O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta firmas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta firmas. Amosar todas as publicacións

domingo, 26 de xullo de 2015

Presentan máis de 11.000 firmas para que se dea a coñecer a obra de Castelao

 
A presidenta de Galiza Cultura, federación que agrupa a varias asociacións, tamén denunciou o uso "en balde" que a Xunta de Galicia realiza coa entrega dos premios Castelao
 
21 de Xullo de 2015 | Galiciaé / Efe
A comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao polo pobo galego presentou este martes máis de 11.000 firmas no Parlamento de Galicia para que debata esta proposición de lei.

Unha iniciativa coa que se pretende reclamar que o intelectual, considerado un dos pais do nacionalismo galego, sexa "apreciado" e "coñecido" por toda a súa "magnificencia artística", que consta de 4.000 pezas documentadas de obra artística.

"En todo o que significou de defensor e patriota esclarecido e máximo defensor do pobo galego na primeira metade do século XX. Queremos que todo iso sexa coñecido, sacalo do conxelador, dese enterramento que é o que se practica con figuras que son usadas máis nada que como un recurso de lexitimización", explicou Pilar García Negro aos xornalistas ás portas do Parlamento.

A presidenta de Galiza Cultura, federación que agrupa a varias asociacións, tamén denunciou o uso "en balde" que a Xunta de Galicia realiza coa entrega dos premios Castelao.

"Tantos anos logo do seu falecemento en Bos Aires por exilio forzoso, continúa estando dobremente enterrado no coñecemento da poboación galega e sen ser atendido polos poderes públicos galegos, lamentou.

Para García Negro, o debate político que hai na actualidade tanto en Galicia como en España está "perfectamente guionizado e tematizado en tantas e tantas páxinas de Castelao", polo que, ao seu xuízo, "non é unha figura histórica en absoluto superada".

"Queremos que retornen pezas artísticas súas fundamentais como 'A derradeira lección do mestre', ese lenzo que podemos contemplar en Bos Aires e que está recluído alí tamén", abundou.

Preguntada sobre se confía en que a iniciativa prospere no hemiciclo, Pilar García Negro confiou en que "todos os deputados desta Cámara se comporten efectivamente como xente ilustrada, xente galega onde o adxectivo debe valer non só para cobrar e para comer das institucións galegas".

"E que, xa que logo -continuou-, fagan honra ao pensador, ao patriota, ao artista galego sen o cal ninguén estaría sentado aquí", sinalou a ex deputada autonómica polo BNG.

Recordou, así mesmo, que foi Castelao quen "in extremis e nun traballo ímprobo" rescatou o Estatuto que estaba "sediciosamente perdido" en Madrid, e quen conseguiu a tramitación parlamentaria do Estatuto de Galicia o 1 de febreiro nas Cortes Republicanas celebradas no mosteiro de Montserrat e a súa posterior aprobación definitiva.

"Se isto os deputados que sentan nos escanos ignórano, pois entón teriamos que chamalos semi analfabetos políticos. E digo semi, só, para que ninguén senta ofendido", dixo García Negro.

xoves, 2 de xullo de 2015

A CIG inicia unha campaña para honrar aos represaliados polo franquismo

1º Maio 1936 Verín
 
Traducción Estación Atlántica

Campaña de recolleita de firmas ata o próximo 13 de xullo

30-06-2015 / EFE
A CIG iniciou unha recolleita de firmas para promover a concesión de honores ao obxecto de que se distinga a todos os represaliados pola ditadura franquista nesta comarca ourensá tras considerar que é "de xustiza" que se rehabilite a memoria destes fusilados.

A través dun comunicado, esta central sindical deu a coñecer o inicio da campaña de recolleita desde hoxe e a cal prolongarase ata o próximo 13 de xullo.
"Unha vez que teñamos as firmas no noso poder", o obxectivo é presentalas ao alcalde Verín, o socialista Gerardo Seoane, para que inicie a organización de diversos actos.

Nun escrito, o portavoz sindical Manuel Anxo García Torres, solicitou que se leven a cabo as modificacións propostas na localidade ourensá de Verín e entréguense aos represaliados as distincións propostas na solicitude con data 22 de xullo de 2014.

En concreto, o sindicato pediu o nomeamento destes represaliados como 'Fillos Predilectos' da localidade "por ser naturais do concello de Verín" e doutros seis, como 'Fillos Adoptivos', entre os que figuran o exalcalde Carlos Reino; o tenente de alcalde Juan Antonio Álvarez, e outras persoas como o industrial Lino García e o presidente do sindicato de oficios, Sixto Salgado, fusilados en 1937.

Actualmente, a CIG indicou que se atopa "en conversacións" co grupo de goberno co fin de organizar "un acto de homenaxe ás vítimas do franquismo que coincida coa concesión das modificacións requiridas.

"É de xustiza que case oitenta anos despois rehabilítese a memoria dos que permitiron que, hoxe, podamos ter a liberdade necesaria para expresarnos, criticar, decidir, querer, en definitiva, para ser persoas malia que algúns queiran tallárnola", recalcou o sindicato.

Ademais da entrega de distincións, esta central propuxo a modificación da actual praza do Concello por "praza do Alcalde Carlos Reino" e da actual rúa da Diputación polo nome de "Lino García".

Así mesmo, solicitou a concesión dunha insignia de ouro "a todas as persoas executadas, asasinadas, fuxidas e represaliadas" durante o franquismo xunto á colocación dunha placa conmemorativa na fachada do consistorio que diga "O Concello e o pobo de Verín en recordo de todos os homes e mulleres executados, asasinados, fuxidos, violadas, humilladas ou represaliados polo réxime franquista".

domingo, 19 de outubro de 2014

Recollida de firmas para que o PSOE force ao Concello a executar a derriba da Cruz do Castro

Asinar
Faro de Vigo 19.10.2014
Iniciativa Galega pola Memoria e a Federación Estatal de Foros pola Memoria lanzaron o venres pola noite unha recollida de firmas a través da plataforma change.org para que os responsables do PSOE a nivel estatal e autonómico "esixan ao alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, que retire o recurso e cumpra coa sentenza que obriga a levantar a Cruz do Castro".

Os autores citan a parte da resolución xudicial que indica que a cruz "é un testemuño presente do triunfo dos vencedores na Guerra Civil e memoria da humillación para os vencidos, as súas vítimas e os seus descendentes".

mércores, 15 de outubro de 2014

@sanchezcastejon: Obrigue ao alcalde de Vigo @abelcaballero a cumprir a lei e acatar as sentenzas xudiciais

Asinar
Esta petición será entregada a:
Secretario General del PSOE, @sanchezcastejon
Secretario Xeneral del PSdeG, @jrgomezbesteiro

Petición creada por Federación Estatal de Foros por la Memoria - Iniciativa Galega pola Memoria
 

O pasado 4 de setembro, un xulgado de Vigo ordenou a retirada do monumento franquista Cruz de los Caídos do Monte do Castro, en cumprimento da Ley de Memoria Histórica. A sentenza sinala que a Cruz é «un testimonio  presente  del  triunfo de los  vencedores  en la  Guerra  Civil  y memoria de la humillación para los vencidos, sus víctimas y sus descendientes».

A ledicia por esta boa nova para as vítimas do franquismo e para calquer institución que se chame democrática, contrasta coa oposición por parte do Concello de Vigo, gobernado polo PSOE. Os grupos socialistas e do PP votaron a favor de recurrir a sentenza.

Unha decisión chamativa nun partido, o PSOE, que estando no goberno central aprobou a Ley de Memoria Histórica que fundamenta esta sentenza.

Iniciativa Galega pola Memoria e Federación Estatal de Foros por la Memoria pedimos o PSOE estatal e en Galicia que, por coherencia, exixan ao alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, que retire o recurso de inmediato e cumpra coa sentenza.

O contrario é una falta de respeito mais as vítimas do franquismo, milleiros de eles militantes, concellais e alcaldes socialistas.

Ao non ser así, o PSOE  e PSdeG-PSOE deben rexeitar púbricamente as atitudes antidemocráticas e adouptar medidas disciplinarias drásticas contra o socialista Abel Caballero para que non quede no entredito a credibilidade democrática das institucions que dirixen.

É unha cuestión de xustiza. Como dicía o lema da campaña de Abel Caballero para a alcaldía de Vigo: “Falan os feitos”.

luns, 11 de agosto de 2014

Ucraína: NON! á persecució​n dos comunistas e a ilegalizac​ión do PCU


Comunistas da Galiza P.C.P.E. 11/8/14
Repudiando a persecución dos comunistas e a ilegalización do PCU

Se queres sumarte ao rexeitamento internacional por estes feitos envía o seguinte modelo de carta, ou outra que exprese mellor o teu posicionamento, ao seguinte enderezo electrónico:

 

Pásao. Grazas.
Comunistas da Galiza-PCPE

 
To the President of Ukraine

Dear Sir,

In face of the dissolution of the communist fraction in the Supreme Rada of your country, passed on July 24th, I would like to express my firmest rejection to this kind of actions.

This decision is a step in the path towards the banning of the Communist Party of Ukraine, which comes together with constant attacks, insults and aggressions against militants and friends from the KPU. This is a step against any kind of democracy, and this is being promoted by your government.

I reject all kinds of attacks against the Communist Party of Ukraine and demand the respect of the full political rights of this Party.

Yours

(sinatura)

In (cidade, país), (día) August, 2014
 

domingo, 6 de abril de 2014

17 de agosto: Día da Galiza Mártir / Día d@s Mártires Galeg@s

 
Fundación Alexandre Bóveda
A iniciativa de institucionalizar o Día da Galiza Mártir, 17 de Agosto, parte dun binomio: Valentín García Bóveda, Secretario da Fundación Alexandre Bóveda, e Ernesto Vázquez-Rey Farto, estudante de Dereito.
 
A actuación da Fundación Alexandre Bóveda coa institucionalización do 17 de Agosto foi dende o inicio planificada para que o debate social a respecto do recoñecemento @s mártires galeg@s se dera nas cámaras de representación cidadá; promovendo -pola vía do Dereito de Petición- o pedimento dun apoio tanto ás institucións (Concellos, Deputacións Provinciais, Entidades Locais Menores e Parlamentos Nacionais e Rexionais do Estado español) como ás persoas que quixeran sumarse ao noso posicionamento.
 
A finalidade é elevar á Comisión de Peticións do Parlamento de Galiza unha petición colectiva que recolla na súa parte dispositiva a reivindicación histórica da xustiza cos nos@s mártires. Con todas e cada unha das persoas asasinadas, represaliadas e exiliadas que se contaron por centos en todo o país. Porén, a iniciativa parte da Fundación Alexandre Bóveda, instando a rehabilitación pública e política do insigne galeguista Alexandre Bóveda Iglesias, mais a institucionalización pretende que esa data sexa o aniversario de todas esas persoas; tamén, mais non só, de Alexandre Bóveda.
 
Nesta dura empresa agardamos contar co voso apoio e colaboración, xa que a institucionalización do Día da Galiza Mártir non é un beneficio patrimonio da Fundación, nin tan sequera dos promotores da iniciativa; senón que é un beneficio para tod@s @s galeg@s.
 
Moi agradecidos,
 

sábado, 7 de setembro de 2013

Petición ao Parlamento de Galiza: Institucionalización do 17 de Agosto como Día da Galiza Mártir

Asinar
 Dirigida a Pilar Rojo Noguera

 Petición creada por Fundación Alexandre Bóveda
A primeira vez que os dereitos e liberdades nacionais do pobo galego foron recoñecidas xurídica e políticamente incardináronse dentro do marco constitucional da IIa República española, coa abrumadora maioría social que permitiu plebiscitar o Estatuto de Autonomía galego o 28 de Xuño de 1936.

Poucas semanas máis tarde producíuse a sublevación violenta dun segmento das forzas armadas do Estado español, instigada e apoiada por sectores reaccionarios e organizacións políticas paramilitares de ideoloxía fascista, contra do réxime constitucional da IIa República e do seu lexítimo goberno, saído das eleccións democráticas celebradas en Febreiro do mesmo ano de 1936; gañadas polo Frente Popular.

Logo desa sublevación anticonstitucional e antidemocrática, milleiros de cidadáns e cidadás, galegos e galegas, nacionalistas ou non; mais demócratas en todo caso, e todos e todas leais e fieis ao réxime constitucional republicano, ás liberdades democráticas vixentes e máis ao Estatuto de Autonomía de Galiza xa plebiscitado, foron asasinados/as sen xuízo previo ou executados/as por sentenzas de tribunais títeres das forzas sublevadas. Outros/as, coñecidos/as popularmente como fuxidos/as, pasaron á resistencia armada na guerrilla antifranquista e foron perseguidos/as durante décadas até o seu completo exterminio. Moitos/as máis aínda padeceron o exilio e, nel, seguiron a loitar polo restablecemento das liberdades individuais e colectivas do pobo galego e pola reconstitución dun réxime democrático en Galiza e no Estado español.

Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, figura emblemática para todas as persoas que seguiron a loitar por esa causa no exilio até a súa morte, inmortalizou simbolicamente no seu álbum “Galicia Mártir” a todas as vítimas da represión fascista en Galiza durante a Guerra de España. A máis representativa delas á súa vez, a quen Castelao adicou o seu testamento político, o libro “Sempre en Galiza”, e máis a quen el ergueu á categoría de símbolo de todas no seu descurso “Alba de Gloria”, foi Alexandre Bóveda Iglesias, dirixente do Partido Galeguista, vítima dun proceso irrisorio e aldraxante en Pontevedra e fusilado na Caeira o 17 de Agosto de 1936.

Na citada colección de estampas existe unha que foi enormemente difundida, coñecida e comentada, que se denomina “A derradeira lección do mestre” da que os/as coetáneos/as de Castelao, os/as seus/súas colaboradores/as, persoas que coñeceron e que mesmo estiveron ao pé del nos momentos nos que éste compuxo o álbum, afirmaban que a persoa que xace morta no chan ten a faciana e os trazos exactos de Bóveda.

Castelao fíxolle así unha primeira homenaxe a un home cristián e crente que á hora de tomar unha decisión entre as súas crenzas individuais, aplicadas miméticamente aos esquemas ideolóxicos, sociais e políticos da época, ou a lealdade ao seu país, optou por manterse fiel ao insobornábel compromiso político de liberdade da súa Patria.

Bóveda fixo da Vila de Pontevedra un escenario privilexiado para desenvolver os seus proxectos. Alí uníronse Castelao e Bóveda e xuntos participaron de andainas sociais, culturais e políticas nunha das etapas máis fecundas da historia da cidade capitalina: fixeron parte da Coral Polifónica; colaboraron no proxecto reformista de Daniel de la Sota -Presidente da Deputación de Pontevedra-, do que xurdirían empresas de longo percorrido coma o Museo de Pontevedra, a Misión Biolóxica de Galiza -dirixida por Cruz Gallástegui Unamuno-, as Pensións Artísticas da Deputación -que deron unha extraordinaria xeración de artistas-, mais sobre todo a Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, obra persoal dun novísimo Alexandre Bóveda, que en 1930 foi nomeado primeiro Director da institución con tan só 26 anos.

Alexandre Bóveda, xunto a Lois Tobío, Carvalho Calero e Vicente Martínez-Risco, foi o vertebrador do Anteproxecto de Estatuto que elaborou o Seminario de Estudos Galegos; defendéndoo na decisiva Asemblea de Concellos celebrada en Compostela do 17 ao 19 de Decembro de 1932, e asumindo a responsabilidade e a tarefa histórica de impulsar o laborioso proceso de aprobación do propio texto estatutario, culminado finalmente co apoio cidadán maioritario no referendo do 28 de Xuño de 1936.

Logo do levantamento militar fascista de Xullo de 1936, Bóveda foi xulgado no Salón de Plenos da Deputación Provincial de Pontevedra e, acusado de traizón, foi condenado a morte; cumpríndose a sentenza co seu fusilamento na mañá do 17 de Agosto de 1936 na Caeira (Poio). Esta condena a morte e o posterior asasinato de Alexandre Bóveda constitúen unha inxustiza histórica que debe ser reparada mediante a recuperación e a rehabilitación institucional da súa figura, así como a divulgación do seu inxente traballo a favor da causa da liberdade, da democracia e do progreso de Galiza.

Nos últimos anos sucedéronse distintos acordos institucionais que tiñan como obxectivo o recoñecemento da figura humana e política de Alexandre Bóveda: a homenaxe institucional do Concello de Poio, o nomeamento por aclamación como Fillo Predilecto de Ourense, adoptado na Corporación Provincial ourensá, e máis recentemente o nomeamento de Fillo Adoptivo da Cidade de Pontevedra, xunto coa concesión da medalla de ouro de Pontevedra, polo que, con esta petición, demandamos do Parlamento de Galiza que honre a todas as persoas mártires da liberdade na Historia do pobo galego, institucionalizando como Día da Galiza Mártir o 17 de Agosto, cabodano da morte de quen Castelao converteu en símbolo de todas elas, o cidadán galego Alexandre Bóveda Iglesias, e máis a rehabilitación pública e política do propio Bóveda e de todos/as os/as mártires da liberdade que él mesmo simboliza na memoria histórica e democrática do noso pobo.

O Parlamento é a Cámara de representación de todos os galegos e galegas e, daquela, demandamos dela que recoñeza a Bóveda e a todos/as os/as mártires galegos, como unha institución que represente verdadeiramente ao noso pobo, na referencia aos valores humanos e democráticos que fican mentados.

Por todo o anterior, ao abeiro do disposto no Artigo 4.1 da Lei Orgánica 4/2001, de 12 de Novembro, reguladora do Dereito de Petición, instamos ao Parlamento de Galiza:

.- A declarar e instituir como “Día da Galiza Mártir” o día 17 de Agosto de cada ano, con carácter de celebración nacional na Comunidade Autónoma de Galiza e xornada non laborábel no seu ámbito territorial, en memoria e homenaxe de todos/as os/as cidadáns e cidadás galegos/as que deron a súa vida ou padeceron o exilio por defenderen as liberdades e dereitos democráticos e nacionais do pobo galego, plasmados dentro do marco constitucional daquela vixente, no 1o Estatuto de Autonomía de Galiza, plebiscitado o 28 de Xuño de 1936.

.- A incoar a revisión do proceso seguido e condena a morte ditada contra o dirixente do Partido Galeguista, Alexandre Bóveda Iglesias, por un tribunal das forzas antodemocráticas sublevadas contra do réxime constitucional da IIa República española, e executada en Poio o día 17 de Agosto de 1936.

.- A rehabilitar, de xeito institucional, pública e políticamente a figura de Alexandre Bóveda Iglesias e, simbólicamente expresada nela, a de todos/as os/as cidadáns e cidadás mortos/as en Galiza, a partires de Xullo de 1936, en defensa da mesma causa pola que foi executado Bóveda.

.- A promover institucionalmente a celebración de actos protocolares da devandita rehabilitación pública e política para o primeiro “Día da Galiza Mártir” que se conmemore.

Pontevedra, 17 de Agosto do 2013.

luns, 18 de xuño de 2012

Petición ao alcalde do Concello de Mañón


Polo recoñecemento dos republicanos vítimas da brutal represión franquista.

Non houbo neste Concello nengunha acción a favor desta xente que dunha forma ou outra foron castigados por defenderen o goberno legal da 2ª República: fusilamentos, "paseos", cárcere, multas, outros fuxiron... Agás unhas charlas organizadas o ano pasado, mais para esto aínda, por parte do Concello, houbo atrancos e dificultades. É de xustiza o seu recoñecemento, é o mínimo que se pode facer por tanta miseria, sufrimento e desprezo padecidos.

mércores, 23 de novembro de 2011

Acude, este venres, a colocación da placa á Rúa Manuel Fraga de Compostela

Este venres, ás 12:00 colocarase a placa na Rúa Manuel Fraga en Compostela. Será na 1º rotonda que vai á cidade da Cultura. Desde o MpDC facemos un chamamento a asistir e "saludar" a todos os cargos que participarán nesa homenaxe (incluído o pressidente da xunta de Galiza) ao Ministro franquista.
Movemento polos Dereitos Civís

Asina para que Manuel Fraga non teña unha rúa en Compostela

O actual Alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa, quere que Manuel Fraga teña unha rúa en Compostela, como xa o intentou o anterior Alcalde de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, no 2006. Naquela ocasión a proposta non foi adiante grazas ás miles de sinaturas consegudias e entregadas no Concello. Desta volta, esperamos conseguir outras miles de firmas para que Manuel Fraga non goce dunha rúa en Compostela. A proposta será levada a pleno este xoves.

Neste enlace estarás enviando unha carta directamente a Conde Roa manifestando a súa repulsa
http://actuable.es/peticiones/asina-que-manuel-fraga-non-tena-unha-rua-compostela
 
Para facer público o teu rexeitamento á proposta do Concello de Compostela fai chegar os teu datos ao MpDC por medio de do seguinte enlace: http://mpdc.blogspot.com/2011/09/cargando.html

venres, 11 de novembro de 2011

Carmela Silva asinou contra a cruz do Castro

J. L. Vigo / A Voz 10/11/2011
A tenente de alcalde, Carmela Silva, asinou, cando non era concelleira, unha solicitude para que o Concello de Vigo aplicase a Lei da Memoria Histórica e retirase do Castro «a chamada Cruz dous Caídos». Non é a única asinante do escrito que forma parte do goberno de Abel Caballero, principal defensor de que o símbolo continúe no mesmo lugar. O concelleiro Santos Héctor Rodríguez tamén rubricou o escrito, igual que varios concelleiros do BNG, que formaron parte do goberno municipal no anterior mandato.

Mentres Carmela Silva e Santos Héctor apoiaron a retirada, Abel Caballero négase sistematicamente a eliminar o símbolo, e ata a contestar as demandas realizadas desde a Asociación Viguesa pola Memoria do 36.

O continuado mutismo do alcalde levou á asociación, que foi recoñecida hai uns anos co título de Vigués Distinguido, a presentar unha demanda de protección dos dereitos fundamentais da persoa ante o xulgado dos Contencioso-Administrativo. «Estase a pedir ao xulgado que protexa e defenda ou dereito fundamental de petición e que se obrigue ao Concello, non só a responder senón tamén a actuar, que se faga cumprir a lei e se faga ou necesario para retirar a cruz», sinalou onte Guillermo Presas, avogado da asociación viguesa.

Pola súa banda, Telmo Comesaña, presidente da asociación, insistiu en que o seu obxectivo «non é tirar cruces, nós pelexamos contra a utilización dá cruz como homenaxe ao fascismo».

Folletos explicativos

Entre as accciones que levarán a cabo proximamente está a repartición dun folleto entre a cidadanía no que se explica o significado do símbolo. En cinco idiomas, xa que tamén queren entregalo aos cruceristas, recordan que a cruz se erixiu para conmemorar aos mortos «na chamada Cruzada de Liberación».

martes, 27 de setembro de 2011

Asina para que Manuel Fraga non teña unha rúa en Compostela

Conde Roa observando como Manuel Fraga xoga ao dominó.
 Neste xoves, día 29, vaile dedicar unha rúa en Compostela si a cidadanía non mostra a súa repulsa

Acción promovida por Movemento polos Dereitos Civís

Asina para que Manuel Fraga non teña unha rúa en Compostela Acción promovida por Movemento polos Dereitos Civís

O actual Alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa, quere que Manuel Fraga teña unha rúa en Compostela, como xa o intentou o anterior Alcalde de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, no 2006. Naquela ocasión a proposta non foi adiante grazas ás miles de sinaturas consegudias e entregadas no Concello. Desta volta, esperamos conseguir outras miles de firmas para que Manuel Fraga non goce dunha rúa en Compostela.

Por medio deste formulario estás enviando unha carta directamente a Conde Roa manifestando a súa repulsa. Para facer público o teu rexeitamento á proposta do Concello de Compostela fai chegar os teu datos ao MpDC por medio de do seguinte enlace:
http://mpdc.blogspot.com/2011/09/cargando.html


Al firmar la petición estarás enviando esta carta:

Destinatario:
 A ATENCIÓN DO ALCALDE-PRESIDENTE, SR. CONDE ROA

O alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, co apoio do antigo alcalde de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, acordaron levar a Pleno Municipal a proposta de porlle o nome de Manuel Fraga Iribarne a unha rúa ou avenida da cidade.

Ante este feito, o asinante deste escrito quere amosar o seu rexeitamento a que se utilice a nomenclatura das rúas compostelás para honrar a unha persoa que non merece o recoñecemento social que se outorga a quen se lle dedica unha rúa. Por se non ficara evidente que a proposta do Sr. Conde Roa é inapropiada pasamos a relatar brevemente as razóns que xustifican a nosa posición:

1º) Hai que diferenciar entre o que significa un respecto institucional mentres ocupou a presidencia da Xunta do feito de que no nome dunha cidade se lle rinda homenaxe a unha persoa que non conta co apoio dunha boa parte da cidadanía.

2º) A avaliación da xestión do Sr. Fraga durante os anos que ocupou a presidencia da Xunta é claramente negativa para Galiza e discutida por amplos sectores sociais. Mentres que o Estado español medraba en desenvolvimento económico,Galiza afundíase nos principais indicadores socioeconómicos.

3º) O Sr. Fraga é senador do Partido Popular e, polo tanto, semella inapropiado neste momento que se lle homenaxee a un político en activo claramente vinculado a unha opción partidaria concreta.

4º) O Sr. Fraga Iribarne fixo parte destacada das decisións máis claramente antidemocráticas da dictadura franquista. Sendo ministro de Información e Turismo, asinou colectivamente, en Consello de Ministros, a execución de Julián Grimau e foi o encargado de contrarrestar propagandisticamente o acontecido, como tamén sucedería durante o Proceso de Burgos. Outra proba do seu papel principal na dirección do aparato de censura de Franco foi a condena de Alberto Míguez pola publicación da antoloxía bilingüe El pensamiento político de Castelao.

5º) Por todo isto e porque nun momento como o actual, no que debemos traballar para restituír a verdade sobre a represión que padeceu o pobo galego após o golpe militar franquista, entendo que a nomenclatura das rúas nas que vivimos deben axudar a construír unha conciencia social xusta, respectuosa cos dereitos humanos e dos pobos, así como a restaurar a figura dos que representaron e defenderon os verdadeiros valores da democracia, do progreso e da igualdade. Polo que

SOLICITAMOS

Que sexa retirada publicamente a proposta do Sr. Conde Roa e do PP de homenaxear á persoa do Sr. Fraga Iribarne dedicándolle unha rúa da cidade.

sábado, 18 de xuño de 2011

Historiadores e Historiadoras asinan o texto "A Academia somos nós"



Podes deixar a túa sinatura a través de memoriaguerracivil@usc.es

“A Academia somos nós”

Os historiadores e as historiadoras que asinamos este texto non podemos sentirnos representados nin concernidos pola Academia da Historia. Queremos afirmalo rotundamente en relación coa interpretación do franquismo que se fai nalgunhas das voces do Diccionario Biográfico Español, recentemente publicado.

Considerámolo una atentado á profesión e ao seu estatuto académico. A Historia é un coñecemento baseado en regras coñecidas, construído a través de fontes e produce resultados contrastables e sempre sometidos a debate

O Diccionario Biográfico que ven de publicar a Academia contén, na forma e no fondo, no procedemento de elaboración e máis nos seus resultados, tal grao de agresión aos principios mínimos do oficio historiográfico que grande parte dos seus resultados non poden nin someterse a debate público: non é que non o resistan, e que non o merecen. A reproducción de relatos propagandísticos da Dictadura franquista sobre ela mesma e o pasado, e a ideoloxía militantemente franquista ou furibundamente confesional que contén este publicación non pode considerarse Historia senón mera propaganda.

Consideramos que é hora de decir basta polo ben da profesión e, máis alá diso, pola consideración social que merece a Historia. Momento haberá para debater por que chegamos a esta situación e por que se atribúe autoridade a quen non a ten con todas as benzóns públicas

martes, 25 de maio de 2010

Cruz de los caidos: obxecto indesexable do parque do Castro en Vigo


A Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36 recolleu 4000 firmas para que se derrube a chamada cruz dos caidos do parque do Castro en Vigo, estas firmas presentásenas no Rexistro do Concello vigués o día 31 de maio ás 10 da mañá coincidindo co pleno da corporación municipal.


O sábado día 29 celebrasen ás 11h. Asemblea extraordinaria anual. Lugar: CASA DO LIBRO na rua Velazquez Moreno de Vigo.

"Temos vocación de axuda por iso mesmo imos colaborar co alcalde para axudalo a limpar o Castro de obxectos indesexables" palabras do presidente da asociación Telmo Comesaña

sábado, 3 de abril de 2010

Campaña con recollida de sinaturas para derrubar a chamada CRUZ DE LOS CAIDOS POR DIOS Y POR ESPAÑA do parque do Castro en Vigo







A ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA DO 36, vai iniciar unha campaña de recollida de apoios e adhesións para presentar no Concello de Vigo para conquerir a retirada da “Cruz de los Caidos “ do Catro.

Como observades no documento adxuntanse as peticiós feitas pola Asociación a Caballero para que convocara o Consello Local da Memoria, do cal formamos parte, que soio se reuniu unha vez presidido polo Alcalde e nunca mais volveu a convocar.

A campaña de recollida de adhesións faremola os meses, de Marzo e Abril e temos pensado presentar no Concello as adhesións no mes de Maio. E por elo que contamos co teu apoio, para tan xusta causa, contribuindo a recollida de sinaturas. Se non tes aceso as follas que temos preparadas podes baixalas de internet e nos las entregas antes do- 2 de maio, se non podes ser persoalmente a algun compañeiro/a da Asociación ou da Asemblea Republicana, no las podes enviar por Correio ao Apartado de correios 3054 – 36200 .

Sen mais recibe unha forte apreta, Saúde