O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta congreso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta congreso. Amosar todas as publicacións

sábado, 22 de novembro de 2014

Congreso do Centenario de Hildegart Rodriguez Carballeira

 
Nota de prensa: O Congreso do Centenario de Hildegart terá eco en Madrid e A Coruña
 
O Congreso sobre a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira que promove o Ateneo Ferrolán para os días 5 a 8 de decembro terá eco nas cidades da Coruña e Madrid a través de dous actos públicos relacionados coa figura de Hildegart Rodríguez Carballeira.
 
Na Coruña a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha presentación do Congreso o día 4 de decembro ás 20 horas, a cargo de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña e o Ateneo Ferrolán, entidades organizadoras do Congreso e algún dos investigadores especializados na figura de Hildegart Rodríguez Carballeira.
 
No Ateneo de Madrid  terá lugar un acto de homenaxe a Hildegart o día 9 de decembro, ás 19:30, organizado polo Ateneo Ferrolán, Ateneo de Madrid e a Cátedra de Memoria Histórica del Siglo XX da Universidad Complutense. Falaran representantes destas tres entidades e coñecida feminista Lidia Falcón. O acto quere lembrar que o día 9 de decembro de 1914 tivera lugar o nacemento de Hildegart en Madrid, cidade onde desenvolveu a súa vida e onde morreu o 9 de xuño de 1933.
 
O Comité Organizador do Congreso
http://congresohildegart.ateneoferrolan.org/
 
 

luns, 24 de xuño de 2013

A hibernación da memoria histórica

 O historiador Lourenzo Fernández Prieto. / Ft: Rafa Vázquez

Traducción Estación Atlántica
Historiadores galegos destacan que a aplicación da lei da memoria histórica está "paralizada" e critican que a falta de financiamento impide que se poida cumprir o que promulga

laopinioncoruña.es - Alexandra Moledo | A Coruña 14.06.2013
Expertos de España, México e Arxentina analizan en Santiago a emigración e o exilio de Galicia

Como asegura o historiador Lourenzo Fernández Prieto, "as cousas co tempo collen outro peso" e precisamente no seminario Migracións e memoria histórica que se clausura hoxe en Santiago expertos de España, México e Arxentina fixeron balance da lei da memoria histórica cinco anos logo da súa entrada en vigor. No apartado reservado á norma os ponentes tratárona desde o punto de vista da emigración e das solicitudes da nacionalidade española por parte dos descendientes de emigrantes e exiliados. Neste periodo as peticións ascenderon a 500.000 en toda España e a metade procedían de fillos e netos de galegos vítimas do franquismo. Antonio Esquerdo -un dos organizadores- sinalou onte na inauguración que a devolución da nacionalidade é "un tema difícil de desenvolver e que toca fibras sensibles de moitos gobernos".

En opinión de Esquerdo, á lei da memoria histórica aprobada en 2008 "quizais ninguén lle prestou atención" e por iso neste seminario preténdese "darlle a importancia ao que non se lle deu". Lourenzo Fernández Prieto centrou a súa conferencia nos avances que permitiu a normativa e tamén os seus erros. O catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela (USC) considera que a súa aplicación está "paralizada" e nun estado de "hibernación" que impide fomentarla e dotala de recursos.

A falta de financiamento provocou que desde o inicio da crise o traballo das asociacións dedicadas á recuperación pola memoria histórica estea baixo mínimos e sostéñase con achegas e con traballo de voluntarios. De feito, é prácticamente inviable levar a cabo exhumaciones.

O mesmo ocorre no proxecto Nomes e Voces coordinado por Fernández Prieto que traballa na historia da Guerra Civil e a represión franquista en Galicia. A escaseza de recursos económicos obrigará a que o grupo de investigación quédese sen os seus contratos. "Non se vai a perder o proxecto pero igual que a lei da memoria histórica hibernará e limitarase a información máis estática", explica o historiador.

Galicia sempre estivo ligada á emigración e así o destacou o director xeral de Migraciones do Goberno, Aurelio Miras Portugal, relacionando a comunidade con "as constantes entradas e saídas da xente". Sinalou que os galegos foron sempre "unha referencia" nos destinos aos que han emigrado e di que os emigrantes que na ditadura deixaron o país eran "xente culta". "Pouco importa que un saiba traducir a Eneida si non sabe cultivar a terra cando vive diso", dixo. No mesmo sentido interveu o secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, quen indicou que a comunidade é "unha realidade" grazas a quen están fóra.

luns, 20 de maio de 2013

'Xornadas sobre a represión franquista e a muller' en Pontevedra


Nomes e Voces 15 de maio 2013
No mes de xuño celebraránse en Pontevedra as 'Xornadas sobre a represión franquista e a muller'. Un programa que contará con diferentes actividades culturais e artísticas ademais dun simposio sobre a represión franquista en Galicia (1936-1975) titulado 'As mulleres: vítimas da represión, protagonistas da resistencia' que se celebrará no Pazo da Cultura os próximos 7 e 8 de xuño e no que participarán Andrés Domínguez Almansa e Julio Prada Rodríguez, membros do Proxecto 'Nomes e Voces', entre outros investigadores.

PROGRAMA DO SIMPOSIO:

VENRES 7 DE XUÑO
     17.00 h. Acto de apertura
     17.15 h. Carmen Blanco: "Memoria, mulleres, represión, resistencia e liberación"
   18.00 h. Andrés Domínguez Almansa: Presentación dos resultados do proxecto 'Nomes e Voces'. Represión e muller.
     18.30 h. Coloquio: Pontevedra lembra o papel das mulleres durante a represión franquista
     19.15 h. Mesa redonda coa participación mulleres represaliadas e resistentes

SABADO 8 DE XUÑO
    10.30 h. Julio Prada: Franquismo e represión de xénero en Galicia
    11.30 h. Ana Cebreiros. "Mulleres para España". La Sección Femenina de Falange.
    13.00 h. Xosé Álvarez Castro: a represión contra as mulleres en Pontevedra
    17.00 h. Luis Bará e Carme Vidal: Políticas públicas da memoria en Galicia (2005-2009). Mulleres con memoria.
    17.45 h. Victoria Martins: Galegas nos cárceres franquistas
    18.30 h. Coloquio
    19.15 h. Aurora Marco: Galegas na resistencia antifranquista.

xoves, 25 de outubro de 2012

XIV Semana Galega de Historia

 
Nomes e Voces
Os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro celebrarase a XIV Semana Galega de Historia que leva por título "Franquismo, Investigación Históriográfica e Memoria Histórica" entre A Coruña (UdC) e Oroso.
Nestas xornadas participan entre outros investigadores e docentes os membros do Proxecto 'Nomes e Voces': Lourenzo Fernández, Julio Prada e Emilio Grandío e Dionísio Pereira.

Ver programa

Até o día 27 de novembro está aberto o prazo para inscribirse na próxima XIV Semana Galega de Historia. A matrícula dá dereito ao certificado de asistencia, á recepción das actas do encontro, unha vez publicadas, así como ao agasallo de dous números de Murguía. Revista Galega de Historia e de dous títulos publicados pola Asociación Galega de Historiadores.
A matrícula será gratuita para os membros da AGH, do Instituto Galego de Historia e para os subscritores/as de Murguía. Revista Galega de Historia. Para o resto de asistentes as taxas son as seguintes:
- Estudantes, desempregados/as e xubilados/as: 10 euros.
- Outros: 20 euros.
Para formalizar a inscripción hai que facer un ingreso ou transferencia na conta Asociación Galega de Historiadores Catalunya Caixa: 2013 1843 51 0200090717 co asunto Matrícula SGH e mandar o xustificante do pago a sgh@asociaciongalegadehistoriadores.com

mércores, 5 de setembro de 2012

O Proxecto "Nomes e Voces" presente na 17ª Conferencia Internacional de Historia Oral en Bos Aires

 
‎Nomes e Voces - Proxecto Universitario (Blog) 3‎ de ‎septiembre‎ de ‎2012
Lourenzo Fernández Prieto e Judith Carbajo Vázquez presentarán a comunicación: “El uso del fondo oral del Proyecto Interuniversitario 'Nomes e Voces'. Estudio de caso: causas y sujetos de la persecución política y la represión en la guerra y la dictadura franquista en Galicia (1936-...)” na 17ª Conferencia Internacional de Historia Oral Los retos de la historia oral en el siglo XXI: diversidades, desigualdades y la construcción de identidades.
A 17ª Conferencia Internacional de Historia Oral terá lugar entre os días 4 e 7 de setembro en Bos Aires.

Abstract “El uso del fondo oral del Proyecto Interuniversitario 'Nomes e Voces'. Estudio de caso: causas y sujetos de la persecución política y la represión en la guerra y la dictadura franquista en Galicia (1936-...)”
O estudo da violencia política no maior contexto bélico español centrouse durante moito tempo nos aspectos cualitativos arredor das víctimas e as represións, dado o salto ao cualitativo, a focalizarse só nas vítimas. O colectivo dos represores non só permaneceu protexido por factores diversos senón tamén apartado do obxecto de estudo histórico. Propoñemos explorar as posibilidades de análise para o estudo das motivacións e as lóxicas que animaron as prácticas represivas nunha zona como Galicia donde a rápida e violenta instauración do novo réxime fundamentouse nas prácticas represivas, chegando a conformar e definir ao propio réxime dictatorial. Nos baseamos na perspectiva micro local e na exploración das novas posibilidades de fontes diversas, entre elas, sobre todo o importante fondo oral sobre a represión en Galicia do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces", para analizar a armazón represiva e das redes locais dos suxeitos represores que axudaron a ir conformando e definindo ao novo réximen franquista. O estudo da natureza das represións franquistas segue sendo punta de lanza na historiografía española sobre a guerra civil e a represión. Este continuo auxe non só é cuantitativo senón, sobre todo, é o que nos interesa trabajar na nosa comunicación, pola posta en valor de novas fontes e por o emprego de instrumentos de análises melloradas e de conceptos máis afinados. Por todo iso, situamos a nosa investigación nun novo achegamento ás fontes orais e documentais que xa foron empregadas para o estudo das vítimas e que, grazas a unha metodoloxía ad hoc que temos desarrollado, podemos obter matices máis axustados da armazón represiva e mesmo de conceptos que se mostrarán máis operativos no noso proceso de estudo de caso dos suxeitos represores.

luns, 14 de maio de 2012

A guerrilla antifranquista galega. Actas do Congreso


Martes 15  ás 20:00h. Casa Museo Casares Quiroga, rúa Panadeiras, 12,  A Coruña  
Coas intervencións de: 
-BERNARDO MÁIZ:  Historiador e membro do Comité Científico que coordinaou o Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega, celebrado na Coruña en xaneiro do 2009.
-ELISEO FERNÁNDEZ: Historiador e membro do Comité Científico que coordinaou o Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega, celebrado na Coruña en xaneiro do 2009.
-FERNANDO VIDAL: Investigador, historiador, e ponente no Congreso da Guerrilla Antifranquista Galega.
Organiza:
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

martes, 28 de febreiro de 2012

Publicación do libro 'Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiogr​afía'

(Ediciones Trea, 2012)
Lourenzo Fernández Prieto e Nomes e Voces (eds.)

Nota Estación Atlántica: Participación persoal representando a Mesa de Catalunya d’Entitats Memorialistes nos Coloquios Internacionales “Mermoria da Guerra, reconciliación e cultural da paz” de la Universidad de Santiago de Compostela na Mesa 5 : A recuperación cívica das memorias. O pasado oculto da sociedade nas páxinas do libro 234-236

Estimados/as amigos/as,

O Proxecto 'Nomes e Voces' ten o pracer de informarvos da publicación de 'Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX. De España a América, debates para una historiografía'. Un libro que recolle as cuestións que se abordaron no Congreso Internacional Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz organizado polo Proxecto 'Nomes e Voces' en Santiago de Compostela, no marco do Foro 2010.

Esta obra presenta distintas aportacións e debates desde diferentes ámbitos de coñecemento e desde a propia sociedade civil organizada para recuperar e reivindicar a memoria. En conxunto, trátase dunha obra na que se reflexiona sobre os totalitarismos e as súas vítimas, sobre as múltiples formas de abordar seu coñecemento e sobre a necesidade de reparar a súa memoria. Supón unha contribución a un amplo debate de dimensións internacionais, e apenas aberto en España, no que se dan cita a historia, o dereito, a administración, a opinión pública, a política ou a sociedade civil.

Sobre os editores:
Lourenzo Fernández Prieto (A Devesa, Ribadeo, Lugo, 1961), catedrático de historia contemporánea na Universidade de Santiago de Compostela, actualmente é director do Departamento de Historia Contemporánea e de América desta universidade e investigador principal do grupo de referencia competitiva Histagra. A súa investigación centrase principalmente na historia agraria e a historia social e política do mundo rural contemporáneo, abrindo líñas de investigación sobre a transformación da agricultura atlántica de pequena explotación; medio ambiente e revolución verde; cambio tecnolóxico e políticas agrarias do franquismo e os fascismos; construción da cidadanía e cambio social, ou a sociedade rural do franquismo.
Desde o 2006 coordina o proxecto interuniversitario Nomes e Voces, dedicado ao estudo da guerra civil e a persecución política en Galicia. Entre as súas publicacións máis recentes destacan El apagón tecnológico del franquismo. Estado e innovación en la agricultura española del siglo XX (2007), Atraso económico nunha sociedade destruída (2008), Dinamismo social e desenvolvemento económico (2008), Facendo historia con memoria (2009) e Informe de resultados. Vítimas Galicia (1936-1939) (2010).

Agardamos que esta nova sexa de interese.
Grazas e un saúdo cordial.

Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598

sábado, 13 de novembro de 2010

Congreso "Pablo Iglesias. Cen anos de socialismo parlamentario" - Ferrol, 24 ao 26 de novembro


OBXECTIVOS
Concíbese este encontro como un foro de reflexión e debate sobre a figura de Pablo Iglesias, no que participarán historiadores prestixiosos de España e o estranxeiro. A traxectoria biográfica de Iglesias foi a referencia xeral para configurar as diferentes propostas. Os obxectivos que se perseguen nas distintas seccións do programa son, por unha banda, presentar as realidades e situacións vividas nos primeiros anos de vida e mocidade de Iglesias, e sobre todo valorar a dimensión da súa figura como líder dun partido e sindicato, que nacen e vanse consolidando dentro do sistema político da Restauración e constitúen organizacións fundamentais na sociedade presente.

PROGRAMA

MÉRCORES, 24 DE NOVEMBRO

Mañá

10.30 h Entrega de documentación.

11.00 h Inauguración do Congreso.

12.00 h Conferencia inaugural. Memoria e legado de Pablo Iglesias

Abdón Mateos. UNED.

Presenta: Salvador Clotas. Director de la Fundación Pablo Iglesias.

Tarde

Pablo Iglesias na súa cidade natal: nacer e vivir nunha cidade de provincias (1850-1860)

17.30 h Vida e traballo en Ferrol na segunda metade do século XIX.

Carmen Fernández Casanova. Universidade da Coruña.

19.00 h Visita turística á cidade.

XOVES, 25 DE NOVEMBRO

As vivencias de Pablo Iglesias: a cuestión social (1860-1902)

Mañá

10.00 h Pobreza e familia obreira: condicións de vida e oferta de traballo.

Angeles Barrio. Univesidad de Cantabria.

11.00 h O traballo invisible: a muller traballadora.

Mary Nash. Universidad de Barcelona.

12.00 h Pausa.

12.30 h Unha oportunidade para a supervivencia: infancia, beneficencia e vida nos hospicios na segunda metade do século XIX.

Jorge Uría. Universidad de Oviedo.

Tarde

16.00 h Visita ao Arsenal.

18.00 h Escola e alfabetización.

Narciso de Gabriel. Universidade da Coruña.

20.30 h Actividade cultural.

VENRES, 26 DE NOVEMBRO

A consolidación do liderado de Pablo Iglesias. O modelo sindical (1869-1923)

Mañá

09.30 h Revisando un liderado: Pablo Iglesias 1870-1900.

Santiago Castillo. Universidad Complutense.

10.30 h As múltiples caras do liderado de Pablo Iglesias.

Manuel Pérez Ledesma. Universidad Autónoma de Madrid.

11.30 h Pausa.

12.00 h Disciplinar a folga ¿un modelo ben instalado? A cuestión sindical nos primeiros decenios do socialismo.

Michel Ralle. Université de Paris-Sorbonne.

Tarde

O ascenso como político: Pablo Iglesias e os socialistas na vida política da Restauración (1879-1923)

16.00 h A violencia política.

Eduardo González Calleja. Universidad Carlos III.

17.00 h Os socialistas no sistema político da Restauración.

Santos Juliá Díaz. UNED.

18.00 h Pausa.

18.30 h Mesa redonda:

O legado de Pablo Iglesias: unha reflexión final sobre a súa figura.

19.30 h Conferencia de Clausura.

Alfonso Guerra. Presidente de la Fundación Pablo Iglesias.

20.30 h Recepción no Concello.

Exposicións: Pablo Iglesias no seu tempo.

Coordina:
Carmen Fernández Casanova. Universidade da Coruña.

Comité Cientifico

Santos Juliá Díaz. Universidad Nacional a Distancia (UNED).

Santiago Castillo. Universidad Complutense de Madrid. Presidente de la Asociación de historia social.

Elena Hernández Sandoica. Universidad Complutense de Madrid.

Clara Lida. Colegio de México. México.

Manuel Pérez Ledesma. Universidad Autonóma de Madrid.

Secretaria do Curso

Esperanza Piñeiro de San Miguel. Club de Prensa de Ferrol.

Luís Mera Naveiras. Club de Prensa de Ferrol


ORGANIZAN

Club de Prensa Ferrol, Fundación Pablo Iglesias, Universidade dá Coruña

PATROCINAN

Deputación dá Coruña

Concello de Ferrol. Cultura, Educación e Universidade

COLABORAN

Amigos dá Universidade. Campus de Ferrol

Fundación Luís Tilve

mércores, 15 de setembro de 2010

Aberto o prazo da matrícula do Congreso Internacional sobre memoria da guerra, reconciliación e cultura de paz





Estimados/as amigos/as:

O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" quere informarlles de que xa está aberto o prazo de matrícula para a edición do FORO 2010 que comenzará o 3 de decembro, e no que se celebrará o CONGRESO INTERNACIONAL SOBRE MEMORIA DA GUERRA, RECONCILIACIÓN E CULTURA DE PAZ (días 13, 14 e 15 de decembro), organizado polo Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces".

Neste correo achegamos a seguinte información sobre o Congreso:

- PDF no que expoñer os obxectivos do Congreso, a súa duración e contidos, que contará coa participación de recoñecidos profesionais, especialistas no estudo histórico e xurídico dos procesos de paz e reconciliación en diferentes sesións de traballo.

- Folla de man na que consultar os diferentes Congresos que forman parte do Foro 2010.

- Cartaz do Foro 2010

Esperamos que este evento lles resulte de interese.

Grazas pola súa atención e un saúdo cordial

Se desexan recibir máis información, por favor contactar con:

Gustavo Hervella e Chus Martínez, Secretarios do Congreso
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”,
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 981 563 100, ext. 13598