O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

domingo, 17 de fevereiro de 2013

Xuntanza da Iniciativa Galega pola Memoria

Atendendo á demanda dalgunhas asociacións de entrar desde o movemento memorialístico no debate sobre a transición e dalgunhas institucións do actual réxime herdadas do franquismo, así como diante da solicitude dunha reunión do grupo parlamentar de AGE, faise unha proposta de xuntanza para o vindeiro sábado 23 de febreiro ás 10:30 na Casa das Asociacións de Santiago de Compostela.

A orde do día proposto tamén quedaría como segue:
1º Análise da situación do movemento memorialístico en Galiza.
2º Debate sobre a lei de amnistía e transición desde o punto de vista da recuperación da memoria histórica.
3º Xuntanza, se así se acorda, cun representante de AGE a petición súa.
4º Propostas para a homenaxe nacional anual de San Simón para o presente ano.

Un saúdo
Para localizar a Casa das Asociacións:

Presentación do libro "Los curas contra Franco"

Xoves, 21 de febreiro, 20'00 h., na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras s/n, A Coruña)

Participantes:

ALFONSO BLANCO TORRADO, párroco de Santa Mariña, Guitiriz. Activista social e cultural. Fundador da Asociación Cultural Xérmolos, organizadora do festival de Guitiriz hai máis de 33 anos. 

ROSA CAL MARTÍNEZ, autora do libro “Los Curas contra Franco”. Lienciada en Ciencias da Educación e Doutora en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Prolífica escritora sobre temas relacionados coa historia e o xornalismo

 UNHA PERSOA PERTENCENTE Á CRMH DA CORUÑA presentará e moderará o acto

Organiza: CRMH da Coruña

sábado, 9 de fevereiro de 2013

Comunicado de prensa da Asc. viguesa pola Memoria Historica do 36 respecto a cruz do Castro

O PROCESO SIGUE
 
Dende 2008 a Asociación Viguesa Pola Memoría Historica do 36( AVMH) vimos facendo todo o necesario para obrigar ao Concello de Vigo a que  retire a cruz do Castro por ser este  un símbolo inequivoco  - e aínda en pe -  da ditadura e porque vai contra a Lei da Memoría Historica. Logo de ter solicitado en reiteradas ocasións ser recibidosdo por Abel Caballero e diante do seu silencio fronte as nosas reclamacións para que derrubase tal símbolo do fascismo, en 2011 presentamos unha demanda xudicial contra o Concello por silenciar as nosas demandas e por nos respontar a este clamor. En decembro de 2012 o Xulgado nº 1 do Contencioso-Administrativo de Vigo estimou parcialmente a nosa demanda: ordenando ao Concello que se pronunciase sobre o a nosa petición, aínda que nada decía sobre a obrigatoriedade de derrubar a Cruz (esto non era o obxecto da demanda).

A resposta dada agora polo Concello  e que vos remitimos en arquivo adxunto é absolutamente inaceptable para a nosa Asociación pois  este négase a retirar o monumento fascista apelando a unha flagrante falacia sostida sobre a idea de que  “a Cruz do Monte do Castro, é iso, unha cruz. non é un simbolo da Ditadura, é un simbolo relixioso, básicamente cristián”. Neste sentido non estaría de máis lembraer que a mesma doutrina do Concilio Vaticano II especifica claramente que  a Igrexa católica non pode “reciclar “ no seu seo este tipo de monumentos que van en contra da “reconciliación cristiá”.

A Asociación Viguesa Pola Memoría Historica do 36 quere deixar ben claro por tanto que  non comparte nin acepta tal resolución do Concello de Vigo  e que estudiara todas as medidas legales tendentes a conseguir  o derrubamento da Cruz do Castro por ser un símbolo aínda vivo da ditadura franquista.

sexta-feira, 8 de fevereiro de 2013

A Cruz do Castro mantense

Concentración pola derriba do símbolo fascista que
 Abel Caballero négase a retirar

Traducción Estación Atlántica
 A petición de derriba da Asociación pola Memoria de Vigo foi desestimada polo Concello

Faro de Vigo - 07.02.201
O Concello de Vigo remitiu á Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 unha contestación na que desestima a súa solicitude de derriba da Cruz do Castro por considerala un monumento franquista. No seu escrito, a Administración local indica que este ben "non é un símbolo da ditadura" senón un "símbolo relixioso".

No informe do Concello, asinado por un funcionario municipal, dise que "no seu día, no ano 1961", a denominada 'Cruz dos Caídos' foi un "agravio inútil, unha humillación innecesaria" e unha "afronta absurda para aquelas persoas que non secundaron a ideoloxía da ditadura".

Con todo, mantén que desde fai 32 anos no monumento non constan escudos, emblemas ou inscripciones que recorden ou exalten a sublevación militar, a guerra civil ou a represión dos caídos; polo que considera que "a Cruz do Monte do Castro é iso, unha cruz".
"Non é un símbolo da ditadura, é un símbolo relixioso, basicamente cristián, que o Pleno do Concello de Vigo, por unanimidad, considerou desde 1981 como unha imaxe que, co desexo de que non existan vencedores nin vencidos e non volva outra guerra fratricida, mostre a andadura dun país cara á democracia, a liberdade e a paz".

Así, conclúe que "non concorren os requisitos que esixe a lei para a retirada da cruz. A resolución municipal pode ser alegada, para o que se abre un prazo de 10 días.

Asociación
Pola súa banda, a Asociación Viguesa Pola Memoria Histórica do 36 considera "absolutamente inaceptable" a resposta dada pola Administración local, á vez que tacha de "flagrante falacia" o feito de que se aluda a que a cruz non é símbolo da ditadura, senón relixioso.

Nese punto, o colectivo asegura que "non estaría de máis recordar que a mesma doutrina do Concilio Vaticano II especifica claramente que a Igrexa católica non pode 'reciclar' no seu seo este tipo de monumentos que van contra a 'reconciliación cristiá'".

A asociación, que leva reclamando desde 2008 que se derribe este monumento, asegura que "non comparte nin acepta a resolución" do Concello e avanza que "estudará todas as medidas legais tendientes a conseguir a retirada da Cruz".