O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta documental. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta documental. Amosar todas as publicacións

domingo, 29 de novembro de 2015

Cambio dos nomes franquistas de dúas rúas e unha praza na Coruña



CRMH da Coruña 28/11/15
- Martes, 1 de decembro . A partir das 19.00 h., na rúa General Mola (que deixará definitivamente de molar a partir desa hora), o Concello da Coruña celebrará o acto de substitución/eliminación da terminoloxía franquista que nomea esa rúa, cambiándoa pola de rúa ÁLVARO CEBREIRO (debuxante, caricaturista, xornalista gráfico coruñés). Tamén será eliminada/substituída o nome da praza do general Mola, pasando a recuperar a devandita praza o seu nome tradicional: Praza de Santo André.

- Xoves, 3 de decembro. A partir tamén das 19.00 h., a rúa Juan Canalejo perderá o seu sinistro nome -pertencente ao do fundador da Falange na Coruña-, pasando a chamarse Rúa SOCORRO, recuperando tamén así o seu nome tradicional.


Outro acto impulsado polo concello da Coruña, coa colaboración da CRMH:

O xoves, 3 de decembro, a partir das 20.30 h., haberá un acto no Fórum Metropolitano de homenaxe aos fotógrafos coruñeses Julio e Paco Souza Fernández, tamén coñecidos polo nome de "Hermanos Mayo". Este acto será presentado polo concelleiro de Cultura e Deportes da Coruña, Xosé Manuel Sande, e constará da proxección dun documental, da autoría do fotógrafo coruñés Xurxo Lobato, quen participará no posterior debate xunto con Rubén Afonso, secretario da CRMH da Coruña.

martes, 20 de outubro de 2015

O Concello de Nigrán retoma as homenaxes oficiais a veciños represaliados e asasinados polo franquismo.

Monumento Volta dos Nove do ano 2007
Valminor.info
A demorada estrea da película “A volta dos nove” de Antonio Cairo dou inicio a unha serie de actos que en solitario ou en colaboración con asociacións civís o Concello de Nigrán promoveu en materia de memoria histórica. Continuou o sábado coa participación na homenaxe á Volta dos 9 que organiza todos os anos o Instituto de Estudos Miñoranos en Baiona. E dende alí o goberno anuncia que dará comezo unha serie de actividades na materia cara ao 2016 cando se cumpra o 80 aniversario do golpe de Estado de Francisco Franco.

O alcalde Juan González, autor de varios libros de investigación sobre a represión franquista en Nigrán e o Val Miñor,  convidou “a todo o pobo a que se sume a esta merecida homenaxe aos que defenderon a liberdade e a democracia contra o fascismo” e anima a que se asista aos actos.

Pase da Volta dos Nove
O documental ‘A volta dos nove”, dirixido polo gondomareño Antonio Caeiro, foi visto  por primeira vez en Nigrán o venres 16 de outubro no Auditorio Municipal coincidindo precisamente co 79 aniversario dos brutais asasinatos falanxistas de nove veciños do Val Miñor, cinco deles de Nigrán.

A película foi estreada o ano pasado en Vigo e posteriormente en Gondomar a instancias do Instituto de Estudos Miñoranos, despois de que o anterior goberno do PP non cedese espazo para elo no Auditorio de Nigrán.

Agora dende o Concello sinalan que o alcalde  Juan González, convidou “a todo o pobo a que se sume a esta merecida homenaxe aos que defenderon a liberdade e a democracia contra o fascismo e anima a que asista á proxección”.

Ofrenda floral e actos en Sabarís e Baiona
Ademais, o goberno local uniouse á tradicional ofrenda floral do Instituto de Estudios Miñoranos (IEM) o sábado 17 de outubro no cemiterio de Sabarís e posteriormente na coñecida como curva da ‘Volta dos nove”, en Baredo e baixo a obra do escultor Fernando Casás, onde foron fusiladas estas persoas.

As execucións de veciños do Val Miñor en outubro do 36.
Lembran dende o Concello de Nigrán que a execución de nove veciños do Val Miñor foi froito “da vinganza e represión dos falanxistas polo suceso do día anterior en Sabarís, cando no asalto das forzas nacionais á casa dos irmáns republicanos “Os Ineses” morreron estes e tamén un dos falanxistas”.

Engaden que horas despois os partidarios do golpe de Estado colleron a nove veciños detidos na prisión do Frontón, en Vigo, e os fusilaron na curva de A Bombardeira, en Baredo.

Cinco eran de Panxón (Nigrán) e os cinco eran mariñeiros:  Manuel Aballe Domínguez, de 41 anos; Felicísimo Antonio Pérez Pérez, de 44 anos; Generoso Valverde Iglesias, de 37 anos; Modesto Fernández Rodríguez “O Rei Chiquito”, de 47 anos; e Manuel Barbosa Durán, de 30 anos que aínda natural de O Burgo (Baiona) tamén vivía en Panxón.

Canda eles foron asasinados Elías Alejandro Gonda López, labrador de 36 anos de Sabarís; Francisco Manuel Lijó Pérez, mariñeiro de 34 anos de Baíña; Fidel Leyenda Rodríguez, tamén mariñeiro de Baíña de 51 anos; e José Rodríguez González “O Pelonio”, mariñeiro de Baiona de 45 anos.

“Unha tráxica historia de vinganzas e morte que supuxo nove familias de Nigrán e Baiona destrozadas pola senrazón dunha guerra civil e que deixaría unha pegada imborrable na memoria dos miñoranos, xa que durante os 40 anos de ditadura militar nove cruces apareceron marcadas na terra ou nas rochas de Baredo para que ninguén esquecera o vil asasinato de oito mariñeiros e un labrador que nada fixeran”, afirman.

Cara ao 80 aniversario do Golpe de Franco.
O goberno de Nigrán quere continuar estas actividades no eido da memoria histórica cara ao 2016 cando se cumprirán 80 anos do golpe de Estado, co obxectivo “divulgar o impacto da loita e da represión no municipio e dar así cumprido homenaxe a todos aqueles que loitaron pola liberdade e pola democracia”, avanza o rexedor, Juan González.

mércores, 14 de outubro de 2015

Actos do exilio: "Os nenos e nenas da guerra civil española" en Ferrol e Oleiros


O Ateneo Ferrolán recupera a experiencia do exilio infantil a Rusia despois da guerra 

14 Octubre 2015
Nos anos 1937 e 1938, no contexto da guerra civil española, uns 3.000 nenos e nenas foron evacuados dende a zona republicana cara a Unión Soviética, para evitarlles os rigores da guerra nas zonas máis afectadas polos combates, aínda que o oriente europeo non foi o único punto do exilio infantil das familias republicanas. Moitos daqueles nenos e nenas exiliados non puideron voltar ás súas zonas de orixe debido ás vicisitudes da Segunda Guerra Mundial, a dictadura franquista e a dinámica xeral da guerra fría.

O Ateneo Ferrolán organiza un encontro con Araceli Ruiz (Palencia, 1924) e Libertad Fernández (Sama de Langreo, 1927) dúas daquelas nenas, e Alejandra “Sura” Marcova, unha moscovita que viviu sempre no ambiente dos nenos de Rusia e casou cun deles, Manolo Fernández. Estas tres mulleres falarán da súa experiencia vital nun exilio que aínda é moi descoñecido para moita xente. E a narración da súa vida en primeira persoa irá seguida dun coloquio co público asistente. 


Tres nenas exiliadas pola guerra civil española contarán a súa historia o xoves na Fábrica de Oleiros

Alternativa dos Veciños Oleiros 13/10/15
O auditorio do centro cultural A Fábrica acolle este xoves, a partir das 20:00 h, un acto público sobre os nenos e nenas da guerra civil española. Araceli Ruiz, Libertad Fernández e Shura Marcova relatarán como sendo menores de idade tiveron que fuxir cara a Moscú ante a persecución fascista en España. Tamén serán proxectados varios documentais e realizarase unha charla coloquio moderada pola Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica.
 
A historia que achegarán Araceli, Libertad e Shura ás persoas asistentes estará acompañada dos comentarios do profesor de xeografía e historia Jorge Calle, que porá en situación e contexto a fuxida destas tres nenas cara a Rusia. Tamén serán proxectados os álbums da guerra de Castelao en Moscú, que contarán coas explicacións do profesor e investigador Xesús Alonso Montero. Carmen Rodeja, da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica e os estudantes Ángela Pérez e Daniel Sánchez moderarán un acto que durará unha hora, aproximadamente.

martes, 11 de agosto de 2015

V Xornadas Memoria dun Tempo

Nordés 10/8/15

Chega a cita coa Historia que cada ano, e van 5, propón Nordés para o mes de agosto: as Xornadas "Memoria dun tempo". Será os días 20, 21 e 22 na Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, ainda que aconsellamos consultar o cartaz adxunto por canto hai cousas que se fan fora do local citado.



Como en edicións anteriores, os contidos das Xornadas son diversos no seu contido e forma. Así, en canto a isto último, teremos conferencias, proxección dun documental, un recital, un roteiro didáctico, xantar de amizade e a 3ª homenaxe a Republicanos e Libertarios. E en canto ás temáticas, a lembranza do final da II Guerra Mundial achegándonos ás historias persoais de homes e mulleres do Ortegal que, dunha forma ou outra, víronse involucrados na mesma, dun xeito tráxico en moitas ocasións. O relator será o historiador ferrolán Eliseo Fernández.


A devandita homenaxe na Ponte Vella de O Barqueiro, coa participación da asociación Coletivo Pensamento e Sementeira de Viveiro en representación dos veciños da Mariña que foron fusilados nese paraxe da nosa xeografía, moi cerca do monolito en recordo dos represaliados e represaliadas polo franquismo no Concello de Mañón.


A homenaxe contará tamén con intervencións de persoas a título individual e as cancións de Mini e Mero e Andrés Rodríguez, músicos que daran un recital para pechar o acto.


Os tempos da dura guerra civil e posguerra ocuparán o sábado cunha camiñata por Ambosores para coñecer dos feitos lutuosos que nos primeiros anos 50 tiveron lugar nese casal, encrucillada dos concellos de As Pontes, Mañón, Muras e Ourol. A actividade será guiada polo Nordesteiro de pro Bernardo Penabade.


E rematarase falando do papel da muller na guerrilla da man da Catedrática de Lingua e Literatura Galega na USC, historiadora e investigadora especializada no área da muller, Aurora Marco, xunto coa proxección do documental "As silenciadas", de Pablo Ces (Premio Mestre Mateo 2012 ó mellor Documental; Premio “Memoria i Justicia Universal” no Festival Internacional de Cine de Derechos Humanos de Santa Coloma de Gramenet (2011); Premio “Popular runner up” no Festival internacional online Humanity Explored 2013)


Ogallá o programa sexa do voso agrado e poidamos contar con vostedes como público e participantes nestas V Xornadas "Memoria dun tempo" organizadas por Nordés.

martes, 21 de xullo de 2015

Buscamos la memoria de los presos asturianos en Cedeira (1937-1938)

Plano do Campo de Concentración de Cedeira situado na Praia
Imaxe de Asturias republicana.com 
Xosé Manuel Suárez. Historiador. Ferrol 21/7/15
Desea recibir documentos, cartas, recuerdos, fotografías... de presos asturianos en el Campo de Concentración de CEDEIRA (A Coruña) en 1937 y 1938. 
Estan recogiendo información para realizar un documental sobre el campo de concentración de Cedeira

domingo, 17 de maio de 2015

Adeus ao medo a falar


Traducción Estación Atlántica

La Opinión da Coruña - R. Prieto - A Coruña 17.05.2015
Milicianos, republicanos, guerrilleiros, enlaces da guerrilla, presos políticos e sociais, mulleres sometidas a humillacións, exiliados... Ao filme 'Vencidos', o primeiro na historia do cine documental no que se unen os testemuños de vítimas do franquismo, seguiralle un novo traballo sobre a represión trala Guerra Civil. O interese nesta parte silenciada da historia parte de dúas universidades de Reino Unido. Profesores en Montfort e Canterbury trasladáronse esta semana a Galicia para gravar o testemuño de familiares e colaboradores da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica.

Silencio. Durante décadas, o medo dos represaliados durante a ditadura e das súas familias obrigou a pechar baixo chave a memoria. Non se falaba en casa do ocorrido a noite na que os falangistas irromperon de madrugada para levarse ao pai, o tío ou ata ao fillo. Canto menos en público. Non poucos fillos e netos decatáronse hai pouco da verdadeira historia da súa familia, a que sepultou aos seus en tapias de cemiterios, cunetas ou montes.

Aínda hai medo a desenterrar a realidade daqueles anos, oculta durante décadas baixo mitos e mentiras e que perduró logo da Guerra Civil e durante a ditadura. Pero agora as súas voces empezan a escoitarse. O traballo de voluntarios da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica (ARMH), grupo orixinario do Bierzo leonés promotor das primeiras exhumaciones do franquismo en España, permitiu que desde fai anos fálese da ditadura, empécense a limpar feridas, rómpase co medo e co silencio dos anos de represión.

Silencio. Esa palabra volveu escoitarse repetidamente durante esta semana en varias localidades galegas marcadas pola ditadura. Pero nesta ocasión non foi por medo a falar, senón para dar voz a quen durante décadas mantiveron escondida a historia dos seus familiares perseguidos ou sepultos nunha fosa común.

Documental

Galicia é o primeiro escenario dun documental que comezaron a gravar esta semana profesores das universidades de Montfort e de Canterbury, en Reino Unido, para dar a coñecer o traballo da ARMH e difundir o traballo realizado desde que na primavera de 2002 abriron a primeira fosa con vítimas do franquismo, en Priaranza del Bierzo. Na comunidade galega, a primeira exhumación realizouse en Portomarín (Lugo), onde se recuperaron os restos do exalcalde Severino Rivas, fusilado en outubro de 1936.

Investigación, identificación de familiares, tarefas de exhumación, entrega de restos aos achegados, atención ás familias, homenaxes... Os profesores de Comunicación Stuart Price, da Universidade de Montfort, e Ruth Sanz-Sabido, da Universidade de Canterbury, iniciaron na Coruña e Lugo a grabación dun documental que continuará noutros puntos de España con entrevistas a membros da ARMH e familiares de vítimas do franquismo. Na Coruña, o equipo de grabación entrevistou a Carmen García Rodeja, membro da Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica, e a unha voluntaria do colectivo, Gloria Soneira, que explicou os motivos que lle levaron a colaborar co equipo de historiadores, arqueólogos e forenses da ARMH.

"A idea do documental xurdiu porque Stuart é un estudioso da Guerra Civil española e Ruth porque empezou a entrevistar a xente do seu pobo e viu a cantidade de xente que tanto ten que contar sobre a represión", apunta García Rodeja.

Na axenda de entrevistas do equipo, tamén estiveron varios denunciantes que se sumaron á querella promovida en Arxentina polo galego Darío Rivas, fillo do exalcalde de Portomarín paseado en outubro de 1936, para que a Xustiza investigue a represión durante o franquismo. Antonia Fraguela, Ester García Portela e Celsa Díaz Cabanela relataron en que situación están as vítimas da ditadura, as súas vivencias e o que supuxo para elas poñer a denuncia. E pecharon o seu grabación en Galicia cunha entrevista a unha portavoz da familia Montes, que explicou o "heroico" traballo da organización das fugas por mar nas que se salvaron máis de 500 homes.

O obxectivo dos promotores deste documental, que se gravará noutras localidades do país, é doalo á Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica e proxectalo en gran número de lugares, así como difundilo nas redes sociais. Só dando voz a quen durante anos estiveron en silencio pódese desenterrar o medo e curar as feridas que máis de 70 anos despois aínda non se pecharon.

luns, 20 de abril de 2015

Homenaxe ás liberdades en Bueu e Moaña

Xosé Novas e Manuel Mosteiro na presentación do documental sobre
Alexandre Bóveda en Bueu. // Gonzalo Núñez
Os municipios acolleron actos en memoria de Johán Carballeira e Cándida Lago
 
19.04.2015
Bueu e Moaña celebraron onte actos en memoria de dous veciños que se distinguiron pola súa loita en defensa das liberdades. O exalcalde Johán Carballeira recibiu a habitual homenaxe por estas datas por parte do colectivo Amigos de Johán Carballeira. Á tradicional ofrenda floral sumouse este ano a proxección dun documental sobre Alexandre Bóveda. En Moaña a sindicalista Cándida Lago foi a protagonista desta xornada para a memoria.
 
O Morrazo non esquece. Esa é a idea que onte se transmitiu en Bueu e Moaña, onde se celebraron actos en homenaxe a dúas figuras que representan como ninguén a loita polas liberdades. En Bueu foi o exalcalde Johán Carballeira o que recibiu a habitual ofrenda no seu monumento, mentres que en Moaña foi a sindicalista Cándida Lago a que foi lembrada nun acto organizado pola Asociación de Mulleres de Moaña e polos Colectivos dá Memoria.
 
A Asociación de Amigos de Johán Carballeira cumpriu un ano máis co ritual. Anticipándose nuns días ao aniversario do fusilamento de José Gómez da Cova, máis coñecido como Johán Carballeiro, membros do colectivo realizaron a tradicional ofrenda floral aos pés do monumento ao exalcalde budetense. Manuel Mosteiro, presidente do colectivo, foi o encargado de ler unhas palabras en memoria dun dos represaliados da Guerra Civil en Bueu, xusto antes de que se depositase unha coroa de flores. Así mesmo, algúns dos asistentes colocaron caraveis xunto ao monumento nun acto que finalizou coa interpretación do himno galego a cargo dunha gaiteira.
 
Posteriormente, o Centro Social do Mar acolleu a proxección do documental "A fazaña dá liberdade", no que se narra a biografía de Alexandre Bóveda. Nel detállanse tanto aspectos da súa vida como se verten opinións por parte de personaxes como Isaac Díaz Pardo, Xosé Manuel Beiras ou Avelino Pousa Antelo, entre outros. Aínda que inicialmente estaba prevista a presenza tanto do produtor do filme, Roi Carballido, como a dun dos netos de Bóveda, Valentín García Bóveda, problemas de última hora impediron que acudisen a Bueu.
 
En Moaña, a Asociación de Mulleres e colectivos pola memoria histórica renderon homenaxe onte á figura de Cándida Lago, sindicalista do municipio falecida o 13 de abril de 1931 cando participaba nunha manifestación que celebraba a chegada da II República. No local da Asociación de Mulleres celebrouse unha charla das catedráticas Aurora Marco e María Xesús López Escudeiro, esta última activista da memoria da muller; e realizouse unha ofrenda floral na rúa Canexa onde se descubriu unha placa en honra a Cándida.

domingo, 22 de marzo de 2015

Estrea do documental sobre José Castro "O Piloto"

 
Estrea na Coruña o 26 de marzo do documental sobre a vida de José Castro Veiga, "O Piloto", o último guerrilleiro antifranquista.
 
Na Fundación Rodríguez Iglesias (rúa Cordelería, 32, A Coruña, a carón do antiguo Cine Goya).
 
Organizado por CRMH da Coruña

martes, 17 de marzo de 2015

III Xornadas represaliadas e resistentes en Pontevedra


Coincidindo coa exposición Do gris ao violeta (Praza da Ferraría, marzo e abril de 2015), a concellaria de patrimonio histórico organiza as III Xornadas represaliadas e resistentes, que se van desenvolver os días xoves 26, venres 27 e sábado 28 de marzo na Casa das Campás, coa participación de Xosé Álvarez Castro, Montse Fajardo, Montse Dopico, Paula Godinho, Aurora Rodrigues e Pilar Allegue. Na mesa redonda do xoves tamén participarán mulleres representantes de familias pontevedresas represaliadas (pendente de confirmar nomes).

TEMPO DE MULLERES 2015

III XORNADAS REPRESALIADAS E RESISTENTES

Casa das Campás, 26, 27 e 28 de marzo de 2015.

Xoves 26 de marzo ás 19 h

Mesa redonda sobre Sobrevivir á represión e á Ditadura

Con Montse Fajardo, Xosé Álvarez Castro e mulleres pertencentes a familias represaliadas


Venres 27 de marzo

19 h Conferencia de Montse Dopico: Semente de mudanzas

20 h Proxección do documental La memoria de las olvidadas


Sábado 28 de marzo

11 h Conferencia de Paula Godinho

Propriedade privada da história e "memórias fracas": a esquerda da esquerda e as revoltas da memória.

11.45 h Relatorio de Aurora Rodrigues. Memoria da represión e da resistencia na Ditadura portuguesa

12.15 h Relatorio de Pilar Allegue. Memoria da represión e da resistencia na Ditadura franquista.

Coloquio
 
Non é necesaria a inscrición previa

xoves, 12 de febreiro de 2015

Un documental anima aos alumnos a indagar na memoria histórica

 
A obra, realizada por estudantes de Bacharelato do IES As Adormideiras da Coruña, proxectouse onte no Teatro Principal
 
ontevedra / 12 de febreiro de 2015
Alumnos dos institutos de Pontevedra asistiron onte, no Teatro Principal, á proxección do documental A Pegada dous avós, un traballo que aborda a memoria histórica desde un punto de vista pouco tratado ata agora, pois quen indagaron no tema foron compañeiros seus, estudantes de Bacharelato do IES As Adormideiras da Coruña.
 
Estes mozos investigaron a historia da xeración que viviu a Guerra Civil e enfrontáronse á dureza de historias como as de José Villaverde e de Amada García para profundar nuns feitos sobre os que non tiñan case información. Desde a súa mirada intentaron comprender o drama da ditadura, a represión e, como din eles, «coñecer de primeira man o que non vén nos libros».
 
Julia Lago, unha das alumnas que protagoniza o documental, asistiu á proxección e afirmou que os mozos «saben que se viviu esa traxedia, pero hai moita ignorancia, porque non sabemos realmente da gravidade do que pasou». O que se busca coa proxección ante os estudantes é «que teñan presente que hai moita xente que morreu para que tiveramos unha democracia». Y animarlles a indagar en la memoria histórica a través de las historias de las persoas.
 

mércores, 11 de febreiro de 2015

Acto de memoria e proxección do documental "Os fugados do Forte de Ezkaba"


 
A ASOCIACIÓN VIGUESA POLA MEMORIA HISTÓRICA DO 36 e A ASAMBLEA REPUBLICANA DE VIGO convidan á proxección do power poin "Os fugados do Forte de Ezkaba", por Fermín Ezkieta
 
Participarán nesta actividade Telmo Comesaña Pampillón, (presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36), que presentará o acto, acompañado por Celso López Pazos, (presidente da Asamblea Republicana de Vigo).
 
Este venres, 13 de febreiro, ás 20:00 horas en Andel
(Camelias, 102. Vigo)

Baixo o título ‘Os fugados do Forte de San Cristóbal/Ezkaba. 1938’, Ezkieta explicará a historia de moitos dos 795 fugados documentados que se lanzaron cara a fronteira o 22 de maio de 1938, aínda que so tres ou catro conseguiron chegar a Francia. O plan de fuga, as rutas que tomaron e a biografía dos que lograron acadar a súa meta, centrarán a conferencia.

Entre todos os fugados había 183 galegos, como o pontevedrés Amador Rodríguez, derradeiro fugado en ser capturado despois de tres meses, Leopoldo Picó, un dos cerebros da fuga, ou Antonio Valladares, outro dos organizadores. Tamén se fará fincapé no papel de diversas mulleres acusadas de complicidade que foron encarceradas.

Esta fuga ocupou no seu momento as portadas da prensa republicana e internacional, aínda que logo caeu no esquecemento e foi ocultada polos vencedores. En cifras, a fuga deixou 206 mortos enterrados nos vales entre o forte e a fronteira, 14 fusilados como dirixentes e outros 46 capturados que falecerían no forte ata 1943.

Andel do libro galego e portugués
Tel. (+34) 986 239 000
Camelias, 102
36211Vigo
Galiza
www.andelvirtual.com
https://www.facebook.com/andel.libraria

mércores, 7 de xaneiro de 2015

A Volta dos Nove en Santiago, Teo e Vilagarcía

Cuntis. Foto N. Parga
Antonio Caeiro 3/1/15
Unha das últimas proxecións de A VOLTA DOS NOVE foi en Cuntis.
 
Neste primeiro mes do ano 2015 estaremos o 22 en Santiago e o 25 en Teo.

O 7 de febreiro esperamos estar no pobo da nosa sede: Vilagarcía.

Seguiremos informando.

domingo, 28 de decembro de 2014

Francisco Carballo, sempre no corazón

 
Na Galipedia
Foi un dos fundadores do semanario A Nosa Terra en 1977 e un colaborador constante. Ten colaboracións en A Trabe de Ouro e Encrucillada.

Presentouse como candidato ao senado polo BNPG nas eleccións de 1979. En 1981 foi condenado a seis meses e un día de prisión menor e a 20.000 pesetas de multa por calumnias á policía no libro Historia de Galicia.

Desde que se xubilou viviu no Morrazo
 

Video sobre Francisco Carballo proxectado en Maceda, durante a Homenaxe celebrada o 27 de decembro de 2014

luns, 15 de decembro de 2014

Cine e charlas no programa de memoria histórica de Cuntis

Traducción Estación Atlántica
Faro de Vigo 11.12.2014
A biblioteca municipal "Roberto Blanco Torres" de Cuntis acolleu este sábado a proxección do documental "A volta dous nove". Trátase dunha peza de Antonio Caeiro sobre o proceso de recuperación da memoria histórica. Ao acabar a proxección celebrarase unha mesa redonda coa documentalista Margarita Teijeiro e o propio Antonio Caeiro.
 
Dentro das actividades, o mércores 17 farase un percorrido cos alumnos do CPI Don Aurelio de Cuntis no que se visitarán os lugares máis emblemáticos ligados a esta temática. O periplo histórico pasará polo cemiterio municipal, a Circunvalación Don Aurelio, a praza dás Árbores e a rúa do Balneario, entre outros lugares.
 
O proceso contra Aurelio Rei