes da ditatura nunhas supostas Cortes constituíntes que non foron nunca convocadas para esa tarefa"...

Son familias que se mantiveron no poder desde o século XIX. Aínda hoxe, os partidos democráticos están cheos de ex-franquistas ou de fillos de ex-franquistas, e iso explica por que actúan de determinadas formas. No libro poño moitos exemplos, como as primeiras fornadas de compoñentes dos gobernos da Xunta de Galicia.

O principal papel da Falanxe nos primeiros momentos do novo réxime tras o golpe foi o de "control e represión na retagarda", segundo comentas. Na Garda Cívica, por exemplo.

A Garda Cívica formaba pelotóns de fusilamento, buscaba os fuxidos no monte, vixiaba as prisións, determinados puntos como os consulados alemán e italiano ou as estacións... A Falanxe foi medrando con membros da URD -a CEDA galega-, dos partidos monárquicos... xente que se integrou na Falanxe inventada por Franco, e que pouco tiña que ver cos proxecto nacionalsindicalista revolucionario dos vellos falanxistas. Nos 'paseos' participaban a Garda Cívica, gardas civís, carabineiros, falanxistas novos e vellos...

E tamén xente de esquerdas que buscaban "limpar" o seu pasado "exercendo de matóns sen piedade", salientas no libro.

É que os conversos son moitas veces os peores. Teñen como unha necesidade de demostrar máis que os demais. Pero iso pasou moitas veces na historia.

Adicas un capítulo ós intelectuais que apoiaron a Falanxe. Porque, tal como salientas, o falanxismo foi cousa de xente con e sen educación, e de "bo e mal berce".

Hai moitos casos. Torrente Ballester pasou de ser anarquista e galeguista a participar na propaganda da Falanxe. Tamén Cunqueiro.... Eu creo que isto non os fai mellores nin peores, pero que o que non se debe é agochar a realidade. Cunqueiro é para min o mellor escritor das nosas letras, pero estivo coa Falanxe, e hai que dicilo. E entender que do 36 ó 39 moitos destes intelectuais viron que a súa vida corría perigo. Uns ingresaron na Falanxe, outros marcharon ó Frente... pois na guerra podían morrer, pero polo menos non os mataban nun camiño sen a posibilidade de defenderse.

Non esqueces tampouco o papel da Igrexa.

A Igrexa foi moi cruel, sobre todo con aquelas persoas que na República tentaran poñela no seu sitio, que é o ámbito privado. Tiña moito poder e fixo moito para que os de abaixo a odiasen. Aínda que en Galicia non chegaron a queimarse Igrexas, como noutros lugares. Malia todo, a Igrexa participou moito na represión.

O libro salienta, por outra banda, os xeitos nos que o franquismo sobreviviu. Non só a continuidade das familias no poder, senón actitudes como a que nega a recuperación da memoria histórica.

E iso non pasa só no PP. Para o PSOE a Lei da Memoria tampouco é moita cousa, e queda reducida só a aspectos formais. O PP non quere que se saiba o que pasou porque así membros das súas familias aparecerían como os corsarios que foron. O PP amosa unha dobre moral ó insistir tanto en que non se esqueza as vítimas de ETA, que por suposto deben ser recordadas, pero facer o posible porque se esqueza ás vítimas do franquismo. Non interesa que a xente teña memoria.

Tamén te amosas moi crítico coa Transición e a actual democracia, con eivas, dis, como un réxime de detencións denunciado por Amnistía Internacional, ou "micro-ditaduras municipais" alentadas polas grandes empresas de servizos, privatizacións dos beneficios públicos e socialización das perdas, deterioro dos dereitos dos traballadores, transformación dos cidadáns nunha masa acrítica e despolitizada ou negación das nacións sen Estado. Xa dis ti mesmo que é non un libro de historia, senón unha "memoria escrita desde a paixón".

É que eu creo que hai que chamar as cousas polo seu nome e non andar con eufemismos. A Transición non foi nada modélica, foi moi violenta. Houbo máis de 200 asasinatos, que cometeron grupos como o Batallón Vasco-Español. E resultado desa Transición na que non se rompeu co franquismo é a Lei de Partidos, a falsa separación entre a Igrexa e o Estado, e moitas outras cousas. Os galegofalantes, por exemplo, non teñen os mesmos dereitos que os castelanfalantes. É obrigatorio coñecer o castelán, pero non o galego. Un madrileño ten dereito a educar o seu fillo en castelán en Galicia, que claro que debe telo, pero un galego non ten dereito a que o seu fillo reciba educación en galego en Madrid.

sábado, 28 de maio de 2011

31 de Maio en Vigo. "Loita de clases e a represión franquista no mar (1864-1939)" de Dionísio Pereira



A Libraría Librouro e Edicións Xerais de Galicia comprácense en convidalo/a á presentación do libro:

Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) de Dionísio Pereira

O acto, que contará coa participación de Manuel Mera, Manuel Bragado e o autor, terá lugar o vindeiro martes, 31 de maio, ás 20,00 horas na Libraría Librouro,

Eduardo Iglesias, 12 de Vigo.
Saúdos

Celia Torres Bouzas
Directora de Promoción e Prensa
Edicións Xerais de Galicia
Doutor Marañón, 12
36211 Vigo
986 214 888 (Centraliña)
986 214 893 (Directo)
629 867 379 (Móbil)

sexta-feira, 27 de maio de 2011

Convocatoria de apoio da acampada de Ferrol á acampadabcn

Praza de Armas de Ferrol, a photo by Emilioferrol on Flickr 26/5/11


Hoxe ás 19:00h concentración na Praza de Armas de Ferrol, en rexeitamento a actuación policial e en apoio a acampada Barcelona, polo intento salvaxe de desaloxo por parte da policía

Acudide!!

quinta-feira, 26 de maio de 2011

Os galegos no exterior tamén piden Democracia Real Xa

Piazza Castello

Con motivo dos últimos movementos reivindicativos en todo o territorio español, os mozos que residimos fóra vémonos na obrigación de apoiar e corresponder estas accións que cuestionan o noso actual sistema político.

Por bifidus GC ABERTO
20/05/2011

Os Erasmus residentes na cidade italiana de Turín, entre eles case 100 galegos, convocan unha sentada PACÍFICA e SEN NINGÚN SIGNO POLÍTICO ou SINDICAL en Piazza Castello, o venres ás 20:00. Cada un pode achegar as súas ideas como queira, sempre que non atenten contra o espírito da sentada.

Os estudantes no exterior móvense!

terça-feira, 24 de maio de 2011

Presentación do libro "Cruzados o Herejes. La religión, la iglesia y los católicos en la Galicia de la Guerra Civil" de José Ramón Rodríguez Lago


CONVOCATORIA PRESENTACIÓN
"Cruzados o Herejes" de José Ramón Rodríguez Lago
(Ediciones Nigra Trea, 2010)

Mañá, mércores día 25 de maio, ás 19.30 terá lugar a presentación do libro "Cruzados o Herejes. La religión, la iglesia y los católicos en la Galicia de la Guerra Civil" de José Ramón Rodríguez Lago.

Amais do autor, no acto participarán o coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces' e profesor e Historia Contemporánea na Universidad de Santiago de Compostela, Emilio Grandío Seoane e Miguel Cabo Villaverde, profesor de Historia Contemporánea da Universidad de Santiago de Compostela.

Lugar: Nova sede da Fundación Araguaney - Puente de Culturas (rúa do Vilar 21).

Data e hora: mércores 25 ás 19.30 horas

Agardamos que esta información sexa de interese.

Grazas e un cordial saúdo.

Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598 +34 881 813598

domingo, 22 de maio de 2011

Cangas: presentación de Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira


Asociación Escritores Lingua Galega, Viernes, 20 de mayo de 2011
O sábado 21 de maio, ás 20:00 h., na Casa do Pobo (Avenida de Bueu, 14) de Cangas, preséntase o libro Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Dionísio Pereira, publicado en Xerais. No acto participan Iago Santos Castroviejo, Manuel Bragado e o propio autor.

sábado, 21 de maio de 2011

Os 'indignados' galegos seguen na rúa durante a xornada de reflexión


Praza do Obradoiro

21/05/2011 - Axencias / Galiciaé
Os indignados de Galicia, o grupo de persoas encadradas no Movemento 15-M, seguen concentrados nas principais cidades galegas, onde pasaron a noite sen incidentes, e durante a xornada de reflexión previa ás eleccións de mañá permanecerán na rúa para expresar as súas reivindicacións.
Na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela ao redor de 300 persoas pasaron a noite nalgunha das corenta tendas de campaña que se instalaron ou sobre o chan simplemente protexéndose con mantas e cartóns.
As persoas mobilizadas teñen previsto levar a cabo hoxe na capital galega un amplo programa de actividades culturais e lúdicas.
Entre os actos destacan actuacións circenses e de maxia, unha comida popular, unha 'grafitada', un 'collage reivindicativo' e tamén programaron un 'espazo para a reflexión'.
Un portavoz dos "indignados" de Santiago de Compostela explicou que onte á noite recibiron por escrito unha comunicación da policía na que se lles comunicaba que as forzas da orde non tiñan previsto intervir para desaloxalos "se seguimos na mesma liña pacífica", dixo.
Durante a xornada de reflexión de hoxe cada un dos "indignados" poderá expresar o seu "xeito de pensar sen falar de política", indicou o mesmo portavoz.
De igual forma, explicou que en ningún momento pediuse á xente que mañá non acuda a votar nin que se pediu o sufraxio para algunha formación política concreta. "Cada un é libre de decidir", comentou.
Na cidade de Vigo permanecen acampadas máis de cincuenta persoas que pasaron a noite con total tranquilidade.
Tras a prohibición da Xunta Electoral Central, os concentrados decidiron en asemblea non convocar actos en nome do movemento que capitalizou os actos en Vigo, "Acampadavigo", senón que cada cal, a título particular, faga o que crea convinte, indicou un dos seus membros.
Tampouco se repartirán panfletos informativos nin se recollerán firmas, como fixeron na xornada de onte, para non interferir na xornada de reflexión.
Durante a noite a policía non interveu nas inmediacións do farol de Príncipe, epicentro do movemento dos indignados vigueses. Algúns dos acampados teñen a intención de seguir concentrados máis aló da xornada electoral.
Tamén no centro da Coruña unhas duascentas persoas pasaron a noite á intemperie ou en tendas de campaña, unha cifra que se duplicou respecto dos que pasaron a noite a noite anterior.
Durante a xornada de hoxe os concentrados levarán ao cabo actividades culturais e lúdicas, nun día no que "non haberá protestas nin proclamas, só actividades artísticas", afirmou un portavoz.
En Lugo máis dunha decena de persoas pasaron a noite na Praza Maior, e xa decidiron retirar as tendas de campaña tras advertirlles a policía que non podían mantelas.
As asembleas de Ourense e Pontevedra confirmaron que continuará coas concentracións durante a xornada de reflexión, aínda que a súa actividade non vulnerará as condicións impostas pola lei.

quinta-feira, 19 de maio de 2011

Conferencia de Gonzalo Puente Ojea: "A cruz e a Corona. As dúas hipotecas da Historia de España"


A Asemblea Republicana  de Vigo (Amig@s da República) convídavos á conferencia de Gonzalo Puente Ojea: "La cruz y la Corona. Las dos hipotecas de la Historia de España" .

O acto terá lugar o vindeiro martes, 24 de maio, ás 20:1500 horas no Edificio Municipal do Areal (antigo Reitorado)

segunda-feira, 16 de maio de 2011

A Lei da Memoria abre as fosas franquistas en Ourense

Cemiterio histórico de San Francisco, en Ourense. (Rosa Veiga/EFE)


Traducción Estación Atlántica
O Goberno identifica os 2.246 enterramentos, das cales cinco están na provincia

La Región - Héctor Díaz. Madrid - 16-05-2011

O pasado 5 de maio o Goberno deu a coñecer toda a documentación que procesou nos últimos anos ao abrigo da Lei de Memoria Histórica, unha lei que busca a reparación dos dereitos vulnerados a miles de persoas na Guerra Civil e durante a Ditadura. Toda esa información fíxoa pública nunha páxina web (www.memoriahistorica.gob.é) á que irá achegando todos os documentos e novas informacións que aparezan sobre ese período da historia española.

A Lei de Memoria Histórica ten tres grandes eixos: o recoñecemento da nacionalidade aos fillos e netos dos exiliados, a eliminación dos vestixios do franquismo nos diferentes edificios que existen en España, así como a difusión do mapa das denominadas fosas do franquismo.

No caso das fosas do franquismo contabilizáronse 2.246 en todo o país, das que 46 atópanse en Galicia. Na provincia de Lugo atópanse 18, en Pontevedra, 17; na Coruña, 6 e en Ourense, 5. Das cinco fosas existentes en Ourense, en tres delas aínda non se interveu, mentres que nas outras dúas interveuse parcialmente.

No termo municipal de Sorga atópase unha fosa na que se identificaron tres vítimas: Gumersindo Araújo Sousa, Celso Pérez Enríquez e Eduardo Villot Canal. Trátase dunha fosa sen sinalizar no cemiterio da que no ano 1981 foi exhumada unha das vítimas.

Na localidade de Soulecín recoñeceuse a existencia da fosa denominada Soulecín en Sampaio na que existe a constancia de dúas vítimas. Estas dúas persoas foron asasinadas e enterradas no mesmo lugar. A familia non quixo que fose escavada para dar exemplo da barbarie represiva. Existe unha lápida, colocada polo Concello do Barco de Valdeorras no ano 2007.

No cemiterio de Fornelos dá Cova existía a constancia dunha vítima da represión franquista, pero non se puido situar o cadáver. As escavacións foron interrompidas por unhas obras no cemiterio.

En Campobecerros atópase a fosa denominada do Lombo do Barco cun número de vítimas non determinado. Está situada á beira da pista de servizo das obras do camiño férreo entre Campobecerros e Portocamba. As vítimas foron asasinadas no mesmo lugar que foron enterrados entre os que se atopan tres traballadores de nacionalidade portuguesa.

Finalmente, en Pentes atópase a fosa dá Poula do Martiño. foi parcialmente invadida polas obras da autoestrada Rías Baixas. As vítimas foron asasinadas e enterradas no mesmo lugar no ano 1936. Só se identificou a unha delas.

Un dos aspectos máis polémicos da Lei foi a identificación das vítimas enterradas no Val dos Caídos. O Goberno revelou que nesta xigantesca cripta atópanse os cadáveres de 33.833 acodes vítimas dun e outro lado da contenda que desde 1959 ata 1983 foron levados en 491 traslados desde fosas e cemiterios de todas as provincias de España, salvo Ourense, A Coruña, As Palmas e Santa Cruz de Tenerife, para ser depositadas en columbarios individuais e colectivos. Dos restos inhumados 21.423 son de vítimas identificadas e 12.410 de persoas descoñecidas.

segunda-feira, 9 de maio de 2011

A “digna rabia” das mulleres do 36

Nenas din colexio de Pontevedra / XdG

Un documental analiza a “triloxía nazi” que o franquismo aplicou ao feminino

Xornal de Galicia.com - DANIEL PRIETO 09/05/2011

O encarceramento en 1936 no municipio lucense da Cañiza de María Purificación Gómez, a primeira alcaldesa da historia de Galicia, abre o documental Digna Rabia, da Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas e a Universidade de Vigo, que narra os efectos do franquismo nas mulleres galegas. Tras a política igualitaria republicana, os golpistas impuxeron unha lexislación que “excluía as mulleres da vida pública e da actividade laboral asalariada”, explica a historiadora María Victoria Martins. Para iso, o réxime adoptou “a triloxía nazi para as mulleres: nenos, fogar e igrexa, apoiándose no vello catolicismo conservador que desde séculos defendeu a insubmisión da muller, considerada como inferior”, aclara.

O ingreso en prisión da rexedora da Cañiza simboliza á perfección a negación política que o franquismo se encargou de implantar cara a condición feminina. A pena de morte “por rebelión militar” da rexedora da Cañiza foi conmutada por cadea perpetua e foi trasladada á terrible prisión para mulleres de Saturrarán, en Guipúscoa, onde permaneceu sete anos. No documental recóllense os castigos que soportaron as reclusas. Eran obrigadas a manter relacións sexuais con algunhas monxas, “arrebatábanlles aos seus fillos para entregarllos a familias falanxistas e moitos morrían de fame”, mantén a historiadora Arantza Ugarte. “Dicían que estaban nun buraco e que de aí non sairían nunca”, engade a investigadora María José Bernete. De feito, ese antigo convento situado no municipio de Mutriku, transformado por Franco en campo de concentración, acolleu unhas 2.000 mulleres entre 1937 e 1944, entre elas máis de cen galegas.

A través das declaracións de 27 mulleres profesionais en diversos ámbitos, Digna Rabia repasa as dificultades das mulleres ante a represión ideolóxica, primeiro para sobrevivir e, despois, para conseguir un posto de twraballo. Un dos métodos habituais dos represores era rapar a cabeza das mulleres. “Os falanxistas quitábanlle os panos que se puñan na cabeza”, lembra Chiña González, filla dun edil socialista de Ponteareas asasinado no 36.

“O sistema era absolutamente patriarcal, as mulleres non pintaban nada e estaban recluídas no mundo doméstico”, explica a escritora María Xosé Queizán. A partir dos anos 40 o réxime imporá “un novo modelo de muller”, asevera a historiadora Rosa García Orellán. “A muller é ama de casa e o home é home na medida en que é capaz de que a súa esposa non traballe fóra”, argumenta. Así é como o franquismo conseguiu a submisión feminina e a renuncia da muller á súa sexualidade, xa que “o seu obxectivo era a procreación”, indica a histórica feminista Nanina Santos.

“As mulleres competían entre elas por ver cal tiña as sabas máis brancas”, ilustra a antropóloga Rosa García. Toda a carga ideolóxica da Sección Feminina vai recaendo nas nenas da posguerra, que teñen unha escasa formación que non lles permite optar a un posto remunerado. Moitas mulleres exerceron como costureiras, leiteiras, mariscadoras, canteiras, limpadoras ou “servían na casa dalgún rico” por soldos ínfimos e recorrían ao estraperlo ao tempo que se facían cargo do fogar e dos fillos. Ademais, tiñan que facer o seu “deber nacional” durante seis meses no Servicio Social de la Mujer para poder acceder a moitos traballos, como para entrar en Telefónica. Para máis inri, debían de “ter o permiso do home”, revela a ex conselleira do PP Manuela López Besteiro.

Falanxe encargouse de inculcar que o traballo das mulleres eran “os seus labores”, á vez que “culpou” ás asalariadas “por abandonar as súas obrigas familiares”. Así, “a lexislación acurtou os seus dereitos limitando o seu acceso ao mundo laboral”. As repercusións dese proceso non remataron na posguerra. De feito o documental recolle o testemuño de varias das mulleres despedidas da fábrica de Odosa en 1989. O conflito na conserveira situada no concello pontevedrés da Illa puxo de manifesto as precarias condicións de traballo daquelas operarias e a discriminación á que foron sometidas.

O documental tamén aborda a chegada das primeiras feministas que se opuxeron ao franquismo removendo as conciencias nas organizacións de esquerda. Tras ser proxectado en Pontevedra, Vigo e Ourense, Digna Rabia –dirixido por María Victoria Martins e Ángel Rodríguez Gallardo–, presentarase o próximo día 11 ás 20 horas no Espazo de Intervención Cultural A Normal da Universidade da Coruña

sexta-feira, 6 de maio de 2011

Presentación do último libro de Gonzalo Amoedo en Vigo



A Asemblea republicana de Vigo

 “ Amig@s da República” convídavos á presentación do libro:

"A memoria e o esquecemento O franquismo da provincia de Pontevedra" de Gonzalo Amoedo López

O acto, que contará coa participación de Celso López Pazos, pola Asemblea Republicana de Vigo, Xosé Manuel García Crego, por Edicións Xerais e o autor, terá lugar o martes, 10 de maio, ás 20:00 horas na Casa do Libro, rúa Velázquez Moreno, 27 de Vigo.

O Proxecto 'Nomes e Voces' asiste na presentación do Mapa de fosas da Guerra Civil


Hoxe, venres 6 de maio ás 11.00 horas, na Sala de Prensa do Ministerio de Justicia, terá lugar o acto de presentación do Mapa de fosas da Guerra Civil instalado na Web da memoria histórica posta en marcha polo Goberno.

O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" asistirá a dito evento, no marco da estreita colaboración que está a desenvolver coa Subsecretaria de Justicia en materia de localización dos lugares de morte e enterramentos no caso da xeografía galega. Así, o Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces, publicará nos próximos meses en internete, distintos mapas nos que se reflectirán a represión franquista en Galicia. Así os lugares de morte e lugares de enterramento poderán ser localizados e ilustrados acompañados dunha ficha completa de información.

Neste acto, presentarase igualmente, a publicación (formato CD) do Ministerio de Justicia, da recompilación da normativa promulgada en materia de Memoria Histórica.

Agardamos que esta información sexa de interese.

Grazas e un saúdo cordial

Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598 +34 881 813598

quarta-feira, 4 de maio de 2011

O guerrilleiro Quico presenta as súas memorias "para o futuro"

Traducción Estación Atlántica

El País edición impresa CARMEN QUINTELA - Santiago - 4/5/2011
"A miña obsesión non é contar as batallas do meu pasado, senón mirar ao presente, ao futuro". Francisco Martínez López, Quico, leva toda a súa vida, 86 anos de guerrilleiro republicano, loitando polo que fai tempo bautizouse como recuperación da memoria histórica, recordos que o maquis tacha de "cativos". En Guerrilleiro contra Franco. Guerrilleiro contra o esquecemento, cuxa presentación protagonizou onte na librería Couceiro de Santiago, Quico conta as súas vivencias na loita antifranquista, en León primeiro e no seu exilio en Francia despúes. Aínda así, a finalidade deste libro non é contar a historia dos seus anos de loita. "Iso non é o importante", afirma con rotundidade Quico. "Cando conto os relatos da miña vida, fágoo para pór en claro a dignidade dos meus compañeiros".

Quico pertence ao grupo dos afortunados. "Ao meu tocoume ser dos sobreviventes", di, e por iso leva toda a súa vida "reivindicando a dignidade de todas as persoas que sufriron a represión do franquismo". "España é o único país de Europa no que os crimes contra a humanidade non prescribiron" , afirma Quico. "O que hai que facer é xulgar o franquismo".

Para el, "o combate non terminou" e non o fará ata que se consiga "outro tipo de sociedade, unha sociedade de transparencia". "Non basta coller un mártir e dicir que o enterramos con dignidade", reivindica. Os maquis ían "á morte a loitar por algo", e por iso Quico cre que "non merecen o esquecemento". "Teño a obrigación de contar o que pasou para que o saiba a sociedade e despois juzge, pero que o faga desde o coñecemento".

segunda-feira, 2 de maio de 2011

Contestación ao veciño de Ferrol que non ve a páxina do seu Concello

Captura de pantalla da web do Concello de Ferrol, (a cor é da caché)

Ante a desagradable mensaxe recibida por un veciño de Ferrol acusandome de plaxio (perigosa palabra para quen a emprega), e tamén de "manipular a noticia" cambio a foto colleita de Google imagenes, que de saber que era deste mozo desde logo non a utilizou, quéixase do devandito anteriorme e de que recortei unha foto realizada por el, a cal era do Alcalde de Ferrol na inauguración da Xornadas republicanas de abril deste ano, na cidade. As ameazas recibidas en nome de dúas asociacións tomareinas de forma individual posto que me informaron que este mozo non pertence á Xunta Directiva de ningunha das dúas entidades que nomea e polo tanto non teño eu por que involucralas.

O esquecemento da fonte do texto pola miña banda e moitas doses de rancor recibidas sen ningunha necesidade, pero curiosamente non só eu fun atacada, se non unha persoa que xa non vive, nin el nin ningún da familia próxima, só sobriños ferroláns e vigueses...

Non é a primeira vez que Manuel Barreiro Rey recibe ataques por parte de veciños da súa propia cidade, hai un especial interese por ocultar a esta vítima, desde estas liñas infórmolles a todos os que pensen igual que xa o matarón o 14 de abril de 1939, acusado en solitario de promotor da rebelión no buque "Almirante Cervera", acusación que non tenia posibilidade de conmutación de Pena de Morte, como outros compañeiros de Sumario puideron recibir, acusados de rebelión.

Outras acusacións que constan no Sumario 39/36 de Ferrol son a de tomar unha terraza, abrir a porta da Construtora para que a poboación civil axudase na resistencia á captura dos buques por parte dos sublevados, ir ao concello e ofrecerse ao alcalde, e un dos argumentos usados contra el foi que habia sido instrutor de analfabetos na Escola de Tiro Naval "Janer" en Marín nos tempos felices da República.

Manuel fué con tan só 23 anos, encarcerado o 21 de xullo de 1936 e fusilado case tres anos despois, antes de cumprir os 26.

Tres anos de carcel escoitando os fusilamentos sumariales e por paseos nocturnos cada madrugada no campo de concentración da "Escollera" dentro do Arsenal Militar de Ferrol. Tamén estivo prisioneiro segundo íano trasladando nas adegas dos buques prisión "Plus ultra" e "Contramaestre Casado" as condicións de vida podémonolas imaxinar, tamén sufriu dous meses incomunicado, situación na que consta documentalmente que só sufriu el, aparte os informes de Institucións Penais nas que relatan as horas de entrada e saída aos interrogatorios...¿como eran os interrogatorios?, pois cada un que pense o que poida...9 meses baixo Pena de Morte esperando que fose calquera día e para rematar sucedeu, executaron a súa condena ao alba.

Escribiu dúas cartas de despedida e nunha delas dirixida aos seus pais e irmáns, os cales nunca superaron a perdida nin superaron eses tres anos de sufrimento, di: "voume sen odiar a ninguén". Polo costado engadiu: "Esta carta estaba escrita onte 12 pois crin que sería o meu último día".

Manuel foi borrado dúas veces dunha mesma páxina web, páxina que ninguén da familia pediu que o incluísen.

É vítima non só do franquismo se non do intento de ocultar a súa existencia, de que volva ao esquecemento ao que non vai xa nunca máis a volver, pero o máis curioso destes feitos son que proveñen da cidade na que el naceu, e que defendeu, e por esta defensa matárono.

Ferrol librouse fai moitos anos do pseudónimo "do caudillo" pero agora no século XXI hai individuos capaces de sentir a propiedade da cidade, clikear na etiqueta desta páxina "Ferrol" e usmear a ver que se di e déixase de dicir, non precisamente para informarse ou considerar ata que non é unha cidade esquecida por unha persoa que ten as súas raices e os meus defuntos en devandita cidade, por non dicir a todos os curmáns Barreiro, (sobriños de Manuel) que por sorte vivimos case todos.

Todo esta demostración de rancor demostrada nun blog local no que verte as súas acusacións e ameazas infundadas, no que curiosamente o persoal di "soy bloguero, soy libre" pois lle felicito por ser libre...pero parece que o concepto de liberdade é moi peculiar...

Manuel, non puido ser libre...

Estes ataques recibidos desde xente que aparenta ser de esquerdas son curiosos dun estudo sociolóxico, todavia non recibín ningún da extrema dereita.

Para rematar invitar ao feliz bloguero que se non vén á miña cidade de residencia facer turismo obrigado polas acusacións e ameazas vertidas pode aproveitar a decirmelo en persoa no mesmo Ferrol xa que en breve estarei alli só ten que dicir o lugar e a hora...

A culpa de todos estes desmáns tena un estado corrupto que non fai Xustiza coa s vítimas do fascismo español e as familias temos que soportar estes atropelos.

Na páxina de Homenaxe á súa Memoria podeis ver como logo de morto a un hai quen se segue ensañando nel. Na columna da dereita un logo en cor rosa. O blog onde verte as acusacións é outra do mesmo autor a cal non teño ningunha intención en dar a coñecer fóra dos seus amigos.

Curiosamente esta noticia é a máis próxima á Homenaxe da súa 72 aniversario, a 4ª e a 5ª


Mª José Barreiro López de Gamarra
Familiar de fusilados