O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta A Coruña prov.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta A Coruña prov.. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de abril de 2016

Moción en Narón relativa á conmemoración o 14 de Abril da proclamación da II República


Naron Esquerda Unida 31 mar. 2016
Parafraseando a ese gran comunista e poeta que foi Miguel Hernández, que rematou a súa luminosa vida un mes de Marzo de fai 74 anos nunha cadea fascista, “Xamais renunciaremos nin ao máis vello dos nosos sonos”. 

O 14 de abril cumpriranse 85 anos da proclamación da II República, o primeiro réxime democrático da nosa historia que instaurou un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución democrática de España. Esta Constitución plasmou o principio de igualdade dos españois ante a lei, ao proclamar España como “unha república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza”, o principio de soberanía popular, establece o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23 anos. En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses da economía nacional, constituíuse un “Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións”, o principio de laicidade “o Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”, ademais recoñeceuse o matrimonio civil e o divorcio así como o ensino primario laico, gratuíto e obrigatorio, e recoñécese a liberdade de cátedra.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos os alcaldes e concelleiros que coma nós defendían entón a legalidade e os intereses da veciñanza, moitos deles pagaron coa vida esta defensa, coma tamén o fixeron moitos veciños e veciñas dos concellos daquel período escuro, así como para condenar o golpe de estado contra a II República e a represión franquista. 

“Quen esquece a súa historia esta condenado a repetila”, isto o dixo fai moito tempo un tal Marco Tulio Cicerón, ala no 106 AC, esta é unha gran verdade, precisamos de ter Memoria Histórica. 

Porque a mal chamada Guerra Civil non foi unha guerra, foi un golpe de estado perpetrado por militares traidores as ordenes da oligarquía que defendía os seus privilexios, un golpe de estado contra un goberno lexitimo e referendado nas urnas, un golpe de estado covarde que provocou unha guerra brutal, os fascistas do bando mal chamado “Nacional” contaron con a inestimable axuda do fascista Benito Mussolini que enviou soldados e armas, tamén do NAZISMO de Adolf Hitler que aportou máis armas e a súa aviación, trouxeron tamén a Garda Mora, a todos eles o fascismo español lles abriu as portas para matar o seu propio pobo, no estado español fíxose un verdadeiro xenocidio ideolóxico, as fosas comúns seguen cheas da semente dun pobo que se quería libre. 

Lembro agora unha das imaxes de Castelao onde dicía, “Non enterran cadáveres enterran semente.”

Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación, reábrense feridas, pero ¿como imos a reabrir feridas que nunca foron pechadas? cando eles mesmos encargáronse de mantelas abertas, de potenciar a separación das DOS ESPAÑAS, ¿como perdoar cando nunca se pediu perdón?, a ninguén se lle ocorre en Alemaña falar de que hai que esquecer o holocausto, alí negalo é un delito. 

Por Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista, as cifras contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria. 

Temos documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles foron mariñeiros que se mantiveron fieis a República e a legalidade durante o golpe, no Val foron fusilados e enterrados no cemiterio 48 mariñeiros do “Acorazado España” e do “Vapor Domine”, en San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17 mariñeiros do “Mar Cantabrico”.

Nove veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión. 

Estas 93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os presos, os multados...

Como terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e “España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros do “Acorazado España”. 

O próximo día 13 de Abril Memoria Histórica acompañada por todas e todos os que queremos ter Memoria fará no cemiterio do Val e no de San Mateo unha ofrenda floral en homenaxe a todas e todos os represaliados. 

Honor e Gloria os nosos mártires. Saúde e República. 

¡A pola terceira!

sábado, 24 de outubro de 2015

Galicia, a guerrilla temprana

Benigno Andrade García "Foucellas", quizais
o máis coñecido dos guerrilleiros galegos

Traducción Estación Atlántica

Diagonal - Imanol 19/10/15
Debido ao triunfo fascista en terras galegas nos primeiros días da guerra civil, moitos republicanos de variada ideoloxía víronse obrigados, uns a ocultarse, outros a botarse ao monte, outros conseguiron chegar ata a veciña Asturias para loitar a favor da Republica, outros foron obrigados a alistarse no exército fascista e outros moitos foron apresados e/ou executados. Trataremos de seguir o rumbo aos libertarios que se botaron ao monte tanto no chamado periodo de fuxidos como no de guerrilleiros sen entrar a discutir si de verdade houbo tantas diferenzas entre un e outro.

Unha das primeiras noticias que temos é a morte en enfrontamento armado do cenetista Alejandro Costas Fernández o 13-8-1936 en Soutelo-Salceda de Caselas, dous días despois aparece o cadáver tiroteado no monto do Foxo do libertario coruñés Ramón Ponte Rivas . O 24 de decembro dese ano, nunha batida pola Sierra de Galleiro son abatidos tres libertarios dos que descoñecemos máis datos. Manuel Bergantiños Pouse foi capturado nas proximidades da Coruña en marzo de 1937 e fusilado en outubro do mesmo ano. Tamén en durante o ano 37 foron asasinados nos montes de Viveiro Balbino Gómez Rodríguez en marzo e posteriormente Candido Soto Gómez. O 25-6-1937 é abatido tras un enfrontamento armado o cenetista Alfonso Pérez Cornejo no monte Tureira, formaba parte dunha cuadrilla de fuxidos. Sabemos que estiveron fuxidos pero descoñecemos o que a sorte lles deparó aos libertarios de Almeiras José Castro Seijo e José María Galán Becerra do mesmo xeito que ao veciño de Casal Nicolás Uzal Campos.

Gráfico explicativo sobre voaduras de ferrocarril difundido en Galicia

Nas illas Cies andaron fuxidos un grupo de 7 ou 8 persoas ata ben entrado 1937, a maioría destacados cenetistas da zona, á espera dun barco que os sacase de alí, que finalmente non chegou. Entre eles Antonio Ferrari  Rodal 'O Carabelo', Antonio Fernández Ferrari 'O Amaro', Bernardo Lemos González e Manolo Soliño Soliño 'Carolitos', destes, os dous últimos foron asasinados nas illas, 'O Amaro' entregouse meses despois e 'O Carabelo' entregouse logo de finalizada a guerra.

O 4-11-1937 trala caída da fronte asturiano, e a súa volta a terras galegas, un numeroso grupo de combatentes do batallón 219 Galicia, que estaban dirixidos polo libertario José Moreno Torres tivo un grave enfrontamento no porto do Acebo (Fonsagrada) con gardas civís e falanxistas, no que perderon a vida o propio José Moreno e 12 dos seus compañeiros. José Moreno botouse ao monte en xullo, estando fuxido ata decembro de 1936, cando puido saír de Galicia en compañía doutros 22 anarquistas a bordo de 'A Libertaria', desembarcando en Xixón e alistándose ao Batallón Galicia. Unha vez caído a fronte norte, xunto a unha quincena de cenetistas da súa unidade, deciden volver polo monte desde Xixón onde se atopaban, ata Galicia. Xunto a el, Manuel Bugallo Lois, Jaime Machicado Llorente, Jesús Martínez Castro, Maximino Martínez Fernández, Odilo Masid Masid, Emilio Novás Naya, Manuel Ramos Escariz, Luís Rafael Villar Sánchez e posiblemente Julián Carballo Gómez, Moisés Erguido Blanco, Víctor Paradela Ríos e Julio Roca Gantes. A noite do 29 ao 30 de outubro chegan ata o porto do Acebo, onde fixeron dous grupos e durmiron en senllas cantinas. A que estaba máis penetrada en Galicia foi asaltada por un numeroso contingente de falanxistas e gardas civís, sorprendendo ao grupo de nove que alí se atopaban, sendo apresados e executados. O outro grupo, alertado polos disparos, entabló combate cos asaltantes, matando ao falanxista Emilio Villar. Finalmente, nos días posteriores, foron capturados e executados Manuel Bugallo, Julián Carballo e José Moreno. Tamén foi capturado Julio Rocas, aínda que descoñecemos a súa sorte. Os únicos que conseguiron saír ben librados foron Moisés Ergueito e Víctor Paradela.

Libertarios fuxidos en "A Libertara". Morenos Torres e
outros compañeiros de fuga morrerían despois na emboscada
do Acebo
Desde o triunfo do golpe de estado, bótanse ao monte a partida dirixida polo anarquista Manuel Prado Pereira 'Lolito' quen van funcionar polos alrededores de Gondomar (Pontevedra), a parte de 'Lolito', a partida conta con outros 5 membros. Ademais de varios roubos a man armada, dedicábanse a acosar a delatores da zona. Sabemos que en febreiro de 1938 acabarán coa vida dun tratante de madeira portugués en Priegue-Panxón por consideralo informador da garda civil. Esta partida funcionará ata finais de ano, en novembro, tras un enfrontamento armado nas proximidades de Vigo serán detidos catro dos seus membros, pouco despois serao o propio Manuel Prado en Baiona, sendo posteriormente executado. Sabemos da participación nesta partida, polo menos temporalmente de Francisco Pintado Pérez.

Tamén desde xullo do 36 levaban ocultos no monte o grupo encabezado polos ácratas Víctor Romero Pazo 'Zorrilla', José Fernández Álvarez 'Severo' e José Alonso Álvarez 'Berzas'. Algunhas das noticias que coñecemos sobre eles é que o 27-3-1939 asaltan 5 domicilios en Lameiro-Sárdoma, tres días máis tarde, 3 domicilios en Salgueira-Sárdoma. Finalmente, o 4 de abril, nas proximidades de Vigo, tras un enfrontamento coa benemérita, resultan abatidos 'Severo' e 'Berzas'.

Pola zona de Vilagarcía de Arousa, durante os anos da guerra civil rexistráronse diversos sabotajes contra o alumado público e as vías de comunicación, entre os saboteadores, atopamos aos libertarios José Vidal Bugallo 'Robles' ou Ramón Díaz Hermo.

De Cervantes, Lugo, era a partida familiar dirixida polo libertario Abelardo Gutiérrez Alba, quen trala caída da fronte norte e regresar á súa terra, botouse ao monte xunto aos seus irmáns Jovino e Baldomero, a súa irmá Domitila, a súa nai Consuelo e un irmán desta última chamado Segundo. A maior parte de ell@s acabarían engrosando as filas da federación de guerrillas uns anos máis tarde. Tamén acabou engrosando as filas da federación Eduardo Pérez Veiga 'Tameirón' outro dos derrotados trala caída da fronte norte e que tamén dirixiu unha pequena partida polas terras do sur de orense.

O guerrilleiro cervantino Abelardo Gutiérrez Alba
No verán de 1939, un grupo formado polos anarquistas José Garrido Pasandín e o seu fillo Eduardo Garrido Otero, Amador Domínguez Pan e José Seijo Don eliminan ao axente do SIMP José Barcia Rioboó, no término de Gándara. José Garrido e o seu fillo serán detidos e posteriormente executados, mentres que os seus compañeiros terán unha prolongada carreira nas guerrillas galegas.

Na partida do comunista 'Patitas' que actuaba polas proximidades do Ferrol, atopamos aos libertarios Juan Ares López 'Pallares', Francisco Barcia Casanova 'Paco da Casanova', Jesús López Ardao 'O de Someiro' de quen sabemos que atentou en novembro de 1944 contra o falanxista José Rodríguez 'O Lugués' en Campolongo, Ramiro Martínez López 'Zapateiro' e Victor Bértalo.

Na partida pontevedresa de 'Os Maletas' atopamos a José Luís Quintas Figueroa 'Quintas'.

José Luis Quintas Figueroa "Quintas"
Na zona fronteriza da Raia descubrimos ao militante confederal Juan Salgado Ribeiro, 'O Juan'.

O que posiblemente fose o guerrilleiro máis coñecido de terras galegas, Benigno Andrade García 'Foucellas' era militante libertario aínda que posteriormente foi moi influído polo PCE, montou unha partida na que tamén atopamos a cenetistas como Antonio Sánchez Veiras 'Antonio Varela', Basilio Calvar Solla 'O Roxo de Domaio', Jesús Lavandeira Pérez 'Ladrillo', Andrés Pérez Lavandeira ou Joaquín Sánchez Patiño. Este grupo movíase pola zona de Curtis.

A partida dos irmáns Rodríguez González, Antonio e Eulogio, supuestamente capitaneada polo primeiro deles, ambos libertarios, aos que tamén acompañaba Salvador Gil Moure 'Carolo' e un tal Justo. Este grupo funcionou durante os primeiros 40 pola zona de Chantada e Carballedo. A garda civil acusounos entre outras cousas do asasinato dun capitán de aviación na estrada de chantada a Monforte, de causar outras dúas vítimas na estrada que leva a Orense e do asalto a un coche de feiras. Antonio e Eulogio participarán posteriormente na invasión do val de Arán encadrados na 21ª brigada e despois no AGLA.

Os irmáns Eulogio, Antonio e Custodio Rodríguez González
Dos seguintes guerrilleiros libertarios, coñecemos os nomes pero non temos datos relevantes sobre as súas partidas nin zonas de actuación, Antonio Alejandre Ramos, Antonio Calviño actuaba pola zona ourensá de Alláriz, foi apuñalado por detrás en 1953, Daniel Calvo Rodríguez, abatido pola garda civil o 19-7-56, hai un Dá Silva, que poida que fose José Dá Silva Bartomeu 'Moreno', pero non podemos confirmalo, Antonio González Pérez 'Tono' estivo tres anos no monte, ata 1939, entón pasou a Francia, anos despois estaba como guía confederal na zona de Euskadi, (tamén exerceu de mugalari Juan Romeu Ramos), Eusebio González Pedreira, José Liró Louro 'Pepe o Cocheiro', José López Chao, Juan Mosquera Vázquez, Eduardo Rego Álvarez, Santiago Rey, José Rosende Calvo 'Negro' e Cándido Soto Gómez.

Integrados nas diversas agrupaciones do Ejercito Guerrilleiro de Galicia dirixido polos comunistas, atopamos a varios militantes confederales, entre eles, Benigno Andrade García 'Foucellas', Francisco Barcia Casanova 'Paco dá Casanova', Claudio Díaz Milía 'Manolete', Manuel e José María Díaz Pan 'Rogelio' e 'Jaime' respectivamente, Amador Domínguez Pan 'José Pimentel', Gregorio Dopico Fernández 'Bolichero', Jesús Iglesias Escourido 'O Tizón', Jesús Lago Díaz, José López Ardao 'O de Someiro', Elías López Armesto 'Pajaro', Vicente López Novo 'Rufino', José Pedreira de la Iglesia 'Queimarán', Ceferino Rodríguez Arias 'Bailarín', Juan Salgado Rivero 'O Juan', José Santiago Temprano 'Henares' e José Seijo Don 'Ramón'.

José Pedreira de la Iglesia "Queimarán".
Integrados na plural Federación de Guerrillas León Galicia, atopamos aos libertarios galegos Eduardo Pérez Vega 'Tameirón', Abelardo Gutiérrez Alba, Antonio López Fernández 'Corchas' e Ceferino Rodríguez Arias 'Bailarín'.

Noticia sobre os combates entre guerrilleiros e gardas
en Cambedo en 1946

Fontes: O movemento libertario en Galiza. 1936-1976 (Dionisio Pereira e Eliseo Fernández), Terra e tempo Nº 163/170 (vvaa), Entremontes Nº 3 (vvaa), Enciclopedia histórica del  anarquismo español (Miguel Iñiguez), Proceso e morte de Luís Nodar (Juan Sobrino e Manuel Domínguez), A represión franquista en Galiza , actas do congreso dá memoria Narón 2003 (vvaa), O batallón Galicia nº 19 (Eliseo Fernández), http://losdelasierra.info/  e  http://vitimas.nomesevoces.net/gl/

mércores, 14 de outubro de 2015

Actos do exilio: "Os nenos e nenas da guerra civil española" en Ferrol e Oleiros


O Ateneo Ferrolán recupera a experiencia do exilio infantil a Rusia despois da guerra 

14 Octubre 2015
Nos anos 1937 e 1938, no contexto da guerra civil española, uns 3.000 nenos e nenas foron evacuados dende a zona republicana cara a Unión Soviética, para evitarlles os rigores da guerra nas zonas máis afectadas polos combates, aínda que o oriente europeo non foi o único punto do exilio infantil das familias republicanas. Moitos daqueles nenos e nenas exiliados non puideron voltar ás súas zonas de orixe debido ás vicisitudes da Segunda Guerra Mundial, a dictadura franquista e a dinámica xeral da guerra fría.

O Ateneo Ferrolán organiza un encontro con Araceli Ruiz (Palencia, 1924) e Libertad Fernández (Sama de Langreo, 1927) dúas daquelas nenas, e Alejandra “Sura” Marcova, unha moscovita que viviu sempre no ambiente dos nenos de Rusia e casou cun deles, Manolo Fernández. Estas tres mulleres falarán da súa experiencia vital nun exilio que aínda é moi descoñecido para moita xente. E a narración da súa vida en primeira persoa irá seguida dun coloquio co público asistente. 


Tres nenas exiliadas pola guerra civil española contarán a súa historia o xoves na Fábrica de Oleiros

Alternativa dos Veciños Oleiros 13/10/15
O auditorio do centro cultural A Fábrica acolle este xoves, a partir das 20:00 h, un acto público sobre os nenos e nenas da guerra civil española. Araceli Ruiz, Libertad Fernández e Shura Marcova relatarán como sendo menores de idade tiveron que fuxir cara a Moscú ante a persecución fascista en España. Tamén serán proxectados varios documentais e realizarase unha charla coloquio moderada pola Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica.
 
A historia que achegarán Araceli, Libertad e Shura ás persoas asistentes estará acompañada dos comentarios do profesor de xeografía e historia Jorge Calle, que porá en situación e contexto a fuxida destas tres nenas cara a Rusia. Tamén serán proxectados os álbums da guerra de Castelao en Moscú, que contarán coas explicacións do profesor e investigador Xesús Alonso Montero. Carmen Rodeja, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e os estudantes Ángela Pérez e Daniel Sánchez moderarán un acto que durará unha hora, aproximadamente.

luns, 12 de outubro de 2015

Manuel Lugrís emprega por vez primeira o galego nun discurso público e político


Asc. Cultural Alexandre Bóveda  6/10/15
O 6 de outubro de 1907 en Betanzos, Manuel Lugrís Freire emprega por vez primeira a lingua galega nun discurso público e político. Foi, nun acto do sindicato Solidaridad Gallega, do que tamén fora fundador, publicándose o discurso o día 19 de outubro dese mes no xornal A Nosa Terra.


domingo, 23 de agosto de 2015

Homenaxe ás vitimas do 20 de agosto de 1936 no Amenal e en Ortoño

O Amenal

Mini Rivas Cruz  18/8/15
O 23, domingo, ás 12.30h. honraremos a memoria dos once homes asasinados polos fascistas o 20 de agosto de 1936 no Amenal e en Ortoño. 

Xuntarémonos coma tódolos anos desde 2.007 para recorda-la barbarie e facer coa nosa lembranza que permanezan en nós eles e o seu sacrificio.

Será coma sempre un acto de respecto que pode compartir quen se achegue de boa vontade.

Será diante do concello, onde está a placa e a pedra adicadas a eles.

Lembranza a Anxel Casal no seu aniversario

Twitter en galego 19/8/15
O 19 de agosto do 1936 é fusilado en Cacheiras (concello de Teo), Anxel Casal. 

Con palabras de Castelao: "Fixo por Galiza máis que todos nós".

Lembranza a Luís Barrena no seu aniversario


Vicente Abelleira Cambeiro  16/8/15
O 22 de agosto de 1936, aparecía abatidos na Coviña (O Freixo) a tiros do deputado por Melilla, Luís Barrena. A asociación Terra de Outes, tivo a honra de levantarle un monolito para lembrar a súa memoria. Na semana que vamos a estrear, vai na nosa lembranza, Alexandre Boveda, Anxo Casal, e moitos máis mártires galegos, daí o nome de GALIZA MÁRTIR, como lembranza a Alexándro Bóveda, pero ben podería servir para moitos máis. Luís Barrena, aínda que non era nado en Galiza, se estaba casado con unha de Muros, por iso o golpe fascista, colleuno en Muros, que estaba pasando as vacacións. Para rematar, voulle contestar a un alcalde do PP, que dixo, que se morreron, voi que algo farían, pois sí; o único que fixeron foron defender a democracia, cousa que o PP, pouco a pouco, e quere esnaquizala con leises coma a Lei Mordaza.

domingo, 16 de agosto de 2015

Homenaxe a Francisco Miguel e Syra Alonso no Día da Galiza Martir

Syra Alonso e o pintor Francisco Miguel en Madrid en 1934

Domingo 16 de agosto | 20:00h. | Praza da Liberdade, San Pedro de Nós (Oleiros)

15/08/2015 Redacción
Oleiros, 15 de agosto de 2015.- A asemblea local do BNG de Oleiros organiza mañá domingo ás 20 horas na Praza da Liberdade da parroquia de Nós un acto cívico de homenaxe ás persoas que en Oleiros e en Galiza foron vítimas da persecución e o odio desatados co golpe de estado de xullo de 1936. A iniciativa enmárcase na conmemoración do chamado Día da Galiza Mártir cada 17 de agosto para lembrar a data do fusilamento de Alexandre Bóveda. O acto, que será presentado pola actriz Isabel Risco, contará coas actuacións musicais de Moncho do Orzán e Miro Casabella, unha intervención poética a cargo do escritor Cesáreo Sánchez Iglesias e unha intervención política a cargo de Goretti Sanmartín, membro da Executiva Nacional do BNG e vicepresidenta da Deputación.

 O BNG de Oleiros vén organizando ininterrompidamente desde hai 19 anos este acto. Trátase neste momento da única iniciativa relacionada coa recuperación da memoria histórica e o recordo das vítimas da represión que se celebra anualmente no municipio. Como vén sendo habitual, a este acto súmanse diferentes entidades culturais e de recuperación da memoria de toda a comarca: a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada ou a Asociación veciñal Os Rueiros de Nós, entroutras.

 O acto anual de Nós vén servindo para recuperar a memoria da terríbel represión vivida pola parroquia a partir do triunfo da sublevación militar golpista en 1936, personalizada especialmente no nome de Xaquín Taboada, derradeiro presidente da chamada Comarcal de Sindicatos de Nós, fusilado en abril de 1937 xunto a outros compañeiros.
 
O acto deste ano busca recuperar a memoria doutras dúas personalidades practicamente esquecidas, veciñas de Oleiros no fatídico verán de 1936: a do pintor Francisco Miguel e a da súa compañeira, a escritora Syra Alonso. Francisco Miguel foi prendido por dúas veces na súa casa de Coruxo de Abaixo, en Liáns: a primeira, a madrugada do 2 de agosto de 1936; a súa muller conségueo liberar nun primeiro momento, mais de novo foi prendido e “paseado”. O seu corpo, sen vida, apareceu salvaxemente torturado e mutilado na parroquia carballesa de Bértoa o día 29 de setembro: tiña desfeita a cabeza, as mans cortadas e presentaba distintos impactos de bala, un deles no estómago. O fascismo puxo fin tan violento á vida dun home que tivo ao seu cargo a Libraría da Arte da coruñesa Rúa Real; colaborador das revistas Alfar e Casa de América; amigo de Picasso, Carpentier, Seoane, León Felipe, Siqueiros ou mesmo o mexicano Diego Rivera; ilustrador dos poemas de Jorge Luis Borges ou de Gabriela Mistral.
 
Syra Alonso, soa e con 3 fillos pequenos, viviu unha infernal persecución até que finalmente puido fuxir camiño dun exilio mexicano do que nunca voltaría. A súa dramática historia quedou narrada nos Diarios que publicou en 2000 A Nosa Terra na súa colección Mulleres.
 
En xuño de 2013, con motivo das inauguracións dos parques José Luis Sampedro e Santiago Carrillo na parroquia de Oleiros, o BNG recordou publicamente que, sorprendemente, nin Francisco Miguel nin Syra Alonso contan aínda con ningún recoñecemento público ou pegada visual que recupere a súa memoria, para alén dunha meritoria iniciativa desenvolvida polas bibliotecas municipais do Concello hai algúns anos. A casa na que habitaron, á que antes dos sucesos terríbeis de agosto de 1936 chamaron “A Casa da Felicidade”, continúa en pé e nun bo estado de conservación.

mércores, 12 de agosto de 2015

Moncho na memoria. Crónica do 12 de agosto


MOVEMENTO GALEGO AO SOCIALISMO
Moncho Reboiras vive na loita pola independencia e o socialismo. Máis dun cento de persoas participaron na Homenaxe Nacional que se celebrou no cemiterio de Imo, con ocasión do cuadraxésimo aniversario do asasinato do militante comunista galego, a quen o MGS lembrou todos os anos desde a súa constitución, como espello no que nos mirar e desenvolver a súa loita.

Noa Presas, membro da Mesa Nacional do MGS e de Isca!, asegurou que o acto non pretendía só restituír unha memoria usurpada, senón recoñecer a vixencia dunha figura que "representa o modelo de militancia política que aspiramos a herdar, na súa concreción ideolóxica e na súa praxe". Neste sentido, lembrou os numerosos conflitos e agresións anti-populares que enfrontamos na actualidade, desde as tractoradas en defensa do leite até os recorrentes lumes forestais, o desemprego ou as violacións de dereitos, para lembrar que son apenas consecuencias de causas estruturais, ligadas tanto ás políticas europeas como a "unha estrutura autonómica inservíbel". Así, os dous pés do cambio, afirmou, pasan pola independencia e a ruptura co capitalismo, que deben avanzar por medio do soberanismo, "único proxecto verdadeiramente transformador que pode liberarnos como clase e como pobo", sen cesión aos espellismos.

Tamén fixo alusión á necesidade da "unidade de acción e na alianza estratéxica de quen entendemos a soberanía como folla de ruta", mais sen supeditalas exclusivamente aos marcos meramente electorais. Noa Presas saudou a presenza de cada vez máis veciños de Imo, do BNG de Dodro, e de organizacións irmás como o PCPG e o Colectivo Nacionalista de Marín. Finalmente, adicou o acto a todas aquelas persoas e organizacións que durante estes corenta anos honraron a figura de Moncho Reboiras. 

Tamén interviron Xoán Bautista Mariño e Rafael Mouzo. O primeiro, concelleiro do BNG en Dodro, participara de cativo no enterro de Moncho Reboiras, en 1975, nunha vila tomada pola Guardia Civil, sen prever que tomaría despois a decisión de se implicar e representar no Concello o proxecto de liberación nacional deste país. Pola súa parte, o noso compañeiro Rafael Mouzo é un militante histórico, que foi alcalde de Corcubión entre 1997 e 2008 – cunha paréntese dun mandato – e impulsou unha das poucas rúas que homenaxean a Moncho Reboiras, unha das primeiras das moitas que algún día inzarán as nosas cidades e vilas.

Ademais das intervencións políticas, tamén a cultura serviu de vehículo da memoria, imaxinación e reivindicación. O acto comezou cunha actuación musical de Mini e Mero e tamén incluíu un recital poético. De feito, a homenaxe serviu de lanzamento do primeiro libro de Arredista Edicións!, a editorial vinculada ao Movemento Galego ao Socialismo. Trátase dunha colectánea de poesía dedicada expresamente a Moncho Reboiras, que foi coordenada por Alberte Momán e inclúe textos das autoras e autores Carmen Blanco, Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Igor Lugris, Isidro Novo, Marta Dacosta, Ramiro Vidal Alvarinho, e Teresa Moure, ademais de Susana Sánchez Aríns e Verónica Martínez Delgado, que foron as dúas autoras presentes e protagonistas do recital poético. Alberte Momán leu o poema de Dario Xohán Cabana “Reboiras na lembranza”. Un exemplar foi entregado ás persoas que participaron no acto, ademais de a Manolo Reboiras e Lita Martínez, a quen agradecemos a súa presenza e colaboración. Mini e Mero interpretaron algún dos seus temas mais coñecidos e Mini recebeu o apoio expreso polo de toda situación de política en Boimorto que o deixaría sen a alcaldía por obra do caciquismo. O acto de homenaxe terminou coa colocación dun ramo e de corenta caraveis, e co canto dos himnos da nosa clase e da nosa patria. 

A homenaxe veu precedida dunha campaña axitativa previa, coa colada de numerosos cartaces e o despregamento de faixas, que levou a lembranza de Reboiras a diversas comarcas do país, nomeadamente á de Compostela e ao Barbanza. Tamén se repintou na súa integridade un mural de catro metros de altura coa imaxe de Reboiras, que fora elaborado no ano pasado e despois fora destruído, e que se atopa nas inmediacións do cemiterio de Imo.

Mural de Moncho Reboiras en Imo


Movemento Galego ao Socialismo  11/8/15
Hoxe refixemos o mural de 4x3 metros ao carón do cemiterio de Imo que fora completamente borrado polos enimigos da liberdade, un mes despois de telo feito. 
 
Unha pequena homenaxe a un home que non pode ser esquecido na terra onde naceu, que ben merece este esforzo.

martes, 11 de agosto de 2015

V Xornadas Memoria dun Tempo

Nordés 10/8/15

Chega a cita coa Historia que cada ano, e van 5, propón Nordés para o mes de agosto: as Xornadas "Memoria dun tempo". Será os días 20, 21 e 22 na Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, ainda que aconsellamos consultar o cartaz adxunto por canto hai cousas que se fan fora do local citado.



Como en edicións anteriores, os contidos das Xornadas son diversos no seu contido e forma. Así, en canto a isto último, teremos conferencias, proxección dun documental, un recital, un roteiro didáctico, xantar de amizade e a 3ª homenaxe a Republicanos e Libertarios. E en canto ás temáticas, a lembranza do final da II Guerra Mundial achegándonos ás historias persoais de homes e mulleres do Ortegal que, dunha forma ou outra, víronse involucrados na mesma, dun xeito tráxico en moitas ocasións. O relator será o historiador ferrolán Eliseo Fernández.


A devandita homenaxe na Ponte Vella de O Barqueiro, coa participación da asociación Coletivo Pensamento e Sementeira de Viveiro en representación dos veciños da Mariña que foron fusilados nese paraxe da nosa xeografía, moi cerca do monolito en recordo dos represaliados e represaliadas polo franquismo no Concello de Mañón.


A homenaxe contará tamén con intervencións de persoas a título individual e as cancións de Mini e Mero e Andrés Rodríguez, músicos que daran un recital para pechar o acto.


Os tempos da dura guerra civil e posguerra ocuparán o sábado cunha camiñata por Ambosores para coñecer dos feitos lutuosos que nos primeiros anos 50 tiveron lugar nese casal, encrucillada dos concellos de As Pontes, Mañón, Muras e Ourol. A actividade será guiada polo Nordesteiro de pro Bernardo Penabade.


E rematarase falando do papel da muller na guerrilla da man da Catedrática de Lingua e Literatura Galega na USC, historiadora e investigadora especializada no área da muller, Aurora Marco, xunto coa proxección do documental "As silenciadas", de Pablo Ces (Premio Mestre Mateo 2012 ó mellor Documental; Premio “Memoria i Justicia Universal” no Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet (2011); Premio “Popular runner up” no Festival internacional online Humanity Explored 2013)


Ogallá o programa sexa do voso agrado e poidamos contar con vostedes como público e participantes nestas V Xornadas "Memoria dun tempo" organizadas por Nordés.

40º aniversario do asasinato de Moncho Reboiras no cemiterio de Imo en Dodro

CIG e Fundación Moncho Reboiras lembrarán cunha ofrenda floral o 40º aniversario do asasinato do dirixente nacionalista

O acto terá lugar o 12 de Agosto ás 12 horas no cemiterio de Imo, en Dodro
O vindeiro 12 de agosto cumpriranse 40 anos do asasinato de Xosé Ramón (Moncho) Reboiras Noia a mas da policía fascista en Ferrol. Desde a Fundación que leva o seu nome e maila Confederación Intersindical Galega renderémoslle tributo mediante unha homenaxe floral ás 12 horas no cemiterio de Imo, en Dodro, onde descansan os seus restos. Moncho, alén da súa prolífica militancia nos diferentes campos do nacionalismo popular, destacou tamén nos primeiros xermes de organización obreira que deron lugar ao actual sindicalismo nacionalista.
Moncho Reboiras Noia criárase en Teis, un dos barrios máis populares de Vigo, moi preto da factoría Vulcano. Polo seu traballo de electricista, durante a década dos 70 viviu tamén noutras cidades galegas. O 12 de Agosto de 1975, foi asasinado pola policía franquista nun portal da rúa da Terra en Ferrol, a poucos metros do edificio do Concello, despois dunha persecución polos tellados de varios edificios. Reboiras era unha persoa nova, tiña 25 anos, de face sorrinte, cun engado persoal evidente, sempre disposto a traballar polo país, a escoitar máis que falar, e que sabía o que quería.

Contrariamente ao que algúns poderían pensar polas circunstancias nas que morreu, Reboiras non era unha persoa que considerase como principal a actividade armada da Unión do Povo Galego, partido ao que pertencía. Por esta razón, o seu partido encargoulle anos antes participar na organización da Fronte Cultural e posteriormente da Fronte Obreira. Moncho foi un home que destacou pola súa actividade no eido político e reivindicativo. Dende a Fronte Obreira impulsouse o nacemento dos xermolos sindicais en varias cidades, e estes deron lugar en maio de 1975, poucos meses antes da súa tráxica morte, ao nacemento do SOG e do periódico Eixo como voceiro do sindicato.

A fundación do SOG, e doutros sindicatos como a UTEG, puxo as bases da que sería a máis forte das organizacións do nacionalismo, e que daría lugar andando o tempo ao que hoxe é a nosa central sindical, a CIG. A súa participación destacada na autoorganización da clase traballadora galega foi recoñecida pola Confederación Intersindical Galega renomeando a súa fundación de estudos e formación sindical, co seu nome: Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza.

De vivir, Moncho Reboiras sería sen dúbida hoxe un dos dirixentes do nacionalismo, un referente. Tiña todas as calidades para selo. Era un home do povo, disciplinado, aberto ás novas ideas, de fácil relación cos demais e, fundamentalmente, unha persoa solidaria e que loitaba desde un proxecto de masas pola xustiza social e os dereitos nacionais de Galiza. Unha parte do que é hoxe o nacionalismo e das liberdades democráticas (aínda que limitadas e en retroceso), debémosllas a el. O seu asasinato foi un revulsivo, especialmente entre a mocidade. Unha vida a imitar e unha demostración da coherencia, que colocou o movemento nacional popular galego como referencia política nunha conxuntura decisiva.

Mais Moncho non era un caso illado. Formaba parte dun partido de xente moza, atrevida e entregada, teimosa, procedentes das clases populares, que tiñan como obxectivo principal da súa vida a liberación nacional e social de Galiza. Moncho Reboiras, ademais dun exemplo persoal, representa a todos e todas aqueles que na dura etapa do franquismo senil fixeron posíbel que o nacionalismo das clases populares sexa hoxe unha realidade. Non foi unha excepción, senón alguén que estivo na primeira liña de loita contra a opresión. Hoxe a 40 anos do seu asasinato pola ditadura, lembremos a súa caída coa mellor homenaxe, continuando a súa obra.

Manuel Mera
Director da Fundación Moncho Reboiras

domingo, 9 de agosto de 2015

O Goberno de Sada vai a recalificar o pazo de Meirás para convertelo en espazo público

Manifestantes fronte á entrada do pazo de Meirás para pedir o seu devolución. Foto: Víctor Echave
Traducción Estación Atlántica 

Recupera a opción suscitada polo bipartito no plan xeral, que foi eliminada polo PP, de cualificar o ámbito como sistema xeral de equipamiento e espazo libre. É o primeiro paso para lograr arrebatar aos herdeiros de Francisco Franco

La Opinión A Coruña - Antares Pérez - Sada 03.08.2015 
O Goberno local de Sada (Sadamaioría, PSOE e BNG) modificará o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PGOM), pendente de aprobación definitiva, para cualificar o pazo de Meirás e a súa leira como sistema xeral de equipamiento público e espazo libre.

O Executivo municipal recupera a formulación do bipartito (2007-2011), que no documento de inicio do documento urbanístico xa establecía esta cualificación para converter este Ben de Interese Cultural nun espazo de "goce da cidadanía".

O PP modificou durante o seu mandato o PGOM para que o pazo continuase en mans dos herdeiros do dictador e deseñou un parque na súa contorna, a través da expropiación de varias leiras, incluídas unha extramuros da familia Franco que alberga a casa dos guardeses.

Os tres grupos que compoñen o Executivo, que goberna en minoría, están de acordo en retomar a senda iniciada polo bipartito e dar este primeiro paso para lograr arrebatar aos herdeiros do dictador Francisco Franco o emblemático pazo, residencia durante anos de Emilia Pardo Bazán, e que foi adquirido mediante vendas forzadas, descontos en nóminas dos funcionarios municipais e provinciales e emisión de bonos supuestamente de compra voluntaria, para regalarllo ao Caudillo durante a Guerra Civil.

"O fin último é recuperar o pazo", afirmaba onte tallante o alcalde, Benito Portela. A súa formación, do mesmo xeito que BNG e PSOE, defendían xa en campaña a recuperación para patrimonio público deste Ben de Interese Cultural que abre días contados as portas á cidadanía.

O Concello, a través do área de Turismo que dirixe Liss Becerra, acaba de remitir á Xunta un escrito para solicitar a xestión das visitas, da que se encarga actualmente unha empresa contratada polos propietarios.

O Goberno local terá que solicitar o apoio da oposición ao plan xeral e todo apunta a que o cambio en Meirás levantará ampollas. O PP pronunciouse en contra e o líder do PDSP, Ramón Rodríguez Ares, adornou o seu despacho durante anos cun retrato de Franco.

xoves, 30 de xullo de 2015

A CRMH denuncia a permisividade da Xunta por "permitir aos Franco que sigan veraneando nun pazo roubado ao pobo"

Pazo de Meirás CC BY-SA Merce Blanco
A familia Franco di agora que abre o pazo de Meirás pero xa non permite reservar visitas
 
Miguel Pardo - Praza Pública 29/7/15
Como cada verán desde hai xa uns anos, a polémica volve arrodear o pazo de Meirás. Un día despois de que asegurase que as visitas se suspenderían ata setembro, a empresa privada que organiza as rutas di agora que se abre catro días ao mes, pero que as prazas xa están reservadas. A compañía contratada pola familia de Francisco Franco, que ocupará o inmoble durante o vindeiro mes, pareceu recuar ante as críticas, especialmente as do alcalde de Sada, que censurou o desleixo da Xunta ao "eludir a súa responsabilidade" á hora de asegurarse que a familia do ditador garanta que se cumpre a normativa que obriga a abrir ao público o pazo. 
A familia Franco di agora que si abre catro días de visitas pero que as prazas para os catro días xa están reservadas
Curiosamente, a empresa ofrece visitar o pazo este venres 31 de xullo, pero xa non ningún dos catro días de agosto que se tería que abrir segundo indica Turgalicia na súa web (28, 29, 30 e 31). "Tamén podería vir en setembro", asegura unha empregada de intentarmos reservar praza. "Pero non en agosto porque xa non hai sitio". Pero está pechado? "Si, está pechado... Non hai sitio", responde a compañía. Ao igual que ocorrera noutros veráns, resulta imposible facer reservas xa a finais de xullo, o que incrementa as dúbidas sobre a dispoñibilidade da familia do ditador a cumprir a normativa e o que provoca as críticas do Concello de Sada, que acusa a Xunta de facer "oídos xordos" e de non garantir as visitas. 
A CRMH denuncia a permisividade da Xunta por "permitir aos Franco que sigan veraneando nun pazo roubado ao pobo"
Non obstante, son moitas as voces que reclaman máis. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña rexeita a permisividade da Xunta de Galicia coa familia Franco por "permitirlles que sigan veraneando no pazo de Meirás, que foi roubado ao pobo mediante impostos revolucionarios". "Descontos nas nóminas de centos de traballadores públicos ou achegas dun 15% dos orzamentos municipais dos distintos concellos da comarca da Coruña", aclara a entidade, que aclara que estes datos "invalidan" o argumento dos Franco, que sosteñen que o pazo de Meirás foi doado polo pobo galego ao ditador.
 
A CRMH critica a "permisividade" da Xunta, máis aínda logo de que o pazo fose declarado Ben de Interese Cultural (BIC), o que obriga á súa apertura ao público. Acordouse que foran catro días ao mes como mínimo, aínda que a Lei de Patrimonio Cultural de Galicia non estipula as xornadas. Pero os Franco adoitan poñer atrancos ou mesmo impedir as visitas, que xa son ben restrinxidas, ao vetar varias estancias da casa e non permitir sacar fotografías nin gravar vídeos na maioría delas. "Os señoritos que veranenan en provincias que non queren ser molestados, coa complicidade da Xunta do PP, que agocha a súa responsabilidade á hora de pedir que se cumpra a legalidade", insiste a CRMH. 
"Nin catro, nin seis nin oito días; se os Franco queren veranear en Galiza, que paguen un hotel, o pobo debe ter a titularidade do pazo"
"O PP que nunca condenou o franquismo é coherente coa permisividade que sempre tivo coa familia Franco ao deixala usar un pazo para veranear cando sabe perfectamente que foi roubado ao pobo polo ditador e que é o pobo quen debería ter a titularidade del", engade a Comisión, que exixe "que se restitúa ao patrimonio público o pazo de Meirás". "Non vale que se abra ao público catro, seis, oito días ao mes. Os que sexan. A familia Franco, se quere veranear en Galiza, que pague un hotel, como fan todas as persoas decentes", di. 
 
"Non é para nada presentable nunha democracia que as persoas descendentes dun ditador sanguinario teñan usufructo de propiedades que deberían de ser públicas para veranear. A ninguén se lle pasa pola cabeza en Italia ou en Alemaña que a familia de Benito Mussolini ou de Adolf Hitler aínda sigan gozando das riquezas que tiñan os seus parentes. Sobre todo se esas riquezas tiñan moito que ver co Estado italiano ou alemán", remata a CRMH nun comunicado que pide a "inmediata devolución ao patrimonio público" do inmoble. 

martes, 21 de xullo de 2015

Buscamos la memoria de los presos asturianos en Cedeira (1937-1938)

Plano do Campo de Concentración de Cedeira situado na Praia
Imaxe de Asturias republicana.com 
Xosé Manuel Suárez. Historiador. Ferrol 21/7/15
Desea recibir documentos, cartas, recuerdos, fotografías... de presos asturianos en el Campo de Concentración de CEDEIRA (A Coruña) en 1937 y 1938. 
Estan recogiendo información para realizar un documental sobre el campo de concentración de Cedeira

domingo, 31 de maio de 2015

Desenterrado en Teilán o corpo dun maquis asasinado en 1949

Na exhumación interviñeron forenses arxentinos formados na procura de desaparecidos
Foto Carlos Castro


O seu corpo fora confundido no 2012 co do coronel Benito

onforte / A Voz, 22 de maio de 2015
Os restos mortais do guerrilleiro antifranquista Bernardo Álvarez Traballo foron desenterrados onte nun cemiterio de Bóveda por expertos da Asociación por la Recuperación de la Memoria Histórica, que llos entregará aos seus familiares no Bierzo. A exhumación deste corpo completa unha operación iniciada no 2012 na fosa na que en 1949 foran enterrados este integrante do maquis e o seu compañeiro Manuel Fernández Soto, o coñecido como coronel Benito, asasinados a tiros por un garda civil infiltrado no seu grupo.

Fai tres anos, os arqueólogos e forenses desta asociación habían desenterrado o que supuñan que eran os restos de Bernardo Álvarez, un home que se enrolou en 1948 na guerrilla co alias de Gasta despois de que a Garda Civil fose buscalo á súa casa na localidade berciana de Bembibre. O seu único fillo, Santiago, quería recuperar o corpo para incineralo e esparcir as súas cinzas no camiño que tomou para escapar dos gardas, o lugar no que o viu con vida por última vez.


Os documentos forenses da época explicaban con claridade en que lugar do cemiterio parroquial de Teilán foran enterrados. así que localizar a fosa non foi un problema. Eses mesmos informes forenses de 1949 describían en que posición fora inhumado cada un dos corpos, así que os expertos recorreron a esa descrición para decidir cal dos dous cadáveres desenterrar.

Pero sucedeu que cando tomaron mostras ao fillo de Bernardo Álvarez para facer unha proba de ADN e confirmar a identificación antes de entregarlle os restos, comprobaron que se equivocaron.

Tras obter un novo permiso do obispado de Lugo, forenses e arqueólogos que colaboran coa asociación volveron onte a Bóveda a escavar de novo a fosa. Tras localizar os restos óseos do que fai tres anos pensaron que era Manuel Fernández, os desenterraron e leváronllos para entregarllo á súa familia.

O lugar no que se atopa a fosa será utilizado ao parecer para construír novos nichos.

«Hai máis interese no estranxeiro que no Goberno de España»

«Damos por pechada a procura de Bernardo Álvarez Traballo», explicaba onte ao terminar a exhumación Marco González, presidente da Asociación por la Recuperación de la Memoria Histórica. Nesta última fase do procedemento de rescate dos restos deste guerrilleiro participaron colaboradores da asociación e dous expertos en arqueoloxía forense chegados de Arxentina. Tratarse de Luis Fondebrider e Mercedes Salgado, formados no seu país na procura de corpos de desaparecidos vítimas da ditadura militar nos anos setenta e oitenta.

A Asociación por la Recuperación de la Memoria Histórica acaba de recibir o premio de dereitos humanos que entrega cada ano a entidade que custodia os arquivos da Brigada Lincoln. Onte en Bóveda, Marco González apuntaba que este galardón e outras axudas como a que reciben dos forenses arxentinos demostran que «hai máis interese no estranxeiro polos dereitos humanos en España que no propio Goberno español».

O coronel Benito
Os restos de Manuel Fernández Soto, o «coronel Benito» -desenterrados fai tres anos ao ser confundidos cos de Gasta- continuarán por agora baixo custodia desta asociación. O colectivo non descarta que os familiares que lle quedan a Manuel Fernández no municipio coruñés de Mugardos reclamen os seus restos.

domingo, 10 de maio de 2015

Concellos da comarca esgotan o mandato sen cumprir a lei de memoria histórica

A Laracha
Traducción Estación Atlántica
 
A Laracha ultima os trámites para eliminar do callejero a Carrero Blanco e Coirós accede a retirar a cruz dos caídos e a placa do Generalísimo, pero sen fixar unha data
 
La Opinión A Coruña - Antares Pérez -  04.05.2015
"Cumprirase a machada co que ordena a lei da memoria histórica, pero farase no momento que se considere oportuno". O alcalde da Laracha, o popular José Manuel López Varela, respondía así en 2009 tras ordenar repoñer as placas da avenida Carrero Blanco que un grupo de veciños retiraran de madrugada para reivindicar un callejero sen pegadas franquistas.
P
asou máis dun lustro e A Laracha aínda mantén as honras ao presidente do goberno durante a etapa final da ditadura. Tras remolonear durante anos, o Concello ten prácticamente pechado o acordo subscrito en 2013 para renovar o callejero, aínda que é máis que probable que Carrero Blanco conserve os seus honores ata principios do próximo mandato.

O Goberno larachés xa retirou a placa do Generalísimo da Praza do Concello e en breve descolgará a que honra ao almirante franquista en Caión. Outros concellos tómanllo con máis calma. O Concello de Coirós aprobou na recta final do mandato unha moción do BNG para retirar o monumento aos caídos situado a escasos metros do Concello e unha placa ao Generalísimo que aínda conserva na fachada da Casa Consistorial.

O alcalde, o popular Francisco Quintela, comprometeuse agora a eliminar a simboloxía franquista, pero sen fixar un prazo concreto. A consulta deste diario, un portavoz municipal admite que é máis que probable que os traballos non arrinquen ata a próxima legislatura. "Queremos aproveitar para arranxar a praza", explica.

O acordo plenario para retirar a simboloxía franquista chegou prácticamente á vez que a denuncia contra o alcalde interposta polo avogado madrileño Eduardo Ranz, que se ha querellado xa con máis de sesenta regidores de toda España polos seus reticencias a retirar a simboloxía franquista. Este letrado pide que Francisco Quintela, do mesmo xeito que o resto dos alcaldes sinalados, sexa condenado por un delito de desobediencia e denegación de auxilio e unha falta de orde pública.
 
 Eduardo Ranz denunciou tamén ao Arzobispado de Santiago por manter unha cruz en homenaxe aos caídos na contorna da igrexa de Santa María de Ois.

Non só os gobernos do PP han remoloneado á hora de retirar a simboloxía franquista das súas rúas. Ao de Betanzos, gobernado polo PSOE, levoulle o seu cumprir a lei de memoria histórica e retirar ao dictador Francisco Franco os títulos de Fillo Adoptivo e Medalla de Ouro.

O pleno acordou a mediados de 2014, xa pasado o ecuador do mandato, retirar as honras a Francisco Franco, Fernando Fuentes Villavencio, Ramón Ferreiro Rodríguez, José Antonio Girón de Velasco, Blas Pérez González, Carlos María Rodríguez Valcárcel, Ramón Laporta Girón, José Luís Solís Ruiz e Julio Pérez Salas.

A medida foi tachada de insuficiente polo BNG e tamén polo avogado Eduardo Ranz, que interpuxo tamén unha querella contra o alcalde, Ramón García, por desobediencia e denegación de auxilio por dedicar rúas a Emilio Romay e ao Alcalde Tomás Dapena e honores e distincións a Emilio Romay Montoto, Nicolás Arias Andreu, Juan de Contreras, Rafael González Gallego, Cristino García Alfonso, Tomás Dapena Espiñenta, José Fariña Ferreño, Juan Jesús García Iribarne ou Constantino Lobo Montero. O Executivo cuestiona a vinculación co franquismo de varios dos personaxes mencionados polo letrado e alega que foron os técnicos e expertos reunidos na comisión do nomenclátor os que decidiron os honores que debía retirarse para cumprir a lei.

Hai outros concellos que aínda conservan vestixios do franquismo. En varias fontes aínda pode verse o yugo e as flechas e Irixoa mantén unha cruz polos caídos na contorna da igrexa que foi recientemente branco dos vándalos. O Concello da Coruña mantén o 70% dos símbolos franquistas que aprobou retirar fai cinco anos. Considera que non é urxente.

domingo, 19 de abril de 2015

O Concello das Pontes cancela a conferencia de Martín Villa


Atribúe a decisión a unha cuestión de "seguridade" pola concentración convocada en rexeitamento á presenza do ex-alto cargo franquista e ministro no Transición
 
Sermos Galiza - A.V. 9/4/15
Un ex-alto cargo do franquismo e da etapa da ‘Transición’ contra o que a xustiza arxentina emitiu hai seis meses orde de detención e extradición pola súa presunta responsabilidade co asasinato de 5 obreiros estará nas Pontes de García Rodríguez o 18 de abril para dar unha conferencia. Rodolfo Martín Villa, coñecido popularmente nos finais dos 70 como ‘La porra de la Transición’ pola violencia e contundencia coas que ordenaba actuar como Ministro da Gobernación contra as manifestación, estará no cine Alvoi para tomar parte no coloquio ‘Transición democrática en España’.

O 31 de outubro do ano pasado a xuíza María Servini-instrutora dunha causa penal contra o franquismo- ordenaba en baseo ao principio de xustiza universal deter Martín Villa e outra vintena de cargos imputados por crimes da ditadura. A Rodolfo Martín Villa considerábao responsábel da 'Matanza de Vitoria', na que a policía matou a tiros a 5 obreiros e feriu a 150.

A mediados de novembro a Interpol iniciaba as dilixencias previas para solicitar a detención de Martín Villa. Mais todo ficou en nada. Desde un principio o goberno español afirmou que non ía proceder a detención nin entrega ningunha do ex-ministro, amparándose na Lei da Amnistía de 1977. O propio Martín Villa, en entrevistas á prensa española, afirmaba que estaba disposto a declarar perante a xustiza arxentina e negaba calquera implicación nos feitos dos que era acusado.

En febreiro deste ano o xuíz Velasco arquivou a petición de asociacións de vítimas para que se detivese o ex-ministro.

Da guerra suxa ás portas xiratorias

Martín Villa ostentou no franquismo varios altos cargos no sindicato vertical e foi procurador en Cortes en 5 lexislaturas. De 1976 a 1979 foi ministro de Gobernación (Interior) do Estado español. Durante o seu mandato, e só en Euskadi, unha trintena de persoas morreron por accións dos membros das forzas de seguridade do Estado -dados dun Informe do Goberno Vasco-. O seu nome estivo relacionado, en reportaxes e investigacións, cos primeiros anos de ‘guerra suxa’ contra ETA, que decorreron na súa etapa como ministro. Tamén se ten indagado sobre a súa responsabilidade en casos como o atentado do Scala ('montaxe' contra a CNT) ou nos atentados contra o independentista canario Cubillo.

Foi deputado no Congreso e ministro nos gobernos de UCD, así como vicepresidente do goberno español despois do golpe de estado do 23-F. De 1997 a 2002 foi presidente de Endesa, no que se describiu xa daquela como un caso de ‘portas xiratoria’. Foi tamén comisionado do goberno español na catástrofe do ‘Prestige’.

Rexeitamento

A presenza de Rodolfo Martín Villa en Galiza xa xerou as primeiras críticas e rexeitamentos das redes sociais. Organizacións como Causa Galiza fan un chamamento a acudir ás Pontes o 18 de abril para evidenciar protestar contra a asistencia dun ex-alto cargo do franquismo sobre o que pende unha orde de detención internacional.