O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta videos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta videos. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de abril de 2016

Moción en Narón relativa á conmemoración o 14 de Abril da proclamación da II República


Naron Esquerda Unida 31 mar. 2016
Parafraseando a ese gran comunista e poeta que foi Miguel Hernández, que rematou a súa luminosa vida un mes de Marzo de fai 74 anos nunha cadea fascista, “Xamais renunciaremos nin ao máis vello dos nosos sonos”. 

O 14 de abril cumpriranse 85 anos da proclamación da II República, o primeiro réxime democrático da nosa historia que instaurou un verdadeiro Estado de Dereito e proclamou a primeira constitución democrática de España. Esta Constitución plasmou o principio de igualdade dos españois ante a lei, ao proclamar España como “unha república de traballadores de toda clase que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza”, o principio de soberanía popular, establece o sufraxio universal para homes e mulleres maiores de 23 anos. En economía a propiedade privada quedou suxeita aos intereses da economía nacional, constituíuse un “Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións”, o principio de laicidade “o Estado, as rexións, as provincias e os Municipios, non manterán, favorecerán, nin auxiliarán economicamente ás Igrexas, Asociacións e Institucións relixiosas”, ademais recoñeceuse o matrimonio civil e o divorcio así como o ensino primario laico, gratuíto e obrigatorio, e recoñécese a liberdade de cátedra.

Este sistema democrático acabou coa derrota na Guerra Civil para dar paso a máis de 40 anos de franquismo, de represión e de retrocesos.

O 14 de abril ten que ser unha data reivindicativa para reclamar o dereito á República e facer unha homenaxe a todos os alcaldes e concelleiros que coma nós defendían entón a legalidade e os intereses da veciñanza, moitos deles pagaron coa vida esta defensa, coma tamén o fixeron moitos veciños e veciñas dos concellos daquel período escuro, así como para condenar o golpe de estado contra a II República e a represión franquista. 

“Quen esquece a súa historia esta condenado a repetila”, isto o dixo fai moito tempo un tal Marco Tulio Cicerón, ala no 106 AC, esta é unha gran verdade, precisamos de ter Memoria Histórica. 

Porque a mal chamada Guerra Civil non foi unha guerra, foi un golpe de estado perpetrado por militares traidores as ordenes da oligarquía que defendía os seus privilexios, un golpe de estado contra un goberno lexitimo e referendado nas urnas, un golpe de estado covarde que provocou unha guerra brutal, os fascistas do bando mal chamado “Nacional” contaron con a inestimable axuda do fascista Benito Mussolini que enviou soldados e armas, tamén do NAZISMO de Adolf Hitler que aportou máis armas e a súa aviación, trouxeron tamén a Garda Mora, a todos eles o fascismo español lles abriu as portas para matar o seu propio pobo, no estado español fíxose un verdadeiro xenocidio ideolóxico, as fosas comúns seguen cheas da semente dun pobo que se quería libre. 

Lembro agora unha das imaxes de Castelao onde dicía, “Non enterran cadáveres enterran semente.”

Algúns din que cando falamos de memoria, xustiza e reparación, reábrense feridas, pero ¿como imos a reabrir feridas que nunca foron pechadas? cando eles mesmos encargáronse de mantelas abertas, de potenciar a separación das DOS ESPAÑAS, ¿como perdoar cando nunca se pediu perdón?, a ninguén se lle ocorre en Alemaña falar de que hai que esquecer o holocausto, alí negalo é un delito. 

Por Narón, polo noso concello tamén pasou a besta fascista, as cifras contan unha pequena parte do horror e o terror que se viviu, pero só temos datos estimados, tan só coñecemos a punta do iceberg da barbarie, posto que algúns aínda teiman en perder a Memoria. 

Temos documentados un total de 93 asasinados en Narón, unha parte deles foron mariñeiros que se mantiveron fieis a República e a legalidade durante o golpe, no Val foron fusilados e enterrados no cemiterio 48 mariñeiros do “Acorazado España” e do “Vapor Domine”, en San Mateo foron fusilados e enterrados no cemiterio 17 mariñeiros do “Mar Cantabrico”.

Nove veciños de Narón foron fusilados, quince foron paseados e asasinados nas nosas cunetas, un foi apaleado ata a morte, dous morreron en enfrontamento armado, outro morreu en prisión. 

Estas 93 persoas foron asasinadas, pero tamén están os represaliados, os que foron depurados, os desterrados, os escapados e exiliados, os presos, os multados...

Como terrible anécdota do terror das hordas Nacional Católicas do Franquismo, destas beatas persoas que loitaban por “Deus” e “España”, esta o feito de que o día 26 de Decembro, supoño que para celebrar o Natal, no Val foron fusilados máis de 20 mariñeiros do “Acorazado España”. 

O próximo día 13 de Abril Memoria Histórica acompañada por todas e todos os que queremos ter Memoria fará no cemiterio do Val e no de San Mateo unha ofrenda floral en homenaxe a todas e todos os represaliados. 

Honor e Gloria os nosos mártires. Saúde e República. 

¡A pola terceira!

martes, 20 de outubro de 2015

domingo, 2 de agosto de 2015

Bernardo Máiz amosa novos datos do asesinato de Moncho Reboiras


6-Febreiro-2014 Ateneo Ferrolán. 
Bernardo Máiz  desvela novas investigacions que descobren coma Mocho Reboiras, o sindicalista nacionalista galego foi asasinado recibindo varios disparos únicamente pola espalda. Tamén rexeita a antiga tese de que Reboiras ía armado. Estas novas investigacions serán publicadas en pouco tempo.

Esta parte pertence a charla feita no Ateneo Ferrolán por Manuel Monge (ex-presidente da CRMH da Coruña), Bernardo Maíz (doutor en Historia) e por Fernando Souto Suárez (presidente da CRMH da Coruña) co título "O camarada Fraga e as víctimas da represión franquista". 

venres, 12 de xuño de 2015

70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio



A Fundación Moncho Reboiras presenta un video documental baixo o título: “70 anos do Consello de Galiza. O goberno galego no exilio”, conmemorando o que fora o organismo  de representación institucional do pobo galego creado no exilio por iniciativa de Castelao en novembro do 1944. A iniciativa que conta coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, intégrase nun proxecto divulgativo que inclúe tamén unha exposición, a edición dun folleto e unha conferencia-coloquio.
 

domingo, 17 de maio de 2015

Ensuciando o día das Letras Galegas'15: dedicado a un membro da Comisión Depuradora do Maxisterio

Quen é exactamente Filgueira Valverde
Membro da Comisión depuradora do maxisterio
 
Hoxe a derechona franquista máis recalcitrante baixo o signo do revisionismo e negacionismo empeñáronse en manchar o Día dás Letras Galegas coa distinción a un DEPURADOR REPRESOR FRANQUISTA.

Este día sí pasará á historia das ignominias onde a creación literaria pasa a ser máis importante que a Vida Humana

Pola miña banda unha homenaxe a eses Mestres depurados grazas ás grazas do individuo Filgueira Valverde
 
Vai por Eles


domingo, 19 de abril de 2015

Manifestación de Vigo en prol da República


 
Video da manifestación pola República en Vigo, que tivo lugar o 14 de abril, o mesmo día no que, tamén un martes martes 14 de abril de 1931 se proclamou a II República, que logo Franco aniquilou, condenándonos a 40 anos de dictadura que pariu un réxime monárquico cunha lexitimidade máis que dudosa. Ó remate da manifestación, na mesma praza onde foron asasinados varios republicanos, interpretáronse o himno de Riego e o Galego, baixo as bandeiras galega e republicana.

domingo, 22 de febreiro de 2015

Recibimento a Felipe VI na Coruña (19.02.2015)

 

Isidro Pondal: A Memoria Recuperada

 
18/02/2015 Galeguizargalicia.tv
 

Volveu a memoria restaurada de Isidro Parga Pondal á Facultade de Química da Universidade compostelán, da que foi profesor, e posteriormente expulsado polas autoridades franquistas. Estamos seguros que desde a descuberta do busto realizado polo escultor Xosé Molares na entrada principal da facultade, o alumnado do centro ten un maior coñecemento do labor científico da figura máis senlleira das ciencias do século XX
 

mércores, 7 de xaneiro de 2015

Un dìa coma hoxe, do ano 1950 morrìa Castelao

 
COMPAÑEIRO DANIEL
Compañeiro Daniel de vida innumerable
como os astros do ceo i os camiños do mar
na tenebrosa noite da patria inhabitable
témoste no recordo con mao á luz alba.
A ti falo Daniel morto lonxe da terra
es noso i a túa luz alumea a escuridá
que nos deixou a historia de tres anos de guerra
en que os lobos mataron a luz e libertá.
Compañeiro Daniel, as pistolas sonaban
i enloitaron cunetas con sangue loitador
as pistolas sonaban i os panbidos berraban
a terrible victoria do odio e do terror.
E ti fúcheste lonxe predicar no deserto
pra erguerdes un exército que endexamais loitou
e morriches un día sin veres entreaberto
o camiño da volta que a túa alma soñou.
Pro na Patria abatida e do pobo explotado
nacimos nós os fillos da morte e do tristén
percurando furiosos vinganza e novo Estado
i unha roxa alborada sin cabo nin comén.
I a ti bo compañeiro que o furacán aleibe
matou desesperado na outra banda do mar
prometémosche a terra dunha Galicia ceibe
pra enterra- los teus ósos onde teñen que estar.
Darío Xohán Cabana

domingo, 28 de decembro de 2014

Francisco Carballo, sempre no corazón

 
Na Galipedia
Foi un dos fundadores do semanario A Nosa Terra en 1977 e un colaborador constante. Ten colaboracións en A Trabe de Ouro e Encrucillada.

Presentouse como candidato ao senado polo BNPG nas eleccións de 1979. En 1981 foi condenado a seis meses e un día de prisión menor e a 20.000 pesetas de multa por calumnias á policía no libro Historia de Galicia.

Desde que se xubilou viviu no Morrazo
 

Video sobre Francisco Carballo proxectado en Maceda, durante a Homenaxe celebrada o 27 de decembro de 2014

sábado, 27 de decembro de 2014

Homenaxe aos que defenderon a liberdade. Marín decembro 2014



 

Axenda de Marín 27/12/14

Acto: Homenaxe aos que defenderon a liberdade
Día: 31 de decembro
Hora: 13h
Lugar: Paseo Marítimo "Antonio Blanco"
Organiza: Asociación Recuperación da Memoria Histórica de Marín
 
O vindeiro mércores 31 de decembro, ás 13 horas no Paseo Marítimo "Antonio Blanco", terá lugar o acto anual da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín en lembranza das persoas "que defenderon a liberdade".
 
Intervirá o profesor Iago Santos Castroviejo, contarase coas actuacións do cantautor Samu Acuña e do gaiteiro Felipe Rea e farase a ofrenda floral en homenaxe e recordo dos veciños vítimas do chamado Alzamento Nacional, que tratou de desmantelar o sistema democrático iniciado coa 2ª República.
 
Amparándose nuns ilegais Tribunais Militares, ditan sentenza baixo o réxime dos Bandos declaratorios do Estado de Guerra; na vila de Marín, o alcalde e directivos das organizacións sindicais, coñecido o propósito das autoridades militares, constitúense en Comité de Guerra con activa participación de todos os procesados:
 
-Antonio Blanco Solla, alcalde socialista
-Amando Iglesias Pérez, presidente da Sociedade de Mariñeiros,
-Santiago Ramos Ramos, presidente da Sociedade de Canteiros,
-Albino Agraso Santamaría, impulsor das Xuventudes Socialistas en Seixo,
-Bernardino de la Torre Fernández e
-Demetrio Lorenzo Ordóñez, funcionarios do concello, foron condenados como responsables dun delito de rebelión militar á pena de morte .
 
No folio 233 obra dilixencia da execución da sentenza, que literalmente di:



"EJECUCIÓN DE LAS PENAS DE MUERTE. En Pontevedra a treinta y uno de diciembre de mil novecientos treinta y seis S.S.ª, por ante mi, secretario, dispuso hacer constar por la presente a las diecisiete horas treinta minutos del día de hoy fueron conducidos los reos, desde el piso bajo del cuartelillo de la Guardia Cívica de esta plaza, donde se hallaban en capilla, al kilómetro uno de la Avenida del Uruguay (Monteporreiro), donde se encontraban formadas las fuerzas con arreglo a lo dispuesto por Excmo.Sr.Gobernador Militar de esta Plaza, acompañando a los reos su defensor, el Alférez de Complemento de Artillería D.Juan José Astor García de Medrano. Colocados los reos en dicho lugar frente al piquete, fue dada la orden de fuego, quedando ejecutada la sentencia, según manifestó el médico D. Francisco Ogando Soto, quien reconoció los cuerpos de los ejecutados y certificó sus defunciones."

 
Dende a Asociación pola da Recuperación da Memoria Histórica de Marín queremos render homenaxe aos marinenses executados por defender as liberdades e mellorar as condicións de vida da clase traballadora, como os mariñeiros:

-Amable Soto González
-Manuel García González (Apache)
-Eugenio Dopazo Calviño
-Daniel Pereira Figueroa
-Manuel Gil García
-José Barreiro Núñez
-Ignacio Domínguez Abal
-Eugenio González Veiga
-Juan Domínguez Tourón
-Santiago García Area

Que forman parte do colectivo máis numeroso e perseguido da nosa vila, sufrindo directa e cruelmente as consecuencias do Golpe Militar.
 

Video sobre o Golpe de Estado de 1936 no concello de Marín. Algunhas das persoas, homes e mulleres, que sufriron represión

sábado, 18 de outubro de 2014

Telmo Comesaña: "Caballero o único que fixo foi desprezarnos e ningunearnos"

 
Cristian López / Aequistres  |  29 de Septembro de 2014
O presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, Telmo Comesaña, recibe a VIGO dixital poucos días despois da sentenza que obriga ao Concello de Vigo a derrubar a Cruz do Castro.
 
Fala das razóns que impulsaron esta loita xudicial, da actitude do alcalde fronte as demandas do seu colectivo e de por que este símbolo "que homenaxea ao fascismo e ao nazismo" debería estar fóra do corazón da cidade.

xoves, 16 de outubro de 2014

Concentración pola retirada da cruz franquista do Castro ¡Retirada! 15/10/2014

Foto Cig Comarca de Vigo
 

 
 
15/10/2014
Numerosos colectivos reclaman a retirada do monumento, en cumprimento da sentenza xudicial que a iso obriga. Á esquerda, seguen as tendas do Campamento Dignidade de Vigo.
www.vigovideo.es

mércores, 24 de setembro de 2014

"Estamos nunha época na que os temas de memoria volveron a un espazo marxinal"

Nove cruces pintadas na Volta dos Nove

Praza Pública - Marcos Pérez Pena 23/9/14
 
O 15 de outubro de 1936 un grupo de falanxistas asasinou na Enseada da Bombardeira, preto de Baiona, nove persoas (Felicísimo, O Ghonda, O Lijó de Corrubedo, O Rei Quiquito, Fidel, O Pelonio, O Ferreiro do Burgo, Generoso e Manuel Aballe), os máis deles mariñeiros e afiliados a sindicatos anarquistas. Días antes da matanza, dous irmáns, os Ineses, un anarquista da CNT e outro sindicalista da UXT, que vivían agochados dos falanxistas, deran morte a un garda civil cando os fascistas entraron na casa a detelos. No asalto morreron os dous irmáns e outras dúas persoas que vivían alí. Ademais, a vinganza dos falanxistas acabou coa vida destas outras nove persoas, que foron sacadas dos calabozos de Vigo. Porén, dende entón cada 15 de outubro aparecían no lugar, xa coñecido coma a Volta dos Nove, outras tantas cruces, unha por cada executado. Os franquistas tentaron saber quen as pintaba pero cada ano volvían aparecer as nove cruce pintadas para lembrar o sucedido. 
 
O auditorio do Concello de Vigo acolle este sábado 27 a estrea do documental A Volta dos 9, de Antonio Caeiro, despois de que o Concello de Nigrán denegase o uso do salón de actos para a estrea.
 
O acto deste sábado non só servirá para lembrar os mortos do ano 36, senón que coincide co aniversario das últimas execucións do franquismo, as de Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot, Ángel Otaegui e os vigueses Humberto Baena, José Luis Sánchez Bravo. "Queriamos establecer unha especie de ponte entre algúns dos primeiros executados do franquismo, os da Volta dos nove, e os últimos executados", destaca Antonio Caeiro, director do documental. Falamos con el sobre este filme, que se une a unha lista moi ampla de traballos audiovisuais relacionados coa memoria: A memoria dos tempos do volfram, Aillados, Arde Madrid, ou o labor realizado dende o proxecto O Faiado da Memoria, en Vilagarcía de Arousa.
 
Comezaches este proxecto hai xa anos, en 2006, deixáchelo aparcado, retomáchelo... Supoño que é difícil sacar adiante traballos coma este, sobre todo nestes tempos, non si?
Si, require de moito traballo e paciencia. Eu comecei este proxecto no ano 2006, e naquel tempo estaba case rematado, pero despois quedou un pouco apartado, si, sentía que lle perdera un pouco a perspectiva, e necesitaba poñerme en situación. O ano pasado lanzamos un crowdfunding, simplemente para recadar 1.200 euros para algúns detalles que lle quedaban ao documental. Pero sobre todo quería comprobar se valía a pena rematalo, case coma unha enquisa, e a resposta foi moi boa. Estamos pasando por unha época na que os temas de memoria volveron a un espazo un tanto marxinal. Sempre foron marxinais, se cadra houbo un momento co bipartito no que había un apoio institucional e xurdían asociacións de memoria. Pero rematou iso e desapareceron, e volvemos estar os de sempre, os que non recibimos nada nin nos tempos bos, nin nos tempos malos.
 
A estrea é en Vigo porque o Concello de Nigrán denegou o uso do salón de actos?
Si. Xa pasou cando quixemos consultar unha documentación no Concello de Baiona e non nos deron permiso. Tivo que actuar o Valedor do Pobo para que nos deixasen entrar. E en Nigrán acontece o mesmo: din que non nos deixan facer alí a proxección porque hai actos programados. E en realidade non hai acto ningún.
 
Esta é unha historia sobre a Memoria, na que a propia memoria xoga un papel protgonista, con ese esforzo, xa nos anos inmediatamente posteriores aos asasinatos, para que o crime non quedase impune... Resultábache interesante, como símbolo?
Esta é a memoria da Memoria, si. É coma aquel poema de Cernuda de 'recuérdalo tú y recuérdalo a otros'. Asasinatos hóuboos en todos os lugares, pero non o feito de que esa historia se lembrase a partir desas marcas no chan. Eu son de Gondomar, e cando era pequeno escoitaba historias de algo que pasaba en Baiona, de persoas que facían marcas. Até moitísimos anos despois non souben de que eran esas marcas e aínda máis anos despois souben de verdade o que significaban. Ese tema callou tanto na xente que a historia non rematou nunca.
 
Eu no documental falo dos nove asasinatos, pero tamén de todo o que sucedeu antes, do contexto, da historia dos Ineses, e de quen eran estas persoas, como quedou truncada a súa vida, todo o que cambiou. Aínda o outro día, presentando o documental Arde Madrid nun colexio de Monforte, preguntáballe aos rapaces se sabían que fora o Foucellas. E dicían “un guerrilleiro”. E eu insistía: “Pero que era? Que profesión tiña?”. E só un dixo: “carpinteiro”. Foucellas era carpinteiro, os mesmo que os nove da Volta eran mariñeiros, e teríano sido toda a vida de non ser pola guerra.
 
Que elementos utilizas para contar a historia?
Hai tres elementos nos que baseamos todo o traballo: primeiro, as propias testemuñas; despois, unha serie de pequenas interpretacións realizadas por persoas. E tamén unhas animacións que serven para recrear algúns momentos da historia, sobre todo as execucións dos nove, ou o episodio dos Ineses. Ademais, tiña claro que non quería utilizar a voz en off, pero había elementos na historia que non sabía como contar. Asi que utilizamos unha gravación, que se escoita nun radiocasete, que relata estas partes da historia.
 
Como vai o traballo do Faiado da Memoria?
Seguimos traballando, xusto hoxe veño dunha casa, de recoller un material ben interesante. O Faiado segue funcionando, iso si, non funciona na parte económica. Creo que a memoria e o diñeiro non se levan demasiado ben.
 

 
"A morte dos ineses" é un dos capítulos do documental "a volta dos nove" baseado na historia dos acontecido na guerra civil entre os días 13 e 15 de outubro na vila pontevedresa de Baiona. 

domingo, 21 de setembro de 2014

"Non son prorrusos, son antifascistas!"


Entrevistamos a Óscar Valadares, activista do Comité Galego de Solidariedade Internacionalsita "Mar de Lumes", que convoca hoxe unha concentración en Vigo de solidariedade á Ucraína antifascista. O no MARCO.

Redacción | @VigoDixital  |  20 de Septembro de 2014
Arredor dun cento de persoas participaron na concentración de solidariedade coa "Ucraína antifascista" convocada na nosa cidade por "Mar de Lumes" e apoiada por numerosas organizacións políticas e sociais. Vídeo no interior.
 
Numerosas organizacións políticas e sociais apoiaron a convocatoria
 
O acto realizouse esta sexta feira, venres, ás 20:30h diante do MARCO, e nel ouvíronse consignas contra o goberno golpista de Kiev. "Non son prorrusos, son antifascistas", "Non pasarán", "Unión Europea, unión imperialista", foron algunhas das palabras de orde coreadas polas persoas que se concentraron nas escaleiras do museo.
 
Ao remate do acto deuse lectura a un breve manifesto no que se facía un apelo directo á "clase traballadora galega" a se solidarizar coa loita antifascista, en alusión ás milicias populares que combaten no Donbass contra o exército ucraíno.
 
A concentración contou co apoio de A Esquerda, Anova, BNG, CIG, Colectivo Nacionalista de Marín, Comités, Comunistas da Galiza-PCPE, FPG, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega, MGS, Nós-UP, PCG, PCPG,  Partido Humanista e Xeira.


sábado, 20 de setembro de 2014

A morte do guerrilleiro Perfecto Dios en Chaherrero e nova fuga de Xoán Sorga

Camilo de Dios coa foto retocada do cadáver de seu hirmán Perfecto de Dios

Historia de Xinzo - mirocerredelo / xullo 17, 2014
O grupo de guerrilleiros superviventes da disolta II Agrupación con base na Limia, na que se atopaban Carmen Fernández Seguín o seu fillo Perfecto Dios, Xoán Sorga e Manuel González, na súa fuxida a Castela dende a Serra de San Mamede, foron sorprendidos ás trece horas da tarde do día 16 de maio de 1950, por unha parella de Gardas Civís do posto de Crespos (Ávila), o grupo de catro persoas emprendeu a fuxida; un dos gardas fixo un disparo para detelos, pero soamente Perfecto Dios Fernández se detivo tirándose a unha gabia que había nas inmediacións da beirarrúa da aldea de Chaherrero (Ávila) e sacando unha pistola, respondeu ao fogo contra a parella da Garda Civil quen repeleu a agresión resultando morto Perfecto Dios. Rapidamente acudiu ao lugar dos feitos outra parella de gardas que se atopaba nas inmediacións, iniciando a persecución dos fuxidos (Xoán Sorga e Manuel González) e sendo detida a nai de Perfecto, Carmen Fernández Seguín. Con motivo desta acción, foron atopadas dúas pistolas e propaganda comunista. No tiroteo resultou tamén ferida grave una moza do lugar que ingresou no hospital de Ávila.
 
O asunto foi comunicado o mesmo día dos feitos polo gobernador civil de Ávila ao ministro da gobernación por oficio que di: “Hacia las trece horas del día de hoy, por una pareja de la Guardia Civil, fueron vistos tres individuos y una mujer en la inmediaciones de Chaherrero, anejo de Crespos, que se les hicieron sospechosos y al darles el alto, en vez de entregarse, dispararon con pistolas al parecer, y al ser repelida la agresión por la fuerza, dieron muerte a uno de ellos, encontrando en su poder dos pistolas y unas 500 pesetas, pudiendo además detener a una mujer y dándose a la fuga los otros dos individuos que, hasta el momento, no han podido ser detenidos(…)[i]. “La detenida se llama Carmen Fernández Seguín, de 44 años, viuda, natural y vecina de Sandianes (Orense), la cual desde hace aproximadamente año y medio se juntó en unión de dos hijos a una partida de bandoleros que operaban por la provincia de Orense, capitaneada por Juan Sorga Rodríguez, y como hace más de seis meses, según manifiesta, han perdido todo enlace con el jefe de la agrupación, llamado Saúl, decidieron ante la persecución de que eran objeto por parte de la Guardia Civil de Orense, pues de los veinte que integraban la partida habían sido capturados entre muertos y heridos doce, abandonar la provincia y venir en busca de trabajo de siega a las de Madrid, Segovia o Ávila, pues el Sorga , por haberle sorprendido el Movimiento como segador en la provincia de Madrid y tenía en ella patronos conocidos (…) Y los dos que lograron escapar, son el Juan Sorga y Manuel Rodríguez González, el primero de 30 años y el segundo de 20 (…) Al muerto se le ocuparon dos pistolas, propaganda comunista y efectos de uso personal”[ii]. Perfecto Dios foi enterrado nunha fosa fora do cemiterio católico, segundo foto da ARMH que se publica. Carmen Fernández Seguín, foi xulgada en Ourense polo delito: “de formar partidas armadas dedicadas al bandidaje y terrorismo”. O fiscal solicitou pena de morte sendo finalmente condenada a trinta anos de prisión maior en outubro de 1950. (Do meu libro: Historia e memoria: A LIMIA: 1951-1953).
 
[i] Archivo Histórico Nacional. Fondos expedientes policiais, caixa: H-6561.
[ii] Archivo Militar I. Región Militar Noroeste. Ferrol. Causa militar nº 201/1950.

Máis información:

 
 
 
 
 
As botas de Perfecto de Dios

mércores, 17 de setembro de 2014

Debate en V Televisión: Deberíase retirar a Cruz do Castro de Vigo?

 
09/09/14

Estrea do documental "A volta dos nove"


27 de setembro, as 20:30 da tarde no Auditorio Municipal do Concello de Vigo 
(Praza do Rei, 1)
 

Argumento
Outubro de 1936. Na noite do día 15, nove homes sos sacados da prisión habilitada do Frontón de Vigo e levados as aforas de Baiona. Alí serían salvaxemente asesiñados. Era o final dunha vinganza que se iniciara dous días. Pero tamén era o comenzo dunha lenda: a das cruces de "A VOLTA DOS NOVE".