O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta convocatoria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta convocatoria. Amosar todas as publicacións

venres, 12 de xuño de 2015

Xornada de Reflexión da Iniciativa Galega pola Memoria


O próximo 20 de xuño, a Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) celebrará unha XORNADA DE REFLEXIÓN, no Pazo da Cultura de Pontevedra, na rúa Alexandre Bóveda (localización).

Dita xornada, que terá sesión de mañán e de tarde, está aberta para representantes de organizacións memorialistas galegas, inscritas na IGM. O local previsto para a celebración da devandita Xornada de Reflexión ten unha capacidade máxima de 40 persoas, así que as persoas que desexen anotarse nesta xornada o poden facer na ligazón que abaixo aparece, e serán inscritas por estricto orde temporal de inscrición, ata o máximo do aforo permitido (40 persoas).

Abaixo está o formulario de inscrición na Xornada, onde tamén aparece a opción de apuntarse para o xantar no mesmo Pazo da Cultura. Tamén aparece a orde do día da Xornada de Reflexión da IGM, que está composta de seis apartados.

Comentarvos tamén que ese día en Pontevedra celebraráse unha carreira popular, polo que o tránsito estará cortado nas rúas que dan acceso ao Pazo da Cultura. Daquela, para as persoas que teñen pensado achegarse en coche ata alí, recomendamos que aparquen a unha distancia prudencial do Pazo, pola imposibilidade de facelo alí mesmo. Nas próximas mensaxes recibiredes algunha indicación sobre aparcamentos alternativos ao que está a carón do Pazo da Cultura.

Esta é a ligazón onde podedes atopar o formulario que debedes de cubrir para a inscrición na Xornada de Reflexión da IGM.

Este á a orde do día da devandita Xornada de Reflexión. Como podedes ver, aínda falta por definir a asociación que se encargue de facer a introducción en tres dos temas a tratar. Nos vindeiros días será resolto esta eiva.

Animándovos a inscribiros nesta Xornada de Reflexión da Iniciativa Galega pola Memoria, e agardando vérmonos todxs o vindeiro sábado 20 de xuño en Pontevedra, recibide unha forte aperta,

Iniciativa Galega pola Memoria

xoves, 19 de xuño de 2014

Concentración en Pontevedra pola República Galega

 
As galegas e galegos non temos rei. República Galega XA!! Hoxe haberá concentracións en todas as cidades galegas ás 20h. En Pontevedra será na Praza da Peregrina.

Concentración Unitaria xoves 19 En Noia

 
Terra de Outes 18/6/14
A Asociación Terra de Outes e a Comisión pola Memoria Histórica do Barbanza convocan a todos os seus socios/as e amigos /as a participar na concentración Unitaria que terá lugar o próximo xoves, 19 de xuño, a partir das 20.30 h., diante da Casa do Concello de Noia co lema GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR.

DI NON Á MONARQUÍA!!!

DEREITO A DECIDIR!!!

En arquivo adxunto envío o texto do manifesto
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes

domingo, 17 de febreiro de 2013

Xuntanza da Iniciativa Galega pola Memoria

Atendendo á demanda dalgunhas asociacións de entrar desde o movemento memorialístico no debate sobre a transición e dalgunhas institucións do actual réxime herdadas do franquismo, así como diante da solicitude dunha reunión do grupo parlamentar de AGE, faise unha proposta de xuntanza para o vindeiro sábado 23 de febreiro ás 10:30 na Casa das Asociacións de Santiago de Compostela.

A orde do día proposto tamén quedaría como segue:
1º Análise da situación do movemento memorialístico en Galiza.
2º Debate sobre a lei de amnistía e transición desde o punto de vista da recuperación da memoria histórica.
3º Xuntanza, se así se acorda, cun representante de AGE a petición súa.
4º Propostas para a homenaxe nacional anual de San Simón para o presente ano.

Un saúdo
Para localizar a Casa das Asociacións:

venres, 2 de setembro de 2011

Convocatoria aberta a colectivos sociais e organizacións pola retirada da Cruz do Castro









CONVOCATORIA ABERTA A COLECTIVOS SOCIAIS E ORGANIZACIÓNS
POLA RETIRADA DA CRUZ DO CASTRO

MÉRCORES 7 DE SETEMBRO ÁS 20:30H NA FEDERACIÓN VECIÑAL

A todo o tecido social, sindical e político da cidade de Vigo.

A Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao" e máis a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 anunciamos o pasado mes de xullo a nosa intención de impulsar unha grande convocatoria social, aberta e plural, para demandar a retirada da Cruz do Castro, un dos últimos símbolos fascistas que inda permanecen lamentabelmente na cidade. Esa convocatoria pretendemos que cristalice nun acto reivindicativo, nunha grande concentración cidadá o vindeiro 14 de setembro, por ser a data na que ese monumento á barbarie fascista cumprirá 50 anos desde a súa inauguración no que daquela chamaron Praza División Azul.

Tal e como explicamos publicamente esta iniciativa non parte nin da carraxe nin do ánimo de revancha. Xorde dunha elemental pero fonda dignidade democrática, incompatíbel coa permanencia de símbolos que representan a represión, a persecución e o asasinato. Reclamamos que a cruz do Castro non cumpra nin un ano máis en pé, porque após case tres décadas desde a fin da ditadura franquista, ofende o seu mantemento nun lugar tan emblemático da nosa cidade. Non é tampouco esta unha iniciativa contra ninguén, senón en favor da convivencia democrática que só pode asentarse no respecto, dignificación e reparación das vítimas dun réxime totalitario e brutal.

Após case catro anos desde a aprobación da Lei da Memoria Histórica, insuficiente pero imprescindíbel, entendemos que non hai excusa nin argumentos para que o Concello de Vigo proceda a retirar este monumento.

É por iso que desde a Federación Veciñal e a Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 facemos un chamamento a todas as organizacións sociais, políticas e sindicais, a toda a xente de ben, a sumarse a esta iniciativa para botar abaixo dunha vez por todas ese símbolo que nos ofende e que non representa a ninguén. Para reclamar do Concello de Vigo a vontade política que inda non tivo para atender esta demanda social.

A tal efecto convocamosvos a asistir a unha xuntanza aberta a todos os colectivos e organizacións que desexen participar, o vindeiro mércores 7 de setembro ás 20:30h nos locais da Federación Veciñal (Praza da Princesa 7-2º), para concretar o acto do vindeiro 14 de setembro.

Un saúdo.

Xabier P. Igrexas
Secretario
secretaria@eduardochao.org
Pza. da Princesa 7-2º,36202 Vigo.
Tel.: 658.938.744                
Mób.: 619.825.339             

venres, 27 de maio de 2011

Convocatoria de apoio da acampada de Ferrol á acampadabcn

Praza de Armas de Ferrol, a photo by Emilioferrol on Flickr 26/5/11


Hoxe ás 19:00h concentración na Praza de Armas de Ferrol, en rexeitamento a actuación policial e en apoio a acampada Barcelona, polo intento salvaxe de desaloxo por parte da policía

Acudide!!