Amosando publicacións coa etiqueta homenaje b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta homenaje b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 4 de decembro de 2016
xoves, 4 de xuño de 2015
Cartas dos estradenses fusilados o 5 de xuño do 37
Tabeiros Montes 4/6/15
A Asociación Cultural "Vagalumes" comezará a publicación das cartas do alcalde en funcións da Estrada o 18 de xullo do 36, Ramón Fernández Rico, que será un dos 6 estradenses fusilados no 5 de xuño de 1937. A través desta documentación poderemos ter acceso aos orixinais do puño e letra dos protagonistas destes feitos até a véspera da súa execución, permitíndonos coñecer de primeira man esta experiencia tráxica que marcou decisivamente a historia do noso Concello. Estas cartas estarán a dispór da veciñanza na páxina web:
Que se suman as xa publicadas doutra das vítimas desta data, José Mª Pena, que foron publicadas na páxina:
martes, 27 de setembro de 2011
Acto de Homenaxe en Mos (Pontevedra)
Mos, 20/09/2011
Estimado Sr/Sra.
Ènos grato comunicarlle que o vindeiro día 2 de octubre às 12 ’00h.
Tera lugar o acto de homenanaxe a os asasinados polo fascismo franquista, neste concello. Este acto de xustiza histórica, terá lugar no monumento as victimas, que se atopa o Carón do cemiterio de Mos. Na estrada, do Porriño a Redondela.
“o pobo que esquece a súa historia esta condenado a que se repita“
Nos non esquecemos, esperamos a vosa asistencia.
OFRENDA FLORAL:
*Presentación: D.Antonio Monroy.
*GRUPO DE GAITAS.
Seria para nós un pracer contar coa súa presenza nestes actos.
Presidenta da comisión
Ana María Aller Gómez
domingo, 25 de setembro de 2011
Homenaxe a X. Humberto Baena
36º aniversario do 27 de setembro. Homenaxe aos últimos fusilados do franquismo
Martes 27 de setembro de 2011 as 18:00h
Vigo: Cemiterio de Pereiro
Convoca: Plataforma de Ciudadanos por la República, Unión Cívica por la República, Asamblea Republicana de Vigo, Agrupación Republicana de Coslada, Republicanos de la Zona Sur-Móstoles, Partido Comunista de España (marxista-leninista), Juventud Comunista de España (marxista-leninista)
luns, 21 de marzo de 2011
Lugar de Memoria a Fiestra da Libertade en Vigo
O sábado 19 de marzo tivo lugar o acto de inauguración do monumento sinalando o Lugar de Memoria onde se situaron as barricadas de resistencia ao Golpe Militar en xullo de 1936 no actual barrio do Calvario de Vigo, iniciativa da Asociación Viguesa pola Memoria do 36.
O acto na prensa:
El País
Faro de Vigo
O Xornal
TodoVigo
Galeria fotográfica
martes, 15 de marzo de 2011
Acto de Memoria sábado 19 de Marzo. 12:00h no Mercado do Calvario
CARTA A SOCIOS/AS E SIMPATIZANTES
A ASOCIACIÓN VIGUESA pola MEMORIA HISTÓRICA do 36
Viguesa Distinguida 2007
CONVIDA:
Ao acto de “LUGAR DE MEMORIA” que se celebrará no Calvario (R/Urzaiz, frente ao mercado)
Día: sábado 19 de marzo, ás 12:00 horas
HOMENAXE
Aos homes e mulleres que resistiron nas barricadas o asalto militar contra a República. No acto inaugurase unha escultura e unha placa indicativa do acontecido no lugar os primeiros días do levantamento.
Neste acto institucional falarán: o concelleiro de Cultura, un membro da Asociación e o Tenente de Alcalde da nosa cidade.
Agradecemos a sensibilidade destas concellerías que atenden as peticións memorialistas, costean o monumento e son un exemplo a seguir no concello de Vigo.
A Directiva Vigo, Marzo 2011
Fronte o Mercado do Calvario.
Lavadores.
Verdade
Xustiza
Reparación
Nós non esquecemos
domingo, 27 de febreiro de 2011
Flores para os seis da “batida de loita nacional contra o marxismo”
Restos mortais de represaliados na Rúa foron entregados onte aos seus familiares
Xornal- MARCOS SUEIRO 27/02/2011
Os restos mortais de Germán Fernández Prada, Jóse Díaz González, Manuel Feas Álvarez, Manuel Fernández Delgado e Ovidio Rodríguez López xa descansan nun dos camposantos do concello ourensá da Rúa de Valdeorras. Sobre a mesa dos debates municipais estaban onte colocadas as furnas coas cinzas dos represaliados e unha copia do asento practicado no rexistro civil tras o seu pasamento, onde se podía ler: “Batida acordada por la autoridad competente con motivo de la lucha nacional contra el marxismo”.
Foi un día emotivo e especial, tal e como explicou unha das fillas dos fusilados o 9 de setembro de 1936, Hermitas Díaz Sánchez, quen aos 76 anos puido despedir ao seu pai, José Díaz González, e “colocalo nun sitio para poder tan sequera levarlle unhas flores”. A mesma emoción confesaron as familiares de Ovidio Rodríguez e Avelino Rodríguez.
Unha sobriña neta de Ovidio, mestra en Cambre, manifestou a Xornal: “Levo moitos anos explicando Ciencias Sociais e non entendo por que nos libros de texto non aparecen datos sobre a represión e, pola contra, os do bando nacional cando sufrían algún dano eran nomeados cabaleiros mutilados, paréceme profundamente inxusto”. “Dá a sensación de que porque non se conta, non existen”, conclúe a mestra. A súa curmá, xa maior, tampouco entende “porque tivo que pasar tanto tempo ata lle poder dar sepultura”. As reflexións e os saúdos dos familiares das vítimas da violencia fascista anticiparon o que foi unha sentida homenaxe na sala máis nobre do concello.
Alí recibiron un recoñecemento cívico e institucional no salón de plenos do Concello, onde estaban esperando o alcalde da Rúa, Luís Fernández Gudiña, o segundo tenente alcalde, Xaquín Pérez, familiares, veciños e veciñas e algúns membros da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, encabezados polo seu presidente, Santiago Macías.
Tras ver un vídeo resumo do traballo da Asociación, falou o alcalde, Luís Fernández Gudiña, que reúne a condición de ser o primeiro socialista que chega a Alcaldía da vila valdeorresa, e que aproveitou a súa intervención para cualificar o acto de “xusto e necesario ao servir de homenaxe aos que traballaron pola democracia e pola xustiza social de todos e de todas”. Logo Santiago Macías deu as grazas aos presentes, as autoridades e as familias dos asasinados pola súa colaboración.
ESCONDIDOS NUN PALLEIRO
Mentres falaban os saloucos non deixaban de escoitarse e ao remate do acto, Hermitas Díaz, tirou da memoria e contou a Xornal quen era seu pai: “Era socialista coma min, que o serei toda a vida, e traballaba como alguacil no concello, tivo que escapar cando foi da Guerra e foi dar a Cerexido en Quiroga (Lugo), xunto ao resto de compañeiros. Estaban escondidos nun palleiro, alí deu con eles a garda civil, falanxistas e veciños, pegáronlle un tiro, botáronlle gasolina e prendéronlle lume”. No grupo había un home e o seu sobriño adolescente. Segundo os datos da Asociación da Memoria Histórica, unha cuadrilla de falaxistas os atopou agochados no palleiro e lle prenderon lume. Uns morreron queimados e outros tiroteados cando trataban de escapar. Ademais, todos os cranios levaban sinais de ter recibido un tiro de graza.
Hermitas, mentres agarda a dos restos mortais do seu pai ao cemiterio da Rúa Vella, aínda engadiu: “Despois aínda viñan facer cantar a miña nai para dicirlle que berrara Arriba España, miña nai dicía Viva España, pero de arriba nada, o ca tirou ca levante”.
O momento máis emotivo da cerimonia chegou cando se depositaron as cinzas na terra e se cubriron coa mesma mentres soaba o himno galego, interpretado polo grupo de gaitas Abertal. Logo unha das familiares pediu permiso para acabar de estender unha capa de grava na sepultura coa axuda dun rodo mentres a emoción embargaba ao resto dos presentes. Para sempre quedan os seus nomes inscritos nunha lápida de granito na que tamén se recorda o seu combate a prol da xustiza, da democracia e da liberdade.
martes, 21 de decembro de 2010
martes, 30 de novembro de 2010
Homenaxe ás vítimas do franquismo en Ferrol o pasado día 20 de novembro
Baixo un clima desapacible e unha forte choiva celebrouse no antigo cemiterio de Canido o acto previsto cun pequeno discurso en lembranza dos homes e mulleres que deron a súa vida na defensa da liberdade e unha sinxela ofrenda floral aos pes do muro no que sn lembrados .
O vento rebelde e a auga fixeron que o acto fose rematado no noso local da man do poeta Xoan Abeleira que fixo memoria de tantos homes e mulleres que loitaron e defenderon as ideas libertarias e que hoxe son inxustamente esquecidos. Amelia Ónega puxo o broche de ouro coa interpretación de varias pezas musicais da época. Unha comida de confraternización pechou este acto de lembranza e homenaxe.
Coa súa memoria construímos o noso futuro.
Unión Libertaria
venres, 13 de agosto de 2010
Unha investigación recolle as historias de 234 vítimas do franquismo en Terra de Montes
Traducción Estación Atlántica
Dionisio Pereira presenta mañá o seu estudo no acto de homenaxe aos falecidos en Pedre La voz de Galicia. Patricia Calveiro. A estrada/ La voz. 12/8/2010
José Torres Paz, Jesús González, Manuel Pedreira Pazos. Son só tres dos 234 nomes e historias que recolle Dionisio Pereira na investigación As vítimas do franquismo na Terra de Montes (1936-1953) Beariz, Cerdedo e Forcarei .
Máis de trinta páxinas relatan cada caso particular, cada fusilamento, os asasinatos na noite, as mortes nas prisións e nos campos de concentración, ou aquelas derivadas de malos tratos. En total, son 36 os veciños da comarca -na que se inclúe o concello limítrofe de Beariz-que morreron durante o franquismo e a Guerra Civil.
A eles súmanse outras corenta vítimas, entre as mortes en combate e as persoas de fóra que foron asasinadas no territorio. Pero a cifra segue aumentando se se teñen en conta outras represalias cometidas contra 158 cidadáns baixo a mesma bandeira. O autor fala de violacións, encarceramentos, extorsións, malleiras, fuxidas e exilio entre outras prácticas. A lista non é definitiva, e aínda quedan expedientes nos caixóns expedientes cuxos casos non saíron aínda á luz pública segundo Dionísio Pereira.
O coruñés e ex concelleiro de Cerdedo leva desde 2003 recuperando a memoria de «os vencidos» na Guerra Civil. «É unha débeda de recoñecemento lexítimo cara todos eles e tamén un xeito de devolverlle a esta terra todo ou que me deu nos quince anos que levo vivindo aquí», explica. Pereira involucrouse na investigación fai sete anos, cando asistiu a un congreso no que oito persoas maiores da zona relataron as historias que viviran de forma próxima. «Ao comezo partimos desas fontes orais, e máis tarde acudimos ás fontes arquivísticas para completar as testemuñas», apunta o historiador.
A súa últimas achegas serán distribuídas gratuitamente mañá, na homenaxe que a asociación Verbo Xido fai ás vítimas asasinadas no lugar de Ponche dá Barca, Pedre. En total, 300 exemplares onde aparece a historia destes e outros centos de persoas que sufriron a represión da Ditadura nas súas formas máis implacables.
sábado, 10 de abril de 2010
Cea conmemorativa y actos pola II República en Ferrol

07/04/2010 — memoriahistoricademocratica de Ferrol (Suso)
Actos organizados pola Asociación Memoria Histórica Democrática en conmemoración do 79 aniversario da proclamación da II República
·Día 12 -Actos en colaboración co Ateneo.
As 18,00 Horas – No Ateneo Inauguración da exposición
“LA MEMORIA DE LA TIERRA”
Do foto-periodista y colaborador de A.R.M.H. Eloy Alonso,y presentada por Santiago Macias Vicepresidente da A.R.M.H.Dita exposición estará aberta a todo o público do 12 ata 24 de abrilambos inclusive
O día 12 tamén no Ateneo as 20,00 Horas .Conferencia – Coloquio sobor
“OLVIDAR EL OLVIDO”por Santiago Macias Vicepresidente da A.R.M.H.
As 18,00 Horas – No Ateneo Inauguración da exposición
“LA MEMORIA DE LA TIERRA”
Do foto-periodista y colaborador de A.R.M.H. Eloy Alonso,y presentada por Santiago Macias Vicepresidente da A.R.M.H.Dita exposición estará aberta a todo o público do 12 ata 24 de abrilambos inclusive
O día 12 tamén no Ateneo as 20,00 Horas .Conferencia – Coloquio sobor
“OLVIDAR EL OLVIDO”por Santiago Macias Vicepresidente da A.R.M.H.
·Dia 14-Homenaxe a todas as victimas da represión franquista. As 19,00 Horas –no Cementerio de Canido
·Dia 17- Cea conmemorativa do 79 aniversario da II Repúblicaa celebrar no restaurante O GALO.As 21,30 Horas
As entradas pódense mercar na Galería Sargadelos ata o 16 de abril.
V Xornadas republicanas en Vigo

ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO
(Amigos/as da República)
Apdo. Correos 3054. 36200 Vigo.
www. asemblearepublicana.org
contacto: contacto@asemblearepublicana.org
V XORNADAS REPUBLICANAS
Martes 13 de Abril
“CARA Á III REPÚBLICA”
Interven: José Antonio Barroso. Alcalde de Puertoreal. Procesado pola Audiencia
Nacional por inxurias contra o Rei
Presenta: Celso X. López-Pazos. Presidente da Asamblea Repúblicana deVigo
Edificio Municipal do Areal(Antigo Rectorado). 20.15 horas
(Amigos/as da República)
Apdo. Correos 3054. 36200 Vigo.
www. asemblearepublicana.org
contacto: contacto@asemblearepublicana.org
V XORNADAS REPUBLICANAS
Martes 13 de Abril
“CARA Á III REPÚBLICA”
Interven: José Antonio Barroso. Alcalde de Puertoreal. Procesado pola Audiencia
Nacional por inxurias contra o Rei
Presenta: Celso X. López-Pazos. Presidente da Asamblea Repúblicana deVigo
Edificio Municipal do Areal(Antigo Rectorado). 20.15 horas
Martes 14 de abril
Manifestación pola República
20.30h no MARCO
Martes 20 de abril
“NON HABERA TRANSICIÓN ATA A PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA”
Interven: Iñaki Anasagasti, senador do Partido Nacionalista Vasco
Presenta: Celso X. López-Pazos. Presidente da Asamblea Repúblicana deVigo
Edificio Municipal do Areal( Antigo Rectorado). 20.15 horas
Xoves 29 de abril
“CIDADANIA REPUBLICANA E ECONOMIA
Interven: Carlos Mella, Ex -Vicepresidente da Xunta de Galicia. Economista
Presenta: Xosé María Álvarez Cáccamo. Poeta e membro da ARV
Edificio Municipal do Areal( Antigo Rectorado). 20.15 horas
CONCERTO PACO IBAÑEZ
Mercores 19 de maio de 2010
Lugar : Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova
Hora: 20.30 horas
Organiza: Asamblea Repúblicana de Vigo
“NON HABERA TRANSICIÓN ATA A PROCLAMACIÓN DA REPÚBLICA”
Interven: Iñaki Anasagasti, senador do Partido Nacionalista Vasco
Presenta: Celso X. López-Pazos. Presidente da Asamblea Repúblicana deVigo
Edificio Municipal do Areal( Antigo Rectorado). 20.15 horas
Xoves 29 de abril
“CIDADANIA REPUBLICANA E ECONOMIA
Interven: Carlos Mella, Ex -Vicepresidente da Xunta de Galicia. Economista
Presenta: Xosé María Álvarez Cáccamo. Poeta e membro da ARV
Edificio Municipal do Areal( Antigo Rectorado). 20.15 horas
CONCERTO PACO IBAÑEZ
Mercores 19 de maio de 2010
Lugar : Teatro-Sala de Concertos do Centro Cultural Caixanova
Hora: 20.30 horas
Organiza: Asamblea Repúblicana de Vigo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











