O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 29 de maio de 2010

Non permitiremos a ocultación da memoria da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón


O día 5 de Xaneiro de 2010, 18 colectivos galegos relacionados coa recuperación da memoria dos represaliados e represaliadas tras o golpe militar de 1936, asinabamos un MANIFESTO A PROL DA CONTINUIDADE DE COLABORACIÓN POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA NO TRABALLO DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA DA REPRESIÓN FRANQUISTA EN GALICIA.

No segundo punto, subscribiamos:

“Perante o cambio de usos para a Illa de San Simón, demandamos que a mencionada illa sexa considerada “Lugar da Memoria” de especial significación na historia de Galicia e como tal debe ser sinalizado, patrimonializado e promovido, de maneira que alí se poidan desenvolver todo tipo de actos de recoñecemento, homenaxe e difusión da memoria de todas aquelas persoas que sufriron a perda da vida e da liberdade por ser demócratas”.

Pois ben, no día de hoxe coñecimos polos medios de comunicación o novo plano de usos que a Consellería de Cultura e Turismo quere desenvolver nos vindeiros anos na Illa, un plano de usos que, malia as declaracións do Sr. Conselleiro de que “las actividades se desarrollarán sin olvidar la historia ni las víctimas”, obvía totalmente os actos relacionados coa memoria dos vencidos. Partindo da base de que non consideramos incompatibles as propostas artísticas e culturais coas actividades que lembren á sociedade galega a barbarie do fascismo e o sacrificio dos e das que morreron tamén pola nosa liberdade, entendemos que as devanditas declaracións non son unha tentativa de enganar á opinión pública dicindo o contrario do que se pretende facer, tan só se dende a Consellería se cumpren as seguintes premisas:

1º) Se respeta a musealización xa acometida na Illa en lembranza da Colonia Penitenciaria, incluíndo a exposición, as placas de homenaxe e as distintas propostas estéticas xa realizadas.

2º) Se facilitan as visitas de grupos promovidas polas asociacións memorialísticas.

3º) Se leva a cabo o Centro Documental sobre a Memoria da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón nun prazo razonable de tempo.

4º) Se permite realizar o acto que, dende o ano 2006, se ven celebrando o día 18 de Xullo na Illa como homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en Galicia.

Se son estas as intencións dos responsables da Consellería, concordamos; se o que se pretende é confundirnos con declaracións ambiguas, aínda se está a tempo para rectificar. En consecuencia, solicitamos na maior brevidade posible unha entrevista co Director-Xerente da Fundación da Illa de San Simón, Sr. Alonso, na que poidamos abordar esta temática.

Estamos abertos ao diálogo e agardamos idéntica actitude por parte da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. De non ser así, defenderemos con toda enerxía e con todos os medios legais ao noso alcance o dereito da sociedade galega a saber o que aconteceu e a dignificar ás persoas inxustamente sacrificadas, persoas que hoxe deberían ser un referente ético para toda a cidadanía e o conxunto dos seus representantes políticos.

Galicia, 27/5/2010

Asociacións asinantes:

Asemblea Republicana de Vigo (Vigo)

Asociación pola Recuperación Histórica de Marín (Marín)

Asociación Memoria Histórica 28 de agosto (Cangas)

Asociación Cultural Comisión pola Memoria “Sinhor Afranio” (Colectivo da provincia de Pontevedra)

Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido” (Terra de Montes)

Asociación Cultural Vagalumes (A Estrada)

Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Vigo)

Colectivo Republicano de Redondela (Redondela)

Asociación “Amigos de Johan Carballeira” (Bueu)

Comisión Cidadá pola Verdade do 36 (Baixo Miño)

CRMH d´A Coruña (A Coruña)

Fundación 10 de marzo de CCOO (Galicia)

Instituto de Estudos Miñoranos (Val Miñor)

Asociación para a Defensa da Memoria Histórica e recuperación do Patrimonio Inmaterial de Teo, A Oliveira (Teo)

Fundación Luis Tilve UGT (Galicia)

Fundacion Galega contra a Impunidade "Fernando Pereira"

Asociación Cultural “O Naranxo” (Lalín)

Asociación “Amigos da República” (Ourense)

Comisión pola Memoria Histórica “Sempre con Vós” Cidadanía pola Verdade (Pontevedra)

Asociación Cultural “Irmáns Suárez Picallo” (Sada)

Asociación Cultural “O Meigallo” (Cuntis)

Asociación Cultural “O Fervedoiro” (Cuntis)

Asociación Cultural “Adellís” (Silleda)

Asociación da memoria histórica “Sempre con vós” cidadanía pola verdade (Pontevedra)

quarta-feira, 26 de maio de 2010

O dereito a coñecer o pasado


No verán de 1936 produciuse unha sublevación militar de caracter fascista que pretendía e que conseguiu, tras tres anos de resistencia, e coa axuda militar da Alemaña de Hitler e da Italia de Mussolini, impoñer unha ditadura sobre a persecución de toda idea liberal, democrática e socialista. Setenta anos despois seguimos debatendo que facer cos restos dos que aínda xacen nas fosas comúns, esquecidos, descoñecidos, agachados a todo coñecemento histórico, científico. Como investigador da historia da guerra civil en Galicia reclamo as maiores facilidades para o coñecemento do que pasou e para a súa divulgación. Penso que os mortos, as vítimas (máis de catro mil en Galicia) daquel xenocidio por razóns ideolóxicas, non só pertencen aos familiares, son de toda a sociedade, polo que a procura das fosas, a súa excavación, a exhumación, a análise histórica e antropolóxica, non poden depender en exclusiva da iniciativa das familias dos desaparecidos nin da decisión política dos dirixentes dunha comunidade autónoma, ou menos aínda dun xuíz de instrucción. O dereito a coñecer o pasado debe de estar por riba dun labirinto de decisións persoais, polo que o Goberno ten que tomar a iniciativa de facilitar a investigación das fosas sen que medien intermediarios que aproveiten a confusión legal para impedir que a sociedade faga efectivo o seu dereito a coñecer o pasado.O auto do xuíz Garzón de 16 de outubro de 2008 sinalaba con acerto que os vencedores da Guerra Civil desplegaron toda a acción do Estado na posguerra para a localización, identificación e reparación das vítimas da parte vencedora, polo que hoxe os vencidos (os perseguidos, encarcerados, desaparecidos e torturados por quen crebou a legalidade levántandose en armas) seguen sendo discriminados polo Estado ao non recibir o mesmo trato e consideración. O escrito referido tén o valor de definir por primeira vez na xurisprudencia española o levantamento militar como ilegal, programado para a destrución dun estado democrático e constitucional, que desenvolveu un proceso de exterminio ao mesmo tempo que a Guerra Civil, no que produciu crimes de guerra e contra a humanidade. Garzón sinala que para deter a comisión deses delictos e dos seus efectos é preciso buscar os corpos dos desaparecidos, ou ofrecer razón do seu paradeiro por parte das autoridades públicas depositarias desa información, decisión que deben tomar de oficio, sen agardar iniciativa por parte interesada. Parece que o Goberno español non está polo labor. Poñamos por caso o achádego dunha fosa común da 2ª Guerra Mundial en Europa, sería necesario todo un ronsel de decisións de familiares das vítimas, cando se descoñecen a priori as identidades, e de órganos xudiciais ou de autoridades políticas para investigar o seu contido? Vai ser difícil, por non dicir imposible, sentar no banco dos acusados aos criminais do franquismo, pero a Historia xa os está xulgando, porque os historiadores non asinamos ningún pacto de esquecemento nin proclamamos ningunha amnistía.

Xosé Manuel Suárez.

terça-feira, 25 de maio de 2010

Cruz de los caidos: obxecto indesexable do parque do Castro en Vigo


A Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36 recolleu 4000 firmas para que se derrube a chamada cruz dos caidos do parque do Castro en Vigo, estas firmas presentásenas no Rexistro do Concello vigués o día 31 de maio ás 10 da mañá coincidindo co pleno da corporación municipal.


O sábado día 29 celebrasen ás 11h. Asemblea extraordinaria anual. Lugar: CASA DO LIBRO na rua Velazquez Moreno de Vigo.

"Temos vocación de axuda por iso mesmo imos colaborar co alcalde para axudalo a limpar o Castro de obxectos indesexables" palabras do presidente da asociación Telmo Comesaña

segunda-feira, 24 de maio de 2010

Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudiantís en Compostela, 1939-1968, de Ricardo Gurriarán


«Inmunda escoria» foi o titular co que un xornal caracterizou os estudantes universitarios antifranquistas en 1968, cando as súas protestas fixeron tremer as estruturas da Ditadura. Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968 nace da exposición que a Fundación 10 de Marzo lle encargou a Ricardo Gurriarán para conmemorar os corenta anos das loitas do curso 1967/68 na Universidade galega. A partir dun intenso labor de investigación en arquivos públicos –malia os impedimentos legais que amparan os tan «distantes» tempos da Ditadura franquista– e privados, así como das máis de cen entrevistas aos participantes directos e indirectos do conflito, Gurriarán analiza o que foi coñecido como «o 68 galego», que protagonizou toda unha xeración de persoas cun percorrido político, social e cultural que chega ata os nosos días. A investigación arranca no ano 1939 e avanza ano a ano para chegar ao curso 1967/68, cando as mobilizacións estudantís antifranquistas conquistaron espazos de liberdade, á custa, iso si, de non poucos desgastes persoais. Sen aqueles acontecementos, a sociedade galega de hoxe sería moi diferente. Inmunda escoria é un libro que non só enche un baleiro na historiografía, senón que está chamado a converterse, sen dúbida ningunha, nun referente para os estudos que sobre o antifranquismo se fagan no futuro.

25 de Maio as 19:00 h. no Centro socio-cultural Caixanova
 rúa Riego de Agua da Coruña.

Participación de Anxo Guerreiro, Pancho Álvarez-Fontenla, Víctor Santidrián, Manuel Bragado e Ricardo Gurriarán

Organiza: a Unión Comarcal de CCOO da Coruña, a Fundación 10 de Marzo e Edicións Xeráis de Galicia

sábado, 15 de maio de 2010

Visita dos principes a Santiago de Compostela o 13/5/10

13 de mayo de 2010 — Visita dos Principes de Asturias a Santiago de Compostela. Na mesma houbo un grupo de compañeiros que amosamos o noso compromiso coa República. (autor video)

segunda-feira, 10 de maio de 2010

A Asociación pola Recuperación dá Memoria Histórica do Grove presentou a "Lei da Verdade" e celebrou a súa cea republicana



09 de maio de 2010 Faro de Vigo Texto: M. Méndez

A Asociación pola Recuperación dá Memoria Histórica (APMH) do Grove puxo o punto final ao seu ciclo anual de actividades coa tradicional cea republicana, que reuniu a ao redor de sesenta comensais no restaurante Rúa Mar. Xusto antes ofreceuse unha conferencia na que presentar en Galicia a iniciativa lexislativa popular "Lei da verdade, xustiza e reparación para as vítimas do xenocidio e a ditadura franquista".


Para esta presentación, a asociación que preside Xan Caneda González invitara a Miguel Anxo Rodríguez, catedrático de Dereito Penal da Universidade de Castela a Mancha; Mónica Zapico, investigadora de Dereito Penal da Universidade de Vigo e a José Luís Pitarch, profesor de Dereito Constitucional da Universidade de Valencia. O primeiro non puido acudir, como consecuencia da suspensión de voos nos aeroportos españois pola nube de cinza chegada desde Islandia.

Con esta conferencia informouse aos asistentes sobre os trámites e contidos da amentada lei, empezando por aclarar que "o pasado 27 de decembro de 2007 publicouse no Boletín Oficial do Estado a lei 52/2007, comunmente coñecida como da memoria histórica, unha norma de ámbito estatal formulada de costas ás amplas responsabilidades de todo Estado de Dereito en materia de verdade, xustiza e reparación? e aos dereitos humanos inalienables e indisponibles das vítimas dos crimes e violacións manifestas dos dereitos humanos labores polos golpistas que, a partir do 17 de xullo de 1936, subleváronse contra a Constitución española e as súas institucións públicas, e deron inicio a unha guerra de agresión grazas ao apoio da Alemaña de Hitler e a Italia de Mussolini".

Mediante devandita lei, e a través do que representa "unha das máis escuras regulacións xurídicas da historia da nosa democracia", estableceuse "un inxustificable modelo de auto exhumación familiar dos centos de fosas clandestinas, con meras axudas económicas do Estado, contrario ao incuestionable deber estatal de emprender unha investigación oficial efectiva e independente e de devolver os restos mortais ás familias".

Aquela lei "non dedicaba no seu articulado unha soa palabra ao lacerante crime aberto dos ?nenos perdidos do franquismo?; non se establecía a nulidade dos asasinatos de Estado levados a cabo baixo unha mera aparencia teatral de legalidade; non se contemplaba deber algún en materia de verdade, xustiza e reparación de xénero, de restitución de bens mobles e inmobles expoliados como mero botín de guerra; e non se mencionaba a cuestión das vixentes responsabilidades pendentes respecto do escuro pasado dos empresarios e empresas de Franco".

O que ocorre é que ?no medio dun tal quebracabezas de claras ilegalidades, de situacións gravemente excluídas de todo recoñecemento pola propia lei, da ausencia do seu debido desenvolvemento regulamentario, da existencia dun constatable caos xudicial en tales formulacións, e ata da sorprendente escenificación de distintas polémicas entre numerosas comunidades autónomas e o mesmo Estado, especialmente dramática continuou resultando a situación de incerteza e o sufrimento das familias dos desaparecidos?.

Segundo a APMH é ?unha situación constitutiva de trato inhumano contrario ao artigo 3 do Convenio Europeo de Dereitos Humanos e ao artigo 7 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos, e que máis aló dos propios actos delituosos do franquismo e o sufrimento dunha vida á espera continuaron vendo, ademais, violado o seu dereito humano á vida familiar?.

sábado, 8 de maio de 2010

Vigo retira os símbolos franquistas da Concatedral


A acción remata a primeira fase de eliminación dos restos de tales igrexas da ciudad.

XORNAL.COM 2010/07/05 Traducción Estación Atlántica

O Concello de Vigo concluíu hoxe a primeira fase da retirada dos símbolos franquistas das igrexas da cidade, a limpeza da fachada da igrexa de Santa María, coñecida como a Catedral, no Casco Vello.

Co desempeño de hoxe, participaron o alcalde, Abel Caballero, o senador Carmelo Silva (PSdeG) e neto do ex-alcalde Martínez Garrido-franco-represalias, foi o culminar de un plan de limpeza que comezou en abril pasado 12 nos templos e Valladares FREIXEIRO, e contou coa colaboración do bispo da Diocese de Tui-Vigo.

Tras o preceptivo informe de Patrimonio e, en cumprimento da Lei de Memoria Histórica, o Concello adxudicou a unha empresa a retirada das inscricións franquistas -fundamentalmente o nome de Curmán de Rivera, o yugo e as frechas, e as denominadas listas dos 'caídos'-.

Esta limpeza, que se acometeu en San Miguel de Bouzas, Santa María de Castrelos, San Salvador de Coruxo, San Salvador de Teis, Santo Tomei de Freixeiro, Santiago de Vigo, Santa María, San Francisco de Asides, San Andrés de Comesaña, San Miguel de Oia, San Andrés de Valladares e Santa Cristina de Lavadores, limítase ás inscricións superficiais, xa que as talladas nos propios elementos arquitectónicos requiren un permiso especial.

Ademais desta actuación, outros símbolos franquistas xa foron retirados, como o escudo franquista do antigo reitorado do Areal, ou o monólito dedicado a Franco das Illas Cíes. No caso da Casa dás Artes, ao tratarse dun edificio catalogado, o Concello está á espera do informe da Xunta para poder retirar eses símbolos -que agora están tapados--; mentres que o goberno municipal aínda non tomou unha decisión sobre a retirada da cruz de homenaxe aos caídos do monte do Castro.

quinta-feira, 6 de maio de 2010

O Concello impulsa unha Unidade Didáctica para dar a coñecer entre os estudantes as causas e repercusións en Ferrol do Golpe de Estado de 1936


ferrol.es. Xoves, 15 de abril de 2010
O goberno municipal socialista explica que a Unidade recupera a historia que non aparece nos libros de texto. A edil Mercedes Carbajales explica que “Ferrol 1936. Golpe de Estado e Represión” nace da aposta educativa do Concello e das investigacións do profesor Xosé M. Suárez. A publicación distribuirase entre os centros educativos, asociacións de veciños e culturais e, dende mañá, se poderá descargar da web municipal http://www.ferrol.es/
A Unidade recupera a historia agochada, aquela que non se recolle nos libros de texto, e nela se pretende explicar por que se produciu o Golpe de Estado de 1936, como se levou a cabo en Ferrol, cales foron as súas vítimas (a este respecto inclúe un análise sociolóxico para coñecer cales foron os grupos sociais e ideolóxicos máis perseguidos) e os escenarios nos que se levou a cabo a represión, un proceso do que o autor desta Unidade Didáctica manifestou que fora planificado e totalmente político. Tamén afonda nos escenarios nos que se produciron os fusilamentos e paseos, os cales os domiciliados na bisbarra ferrolá supuxeron o 73% do total de executados en tres anos (715), é dicir, algo máis de 500 represaliados. Estes lugares foron os cemiterios de Canido e Serantes, onde tiveron lugar centos de execucións extraxudiciais, o Arsenal Militar (143 fusilados por sentenza de consellos de guerra da Armada) e o castelo de San Felipe, cun mínimo de 71 fusilados.

Noticia na prensa: