Amosando publicacións coa etiqueta xantar b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xantar b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 4 de decembro de 2016
martes, 5 de abril de 2016
martes, 11 de agosto de 2015
V Xornadas Memoria dun Tempo
Nordés 10/8/15
Chega
a cita coa Historia que cada ano, e van 5, propón Nordés para o mes de
agosto: as Xornadas "Memoria dun tempo". Será os días 20, 21 e 22 na
Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, ainda que
aconsellamos consultar o cartaz adxunto por canto hai cousas que se fan
fora do local citado.
Como en edicións anteriores, os contidos das Xornadas son diversos no seu contido e forma.
Así, en canto a isto último, teremos conferencias, proxección dun
documental, un recital, un roteiro didáctico, xantar de amizade e a 3ª
homenaxe a Republicanos e Libertarios. E en canto ás temáticas, a
lembranza do final da II Guerra Mundial achegándonos ás historias
persoais de homes e mulleres do Ortegal que, dunha forma ou outra,
víronse involucrados na mesma, dun xeito tráxico en moitas ocasións. O
relator será o historiador ferrolán Eliseo Fernández.
A
devandita homenaxe na Ponte Vella de O Barqueiro, coa participación da
asociación Coletivo Pensamento e Sementeira de Viveiro en representación
dos veciños da Mariña que foron fusilados nese paraxe da nosa
xeografía, moi cerca do monolito en recordo dos represaliados e
represaliadas polo franquismo no Concello de Mañón.
A homenaxe
contará tamén con intervencións de persoas a título individual e as
cancións de Mini e Mero e Andrés Rodríguez, músicos que daran un recital
para pechar o acto.
Os tempos da dura guerra civil e posguerra
ocuparán o sábado cunha camiñata por Ambosores para coñecer dos feitos
lutuosos que nos primeiros anos 50 tiveron lugar nese casal,
encrucillada dos concellos de As Pontes, Mañón, Muras e Ourol. A
actividade será guiada polo Nordesteiro de pro Bernardo Penabade.
E rematarase falando do papel da muller na guerrilla da man da
Catedrática de Lingua e Literatura Galega na USC, historiadora e
investigadora especializada no área da muller, Aurora Marco, xunto coa
proxección do documental "As silenciadas", de Pablo Ces (Premio Mestre
Mateo 2012 ó mellor Documental; Premio “Memoria i Justicia Universal” no
Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de
Gramenet (2011); Premio “Popular runner up” no Festival internacional
online Humanity Explored 2013)
Ogallá o programa sexa do voso
agrado e poidamos contar con vostedes como público e participantes
nestas V Xornadas "Memoria dun tempo" organizadas por Nordés.
Etiquetas:
A Coruña prov.,
actos,
campo de concentración,
concerto,
conferencia,
documental,
guerrilleiros,
homenaxe,
II Guerra Mundial,
maquis,
mulleres,
roteiros,
xantar
venres, 12 de xuño de 2015
Xornada de Reflexión da Iniciativa Galega pola Memoria
O próximo 20 de xuño, a Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) celebrará unha XORNADA DE REFLEXIÓN, no Pazo da Cultura de Pontevedra, na rúa Alexandre Bóveda (localización).
Dita xornada, que terá sesión de mañán e de tarde, está aberta para representantes de organizacións memorialistas galegas, inscritas na IGM. O local previsto para a celebración da devandita Xornada de Reflexión ten unha capacidade máxima de 40 persoas, así que as persoas que desexen anotarse nesta xornada o poden facer na ligazón que abaixo aparece, e serán inscritas por estricto orde temporal de inscrición, ata o máximo do aforo permitido (40 persoas).
Abaixo está o formulario de inscrición na Xornada, onde tamén aparece a opción de apuntarse para o xantar no mesmo Pazo da Cultura. Tamén aparece a orde do día da Xornada de Reflexión da IGM, que está composta de seis apartados.
Iniciativa Galega pola Memoria
domingo, 26 de abril de 2015
VI Seminario sobre a memoria, o exilio, a muller e a guerrilla. O Gardarrios
Etiquetas:
A Coruña prov.,
actos,
conferencia,
documental,
exilio,
guerrilleiros,
homenaxe,
libros,
Lugo prov.,
marcha,
mulleres,
presentación,
xantar,
xornadas
domingo, 22 de marzo de 2015
mércores, 13 de agosto de 2014
IX Premio dá recuperación da Memoria Histórica a Claudio Rodríguez Fer e Carme Blanco da Asociación para a Dignificación das Vítimas do fascismo de Lugo
17 de agosto conmemoración do Día da Galiza Mártir (aniversario do asasinato de Alexandre Bóveda na Caeira)
Fundación "Alexandre Bóveda"
Desde o ano 2006 a Fundación Alexandre Bóveda, coincidindo coa celebración do día da Galiza Mártir, celebra un xantar para recoñecer o labor que está a desempeñar unha persoa ou colectivo en investigar e divulgar o acontecido durante a represión franquista no noso país.
A Fundación Alexandre Bóveda escolleu este ano para galardoar co premio á recuperación da memoria histórica a Claudio Rodríguez e Carme Blanco da Asociación para a Dignificación das Vítimas do fascismo de Lugo. Ambos os dous a través da asociación, da Iniciativa Galega pola Memoria da que forma parte, ou de xeito individual veñen traballando de xeito activo na recuperación da nosa memoria e na lembranza das vítimas do franquismo, así como na denuncia da pervivencia de vestixios dese réxime na impunidade existente a ese respecto, no feito que non se reparen ditos crimes, e sobre todo que non se establezan garantías de non repetición. Neste sentido compre lembrar o labor feito nos actos de desagravio ás vítimas do franquismo que tiveron lugar en Montecubeiro o 13 de outubro do pasado ano, fronte as declaracións do alcalde do PP de Baralla, respaldadas e lexitimadas pola súa formación política na que se xustificaba o franquismo e os asasinatos que cometeu.
Personalizamos en Claudio Rodríguez e Carme Blanco a todas as asociacións e persoas, especialmente de Lugo, que deron unha exemplar resposta no acto celebrado en Castroverde e na campaña desenvolta para poñer en evidencia a un rexedor e ao partido que o sustenta que fan apoloxía do franquismo.
Carme Blanco e Claudio Rodríguez Fer teñen publicacións ensaísticas e literarias nas que renden tributo as vítimas do franquismo, mais, sobre todo, o que temos que agradecer desde a Fundación Alexandre Bóveda, coa cal xa teñen colaborado, é a súa dispoñibilidade a participar en actos das diversas entidades memorialísticas, achegándose a cada recanto deste país para poñer voz aos sen voz e lembrar as derrotadas e aos derrotados que son o mellor chan moral sobre o que erguer un futuro digno e honesto para o noso pobo.
PREMIO GALIZA MÁRTIR:
-2006 Mariví Villaverde, represaliada, activista e familiar de represaliados.
-2007 Dionísio Pereira, historiador e activista pola recuperación da memoria histórica .
-2008 Teresa Alvajar, represaliada, activista e familiar de represaliados.
-2009 Xusto Beramendi, Catedrático de Historia Contemporánea e América da USC. Estudoso da historia do nacionalismo galego.
-2010 Avelino Pousa Antelo, Francisco Fernández del Riego, Xaime Illa Couto e Isaac Díaz Pardo, representantes dunha xerazón que traballou arreo polo Estatuto de Autonomía do '36.
-2011 Xosé Álvarez Castro, da asociación pontevedresa de recuperación da memoria histórica “Sempre con vós, cidadanía pola verdade”, e autor do blog “Pontevedra nos anos do medo".
- 2012 Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e a Baldomero Francisco Iglesias Dobarrio (Mero), activistas da recuperación da memoria histórica ao servizo da cal puxeron o seu quefacer musical en solitario ou como membros de Fuxan os Ventos e A Quenlla.
- 2013 Proxecto Interuniversitario "Nomes e voces". Dirixido por Lourenzo Fernández Prieto e coordinado por Dionisio Pereira, Xulio Prada, Xosé M. Núñez Seixas e Emilio Grandío. Co proxecto Nomes e Voces elaborouse unha base de datos da represión con 14.978 nomes e realizáronse 404 entrevistas a fontes orais que se sumaron ás 108 donadas por investigadores e particulares. Fixéronse 22.340 dixitalización, delas 7.773 fotografías e elaborouse o máis completo mapa de lugares de represión franquista dos existentes no Estado español. O modelo de investigación, en concreto a base de datos, foi asumido por outras universidades do mundo, polo seu carácter innovador na recuperación da memoria.
martes, 24 de xuño de 2014
Fascismo Nunca Mais!. Xornada de loita antifascista e internacionalista
-12h00 Acto de Solidariedade Antifascista. Praza da Peregrina, Pontevedra
-14h30 Xantar de Confraternización. Bar Tolo, Moaña
-17h00 Palestra: a situación na Ucraína
-Remate: Realización colectiva de mural antifascista
sábado, 14 de xuño de 2014
Homenaxe á corporación de Amoeiro 1931-1936 e ás vítimas da represión
Concello de Amoeiro (Ourense) Traducción Estación Atlántica
En abril de 1931 a democracia, ese ideal tan ansiado como esquivo, comezou a dar os seus primeiros pasos no Concello de Amoeiro da man da II República. Naquel momento, brotaron as flores da liberdade sementadas durante anos por homes e mulleres que loitaron con paixón pola igualdade de dereitos e a democracia.
Achegarnos a eses tempos supón recuperar o pulso de persoas valerosas que abogaron polos valores universais e o progreso, e abrazar o seu legado con firmeza. E volver a mirada atrás tamén humaniza a un pobo que non puido defender e honrar ás vítimas do negro xullo do 36.
En 2013, o Concello de Amoeiro mostrou o seu compromiso coas virtudes do goberno máis próximo ao pobo: o dos pequenos municipios, no que se mesturan -cada día- as demandas de cada veciño e veciña coa receptividad dos seus representantes públicos. Coa finalidade de enxalzar a relevancia de tan estreitos vínculos, o 15 de xuño do pasado ano outorgáronse as distincións que acreditaban os méritos das Corporacións que restauraron a democracia no noso municipio. E un ano despois afianzaremos a mensaxe coa cerimonia na que se renderán honores ao primeiro goberno democrático de Amoeiro: o que o rexeu entre 1931 e 1936.
Neste contexto é no que cobran sentido os dous actos que se celebrarán o domingo día quince do ano en curso.
O primeiro deles será a Cerimonia que se desenvolverá, ás 12:00 horas, no Pazo Museo Otero Pedrayo (Trasalba, Amoeiro). Na mesma entregaranse as máis altas distincións do municipio aos Membros da Corporación, e honrarase ás persoas represaliadas tralo golpe militar do 36. En tan solemne ocasión, os familiares terán un lugar de privilexio na compañía de anteriores membros de honor, personalidades convidadas, representantes institucionais e, en suma, de toda a veciñanza.

Nunha nota informativa posterior expoñerase con detalle o programa de devandita celebración.
Ás 14:30 horas será o momento en que se achegará ata o núcleo da municipalidade, en Souto de Amoeiro, a cidadanía que se congregue para intercambiar conversacións e experiencias ao redor das mesas do Xantar da Memoria.
Este será o espazo de hermandad e o punto de encontro de quen comparte historia, ideais e metas de face á construción dun mundo máis xusto e avanzado. En torno a este ambiente distendido terase a oportunidade de que flúa o afecto dun pobo que se reconciliará coa súa historia e con quen tanto loitou e sufriu pola utopía dun tempo mellor.
Co obxecto de ordenar o desenvolvemento de ambos actos, o Concello de Amoeiro xerou dúas listas de reservas.
As persoas interesadas deberán formalizar a súa asistencia inscribíndose ben no listado da Cerimonia, ben no listado do Xantar de Exaltación da Memoria ou ben en ambos eventos. Tales inscripciones poderán realizarse directamente na propia Casa Consistorial, así como a través do teléfono municipal (988281000) ou da dirección electrónica da Alcaldía (alcadia@amoeiro.é). O custo do Xantar é de 18 euros, dispoñéndose das entradas ao mesmo no Concello de Amoeiro e nos locais comerciais do municipio.
Anticípase, así mesmo, a presentación en devandita data de dous textos indispensables para comprender a historia dos feitos acontecidos.
Un deles refírese á figura de Castor Sánchez Martínez, Alcalde mártir do Concello de Amoeiro, sendo o seu título "Castor Sánchez Martínez. A conquista dá cidadanía", cuxa autoría corresponde ao Profesor Xulio Prada Rodríguez (Editorial Ir Indo).
E o segundo, titulado "Amoeiro 1936. A barbarie silenciada", inclúe capítulos sobre memoria histórica, mestres, movementos sindicais e políticos e a represión no noso concello; os autores especializados nestas materias son, respectivamente, Xosé Lois Carrión, Xosé Manuel Cid, Xabier Quintas e Raúl Soutelo (obra editada pola Fundación Luís Tilve e o Concello de Amoeiro).
Sexan bienvenidas todas as persoas que concorran a tan merecida xornada de honra.

xoves, 10 de abril de 2014
domingo, 30 de marzo de 2014
Memoria Histórica de Marin celebra un ´xantar republicano´ na Cruz dá Maceira
Faro de Vigo 29.03.2014
A Asociación pola Recuperación dá Memoria Histórica de Marín organiza un "xantar republicano" que terá lugar o domingo, día 13 de abril. O acto celebrarase no monumento da Cruz dá Maceira e contará coa participación das demais asociacións da comarca de O Morrazo.
O monumento da Cruz dá Maceira será o escenario do acto central do programa de actividades conmemorativas da proclamación da II República e do recordo e recoñecemento das persoas que sufriron a represión franquista no municipio marinense. Todas as persoas interesadas poden anotarse no correo memoriadmarin@gmail.com ou no teléfono 628 255 072, ata o 31 de marzo.
Conferencia
Ademais, o xoves, día 11, o investigador Xosé Manuel Moreira Docampo, presentado por Celso Milleiro ofrecerá unha conferencia sobre os profesores represaliados en Marín. Será na Biblioteca.
Así mesmo, no xardín da contorna do consistorio farase o día 14 a tradicional ofrenda floral ante a Pedra dá Liberdade.

xoves, 3 de outubro de 2013
Autobús desde Vigo ao acto de Montecubeiro
A Asociación Viguesa pola Memoria Históirca do 36, pon un autobús para as
persoas que queiran achegarse connosco a Montecubeiro. O prezo do viaxe é de 12
€ e o xantar de 15 €. A saída será ás 8.20 horas da Avda de Madrid
(frente sanatorio Concheiro)
As persoas interesadas que o fagan a este correo telmocomesanha@gmail.com ou o tfn
986241497 Telmo Comesaña
Data limite luns día 7
Nota: as persoas que vaian coa organización de Vigo non teñen que facer
ningunha outra xestión
Acto de homenaxe ás vítimas do franquismo en Montecubeiro.
Iniciativa Galega pola Memoria.
O próximo 13 de outubro, a partir das 12'30 h. da mañan, haberá en
Montecubeiro (parroquia do concello de Castroverde, en Lugo), un acto de
homenaxe e desagravio ás vítimas do franquismo, onde está un monolito que lembra
o asasinato de 15 persoas nesa parroquia no 36 por parte dos franquistas.
Dito homenaxe celébrase como unha especie de resposta sensata e civilizada
ás declaracións de certo alcalde dun concello limítrofe a Castroverde -Baralla-,
que o único que conseguiron é retratar como un franquista "de-toda-a-vida" a ese
persoeiro. A Iniciativa Galega pola Memoria -coordenadora galega de grupos
memorialistas-, entidade organizadora dese acto, quere dar unha resposta forte e
chea de valores cívicos profundamente ancorados en principios liberadores a tais
manifestacións do innomeable alcalde. Manifestacións que conforman unha
verdadeira apoloxía do franquismo, unha defensa duns principios própios do
franquismo máis reaccionario. Feito este, que só é posible pola non penalización
da exaltación do franquismo, inxusta medida que ven funcionando desde a
promulgación da Lei de Amnistía do ano 1977, que fixo posible que os criminais e
as vítimas foran postos nun mesmo nível. A Iniciativa Galega pola Memoria
posiciónase desde sempre en contra da dita apoloxía do franquismo, e tamén a
favor da derrogación da Lei de Amnistía do 1977, que só conduce e conducíu á
impunidade dos crimes franquistas. Por todo isto, convocamos este acto de
homenaxe ás vítimas do franquismo do día 13 de outubro, que terá a seguinte
programación:
- Intervención do alcalde de Castroverde, máxima autoridade local, Sr. Xosé
María Arias.
- Intervención do representante do Delegado da Deputación de Lugo de
Cultura e Turismo, Sr. Mario Outeiro.
- Intervención dun membro da Iniciativa Galega pola Memoria, en concreto, o
profesor e poeta lucense, Sr. Claudio Rodríguez Fer.
- Intervención dun persoeiro coa suficiente conexión co mundo da cultura,
da educación e da non violencia, como é o profesor Federico Mayor Zaragoza,
ex-director da UNESCO de 1987 a 1999, e presidente da Fundación Cultura de
Paz.
- Actuación da artista galega Mercedes Peón.
Para rematar o acto, a xente que así o decidira podemos ir xantar a
Castroverde, ao restaurante A Pereira-2, onde temos contratado alí un menú para
celebrar conxuntamente tal evento. Podédesvos apuntar a este xantar -cun prezo
de 15 euros por cabeza-, na seguinte ligazón:
Só tedes que encher o formulario que sae logo de premer na ligazón para
anotarse ao xantar. É obrigatorio poñer unha conta de correo electrónico, caso
de que non a teñades, poñede a de alguén coñecidx.
venres, 27 de setembro de 2013
Acto Nacional de homenaxe ás vítimas do franquismo en Montecubeiro. Non á impunidade do franquismo. Pola derrogación da Lei de Amnistía de 1977
IGM 26/9/13
O próximo 13 de outubro, a partir das 12'30 h. da mañan, haberá en Montecubeiro (parroquia
do concello de Castroverde, en Lugo), un acto de homenaxe e desagravio
ás vítimas do franquismo, onde está un monolito que lembra o asasinato
de 15 persoas nesa parroquia no 36 por parte dos franquistas.
Dito
homenaxe celébrase como unha especie de resposta sensata e civilizada
ás declaracións de certo alcalde dun concello limítrofe a Castroverde
-Baralla-, que o único que conseguiron é retratar como un franquista
"de-toda-a-vida" a ese persoeiro. A Iniciativa Galega pola Memoria -coordenadora
galega de grupos memorialistas-, entidade organizadora dese acto, quere
dar unha resposta forte e chea de valores cívicos profundamente
ancorados nos principios da democracia a tais manifestacións do
innomeable alcalde. Por iso, o acto de homenaxe ás vítimas do franquismo
do día 13 de outubro terá a seguinte programación:
- Intervención do alcalde de Castroverde, máxima autoridade local, Sr. Xosé María Arias.
- Intervención do representante da Deputación de Lugo, Sr. Mario Outeiro, representando á Deputación de Lugo.
- Intervención dun membro da Iniciativa Galega pola Memoria, en concreto, o profesor e poeta lucense, Sr. Claudio Rodríguez Fer.
- Intervención dun persoeiro coa suficiente conexión co mundo da cultura, da educación e da non violencia, como é o profesor Federico Mayor Zaragoza, ex-director da UNESCO de 1987 a 1999, e presidente da Fundación Cultura de Paz.
- Actuación da artista galega Mercedes Peón.
Para rematar o acto, a xente que así o decidira podemos ir xantar a Castroverde, ao restaurante A Pereira-2,
onde temos contratado alí un menú para celebrar conxuntamente tal
evento. Podédesvos apuntar a este xantar -cun prezo de 15 euros por
cabeza-, na seguinte ligazón:
Só
tedes que encher o formulario que sae logo de premer na ligazón para
anotarse ao xantar. É obrigatorio poñer unha conta de correo
electrónico, caso de que non a teñades, poñede a de alguén coñecidx.
En
arquivos adxuntos, vai o cartel anunciante do acto, un tríptico que
informa máis sobre o que pasou en Montecubeiro, e das razóns que levan
á Iniciativa Galega pola Memoria a convocar o acto de homenaxe ás
vítimas do franquismo, e máis un arquivo dun acceso á parroquia de
Montecubeiro desde a autovía que vai de A Coruña á Pedrafita do
Cebreiro.
mércores, 14 de agosto de 2013
III Xornadas Memoria dun Tempo no Barqueiro (Mañon)
O Barqueiro (Concello de Mañón) A Coruña. 22-24 de agosto
Nordés 9/8/13
Programa das III Xornadas "Memoria dun tempo", organizadas por Nordés e que teñen un contido variado como veredes.
Gostaríanos moito contar convosco para poder seguir adiante con iste proxecto, polo que vos pedimos que veñades, participedes e, si cadra, vos faigades nordesteirxs.
Programa dos actos do día de Galicia Mártir
SÁBADO 17 DE AGOSTO:
DÍA GALIZA MÁRTIR
Acto Institucional do Concello de Poio
Ás 13:00 horas diante do Monumento a Alexandre Bóveda (Poio)
DÍA GALIZA MÁRTIR
Acto Institucional do Concello de Poio
Ás 13:00 horas diante do Monumento a Alexandre Bóveda (Poio)
Coa participación de Silvia Díaz, concelleira de Cultura de Poio,
Carlos Mella, Presidente da Fundación Castelao, Xosé Luís Bóveda,
Vicepresidente da Fundación Alexandre Bóveda, Amalia Bóveda, filla de
Alexandre Bóveda e Luciano Sobral, Alcalde de Poio.
Xantar Galiza Mártir 2013
Ao remate do acto institucional no restaurante PAZO DA CAEIRA. Camiño da Ruza 10 (Poio). Entregarase o VIII Premio Galiza Mártir ao Proxecto Nomes e Voces.
Xantar Galiza Mártir 2013
Ao remate do acto institucional no restaurante PAZO DA CAEIRA. Camiño da Ruza 10 (Poio). Entregarase o VIII Premio Galiza Mártir ao Proxecto Nomes e Voces.
Menu:
Timbal de verduriñas, queixo e polbo; Rissoto de cogomelos; Queixadas de porco ao estilo tradicional; Variado de tartas; Cafés, Infusións e Selección de licores
PREZO: 25 euros
Podes anotarte en:
https://docs.google.com/ forms/d/ 1ZJcNgshLCTlmUDdRBLn2Jf9uoj CG8Sea0a51W8sy6Zc/viewform
Acto Cívico
Ás 19:00 h. no cemiterio de San Amaro.
Conduce Xose Luis Bóveda, Vicepresidente da FAB. Intervencións de Lourenzo Fernandez Prieto e Rodrigo Cota. Ofrenda floral perante o sartego de Alexandre e Amalia.
Acto Político
Ás 20:00 h. na Praza de Curros Enríquez
Coa participación de Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde de Pontevedra, Valentín García Bóveda, neto de Bóveda e Secretario da Fundación Alexandre Bóveda, Marta Dacosta, escritora e Xavier Vence, Portavoz Nacional do BNG.

aniversario,
cemiterio,
fusilados,
homenaxe,
Pontevedra provinc,
premios,
vitimas,
xantar
xoves, 11 de abril de 2013
Actos republicanos en Redondela
Falo de Redondela 11/4/13
Este ano, como tantos outros, o Colectivo Republicano de Redondela realiza os actos do mes de abril. Serán os seguintes:
-Sábado 13 de abril, ás 20:30 horas, estrea da película “Assalto ao Santa María” na sala Discotasca. Entrada de balde.
-Domingo 14 de abril, ás 13 horas,
ofrenda floral na foxa común do cemiterio dos Eidos e, á continuación,
ofrenda floral na praza da IIª República.
-Domingo 14 de abril, arredor das 14
horas, xantar republicano no furancho de Moncho, en Nespereira-Pazos de
Borbén, prezo 15€ (Avisar ao compañeiro David no teléfono 682152025).
Saúde e República.
mércores, 10 de abril de 2013
VI Festa Repúblicana en Cambre
Lugar: Local sociocultural de SDCR Sporting Cambre
Reivindicando a República. Con churrasco, chorizos, sobremesa...
Convoca: EU-Cambre.
Actos de conmemoración da proclamación da II República en A Coruña
Traducción Estación Atlántica
Escrito por Ateneo 21.03.2013
Actos de conmemoración da proclamación da II República Española. dìa 14:
12,00 horas. Cemiterio Civil. Do mesmo xeito que en anos anteriores, o Ateneo Republicano de Galicia organiza unha ofrenda floral no cemiterio Civil da Coruña.
13,00 horas. Punta Herminia. Campo dá Rata. Concentración e alocución conmemorativa ante o Monumento aos fusilados.
14,15 horas. Restaurante Playa Club (Andén de Riazor s/n). Comida de confraternización republicana. Rógase confirmar asistencia antes do xoves 11 de abril. Os asociados recibirán o menú e as condicións por correo postal.
18,00 horas Concentración jardines Mendez Nuñez
domingo, 7 de abril de 2013
Calendario de actividades Semana da República en Marín
A Asociación pola recuperación da Memoria Histórica de Marín presenta
o calendario de actividades que vimos organizando durante os últimos
anos en torno ao 14 de abril co gallo da celebración do "82 Aniversario da República". Estimamos contar coa vosa presenza.
- O venres 12 de abril ás 20:00 horas terá lugar a conferencia-coloquio "Marín durante a Segunda República" do investigador Celso Milleiro Sánchez no salón de actos de Biblioteca Pública Municipal "Vidal Pazos" de Marín.
- Domingo 14 de abril ás 13:00 horas, ofrenda floral na Pedra da Liberdade (xardín ao carón do Concello). Intervirá Valentín García Bóveda da Fundación Alexandre Bóveda.
- Domingo 14 de abril ás 14:30 horas, Xantar Republicano, no restaurante Xan Xián (Carballal, 4 - SAN XULIAN - 36915 Marin). O importe do menú é de 20 euros (reservas ata o venres 12. Información no teléfono 628 255 072).
Agardámosvos. Unha aperta agarimosa!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)