O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta documentación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta documentación. Amosar todas as publicacións

domingo, 22 de marzo de 2015

O fondo do Siñor Afranio cedido ao Instituto de Estudos Miñoranos pola familia Álvarez Cáccamo.

Fondo documental Siñor Afranio | IEM

IEM 18/3/15
A familia Álvarez Cáccamo cedeu ao Instituto de Estudos Miñoranos unha serie de documentos orixinais relativos á figura do Siñor Afranio. Personaxe creado polo parlamentario republicano e presidente do Consello de Galicia, Antón Alonso Ríos, ca fin de eludir a represión franquista tralo alzamento de 1936. A sinatura do convenio que rexerá a custodia e divulgación do fondo tivo lugar este mércores 18 de marzo na Aula de Cultura Ponte de Rosas por parte de Alfonso Álvarez Cáccamo, en representación da familia e Carlos Méixome polo IEM.

Tralo golpe de Estado e con 50 mil pesetas de recompenza pola súa captura, Alonso Ríos debeu enfrontar unha urxente fuxida da represión franquista. Na clandestinidade o seu corpo comezou sufrir os efectos da precariedade: magro, envellecido, barbudo. Foi entón que decidiu sacar partido desa condición converténdose nun ficticio esmoleiro portugués de nome Afranio de Amaral. Con ese camuflaxe comezou a súa andaina clandestina por Galicia, que o trouxo ao Val Miñor e o Baixo Miño na procura de cruzar ao Portugal co xeito de embarcar a América, o que conseguiu.
 
A documentación achegada contén os manuscritos orixinais do libro Siñor Afranio , onde Alonso Ríos, a instancia de Xosé María Álvarez Blázquez , narra con detalle todo o acontecido nesas datas. Inclúe a fotografía orixinal, única do Senior Afranio, a correspondencia cruzada entre Álvarez Blázque e Alonso Ríos, recortes de prensa, e unha novela inédita (mecanografada), titulada Nidia.
 
No acto de sinatura do convenio, Alfonso Álvarez Cáccamo considerou que o IEM pola súa tradición e modo de traballar era o mellor destinatario para a custodia e divulgación deste material. Pola súa banda, Carlos Méixome, adiantou que o IEM expoñerá parte do fondo no Espazo da Memoria, localizado na Aula de Cultura Ponte de Rosas, e xestionará a apertura para consulta da documentación por parte investigadores e público interesado.
 
Alfonso Álvarez Cáccamo amosa a fotografía orixinal do Siñor Afranio,
acompañado de Carlos Méixome (IEM)
 

sábado, 29 de xuño de 2013

A comisión da Memoria Histórica do Barbanza pedirá aos concellos que cataloguen os seus arquivos

Traducción Estación Atlántica
Diario de Arousa.com - Redacción Riveira 27 Xuño 2013
O presidente da Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica do Barbanza, Xan Hermida, anunciou que fará un chamamento aos alcaldes dos municipios comprendidos entre Padrón e Muros, sobre a necesidade de catalogar os arquivos municipais en colaboración coa Xunta. Precisou que esas dependencias son claves para o estudo da represión física, psíquica, laboral e económica, polo que pide o seu inventario, manter os documentos e que se dean facilidades para a súa consulta. Hermida dixo que é consciente de que moitos papeis vendéronse ao peso, ademais de que houbo algún expurgo e incendios. E cre necesario recuperar os fondos documentales de 1936 a 1950 dos xulgados de primeira instancia de Padrón, Muros e Noia.

Hermida tamén anunciou que ás oito e media desta tarde no centro cultural Lustres Rivas presentarase o libro "Teresa Alvajar López. Memorias dunha republicana", de Aurora Marco, coa que dixo recupérase unha voz da memoria democrática "e que nos achega ao tortuoso século XX español". Detallou que recolle o "desarraigamento, soedade, incerteza e penuria" da protagonista, e que o seu contido non deixará indiferente a ninguén. O presidente da comisión subliñou que Alvajar representa o compromiso coa República, e que coa súa valentía e coraxe enfrontouse a un proceso continuo de dificultades, chegando a sacar adiante ela soa a catro fillos.

Desde a Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica do Barbanza indicaron que Teresa Alvajar tiña 15 anos en 1936 e que o golpe militar marcou para sempre a súa vida. De feito, precisaron que, desde entón, a súa familia non se volveu a xuntar nunca máis, producíndose a súa peregrinaje por España debido á guerra e logo no exilio francés ata o regreso a España coa Democracia. E resaltou a estreita relación que mantivo o seu pai, César, con Castelao.

Na presentación do libro proxectarase o documental de 10 minutos que elaborou Pablo Ces sobre Teresa Alvajar, e obsequiarase ás familias de tres represaliados de Riveira -José Lijó, José Sieira e Manuel García- co poemario que Xabier López, Antonio Piñeiro e Manuel Cartea fixeron na súa memoria e de todos os represaliados.

mércores, 29 de xuño de 2011

A documentación do sindicalista José Villaverde Velo na Real Academia Galega

Estimados/as amigos/as,

Hoxe mércores día 29 de xuño, na sede Coruñesa da RAG terá lugar a partires das 13.00 horas, o acto de cesión da documentación do sindicalista José Villaverde Velo á Real Academia Galega.

Procederase á sinatura da cesión por parte das irmáns Mar y Luz e Olga Villaverde Otero e o presidente da Academia, Xosé Luís Méndez Ferrín, cumpríndose así, así un dos desexos dos familiares de Villaverde Velo: que a documentación de carácter político agochada durante a Guerra Civil e a ditadura franquista remate nun Centro Documental de carácter público accesible a toda a cidadanía interesada na historia do movemento obreiro galego e na represión franquista acontecida tralo golpe de estado de xullo de 1936.

En 2007 o Proxecto de Investigación “Nomes e Voces” púxose en contacto coas irmáns Villaverde Otero grazas á relación que o coordinador de Pontevedra Dionisio Pereira, mantiña coa familia desde os anos setenta. Desde ese momento, os investigadores da universidade compostelá realizaron unha recompilación, catalogación e dixitalización de preto de 100 fotografías de carácter histórico, da correspondencia política de José Villaverde con líderes sindicais Galegos e estatais e de parte da súa biblioteca. Así mesmo, procedeuse á recuperación e posta a disposición pública dos xornais Solidaridad Obrera, Solidaridad, La Calle e Brazo y Cerebro a través da páxina web do grupo de investigación

Solidaridad Obrera e Solidaridad foron os voceiros, en diferentes anos, da Confederación Regional Galaica-CNT, editados na Coruña entre 1930 e 1936 –o primeiro deles até 1934 e o segundo de 1935 a 1936. O caso de La Calle é aínda máis significativo xa que esta é a única colección coñecida deste xornal sindicalista, editado nos primeiros meses de 1936 tamén na cidade herculina.

Agardamos que esta información sexa de interese.

Grazas e un saúdo cordial,
Chus Martínez

Máis información:
Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598