Amosando publicacións coa etiqueta actos b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta actos b>. Amosar todas as publicacións
luns, 26 de decembro de 2016
domingo, 18 de decembro de 2016
martes, 6 de decembro de 2016
Presentación do libro: Mourente nos anos do medo
Xosé Álvarez
O
vindeiro venres, día nove de decembro, ás oito da tarde, no local da
Sociedade Cultural e Deportiva de Mourente, presentaremos un novo libro a
iniciativa da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente e
colaboración do concello e da SCD Mourente.
O libro será distribuído
gratuitamente entre os asistentes e os veciños da parroquia.
domingo, 10 de xullo de 2016
Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo 2016
Iniciativa Galega pola Memoria 7/10/2016
A Iniciativa Galega pola Memoria un ano máis organiza a homenaxe
nacional ás vítimas do franquismo que terá lugar o vindeiro domingo 17
de xullo na Illa de San Simón. Este ano, polo seu 80 aniversario ten
especial relevancia para chamar a atención sobre este espazo que debera
ser fundamentalmente un lugar para a memoria.
Na illa de San Simón houbo moitos presos na súa colonia penitenciaria agardando en moitos casos un desenlace tráxico. É un sitio para o recordo mais tamén para reivindicar a xustiza nun presente onde aínda segue vixente a impunidade, a mentira e a apoloxía dese réxime de terror. Desde a Iniciativa Galega pola Memoria queremos un ano mais defender a verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición.
As persoas que estean interesadas en asistir teríanse que poñer en contacto coa Asociación memorialística da súa comarca que sexa membro da IGM co fin de organizar o embarque xa que as prazas son limitadas. A inscrición pecharase en canto se complete o número que lle corresponden a nosa comarca. Confirmarase e darase un tiquet a aqueles que poidan embarcar. Ninguén que non estea confirmado e co tiquet poderá embarcar por necesidades da propia limitación de prazas que teñen os barcos.
mércores, 6 de abril de 2016
Moción en Narón relativa á conmemoración o 14 de Abril da proclamación da II República
Naron Esquerda Unida 31 mar. 2016
Parafraseando
a ese gran comunista e poeta que foi Miguel Hernández, que rematou a
súa luminosa vida un mes de Marzo de fai 74 anos nunha cadea fascista,
“Xamais renunciaremos nin ao máis vello dos nosos sonos”.
O 14 de abril cumpriranse 85 anos da proclamación da II República, o primeiro réxime democrático da nosa historia que instaurou un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución democrática de España. Esta Constitución plasmou o principio de igualdade dos españois ante a lei, ao proclamar España como “unha república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza”, o principio de soberanía popular, establece o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23 anos. En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses da economía nacional, constituíuse un “Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións”, o principio de laicidade “o Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”, ademais recoñeceuse o matrimonio civil e o divorcio así como o ensino primario laico, gratuíto e obrigatorio, e recoñécese a liberdade de cátedra.
Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.
O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos os alcaldes e concelleiros que coma nós defendían entón a legalidade e os intereses da veciñanza, moitos deles pagaron coa vida esta defensa, coma tamén o fixeron moitos veciños e veciñas dos concellos daquel período escuro, así como para condenar o golpe de estado contra a II República e a represión franquista.
“Quen esquece a súa historia esta condenado a repetila”, isto o dixo fai moito tempo un tal Marco Tulio Cicerón, ala no 106 AC, esta é unha gran verdade, precisamos de ter Memoria Histórica.
Porque a mal chamada Guerra Civil non foi unha guerra, foi un golpe de estado perpetrado por militares traidores as ordenes da oligarquía que defendía os seus privilexios, un golpe de estado contra un goberno lexitimo e referendado nas urnas, un golpe de estado covarde que provocou unha guerra brutal, os fascistas do bando mal chamado “Nacional” contaron con a inestimable axuda do fascista Benito Mussolini que enviou soldados e armas, tamén do NAZISMO de Adolf Hitler que aportou máis armas e a súa aviación, trouxeron tamén a Garda Mora, a todos eles o fascismo español lles abriu as portas para matar o seu propio pobo, no estado español fíxose un verdadeiro xenocidio ideolóxico, as fosas comúns seguen cheas da semente dun pobo que se quería libre.
Lembro agora unha das imaxes de Castelao onde dicía, “Non enterran cadáveres enterran semente.”
Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación, reábrense feridas, pero ¿como imos a reabrir feridas que nunca foron pechadas? cando eles mesmos encargáronse de mantelas abertas, de potenciar a separación das DOS ESPAÑAS, ¿como perdoar cando nunca se pediu perdón?, a ninguén se lle ocorre en Alemaña falar de que hai que esquecer o holocausto, alí negalo é un delito.
Por Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista, as cifras contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria.
Temos documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles foron mariñeiros que se mantiveron fieis a República e a legalidade durante o golpe, no Val foron fusilados e enterrados no cemiterio 48 mariñeiros do “Acorazado España” e do “Vapor Domine”, en San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17 mariñeiros do “Mar Cantabrico”.
Nove veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión.
Estas 93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os presos, os multados...
Como terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e “España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros do “Acorazado España”.
O próximo día 13 de Abril Memoria Histórica acompañada por todas e todos os que queremos ter Memoria fará no cemiterio do Val e no de San Mateo unha ofrenda floral en homenaxe a todas e todos os represaliados.
Honor e Gloria os nosos mártires. Saúde e República.
¡A pola terceira!
Etiquetas:
14 de abril,
A Coruña prov.,
actos,
cemiterio,
Ferrol e comarca,
Ferrolterra,
fusilados,
homenaxe,
Marina,
Mariña,
mariñeiros,
videos,
vitimas
martes, 5 de abril de 2016
domingo, 6 de marzo de 2016
10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, coa ofrenda floral e a manifestación en Ferrol
CCOO Galiza 01.03.2016
- 11:00 h: Ofrenda floral diante do monumento ao 10 de Marzo (Ferrol)
- 12:00 h: Inauguración da Rúa de Julio Aneiros
- 19:00 h: Manifestación con saída dende o monumento ao Dez de Marzo ata o Cantón
luns, 28 de decembro de 2015
martes, 1 de decembro de 2015
"Encontros internacionais: Cultura e política / Memoria Histórica"
Próximo mércores 2 de decembro, ás 19.30
horas, na Casa do Saber da USC en
Lugo:
"Encontros internacionais: Cultura e política / Memoria histórica"
Ponentes:
Max-Jean Zins, profesor ad honorem da Facultade de Humanidades da USC e ex director de Cooperación entre Francia e Asia do Sur no campo das Ciencias Sociais.
Claudio Rodríguez Fer, poeta, narrador, dramaturgo, ensaísta, director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC, doutor Honoris Causa pola Universidade da Alta Bretaña.
Entrada libre ata completar aforo.
domingo, 29 de novembro de 2015
Declaración de Vilaboa
Iniciativa Galega pola Memoria - Vilaboa, 28 de novembro de 2015
A
historia dun país, unha democracia digna de tal nome, non se pode
construír sobre o silencio, sobre o esquecemento das vítimas da
represión, sobre a ocultación e a desmemoria que aínda perviven hoxe, 79
anos despois do golpe militar fascista, 40 anos após a morte do
Ditador.
Proclamámolo aquí, á beira da ría de Vigo, a maior foxa común de Galiza, estación última dos corpos de ducias de sindicalistas, obreiros, traballadores fondeados nas augas deste mar frío, fermoso e profundo. Depósito de loitadores pola República e a liberdade cuxos corpos nunca voltaron.
Berrámolo aquí, fronte ao Lazareto, “a illa dos amores para a morte confiscada”, lugar de prisión, de sufrimento, de humillación, de fame, de frío, de morte. Da morte que presentiron os que saíron da illa para seren fusilados en Pontevedra e en Vigo. Da morte que sufriron os que saíron da illa de noite –as noites da raposa, chamábanlle os presos- rumbo a unha curva, a unha cuneta, a unha praia da que nunca volveron.
Dicímolo alto e forte aquí, ao pé da estrada que construíron centos de presos da illa con man de obra escrava. Neste lugar de memoria que queren prohibir os herdeiros do franquismo, o continuadores da ignominia , os instauradores do Esquecemento.
E neste lugar cargado de simbolismo, de memoria e de dor, denunciamos que o sistema político vixente se instaurou sobre o esquecemento, sobre a amnesia, sobre unha amnistía que contravén o dereito internacional e os dereitos humanos.
Neste lugar anunciamos que non imos parar a nosa loita. Aquí fronte a San Simón, ao pé do cemiterio mariño, proclamamos unha vez máis a nosa decisión de seguir adiante no labor a prol da memoria histórica en Galiza. A nosa vontade de exercer con firmeza a defensa dos dereitos humanos a nivel local e no seo da Iniciativa Galega pola Memoria.
En consecuencia, e tendo en conta a singularidade do ano 2016 -80 aniversario do 36, do inicio da represión- facemos pública a seguinte táboa reivindicativa
1. Demandamos a aprobación dunha política pública da memoria de carácter estatal e por parte do goberno galego. Como punto de partida desta política, consideramos de máximo interese as recomendacións do informe do relator da ONU para os dereitos humanos, Pablo de Greiff. Entendemos portanto que a política da memoria debe fundamentarse no respecto aos dereito humanos; e particularmente no respecto ao dereito á Verdade, á Xustiza, á Reparación e a Non Repetición. En consecuencia co anterior, esiximos a derrogación da Lei de Amnistía de 1977.
2. Reclamamos aos gobernos municipais e deputacións –nomeadamente aqueles con gobernos de esquerdas- que inclúan a política da memoria histórica nas súas prioridades políticas.
3. Esiximos ao goberno galego que a Illa de San Simón volva ser Illa da Memoria, e acolla prioritariamente actividades relacionadas coa memoria histórica. Demandamos que nas visitas á Illa se informe con amplitude sobre o seu pasado como cárcere e como corredor da morte, e sobre as sacas das que foron vítimas ducias de militantes republicanos. E que se non se organicen actividades contrarias ao respecto polas vítimas da represión.
4. Demandamos a recuperación e reactivación –con financiación do goberno galego- do Proxecto Nomes e Voces para a investigación e divulgación sobre a represión franquista en Galiza. E a difusión pública da documentación do proxecto: imaxes, documentos escritos, gravacións...
5. Solicitamos o apoio por parte do goberno galego ao labor das asociacións de recuperación da memoria histórica.
6. Apelamos a consciencia democrática de maxistrados e maxistradas para que non amparen a fascistas, integrantes activos da ditadura franquista, aínda vivos; favorecendo o seu xulgamento no noso territorio, así como a colaboración co proceso xudicial aberto desde Arxentina contra o rexime franquista.
7. Solicitamos unha decidida política de cara a facilitar o acceso aos arquivos que albergan documentación relacionada coa represión, así como a dotación de medios para a clasificación e a divulgación dos fondos na rede.
8. Esiximos a desaparición da simboloxía franquista e de todo tipo de elementos que lembren a Ditadura e sexan ofensivos para as vítimas: nomes de rúas e praza, monumentos, símbolos...
9. Propoñemos a organización ao longo de 2016 -en colaboración con concellos e deputacións- dun programa de actividades de investigación, divulgación e homenaxe sobre as vítimas do franquismo. No que atinxe á divulgación, prestarase especial atención aos centros educativos. Neste eido, solicitamos a inclusión na programación dos diferentes niveis educativos, de materiais pedagóxicos sobre a historia recente, sobre o golpe militar do 36, e sobre as súas causas e consecuencias.
10. Demandamos a creación dunha rede galega de Lugares da Memoria, sinalizados mediante unha imaxe e simboloxía común. E a edición dun mapa guía dos Lugares da Memoria Democrática de Galiza.
Nesta iniciativa daráselle prioridade a lugares de represión, lugares de resistencia, espazos de solidariedade, foxas comúns, e a ría de Vigo como a maior foxa común de Galiza.
Aquí estamos, seguindo o ronsel que deixaron tantos homes e mulleres valentes, solidarias, xenerosos. En pé de loita, coma eles e elas, que retornan con nós da noite do esquecemento para convertírense en fachos de luz.
Fronte a San Simón, ao pé da ría, en Vilaboa, aquí estamos. Para reclamar Xustiza, Verdade, Reparación. E Memoria, sempre.
Iniciativa Galega pola Memoria
Vilaboa, 28 de novembro de 2015
Etiquetas:
actos,
arquivo,
fosas,
lugar de memoria,
manifesto,
Pontevedra provinc,
San Simón,
Vigo,
xusticia
O Concello de Pontevedra rende homenaxe a case un cento de mulleres represaliadas
![]() |
| Foto Pontevedraviva.com |
Pontevedra.gal 24/11/15
Dentro do programa municipal A memoria das mulleres,
o Concello de Pontevedra organiza este venres, 27 de novembro, unha
homenaxe institucional ás mulleres que sufriron a represión franquista. O
acto que se celebrará ás 20.30 horas no Teatro Principal, é froito dun
acordo da Corporación, que prevé tamén reforzar a presenza das mulleres
nos espazos públicos mediante a denominación de parques, prazas e rúas; a
creación de roteiros urbanos; e creación de murais artísticos e a
instalación de rótulos e inscricións que recoñezan e divulguen a achega
das mulleres á historia da cidade, tanto desde o punto de vista
individual como colectivo.
Na homenaxe deste venres lembrarase o
nome de case un cento de mulleres que foron vítimas de todos os tipos de
represión: asasinato, como Consuelo Acuña ou Elvira Lodeiro; o rapado
do cabelo, como Custodia Gama, Camila Pintos Blanco, Carmen Echevarría,
Aurelia Garrido, Olivia Tomé, Asunción Vilas A Vidala ou
Encarnación Silva; prisión, como Enma Mourón, Josefina Arruti, Carmen
Abuín, Josefina Blanco ou Asunción Vilas, presa en Saturrarán.
Mulleres que sufriron castigos
económicos e laborais como as mestras Peregrina Martínez Santos, Nieves
Adrio Sobrido, Pilar Poza Juncal, as irmáns Exclavitud e Serafina Dios
(tamén encarceradas), Ernestina Otero, ou as traballadoras do concello
Aurora Garrida e Delia Gendra.
Mulleres exiladas como Virxinia Pereira, Mercedes Magdalena ou Isabel Gómez Costas.
Mulleres que agocharon a perseguidos,
que lles levaron alimento e amor aos agochos e aos cárceres, como Rosa e
Oliva Fariña, Eulalia Carro, Maruja Álvarez, ou as irmás Aurora,
Nicereta e María Martínez Fernández (As Corseteiras), que tamén foron
encarceradas.
Tamén serán protagonistas da homenaxe as
mulleres que sobreviviron ao asasinato e á prisión dos seus familiares:
as nais, fillas, irmás e esposas que tiveron que convivir coa dor sen
dereito ás bágoas, sen dereito ao dó (duelo), porque mesmo estaba
prohibido chorar os seus, poñerlles unha lápida ou levar loito. E que
tiveron que sacar adiante as familias, e sufrir o silencio e a inxustiza
do esquecemento durante décadas.
As mulleres que sobreviviron, as que
protagonizaron escenas de solidariedade e resistencia no tempo do
terror, as que conservaron a memoria no interior das casas terán tamén
un espazo na homenaxe do venres, que pretende ser un acto de memoria e
de xustiza.
Publicación e vídeo
Este acto é resultado do traballo de
pescuda e investigación desenvolvido durante anos polo historiador Xosé
Álvarez Castro e complementado con ducias de entrevistas a familias que
realizou a xornalista e escritora Montse Fajardo.
Na homenaxe participará unha
representación das familias represaliadas e haberá intervencións de
Montse Fajardo, María do Carme Lores (neta de Isolina Villaverde e de
Aurelio Torres, asasinado o 23 de agosto do 36) e do alcalde de
Pontevedra, Miguel Fernández Lores. Tamén se proxectará un vídeo con
imaxes de mulleres represaliadas, algunhas delas inéditas, e entregarase
unha publicación divulgativa sobre o tema.
Desde o Concello queremos facer fincapé
en que a listaxe de nomes é interminábel e fica incompleta, por iso é
necesario seguir traballando na recuperación da cada historia, de cada
nome, de cada rostro, sacándoos do esquecemento inxusto ao que foron
condenados durante a ditadura e nas décadas posteriores, xa en plena
democracia.
Cambio dos nomes franquistas de dúas rúas e unha praza na Coruña
CRMH da Coruña 28/11/15
- Martes, 1 de decembro . A partir das 19.00 h., na rúa General Mola (que deixará definitivamente de molar a partir desa hora), o Concello da Coruña celebrará o acto de substitución/eliminación da terminoloxía franquista que nomea esa rúa, cambiándoa pola de rúa ÁLVARO CEBREIRO (debuxante, caricaturista, xornalista gráfico coruñés). Tamén será eliminada/substituída o nome da praza do general Mola, pasando a recuperar a devandita praza o seu nome tradicional: Praza de Santo André.
- Xoves, 3 de decembro. A partir tamén das 19.00 h., a rúa Juan Canalejo perderá o seu sinistro nome -pertencente ao do fundador da Falange na Coruña-, pasando a chamarse Rúa SOCORRO, recuperando tamén así o seu nome tradicional.
Outro acto impulsado polo concello da Coruña, coa colaboración da CRMH:
O xoves, 3 de decembro, a partir das 20.30 h., haberá un acto no Fórum Metropolitano de homenaxe aos fotógrafos coruñeses Julio e Paco Souza Fernández, tamén coñecidos polo nome de "Hermanos Mayo". Este acto será presentado polo concelleiro de Cultura e Deportes da Coruña, Xosé Manuel Sande, e constará da proxección dun documental, da autoría do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato, quen participará no posterior debate xunto con Rubén Afonso, secretario da CRMH da Coruña.
martes, 24 de novembro de 2015
Homenaxe en Ourense ao doutor e político galeguista
David Simón en Diario de un médico de guardia 21/11/15
V Asemblea Xeral da Irmandade da Sanidade Galega (ISAGA) 2015
En Ourense, 28 de Novembro 2015
Lugar: Paraninfo del Instituto Otero Pedrayo
(lugar do acto cambiado pola organización)
11.30 horas: Colocación dunha placa no edifício onde exerceu a profesión como médico xinecólogo o doutor Peña Rey. Parque San Lázaro.
12.30 horas: Acto de homenaxe e incorporación de novos irmandiños.
Guión do acto:
Presentación do acto a cargo de Carmen Pérez Vaquero e Carlos Eirea.
- Apertura a cargo do alcalde de Ourense ou representante municipal no acto.
- Intervención de Xaquín Monteagudo, presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística.
-Intervención de Xosé Luís Álvarez Prieto, membro da coordinadora de ISAGA.
-Incorporación de novos irmandiños, imposición de becas, lectura e sinatura do compromiso.
-Intervención de David Simón Lorda (médico psiquiatra): "Semblanza do doutor Manuel Peña Rey, médico xinecólogo e militante galeguista.".
-Intervención de Manuel Peña-Rey Bouzas (médico e dirixente do Partido Comunista), fillo do homenaxeado.
-Intervención do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez.
-Actuación musical.
14.00. Peche do acto
Manuel Peña Rey
(Viascón,
Cotobade, Pontevedra,
1899 - Ourense, 1957).
Traducción Estación Atlántica
"Manuel Pena Rey foi destituído en agosto de 1936 do seu posto de médico e de director do Hospital Provincial de Ourense, xunto co doutor Vázquez de Parga. É nomeado para substituílo como encargado da Sala de Obstetricia e Ginecología do Hospital o médico Manuel Pol Piñeiro.
Detido o 28 de outubro de 1937 estivo encarcelado en Ourense en O Carballiño por breves períodos entre 1937 e 1938. Líbrase de ser fusilado a través de recomendacions de amigos e coñecidos, pero o TRRP da Coruña manterá aberto o seu expediente ata ben entrados os anos corenta ademais de someterlle a restricciones para traballar e obrigarlle ao pago de diferentes multas e contribucións 'voluntarias' de 5.000 pesetas para o Roupeiro de Guerra, ou 'renuncias voluntarias' a cantidades elevadas (10.000 pesetas) que lle debía a Diputación provincial, etc....
Segundo o informe do Comisario Xefe da Comisión de Investigación e Vixilancia de Ourense de 26 de outubro de 1940, que figura entre a documentación do seu expediente de Responsabilidades Políticas, o doutor Manuel Pena Rey estaba afiliado ao Partido Galeguista e era socio da Agrupación de Oficios Varios na Casa do Pobo. fora apoderado da Fronte Popular en 1936 'pactando con aquel e traballando con denuedo en prol da Independencia de Galicia, o que deu lugar a discusións no seu partido'.
Testificaron ao seu favor durante a instrución do Expediente de responsabilidades políticas diversas persoas como Antonio Saenz Díez. Celso da Torre ou o doutor Luís Santos Ascarza (quen con data 11 de decembro de 1940 defende ante o Tribunal a integridad moral e profesional do doutor Pena).
A sentenza do TRRP da Coruña de data 9 de abril de 1941 declárao incurso en responsabilidade política, imponlle cinco anos de inhabilitación especial para cargos públicos de mando, confianza e directivos, e condénalle ao pago de 500 pesetas.
Tardará máis de oito anos en ser rehabilitado 'farao o Gobernador Civil Vicente Muñoz Calero, por intereses persoais derivados da necesidade de precisar a asistencia do médico Pena Rey para atender a un familiar próximo–" (tomado do libro "Médicos Ourensanos Represaliados en la Guerra Civil y en la Posguerra. Historias de la -longa noite de pedra" (2010), David Simón Lorda, Fundación Dez de Marzo/Concello de Ourense)
domingo, 22 de novembro de 2015
"Declaración de Vilaboa"
Regaduxa Memória Histórica de Vilaboa
O 28 de novembro ás 13:30h. no Peirao de Santa Cristina de Cobres
Despois da xuntanza dos colectivos da memoria
histórica, que terá lugar ás 11h na casa de cultura de Riomaior,
procederase, á 13h30 no peirao, á lectura pública da chamada
"Declaración de Vilaboa".
Texto elaborado por estes colectivos presentes
na reunión que falará das denuncias que temos que facer ante a
inoperatividade do gobernos en materia de memoria histórica, e marcará
liñas de actuación para vindeiras datas.
Pontevedra renderá homenaxe ás mulleres represaliadas e resistentes cun acto no Teatro Principal
PonteVedra Viva! 22/11/15
A memoria das mulleres que está a recuperar o Concello de Pontevedra a través do programa municipal bautizado, precisamente, como A memoria das mulleres, centrarase a vindeira semana nas mulleres represaliadas e resistenes, as mesmas que xa teñan protagonizado tres edicións das Xornadas 'Represaliadas e resistentes' e que nestes días están máis presentes ca nunca na memoria colectiva coincidindo co corenta aniversario da morte do Ditador. Francisco Franco, que inspirou esa represión. Nesta ocasión, será a través dun acto público no Teatro Principal.
O acto está organizado para as 20.30 horas do vindeiro venres 27 de novembro
e servirá para render homenaxe a mulleres asasinadas, rapadas,
encarceradas, depuradas, aldraxadas, sinaladas polo seu compromiso
político ou polo parentesco a raíz do Golpe de Estado de 1936 e durante a
Guerra Civil e os anos do Franquismo.
Dende A memoria das mulleres lembran que " as mulleres foron vítimas dunha cruenta represión que se prolongou no tempo da Ditadura. Sen
dereito ás bágoas, sen dereito á dor, as mulleres conservaron os
recordos no interior das casas, no tempo do silencio e do esquecemento".
A homenaxe servirá para representar nos nomes de case un cento de mulleres, a emoción e o orgullo que debe sentir a sociedade polas súas "vidas xenerosas".
sábado, 14 de novembro de 2015
O Concello de Pontevedra recorda aos fusilados do 36 e anuncia unha homenaxe ás mulleres
![]() |
| Homenaxe aos represaliados, a noite deste xoves. RAFA FARIÑA |
Lores presidiu o acto baseado en "un día negro na historia de
Pontevedra" e engadiu que "nunca será suficiente o que fagamos polas
vítimas do 12 de novembro e por todas as e demais. Especialmente por
aquelas que aínda agardan que as rescatemos do anonimato (...) e do
silencio da Historia"
Venres 27 de novembro, a partir das 20.30 horas, o
Teatro Principal acollerá o acto "que será preámbulo dá programación do
ano que vén: Homenaxe ás Abrandares Represaliadas e Resistentes"
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presidiu
este xoves o acto de homenaxe aos represaliados do 36 xunto ao monumento
da rúa 12 de Novembro, na zona Este de a cidade. Os médicos Amancio
Caamaño Cimadevila, Telmo Bernárdez Santomé e Luis Poza Pastrana, os
mestres Paulo Novás Souto, Germán Adrio Mañá e Benigno Rey Pavón, o
editor Ramiro Paz Carvajal, o avogado José Adrio Barreiro, o xornalista
Víctor Casas Rey e o capitán Juan Rico González viron segadas as súas
vidas "pola barbarie fascista", segundo relatou o alcalde, tal día como
este xoves, hai 79 anos na zona da Caeira.
"O 12 de novembro de 1936 é unha data funesta, un día negro na historia de Pontevedra, porque tal día coma hoxe (por este xoves), na Caeira, as balas da senrazón e da inxustiza, os disparos do fascismo, mataron a dez homes bos, a dez homes xustos, xenerosos e solidarios", expuxo Lores, que engadiu que "nunca será suficiente o que fagamos polas vítimas do 12 de novembro e por todas as e demais. Especialmente por aquelas que aínda agardan que as rescatemos do anonimato, das tumbas anónimas, das cunetas e do silencio da Historia".
80 ANIVERSARIO
"O 12 de novembro de 1936 é unha data funesta, un día negro na historia de Pontevedra, porque tal día coma hoxe (por este xoves), na Caeira, as balas da senrazón e da inxustiza, os disparos do fascismo, mataron a dez homes bos, a dez homes xustos, xenerosos e solidarios", expuxo Lores, que engadiu que "nunca será suficiente o que fagamos polas vítimas do 12 de novembro e por todas as e demais. Especialmente por aquelas que aínda agardan que as rescatemos do anonimato, das tumbas anónimas, das cunetas e do silencio da Historia".
80 ANIVERSARIO
O
alcalde de Pontevedra adiantou, ademais, que en 2016, con motivo do 80
aniversario, vanse a programar actos de maior calado "que van ter tres
obxectivos pincipais: a procura da verdade, da xustiza e da reparación.
Faremos especial fincapé naquelas vítimas máis silenciadas, nas
esquecidas, para que as súas vidas dignas e o seu sacrificio non sexan
inútiles. Para que os seus ideais sigan vivos nun tempo en que os
precisamos tanto. E seguiremos na procura do ronsel das abrandares
represaliadas e resistentes, que están voltando do silencio da Historia
por medio do programa A Memoria das Mulleres, que desenvolve a
Concellería de Patrimonio Histórico e que está a dar tan bos resultados
grazas á achega xenerosa das familias".
Fernández Lores engadiu, para rematar, que "queremos que esta programación do 2016 arredor da memoria histórica sexa sentida socialmente e moi participativa", á vez que adiantou que o venres 27 de novembro, a partir das 20.30 horas, o Teatro Principal acollerá o acto "que será preámbulo dá programación do ano que vén: Homenaxe ás Abrandares Represaliadas e Resistentes".
Fernández Lores engadiu, para rematar, que "queremos que esta programación do 2016 arredor da memoria histórica sexa sentida socialmente e moi participativa", á vez que adiantou que o venres 27 de novembro, a partir das 20.30 horas, o Teatro Principal acollerá o acto "que será preámbulo dá programación do ano que vén: Homenaxe ás Abrandares Represaliadas e Resistentes".
mércores, 11 de novembro de 2015
Charla-debate: A Memoria Historica de Mos
Os integrantes da Comisión da Memoria e Dignidade do
36 de Mos charlaran cos asistentes sobre o seu traballo para manter
vívida na memoria a barbarie acaecida no franquismo e a sua loita pola
xustiza e reparación das vitimas do fascismo español. Contaremos co
prefersor Xaquin Pastoriza como presentador e moderador.
Previamente as 18:00h. faremos un acto de homenaxe a Comisión da Memoria e Dignidade do 36 de Mos na explanada da Adecuación, situada detrás do recinto das Pedriñas.
Sábado 14 de novembro ás 19:00h.
Coa participación da Comisión Memoria e Dignidade do 36 de Mos
Organiza: C.S.C.D. As Pedriñas Territorio Cultural
Avda. do Rebullón 24, Tameiga
mércores, 4 de novembro de 2015
Cartas dun fusilado
| Pazos e Alonso Montero, entre Enrique Alvarellos (esqda) e Olivia Rodríguez (dereita) |
Traducción Estación Atlántica
Alonso Montero presidiu a presentación do libro coas cartas que José Mejuto escribiu á súa muller no cárcere
Faro de Vigo - Juan Calvo - Cangas 24.10.2015
Editado por Alvarellos, foi presentado onte no salón de plenos de Cangas
o libro "Cartas de un condenado a muerte" que contén as cartas que
escribiu á súa muller Alejandra Nogueiras cando estivo prisioneiro na
illa de San Simón.
O acto estivo presidido polo alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos, que
xa cando estaba na oposición municipal, alá polo mes de xaneiro,
organizou a presentación das cartas en Cangas da man da neta do
fusilado, Ana Paula Mejuto, ademais de por o presidente da Real Academia
Galega, Xesús Alonso Montero. Xosé Manuel Pazos manifestou o seu
orgullo porque este acto celébrese en Cangas e dixo que as cartas debía
de servir de faro e guía para o futuro. Xosé Alonso Montero aludiu á
importancia que as cartas orixinais estean en mans da Academia Galega e
recordou o esforzo realizado na publicación deste libro que agora se
presenta. Antes, o editor Enrique Alvarellos puxo ao descuberto o
verdadeiro desexo de Alonso Montero, que as cartas formen parte dos
libros de texto das asignaturas de Historia e Literatura. Precisamente
Alonso Montero mencionou que Mejuto era un home sen titulación, pero cun
gran talento literario, que tamén puxo de manifesto Olivia Rodríguez,
profesora da Universidade da Coruña que foi a encargada de consentir e
puír os textos das cartas para a súa publicación. Olivia Rodríguez tamén
estivo no acto de presentación. Foi ela a que recordou como se
atoparon as cartas, trala morte de Alejandra Nogueiras, as peripecias da
súa neta Ana Paula Mejuto para publicar as cartas en Arxentina, as súas
conversacións con Serrat e Sabina sobre esta cuestión.
Olivia Rodríguez e o editor Enrique Alvarellos aseguraron que se trataba, sen dúbida, dun libro moi especial, quizais o máis especial que chegou ás súas mans.
Alonso Montero revelou que Mejuto fixera no cárcere dous aneis con pezas de dominou, un estaba na tumba da súa muller e outro o tiña el, pero que ía pasar a mans da Academia.
Olivia Rodríguez e o editor Enrique Alvarellos aseguraron que se trataba, sen dúbida, dun libro moi especial, quizais o máis especial que chegou ás súas mans.
Alonso Montero revelou que Mejuto fixera no cárcere dous aneis con pezas de dominou, un estaba na tumba da súa muller e outro o tiña el, pero que ía pasar a mans da Academia.
Etiquetas:
actos,
carcere,
carta,
fusilados,
libros,
Pontevedra provinc,
presentación,
presos,
San Simón,
vitimas
luns, 2 de novembro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


















