O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

terça-feira, 27 de setembro de 2011

Acto de Homenaxe en Mos (Pontevedra)


Mos, 20/09/2011
Estimado Sr/Sra.

Ènos grato comunicarlle que o vindeiro día 2 de octubre às 12 ’00h.

Tera lugar o acto de homenanaxe a os asasinados polo fascismo franquista, neste concello. Este acto de xustiza histórica, terá lugar no monumento as victimas, que se atopa o Carón do cemiterio de Mos. Na estrada, do Porriño a Redondela.

“o pobo que esquece a súa historia esta condenado a que se repita“

Nos non esquecemos, esperamos a vosa asistencia.

OFRENDA FLORAL:

*Presentación: D.Antonio Monroy.

*GRUPO DE GAITAS.

Seria para nós un pracer contar coa súa presenza nestes actos.

Presidenta da comisión
Ana María Aller Gómez

Asina para que Manuel Fraga non teña unha rúa en Compostela

Conde Roa observando como Manuel Fraga xoga ao dominó.
 Neste xoves, día 29, vaile dedicar unha rúa en Compostela si a cidadanía non mostra a súa repulsa

Acción promovida por Movemento polos Dereitos Civís

Asina para que Manuel Fraga non teña unha rúa en Compostela Acción promovida por Movemento polos Dereitos Civís

O actual Alcalde de Compostela, Gerardo Conde Roa, quere que Manuel Fraga teña unha rúa en Compostela, como xa o intentou o anterior Alcalde de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, no 2006. Naquela ocasión a proposta non foi adiante grazas ás miles de sinaturas consegudias e entregadas no Concello. Desta volta, esperamos conseguir outras miles de firmas para que Manuel Fraga non goce dunha rúa en Compostela.

Por medio deste formulario estás enviando unha carta directamente a Conde Roa manifestando a súa repulsa. Para facer público o teu rexeitamento á proposta do Concello de Compostela fai chegar os teu datos ao MpDC por medio de do seguinte enlace:
http://mpdc.blogspot.com/2011/09/cargando.html


Al firmar la petición estarás enviando esta carta:

Destinatario:
 A ATENCIÓN DO ALCALDE-PRESIDENTE, SR. CONDE ROA

O alcalde de Santiago, Gerardo Conde Roa, co apoio do antigo alcalde de Compostela, Xosé Antonio Sánchez Bugallo, acordaron levar a Pleno Municipal a proposta de porlle o nome de Manuel Fraga Iribarne a unha rúa ou avenida da cidade.

Ante este feito, o asinante deste escrito quere amosar o seu rexeitamento a que se utilice a nomenclatura das rúas compostelás para honrar a unha persoa que non merece o recoñecemento social que se outorga a quen se lle dedica unha rúa. Por se non ficara evidente que a proposta do Sr. Conde Roa é inapropiada pasamos a relatar brevemente as razóns que xustifican a nosa posición:

1º) Hai que diferenciar entre o que significa un respecto institucional mentres ocupou a presidencia da Xunta do feito de que no nome dunha cidade se lle rinda homenaxe a unha persoa que non conta co apoio dunha boa parte da cidadanía.

2º) A avaliación da xestión do Sr. Fraga durante os anos que ocupou a presidencia da Xunta é claramente negativa para Galiza e discutida por amplos sectores sociais. Mentres que o Estado español medraba en desenvolvimento económico,Galiza afundíase nos principais indicadores socioeconómicos.

3º) O Sr. Fraga é senador do Partido Popular e, polo tanto, semella inapropiado neste momento que se lle homenaxee a un político en activo claramente vinculado a unha opción partidaria concreta.

4º) O Sr. Fraga Iribarne fixo parte destacada das decisións máis claramente antidemocráticas da dictadura franquista. Sendo ministro de Información e Turismo, asinou colectivamente, en Consello de Ministros, a execución de Julián Grimau e foi o encargado de contrarrestar propagandisticamente o acontecido, como tamén sucedería durante o Proceso de Burgos. Outra proba do seu papel principal na dirección do aparato de censura de Franco foi a condena de Alberto Míguez pola publicación da antoloxía bilingüe El pensamiento político de Castelao.

5º) Por todo isto e porque nun momento como o actual, no que debemos traballar para restituír a verdade sobre a represión que padeceu o pobo galego após o golpe militar franquista, entendo que a nomenclatura das rúas nas que vivimos deben axudar a construír unha conciencia social xusta, respectuosa cos dereitos humanos e dos pobos, así como a restaurar a figura dos que representaron e defenderon os verdadeiros valores da democracia, do progreso e da igualdade. Polo que

SOLICITAMOS

Que sexa retirada publicamente a proposta do Sr. Conde Roa e do PP de homenaxear á persoa do Sr. Fraga Iribarne dedicándolle unha rúa da cidade.

domingo, 25 de setembro de 2011

Homenaxe a X. Humberto Baena


36º aniversario do 27 de setembro. Homenaxe aos últimos fusilados do franquismo

Martes 27 de setembro de 2011 as 18:00h

Vigo: Cemiterio de Pereiro

Convoca: Plataforma de Ciudadanos por la República, Unión Cívica por la República, Asamblea Republicana de Vigo, Agrupación Republicana de Coslada, Republicanos de la Zona Sur-Móstoles, Partido Comunista de España (marxista-leninista), Juventud Comunista de España (marxista-leninista)

terça-feira, 20 de setembro de 2011

Vigo ten unha cruz gamada á beira do Concello

A cruz diante da torre do Concello

(Texto do xornalista Gustavo Luca de Tena que el mesmo leu na concentración que tivo lugar o
pasado mércores día 14 para exixir que se derrube a Cruz dos Caídos do Castro)

Desconfien do valor de cruz cristiana que algúns oportunistas queren darlle: os que levantaron este monumento hai cincuenta anos, explicaran con radical claridade o que pretendían simbolizar. Non deixaron nin sombra de dúbida de que exaltaban a vitoria pola forza contra os dereitos e as liberdades democráticas, a licencia para a eliminación física do adversario; de que celebraban con este emblema o privilexio, o secuestro de Galiza e a negación da súa indentidade nacional, a exclusiva da representación da maioria, sen lle recoñecer á maioria o dereito a ser consultada.

Chantárona en homenaxe á censura e ao secuestro da información. Unha cruz para ensalzar o terrorismo, entendido como dereito de tirarlle a vida aos homes e mulleres que non pensaren coma eles, e prolongado ainda como prerrogativa para condenar aos familiares dos matados ao ostracismo social, a exclusión, ao exilio, a marxinación estigmática, de maneira que o castigo non rematase coa vida espiada.

Por iso a chamamos cruz gamada.

As organizacións e as persoas que suscribimos esta convocatoria, reclamamos a desaparición deste infame monumento que ofende á cidade á beira do seu máis alto símbolo de governo democrático como é o Concello.

Ao cabo de catro anos de vigor dunha Lei da Memoria Histórica insuficiente pero imprescindíbel, non pode haber razóns que impidan a retirada da insignia fascista. Coa Lei na man, o Concello ten faculdade soberana para borrar o mausoleo da Ditadura. O alcalde, señor Caballero Alvarez, ten a obriga de defender a Democracia e non debe demorar máis a atención a esta demanda, expresada repetidamente pola cidadanía.

Derrubemos a cruz gamada!

domingo, 18 de setembro de 2011

As vítimas do Franquismo serán homenaxeadas en decembro en Lugo

16/09/2011 - Galiciaé / Axencias
A Deputación de Lugo celebrará o próximo 17 de decembro un acto de homenaxe a todas as vítimas do Franquismo nesta provincia, coincidindo co 75 aniversario dun dos episodios máis negros da represión na cidade, cando cinco lucenses foron fusilados fronte aos muros do cuartel da Garda Civil.

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, explicou que entre os falecidos naquela "bárbara" acción represiva había tres veciños de Viveiro, o tenente alcalde e concelleiro nacionalista, César Pararar; un edil de Esquerda Repúblicana, Xavier Soto, e un agricultor e dirixente socialista, Manuel Guerreiro.

Tamén foron fusilados, ás oito da mañá daquel 17 de decembro, un mestre vilalbés que militaba na UXT, Ángel Fraga Orosa, e un mineiro que pertencía á CNT, Ángel Varela.

Mario Outeiro confirmou que a homenaxe se celebrará ante o monólito que recorda ás vítimas do Franquismo na Praza dá Soidade, na capital lucense, e explicou que non será un recoñecemento cara a ninguén "en particular " e tampouco "contra ninguén", porque "a condena da barbarie ten que ser un punto de encontro para todos os demócratas".

Por outra banda, tamén anunciou que a Deputación de Lugo promoverá "un proceso de rehabilitación oficial para todos aqueles cargos que foron represaliados por formar parte da Corporación Provincial, así como para aqueles funcionarios que foron sancionados ou apartados dos seus postos de traballo por razóns políticas en 1936".

O responsable de Cultura da Deputación subliñou "hai que recordar aos setenta traballadores que foron sometidos a expedientes, sendo sancionados unha boa parte deles coa suspensión temporal de emprego e soldo, e un 10 % dos mesmos apartados definitivamente do seu posto de traballo".

Outeiro subliñou que o proceso de rehabilitación dos traballadores expedientados e a homenaxe do día 17 serán un "punto de arranque" para un verdadeiro "exercicio de recuperación da memoria recente", que terá continuidade o próximo ano con diversas actividades, como a celebración dun "Congreso dá Memoria".

Ademais, destacou o apoio económico que está a prestar a Deputación de Lugo ao proxecto Voces e Nomes, coordinado polas universidades galegas, que representará "o maior esforzo de investigación sobre a represión franquista en Galicia".

quinta-feira, 15 de setembro de 2011

Centos de vigueses esixen tirar a cruz do Castro

farovigo

Vigo / A Voz  15/9/2011 «Vigo ten unha cruz gamada a beira do Concello», afirmou o xornalista Gustavo Luca de Tena no manifesto da concentración a favor da retirada da cruz do Castro. Varios centos de persoas responderon á convocatoria da Federación Veciñal e da Asociación Viguesa pola Memoria do 36, que tiña como obxectivo reclamarlle ao alcalde Abel Caballero que actúe conforme á Lei da Memoria Histórica e derrube o citado monumento, que onte cumpría medio século desde que fose inaugurado por Francisco Franco.

«Quen levantaron este monumento non deixaron dúbida algunha de cales eran as súas intencións», continuou dicindo o xornalista vigués. A iniciativa das dúas organizacións convocantes foi apoiada polos colectivos Adiante, Asemblea Republicana de Vigo, Asociación de Amizade Galego-Cubana, BNG, Briga, Centro Social Bou-Eva, Centro Social Revolta, Colectivo Violeta, Comisión de Acción Movemento 15M, Comunistas dá Galiza, CIG, Esquerda Unida, FPG, Marcha Mundial dás Mulleres, Nós-Unidade Popular e UXT.

Telmo Comesaña, da Asociación Viguesa pola Memoria do 36, afirmou, durante o acto de onte, que a convocatoria fora apoiada por asociacións e particulares residentes en diferentes cidades españolas e extraeses. Iniciativa Galega pola Memoria enviou un comunicado reiterando a esixencia de retirada do mencionado monumento.

A cruz aparecía onte novamente pintada de rosa na súa base, cunha pintada reivindicativa de Nós-UP. Varias pancartas con lemas, como «Fascismo non» ou «Non máis fascismo na cidade» puidéronse ler entre os manifestantes. Así como numerosas bandeiras republicanas.

«Non pode haber razóns, ou Concello ten a lei para derribala; Abel Caballero ten a obriga de defender a democracia e facer que desapareza ese símbolo que nós desconfiamos de que teña valor cristián coma algúns queren darlle», concluíu Gustavo Luca de Tena a súa breve alocución a pé do símbolo do Castro.

En Vigo restan varios símbolos franquistas en edificios públicos. Pertencentes ao Estado están o de Aduanas e da Comandancia de Marina . Da Igrexa só resta o templo de Coruxo, que é BIC e polo tanto require permisos especiais

quarta-feira, 14 de setembro de 2011

A ARMH realizará as probas de ADN aos tres guerrilleiros de Vilavella, Lugo

13/09/2011 - L.P. / El Progreso (Sarria)
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) realizará as probas de ADN aos corpos dos tres guerrilleiros antifranquistas enterrados nunha fosa común do cemiterio de Vilavella (Triacastela) para confirmar a súa identidade.

Os restos das tres persoas foron recuperados hai agora un ano e o colectivo solicitou ao xulgado de Becerreá que realizase as probas xenéticas. Polo momento este xulgado non se pronunciou respecto diso, polo que será a propia asociación quen se encargará de levar a cabo devanditas probas, sinalou o vicepresidente do colectivo, Marco González. «Por desgraza é normal que o xulgado non se encargue de realizar as probas. é así no 99,9 por cento dos casos. Debería reclamarnos o xulgado os restos, pero ao non facelo, farémonos nós cargo diso», apuntou.

A ARMH financiará as probas, que se realizarán nun laboratorio privado ou na Universidade Autónoma de Barcelona, institución que colabora co colectivo. Segundo explicou Marco González, un técnico genetista extraerá ADN de molárelos ou o fémur das vítimas se é posible. Posteriormente, compararase cos dos seus familiares vivos. «Hai que ver que os parentes son os adecuados, que sexan da primeira liña de consanguinidad. Faremos as probas coas tres familias das persoas que cremos que son os falecidos polos datos», indicou o responsable.

Está previsto que as probas aos tres guerrilleiros realícense nos próximos meses e póidanse entregar os restos ás familias ao longo do próximo ano. «Temos que ver que son viables os restos para facer as probas. Unha vez que estea corroborado que son os familiares entregaremos os restos», apuntou.

Para identificar a un corpo atopado nunha fosa non é común utilizar probas xenéticas, xa que se adoita determinar a identidade da persoa polas súas características físicas.

No entanto, no caso de Triacastela non existe esta opción porque os tres represaliados achados teñen unhas características similares, xa que contaban coa mesma idade, entre 20 e 30 anos, practicamente a mesma altura e non levaban obxectos que puidesen permitir o seu recoñecemento.

PRECEDENTES

Unha identificación errónea das tres persoas

No momento da morte dos tres guerrilleiros atopados en Triacastela producíronse erros na súa identificación, segundo a ARMH.

No documento indícase que os falecidos son Pedro e Salvador Voces Cañóniga e Ovidio Peláez Rodríguez, aínda que os dous últimos faleceron anos máis tarde. En base ás investigacións realizadas, os corpos pertencen a Pedro Voces Cañóniga, Antonio Vega Guerreiro e Félix Yáñez González, veciños de Villabuena, San Juan de Mátaa e Campelo, respectivamente, tres núcleos do Bierzo leonés.

Os tres homes tiveron que escapar das súas casas en 1936 e, tras pasar seis anos fuxidos, chegaron a Triacastela, onde foron abatidos en 1943.

Os restos dos tres guerrilleiros, que se conservan no laboratorio da ARMH, foron recuperados hai un ano nos terreos que rodean a igrexa de Vilavella.

Apoio da Iniciativa Galega pola Memoria á concentración pola retirada da “Cruz dos Caidos” do Castro


A Iniciativa Galega pola Memoria, punto de encontro das entidades preocupadas pola restauración da nosa memoria histórica, coincidimos en esixir a eliminación da simboloxía franquista, tal como nestes momentos fixa a lexislación vixente no artigo 15 da lei 52/2007, obrigando as diferentes administracións a retirar as mencións conmemorativas de exaltación da sublevación militar do 18 de xullo de 1936.

As 43 entidades adheridas á Iniciativa fixamos esta reivindicación no noso manifesto fundacional e reiteradamente insistimos nesta reivindicación na que nestes momentos nos ampara a devandita lei porque consideramos moi grave a apoloxía e lexitimación do golpismo antidemocrático, da violación dos dereitos humanos, da conculcación das liberdades e demais valores autoritarios e reaccionarios que representa estes iconas que anacronicamente pretenden amnistiar algunhas autoridades aplicando a impunidade que se lle outorgou aos autores dos crimes do franquismo a aqueles emblemas que os homenaxean como figuras exemplares.

Por iso amosamos o noso apoio á concentración pola retirada da “Cruz dos caidos” do Castro de Vigo que terá lugar hoxe , mércores 14, ás 20:00 h. Diante deste aldraxante símbolo.

Iniciativa Galega pola Memoria

sexta-feira, 9 de setembro de 2011

Concentración pola Retirada da Cruz do Castro


Mércores 14 de setembro ás 20:00 ao pé da Cruz dos Caidos na ladeira do Monte do Castro.

Así mesmo no local social da Federación Veciñal (Praza da Princesa 7-2º) podedes pasar a recoller esta mesma tarde ou o luns (de 10 a 14 e 16:30 a 20:30h) exemplares impresos do cartaz en tamaño DIN A-3 (fotocopias). É fundamental que entre todas as organizacións fagamos un intenso traballo de difusión desta convocatoria no camiño de garantir a maior asistencia posíbel.

Lembrarvos que ás 11:30h do vindeiro luns está convocada a rolda de prensa de presentación da convocatoria, no local da FAVEC.

Para calquera cuestión podedes poñervos en contacto con nós no 986 44 16 86.

Un saúdo.

Xabier P. Igrexas
Secretario FAVEC

Conferencia "Demandas de recoñecemento: a UE e a memoria histórica"


Conferencia de Carlos Closa Montero (Investigador de ciencia política do CSIC)

"Demandas de recoñecemento: a UE e a memoria histórica"
Xoves, 15 de setembro de 2011, 20.00 horas

O Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”, ten o pracer de convidalos á conferencia "Demandas de recoñecemento: a UE e a memoria histórica" que impartirá o profesor Carlos Closa Montero o vindeiro xoves 15 de setembro, ás 20.00 horas, na Sede Fundación novacaixagalicia-Claudio Sanmartín (Rúa do Vilar, 19 - Santiago de Compostela). O está organizado polo Departamento de Historia Contemporánea e de América e o Proxecto Interuniversitario ‘Nomes e Voces’.

No acto participarán:
- Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces' e Director do Departamento de Historia Contemporánea e de América
- Carlos Closa Montero, Investigador de ciencia política do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC)

O profesor Carlos Closa Montero, dirixe na actualidade, entre outros, un proxecto de investigación avalado pola Comisión Europea, para desenvolver un estudo sobre o modo en que se trata a memoria dos crimes cometidos polos réximes totalitarios por parte dos estados membros da UE. Neste proxecto participan expertos nacionais dos 27 estados membros.

Adxuntamos o cartaz da xornada, así como o CV do profesor Carlos Closa Montero.

Esperamos que esta información sexa de interese.

Un saúdo, Chus Martínez

Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 981 563 100, ext. 13598

Carlos Closa Montero
Profesor, Consejo Superior de Investigaciones Científicas

Es Doctor en Ciencia Política (Ph. D. in Politics) por la Universidad de Hull (Reino Unido) (1993); M.A. in European Integration and Cooperation (1990) en la misma universidad, Diplomado en Ciencia Política y Derecho Constitucional por el CEPC, Madrid (1988) y Licenciado en Sociología y CC Políticas, UCM 1987. Ha sido Subdirector de Estudios e Investigación del Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, CEPC (Ministerio de la Presidencia) y miembro de la Comisión de Venecia para la Democracia a través del Derecho (Consejo de Europa) en representación de España. Ha sido profesor de las Universidades de Zaragoza y Complutense y University of Hull (UK). Ha sido profesor visitante en el Colegio de Europa, de Brujas y, en la actualidad, en el Instituto Universitario Ortega y Gasset y en el Instituto de Estudios Europeos de la Universidad San Pablo‐CEU, así como Investigador Visitante en el Minda de Gunzburg
Centre de la Universidad de Harvard (2002) y Jean Monnet Fellow (1995‐1996) y Salvador de Madariaga Fellow (2004) en el Instituto Universitario Europeo (Florencia). Actualmente, es Emile Nöel Fellow en la New York University (NYU) y ha sido nombrado Affiliated Scholar en el Global Governance Programme del IUE. Ha pertenecido al Comité de Ciencias Sociales y Humanidades que gestiona el VII Programa Marco de la Unión Europea como representante de España y, anteriormente, ha sido Gestor del Plan Nacional de Ciencias Sociales, y representante de España en ESF y COST.

Por otra parte, ha colaborado con la Comisión Europea (DG Justice, Freedom and Security); con el Programa de Naciones para el Desarrollo (PNUD) y la Fundación Friedrich Neumann (en tareas de asesoramiento en el procesos constituyente de Iraq y de descentralización territorial en Tailandia), con el Consejo de Europa en actividades de fortalecimiento de las capacidades parlamentarias en Serbia y Montenegro y con la Agencia Española de Cooperación Internacional y al Desarrollo (AECID) en tareas de formación relacionadas con la integración regional en América Latina, los procesos de descentralización territorial en la zona andina o la formación de los parlamentos supraestatales de los sistemas de integración latinoamericanos.

Asimismo, es colaborador habitual del Real Instituto Elcano de Estudios Internacionales y Estratègicos y de la Fundación Alternativas, donde ha publicado diversos policy papers y con el Bureau of Policy Advisers del Presidente de la Comisión Europea sobre prospectiva europea.

En la actualidad, dirige dos proyectos de investigación. El primero responde a un contrato con la Comisión Europea para desarrollar un estudio sobre ¿Cómo se trata la memoria de los crímenes cometidos por los regímenes totalitarios es tratada por los estados miembros de la UE? JLS/2008/C4/006, en el que participan expertos nacionales de los 27 estados miembros. El segundo proyecto, recientemente aprobado, se titula instituciones nacionales e integración europea: La ratificacion de los Tratados De reforma de la UE CSO2009‐06971. Participa, además, en un proyecto de VI Programa Marco de la Unión Europea, Reconstituting democracy in Europe (RECON) www.reconproject.eu

terça-feira, 6 de setembro de 2011

HISTRAGRA organiza o Curso de Verán da USC: "Cincuenta anos de sindicalismo agrario: da ditadura á democracia (1936 - 1986)"

Cincuenta anos de sindicalismo agrario en España: da ditadura á democracia (1936 -1986)

Curso Universidade de Verán 2011

Estimados/as amigos/as,
Entre os días 8 e 10 de setembro, HISTAGRA. Grupo de Referencia Competitiva de Historia Agraria e Política do Mundo Rural do Departamento de Hª Contemporánea e de América da USC, organiza en Arzúa (A Coruña), un dos Cursos de Verán da Universidade de Verán 2011 baixo o título: "Cincuenta anos de sindicalismo agrario en España: da ditadura á democracia (1936 -1986)".

A inauguración oficial do curso celebrarase o xoves día 8 ás 9.30 horas no Recinto Ferial "Terra do Queixo", coa participación de José Luis García López, Alcalde de Arzúa; Francisco Durán Villa, Vicerreitor de Estudiantes, Cultura e Formación Contínua; Víctor Santidrián, Fundación 10 de Marzo de CCOO e Daniel Lanero Taboas, Director do Curso de Verán.

Acompañamos sinopse do Curso, o tríptico co programa en PDF e o cartaz anunciador do mesmo.

Un saúdo e agardamos que esta nova sexa de interese.

Para máis información:

Daniel Lanero Táboas
Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Departamento de Historia Contemporánea e de América
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade s/n, 15782
Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf: 981563100 ext:12636

MUNDO RURAL E SINDICALISMO AGRARIO A DEBATE EN ARZÚA, A CORUÑA

Entre os vindeiros 8 e 10 de setembro, celebrarase no Recinto Feiral “Terra do Queixo” (Multiusos) do Concello de Arzúa (A Coruña) o Curso de Verán: Cincuenta anos de sindicalismo agrario en España: da ditadura á democracia (1936 – 1986), organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela e polo Grupo de Investigación HISTAGRA: Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX.

Este Curso de Verán conta tamén coa colaboración do Excmo. Concello de Arzúa, do Proxecto de Investigación: Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios… e da Fundación 10 de Marzo de CCOO de Galicia.

Tomando como fío conductor a análise de medio século de asociacionismo agrario en Galicia e no conxunto de España, este seminario - no que participarán algúns e algunhas d@s máis nomead@s especialistas no tema nos ámbitos galego e estatal - pretende facer un balance historiográfico crítico e actualizado sobre a situación política e socio – económica do mundo rural durante a ditadura franquista, a transición e os primeiros anos da democracia (até o ingreso de España na CEE).

A primeira xornada (día 8 de setembro) adicarase a análise do sindicalismo vertical franquista no mundo rural como instrumento para a desmobilización política e o encadramento da sociedade rural, atendendo tamén a aspectos como a represión da preexistente sociedade civil rural, o cooperativismo franquista ou ós vencellos entre entidades sindicais, propietarios, poderes locais e empresariado agrícola.

As ponencias do día 9 de setembro centraranse nas organizacións do sindicalismo agrario democrático durante o tardofranquismo e a transición, é dicir, entre a clandestinidade e a legalización dos sindicatos, e no papel desempeñado por estes no agro como medio para a socialización política dos labregos e a reivindicación da democracia.

Unha mesa redonda no fin do mesmo día 9, que pretende dar voz á memoria de aqueles axentes da sociedade civil rural que protagonizaron a fase final do franquismo e a transición, analizará as grandes mudanzas estruturais (produtivas, sociais, demográficas… pero tamén políticas e culturais) que experimentou o mundo rural en Galicia e España dende 1960 en adiante, coincidindo coa chamada crise da agricultura tradicional, a imposición do paradigma produtivo da Revolución Verde e a incorporación de España á CEE e á Política Agraria Común (PAC). Unha saída de campo, na mañá do día 10, percorrendo diferentes paisaxes rurais do Concello de Arzúa e visitando unha explotación gandeira, servirá para apreciar in situ as “herdanzas”, as problemáticas e as expectativas de futuro deixadas pola industrialización da agricultura en esta bisbarra do interior de Galicia.

O Curso de Verán, de 20 horas de duración, está destinado a un público plural e diverso, que teña como denominador común o interese pola situación actual do mundo rural e pola súa xénese histórica. En primeiro lugar, a estudantes universitarios de grao e posgrao que estean a cursar estudos no eido das Humanidades e das Ciencias Sociais (Historia, Humanidades, Ciencias Económicas e Ciencias Políticas, Socioloxía, Antropoloxía, Ciencias Medioambientais…) pero tamén en ensinanzas técnicas relacionadas co mundo rural (Enxeñería Agroalimentaria, Forestal, Veterinaría...). Tamén a axentes sociais activos en entornos e sociedades rurais, como labreg@s, funcionari@s de servizos públicos vencellados á agricultura, mestres, técnic@s e empresari@s agrarios, membros de asociacións veciñais e culturais, organizacións sindicais e partidos políticos… e en xeral a calquera persoa que desenvolva a súa vida cotiá nun entorno rural… De aí a elección de Arzúa (A Coruña), un concello rural representativo dunha economía de base agrogandeira, para a realización deste Curso de Verán da USC.

segunda-feira, 5 de setembro de 2011

O Proxecto “Nomes e Voces” publica o semanario coruñés La Calle


Na colección xornalística do Fondo Villaverde Otero, amais dos periódicos Solidaridad Obrera e Solidaridad destaca a presenza do semanario La Calle.

Trátase dunha publicación que foi editada na cidade da Coruña entre marzo e abril de 1936, e da que só se coñecen sete números, que agora por vez primeira, ven a luz a través da rede en nomesevoces.net (Fondo La Calle)

Aberto a todas as tendencias de esquerda, tal como sinalan os historiadores Dionisio Pereira e Manuel González Probados, La Calle ten como característica “máis sobranceira a presenza nel de sinalados homes do partido sindicalista coruñés ou persoas achegadas ás súas filas”. Así, destacan as sinaturas de persoeiros ben coñecidos nos medios societarios herculinos, integrados na CNT pero críticos coa radicalidade e autosuficiencia do seu discurso e da súa práctica sindical: por exemplo, José Villaverde –que asinaba como Juan José-, Víctor Cremer Alonso, Carlos Pereira –Karper-, Manuel Fernández ou Gonzalo Pantín.

Agardando que esta nova sexa do voso interese, recibide un cordial saúdo,

Chus Martínez
Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34.981.563.100, ext. 13598

sexta-feira, 2 de setembro de 2011

Convocatoria aberta a colectivos sociais e organizacións pola retirada da Cruz do Castro









CONVOCATORIA ABERTA A COLECTIVOS SOCIAIS E ORGANIZACIÓNS
POLA RETIRADA DA CRUZ DO CASTRO

MÉRCORES 7 DE SETEMBRO ÁS 20:30H NA FEDERACIÓN VECIÑAL

A todo o tecido social, sindical e político da cidade de Vigo.

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao" e máis a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 anunciamos o pasado mes de xullo a nosa intención de impulsar unha grande convocatoria social, aberta e plural, para demandar a retirada da Cruz do Castro, un dos últimos símbolos fascistas que inda permanecen lamentabelmente na cidade. Esa convocatoria pretendemos que cristalice nun acto reivindicativo, nunha grande concentración cidadá o vindeiro 14 de setembro, por ser a data na que ese monumento á barbarie fascista cumprirá 50 anos desde a súa inauguración no que daquela chamaron Praza División Azul.

Tal e como explicamos publicamente esta iniciativa non parte nin da carraxe nin do ánimo de revancha. Xorde dunha elemental pero fonda dignidade democrática, incompatíbel coa permanencia de símbolos que representan a represión, a persecución e o asasinato. Reclamamos que a cruz do Castro non cumpra nin un ano máis en pé, porque após case tres décadas desde a fin da ditadura franquista, ofende o seu mantemento nun lugar tan emblemático da nosa cidade. Non é tampouco esta unha iniciativa contra ninguén, senón en favor da convivencia democrática que só pode asentarse no respecto, dignificación e reparación das vítimas dun réxime totalitario e brutal.

Após case catro anos desde a aprobación da Lei da Memoria Histórica, insuficiente pero imprescindíbel, entendemos que non hai excusa nin argumentos para que o Concello de Vigo proceda a retirar este monumento.

É por iso que desde a Federación Veciñal e a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 facemos un chamamento a todas as organizacións sociais, políticas e sindicais, a toda a xente de ben, a sumarse a esta iniciativa para botar abaixo dunha vez por todas ese símbolo que nos ofende e que non representa a ninguén. Para reclamar do Concello de Vigo a vontade política que inda non tivo para atender esta demanda social.

A tal efecto convocamosvos a asistir a unha xuntanza aberta a todos os colectivos e organizacións que desexen participar, o vindeiro mércores 7 de setembro ás 20:30h nos locais da Federación Veciñal (Praza da Princesa 7-2º), para concretar o acto do vindeiro 14 de setembro.

Un saúdo.

Xabier P. Igrexas
Secretario
secretaria@eduardochao.org
Pza. da Princesa 7-2º,36202 Vigo.
Tel.: 658.938.744                
Mób.: 619.825.339             

quinta-feira, 1 de setembro de 2011

Na memoria de Jesús Pidre


Luis Chapela - Veciño de Moaña
Faro de Vigo /31 de agosto de 2011/ REDACCIÓN - MOAÑA
O pasado 27 de Agosto non soaron campas, pero pola medio día nos deixaba Jesús Pidre este moañés, que loitou contra a dictadura de Franco. Recibín a mala nova a través dunha chamada de telefono do amigo Michel del Ojo, a mesma persoa que me puxera en contacto con sr. Jesús hai uns anos, co cal mantiven moitas conversas telefónicas pois el xunto con a súa familia residen en Bélxica . Veciño do Redondo ( Moaña) , mariñeiro da ardora, afiliado a CNT como a maioría dos mariñeiros e que tiña unha mocidade cos amigos no seu pobo de nacemento, viviu un verdadeiro calvario co estoupido da guerra civil española, tralo golpe militar dos fascistas comandados dor Franco .

Tiveron que pasar trinta e sete anos no exilio para volver a súa terra nai de novo, en 1976, un encontro entrañable con a súa familia en Moaña. Pasaron unha morea de anos, daquela noite pecha, cando soltaches a terra desde San Simón, as bagoas esvaraban polas meixelas, chegando a boca daquel mozo que soñaba coa liberdade Na túa memoria gardaches o mar, os ríos un carreiro de nomes e outras cousas paisaxes, primaveras, veráns salgados, outonos e invernos lóbregos, que ti recordaches coma si fora onte. Unha tarde me contaches que cando eras cativo, debaixo da vosa casa había unha viña de uvas brancas, e que sabían a gloria, ata que unha tarde a ama te colleu, a túa nai deuche unha boa, pero e como si moitos anos despois aínda seguías saboreando aquelas uvas . Sr. Jesus Pidre, home de camiños percorridos e sempre a procura de un futuro de solidariedade e dignidade para os seus e para todas as persoas de ben , e así desde aquel 25 de Abril de 1914, ata o 27 de Agosto 2011 .

Recordo cando me contabas das tardiñas na casa do Redondo, entre os campos de millo e o mar, con a túa voz emocionada incansable coma o vento, que falaba a través da túa memoria nos areais anoitecidos de Moaña, onde disparos traidores mataron xente inocente. A memoria tamén e todo aquelo que aconteceu e debe ser recordado , por que e parte da historia do noso pobo. Gracias a vostede sr. Jesus, soubemos algúns episodios daqueles días mais negros da guerra civil en Moaña. A terra que o viu nacer, sentiu as súas pisadas por ultima vez na primavera do 2003, pero sempre estiveches con nos , e a túa voz sentiuse na casa do pobo, aquela tarde a través de unha vídeo conferencia, falando para a familia e para o pobo de Moaña, por que eras a memoria viva. Mentres vai caendo a tarde, quixera saber que código penal ou mesmo moral rexe os incertos destinos do pobo que nacemos e queremos . So nos queda a amizade de dous amigos de distintas épocas , pero de sentimentos e arelas por un mundo mellor, desde un recanto do mundo chamado Moaña, terra que foi o teu berce e que un día te viu exiliarte case que media vida. Aínda teño presente a ultima conversa que tivemos, como apesares das doenzas que xa tiñas, te emocionabas o falar do noso pobo, o que tanto quixeches .

Estas palabras son para honrar a túa memoria, e a dos nosos mártires da Guerra Civil , que os houbo aínda que durante anos nolo negaron . Neste agosto que xa vai caendo vencido , eu mais a miña familia e seguro que moitos veciños /as de Moaña , sentimos e choramos a túa morte . Amigo Jesus , sempre estarás en Moaña e na memoria dos que loitamos contra as inxustizas . Unha aperta moi grande para a túa compañeira María , os fillos : Amalia , Silveria, Jose, Lucía e Cristóbal , sempre un amigo.

A CRMH pide ao Concello coruñés que recorra a sentenza de Millán Astray


A asociación lembra que aínda hai un prazo de 20 días e que se trata dunha cuestión de "vontade política" que non se pode camuflar baixo cuestións xurídicas ou problemas técnicos"

XORNAL.COM 01/09/2011
Membros da Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica (CRMH) presentarán este venres, día 2, no rexistro do Palacio Municipal de María Pita, unha proposta de moción dirixida a todos os grupos municipais para que o Concello da Coruña recorra ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a sentenza sobre a concesión ao xeneral José Millán Astray, fundador da Lexión, como "fillo predilecto da cidade".

Nun comunicado, a CRMH explica que, con esta iniciativa, espera "que se recupere a unanimidade do pleno de 5 de abril de 2010", cando o Concello decidiu personarse ante os tribunais para presentar escrito de oposición ao recurso presentado ante o Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 por unha Asociación de Veteranos da Lexión.

Nunha sentenza ditada en maio deste ano, este xulgado ratificou como "legais" os acordos adoptados no pleno do 7 de setembro que retiraban a Millán Astray a distinción de "fillo predilecto" da Coruña, a estatua e a rúa dedicada ao seu nome.

Outra sentenza, do Xulgado do Contencioso Administrativo número 3, determina, con todo, a obrigación de repor o título de "fillo predilecto" tras o recurso presentado pola filla de Millán Astray.

VONTADE POLITICA

A CRMH lembra que o Concello "ten aínda 20 días de prazo" para recorrer esta sentenza e argumenta que se trata dunha cuestión de "vontade política", e que a decisión "non se pode camuflar baixo a roupaxe de cuestións xurídicas ou problemas técnicos".

Así, sinala que "a cuestión de fondo é se o goberno municipal está por unha tolerancia cero co franquismo ou por defender as distincións honoríficas a fascistas e golpistas como Millán Astray", conclúe.

Na proposta de acordo que presentará este venres, están incluídos, xunto a esta petición, outros puntos como a condena do franquismo, a retirada do escudo franquista do Palacio Municipal de María Pita ou os retratos dos dous primeiros alcaldes franquistas, entre outras cuestións.