O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

quinta-feira, 26 de abril de 2012

Encontro O Son da Memoria: As coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital en rede

Auditorio da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela

Venres 27 abril 2012

Estimados/as amigos/as,

Mañá, venres día 27 de abril, o Consello da Cultura Galega organiza o V Encontro O Son da Memoria: As coleccións sonoras de Galicia ante o presente dixital, que terá lugar no Auditorio da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.

Ás 12.30 horas, Lourenzo Fernández Prieto (Departamento de Historia Contemporánea e de América, USC) participará na mesa redonda: "Os Arquivos nas Universidades Galegas", xunto con Francisco Fernández Rei (Instituto da Lingua Galega) e Camiño Noia (Universidade de Vigo). Modera a mesa, Antón Santamarina.


Agardamos que esta información sexa de interese.

Grazas e un saúdo.

Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598
memoriaguerracivil@usc.es

terça-feira, 24 de abril de 2012

Querela Arxentina: Xenocidio Franquista

A Querela Arxentina: Xenocidio franquista, que tramítase no Xulgado da Doutora María Romilda Servini de Cubría, foi presentada diante da Xustiza Arxentina o 14 de abril de 2010. Responde ao principio de Xustiza Universal, o mesmo no que baseóuse a Xustiza do Estado español, a través do Xuíz Garzón, para xulgar os delitos de Lesa Humanidade ou de Xenocidio cometidos na Arxentina, así como tamén en Chile a Pinochet.

O mecanismo básico, dirixido a calquera persoa que poda testemuñar dun delito de desaparición e / ou asasinato de alguén durante a ditadura fanquista, consiste en responder a este correo, indicando a vontade e identidade da(s) persoa(s) que desexen denunciar dito(s) delito(s). Eu, como persoa encargada de recompilar todo tipo de adherencias a esta querela, contactarei cos  dous avogados arxentinos que están levando a causa no Estado Español, Carlos Slepoy e Ana Messuti, que operan como avogados dos querelantes, pois son eles quen coordinan e operan como apoderados dos querelantes. E dado que a Xuíza federal arxentina, Servini de Cubría, ten a intención de desplazarse ao Estado español a fíns de xuño, e ten a intención de desprazarse, tanto á embaixada arxentina en Madrid, como aos consulados arxentinos que hai no Estado, para tomar declaración  a todas as persoas que decidan sumarse á querela, o único que habería que facer, por parte de calqueraz persoa que manifeste a súa intención de unirse á querela, sería CUBRIR E ASINAR o impreso que se adxunta (antes do 1 de xuño de 2012), e, cando veña a Xuíza Servini a Galicia (sería a Vigo, que é onde está o consulado arxentino), faríamos por organizar o traslado das persoas querelantes a dito consulado. 

O impreso que se adxunta consiste nun escrito, indicando a identidade da persoa querelante, e unha breve descrición do delito do que a persoa querelante é testemuña. A este escrito, se houbera, deberá acompañarse todo tipo de documentación (evidentemente fotocopiada, nunca os orixinais) que poda enriquecer a descrición do delito a denunciar. Fotos, documentos xudiciais, etc. Pero se non houbera ningún documento, pois non pasaría nada. 

Pero, se tés a intención de participar coa tua testemuña neste proceso de denuncia do franquismo, non tés por qué viaxar a Arxentina. Podes facelo desde a túa casa, contestanto a este correo, ou chamando ao teléfono 645029338 (preguntando por Rubén, e preferiblemente polas tardes, por razóns laborais). É moi importante esta denuncia, xa que logo de 40 anos de ditadura, e de 35 de impunidade, non pode ser que aínda sigamos camiñando sobre os ósos de persoas asasinadas polo réxime ditatorial de Franco, non pode ser que a nosa democracia non peche dunha vez esas feridas abertas polo franquismo.

Xa abonda, xa chegou a hora de reclamar VERDADE, XUSTIZA e REPARACIÓN para todas as vítimas do franquismo. 

Agardando polas vosas testemuñas, recibide tod@s unha forte aperta. 

Rubén Afonso Lobato
(tfno.645029338 - tardes), Secretario da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. 

P.D.- Por favor, re-envíen este correo a tódolos vosos contactos. Moitas grazas.

"Homenagem a Portugueses mortos pelo franquismo durante a Guerra Civil

Se celebrará o 12 de maio de 2012 en Monçao a partires das 15 horas.

Para confirmar a asistencia: memoriaguerracivil@usc.es  ou no teléfono 981813598

Agardando velo o próximo 12 de maio, reciba un cordial saúdo,

Proxecto de Investigación "Nomes e Voces"
Edificio Monte da Condesa, s/n 2º andar
Campus Sur
15782-Santiago de Compostela
Teléfono: 881813598
www.nomesevoces.net

sexta-feira, 20 de abril de 2012

Na prensa portuguesa: "Guerra Civil de Espanha. A memória dos emigrantes portugueses mortos está a ser resgatada"


Nomes e voces / Público Portugal 13/4/12
O xonal portugués Público faise eco da investigación de "Nomes e Voces". Maria José Oliveira entrevista neste artigo ao investigador e coordinador Dioniso Pereira.

Ler entrevista

quinta-feira, 19 de abril de 2012

Solidaridade da Asociación da Terra de Montes "Verbo Xido" cos Amigos da República de Ourense


Compañeiros e compañeiras da Asociación Amigos da República de Ourense:
Enteirados do salvaxe atentado cometido contra o monumento na memoria das vítimas do franquismo no Cemiterio de San Francisco na noit do 13 de Abril, queremos manifestarvos toda a nosa indignación e a nosa solidariedade con vós e con toda a cidadanía de ben de Ourense. Tamén a nosa fonda preocupación polo que semella ser algo moi premeditado, e acontece nun intre sociopolítico que pode dar pe a un auxe do fascismo. Contra iso, as nosas dúas mellores armas: apoio solidario e unidade contra a barbarie. E tamén a esixencia de que a impunidade dos asasinos de antes e os seus herdeiros, debe rematar derrogando a vixente Lei de Amnistía.

Saúdos e ánimo.

Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes "Verbo Xido"

Celebración do acto de lembranza de Manuel Ponte Pedreira, Manuel Rodríguez "O Asturiano" e Manuel Díaz Pan


Como vimos facendo todos estes últimos anos para celebrar a memoria de Manuel Ponte Pedreira, Manuel Rodríguez "O Asturiano" e Manuel Díaz Pan, o día 21 de abril, sábado, xuntarémonos ás 11,45 no Mesón CASAVELLA de Abellá (Frades) para irmos xuntos ao lugar onde os mataron, e que é onde temos por costume facer a celebración do acto de lembranza (alí poderán facer brevemente uso da palabra quen o desexe). Logo iremos ao cemiterio e despois, coma sempre, haberá un xantar de confraternidade, alí perto, no que cada un paga o seu, como en Ribadeo.  Unha aperta de buxo, Mero.

Comunicado de repulsa ao atentado no monumento en memoria dos mortos pola represión franquista (Ourense, 14 de abril de 2012)

Pintada en la placa-recuerdo en el entorno del Monumento aos republicanos
 en la que figuran los nombres de los ciudadanos represaliados y
 enterrados en el Cemiterio S. Francisco de Ourense . 14-4-2012.


(Foto XLC-Archivo Diario Medico Guardia) Diario de un médico de guardia. Ourense, 14 de Abril de 2012
Ante o atentado realizado na madrugada do 14 de Abril no cemiterio ourensá de San Francisco, no monumento en memoria dos mortos pola represión franquista, os abaixo asinantes, en nome da sociedade libre e democrática, expresan a súa máis fonda repulsa por un acto que, alén de incívico, supón unha inaceptable aldraxe ás persoas mortas por defenderen os seus ideais.

Amigos da República
Asociación proCentenario de Nós 2020 (ApCNós2020)
Asociación Sociopedagógica Galaico Portuguesa (ASPGP)
Ateneo de Ourense
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Campus de Ourense-Uvigo
Colexio Oficial de Médicos de Ourense
Comisións Obreiras (CC OO)
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Coral de Ruada
Encontro Irmandiño (EI)
Esquerda Unida (EU)
Fundación Vicente Risco
Máis Galiza (+G)
Nova Escola Galega (NEG)
Partido Comunista de Galicia (PCG)
Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG)
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE)
Seminario de Estudos Socialistas “Manuel Suárez”Unión Xeral de Traballadores (UXT)

Pintada en las flores violetas que decoran con los colores de bandera republicana
el entorno del Monumento aos republicanos en el Cemiterio S. Francisco de Ourense . 14-4-2012.
(Foto XLC-Archivo Diario Medico Guardia)

sábado, 14 de abril de 2012

Presentaci​ón do libro 'José Pasín Romero: Memoria do proletaria​do militante de Compostela​'


Nomes e Voces-.
O vindeiro luns día 16 de abril, o Investigador e Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces', Dionisio Pereira, presenta o seu último libro:

José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela, editado pola Fundación 10 de Marzo.

A presentación contará coa presenza do autor, acompañado polo profesor Lourenzo Fernández Prieto, Director do Proxecto 'Nomes e Voces'.

O acto, organizado polo Ateneo de Santiago de Compostela, terá lugar na Fundación Novacaixagalicia Claudio San Martín (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela) ás 20.00 horas.

Presentación : José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela

Data: luns día 16 de abril

Hora: 20.00 horas

Lugar: Fundación Novacaixagalicia Claudio San Martín (Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela)

Villaverde recibe a distinción Republicana de Honra 2012

laopinióncoruña.es 14 de abril 2012
Comisión pola Recuperación dá Memoria Histórica da Coruña entregou onte a distinción de Republicana de Honra á escritora e voz dos galegos no exilio Mariví Villaverde (no centro da imaxe). A galardoada recibiu o título na cea que a organización celebra cada ano para conmemorar o Día da República. Filla do primeiro alcalde republicano de Vilagarcía, viviu tres exilios en tres décadas: un a Francia e dous a Arxentina.

Marín recorda a Segunda República

Un monólito recordará aos represaliados da Guerra Civil

La Voz de Pontevedra - Marín 14 de abril de 2012
Marín celebrou o Día da República cun acto xunto ao Concello. Nun acto organizado pola asociación da memoria histórica, algo máis dun centenar de persoas asistiu á colocación dunha coroa floral e a interpretación do himno de Rega, a Internacional e o antigo himno do Reino de Galicia. Mañá inaugúrase ás 13 horas un monólito en recordo aos represaliados na Cruz dá Maceira.

quinta-feira, 12 de abril de 2012

Presentación del libro "A represión franquista na comarca da Coruña"


CONVOCATORIA PRESENTACIÓN

"A represión franquista na comarca da Coruña" (Edicións Laiovento) Proxecto Nomes e Voces

Estimados/as amigos/as,

Mañá, venres 13 de abril ás 20.00 horas, o Proxecto 'Nomes e Voces' presentará en A Coruña o seu libro "A represión franquista na comarca da Coruña", publicado por Edicións Laiovento.

No acto participarán Emilio Grandío, Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces'; Xurxo Pantaleón, Investigador do Proxecto 'Nomes e Voces' e Manuel Monge, ex Presidente da Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña.

O libro pretende recuperar a memoria da represión franquista na comarca da Coruña, a tarvés das semblanzas de 600 persoas asasinadas, así como de numerosas fotografías recollidas polo Proxecto "Nomes e Voces" durante o seu traballo de investigación.

Presentación:"A represión franquista na comarca da Coruña"

Data: Venres, 13 de abril de 2012

Hora: 20.00 horas

Lugar: Melia Maria Pita Hotel, Avd. Pedro Barrie De La Maza,1. A Coruña

Agardamos que esta información sexa de interese.

Recibide un saúdo cordial,

Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598

quarta-feira, 11 de abril de 2012

Invitación do concello de Vimianzo

Manuel Antelo Pazos
Alcalde do Concello de Vimianzo

Compráceme facerlle chegar esta invitación para conmemorar a todas as persoas que loitaron pola liberdade nun acto que terá lugar o vindeiro sábado día 14 de abril

Ás 19.30 horas: Ofrenda floral no Castelo de Vimianzo

Ás 20 horas: Charla coloquio no Auditorio da Casa da Cultura

A resistencia á ditadura franquista nos primeiros anos da Posguerra en Vimianzo e na comarca

• Luis Lamela: investigador da memoria histórica

• Fernando Vidal: investigador da memoria histórica

Desexo que nos poida acompañar

Un saúdo

Vimianzo, 3 de abril de 2012

sábado, 7 de abril de 2012

A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina recordan a II República Española

Traducción Estación Atlántica
Federación de Sociedades Galegas Abril 7, 2012
A Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina invita á comunidade ao acto en conmemoración do 81º aniversario da Proclamación da II República Española, que terá lugar o vindeiro sábado 14 de abril, a partir das 20, no Teatro Bambalinas, situado en Chacabuco 947, do porteño barrio de San Telmo.

Na oportunidade, con entrada libre e gratuíta, presentarase a agrupación musical Club Artístico Liberdad, que ofrecerá o seu espectáculo Rojo e Negro, Cancións Republicanas da Guerra Civil Española, no que recuperan para o público un amplo repertorio de cancións daquela época.

Coa presenza de numerosos invitados especiais, entre os que se destacan o amigo e compañeiro de loita do Che Guevara, Xeral (R) Oscar Fernández Mel, actuarán a Banda de Gaitas Duas Beiras (liderada por Pepe Lema), a Coral Semente (dirixida por Viviana García), o Corpo de Baile Galego Duas Beiras (orientado por Oscar Cobos Martínez), e a cantante arxentino-galega, Lorena Lores.

Como de costume, ao termo do espectáculo artístico os asistentes poderán gozar da típica queimada galega que, co habitual recitado do conxuro, prepara Ramón Suárez "O Muxo".

Para maiores informes, visitar a nosa sede de Chacabuco 955, de luns a venres, de 17 a 20, ou ben comunicarse ao 4300 1790.

quarta-feira, 4 de abril de 2012

domingo, 1 de abril de 2012

Cea da república 2012 na Coruña

Hotel Meliá "María Pita", A Coruña, paseo Marítimo. Venres, 13 de abril de 2012, a partir das 21'30 h.

O venres 13 de abril, a partir das 20’00 h., teremos a presentación do libro editado pola CRMH da Coruña, onde se recollen todas as SEMBLANZAS das persoas asasinadas na comarca da Coruña no golpe de estado franquista, máis de 600 semblanzas magníficamente recollidas nun libro que será presentado ese día. Animámosvos a que participedes nese acto como invitad@s.

Pola presente, tamén quedas convidad@ á CEA DA REPÚBLICA 2012, que se celebrará este ano, no Hotel Meliá “María Pita” ese mesmo venres 13 de abril, a partir das 21’30 h. O seu custe será, como o ano pasado (aquí non hai crise!!), de 21 EUROS, que poderedes ingresar na conta corrente nª 2096 0489 11 3275331004. É ALTAMENTE preferible (para facilitar a organización do evento), que ingresedes na entidade bancaria “Caja España” anticipadamente o importe da cea, pero se vos fora imposible facelo, poderiades pagar alí mesmo. Na Cea da República, como todos os anos, terá lugar o nomeamento da REPUBLICANA DE HONRA 2012, que este ano será outorgada a Marivi Villaverde.