O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sexta-feira, 30 de julho de 2010

Os restos dos veciños de Gondomar exhumados en San Xián (O Rosal) serán entregados aos seus familiares


Val de Miñor 28 de xullo de 2010

Aos Medios de Comunicación

Os restos dos veciños de Gondomar exhumados en San Xián (O Rosal) serán entregados aos seus familiares

O próximo sábado 31 de xullo ás 12h. na sede do Instituto de Estudos Miñoranos (Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avda. da feira 10, Baixo, Gondomar) procederase á entrega aos seus familiares dos restos de Abilio Araújo Losada e Manuel Prudencio do Rosario. Os restos do terceiro asasinado, do que se descoñece a súa identidade, será soterrado xunto aos de Abilio Araújo Losada no cemiterio parroquial de Chaín. A súa vez os restos de Manuel Prudencio do Rosario serrán soterrados en Santo Tomé de Freixeiro.

No acto, aberto ao público, ademais dos familiares de Abilio e Manuel estará presente o equipo de traballo multidisciplinar que realizou o proceso de investigación histórica, exhumacións, estudo anatómico-forense e a identificación xenética.

No acto de entrega dos restos conducido pola escritora Rexina Vega intervirán Carlos Méixome, director do IEM que achegou a documentación histórica; o arqueólogo Xosé Lois Vilar que dirixiu as escavacións; o doutro Fernando Serrulla que realizou o estudo anatómico-forense, así como o catedrático da Universidade de Santiago e director do proxecto “Os nomes, as voces, os lugares”, Lourenzo Fernández Prieto e a ex-conselleira de Cultura Ánxela Bugallo que, na altura, impulsou o proceso de exhumacións con todos os requirimentos científicos.

A este respecto temos que indicar que os restos de Abilio Araujo Barbosa e Manuel Prudencio do Rosario segundo informes do Instituto de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela, conclúese. que en ámbolos dous casos:

-En termos porcentuais, o valor de probabilidade para a hipótese de que os restos sexan dos pais biolóxicos de Álvaro Araújo Losada e Angelina Prudencio Penedo é, respectivamente, de 99,999999%.

Axuntamos, en formato pdf, diversas informacións sobre todos estes procesos.

Atentamente

Carlos Méixome Quinteiro
Director do Instituto de Estudos Miñoranos

terça-feira, 27 de julho de 2010

Campaña da Asociación Viguesa pola Memoria do 36 para que o alcalde derrube a cruz do Castro



ASOCIACIÓN VIGUESA pola MEMORIA HISTÓRICA do 36
Viguesa Distinguida 2007

Presentación feita hoxe luns 26 aos medios de comunicación dos pasquíns informativos(en seis idiomas: francés, inglés, alemán, castelán e galego), da realidade da “cruz de los caídos por Dios y por España” situada no parque de O Castro, e inaugurada o día 14 de setembro do 1961 polo dictador Francisco Franco
O goberno do concello de Vigo está dando unha información falsa da devandita cruz; na información municipal dí: “cruz en homenaje de los soldados muertos en la guerra civil”
Recolleron a información: Ser-Radio Vigo, radio Gales, Faro de Vigo, La Voz de galicia,e varias axencias

Vigo 26 xullo do 2010

Pasquíns informativos:


Folleto que está a ser repartido pola Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 ao longo deste verán.
O concello de Vigo equipara esa cruz con outros lugares dignos de ver na nosa querida cidade, tanto na súa páxina web como nos seus folletos turísticos e a describe, deixando atrás calquer tipo de dignidade, de respeto as víctimas, de humanidade básica e de honradez, coma "unha homenaxe aos mortos na guerra civil". Indignidade que se duplica vindo como ven dunha corporación de esquerdas. Non se pode tolerar. É un espectáculo triste, de humillación aos asasiñados nun golpe militar, de crueldade e absolutamente indigno dunha cidade coma Vigo, na que tantos cidadáns de todos os estratos sociais desapareceron para sempre, masacrados sen motivo ningún. Abonda xa. Verdade. Xustiza. Reparación.

Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36


Noticia na prensa:

EL PAÍS.
Información turística contra a Cruz dos Caídos enVigo

FARO DE VIGO.
E un homenaxe os caídos.
Piden a retirada da cruz dos Caídos do Castro
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórico do 36 repartiu folletos para informar do significado do momumento

YAHOO NOTICIAS.
Memoria.- A asociación viguesa reparte folletos entre os turistas sobre a cruz do Castro e pide o seu derrubamento

XORNAL DE GALICIA.
A asociación viguesa pola Memoria Histórica reclama a Caballero que retire a cruz franquista do Castro

A NOSA TERRA.
Piden o derribo da cruz do Castro de Vigo

LA VOZ DE GALICIA.
Piden que o Concello cumpra coa lei de memoria histórica e derrube a cruz do Castro

Boimorto: a historia da sublevación do 36 e "Memoria dun silencio" de Xosé Luís Rivas Cruz


Deixaban os mortos nas cunetas. O pánico era dunha das súas armas.

Xornal.com SARA TORREIRO 18/07/2010
Non é preciso afondar demasiado no como, no cando ou no porqué da represión franquista. Abonda dicir que foi dende o 36 ata ben consolidado o goberno de Franco, que foron persoas inocentes as que morreron asasinadas e que foi por mor de pensar distinto. Cómpre agora centrarse no quen: os que finaron e os que quedaron detrás. Dicía Castelao que decote os mártires crean mundos que nin sequera os heroes son capaces de imaxinar. Falemos, logo, dos mártires, os heroes que loitaron polo libre pensamento e a democracia. Tócalles a quenda aos heroes de Boimorto, unha pequena vila emprazada na estrada que vai de Santiago á Coruña. Memoria por xustiza.

O 18 de xullo de 1936, militares e falanxistas levantáronse en armas contra o goberno da República. Hoxe cúmprense 74 anos disto e a historia segue, en moitos casos, agochada. O problema residiu en que o golpe de Estado non foi unha operación limpa. Os conxurados non puideron amputar a República tan rápido como tiñan pensado e esta foise desangrando pouco e pouco polas cunetas. En agosto foi a época da represión máis brutal.

En Boimorto o tema da memoria histórica levouno a cabo Xosé Luís Rivas Cruz, ou como todos o coñecen, Mini. Mini é un home que transmite tranquilidade, se cadra polo ton fondo e calmo da súa voz ou polo xeito de fitar directamente cos seus ollos azuis. Conseguiu con esa tranquilidade e a súa vocación de mestre sacar do esquecemento oficial (que non colectivo) a historia dos fusilados do seu concello.

En Boimorto era o tempo da malla, mediados de agosto do 36. Os falanxistas quixeron darlle un golpe de graza ao goberno republicano. Na conciencia colectiva está a crenza de que chegaron instigados por don Emilio, cura de Andabao, unha das parroquias da vila. “Nunca ninguén me falou ben del”, sentencia Mini. A hipótese cobra forza se temos en conta todos os problemas que tivera o cura coa corporación republicana, incluíndo a expropiación do cemiterio.

A Gándara segue a ser a rúa principal de Boimorto. Daquela estaba presidida pola casa consistorial. Os falanxistas mandáronlles aviso aos elexidos para que se dirixisen alí firmar uns papeis. Non tiñan que asinar nada, xa estaban sentenciados. Aos de Andabao mandáronlles ir á escola. A lista de elexidos polos falanxistas é a seguinte: Caitán García, Andrés de Cardelle, Ramón Enjamio Pombo, Ramón Váquez Garea de Cheda, Juan Martínez Bao, Ramón Sánchez Rapela, Pedro López Bodelo, Isidro Filloy López, Andrés Filloy (sobriño de Isidro), José Sánchez, José Barreiro Pérez, José Tojo García, Manuel Sánchez de Valente, Ramón Lodeiro, Antonio Felpete Budiño dos Currás, Manuel Espiñeira López, José Tojo García de Piñeiro e José Cabanas Vázquez. Cómpre aclarar que non todos acudiron á cita. O alcalde, Pedro López Bodelo, Manuel Sánchez e José Sánchez deberon cheirar algo. Andaron escapados ata o 41 e logo entregáronse. Ningún deles botou moito tempo encarcerado. Andrés Filloy tamén librou porque seu tío decidiu ir á cita, pero deixou instrucións para que el escapase. Ramón Lodeiro, o escribán do Concello, tamén se salvou porque o sarxento o deixou fuxir.

Na Gándara metéronos nun camión e leváronos para o cárcere de Sobrado dos Monxes. Tivéronos durante 48 horas paseando un saco de mineral moi pesado. Isidro López, non se sabe como, foi capaz de facerlle chegar unha misiva á súa muller, na que malia a que tentaba non preocupala, era evidente que sabía o que ía ocorrer: “Deseo que reprendas a nuestros hijos y ellos que se guíen por ti y le entregues esta carta al señor maestro y él os dirá cómo teneis que hacer las mujeres de los que estamos detenidos...”

Non se sabe con seguridade, pero case seguro que o día 20 os levaron para Santiago. En Ortoño fusilaron seis. Quedaron tirados na estrada. Os veciños leváronos á igrexa. Alí tiráronlles fotos e inscribírinos nas partidas de defunción como descoñecidos. O cura viu que algúns levaban símbolos cristiáns e enterrounos relixiosamente nunha fosa común. A xente de Ortoño sempre se referiu a eles como “os homiños de Boimorto”. Os veciños usaron ese diminutivo galego de compaixón, de desgraza.

Despois, no Amenal, decidiron matar os outros seis. Obrigáronos a poñerse a correr para, deste xeito, aplicarlles a Lei de Fuga. José Cabanas salvou a vida. O sangue dos compañeiros que o cubría enganou os falanxistas. Cabanas escapou e pediulle a un veciño unha navalla para quitar a bala que o alcanzara nunha perna. Unha vez mortos, mandaron chamar uns veciños para que cavasen o foxo para botalos. Os falanxistas disparaban a arma do medo, do pavor: non escolleron uns veciños calquera, os elexidos eran simpatizantes da República. “Era para irlles metendo a cravuña no corpo”, sentencia un veciño do Amenal. Segundo o dicionario, “cravuñar” é adelgazar o fío da gadaña co martelo.A cravuña, logo, é esa sensación que fai que non atopes acougo, que te vai adelgazando, mirrándoche o ánimo. A cravuña era o xeito que tiñan de dicir os falanxistas que calquera con pensamento distinto podía rematar así. Asasinado. Tirado nun cavorco. Dende aquela ao lugar chamáronlle “A Chousa dos Mortos”.

É de supor que as familias das víctimas saiban do traballo que levaron a cabo os seus devanceiros a prol da democracia. Porén, decote aparece ese “algo farían!” ou aquel “se cadra meteron a pata en algo”. Por iso hai que divulgar. Para que os descendentes saiban que o progreso lle debe moito aos seus antergos.

No 2007 leváronse a cabo as exhumacións. A “Chousa dos Mortos” ensinou os seus cadáveres. Tamén os “homiños de Boimorto” apareceron en Ortoño, da beira dereita da igrexa. Para as familias case todos os datos chegaron polo proceso da memoria histórica. Os vellos comentaban a historia a media voz, pero ese son foise extinguindo co tempo. O libro Memoria dun silencio, de Mini, dálle volume de novo a esa voz perdida.

Mini di que a memoria histórica é “o único xeito de enterrar o franquismo”. Hai que rachar o silencio, deixar que a historia continúe polo seu vieiro para erradicar o odio, para botar terra nas fendas abertas, para rematar coa impotencia. Memoria por xustiza: é preciso pechar ese ciclo.

"Memoria dun silencio" de Xosé Luís Rivas Cruz (Mini)

Extracto do texto:

O 18 de xullo de 1936, unha conxura de militares, elementos dereitistas contrarios á República e elementos falanxistas levántanse en armas contra o goberno lexítimamente constituido. O día primeiro de outubro o xeneral Franco é nomeado xeneralísimo dos exércitos e ese día unifica oficialmente a Falanxe e o Requeté que andaban a paus entre eles. (...)
En A Coruña e en case toda a provincia o golpe de estado non trunfa ata o día 20, pero non é unha guerra civil o que aquí en Galicia acontece.

A primeiros de agosto nomean os delegados de Orden Público e comezan ós poucos días os asasinatos. A represión é planificada, programada. Limpa-la retaguardia,
eliminar a todo sopeitoso de defender á República. Os paseos e demáis desmanes non son froito do caos, son consecuencia dunha premeditación e unha organización.(...)

O noso País cóbrese de cadáveres, que aparecen xeralmente nas beiras das estradas, onde todos os poidan ver para que, cheos de terror, ninguén se mova.
É en Agosto cando comeza a represión máis brutal. A mediados. Sistemática, de xeito que non escape ninguén. Salvan poucos: os que foxen para os montes ou se agachan para esperar mellores tempos. Outros, os máis decididos ou os máis desesperados, pasan a formar parte da guerrilla. (...)
En Boimorto, a mediados de agosto, partidas de facistas, principalmente falanxistas, deciden xuntar ás xentes significadas da esquerda para dar un escarmento. Segundo tódolos testimonios, fano instigados polo crego de Boimil-Andabao, D. Emilio, de quen dá un perfil axeitado o informe sobre a situación política en Boimorto feito polo Secretario do concello no ano 1931. Nunca ninguén me falou ben del. (...)

                           

É o tempo da malla, mediados de agosto do 36. Van por algún á casa; a outros mándanlles recado de que se presenten na Gándara. A disculpa é firmar uns papeis no Concello. A maioría viste a mellor roupa, a dos domingos. Deixan o traballo e case todos din que logo volven. (...)
Desde a Gándara lévanos nun camión para Sobrado. Alí téñenos 48 horas, sen comer nin beber cunha saca de mineral de cen quilos ó lombo paseando. Logo mallan neles con saña. (...)
Posiblemente o 20 de madrugada lévanos a Santiago. Segundo apunta a memoria que quedou na xente deste concello alí dixéronlles que volvesen con eles para a casa ou que fixeran o que estimasen oportuno. Alí xa non había sitio para máis...
Na parroquia de Ortoño, na curva dos Batáns, á beira da carretera aparecen seis. Os veciños recóllenos e lévanos ó adro da igrexa nun carro do país. Alí son fotografiados un por un e inscritos con partida de defunción, numerados, coma descoñecidos. O cura, que ve que algúns levan escapularios ó pescozo, mándaos soterrar en sagrado nunha fosa común xunto cun mestre novo do que non sabemos o nome. Están no lado dereito, á beira do ángulo dianteiro da igrexa parroquial. Anos despois serán identificados pola foto e pola descripción por familiares seus.
Na memoria de Ortoño son coñecidos como "Os homiños de Boimorto."

                            

No Amenal fusilan seis. Cando lles dan o tiro de gracia, chegados ó corpo de José Cabanas, ensanguentado polo compañeiro, aforran a bala e Cabanas salva a vida.
Mandan vir a uns veciños para que caven unhas tumbas no monte. Nunha carballeira que alí había. Alí, á beira da carretera. Tedes seis para enterrar, dinlle a un dos que buscan para cavar. Cando chegan polos corpos só hai cinco.
Os enterradores son escollidos pola súas simpatías coa causa republicana. Así íbanlles metendo a cravuña... Dixo un veciño do Amenal hai poucos días. Cavan dúas fosas.

Destes cinco do Amenal queda o nome do lugar: " A chousa dos mortos." (Ver documental)

segunda-feira, 26 de julho de 2010

Pleno do Concello de Nigrán


Por Xustiza

O vindeiro mércores 28 de Xulio as 20 horas a Alcaldia de Nigrán levará a Sesión Plenaria 3 propostas de xustiza :

1º) devolverlle a Daniel Castelao o nome da rua que hoxe ten o excalde Franquista Bernardo Vazquez , feito que aconteceu no ano 1.988 promovido por un alcalde do PP.

2º) darlle a unha praza de Nigrán o nome de Jose Vazquez Grela , mestre vilmente asasinado, polos facistas perto do Torreiro das Angustias no 1.936 , cumpre honrar a memoria dun home cheo de bondade que o seu delito foi loitar por unha sociedade mais xusta.

3º) Darlle a unha praza da Ramallosa o nome dun ilustre Galego , escritor e veciño de Nigrán , Carlos Casares .

Acude a este acto , para que a honra sexa de todo un pobo.

Unha Aperta

A Iniciativa Galega pola Memoria na prensa



A Iniciativa Galega pola Memoria  homenaxeou en San Simón as vítimas do franquismo

A illa de San Simón recorda os represaliados
A Iniciativa Galega pola Memoria honrou as historias dos recluídos 
e os asasinados na illa

A Iniciativa Galega pola Memoria nace en San Simón
As asociacions buscan interlocución coa sociedade e políticos

sexta-feira, 16 de julho de 2010

O golpe de estado do 36 e o “cervera”



Diario de Ferrol 15 de Julio de 2010 José María López Dafonte

La Vanguardia do 30.VIN.1936 di que a partir do 16 de xullo era un segredo a voces en Galicia a inminencia dun golpe de estado. Os frentepopulistas que servían na Armada (Ferrol) foran avisados polo Goberno conforme o pronunciamento na cidade departamental tería lugar o 20 do mesmo mes. Os pronunciamentos eran un mecanismo 'normal' no exército español (véxase López Dafonte J.M. 'Os golpes de estado'. Diario de Ferrol, 20.VIN.2009). O comandante González Salón foi enviado polo xeneral Mola a fin de contactar cos mandos da Coruña e Ferrol. Ante a clara oposición do xeneral Salcedo (xeral xefe da VIII División Orgánica con sede na Coruña) e do xeral Caridad Pita (gobernador militar da Coruña) fieis ao réxime legalmente establecido, confíreselle ao coronel Martín Alonso o labor de preparar o camiño aos sediciosos e en Ferrol debido á indecisión do Xefe do Arsenal contraalmirante Antonio Azarola Gresillón, o posto de enlace cos sublevados recae no capitán de fragata Salvador Moreno Fernández. Os xenerais Salcedo e Caridad serán fusilados no castelo de San Felipe (dependente do exército de terra) no mes de novembro e Azarola tamén pasado polas armas tres meses antes no cuartel de Dores por tres piquetes: un, de infantería do exército de terra; outro, de mariñeiría e o terceiro de infantería de mariña, segundo afirma o meu amigo do Seixo, Bernardo Máiz, na súa obra Resistencia, guerrilla e represión. Relatamos a continuación as accións que realizará o tenente de máquinas do 'Cervera' Juan López Dafonte nos días 20 e 21 de xullo de 1936 e as peripecias en que se verá envolvido despois.

O referido cruceiro lixeiro achábase no dique número 2, antigo 'Reina Vitoria Eugenia', moi preto do edificio onde se atopaba a Escola de Maquinistas, e xa ultimando o seu alistamiento antes da súa posta á boia. Mándao o capitán de navío Juan Sandalio Sánchez Ferragut, fiel defensor do estado de dereito republicano. O día 20 o goberno de Madrid dá a orde de abrir as válvulas de auga para pór o buque á boia a fin que dirixa os proxectís dos seus canóns ás dependencias en que se atopan os golpistas. Juan López Dafonte coa axuda dun grupo reducido de mariñeiros-co risco das súas vidas-consegue ao amencer do día 21 de xullo polo a unha altura conforme está en disposición de facer fogo. Os canóns do 'Cervera' disparan contra O Velasco e a Academia de Maquinistas ata que vencida a moral da dotación deciden parlamentar. O tenente de navío Sánchez Pinzón é o encargado de negociar a rendición. Obtén a promesa dos irmáns Moreno Fernández que non haberá fusilamentos. Ao chegar a un acordo, pola noite comeza o abandono do buque.

Se xa o tenente López Dafonte tivo que convencer a uns fanáticos para que non abrisen fogo desde o cruceiro cando o dique non tiña auga, posteriormente intentará resolver outro problema: un cabo non abandona o barco e refúxiase na Santabárbara coa intención de voalo. Así, López Dafonte preséntase voluntario para resolver o perigoso conflito. Cunha botella de coñac diríxese con resolución á Santabárbara. Ao cabo de dúas horas, o tenente de máquinas e o cabo en cuestión abandonan o 'Cervera'. Esta acción libroulle dun pelotón de fusilamento, mentres dezaoito compañeiros seus son pasados polas armas (incluído o comandante e o tenente de navío S. Pinzón), segundo o que di Michael Alpert no seu libro A Guerra Civil Española no Mar. Ao que hai que sumar 'os paseados', de acordo co que expresa Xosé Manuel Suárez Martínez na súa brillante tese doutoral Guerra Civil e represión na comarca de Ferrol( 1936-1939).Así en setembro de 1936 son asasinados preto de Canido oito militares do buque en cuestión e enterrados nunha fosa común

Dafonte permanecerá recluído no Dique un mes. Xa no seu domicilio na rua Dores, en setembro do mesmo ano preséntanse na súa casa a altas horas da noite un grupo de falanxistas co fin de pasear ao maquinista. Esixen a Juan López Dafonte que vaia con eles. A súa muller Sara Rodríguez que ten moito carácter de forma resolta dilles aos fachas que ela e o fillo de ambos acompañarán a Juan. Os falanxistas vacilan e posteriormente abandonan a vivenda botando pestes. Ao mes seguinte, fan acto de presenza na súa casa os camisas vellas. Outra vez dinlle que vaia con eles, que llo levan a Calahorra. De novo a súa esposa Sara volve dicir 'pois, imos os tres'. E deste xeito, o matrimonio e o seu único fillo Juan (Porocho) irán desterrados a Calahorra. Alí permanecerán ata mediados de febreiro do 37.Despois volverán a Ferrol. O caso do tenente de máquinas López Dafonte será sobreseído e volverá de novo o mariño a estar en activo. Finalizará o seu compromiso coa Armada co grao de comandante. Os feitos que atribuímos a Juan López Dafonte débense, en boa medida, ao testemuño oral do seu neto doutor Juan López-Dafonte Aguilera.

Máis información sobre o Cervera no golpe de estado

Ferrol desmonta la Cruz de los Caídos 70 años después



09/07/2010 El País.com

Desde 1940 una gigantesca Cruz de los Caídos presidía imperturbable la plaza de Amboage, en pleno corazón de Ferrol y a escasos metros de la casa natal de Franco. Ayer, cinco operarios se afanaron en picar la piedra para descolgarla y desmontar el pedestal que homenajeaba a los muertos del bando franquista. Una rampa ocupará su lugar, informa Lorena Bustabad.

Los represaliados redactan su crónica


Traducción Estación Atlántica
 
Un documental denuncia o "xenocidio planificado" do franquismo en Galicia

16 de xullo de 2010

Setenta testemuños constrúen a historia da postguerra en Galicia silenciada nos libros en "Crónicas dá Galicia mártir", o novo documental de Xan Leira, que reúne a cidadáns anónimos e representantes da cultura nunha película que pretende desmontar o falso mito de que en Galicia o golpe de estado de 1936 non tivo apenas repercusións. É certo que a fronte de batalla quedou lonxe, pero unha das conclusións que se extrae desta cinta, segundo detalla o seu director, é que a comunidade foi obxecto dun xenocidio planificado polo franquismo.

ÁGATHA DE SANTOS - VIGO Máis de dez anos de traballo subxacen tras "Crónicas dá Galicia mártir", película documental de Xan Leira que recolle o testemuño de represaliados polo franquismo e familiares, entre os que se atopan cidadáns anónimos e representantes da cultura galega como Isaac Díaz Pardo, Francisco Fernández da Rega, Avelino Pousa Antelo e Xosé María Álvarez Cáccamo, e o Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel. Segundo o realizador, "Crónicas dá Galicia mártir" pretende desmontar a falsa idea de que Galicia foi unha terra dócil ao estar afastada da fronte de batalla e profundar no que sucedeu desde o golpe de estado de 1936 contra o Goberno da Segunda República.

"En Galicia non houbo guerra, pero si se instaurou a metodoloxía de represión do franquismo baseada o terrorismo de estado e no xenocidio, planificado", denunciou o documentalista, para quen os historiadores do réxime encargáronse de silenciar. "O medo e o silencio ?engadiu? calaron tan fondo que aínda hoxe somos vítimas desta metodoloxía represiva".

Segundo o director de "Crónicas dá Galicia mártir", que se estrea o vindeiro martes (20.30 horas) no Centro Social Caixanova de Vigo, en España non se analizou a represión franquista nin se ten en conta o que realmente piden as súas vítimas: que os responsables paguen polos delitos cometidos.

Durante o último decenio, Leira realizou preto de cen entrevistas en Galicia, Portugal, Arxentina, Uruguai, México e Cuba a exiliados e familiares para construír a crónica da represión franquista na comunidade, aínda que o documental só recolle setenta. Con todo, os testemuños non se deteñen nas experiencias persoais, senón que abordan esta época desde distintas ópticas, que van desde a política á cultura, para construír esa historia que se obviar nos libros de texto.

"Cada historia é importante sentimental e politicamente, porque é a denuncia dun xenocidio", engadiu Xavier Moreda, neto dun dos represaliados, quen asegurou que el non reivindica enterrar os restos do seu avó, fusilado en 1936 no Castro de Vigo, senón que a represión franquista sexa considerada un feito histórico e aos seus autores como "criminais a quen hai que xulgar".

"A memoria histórica estase abordando de forma ´culturalista´ e aínda hai xente que a relativiza. Non houbo dous bandos, senón un bando e unha banda de criminais que desencadeou unha guerra", sentenciou.

La Fiscalía investiga al Ayuntamiento de Ferrol por apoyar al juez Garzón

El Ministerio Público toma esta decisión a instancias del Tribunal Supremo, después de que el Consistorio aprobara una moción para solidarizarse con el juez de la Audiencia Nacional

PEDRO JIMÉNEZ / CADENA SER 16-07-2010 En el Tribunal Supremo no sentó nada bien el acuerdo del Ayuntamiento de Ferrol el pasado mes de marzo en apoyo al juez Garzón. El documento subrayaba la "extraordinaria preocupación" con la que se estaba viviendo el proceso para suspender cautelarmente de funciones al magistrado.

Añadía que producía "indignación y bochorno comprobar como en vez de animar a la persecución de los delitos cometidos durante el franquismo se persigue al que intenta hacer justicia". Y concluía señalando que era "inadmisible en democracia esta campaña de acoso y derribo con la que la extrema derecha intenta minar la independencia judicial".

El Tribunal Supremo decidió remitir este acuerdo municipal al Fiscal General del Estado. Cándido Conde Pumpido recibió el documento y respondió al Alto Tribunal. Lo hizo en una misiva, a la que ha tenido acceso la Cadena SER, en la que asegura que el asunto está en manos de la Fiscalía de Galicia para que determine "la posible trascendencia jurídica del hecho" .

quarta-feira, 14 de julho de 2010

30 de outubro de 2010: homenaxe aos represaliados no campo de concentración de Cedeira


Necesitamos a túa colaboración!

Se tes información, fotografías, es familiar, ou simplemente desexas colaborar na difusión dos actos que se celebrarán en Cedeira, non dubides en contactar.

Coa presenza das primeiras autoridades do Goberno de Asturias, terá lugar unha homenaxe na memoria dos represaliados no campo de concentración establecido na vila de Cedeira durante a guerra civil. Os actos están a ser organizados polas asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán, coa colaboración do Concello de Cedeira e do Goberno de Asturias, dado que a meirande parte dos prisioneiros do campo de concentración proviñan deste territorio, trala caída da fronte asturiana en 1937.


Listado de presos do Campo de Concentración de Cedeira (A Coruña) 1937

Esta listaxe é o froito do labor investigador de Xosé Manuel Suárez, quen investigou durante anos a represión na provincia da Coruña, e na súa vila natal de Cedeira. No seu sitio web poderás atopar a listaxe completa: http://www.terra.es/personal/suarxm/

368 homes e 1 muller; algúns con nomes, apelidos e/ou orixes falsos:

Ángel Méndez Vázquez, 18 anos, Lar...a, Asturias, xornaleiro.
Alejandro Meana Fresno, 27, Miravalles, Asturias, labrego.
Benigno García Fernández, 40, Caridad, Asturias, fogueiro.
Bartolomé Álvarez Cuadrileo, 37, S. Ignacio, Asturias, labrego.
Belarmino González García, 34, Gijón, camareiro.
Benjamín Miguel Polí, 26, Felguera, Asturias, chófer.
Benjamín Pérez Carreño, 18, Infiesto, Asturias, labrego.
Benito Suárez Jabona, 19, Dueñas, Asturias, labrego.
Bernardo Iglesias Gallego, 37, Gijón, peón.
Carlos González Franqueira, 37, Pontevedra, mariñeiro.
Carlos Castro Álvarez, 35, Franco, Asturias, mariñeiro.
Crisanto Prendes González, 35, Avilés, empregado. Fusilado en Pontevedra o 2-7-1938. De CNT, xefe do comité de guerra de El Musel.
Cándido Batalla Rivero, 21, Villaviciosa, mariñeiro.
Cosme Escarpentera Blanco, 22, Arriondas, Asturias, labrego.
César Martínez Alonso, 23, Onís, Asturias, ferreiro.
Ceferino Prego Brea, 25, Culleredo, A Coruña, albanel.
Cesáreo Salgueiro, 41, Xove, Lugo, mariñeiro.... ...

terça-feira, 13 de julho de 2010

35 Aniversario de Moncho Reboiras




A Comisión do 35 Aniversario Moncho Reboiras, achega o programa de actos programados para o día 7 de agosto (sábado), como homenaxe popular a Moncho Reboiras.


Agradecemos a vosa colaboración.
Comisión 35 Aniversario Moncho Reboiras.
 
 
Manifesto homenaxe a Moncho Reboiras

No ronsel desta nova situación e trala solicitude da súa familia, o Consello de Ministros veu recoñecer que Moncho Reboiras padecera de maneira ilexítima persecución e violencia, até lle daren morte, pola súa militancia política nacionalista e a súa implicación na loita sindical. Atendendo ao disposto na devandita Lei, que honra aos que sufriron inxustamente persecución e violencia durante a guerra civil e a ditadura, o Ministro de Xustiza outorga unha Declaración de reparación e recoñecemento persoal de Moncho Reboiras que, deste xeito, soborda as condicións de invisibilidade que unha democracia covarde exerceu sobre a “Galiza mártir”.

Hai persoas que loitan toda unha vida e esas son imprescindíbeis, concluía Bertolt Brecht nun dos seus poemas máis citados, cun eco que chega até Moncho Reboiras. A súa loita permanente por unha Galiza ceibe e popular en todos os campos nos que se lle reclamaba ou que el mesmo consideraba necesarios para a súa acción política revolucionaria, xa fose intelectual, cultural, sindical, organizativo, axitativo ou armada levouno a abandonar a tranquila vida profesional que daquela lle reportaría a súa carreira de enxeñeiro técnico industrial pola sacrificada e perigosa vida na clandestinidade.

Disposto sempre a escoitar e comprender, a dialogar e argumentar; apaixonado lector; con gran capacidade de síntese e de organización; sobrio e reflexivo, Moncho irradiaba serenidade e seguridade a seu redor sen pedir nada aos demais que el non estivera disposto a facer. Eis o seu liderado.

Coa súa rehabilitación institucional, Moncho Reboiras xa é patrimonio de todos os galegos e galegas de ben. En Galiza cumprirase a vontade dos mártires, deixounos dito Castelao e as súas verbas reflíctense arestora no legado de Moncho Reboiras por unha Galiza de seu, democrática e popular. Que a súa lembranza pule cada día desta arela en nós.

quinta-feira, 8 de julho de 2010

Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo na Illa San Simón


Día 18 de xullo de 2010

Programa:


10:00 Embarque desde o porto de Cesantes.

11:00 Lectura do manifesto e intervencións das familias dos represaliados

11:30 Actuacións poético-musicais.

12:00 Ofrenda floral no balo do cemiterio

14:00 Embarque de regreso a Cesantes.

quarta-feira, 7 de julho de 2010

Emilio Grandío: “Na Segunda República houbo dúas repúblicas”



O profesor presenta un novo ensaio titulado ‘A Segunda República en Galicia. Memoria, mito e historia’

XORNAL.COM 07/07/2010 -Emilio Grandío é un home dedicado a descifrar o pasado. Profesor Titular de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela, este investigador conta cunha longa traxectoria as súas costas. Grandío desenvolveu un gran número de estudos e investigacións sobre a II República, a Guerra Civil e o Franquismo. Este historiador presentou onte unha nova obra sobre un período determinante para o transcorrer do século XX. Co título A Segunda República en Galicia. Memoria, mito e historia (Ediciones Trea), Emilio Grandío tenta poñer luz sobre unha etapa esencial da nosa historia máis próxima que, segundo moitos, é unha gran descoñecida para os galegos.

Galicia precisa coñecer mellor a II República? É un período histórico que non se coñece xa o suficiente?

Non só Galicia precisa coñecer máis, toda España. Os estudos realizados son realmente escasos. É fundamental entender eses anos; son básicos para o desenvolvemento de todo o século XX. A II República chégalle á xente dende perspectivas moi tópicas que son produto da Guerra civil, da cultura franquista e do reducionismo entre dous bandos maniqueos. Por outra banda, nos últimos tempos, a II República chégalle á xente dende unha perspectiva única: á da violencia da Guerra Civil. Creouse un elemento indisoluble, unha especie de pegamento, que une os anos 31-36 e os 36-39. Ese pegamento é produto do réxime franquista ao que lle interesaba crear esa imaxe de violencia coa II República. Realmente estamos ante unha gran descoñecida.

Falamos de tópicos e falamos de mitos. Cales son os grandes mitos da II República en Galicia?

Os mitos non son algo específicamente galego, son formulacións mitificadoras por parte dos sectores progresistas e dos conservadores. Mitos asumidos son o da violencia polítca, o mito de que a Fronte Popular era un elemento de discordia constante e de violencia sistemática. Os últimos estudos realizados amosan que o camiño da Fronte Popular, sobre todo dende a ilegalización da Falange, non vai cara a un aumento da violencia política, senón nun retroceso desa violencia. Hai violencia e altercados pola crise económica, pero a violencia política vai caendo. Outro gran mito é o que relaciona as mulleres co voto conservador. Son moitos mitos e moitos deles seguen a funcionar. Estes mitos descóbrense investigando e rabuñando un pouco.

A II República puxo trabas constantes ao Estatuto da Autonomía? Ese feito marcou a relación da República con Galicia?

Neste sentido, o tema é o de sempre: A relación do estado cos sectores nacionalistas. Hai que ter en conta que unha cuestión fundamental era a diferenza de obxectivos entre os sectores galeguistas e os sectores republicanos progresistas no poder. Tamén é certo que a Constitución de 1931 pon trabas aos estatutos de autonomías, a todos, non só o galego. Pero os sectores galeguistas e os sectores republicanos burgueses coincidiron nunha serie de obxectivos que se introducen no programa da Fronte Popular. Así introdúcese no programa da Fronte o plebiscito. Tamén hai que ter en conta que antes, nos primeiros anos da República, todos os sectores –mesmo a dereita– estaban a favor da convocatoria do plebiscito. En 1933 íase facer, pero aprazouse. E logo púidose facer en 1936. Pero hai que ter moi presente que o 33 é un ano importante porque varían moitas cousas. Non só porque a dereita gaña as eleccións, senón a vitoria de Hitler. Realmente, hai dúas repúblicas na II República: a de antes do 33 e a de despois 33. A partir dese ano, radicalízanse a dereita e a esquerda. Ambas as dúas miran para fóra, miran como desbordar a república cara aos seus intereses.

Como historiador, no asunto da memoria histórica, considera máis importante a investigación ou as leis?

As dúas son importantes e son complementarias. Pero cada unha ten que estar no seu sitio. O debate político non pode influír no traballo do investigador histórico. Son realidades distintas e responden a obxectivos distintos. A visión política é moito máis directa, son diálogos moi rápidos e mesmo utilizando mitos e tópicos para os seus fins. O traballo de investigador é radicalmente diferente, é un traballo de anos que non se debe ver influído polos debates políticos. Tanto as leis como a investigación son dous elementos moi importantes, dous elementos totalmente complementarios, pero cada un no seu sitio, cada un na súa realidade concreta.

Tamén como historiador. Que lle parece a situación que se está a vivir co Panteón de Galegos Ilustres?

Dunha maneira ou doutra, o Panteón dos Galegos Ilustres é un ben público da sociedade galega e ten que estar accesible para todos os galegos e tamén para todos os visitantes que queiran ver o lugar. Iso dignifica o país e dálle un prestixio, non só para nós mesmos como país, senón amén para todos os que queiran encontrarse con este lugar histórico.

domingo, 4 de julho de 2010

Iniciativa Galega pola Memoria


Compañeiras e compañeiros:

Unha vez pasado un tempo prudencial para recoller opinións, rectificacións ou consideracións varias en relación ao documento de mínimos proposto ás asociacións e incluír aquelas no texto, pasamos xa á derradeira fase que non é outra que recabar o apoio explícito de asociacións, colectivos e, como decidimos na xuntanza de Santiago, tamén de individualidades relacionadas coa temática da recuperación e transmisión da "memoria dos vencidos" e dos seus valores democráticos e liberadores. O texto, podédelo comprobar no arquivo axunto, a penas mudou agás nun par de consideracións puntuais que non afectan á súa esencia.

En consecuencia, solicitamos formalmente dos colectivos, entidades e persoas que envíen ao enderezo de coordinación da Iniciativa Galega pola Memoria coordinadora@igmemoria.org a súa adhesión ao documento, que, no caso de ter un apoio significativo, será leído no acto de San Simón e presentado aos medios de comunicación, dando lugar a unha nova xeira de colaboración na que todo o mundo se sinta cómodo e poidamos construír pouco a pouco entre todos e todas.

Neste intre xa recibimos as seguintes adhesións colectivas:

"Sempre con Vós", Cidadanía pola Verdade, de Pontevedra

CRMH Coruña

Colectivo Republicano de Redondela

Asociación "Verbo Xido" de Terra de Montes

Comisión Sinhor Afranio, do Norte da provincia de Pontevedra

Asociación Cultural "Adellís" de Silleda

Asociación Memoria do 36 de Vigo

En canto ás adhesións individuais, recibimos a do coñecido historiador Bernardo Máiz Vázquez.

Vos animamos, pois, a enviar canto antes (o 18 de xullo xa está aí) o voso apoio.

Unha forte aperta a todos e todas e vémonos en San Simón, nunha xornada que será importante.

Xoán Carlos Garrido

Dionísio Pereira

PD: coma sempre, vos encarecemos que enviedes este correo a cantos colectivos, asociacións entidades e persoas consideredes convinte.


DECLARACIÓN DE PRINCIPIOS DA INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA

1. Condena do franquismo, que foi declarado en decembro de 1946 pola ONU como un réxime criminal.

2. Recoñecemento explícito da resistencia antifranquista e de todas as persoas que loitaron pola liberdade.

3. Declaración da nulidade dos xuízos franquistas, de todos os procesamentos, sentenzas, expedientes, condenas e sancións, tanto durante a Guerra Civil como na posterior Ditadura, ate a aprobación da Constitución española no ano 1978.

4. Aplicación do dereito internacional sobre as vítimas da represión franquista, incompatible con calquera mecanismo de impunidade: imprescriptibilidade, dereito a saber, dereito á xustiza, dereito á reparación.

5. Consideración dos crimes do franquismo como delitos contra a humanidade.

6. Obrigatoriedade para todas as administracións (central, autonómica e local) de retirar dos espazos públicos os símbolos franquistas e as referencias ás persoas relacionadas coa Ditadura, así como da conservación dos “lugares de memoria” entendidos como referentes dos valores democráticos e recordatorio dos crimes cometidos polo franquismo.

7. Apoio á conservación e potenciamento dos arquivos da memoria, tanto públicos como de partidos, sindicatos, fundacións e outras entidades.

8. Instar á Administración a que apoie aos familiares das vítimas da represión na procura de información, presentación de reclamacións, etc.

9. Intervención pública das distintas administracións nos labores de localización, identificación das foxas de enterramentos das vítimas do franquismo e, no seu caso, exhumación, divulgando os resultados; elaboración dun protocolo de actuación científica multidisciplinar.

10. Revisión dos currículos escolares, fomentando e apoiando a elaboración de materiais didácticos sobre o período republicano, a sublevación militar fascista, a Ditadura e a resistencia antifranquista.

11. Regulación da apoloxía do franquismo como delito e prohibición de toda exaltación do mesmo.

12. Anulación, seguindo a recomendación da Comisión de Dereitos Humanos da ONU datada o 30/10/2008, da Lei de Amnistía do ano 1977.

En base á devandita declaración de principios, os colectivos acordan presentar as seguintes reivindicacións á Xunta de Galicia:

a) Completar o Proxecto xa iniciado pola Consellería de Cultura denominado “As Vítimas, Os Nomes, As Voces, Os Lugares” relativo á represión franquista en Galicia, coa publicación dos seus resultados, conservando o 100% do seu financiamento.

b) Elaboración por parte do Parlamento Galego dunha Lei para a creación dun Centro da Memoria de carácter público, cuxa finalidade sexa a investigación, a documentación e a divulgación da memoria da represión franquista no noso país, así como a promoción de políticas públicas de memoria .

c) Elaboración dunha Lei específica galega, como xa teñen outras comunidades, sobre ás vítimas da represión franquista, que amplíe os dereitos recoñecidos pola lei estatal.

d) Potenciamento de toda a infraestrutura (oficinas) de atención ás vítimas do franquismo, así como facilitar as xestións para solicitar as axudas e recoñecemento que contempla a lei da Memoria Histórica.

e) En aplicación da Lei da Memoria Histórica, elaboración pola Xunta dun catálogo de todas as rúas de Galicia relacionadas co franquismo, así como monumentos, estatuas, escudos, etc. de exaltación da Ditadura e do levantamento militar de 1936, establecendo un plan para a súa eliminación.

f). Continuidade do Convenio coa Universidade de Santiago e o Instituto de Medicina Legal de Galicia para a exhumación das vítimas da represión franquista. Aplicación da Lei aprobada pola Xunta sobre as foxas. Sinatura do convenio de colaboración co Estado para a localización e exhumación das vítimas, que xa foi cumprimentado por varias comunidades autónomas.

g) Apertura inmediata ao público do Pazo de Meirás e aplicación das sancións correspondentes no caso de que a familia Franco continúe coa súa política dilatoria. Que a Xunta realice xestións para a recuperación do Pazo para o patrimonio público.

h) Promoción por parte da Xunta da investigación para a recuperación da Memoria Histórica, así como o fomento da axuda e colaboración para actividades e iniciativas promovidas por entidades, asociacións e institucións sobre o recoñecemento das vítimas da represión franquista.

i) Consolidar a Illa de San Simón como Lugar de Memoria de especial significación na historia de Galicia e como tal debe ser sinalizado, patrimonializado e promovido. Isto concrétase en:

- Respectar a musealización xa acometida na Illa en lembranza da Colonia Penitenciaria, incluíndo a exposición, as placas de homenaxe e as distintas propostas estéticas xa realizadas.

- Potenciar a Illa como espazo para a realización de actividades relacionadas coa recuperación da memoria histórica, facilitando as visitas de grupos promovidas polas asociacións memorialísticas.

- Levar a cabo o Centro Documental sobre a Memoria da Colonia Penitenciaría da Illa de San Simón, incorporando a documentación histórica depositada en malas condicións no Centro Penitenciario de A Lama.

- Facilitar a realización do acto que, dende o ano 2006, vén celebrándose o 18 de Xullo na Illa como homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en Galicia.

Illa de San Simón, a 18 de Xullo de 2010

Enderezo de coordinación da Iniciativa Galega pola Memoria

sábado, 3 de julho de 2010

Estrea do documental 'Crónicas da Galiza Mártir' o 20 de xullo as 20:30 horas en Vigo



Estimados amigos, pola presente invitámoslles á estrea da longametraxe documental “Crónicas da Galiza Mártir”, que terá lugar o martes 20 de xullo ás 20,30 hs., no Centro Social Caixanova, sito na rúa Policarpo Sanz, 24-26, Vigo (Policarpo Sanz esq. Velázquez Moreno).

Agardamos a vosa presenza e desexamos que compartades esta nova coa vosa xente.

“Baixo o manto democrático da II República agromaba a conspiración fascista.

A oligarquía… contra a cidadanía.

O fundamentalismo… contra a intelixencia.

O militarismo… contra a tolerancia.

O falanxismo… contra a democracia.

A guerra… contra a paz.

A morte… contra a vida.

1936…”

CRÓNICAS DA GALIZA MÁRTIR