O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta solidaridade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta solidaridade. Amosar todas as publicacións

martes, 14 de outubro de 2014

Concentrac​ión cidadá, abaixo a cruz fascista do Castro


CONCENTRACIÓN NA CRUZ DO CASTRO MERCORES 15 ÁS 20 H
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, apoiamos e participamos na iniciativa dos colectivos políticos, sindicaís e sociais de vigo, na concentración no lugar de inxuria a democracia e ofensiva para as vitimas dos asasinatos, dos torturados e torturadas, dos presos e presas en cárceres e campos de concentración, dos e das exiliados/as, dos que sufriron incautacións -ainda non devoltas-  todos e todas desprezados polo sistema da ditadura e da chamada democracia. estado que ainda non condenou o levantamento fascista nin recoñeceu ás vitimas, pero segue homenaxeando aos verdugos nese infamante simbolo en forma de cruz.
 
Non podemos consentir que o psoe sexa un coletivo servil apoiando ao pp , no revisionismo franquista   
 
ACUDE O MÉRCORES Á CONCENTRACIÓN QUE CO APOIO DE COLECTIVOS SOCIAIS, PARTIDOS E ORGANIZACIÓNS SINDICAIS TERÁ LUGAR ÁS 20 HORAS AO  PE DA CRUZ DO CASTRO  EN VIGO
 
¡¡¡NON A CRUZ DO CASTRO¡¡¡
 
¡¡¡ABAIXO A SIMBOLOXÍA FRANQUISTA EN VIGO¡¡¡

CONCENTRACIÓN CIDADÁ
ABAIXO A CRUZ FASCISTA DO CASTRO!
Mércores 15 de outubro, ás 20h no Castro (ao pé da Cruz)
CIG-Vigo
 
Prezada compañeira,
Prezado compañeiro,
Diversas organizacións sociais, políticas e sindicais, entre as que nos atopamos a Confederación Intersindical Galega, promovemos a convocatoria dunha concentración cidadá para reclamarmos ao Goberno municipal de Vigo, encabezado por Abel Caballero, que execute a sentenza do xulgado número 2 de Vigo que o pasado 4 de setembro fallou que a chamada "Cruz dos Caídos" situada no Monte do Castro debe ser retirada por constituír un símbolo de exaltación fascista.
 
A CIG vimos defendendo desde hai moitos anos a necesaria supresión dunha simboloxía que ofende ás moitas vítimas tanto do golpe militar fascista de 1936 como da cruel ditadura que durante catro décadas padeceu o noso povo, e singularmente a clase traballadora. Achamos inconcebíbel que en pleno 2014 continúe en pé unha Cruz fascista de 12 metros de altura en pleno corazón da cidade de Vigo. Consideramos a posición adoptada polo Goberno local do PSOE de recorrer a sentenza e a súa reiterada negativa a retirar este vestixio franquista un acto de cinismo e clara conivencia coa simboloxía fascista.
 
É por iso que facemos un chamamento ao conxunto da nosa afiliación a participardes nesta convocatoria, para xuntos e xuntas pedir o seu derrube: abaixo a Cruz fascista do Castro!
Recebe un saúdo nacionalista e de clase.

SERAFÍN OTERO
Secretario Comarcal CIG-Vigo
 
A Asociación pola Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas apoia a protesta contra a Cruz do Castro de Vigo. Anima a participar na concentración de mañá ao pé do monumento vigués
 
14.10.14
A Asociación Canguesa pola Memoria Histórica mostrou o seu respaldo ao acordo de Iniciativa Galega pola Memoria no que critica a decisión do goberno municipal de Vigo de non acatar a sentenza que pide a derriba da Cruz do Castro, ao presentar un recurso contra o mesmo. A asociación subliña que a única solución é acatar a sentenza e derrubar a Cruz do Castro, así como eliminar a simboloxía anexa.

O colectivo cangués apoia, por tanto, a concentración que mañá terá lugar ao pé do monumento a partir das 20 horas, á vez que anima a toda a poboación de Cangas e da comarca a que se some ao mesmo.

luns, 22 de setembro de 2014

Charla en Ourense: Agresión imperialista e resistencia da Ucraína antifascista

 
Ourense, a vindeira terza-feira 23 de setembro ás 19:30 horas no Café Auriense
 
Isca-Organizando A Mocidade Rebelde
Continuando coa campaña de solidariedade e información que a nosa organización vén desenvolvendo nas últimas semanas en apoio á loita antifascista que se está a dar na Ucraína, nomeadamente na zona do Donbass, mais non só. Ante a barbarie nazi que pretende aniquilar a resistencia, manifestamos o noso apoio a todas as combatentes que non dubidaron en exercer a lexítima defensa contra un goberno que bombardea á súa propia poboación civil.

Os grandes medios de comunicación están a realizar o labor que se espera deles, ofrecendo a narración dos feitos que lle interesa ás oligarquías estadounidenses e europeas. Nese sentido é de vital importancia rachar co silenciamento mediático e espallar a realidade do que alí está a suceder.

Con ese obxectivo Isca! organiza en Ourense, a vindeira terza-feira 23 de setembro ás 19:30 horas no Café Auriense unha charla a cargo de Óscar Valadares, ativista de Mar de Lumes – Comité Galego de Solidariedade Internacionalista, que leva por título "agresión imperialista e resistencia da Ucraína antifascista".

Non a perdades!

domingo, 21 de setembro de 2014

"Non son prorrusos, son antifascistas!"


Entrevistamos a Óscar Valadares, activista do Comité Galego de Solidariedade Internacionalsita "Mar de Lumes", que convoca hoxe unha concentración en Vigo de solidariedade á Ucraína antifascista. O no MARCO.

Redacción | @VigoDixital  |  20 de Septembro de 2014
Arredor dun cento de persoas participaron na concentración de solidariedade coa "Ucraína antifascista" convocada na nosa cidade por "Mar de Lumes" e apoiada por numerosas organizacións políticas e sociais. Vídeo no interior.
 
Numerosas organizacións políticas e sociais apoiaron a convocatoria
 
O acto realizouse esta sexta feira, venres, ás 20:30h diante do MARCO, e nel ouvíronse consignas contra o goberno golpista de Kiev. "Non son prorrusos, son antifascistas", "Non pasarán", "Unión Europea, unión imperialista", foron algunhas das palabras de orde coreadas polas persoas que se concentraron nas escaleiras do museo.
 
Ao remate do acto deuse lectura a un breve manifesto no que se facía un apelo directo á "clase traballadora galega" a se solidarizar coa loita antifascista, en alusión ás milicias populares que combaten no Donbass contra o exército ucraíno.
 
A concentración contou co apoio de A Esquerda, Anova, BNG, CIG, Colectivo Nacionalista de Marín, Comités, Comunistas da Galiza-PCPE, FPG, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega, MGS, Nós-UP, PCG, PCPG,  Partido Humanista e Xeira.


mércores, 17 de setembro de 2014

Palestra en Pontevedra: "Apartheid en Gaza"


Xoves 25 de setembro ás 19h30 na aula 16 da Facultade de Belas Artes de Pontevedra

Liga Estudantil Galega Pontevedra
O pasado 26 de agosto alcanzouse un alto o fogo en Gaza, despois de 51 días de ofensiva que se saldou con máis de dous mil palestinos mortos, e máis de dez mil feridos.

Ademais, unha cuarta parte da poboación da Franxa viuse obrigada a abandonar as súas casas e a converterse en desprazados internos.

Pero o alto ao fogo non remata coa ocupación. A pesar de que a Carta das Nacións Unidas e as resolucións do Consello de Seguridade das Nacións Unidas insten a unha retirada israelí dos territorios ocupados na guerra de 1967, os palestinos seguen sumidos nunha situación colonial.

Por todo isto, dende a Liga Estudantil Galega organizamos xunto co Colectivo de Solidariedade Internacionalista “Mar de Lumes” unha palestra informativa sobre o que acontece en Palestina na actualidade, para a cal contaremos coa presenza de Elvira Souto de BDS-Galiza e Sami Ashour de Jenin. Será o xoves 25 de setembro ás 19h30 na aula 16 da Facultade de Belas Artes de Pontevedra. Non faltes!

martes, 16 de setembro de 2014

Vigo acollerá unhas xornadas de solidariedade coa Ucraína antifascista

 
Completa o programa das xornadas unha concentración solidaria co povo ucraíno e a resistencia da rexión do Donbass, convocada para a sexta feira (venres) 19 ás 20:30h diante do MARCO.
 
"Mar de Lumes", en colaboración coa LEG, realizarán unha palestra arredor do conflito e convocan unha concentración solidaria esta semana.

Redacción | @VigoDixital | 15 de Septembro de 2014
O Comité Galego de Solidariedade Internacionalista "Mar de Lumes", en colaboración coa Liga Estudantil Galega, convocan esta semana na nosa cidade unhas xornadas solidarias coa Ucraína antifascista baixo o lema "paremos a agresión imperialista".

A programación inclúe unha palestra arredor da situación que se vive naquel país do leste europeu. Óscar Valadares será o encargado de debullar o conflito desatado tras o golpe de estado que derrocou ao Presidente Ianukovich, auspiciado polas potencias occidentais e participado por grupos neonazis no chamado "Euromaidan", e a proclamación –por referendo popular- das República Populares de Donetsk e Lugansk.

Arestora o conflito atravesa un impass logo do cesar o fogo acordado entre Kiev e as milicias populares antifascistas. Estímase que as vítimas mortais, maiormente civís, superan os dous milleiros, e son centos de miles as persoas desprazadas das súas vilas e cidades a consecuencia dos bombardeos e ataques de artillería por parte do exército comandado polo goberno golpista. A charla terá lugar esta terza feira (martes) día 16 ás 20:30h na Libraría Andel (Camelias 102).

Completa o programa das xornadas unha concentración solidaria co povo ucraíno e a resistencia da rexión do Donbass, convocada para a sexta feira (venres) 19 ás 20:30h diante do MARCO.
 
[Vídeo] Chamamento de Novorossia aos pobos de Europa


 
Hoxe Ucraína é soamente un campo de entrenamento militar para o renacemento do fascismo mundial. Ao tempo, a poboación do Sureste sofre unha invasión militar que supón o masacre diario da súa poboación nunha operación baixo o paraugas dos EUA, da UE e da OTAN. Fronte o ocultamento mediático e a pasividade xeralizada, o pobo da Novorussia fai un chamado urxente á solidariedade dos diferentes pobos
 
 
Grande assistência nas jornadas solidárias com a Ucrânia antifascista que organizam Mar de Lumes e a Liga Estudantil Galega Vigo. Perto de 70 pessoas estiverom durante 2 horas debatendo sobre a situaçom actual no Donbass, geopolítica e o papel do fascismo e o imperialismo no conflicto ucraniano.
 
As jornadas finalizam a vindoura sexta-feira com um acto solidário convocado no Marco às 20:30.
Proximamente Ilkerman Iker e GZ Videos publicarám imagens e videos da palestra, a quem ...agradecemos o vosso trabalho.
 
Máis informaçom: www.mardelumes.org


venres, 15 de agosto de 2014

“Palestina: a terra das laranxas tristes". Faladoiro con Moncho Iglesias Míguez no IEM

 
IEM - Gondomar - Pontevedra
O xoves 14 de agosto contamos coa presenza de Moncho Iglesias Míguez,  profesor da Universidade An‐Najah, en Nablus, Palestina, territorio ao que nestes intres non lle está permitido regresar por mor da ocupación israelí.  Na súa visita á Aula de Cultura Ponte de Rosas, desenvolveu un faladoiro baixo o título “Palestina: a terra das laranxas tristes”, baseada na súa experiencia e convivencia co pobo palestino. Achegamos un fragmento dunha conversa previa, onde Moncho Iglesias adiántanos algúns aspectos do faladoiro  e diálogo que manterá cos asistentes ao coloquio.
 
A Palestina das laranxas tristes, por Moncho Iglesias Míguez.
"Palestina: a terra das laranxas tristes. Ese é un conto de Ghassan Kanafani, un dos grandes escritores palestinos. A idea é falar desa terra onde as laranxas, as olivas... crecen tristes. Crecen tristes porque teñen que ser abandonadas ou son mesmo expulsadas. Con todo, queda xente con vida para alimentalas e para crecer con elas. E iso é o que quero amosar: a xente viva e con ganas de vivir, a xente que conta, que fala, ou que talvez non ten voz e por iso me gustaría dárllela agora. Así que, o que quero é falar diso: da vida en Palestina, de como é o día a día, de que por moito que se empeñen en facernos ver cadáveres e que se twiteen, se guasapeen ou se gusten fotos que dan pena cun click, hai vida. A xente ten vida e iso non sae fóra das fronteiras da realidade palestina. E quero amosar iso, que a xente gusta de vivir e ten necesidade de facelo”.

luns, 11 de agosto de 2014

Ucraína: NON! á persecució​n dos comunistas e a ilegalizac​ión do PCU


Comunistas da Galiza P.C.P.E. 11/8/14
Repudiando a persecución dos comunistas e a ilegalización do PCU

Se queres sumarte ao rexeitamento internacional por estes feitos envía o seguinte modelo de carta, ou outra que exprese mellor o teu posicionamento, ao seguinte enderezo electrónico:

 

Pásao. Grazas.
Comunistas da Galiza-PCPE

 
To the President of Ukraine

Dear Sir,

In face of the dissolution of the communist fraction in the Supreme Rada of your country, passed on July 24th, I would like to express my firmest rejection to this kind of actions.

This decision is a step in the path towards the banning of the Communist Party of Ukraine, which comes together with constant attacks, insults and aggressions against militants and friends from the KPU. This is a step against any kind of democracy, and this is being promoted by your government.

I reject all kinds of attacks against the Communist Party of Ukraine and demand the respect of the full political rights of this Party.

Yours

(sinatura)

In (cidade, país), (día) August, 2014
 

luns, 4 de agosto de 2014

Oleiros en apoio do Pobo Palestino


O pobo gazatí precisa de toda a nosa solidariedade. Iniciativa MOI URXENTE de recollida de medicamentos e todo tipo de material sanitario en todas as farmacias e instalacións municipais de #Oleiros.

Difundide, por favor.

xoves, 24 de xullo de 2014

Paremos o xenocidio en Gaza. Concentración na Coruña


Xoves 24 de xullo ás 20 horas no Obelisco da Coruña
 
Hai uns días iniciábase por parte do exército de Israel unha das peores ofensivas dos últimos anos contra o territorio palestiniano de Gaza. Día tras día estanse a suceder escenas de verdadeiro horror que nos falan ás claras dun auténtico xenocidio. Aos constantes bombardeos sobre o territorio de Gaza uniuse agora unha... ofensiva terrestre que está a causar non só centos de mortxs e feridxs, senón o pánico dunha poboación civil desarmada que non ten para onde fuxir. O masacre continúa no medio da pasividade, a complacencia ou o apoio expreso da chamada comunidade internacional, que nada fai para pararlle os pés ao goberno xenocida israelí.

Perante unha situación límite insuportábel e aberrante chámase en réxime de autoconvocatoria a unha concentración para a quinta feira (xoves) 24 de xullo ás 20 horas no Obelisco da Coruña. Polo fin da agresión a Gaza, pola paz, pola liberdade de Palestina. Contra o xenocidio do pobo palestino. Paremos o masacre. Stop Ocupación!

luns, 21 de xullo de 2014

Paremos a agrexión xenocida contra o Pobo Palestino

 
 
Asemblea Republicana de Vigo 
 
1 A falsa vítima e o auténtico verdugo.
Israel asegura que o atacan. Asistimos ao terceiro bombardeo aéreo masivo contra a terra palestina de Gaza, e o governo sionista dálle nome de acción defensiva, coma os anteriores. Lembremos: Chumbo Fundido, ou a confusión e o caos para a Resistencia Palestina en 2008, con 1.800 mortos; Alicerce Defensivo, en 2012, con 170 mortos e 1.300 feridos e a actual Gávea de Protección que xa contabiliza preto de trescentos mortos e incontábeis feridos. A información do Estado de Israel sobre baixas e danos propios non está nunca contrastada; coa excepción de Estados Unidos e Israel, ningún Estado membro da ONU pon en dúbida os feitos do xenocidio palestino.
 
2 A verdade sobre Gaza.
Falar de Gaza é falar dunha franxa de terreo de 40 km de longo por 15 km de ancho e de pouco máis de 350 kilometros cadrados de extensión onde viven un 1.7 millóns de palestinos dos que 1.2 millóns foron expulsados das súas terras (o que agora é o sul do estado de Israel). Lembremos que en 1947 cando a resolución 181 da ONU daba saída á partición de Palestina, só o 5.6% das terras eran propiedade da poboación xudia. Hoxe posúen o 80% da superficie total.
 
Pero no escenario actual hai un elemento que non debemos deixar pasar desapercibido. A razón desta última demostración de barbarie hai que buscala, non na morte, aínda non aclarada, de tres xoves estudantes que, non o esquezamos, eran colonos nunhas terras roubadas aos palestinos. O obxectivo central desta nova agresión militar é o de romper o acordo de unidade nacional contra a ocupación que acaban de asinar Fatha e Hamás. E iso no é algo que o goberno israelí esté disposto a tolerar. Hamás nunca foi nin a causa nin o obxetivo. Precisamente para acabar con este acordo están bombardeando Gaza. O sistema de información obediente insiste en que o Estado de Israel colonizador de Palestina é a vítima e os habitantes de Gaza palestinos, resistentes da colonización, agresores. A rede televisiva norteamericana ABC aprópiase de imaxes de nenos e mulleres palestinos feridos e mortos, para alimentar a saga dos israelís sitiados. A realidade de Gaza desmente heroicamente esta mentira: Gaza está illada e bloqueada por terra, mar e aire; carece de armamento pesado, non ten armas de aviación, o seu sistema de comunicación e de enerxía básica está intervido polos sitiadores e non deixa de ser asexada a cotío por un satélite norteamericano cedido ao Estado de Israel. O Estado de Israel é o 6º exportador de armas do mundo, fabricadas con licencias dos Estados Unidos e do Reino Unido e o primeiro importador de armas fabricadas nos Estados Unidos. O aparato militar–industrial estadounidense, contra o que xa alertara o propio presidente norteamericano Eisenhower, experimenta sistemas de alarma e destrución millonarios sobre o povo de Gaza sitiado pola fame.
 
3 Delictos de lesa humanidade.
Tanto a Lei internacional coma o acervo universal de Xustiza, sancionan os delictos cometidos polo Estado de Israel contra o Povo Palestino: a política de colonización, ocupación de terras e expulsión do povo orixinario; a tortura diaria e asasinato do povo que resiste a ocupación; a cadea sen proceso e sen opción de defensa, tanto de adultos como de menores; o roubo, depredación e contaminación de recursos básicos; o illamento de unidades de povoación; a criminal intervención do dereito de desprazamento dentro de Palestina, roubado dia a dia e hora a hora polos blocaos armados do Estado de Israel; a construción dun muro de sitio sobre Palestina. O cerco contra Palestina limita os recursos fundamentais de saúde, alimentación, comunicación e cultura. A inxerencia do Estado de Israel sobre Palestina é obxecto de condena en todas as súas manifestación pola Asemblea das Nacións Unidas.
 
4 Castigo colectivo.
O Estado de Israel tortura, somete a terrorismo e mata ao Povo de Palestina por resistir a colonización. O Estado de Israel arrógase o dereito de aplicar un castigo colectivo sobre Palestina, un abuso inhumano condenado no mesmo libro do que os sionistan aseguran tomar a lexitimidade da súa violencia. A ONU vén de denunciar que 3 de cada 4 vítimas do novo ataque israelí a Gaza son civis, na súa maioría mulleres e nenos.
 
5. Galiza con Palestina
Os galegos e galegas reclamamos que os respònsabeis desta nova agresión sexan levados ante os tribunais internacionais e xulgados por delito de xenocidio, que a Unión Europea e o Estado español esixan a Israel o cese inmediato desta agresión e que se cumpran os incontabeis acordos de Nacions Unidas que, entre outros, implican o abandono dos territorios ocupados polo estado de Israel .
 
E por iso, polo que Galiza, pobo de exilio e de loita secular pola defensa da súa terra e e da súa cultura; Galiza, que acolleu sempre de brazos abertos aos palestinos desterrados e resolveu ser solidario no combate contra a colonización de Palestina, quere berrar , aquí e agora, nun clamor colectivo e unánime
 
CONVOCAN
Anova, Asemblea Republicana de Vigo, Asociacion de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, Asociación Galego–Bolivariana Hugo Chávez, BDS-Galiza, BNG,CC.OO,CIG, C.U.T, Equo, Espazo Ecosocialista, EU, Galiza Nova, Marcha Mundial das Mulleres, Mar de Lumes., PCG, PCPG, STOP Deshaucios, UGT.
 
PAREMOS A AGRESIÓN XENOCIDA CONTRA O POBO PALESTINO!!
 
APOIEMOS A RESISTENCIA PALESTINA CONTRA A OCUPACION!!
 
POLA RESISTENCIA AINTIIMPERIALISTA INTERNACIONAL!!
 
PALESTINA VENCERA!!

domingo, 20 de xullo de 2014

20 de xullo

 
Hoxe cúmprense 78 anos da sublevación militar en Galicia.
 
Xosé Manuel Suárez  -  AulaNova 20 XUL14
O luns 20 de xullo de 1936 os oficiais sublevados declararon o estado de guerra nas principais cidades de Galicia, dando comezo á etapa da Guerra Civil no noso país.

O principal efecto da perda do poder republicano foi na nosa terra a terrible represión que emprenderon os rebeldes contra os partidarios da Constitución de 1931.

Máis de 1.300 persoas morreron na provincia da Coruña entre 1936 e 1939 por fusilamento ou paseo: un xenocidio ideolóxico.

A case 80 anos do inicio do réxime franquista, os familiares de vítimas da violencia da ditadura teñen que recorrer a organizacións estranxeiras para recuperar os restos soterrados ilegalmente, e a súa memoria e dignidade, como é o caso de Perfecto de Dios.

mércores, 16 de xullo de 2014

sábado, 12 de xullo de 2014

Concentracións solidarias coa Palestina



Mar de Lumes 11/7/14
A solidariedade galega coa Palestina reuniuse máis unha vez en diversos puntos do país para condenar os bombardeamentos do exército de Israel e reclamar a liberdade para o pobo palestiniano. Convocados por diversas organizacións, entre as cales Mar de Lumes, celebráronse senllas concentracións en Compostela, A Coruña e Lugo.
 
A de Compostela, que chegou case ás 200 persoas, contou, alén de con Mar de Lumes, coa participación de outras organizacións de solidariedade coa Palestina, entre elas Galiza Por Palestina e BDS Galiza e a Asociación Galaico-Árabe Jenin, que dirixiu unhas palabras por medio do seu portavoz Sami Ashour. Ademais, acordouse nela convocar unha nova manifestación de solidariedade coa Palestina para o luns 14, con saída ás 20:00h. da praza do Toural de Compostela.
 


Concentración en Compostela

 
Non á ocupación criminal da Palestina
Liberdade para os Povos!
 
Estas son as mobilizacións convocadas (en actualización):
  • Compostela: luns 14, 20:00h. Praza do Toural.
  • Ourense: luns 14, 20:30h. Praza do Ferro
  • Vigo:  luns 14, 20:00h. Farola de Urzaiz *
 *A concentración de Vigo non esta incluída na noticia orixinal é engadida pola Estación Atlántica
 

martes, 24 de xuño de 2014

Fascismo Nunca Mais!. Xornada de loita antifascista e internacionalista


Contra a agresión imperialista na Ucraína

-12h00 Acto de Solidariedade Antifascista. Praza da Peregrina, Pontevedra

-14h30 Xantar de Confraternización. Bar Tolo, Moaña

-17h00 Palestra: a situación na Ucraína

-Remate: Realización colectiva de mural antifascista

xoves, 19 de abril de 2012

Solidaridade da Asociación da Terra de Montes "Verbo Xido" cos Amigos da República de Ourense


Compañeiros e compañeiras da Asociación Amigos da República de Ourense:
Enteirados do salvaxe atentado cometido contra o monumento na memoria das vítimas do franquismo no Cemiterio de San Francisco na noit do 13 de Abril, queremos manifestarvos toda a nosa indignación e a nosa solidariedade con vós e con toda a cidadanía de ben de Ourense. Tamén a nosa fonda preocupación polo que semella ser algo moi premeditado, e acontece nun intre sociopolítico que pode dar pe a un auxe do fascismo. Contra iso, as nosas dúas mellores armas: apoio solidario e unidade contra a barbarie. E tamén a esixencia de que a impunidade dos asasinos de antes e os seus herdeiros, debe rematar derrogando a vixente Lei de Amnistía.

Saúdos e ánimo.

Asociación Ecoloxista e Cultural da Terra de Montes "Verbo Xido"