Amosando publicacións coa etiqueta 18 xulio b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 18 xulio b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 10 de xullo de 2016
Homenaxe nacional ás vítimas do franquismo 2016
Iniciativa Galega pola Memoria 7/10/2016
A Iniciativa Galega pola Memoria un ano máis organiza a homenaxe
nacional ás vítimas do franquismo que terá lugar o vindeiro domingo 17
de xullo na Illa de San Simón. Este ano, polo seu 80 aniversario ten
especial relevancia para chamar a atención sobre este espazo que debera
ser fundamentalmente un lugar para a memoria.
Na illa de San Simón houbo moitos presos na súa colonia penitenciaria agardando en moitos casos un desenlace tráxico. É un sitio para o recordo mais tamén para reivindicar a xustiza nun presente onde aínda segue vixente a impunidade, a mentira e a apoloxía dese réxime de terror. Desde a Iniciativa Galega pola Memoria queremos un ano mais defender a verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición.
As persoas que estean interesadas en asistir teríanse que poñer en contacto coa Asociación memorialística da súa comarca que sexa membro da IGM co fin de organizar o embarque xa que as prazas son limitadas. A inscrición pecharase en canto se complete o número que lle corresponden a nosa comarca. Confirmarase e darase un tiquet a aqueles que poidan embarcar. Ninguén que non estea confirmado e co tiquet poderá embarcar por necesidades da propia limitación de prazas que teñen os barcos.
domingo, 19 de xullo de 2015
Crónica do Homenaxe nacional ás vítimas da represión franquista en San Simón
| Foto da IGM |
Iniciativa Galega pola Memoria [IGM] 19/7/15
O reclamo de xustiza e non esquecemento para as vítimas da ditadura franquista uniu a máis de 400 persoas este domingo no antigo campo de concentración da illa de San Simón. Convocados polas asociacións reunidas na Iniciativa Galega pola Memoria, participaron dun acto, este ano inspirado na lembranza das persoas exiliadas por causa da represión. A xuntanza, cun fondo carácter tamén emotivo, contou coa testemuño de Darío Rivas, quen aos 94 anos lidera a querela na Arxentina contra os responsables do xenocidio iniciado en 1936, entre cuxas vítimas atópase seu pai, alcalde de Castro Rei executado por falanxistas.
Nesta homenaxe anual ás vítimas, a IGM reiterou demandas centrais como a derrogación da lei de amnistía, lembrando ao Estado español que está a incumprir coas recentes recomendacións que en materia de dereitos humanos fíxolle Nacións Unidas .
Especial fincapé tivo o reclamo por devolver o carácter de lugar de memoria á illa de San Simón, un dos maiores campos de concentración montados polo franquismo entre 1936 e 1943. Pedido estendido a un debido recoñecemento ás familias da parroquia de Cesantes, pola súa labor solidaria e humanitaria naquel período cos repesaliados e as súas familias.
Os asistentes á homenaxe chegaron á illa en catro quendas dun barco que partiu do porto de San Andrés de Cobres (Vilaboa). E no mediodía comezou a homenaxe coa interpretación do Himno de Reigo por parte do grupo de gaitas presente. Inmediatamente Fernando Souto (da CRMH da Coruña) fixo un resumo aos presentes das demandas históricas da IGM, para logo dar paso á lectura por parte de Queta Molas (ARMH de Marín) dun texto de Luís Bará (Asociación “A Regaduxa” de Vilaboa) que lembra a testemuña de Isabel Gómez Costas e a súa familia, veciños de Redondela, que marcharon ao exilio no ano 1937.
Darío Rivas foi presentado polo músico e mestre Mero a quen une unha afastada relación de amizade. Espazo da homenaxe altamente emotivo para eles e o público que seguiu cun silencio respectuoso a lembranza das horas difíciles que viviron esas familias de Lugo. A intervención de Darío Rivas, puxo broche final ao acto xunto coas tradicionais soltas de pombas e achegas florais que familiares e amigos das vítimas achegaron una ano máis a San Simón. Unha sentida entoación do Himno Galego pechou a homenaxe.
sábado, 18 de xullo de 2015
Acto anual de homenaxe as vitimas do franquismo na Illa de San Simón
Día 19 de xulio na Illa de San Simón
Programa:
- Interpretación do himno de Riego
- Fernando Souto da CRMH da Coruña
- Enriqueta Otero Asociación pola Recuperación da Memoria Historica de Marín, lectura de texto sobre Isabel Gómez Costas e a súa familia, veciños de Redondela, que marcharon ao exilio no ano 37
- Presentación de Mero de Darío Rivas
- Intervención de Darío Rivas
- Solta de pombas
- Ofrenda floral
- Himno Galego
Fóra de programa presentarase a Asociación de Familiares de Marinos vítimas do franquismo na Base Naval de Ferrol.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


