O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta posguerra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta posguerra. Amosar todas as publicacións

mércores, 11 de novembro de 2015

O desafío do primeiro discurso en galego da posguerra

Ramón Otero Pedrayo nun momento da súa intervención na homenaxe a Rosalía de Castro celebrada en Santiago o 24 de xullo de 1951. Fonte: Arquivo da Real Academia Galega

Real Academia Galega 11/11/15

Ningunha disposición legal prohibía nos anos 40 de forma expresa o uso do galego no mundo editorial, nin tampouco empregalo en certas tribunas públicas. Pero o que o franquismo non censuraba de iure censurábao de facto. O primeiro en desafiar esta norma non escrita nun acto público foi Ramón Otero Pedrayo. Aconteceu tal día coma hoxe, o 11 de novembro de 1949, na inauguración dun monumento a Lamas Carvajal co gallo do centenario do seu nacemento. Desde ese momento, as autoridades franquistas impediríanlle de forma reiterada empregar a lingua do país mesmo nos actos da Real Academia Galega.

A represión lingüística da ditadura franquista mantivera á marxe de calquera alocución pública o galego durante trece anos e medio. Incluso os discursos de ingreso na Academia se pronunciaban naqueles anos en castelán nas cerimonias nas que, ademais dos propios académicos, acudían autoridades políticas en sesións abertas. Por iso, alén dos discursos en lingua galega dos ingresos na RAG de Victoriano Taibo (1948) e Aquilino Iglesias Alvariño (abril de 1949), a primeira intervención no noso idioma nun acto claramente público da que se ten constancia é a protagonizada por Ramón Otero Pedrayo polo centenario do nacemento de Lamas Carvajal, que foi celebrado o día de san Martiño.

O académico interveu ese día en dous actos públicos. No primeiro, pola mañá, Otero Pedrayo falou nun teatro en nome da Academia, representando ao seu presidente, Manuel Casás, ausente por enfermidade. Fíxoo en castelán. Xa pola tarde, volveu falar en público na inauguración dun monumento ao autor ourensán no xardín do Posío. Pero esta vez, na que só se representaba a si mesmo, faríao en galego ante un auditorio entre o que se atopaban o gobernador, a corporación municipal e outras autoridades falanxistas

El mesmo contaríalle o sucedido ao presidente da Academia nunha carta escrita dous días despois, que se conserva no Arquivo da Academia. "A la tarde hablé en gallego ante el nuevo monumento en El Posío. El Gobernador y el ayuntamiento falangista tascaban el freno. Era de perro de presa con carranca la cara del pretor. Para resarcirse, al final, inoportunamente y con sorpresa de la gente sensata, cantaron Cara al Sol y dieron los gritos. En fin, todos quedamos en los nuestro", dicía.

"Supoño que a partir de aquí as autoridades políticas estiveron moi atentas á carreira oratoria de don Ramón, quen, durante algún tempo, que se saiba, non utilizou o galego na tribuna pública, nin sequera en actos onde o castelán renxía especialmente", apunta Xesús Alonso Montero, presidente da RAG, n'A batalla de Montevideo (Xerais, 2003). Prohibíuselle así falar en galego nos actos de homenaxe a Curros Enríquez no centenario do seu nacemento, celebrados en Celanova en setembro de 1951. Alí tamén se leron ese mesmo día en castelán todos os discursos da cerimonia de ingreso na Academia de Xesús Ferro Couselo e Xaquín Lorenzo, e tres meses e medio despois aconteceu o mesmo no ingreso do arquitecto Manuel Gómez Román, no Casino de Vigo, malia teren tanto o novo académico como Otero Pedrayo preparadas as súas intervencións en galego. Horas antes do inicio do acto, o gobernador provincial, José Solís, fixera chegar a prohibición do idioma do país. Tres anos máis tarde, o seu sería un dos agravios lingüísticos do réxime franquista dados a coñecer ante a UNESCO.

xoves, 26 de febreiro de 2015

No sólo represión. La construcción del franquismo en Galicia

 
No sólo represión. La construcción del franquismo en Galicia. Julio Prada Rodríguez (dir.)

Los diferentes ensayos presentados en este libro vienen a analizar el proceso de implantación, la consolidación y posterior evolución del régimen franquista en Galicia desde diversos facetas: la política, el papel de la iglesia, sindicatos, medios de comunicación, etc.

Julio Prada Rodríguez
Profesor titular de Historia Contemporánea en la Facultad de Historia de Ourense (Universidad de Vigo). Autor de diversas publicaciones sobre historia contemporánea, es reconocido por su intensa labor en la investigación de la etapa republicana y franquista, especialmente en la comunidad gallega.

La Librería de Cazarabet

mércores, 3 de decembro de 2014

Comeza o ciclo de conferencias: A ditadura franquista. Persecución e resistencia

 
Museo Provincial de Lugo
Este xoves, 4 de decembro, comezan no Refectorio do MPLugo as palestras do ciclo promovido pola vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo baixo o título “A ditadura franquista. Persecución e resistencia”. No acto de presentación deste ciclo participaron Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o xornalista Antón Grande, e o doutor en Humanidades e investigador da memoria histórica, Antonio Somoza. O primeiro relatorio está a cargo de Ana Cabana Iglesia, ao que seguirán nas semanas seguintes as intervencións de Hartmut Heine e Eliseo Fernández
 
Este ciclo terá continuidade nos meses de xaneiro e febreiro con actividades que se irán anunciando oportunamente.
 
A entrada é libre e gratuíta.
 
PROGRAMA:

Xoves, 4 de decembro, ás 20:00 h.
Refectorio do MPLugo
Ana Cabana Iglesia: ”Detrás dos heroes, nas marxes do cotián. Vivir o franquismo na Galicia dos anos da fame.
Doutora en Historia Contemporánea e profesora do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista na investigación arredor da historia agraria, a historia contemporánea e a historia rural de Galiza.

Mércores, 10 de decembro, ás 20:00 h.
Refectorio do MPLugo
Hartmut Heine: ”A Federación e o Exército Guerrilleiro: dous conceptos distintos da loita guerrilleira.
Doutor en Historia pola Universidade Libre de Berlín .

Mércores, 17 de decembro, ás 20:00 h.
Refectorio do MPLugo
Eliseo Fernández: ”Represión e supervivencia do sindicalismo de clase no primeiro franquismo.
Especialista no estudo do movemento operario en Galiza no século XX, principalmente o sindicalismo libertario. Tamén destaca polo seu activismo cultural e en prol da memoria, a través da Asociación Memoria Histórica Democrática e o Ateneo Ferrolán.