O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 28 de junho de 2012

Exposición en Vigo: "A Mariña republicana"


A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, e a Galeria de arte Sargadelos convidan:

A inauguración da exposición "A Mariña republicana" que terá lugar na Galería de arte Sargadelos de Vigo, rua Urzaiz 17 o vindeiro luns día 2 de xullo, ás 20h.
Homenaxe aos máis de 4000 mariños republicanos exiliados nas posesions francesas do norte de África

Fondo: David Fernández Martínez, fillo do autor David Fernández Dopico, militar republicano

terça-feira, 19 de junho de 2012

I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura


Ourense, 20, 21 e 22 xuño 2012

Mañá mércores día 20 comezan no Campus de Ourense as I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura, dirixidas polos profesores e especialistas en represión franquista: Julio Prada (Universidade de Vigo) e Abdón Mateos (Universidad Autónoma de Madrid), organizadas desde a UNED.

Nas xornadas participarán varios membros de HISTAGRA: Ana Cabana e Daniel Lanero e do Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces': Emilio Grandío, Dionisio Pereira e Julio Prada.

Fronte á propaganda oficial, que insistía en presentar un país unanimemente identificado coa obra redentora do Caudillo, álzase unha realidade, complexa e poliédrica, na que as inquebrantables adhesións mestúranse con importantes segmentos de oposición e con esa multiforme masa de indiferentes, pasivos e non comprometidos aos que réxime intenta atraer facendo uso das máis variadas fórmulas. En consecuencia, preténdese identificar e interpretar os mecanismos de xeración de consensos utilizados pola ditadura en Galicia durante o primeiro franquismo, analizar os seus apoios sociais e a xestión do poder local e afondar na variada gama de actitudes individuais e colectivas, indagando nas causas que as explican e no papel que desempeñaron para a súa consolidación.

Adxuntamos o programa das xornadas.

Agardamos que esta información sexa de interese.

I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura

Data: 20, 21 e 22 xuño 2012

Lugar: Aula Multiusos do Edificio de Facultades, no Campus de Ourense

Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598

segunda-feira, 18 de junho de 2012

Petición ao alcalde do Concello de Mañón


Polo recoñecemento dos republicanos vítimas da brutal represión franquista.

Non houbo neste Concello nengunha acción a favor desta xente que dunha forma ou outra foron castigados por defenderen o goberno legal da 2ª República: fusilamentos, "paseos", cárcere, multas, outros fuxiron... Agás unhas charlas organizadas o ano pasado, mais para esto aínda, por parte do Concello, houbo atrancos e dificultades. É de xustiza o seu recoñecemento, é o mínimo que se pode facer por tanta miseria, sufrimento e desprezo padecidos.

terça-feira, 12 de junho de 2012

Presentaci​ón "Cárceles y exilios" de Nicolás Sánchez-Al​bornoz


Hoxe martes 12 de xuño ás 20:00 horas, na Fundación Paideia na Coruña, preséntase o libro de memorias de Nicolás Sánchez-Albornoz "Cárceles y exilios", publicado por Anagrama (2012).

O acto está organizado polo Ateneo Republicano da Coruña.

Intervirán no acto o Profesor Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto 'Nomes e Voces', o escritor Suso de Toro e o autor do libro, Nicolás Sánchez-Albornoz.

O historiador Nicolás Sánchez Albornoz (Madrid 1926), é fillo de don Claudio Sánchez-Albornoz -un dos grandes intelectuais españois do século XX e embaixador da República Española en Lisboa cando estala a Guerra Civil- Fundador, xunto a José Martínez, Ramón Viladás e Vicente Girbao, de Edicións Arena Ibérica, nas súas memorias que presenta relata a etapa hostil que lle tocou vivir, unha secuencia cronolóxica de catro décadas marcadas por o desenvolvemento dunha temperá conciencia política, polo exilio e o paso por varios establecementos penitenciarios. A súa estadía no campo de prisioneiros de Cuelgamuros pasou á pequena Historia do franquismo pola rocambolesca fuga que no ano 1948 protagonizou xunto a Manuel Lamana cando, co apoio de Paco Benet e as escritoras Barbara Probst Solomon e Barbara Mailer, consegue chegar a Francia tras cruzar a pé os Pirineos.

segunda-feira, 11 de junho de 2012

Charla na Coruña : O trauma do franquismo a través dos monumentos conmemorativos en Galicia

Xoves 14 de xuño, a partir das 20.00 h., no local da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa dos Olmos 16-18, 1º andar, A Coruña)

O profesor da Universidade de Montana (USA) John Thompson pronunciar unha charla sobre "O trauma do franquismo a traves dos monumentos conmemorativos "Acompañara o autor o profesor Carlos Velasco Souto da Universidade da Coruña John Thompson (Autor de "As novelas da memoria". Editorial Galaxia) está a realizar un censo dos Monumentos ás Vítimas do Franquismo, erguidos en Galicia nos últimos 15 anos. Segundo a súa opinión, os Monumentos deben ser utilizados pedagoxicamente para construir unha sociedade máis xusta, onde imperen valores como a liberdade, a solidaridade e a xustiza. 

quarta-feira, 6 de junho de 2012

Homenaxe aos carrilanos portugueses de Campobecerros (Castrelo de Val, Ourense)

23 de xuño ás 12.00h.

-Descubrimento placa commemorativa
-Documental "Causa 1021"
-Xantar, confirmar: 988 410 002

Compañeir@s:
O día 22 de agosto de 1936, tres traballadores do camiño de ferro Zamora-Ourense de nacionalidade portuguesa, foron asasinados en campo aberto nun lugar chamado Lombo do Marco, entre Campobecerros e Portocamba (Concello de Castrelo do Val). A día de hoxe, un deles chamado Antonio Ribeiro, continúa soterrado no medio do monte, a carón dunha antiga pista do ferrocarril, sen que ninguén reclamara o seu corpo.

76 anos despois, o Concello de Castrelo do Val, o Proxecto "Nomes e Voces" e a Asociación Cultural "Os Carrilanos" de Campobecerros, acordaron poñer unha placa no lugar onde descansan os restos e facerlle unha homenaxe a estes traballadores e ao conxunto dos represaliados da contorna, contando coa participación de sinalados representantes da cultura portuguesa.

Os actos previstos figuran nos arquivos adxuntos que vos enviamos.

Vos agardamos en Campobecerros!!.

Dionísio Pereira

domingo, 3 de junho de 2012

Presentaci​ón de libros da memoria na honra dos mártires da Estrada


O acto terá lugar o vindeiro sábado 9 de xuño ás 19:00 h. Na Galería Dispara (Rúa Virxinia Pereira, nº 4. A Estrada).

Con motivo do 75 aniversario do fusilamento dos máximos representantes do pobo estradense elixidos democraticamente o 5 de xuño de 1937, a Asociación Cultural “Vagalumes”, vai levar a cabo unha actividade na súa honra de difusión da nosa memoria histórica coa presentación de dous libros que constitúen achegas moi importantes para iluminar o noso recente pasado e no que colaboran autores estradenses (David Otero e Xoán Carlos Garrido): “A guerrilla antifranquista galega. Actas do Congreso” e “Perspectivas sobre Bóveda: Ensaios e poemas polo seu 75º cabodano”. Ademais dos devanditos escritores estarán presente os seus editores. No primeiro caso da Asociación Cultural “Alexandre Bóveda” da Coruña, coa presenza do seu presidente e editor do libro, e a participación da filla e do neto de Alexandre Bóveda Amalia e Valentín. E no referente ao congreso da Guerrilla, contaremos coa intervención do presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña Fernando Souto. Como remate a este acto actuará o grupo musical “A Quenlla”.

O 5 de xuño de 1937 confluía a sorte de seis estradenses diante dun pelotón de fusilamento na estrada que vai de Pontevedra a Monteporreiro, a beira do Lérez, na Xunqueira. Levaban tempo despedíndose dos seus amigos e parentes, mais esta última noite que pasaron en vela foi especialmente produtiva. Algún mesmo aproveitaba as notas de pago da súa última cena para escribir as que serían as últimas palabras. O alcalde Jesús Ignacio Puente Fontanes, os Tenentes de Alcalde, Ramón Fernández Rico e José Rodríguez Sangiao; e os veciños José María Pena López, Manuel Nogueira González e Cándido Tafalla Froiz. Ningún deles cometera delito algún, senón, pola contra, eran condenados por defender a legalidade vixente.

Lembramos que o último desexo que legaron aos seus veciños e veciñas polos que morreron foi o de ser recordados. Mesmo propuxeron que se lle dedicara unha rúa que rezara “Rúa dos mártires da Estrada”. Manda que aínda non se cumpriu senón que pola contra aínda preside a rúa principal da Estrada unha das iconas do réxime franquista, Calvo Sotelo, usado como escusa da súa barbarie.



I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura

Nomes e Voces
Entre o 20 e 22 de xuño, celebrarase no Campus de Ourense as I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura, dirixidas polos profesores e especialistas en represión franquista: Julio Prada (Universidade de Vigo) e Abdón Mateos (Universidad Autónoma de Madrid) e orgaizadas desde a UNED.

Fronte á propaganda oficial, que insistía en presentar un país unanimemente identificado coa obra redentora do Caudillo, álzase unha realidade, complexa e poliédrica, na que as inquebrantables adhesións mestúranse con importantes segmentos de oposición e con esa multiforme masa de indiferentes, pasivos e non comprometidos aos que réxime intenta atraer facendo uso das máis variadas fórmulas. En consecuencia, preténdese identificar e interpretar os mecanismos de xeración de consensos utilizados pola ditadura en Galicia durante o primeiro franquismo, analizar os seus apoios sociais e a xestión do poder local e afondar na variada gama de actitudes individuais e colectivas, indagando nas causas que as explican e no papel que desempeñaron para a súa consolidación.

PROGRAMA
Mércores, 20 de xuño de 2012

9,30 h. Recepción de participantes e inauguración do curso.

10,00 h. Emilio Grandío Seoane. Profesor titular de Historia Contemporánea (USC). 'A xestión do poder
local: vellas e novas elites'.

11,30 h. Descanso.

12,00 h. Ana Cabana Iglesia. Profesora contratadadoctora de Historia Contemporánea (USC). 'Non só Franco, non só os franquistas. As raíces do consentimento en Galicia'.

13,30 h. Mesa redonda e debate: 'Consentimento e poder na Galicia do primeiro franquismo. Emilio Grandío, Ana Cabana, Julio Prada.'

16,00 h. Dionisio Pereira González. 'Economista e Historiador. Patróns e pescadores: a Galicia mariñeira'.

17,30 h. Proxección, mesa redonda e debate. Xoel Díaz, Beatriz Nieto, Maiquel Vázquez.

Xoves, 21 de xuño de 2012

10,00 h. Domingo Rodríguez Teijeiro. Profesor titular de Historia

Contemporánea (UVigo). A Fronte de Mocidades.

11,30 h. Descanso.

12,00 h. Daniel Lanero Táboas. Investigador contratado Parga Pondal (USC). 'A Organización sindical: encuadramiento e control social dos traballadores'.

13,30 h. Mesa redonda e debate: 'Encadrando masas: os límites das políticas de atracción'. Domingo Rodríguez, Daniel Lanero, Ana Cebreiros.

16,00 h. Ana Cebreiros Iglesias. Bolseira María Barbeito (UVigo). 'Mulleres para España: a Sección Feminina de Falanxe'.

17,30 h. Proxección, mesa redonda e debate. Xoel Díaz, Beatriz Nieto, Maiquel Vázquez.

Venres 22 de xuño de 2012

10,00 h. José Ramón Rodríguez Lago. Profesor asociado de Historia Contemporánea (UVigo). 'A Igrexa galega'.

11,30 h. Descanso.

12,00 h. Julio Prada Rodríguez. Profesor titular de Historia Contemporánea (UVigo). 'Propaganda e nacionalización das masas'.

13,30 h. Mesa redonda e debate: Deus e Patria: a comunidade nacionalcatólica mito ou realidade? J. R. Rodríguez Lago, Julio Prada, Domingo Rodríguez.

16,30 h. José Luís Castro de Paz. Catedrático de Comunicación Audiovisual (USC). 'O discurso e a pegada: a representación de Galicia nas imaxes cinematográficas durante o franquismo'.

18,00 h. Mesa de debate.

19,00 h. Entrega de diplomas.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso inteposto pola "Asociación Deportiva y Cultural de Veteranos de la Legión".

CRMHC 30/5/12
A Comisión pola Recuperación da Memória Histórica da Coruña felicítase pola desestimación do recurso por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG), contra a decisión do goberno municipal, na anterior lexislatura, no sentido de retirarle a Millán Astray, tanto a distinción do nome da rúa, como a estatua –xa retirada polo anterior goberno municipal-, como o nomeamento como “Fillo Predilecto” da Coruña, recurso posto pola “Asociación Deportiva y Cultural de Veteranos de la Legión”.

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, comprácese en observar que os argumentos utilizados polo TSXG están en perfecta sintonía co recurso interposto pola devandita Comisión ante a negativa do actual goberno municipal da Coruña en negar a lexitimidade do acordo tomado polo propio goberno municipal, na anterior lexislatura, exercendo un silencio cómplice que non fai máis, como soubo expresar o TXSG, que darlle a razón á “Asociación Deportiva y Cultural de Veteranos de la Legión”, e negándolla ao propio goberno do concello da Coruña, que tiña retirada toda distinción a tan nefasto persoeiro como foi Millán Astray. As razóns que esgrimiu o actual alcalde, Carlos Negreira, do PP, eran que Millán Astray “era un coruñés de pro”, obviando así tódolos “méritos” de tan sinistra “figura” : participa activamente na preparación da sublevación militar de 1936, na represión do franquismo, ocupando importantes responsabilidades na ditadura, como Xefe de Radio, Prensa e Propaganda -ensalzando a figura de Franco como caudillo e salvador invencible da patria- e procurador en Cortes, por designación directa do ditador. Estes son os méritos de José Millán-Astray y Terreros.

Cando Millán-Astray regresa en 1938 dunha viaxe a Italia, afirma: “España pronto tendrá una merecida victoria fascista. Fascismo, nacional-socialismo y falangismo son en el fondo la misma cosa”. Era un fascista convencido que, segundo o historiador Paul Preston, contribuíu ao ideario da extrema dereita española.

Unha persoa que proclama “Mueran los intelectuales”, “Viva la muerte” non é un exemplo para ninguén. Pasará, xa que logo, á historia como un fascista e un golpista, que non ten méritos, nin prestixio, nin consideración social para ser recoñecido como “Fillo Predilecto” da Coruña, tal e como esixe o citado Regulamento.

Estabamos a dar un espectáculo lamentable, que non tería lugar en ningún país democrático europeo, goberne a dereita ou a esquerda. Haberá en Alemaña algún goberno municipal que se atreva a manter a distinción de fillo predilecto a un colaborador de Hitler e ministro da propaganda como Goebbels?

A Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados de 20 de decembro de 2002, coincidindo co aniversario da morte do ditador, denunciaba a utilización da violencia para impor as súas conviccións políticas e establecer réximes totalitarios.

Manter hoxe na Coruña a distinción honorífica de “Fillo Predilecto” a Millán-Astray é unha auténtica indecencia, unha indignidade, unha humillación, un oprobio e un insulto á cidadanía –especialmente ás familias dos represaliados- que non pode permitir unha sociedade democrática.

As distincións honoríficas, os monumentos, os nomes das rúas, deben servir para recoñecer o mérito dalgunha persoa, exhaltar principios ou valores, é decir, un exemplo para toda a cidadanía.

O propio Regulamento municipal para a concesión de honores e distincións, no seu artigo 17, sinala que o título de “Fillo Predilecto” só poderá recaer en persoas que “polas súas destacadas cualidades persoais ou méritos sinalados e singularmente polos seus servizos en beneficio, mellora ou honor da Coruña, alcanzaran o prestixio e consideración xeral”.

A sentenza da xuíza do xulgado do Contencioso Administrativo nº 3 fai referencia ao citado Regulamento e sinala que “Non cabe negar al Concello demandado la potestad para dejar sin efecto los honores concedidos”, é dicir, deixa ben claro que estaba nas mans do goberno municipal, liderado por Carlos Negreira, facendo emprego das súas competencias, retirar a Millán-Astray a condición de “Fillo Predilecto”, así como a rúa e o monumento. Este foi o procedemento seguido por numerosos concellos, que xa retirararon a simboloxía franquista, incluso antes da aprobación da Lei de Memoria Histórica.

Por outra parte, a sentenza do xulgado do Contencioso Administrativo nº 1 da Coruña -comunicada ao concello o 2 de maio de 2011 e da que non tivo coñecemento a opinión pública ata o 28 de agosto- sinalaba, refiríndose a Lei da Memoria Histórica, que “no existen dudas” de que o acordo plenario de 7 de setembro de 2009, que retiraba a Millán-Astray a distinción de “Fillo Predilecto”, “es incardinable en dicha ley”.

O tema de fondo é que se necesita vontade política para retirar esa distinción honorífica, deixando ben claro ante a cidadanía que o concello da Coruña vai ter tolerancia cero co franquismo.

Vontade política xamáis amosada polo goberno municipal dirixido por Carlos Negreira, quen sistemáticamente estivo –e aínda está-, incumprindo o própio acordo do pleno da corporación municipal de 7 de setembro de 2009, que aprobaba, sen ningún voto en contra, e en aplicación da Lei da Memoria Histórica, a eliminación de máis de 50 símbolos franquistas, entre eles, 23 rúas da cidade.

Hoxe, por fin, podemos dicir que a mensaxe expresada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, amparándose na lei da memoria histórica, ao entender que dita lei “é perfectamente aplicable, xa que dita lei ordena a retirada de tódolos símbolos da ditadura”,negálle ao goberno municipal do PP, dirixido polo alcalde Carlos Negreira, tódolos seus argumentos políticos, ao defender, co seu silencio, que unha persoa como Millán Astray, no século XXI, e a 37 anos da morte do ditador Francisco Franco, aínda teña a distinción como “Fillo Predilecto da Coruña”. A CRMH da Coruña ten posto un recurso exixindo o cumprimento da lei, e a retirada, tanto de tódolos símbolos franquistas, como das distincións públicas a Millán Astray.

Daquela, instamos ao goberno municipal a cumplir cos seus propios acordos, e retire dunha vez xa tódolos símbolos franquistas aínda presentes na nosa cidade, incluídos os nomes de 23 rúas.

sexta-feira, 1 de junho de 2012

Presentación: Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía


Lourenzo Fernández Prieto e Nomes e Voces (eds.)

O vindeiro día martes 5 de xuño ás 19.30 horas, o Grupo de Investigación Interuniversitario Nomes e Voces, presenta o libro Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía.

O acto será ás 19.30 horas na Libraría Couceiro (Cervantes, 6. Santiago de Compostela) e contará coa participación dos autores.O libro, editado por Ediciones Trea en 2012, recolle as cuestións que se abordaron no 'Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz' organizado polo Proxecto 'Nomes e Voces' en Santiago de Compostela no ano 2010, no marco do Foro pola Paz.

O golpe de Estado de 1936, a guerra civil e a posterior represión franquista, as ditaduras americanas, o xenocidio, a persecución e a liquidación do inimigo político, a recuperación da memoria e a voz das vítimas: olvidar, lembrar, reparar e superar... Estas son algunhas das cuestións que se abordaron no 'Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación y Cultura de Paz', cuxos resultados se plasman nesta obra, na que, coa historia como epicentro e a memoria como referente, explícase a convivencia do noso presente cun pasado incómodo, co que resulta difícil convocar acordos e que está plagado de lecturas partidistas.Este libro presenta distintas aportacións e debates desde diferentes ámbitos de coñecemento e desde a propia sociedade civil organizada para recuperar e reivindicar a memoria. En conxunto, trátase dunha obra na que se reflexiona sobre os totalitarismos e as súas vítimas, sobre as múltiples formas de abordar seu coñecemento e sobre a necesidade de reparar a súa memoria. Supón unha contribución a un amplo debate de dimensións internacionais, e apenas aberto en España, no que se dan cita a historia, o dereito, a administración, a opinión pública, a política ou a sociedade civil.

Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598

Desterro definitivo da estatua do xeneral golpista José Millán-Astray

A estatua de Millán-Astray retirada da praza
homónima da Coruña. PÚBLICO

Traducción Estación Atlántica

Público - HENRIQUE MARIÑO Madrid 30/05/2012
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia apoia a aplicación da Lei de Memoria Histórica por parte do Concello da Coruña ao desestimar o recurso dunha asociación de veteranos que reclamaba o regreso do fundador da Lexión á súa praza.

A estatua dun maltreito xeneral golpista seguirá almacenada no esquecemento dun almacén do Concello da Coruña. Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso presentado por unha asociación de veteranos da Lexión, que se opuxo á retirada da figura do militar franquista José Millán-Astray da praza homónima.

A decisión fora adoptada en 2009 nun pleno da corporación municipal, cos votos a favor dos edís do goberno bipartito integrado polo PSdeG e o BNG, que decidiron tamén quitarlle o título de fillo predilecto.

A aplicación da Lei de Memoria Histórica xerou unha "fervenza de preitos", recorda o concelleiro Xosé Manuel Carril, líder do partido nacionalista na cidade galega, hoxe na oposición. A propia filla de Millán-Astray, Peregrina, presentou un recurso que prosperou en parte: un xulgado esixiu ao concello que restituíse o título honorífico -que lle foi outorgado antes da Guerra Civil- ao seu defunto pai; con todo, non ordenou devolver a estatua ao seu emprazamento orixinal nin que a praza seguise levando o nome do fundador da Lexión. En todo caso, a sentenza non se fixo efectiva, pois está pendente de resolución un recurso presentado ante o TSXG pola Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña

Ademais de Peregrina Millán-Astray, tamén reclamou a Asociación Cultural y Deportiva de Veteranos de la Legión 20 de Septiembre, pero a Xustiza non lle deu a razón. Elevaron entón a súa queixa ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, aínda que nesta ocasión os exmilitares optaron por deixar ao carón a recuperación do título de fillo predilecto e centráronse no regreso da estatua á praza. A sentenza definitiva, dada a coñecer onte, desestima o recurso de apelación e obrígalles a pagar as costas.

Pero, sobre todo, tamén permite albiscar aos coruñeses que loitan pola supresión da simboloxía fascista un hipotético fallo xudicial favorable do TSXG que permita á súa cidade romper os lazos familiares que lle unen co autor do "necrófilo e insensato berro" -como o cualificou Miguel de Unamuno- de "¡Viva a morte!".

A cruz do Castro, inamovible


La Voz de Galicia 31 de maio de 2012
O interese de Caballero en non ter rozamentos coa Igrexa quedou en evidencia coa súa decisión de manter a cruz franquista do Castro. Unha vez aprobada a Lei de Memoria Histórica polo Goberno de Zapatero algúns colectivos solicitaron a súa retirada, ao que se negou. Pola contra, pactou co anterior bispo de Vigo-Tui, José Diéguez, a súa pervivencia a cambio do apoio eclesiástico para eliminar as inscricións de José Antonio Primo de Rivera e as listas de caídos do bando nacional nas fachadas dalgunhas igrexas. Os intentos do colectivo Memoria do 36 por falar co alcalde sobre este asunto resultaron errados: Caballero non quita a cruz e tampouco aceptou recibilos.