O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta depuracions. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta depuracions. Amosar todas as publicacións

domingo, 17 de maio de 2015

Ensuciando o día das Letras Galegas'15: dedicado a un membro da Comisión Depuradora do Maxisterio

Quen é exactamente Filgueira Valverde
Membro da Comisión depuradora do maxisterio
 
Hoxe a derechona franquista máis recalcitrante baixo o signo do revisionismo e negacionismo empeñáronse en manchar o Día dás Letras Galegas coa distinción a un DEPURADOR REPRESOR FRANQUISTA.

Este día sí pasará á historia das ignominias onde a creación literaria pasa a ser máis importante que a Vida Humana

Pola miña banda unha homenaxe a eses Mestres depurados grazas ás grazas do individuo Filgueira Valverde
 
Vai por Eles


domingo, 19 de abril de 2015

Presentación en Ferrol do libro Bibliotecarias e bibliotecarios “infames"


O pasado 16 de abriil tivo lugar en Ferrol  no salón de actos do Ateneo Ferrolán a presentación do libro Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”: a depuración franquista do corpo bibliotecario republicano. O caso galego. Co seu autor, Francisco Xavier Redondo Abal presentado por Eliseo Fernández, bibliotecario e presidente do Ateneo.

Francisco Xavier Redondo Abal presentou o seu libro “Bibliotecarias e bibliotecarios “infames”: a depuración franquista do corpo bibliotecario republicano. O caso galego” (Santiago: Laiovento, 2014), un traballo dedicado á investigación da represión contra aquela xeración de mulleres e homes que na Galiza e no período previo á guerra civil protagonizaran un progreso sen precedentes no eido bibliotecario.

 Francisco Xavier Redondo Abal é licenciado en xeografía e historia, e traballa como bibliotecario na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado diversos libros arredor da historia contemporánea de Galiza, e especialmente sobre a historia das bibliotecas no país. Entre as súas obras destacan: Botarse ao monte (2006), O fulgor e as tebras: as bibliotecas na Galiza da II República e a súa destrución durante a guerra civil (2009), e pescudou no paradoiro da bibliotecas de persoaxes da altura de Santiago Casares Quiroga ou Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

“Este é un libro de historia, sí. Ben feito. Impecábel. Mais tamén un libro que fai historia: un acto de verdade, xustiza e reparación. Bibliotecarias e bibliotecarios “infames” semella escrito coa perseverancia luminosa do guizo, ese pao resistente onde a lingua de lume faise lapis, nun movemento ben sutil”
(Do limiar de Manuel Rivas)
 

mércores, 11 de marzo de 2015

«A delación de compañeiros serviu para mostrar fidelidade ao novo réxime franquista»

 
O profesor do IES de Valadares presenta hoxe en Vigo o libro «Medo político e control social na retagarda franquista»
 
Vigo/ A Voz,