O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta campañas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta campañas. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de novembro de 2015

"Declaración de Vilaboa"


Regaduxa Memória Histórica de Vilaboa

O 28 de novembro ás 13:30h. no Peirao de Santa Cristina de Cobres

Despois da xuntanza dos colectivos da memoria histórica, que terá lugar ás 11h na casa de cultura de Riomaior, procederase, á 13h30 no peirao, á lectura pública da chamada "Declaración de Vilaboa". 

Texto elaborado por estes colectivos presentes na reunión que falará das denuncias que temos que facer ante a inoperatividade do gobernos en materia de memoria histórica, e marcará liñas de actuación para vindeiras datas.

xoves, 24 de setembro de 2015

Valados en memoria dos asasinados o 27 de setembro de 1975

Avenida Europa rotonda Navia
Avda. Clara Campoamor. Saida do hospital novo hacia Vigo, no vial da Universidade 


 Estes valados que aquí  remito en arquivo adxunto, estarán colocados ata o día 29 deste mes en Vigo. Foron costeados coas aportacións económicas de moitos e moitas de vos. Moitas grazas. Pero aínda queda pendente a publicación en Faro de Vigo dunha  grande esquela, laica, reivindicativa e memorialista que sexa quen de golpear a conciencia do pobo e, ao tempo, axude a realizar  un exercicio de memoria e homenaxe aos que deron a súa vida loitando contra a dictadura.

Para poder sufragala permanece aberta un numero de conta de Abanca ES20 2080 5217 2130 4000 2915 na que podedes facer as aportacións económicas que consideredes oportunas, debendo indicar no concepto 27 DE SETEMBRO 2015.

Grazas outra vez a todas e todos

Celso López
Pola Comisión 27 de Setembro

PD Pregamos  difusión

domingo, 23 de agosto de 2015

27 de setembro de 1975. 40 años despois duns asasinatos de estado


O 27 de setembro de  1975, a cidade de Vigo e o mundo enteiro estremecíase diante das derradeiras penas de morte executada en Europa por motivos políticos. Cinco loitadores antifranquistas eran asasinados logo duns xuízos farsa e sen as máis mínimas garantías procesais. Tales feitos golpearon sobre todo a nosa cidade  porque entre os cinco asasinados, dous, Xosé Humberto Baena Alonso e Xosé Luís Sánchez Bravo-Solla  eran veciños de Vigo. Xunto a eles caian tamén diante do pelotón de fusilamento Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot ”Txiki” e Angel Otaegui.

É unha obriga inescusable para todos e todas @s  que creemos na necesidade  da verdade , da xustiza e da reparación para coas vitimas da ditadura franquista que a lembranza deste tráxico acontecemento non esmoreza e desapareza para sempre da nosa memoria  colectiva.

Dende aquel 27 de setembro  ata hoxe mesmo, con maior ou menor intensidade pero  co mesmo e activo compromiso de denuncia  antifascista contra os crimes da dictadura, @s amig@s, compañeir@s e camaradas de Xose Humberto Baena e tamén de  Xosé Luis Sánchez-Bravo,  tentamos manter viva a súa memoria celebrando de forma ininterrompida durante estes cuarenta anos un acto de homenaxe  no  cemiterio de Pereiro en Vigo diante da tumba de Xose Humberto Baena, “ Peter”.

Porén este ano ten especial relevancia simbólica por tratarse do 40 aniversario daqueles asasinatos legais. Por eso creemos que é a nosa obriga levar a cabo   unha serie de iniciativas de maior calado e relevancia publica que as que desenvolvimos en anos anteriores para  chegar a todala  veciñanza   de Vigo e  para que ninguén esqueza  o que aconteceu fai agora cuarenta anos .

Dende a Comisión 27 de setembro , creemos que tería un grande impacto social que o día anterior  ao acto do cemiterio aparecese publicada en Faro de Vigo  unha grande esquela,  reivindicativa, militante e memorialista, que fora quen de golpear a conciencia do pobo e, ao tempo, axudase a realizar  un exercicio de memoria e homenaxe aos que deron a súa vida loitando contra a dictadura.

Tamén entre as iniciativas que imos desenvolver está o do aluguer de  dúas grandes vallas publicitarias de 8 metros de longo por 3 metros  de ancho (adxuntase texto) que durante quince días, entre o 13 e o 27 de setembro, sirvan  para lembrar a  figura de  Baena, Sanchez-Bravo, García Sanz, Txiki y Otaegui e aqueles asasinatos de estado.

ESTE É O NOSO OBXECTIVO.  Naturalmente, para levar a cabo todas estas iniciativas precísanse fondos. Para acadalos  poremos en circulación  uns bonos de axuda por valor de  2 e 5 €  que estarán a venda  durante os meses de agosto e setembro. Para aquelas persoas que non teñan acceso a mercar os bonos, terán a súa disposición o  numero de conta bancaria ES20 2080 5217 2130 4000 2915 na que poderán facer as aportacións económicas  que consideren oportunas, debendo indicar no concepto  27 DE SETEMBRO 2015.

Dos fondos recadados dependerá  non só o tamaño da esquela,  senón tamén o lugar de ubicación das vallas publicitarias.

Máis nada , agardando contar co voso apoio  solidario e antifascista, recibide un saúdo fraterno

Asunción Baamonde Polo
Miguel Angel Gomez Álvarez
Celso X. López-Pazos
Marí Luz Maset Catala
Laura Pérez Durán
Manuel Reinoso Dominguez
(Pola Comisión 27 de setembro de 1975)


¡¡¡VERDADE , XUSTIZA E REPARACIÓN  PARA COAS VITIMAS DA DICTADURA¡¡¡


¡¡¡CONTRA A IMPUNIDADE DO FRANQUISMO¡¡¡


VIGO  XULLO DE 2015

domingo, 26 de xullo de 2015

Presentan máis de 11.000 firmas para que se dea a coñecer a obra de Castelao

 
A presidenta de Galiza Cultura, federación que agrupa a varias asociacións, tamén denunciou o uso "en balde" que a Xunta de Galicia realiza coa entrega dos premios Castelao
 
21 de Xullo de 2015 | Galiciaé / Efe
A comisión promotora da Iniciativa Lexislativa Popular sobre o dereito ao coñecemento e á contemplación da obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao polo pobo galego presentou este martes máis de 11.000 firmas no Parlamento de Galicia para que debata esta proposición de lei.

Unha iniciativa coa que se pretende reclamar que o intelectual, considerado un dos pais do nacionalismo galego, sexa "apreciado" e "coñecido" por toda a súa "magnificencia artística", que consta de 4.000 pezas documentadas de obra artística.

"En todo o que significou de defensor e patriota esclarecido e máximo defensor do pobo galego na primeira metade do século XX. Queremos que todo iso sexa coñecido, sacalo do conxelador, dese enterramento que é o que se practica con figuras que son usadas máis nada que como un recurso de lexitimización", explicou Pilar García Negro aos xornalistas ás portas do Parlamento.

A presidenta de Galiza Cultura, federación que agrupa a varias asociacións, tamén denunciou o uso "en balde" que a Xunta de Galicia realiza coa entrega dos premios Castelao.

"Tantos anos logo do seu falecemento en Bos Aires por exilio forzoso, continúa estando dobremente enterrado no coñecemento da poboación galega e sen ser atendido polos poderes públicos galegos, lamentou.

Para García Negro, o debate político que hai na actualidade tanto en Galicia como en España está "perfectamente guionizado e tematizado en tantas e tantas páxinas de Castelao", polo que, ao seu xuízo, "non é unha figura histórica en absoluto superada".

"Queremos que retornen pezas artísticas súas fundamentais como 'A derradeira lección do mestre', ese lenzo que podemos contemplar en Bos Aires e que está recluído alí tamén", abundou.

Preguntada sobre se confía en que a iniciativa prospere no hemiciclo, Pilar García Negro confiou en que "todos os deputados desta Cámara se comporten efectivamente como xente ilustrada, xente galega onde o adxectivo debe valer non só para cobrar e para comer das institucións galegas".

"E que, xa que logo -continuou-, fagan honra ao pensador, ao patriota, ao artista galego sen o cal ninguén estaría sentado aquí", sinalou a ex deputada autonómica polo BNG.

Recordou, así mesmo, que foi Castelao quen "in extremis e nun traballo ímprobo" rescatou o Estatuto que estaba "sediciosamente perdido" en Madrid, e quen conseguiu a tramitación parlamentaria do Estatuto de Galicia o 1 de febreiro nas Cortes Republicanas celebradas no mosteiro de Montserrat e a súa posterior aprobación definitiva.

"Se isto os deputados que sentan nos escanos ignórano, pois entón teriamos que chamalos semi analfabetos políticos. E digo semi, só, para que ninguén senta ofendido", dixo García Negro.

xoves, 2 de xullo de 2015

A CIG inicia unha campaña para honrar aos represaliados polo franquismo

1º Maio 1936 Verín
 
Traducción Estación Atlántica

Campaña de recolleita de firmas ata o próximo 13 de xullo

30-06-2015 / EFE
A CIG iniciou unha recolleita de firmas para promover a concesión de honores ao obxecto de que se distinga a todos os represaliados pola ditadura franquista nesta comarca ourensá tras considerar que é "de xustiza" que se rehabilite a memoria destes fusilados.

A través dun comunicado, esta central sindical deu a coñecer o inicio da campaña de recolleita desde hoxe e a cal prolongarase ata o próximo 13 de xullo.
"Unha vez que teñamos as firmas no noso poder", o obxectivo é presentalas ao alcalde Verín, o socialista Gerardo Seoane, para que inicie a organización de diversos actos.

Nun escrito, o portavoz sindical Manuel Anxo García Torres, solicitou que se leven a cabo as modificacións propostas na localidade ourensá de Verín e entréguense aos represaliados as distincións propostas na solicitude con data 22 de xullo de 2014.

En concreto, o sindicato pediu o nomeamento destes represaliados como 'Fillos Predilectos' da localidade "por ser naturais do concello de Verín" e doutros seis, como 'Fillos Adoptivos', entre os que figuran o exalcalde Carlos Reino; o tenente de alcalde Juan Antonio Álvarez, e outras persoas como o industrial Lino García e o presidente do sindicato de oficios, Sixto Salgado, fusilados en 1937.

Actualmente, a CIG indicou que se atopa "en conversacións" co grupo de goberno co fin de organizar "un acto de homenaxe ás vítimas do franquismo que coincida coa concesión das modificacións requiridas.

"É de xustiza que case oitenta anos despois rehabilítese a memoria dos que permitiron que, hoxe, podamos ter a liberdade necesaria para expresarnos, criticar, decidir, querer, en definitiva, para ser persoas malia que algúns queiran tallárnola", recalcou o sindicato.

Ademais da entrega de distincións, esta central propuxo a modificación da actual praza do Concello por "praza do Alcalde Carlos Reino" e da actual rúa da Diputación polo nome de "Lino García".

Así mesmo, solicitou a concesión dunha insignia de ouro "a todas as persoas executadas, asasinadas, fuxidas e represaliadas" durante o franquismo xunto á colocación dunha placa conmemorativa na fachada do consistorio que diga "O Concello e o pobo de Verín en recordo de todos os homes e mulleres executados, asasinados, fuxidos, violadas, humilladas ou represaliados polo réxime franquista".

domingo, 10 de maio de 2015

17 de maio. Galego, garantía de futuro


 
17 de maio: Galego, garantía de futuro. Maniféstate pola lingua!



Asina o manifesto
 
Queremos Galego convoca actos na Coruña, Ferrol, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo

 
Terán lugar ás 12h. O lugar irase confirmando na web

Descarga aquí as imaxes da convocatoria


 

venres, 21 de novembro de 2014

O BNG localiza 13 símbolos franquistas en Vigo, Baiona e Nigrán, a metade na cidade


 
Desde a polémica cruz do Castro ao IES Santa Irene ou as vivendas de Ramiro Pascual en Matamá             
Portavoces municipais do BNG en Vigo, Baiona e Nigrán presentaron esta mañá o resultado da campaña «Fascismo Nunca Máis», unha iniciativa que lles permitiu localizar, con axuda dos veciños da comarca, un total de trece símbolos franquistas que, segundo reclaman, «deben ser retirados».
 
A portavoz municipal nacionalista en Vigo, Iolanda Veloso, destacou que, á marxe da polémica cruz do Castro, na cidade existan diversos símbolos franquistas, en forma de «placas, escudos e inscricións», que son contrarios ao cumprimento da Lei de Memoria Histórica.
 
En concreto, denunciou que as paredes externas do IES Santa Irene, as do edificio de Aduanas ou as das vivendas sociais de Ramiro Pascual en Matamá, entre outras, manteñan este tipo de simboloxía que «é necesario retirar» non só para cumprir a lei, tamén para que as vítimas non se sentan «insultadas».
 
Por iso, Veloso solicitou que o goberno local elimine este tipo de placas ou escudos dos edificios públicos e inste aos particulares a facer os propio no caso de inmobles de titularidade privada.
 
Durante a súa comparecencia ante os medios, Veloso volveu a incidir ademais no caso da cruz do Castro, un momento que o alcalde, Abel Caballero, «négase a retirar» a pesar de que unha sentenza xudicial así o orde.
 
O Val Miñor
No Concello de Nigrán os casos «máis destacados» de simboloxía franquista perviven, en palabras do concelleiro Xavier Rodríguez, en edificios relixiosos como o tempo votivo de Panxón.
 
O BNG xa presentou unha moción ante o pleno da corporación da localidade que derivou nunha declaración institucional desde o Consistorio para solicitar que a diocese de Tui-Vigo cumprise coa Lei de Memoria Histórica.
 
En Baiona , localizáronse catro símbolos situados na ex Colexiata, a fonte de subida á Virxe da Roca, un lavadoiro no río Groba e na fachada do cemiterio municipal.
 
O edil do BNG en Baiona, Iago Pereira, criticou que a permanencia deste tipo de simboloxía supoña «un insulto á memoria de galegos e galegas que sufriron o franquismo por defender a liberdade e os dereitos democráticos do pobo».

domingo, 19 de outubro de 2014

Recollida de firmas para que o PSOE force ao Concello a executar a derriba da Cruz do Castro

Asinar
Faro de Vigo 19.10.2014
Iniciativa Galega pola Memoria e a Federación Estatal de Foros pola Memoria lanzaron o venres pola noite unha recollida de firmas a través da plataforma change.org para que os responsables do PSOE a nivel estatal e autonómico "esixan ao alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, que retire o recurso e cumpra coa sentenza que obriga a levantar a Cruz do Castro".

Os autores citan a parte da resolución xudicial que indica que a cruz "é un testemuño presente do triunfo dos vencedores na Guerra Civil e memoria da humillación para os vencidos, as súas vítimas e os seus descendentes".

mércores, 15 de outubro de 2014

@sanchezcastejon: Obrigue ao alcalde de Vigo @abelcaballero a cumprir a lei e acatar as sentenzas xudiciais

Asinar
Esta petición será entregada a:
Secretario General del PSOE, @sanchezcastejon
Secretario Xeneral del PSdeG, @jrgomezbesteiro

Petición creada por Federación Estatal de Foros por la Memoria - Iniciativa Galega pola Memoria
 

O pasado 4 de setembro, un xulgado de Vigo ordenou a retirada do monumento franquista Cruz de los Caídos do Monte do Castro, en cumprimento da Ley de Memoria Histórica. A sentenza sinala que a Cruz é «un testimonio  presente  del  triunfo de los  vencedores  en la  Guerra  Civil  y memoria de la humillación para los vencidos, sus víctimas y sus descendientes».

A ledicia por esta boa nova para as vítimas do franquismo e para calquer institución que se chame democrática, contrasta coa oposición por parte do Concello de Vigo, gobernado polo PSOE. Os grupos socialistas e do PP votaron a favor de recurrir a sentenza.

Unha decisión chamativa nun partido, o PSOE, que estando no goberno central aprobou a Ley de Memoria Histórica que fundamenta esta sentenza.

Iniciativa Galega pola Memoria e Federación Estatal de Foros por la Memoria pedimos o PSOE estatal e en Galicia que, por coherencia, exixan ao alcalde socialista de Vigo, Abel Caballero, que retire o recurso de inmediato e cumpra coa sentenza.

O contrario é una falta de respeito mais as vítimas do franquismo, milleiros de eles militantes, concellais e alcaldes socialistas.

Ao non ser así, o PSOE  e PSdeG-PSOE deben rexeitar púbricamente as atitudes antidemocráticas e adouptar medidas disciplinarias drásticas contra o socialista Abel Caballero para que non quede no entredito a credibilidade democrática das institucions que dirixen.

É unha cuestión de xustiza. Como dicía o lema da campaña de Abel Caballero para a alcaldía de Vigo: “Falan os feitos”.

luns, 22 de setembro de 2014

Charla en Ourense: Agresión imperialista e resistencia da Ucraína antifascista

 
Ourense, a vindeira terza-feira 23 de setembro ás 19:30 horas no Café Auriense
 
Isca-Organizando A Mocidade Rebelde
Continuando coa campaña de solidariedade e información que a nosa organización vén desenvolvendo nas últimas semanas en apoio á loita antifascista que se está a dar na Ucraína, nomeadamente na zona do Donbass, mais non só. Ante a barbarie nazi que pretende aniquilar a resistencia, manifestamos o noso apoio a todas as combatentes que non dubidaron en exercer a lexítima defensa contra un goberno que bombardea á súa propia poboación civil.

Os grandes medios de comunicación están a realizar o labor que se espera deles, ofrecendo a narración dos feitos que lle interesa ás oligarquías estadounidenses e europeas. Nese sentido é de vital importancia rachar co silenciamento mediático e espallar a realidade do que alí está a suceder.

Con ese obxectivo Isca! organiza en Ourense, a vindeira terza-feira 23 de setembro ás 19:30 horas no Café Auriense unha charla a cargo de Óscar Valadares, ativista de Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, que leva por título "agresión imperialista e resistencia da Ucraína antifascista".

Non a perdades!

luns, 11 de agosto de 2014

Ucraína: NON! á persecució​n dos comunistas e a ilegalizac​ión do PCU


Comunistas da Galiza P.C.P.E. 11/8/14
Repudiando a persecución dos comunistas e a ilegalización do PCU

Se queres sumarte ao rexeitamento internacional por estes feitos envía o seguinte modelo de carta, ou outra que exprese mellor o teu posicionamento, ao seguinte enderezo electrónico:

 

Pásao. Grazas.
Comunistas da Galiza-PCPE

 
To the President of Ukraine

Dear Sir,

In face of the dissolution of the communist fraction in the Supreme Rada of your country, passed on July 24th, I would like to express my firmest rejection to this kind of actions.

This decision is a step in the path towards the banning of the Communist Party of Ukraine, which comes together with constant attacks, insults and aggressions against militants and friends from the KPU. This is a step against any kind of democracy, and this is being promoted by your government.

I reject all kinds of attacks against the Communist Party of Ukraine and demand the respect of the full political rights of this Party.

Yours

(sinatura)

In (cidade, país), (día) August, 2014
 

luns, 4 de agosto de 2014

Oleiros en apoio do Pobo Palestino


O pobo gazatí precisa de toda a nosa solidariedade. Iniciativa MOI URXENTE de recollida de medicamentos e todo tipo de material sanitario en todas as farmacias e instalacións municipais de #Oleiros.

Difundide, por favor.

domingo, 6 de abril de 2014

17 de agosto: Día da Galiza Mártir / Día d@s Mártires Galeg@s

 
Fundación Alexandre Bóveda
A iniciativa de institucionalizar o Día da Galiza Mártir, 17 de Agosto, parte dun binomio: Valentín García Bóveda, Secretario da Fundación Alexandre Bóveda, e Ernesto Vázquez-Rey Farto, estudante de Dereito.
 
A actuación da Fundación Alexandre Bóveda coa institucionalización do 17 de Agosto foi dende o inicio planificada para que o debate social a respecto do recoñecemento @s mártires galeg@s se dera nas cámaras de representación cidadá; promovendo -pola vía do Dereito de Petición- o pedimento dun apoio tanto ás institucións (Concellos, Deputacións Provinciais, Entidades Locais Menores e Parlamentos Nacionais e Rexionais do Estado español) como ás persoas que quixeran sumarse ao noso posicionamento.
 
A finalidade é elevar á Comisión de Peticións do Parlamento de Galiza unha petición colectiva que recolla na súa parte dispositiva a reivindicación histórica da xustiza cos nos@s mártires. Con todas e cada unha das persoas asasinadas, represaliadas e exiliadas que se contaron por centos en todo o país. Porén, a iniciativa parte da Fundación Alexandre Bóveda, instando a rehabilitación pública e política do insigne galeguista Alexandre Bóveda Iglesias, mais a institucionalización pretende que esa data sexa o aniversario de todas esas persoas; tamén, mais non só, de Alexandre Bóveda.
 
Nesta dura empresa agardamos contar co voso apoio e colaboración, xa que a institucionalización do Día da Galiza Mártir non é un beneficio patrimonio da Fundación, nin tan sequera dos promotores da iniciativa; senón que é un beneficio para tod@s @s galeg@s.
 
Moi agradecidos,
 

mércores, 22 de xaneiro de 2014

Crowdfunding do Concello de Amoeiro para sufragar placas de memoria

Traducción Estación Atlántica
 
Concello de Amoeiro
Crowdfunding do Concello de Amoeiro para sufragar a instalación de placas de memoria histórica en lugares públicos que presentan simboloxía fascista 

Co obxecto de dar cumprimento á Lei popularmente coñecida como de Memoria Histórica (Lei 52/2007), pola que se recoñecen e amplían dereitos e establécense medidas en favor dos que padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura, o Concello de Amoeiro (Ourense) foi autorizado pola Comisión Territorial de Patrimonio Histórico de Ourense (CTPHOU), en data 31 de outubro de 2013, para instalar placas explicativas de Memoria Histórica en lugares públicos rotulados con simboloxía fascista. Tales localizaciones inclúen 13 fontes públicas e unha antiga escola.
 
Deste xeito, trátase de dar cumprida e definitiva resposta ás demandas da cidadanía, recoñecidas como "peticións lexítimas e xustas, que a nosa democracia, apelando de novo ao seu espírito fundacional de concordia, e no marco da Constitución, non pode deixar de atender". Así mesmo, respéctase tamén o manifestado pola Comisión Constitucional do Congreso dos Deputados que o 20 de novembro de 2002 aprobou -por unanimidad- unha Proposición non de Lei na que o órgano de representación da cidadanía reiteraba que "ninguén pode sentirse legitimado, como aconteceu no pasado, para utilizar a violencia coa finalidade de impoñer as súas conviccións políticas e establecer réximes totalitarios contrarios á liberdade e dignidade de todos os cidadáns, o cal merece a condena e repulsa da nosa sociedade democrática". Ademais, tamén se asume a condena do franquismo contida no Informe da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa asinado en Paris o 17 de marzo de 2006, no que se denunciaron as graves violacións de Dereitos Humanos cometidas en España entre os anos 1939 e 1975.

Sobre a base destas consideracións, o Concello de Amoeiro instalará ditas placas explicativas para cumprir, polo menos, catro funciones:

1. pedagógica, ao reflectir a finalidade propagandística e opresora da ocupación simbólica de lugares públicos,
2. de reparación do sentir de repulsa, ao actuar como expresión de denuncia dos abusos acometidos,
3. de concienciación respecto das dramáticas consecuencias da ditadura e, en xeral, das ideoloxías que priman a imposición sobre o diálogo, e
4. de contribución a crear concordia, ao declarar a supremacía da paz e a democracia sobre os totalitarismos e a violencia.

As placas inclúen o seguinte texto:

Memoria Histórica

Estas imaxes pértencen á propaganda dunha ditadura que ocupou cos símbolos os espazos públicos máis emblemáticos. Permanecen aquí como denuncia histórica daquel réxime opresor.
 
A iniciativa, xusta en si mesma, recibiu numerosos apoios a través de comentarios publicados nos medios de comunicación. No entanto, tamén se verteron un número reducido de opinións críticas que consideran inadecuada esta proposta polo custo económico que conlleva; é máis, esgrimiuse -desde posicións que entendemos como demagóxicas- que esta acción non conduce a saír da situación de crise actual e supón un evidente despilfarro.

De ningún xeito compartimos as posicións contrarias á implantación dunhas placas cuxa finalidade é dar cumprimento á lei e reparar os danos cometidos, e menos aínda as que se basean en razonamientos populistas e absurdos. En todo caso, son as instancias gobernamentais as verdadeiras responsables de non dotar de fondos a unha lei que foi consensuada por todos os grupos políticos democráticos do territorio español, así como por outras instancias europeas.

O baixo custo desta actuación -459,80€- pode ser asumido sen gran menoscabo polo concello de Amoeiro, pero consideramos que esta causa require dun impulso adicional que demostre o respaldo popular que concita a implementación de accións dirixidas a materializar a Lei de Memoria Histórica. Tal argumentación ética e solidaria é a que nos impulsa a propugnar un sistema de financiamento colectivo ou crowdfunding que ampare esta e outras iniciativas semellantes nun país que ten moitas débedas pendentes coas vítimas dunha ditadura que ha represaliado a multitude de familias e sumido no esquecemento as barbaries cometidas sen aliviar -sequera simbólicamente- tales atrocidades.

No caso que nos ocupa, solicitamos a realización de donativos de dous euros (2€), que poderán realizarse a través da seguinte plataforma:

http://www.amoeiro.é/CROWDFUNDING/.

Mediante tal medio as axudas recibidas ingresaranse no seguinte número de conta do concello de Amoeiro: 20800418573110006529.

A cantidade recaudada ata o 28 de febreiro de 2014 dedicarase a sufragar o importe antes mencionado, xerándose, así mesmo, un listado cos nomes e apelidos das persoas donantes para mostrar deste xeito a gratitud e o recoñecemento deste concello cara a quen apoiaron esta causa, salvo desexo expreso de que se manteña a achega no anonimato.

Si a cantidade recaudada superase a cifra mencionada, informaríase públicamente do montante sobrante, o cal destinaríase a unha serie de accións dirixidas a homenajear -durante 2014- a memoria da corporación municipal democrática vigente no concello de Amoeiro entre 1931 e 1936, así como a todas as persoas do municipio que foron vítimas do franquismo. A este respecto, debe subliñarse que Amoeiro foi un dos municipios que padeceu máis cruentamente os efectos da represión, xa que a totalidade da súa corporación durante a II República estaba constituída por concelleiros socialistas e eran moitas as persoas do municipio que se integraron en agrupaciones de UGT ou que simpatizaban co progresismo. O seu alcalde, Castor Sánchez Martínez, foi vilmente asasinado, sen recibir xuízo algún, e abandonouse o seu cadáver, xunto ao dun compañeiro, nunha cuneta; outros padeceron cárcere, estiveron escondidos en cuevas ou cuadras, ou tiveron que exiliarse en América. Finalmente, os que se quedaron nesta terra pasaron o resto das súas vidas esquivando lugares e persoas para evitar burlas, abusos e escarnios.

As achegas que superen o humilde importe das placas informativas servirán, deste xeito, para tratar de honrar simbólicamente a memoria e restañar os danos que padeceron as vítimas e os seus familiares, algúns deles aínda vivos. Si as donaciones tamén excedesen estas actuacións, destinaríanse a paliar as situacións de urxencia social que a crise actual ocasiona. Reiteramos que todos os gastos ocasionados serán dados a coñecer públicamente, utilizándose para iso a páxina oficial do concello de Amoeiro (www.amoeiro.es) e as noticias que se difundirán a través dos medios de comunicación en xeral.

Reciban nosa maior gratitud todas as persoas que apoien esta iniciativa de cuestación popular e, en xeral, a honra cara á memoria de quen foron represaliados e esquecidos durante tantos anos por mor da losa do franquismo. A todas as mulleres e homes que contribúan a estes fins: Grazas, moitas grazas.
Imaxe dunha das mencionadas fontes

mércores, 27 de novembro de 2013

Campaña de crowfunding do documental "A volta dos nove"


O xoves, a primeira hora da mañán, comenza a campaña de crowfunding con Verkami para intentar lograr de rematar o documental de Memoria Oral A VOLTA DOS NOVE.

E necesario contar coa axuda vosa para levar a bo fin este traballo por iso abrimos está páxina para iros informando de como van as cousas. Gracias por estar presentes cando necesitamos de vos.


Dirixido por Antonio Caeiro

Argumento
Outubro de 1936. Na noite do día 15, nove homes sos sacados da prisión habilitada do Frontón de Vigo e levados as aforas de Baiona. Alí serían salvaxemente asesiñados. Era o final dunha vinganza que se iniciara dous días. Pero tamén era o comenzo dunha lenda: a das cruces de "A VOLTA DOS NOVE"