O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

Amosando publicacións coa etiqueta comunicado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta comunicado. Amosar todas as publicacións

domingo, 29 de novembro de 2015

Comunicado Asc.Viguesa pola MH do 36 - Resposta as declaracions do Alcalde Sr. Caballero


Comunicado da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36 en resposta as declaracións públicas do Alcalde de Vigo Sr. Caballero sobre a resolución do TC con motivo da Cruz franquista do Castro de Vigo.

Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36



martes, 24 de novembro de 2015

Non admisión a trámite do recurso de amparo do Tribunal Constitucional pola cruz do Castro


Achégase informe do Tribunal Constitucional

INFORMAMOS a socios, simpatizantes e colaboradores que impulsaron e colaboraron tecnica e/ou economicamente. Para todas e todos o noso agradecimiento e admiración.

Pechouse un capitulo pero o proceso segue: a loita continúa e a sociedade cada vez máis plural toma o relevo

Telmo Comesaña
Presidente Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36


mércores, 30 de setembro de 2015

Acto de Homenaxe a Xosé Humberto Baena no cemiterio de Pereiro de Vigo




Galería de fotos da Iniciativa Galega pola Memoria  
Unhas 300/350 persoas asistiron hoxe no cemiterio de Pereiro de Vigo ao acto de homenaxe en lembranza de Xose Humberto Baena e tamén de Xosé Luis Sánchez-Bravo, Ramón Garcia Sanz, Angel Otaegi e Yon Paredes Manot “Txiki asasinados pola ditadura franquista o 27 de setembro de 1975 . 

O acto abriuse coa lectura pola miña parte dunha declaración en nome da Comisión 27 de setembro ( vai en arquivo adxunto). Logo Mari Luz Maset leu unha carta que Ramón García Sanz escribiu ao seu irmán e única famila (enfermo de poliomenitis e impedido nun hospital de Zaragoza) días antes da súa execución e onde lle deixaba todas as súas pertenzas. A continuación Luis Viñas, leu un fragmento do relato El Relog que Baena escribira días antes da súa morte. Proseguiuse coa lectura de sendos poemas escritos para a ocasión por Manuel Pipas e Manuel Sio. Acto seguido Laura Quintillán ofereceu ao violino un fragmento dunha sonata de J.S Bach. Despois da intervención do poeta Xosé María Álvarez Cáccamo que escolleu a lectura duns versos do seu libro “De mañá que medo”, oa cto rematoi coas intervencións de Eva Solla e Flor Baena, curmán e irma respectivamente de Xose Luis Sánchez-Bravo e de Xosé Humberto Baena 

27 DE SETEMBRO DE 1975-27 DE SETEMBRO DE 2015 
40 ANOS DESPOIS DUNS ASASINATOS DE ESTADO 

O 27 de setembro de 1975, a cidade de Vigo e o mundo enteiro estremecíase diante das derradeiras penas de morte executadas en Europa por motivos políticos. Cinco loitadores antifranquistas eran asasinados logo de ser detidos e procesados nuns xuízos farsa realizados baixo xurisdición militar, en consellos de guerra sumarísimos. Foron condenados a morte en sentenzas ditadas de antemán, en base a probas inexistentes e sen testemuñas presenciais, sustentadas exclusivamente en declaracións autoinculpatorias obtidas baixo tortura. Estes feitos golpearon sobre todo a nosa cidade, porque entre os cinco asasinados, dous, Xosé Humberto Baena Alonso e Xosé Luís Sánchez Bravo-Solla eran veciños de Vigo. Xunto a eles caian tamén diante do pelotón de fusilamento Ramón García Sanz, Juan Paredes Manot”Txiki” e Angel Otaegi. 

Para todos e todas os que creemos na necesidade de verdade, xustiza e reparación das vitimas da ditadura é unha obriga inescusable que a lembranza deste tráxico acontecemento non esmoreza ou desapareza para sempre da memoria colectiva. 

Cúmprense hoxe cuarenta anos desde aquel 27 de setembro. E desde hai trinta e nove, os amigos e amigas, compañeiros e compañeiras e camaradas de Xose Humberto Baena e tamén de Xosé Luis Sánchez-Bravo, vímonos xuntando aquí coa idea clara de manter viva a súa lembranza, celebrando actos como o que hoxe nos convoca diante da tumba de Pite. Sexan pois benvidas todas aquelas persoas que hoxe nos acompañan por primeira vez. 

Porén, a nosa presencia aquí non pode nin debe constituír só un acto de emocionada e irada lembranza dos compañeiros mortos. Ninguén ten dúbidas cando se trata de reivindicar con orgullo a memoria dos que, coas armas na man, loitaron para defender a lexitimidade do goberno da República. Ninguén ten dúbida tampouco á hora de calificar aquela loita como un combate xusto na defensa da legalidade. Pois ben, hoxe nós estamos tamén aquí para reivindicer e sentirmonos orgullosos da loita que Baena e tantos outros, homes e mulleres, mantiveron contra a ditadura franquista. 

Cómpre non esquecer que a loita dos que defenderon a lexitimidade republicana contra o golpe militar fascista de xullo de 1936 –comunistas,socialistas, anarquistas, nacionalistas, obreiros e campesiños, xentes sen adscripción política, antifascistas todos, republicanos en fin, - foi a mesma loita que mantiveron Baena e os seus compañeiros asasinados e outros loitadores e loitadoras contra o fascismo. 

Por iso, diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro

ESIXIMOS Verdade Xustiza e Reparación moral, social e xurídica para todos os que, homes e mulleres, loitaron contra a ditadura e foron as súas vitimas 

Por iso, diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro

ESIXIMOS a anulación dos xuízos da ditadura 

Por iso, diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro

ESIXIMOS a fin da impunidade e a extradición a Arxentina de todos os asasinos, torturadores e políticos cómplices da ditadura, para que sexan xulgados por crimes contra a humanidade 

E tamén por iso e diante da tumba de Xosé Humberto Baena e no nome da Comisión 27 de setembro

RECLAMAMOS das forzas políticas e sindicais e das organizacións e asociacións veciñais que actúan na nosa cidade que colaboren con nós para esixir á Corporación municipal que adique un espazo público á lembranza de Xosé Humberto Baena e dos seus compañeiros asasinados polo franquismo. 

Moitas grazas 

COMISIÓN 27 DE SETEMBRO 
Vigo 27 de setembro de 2015

xoves, 2 de xullo de 2015

A CIG inicia unha campaña para honrar aos represaliados polo franquismo

1º Maio 1936 Verín
 
Traducción Estación Atlántica

Campaña de recolleita de firmas ata o próximo 13 de xullo

30-06-2015 / EFE
A CIG iniciou unha recolleita de firmas para promover a concesión de honores ao obxecto de que se distinga a todos os represaliados pola ditadura franquista nesta comarca ourensá tras considerar que é "de xustiza" que se rehabilite a memoria destes fusilados.

A través dun comunicado, esta central sindical deu a coñecer o inicio da campaña de recolleita desde hoxe e a cal prolongarase ata o próximo 13 de xullo.
"Unha vez que teñamos as firmas no noso poder", o obxectivo é presentalas ao alcalde Verín, o socialista Gerardo Seoane, para que inicie a organización de diversos actos.

Nun escrito, o portavoz sindical Manuel Anxo García Torres, solicitou que se leven a cabo as modificacións propostas na localidade ourensá de Verín e entréguense aos represaliados as distincións propostas na solicitude con data 22 de xullo de 2014.

En concreto, o sindicato pediu o nomeamento destes represaliados como 'Fillos Predilectos' da localidade "por ser naturais do concello de Verín" e doutros seis, como 'Fillos Adoptivos', entre os que figuran o exalcalde Carlos Reino; o tenente de alcalde Juan Antonio Álvarez, e outras persoas como o industrial Lino García e o presidente do sindicato de oficios, Sixto Salgado, fusilados en 1937.

Actualmente, a CIG indicou que se atopa "en conversacións" co grupo de goberno co fin de organizar "un acto de homenaxe ás vítimas do franquismo que coincida coa concesión das modificacións requiridas.

"É de xustiza que case oitenta anos despois rehabilítese a memoria dos que permitiron que, hoxe, podamos ter a liberdade necesaria para expresarnos, criticar, decidir, querer, en definitiva, para ser persoas malia que algúns queiran tallárnola", recalcou o sindicato.

Ademais da entrega de distincións, esta central propuxo a modificación da actual praza do Concello por "praza do Alcalde Carlos Reino" e da actual rúa da Diputación polo nome de "Lino García".

Así mesmo, solicitou a concesión dunha insignia de ouro "a todas as persoas executadas, asasinadas, fuxidas e represaliadas" durante o franquismo xunto á colocación dunha placa conmemorativa na fachada do consistorio que diga "O Concello e o pobo de Verín en recordo de todos os homes e mulleres executados, asasinados, fuxidos, violadas, humilladas ou represaliados polo réxime franquista".

venres, 12 de xuño de 2015

Xornada de Reflexión da Iniciativa Galega pola Memoria


O próximo 20 de xuño, a Iniciativa Galega pola Memoria (IGM) celebrará unha XORNADA DE REFLEXIÓN, no Pazo da Cultura de Pontevedra, na rúa Alexandre Bóveda (localización).

Dita xornada, que terá sesión de mañán e de tarde, está aberta para representantes de organizacións memorialistas galegas, inscritas na IGM. O local previsto para a celebración da devandita Xornada de Reflexión ten unha capacidade máxima de 40 persoas, así que as persoas que desexen anotarse nesta xornada o poden facer na ligazón que abaixo aparece, e serán inscritas por estricto orde temporal de inscrición, ata o máximo do aforo permitido (40 persoas).

Abaixo está o formulario de inscrición na Xornada, onde tamén aparece a opción de apuntarse para o xantar no mesmo Pazo da Cultura. Tamén aparece a orde do día da Xornada de Reflexión da IGM, que está composta de seis apartados.

Comentarvos tamén que ese día en Pontevedra celebraráse unha carreira popular, polo que o tránsito estará cortado nas rúas que dan acceso ao Pazo da Cultura. Daquela, para as persoas que teñen pensado achegarse en coche ata alí, recomendamos que aparquen a unha distancia prudencial do Pazo, pola imposibilidade de facelo alí mesmo. Nas próximas mensaxes recibiredes algunha indicación sobre aparcamentos alternativos ao que está a carón do Pazo da Cultura.

Esta é a ligazón onde podedes atopar o formulario que debedes de cubrir para a inscrición na Xornada de Reflexión da IGM.

Este á a orde do día da devandita Xornada de Reflexión. Como podedes ver, aínda falta por definir a asociación que se encargue de facer a introducción en tres dos temas a tratar. Nos vindeiros días será resolto esta eiva.

Animándovos a inscribiros nesta Xornada de Reflexión da Iniciativa Galega pola Memoria, e agardando vérmonos todxs o vindeiro sábado 20 de xuño en Pontevedra, recibide unha forte aperta,

Iniciativa Galega pola Memoria

martes, 14 de outubro de 2014

Concentrac​ión cidadá, abaixo a cruz fascista do Castro


CONCENTRACIÓN NA CRUZ DO CASTRO MERCORES 15 ÁS 20 H
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, apoiamos e participamos na iniciativa dos colectivos políticos, sindicaís e sociais de vigo, na concentración no lugar de inxuria a democracia e ofensiva para as vitimas dos asasinatos, dos torturados e torturadas, dos presos e presas en cárceres e campos de concentración, dos e das exiliados/as, dos que sufriron incautacións -ainda non devoltas-  todos e todas desprezados polo sistema da ditadura e da chamada democracia. estado que ainda non condenou o levantamento fascista nin recoñeceu ás vitimas, pero segue homenaxeando aos verdugos nese infamante simbolo en forma de cruz.
 
Non podemos consentir que o psoe sexa un coletivo servil apoiando ao pp , no revisionismo franquista   
 
ACUDE O MÉRCORES Á CONCENTRACIÓN QUE CO APOIO DE COLECTIVOS SOCIAIS, PARTIDOS E ORGANIZACIÓNS SINDICAIS TERÁ LUGAR ÁS 20 HORAS AO  PE DA CRUZ DO CASTRO  EN VIGO
 
¡¡¡NON A CRUZ DO CASTRO¡¡¡
 
¡¡¡ABAIXO A SIMBOLOXÍA FRANQUISTA EN VIGO¡¡¡

CONCENTRACIÓN CIDADÁ
ABAIXO A CRUZ FASCISTA DO CASTRO!
Mércores 15 de outubro, ás 20h no Castro (ao pé da Cruz)
CIG-Vigo
 
Prezada compañeira,
Prezado compañeiro,
Diversas organizacións sociais, políticas e sindicais, entre as que nos atopamos a Confederación Intersindical Galega, promovemos a convocatoria dunha concentración cidadá para reclamarmos ao Goberno municipal de Vigo, encabezado por Abel Caballero, que execute a sentenza do xulgado número 2 de Vigo que o pasado 4 de setembro fallou que a chamada "Cruz dos Caídos" situada no Monte do Castro debe ser retirada por constituír un símbolo de exaltación fascista.
 
A CIG vimos defendendo desde hai moitos anos a necesaria supresión dunha simboloxía que ofende ás moitas vítimas tanto do golpe militar fascista de 1936 como da cruel ditadura que durante catro décadas padeceu o noso povo, e singularmente a clase traballadora. Achamos inconcebíbel que en pleno 2014 continúe en pé unha Cruz fascista de 12 metros de altura en pleno corazón da cidade de Vigo. Consideramos a posición adoptada polo Goberno local do PSOE de recorrer a sentenza e a súa reiterada negativa a retirar este vestixio franquista un acto de cinismo e clara conivencia coa simboloxía fascista.
 
É por iso que facemos un chamamento ao conxunto da nosa afiliación a participardes nesta convocatoria, para xuntos e xuntas pedir o seu derrube: abaixo a Cruz fascista do Castro!
Recebe un saúdo nacionalista e de clase.

SERAFÍN OTERO
Secretario Comarcal CIG-Vigo
 
A Asociación pola Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas apoia a protesta contra a Cruz do Castro de Vigo. Anima a participar na concentración de mañá ao pé do monumento vigués
 
14.10.14
A Asociación Canguesa pola Memoria Histórica mostrou o seu respaldo ao acordo de Iniciativa Galega pola Memoria no que critica a decisión do goberno municipal de Vigo de non acatar a sentenza que pide a derriba da Cruz do Castro, ao presentar un recurso contra o mesmo. A asociación subliña que a única solución é acatar a sentenza e derrubar a Cruz do Castro, así como eliminar a simboloxía anexa.

O colectivo cangués apoia, por tanto, a concentración que mañá terá lugar ao pé do monumento a partir das 20 horas, á vez que anima a toda a poboación de Cangas e da comarca a que se some ao mesmo.

luns, 6 de outubro de 2014

Declaración da Iniciativa Galega pola Memoria sobre a sentenza de derrube da Cruz do Castro en Vigo

A Cruz do Caballero

Santiago de Compostela a 4 de outubro de 2014

Iniciativa Galega pola Memoria
 

O acordo máis salientable  tomado na xuntanza da INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA  (Agrupación das asociacións memorialistas de Galicia,  foi como facerlle frente a decisión do goberno municipal de Vigo sobre o monumento, en forma de cruz, que como espada envenenada do fascismo foi clavada na aba norte do Castro de Vigo, e inaugurada polo mesmo Franco o 14 de setembro do 1961, e que o alcalde do PSOE se nega a cumplir a sentenza do xusgado do contencioso-administrativo, presentando un recurso, co que despreza a lei 52/2007 inspirada polo seu propio partido.
 
Derrube da Cruz do Castro de Vigo
 
Declaración a prol do acatamento da sentenza de derrube da Cruz do Castro de Vigo
 
Na xuntanza da Iniciativa Galega pola Memoria de hoxe 4 de outubro de 2014, en representación das asociacións de recuperación da memoria histórica adheridas que actúan na Galiza, acordamos aprobar unha declaración sobre a sentenza de derrube da Cruz do Castro en Vigo.
 
Logo da conquista que supuxo o recoñecemento no noso ordenamento xurídico da ilegalidade de exaltar a ditadura franquista con monumentos que foron erixidos para ese fin, despois de lograr unha sentenza xudicial favorábel a erradicar esta simboloxía no caso do complexo da Cruz do Castro, parécenos un paso atrás inaceptábel que se pretenda burlar a lexislación cunha interpretación interesada do que se refire o artigo 15 da lei 52/2007 de tal xeito que deixaría en papel mollado o que alí se recolle ao deixar ao arbitrio da lectura oportunista que cada quen faga a concepto de “símbolos e monumentos” de tal xeito que se abre a posibilidade de deixar sen efecto a execución deste artigo. 
 
A chamada lei da memoria foi no seu momento contestada por insuficiente polas asociacións memorialisticas, mais actuacións como as promovidas polo alcalde de Vigo xa suporían no caso de prosperaren nos seus obxectivos, a derrogación de facto daqueles aspectos máis positivos como é o caso dos que teñen que ver coa limpeza deste tipo de emblemas. Asemade parécenos grave a campaña mediática que está a facer este rexedor na defensa das súas posicións retrógradas por canto supón un agravio suplementario á memoria das vítimas do franquismo. Por iso desde as asociacións da memoria histórica solicitaráselle unha xuntanza ao Secretario Xeral do PSOE na Galiza para tratar este asunto, así como nos dirixiremos igualmente ao Secretario Xeral do PSOE no Estado para transmitirlle o noso descontento coa actuación dun dos seus militantes significativos e cargo institucional do seu partido.
 
En ningún caso as asociacións da memoria admitirían unha solución como as que se están a poñer sobre a mesa de meter no mesmo saco as vítimas cos seus verdugos como xeito de tentar salvar este símbolo franquista. Desde as asociacións pola recuperación da memoria histórica de Galiza adheridas a Iniciativa Galega pola Memoria reafirmamos a nosa posición de que non cabe outra solución que o acatamento da sentenza e o derrube da Cruz do Castro e eliminación da simboloxía anexa.
 
Santiago de Compostela a 4 de outubro de 2014

Iniciativa Galega pola Memoria

O compromiso do segredario do PSOE en Galicia  no acto de Montecubeiro o 13 de outubro do 2013. Cumplirá a súa promesa coa actitude de Abel Caballero respeto da cruz do Castro de Vigo?
Ímos ver

Tal como quedamos na xuntanza de hoxe en Compostela, adxunto o enlace  da Fundación TIC da Deputación de Lugo presidida por Besteiro, no que  fala da condea do franquismo sen tibieza xunto a outros asistentes ao  acto de Montecubeiro:

 
O pasado 11 de setembro desde o meu perfil en Facebook dirixinme a Pedro Sánchez para facerlle saber do comportamento dun alcalde do seu partido incumpliendo a lei de Memoria que eles mesmos votaron
 

domingo, 14 de setembro de 2014

En nome da memoria da miña nai deportada no campo de concentración nazi de Ravensbrück: ¡NON!

Mercedes Núñez durante a súa intervención no xuízo contra a Gestapo
Queixa á mención do recurso do Concello de Vigo ao xulgado de 1ª Instancia como consta na sentenza  comparándo a cruz fascista co campo de extermino nazi de Auschwitz-Birkenau (pagina 16 da sentenza)
 
Traducción Estación Atlántica
En nome da memoria da miña nai encarcelada na prisión de Vendas en Madrid e deportada no campo de concentración nazi de Ravensbrück: ¡NON!
 
Pablo Iglesias Nuñez (fillo de Mercés Núñez Targa, deportada polos nazis)
Señor Caballero, non insulte ás vítimas da represión franquista e aos deportados en campos de concentración nazis. Estes campos de concentración presérvanse como testemuño da barbarie e como lugar de reflexión e tolerancia e non como lugar de concordia entre vítimas e verdugos.

As mulleres e homes de ben non poden sentirse representados con este vil monumento, a Cruz do Castro en homenaxe aos caídos por Deus e por España, atentado aos valores democráticos que Vostede defende en nome do seu Partido nos seus discursos.

Este monumento glorifica aos que se levantaron en armas contra un Goberno lexítimo, o da IIª República e polo tanto, nesta cidade de Vigo, representa a división e non a concordia.

Todo Vigo coñece os motivos que levaron a levantar este monumento e que foi inaugurado por Franco en 1961.

Non podemos matar ás vítimas por segunda vez, facéndoas partícipes desta farsa que consiste en tratar de facer un amalgama entre os motivos que levaron a levantar a cruz do Castro e os ideais polos que morreron estes represaliados en defensa dunha sociedade de xustiza e liberdade.


A permanencia deste monumento non deixa de ser unha provocación e un insulto aos sentimentos e a dor de gran parte da poboación viguesa.

Señor Caballero, sexa consecuente coa súa dignidade e acate a decisión de Xustiza, acorde coa Lei de Memoria Histórica que o seu partido defendeu.
Pablo Iglesias Núñez
(Fillo de Mercedes Núñez Targa)

Petición á comunidade de deportados en campos nazi manifesten a sua repulsa

venres, 15 de agosto de 2014

Comunicado da IGM sobre o atentado fascista ao Monumento ás Vítimas do franquismo na Cruz da Maceira

​​


En relación coa nova publicada no xornal FARO DE VIGO de onte, día 13 de agosto de 2014, información do atentado sufrido polo Monumento ás Vítimas do franquismo na Cruz da Maceira, linde entre Marín e Moaña.
 
A Iniciativa Galega pola Memoria -coordinadora galega de grupos memorialistas-, quere manifestar publicamente o seguinte:
 
1.- Condear publicamente e Rexeitar firmemente o atentado contra o Monumento por todos os valores que representa, así como Denunciar a gravidade do acto, en claro desprezo á dignidade das persoas vítimas do franquismo, na defensa das liberdades e da xustiza social, como da orde constitucional naqueles intres.
 
2.- Amosar o noso apoio solidario á A. pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín, promotora do nomeado Monumento, prestándose a participar e colaborar en todo tipo de iniciativa que se presente para poñer en valor o nomeado Lugar da Memoria da nosa comarca, símbolo da recuperación da dignidade colectiva.
 
3.- Esixir das autoridades competentes a pronta e fonda investigación sobre o acontecido, atentado reincidente en pouco espazo de tempo, coas correspondentes medidas e sancións a tal efecto.
MENSAXE ENVIADO POLA INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN GALEGOS SOBRE O ATENTADO FASCISTA AO MONUMENTO ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO NA CRUZ DA MACEIRA

Iniciativa Galega pola Memoria
www.igmemoria.org

xoves, 14 de agosto de 2014

Memoria Histórica 28 de Agosto de Cangas condena o ´atentado´ sufrido polo monolito ás vítimas do franquismo



Ofrece colaboración para recuperar este símbolo e esixe ás autoridades que investiguen o sucedido
 
Cangas 14.08.2014
A imaxe do aguia preconstitucional sobre as cores da bandeira de España embadurna o monolito levantado en memoria das vítimas do franquismo na contorna de Cruz dá Maceira, nos límites de Moaña e Marín. É a imaxe da ignominia, do descrédito dalgún grupúsculo profascista nunha acción indigna e vergonzosa, como se encargaron de definila onte algúns cidadáns, e que tamén recibiu o rexeitamento da Asociación Cultural Memoria Histórica 28 de Agosto, de Cangas, que condena o "atentado".
 
A través dun comunicado, o colectivo afirma "condear publicamente e rexeitar firmemente ou atentado contra ou monumento por todos valóresvos que representa, así como denunciar a gravidade do acto, en claro desprezo á dignidade dás persoas vítimas do franquismo, na defensa dás liberdades e dá xustiza social, como dá orde constitucional naqueles intres".
 
Así mesmo, a asociación canguesa quere "amosar ou noso apoio solidario á Asociación pola Recuperación dá Memoria Histórica de Marín, promotora do nomeado monumento, prestándose a participar e colaborar en todo tipo de iniciativas que se presenten para poñer en valor ou referido Lugar dá memoria dá nosa comarca, símbolo dá recuperación dá dignidade colectiva". Terminan o seu escrito de repulsa esixindo ás autoridades competentes "a pronta e fonda investigación sobre ou acontecido, atentado reincidente en curto espazo de tempo, coas correspondentes medidas e sancións para ese efecto".
 
Reincidencia
Non é a primeira vez que esta homenaxe pétreo inaugurado en abril de 2012 é obxecto de ataques vandálicos. En decembro do ano pasado apareceu outra aguia pintada en negro, que simboliza a época da ditadura, tapando o poema de Celso Emilio Ferreiro que se tallou sobre a pedra: "Pode ou corpo ser vencido/ pode ou dereito ser torto/ mais ou lume que alampea/ mais ou lume que alampea/ xamais ou veredes morto".

domingo, 6 de xullo de 2014

A Mesa non apoia dedicar o Día das Letras Galegas 2015 Filgueira Valverde

 
A MESA pola Normalización Lingüística 6/7/14
 
Para a entidade en defensa da lingua é un insulto a todas as persoas que padeceron con exilio, prisión e morte a defensa da lingua e cultura galegas
 
A Mesa pola Normalización Lingüística chama a Real Academia Galega a rectificar na súa decisión
A Mesa pola Normalización Lingüística mostrou hoxe o seu desacordo coa elección de Xosé Filgueira Valverde como homenaxeado para o Día das Letras galegas 2015.
 
Para a maior asociación cultural galega, unha persoa como Filgueira Valverde que destacou por formar parte da estrutura do réxime franquista, tanto como alcalde de Pontevedra como de procurador en Cortes, non pode ser obxecto de homenaxe, precisamente por ter sido un réxime que dirixiu os seus ataques máis feroces contra a lingua e cultura galegas, con consecuencias que en grande medida padecemos na actualidade.
 
Para o presidente da Mesa, Marcos Maceira, “dedicar alegremente o 2015 a unha persoa coa súa traxectoria, é un insulto a todas as persoas que nas peores circunstancias imaxinábeis fixeron todo o posíbel para dignificar a lingua galega, pagando mesmo a súa actividade a favor do noso país e da nosa lingua coa prisión, o exilio ou a morte”, e é xa que logo, un insulto tamén para as persoas que hoxe seguimos a traballar para que a lingua galega recupere os espazos que lle foron roubados”. Para Maceira, “se a lingua galega está viva e conta cunha rica produción literaria e cultural é grazas ás persoas que sofriron a represión do réxime do que formou parte Filgueira”. “O Día das Letras Galegas ten que ser o día da unidade de todo o pobo galego en torno á súa lingua, o que é claramente contraditorio con festexar a complicidade con quen tentou aniquilala”, sinalou.
 
Desde a Mesa pola Normalización Lingüística, fan un chamado á sociedade galega e a todas organizacións de defensa da lingua e cultura galegas a se organizaren para que o Día das Letras Galegas siga a ser, como até o de agora, unha xornada de reinvindicación do noso idioma, e chaman á Real Academia Galega a rectificar o erro cometido o pasado sábado.

venres, 4 de abril de 2014

Comunicado da Asemblea Republicana deVigo pola campaña publicitaria do 14 de abril e VITRASA


Prezad@s  compañeir@s
Esta ano a nosa asociación decidiu facer unha forte campaña publicitaria (aprobada en Asemblea) para promover a participación  na manifestación do 14 de abril que  como todos os anos organizamos. Para iso contratamos unha cuña publicitaria para ser emitida por Radio Vigo-Cadena SER (desconexións nos programas de Nierga e Francino) cinco veces o mesmo 14 de abril, a colocación de catro vallas publicitarias de de 8m de ancho por 3m  de alto en lugares estratéxicos  da cidade e a emisión nas televisións dos autobuses de Vitrasa dun anuncio da manifestación en impactos de 10 segundos acompañados polos sons do himno de Riego; estes anuncios comezaron a emitirse  o día 26 de marzo. Pois ben, onte pola  tarde mércores, a comercial coa que contratamos a publicidade nos autobuses de Vitrasa e que traballa para o grupo Radio Vigo, chamou ao noso presidente parta dicirlle que acababa de recibir unha notificación de VITRASA onde esta lles comunicaba que a partires de ese mesmo mércores 2 de abril QUEDABA SUSPENDIDA a emisión da publicidade da  manifestación do 14 de abril en todas a liñas de autobuses da compañía Vitrasa.

Diante de tal situación, a nosa asociación esta valorando, co apoio legal necesario, as posibilidades reais para proceder a denunciar a VITRASA  S.A, por conculcación dun dereito fundamental.

A maiores compre que saibades que a empresa publicitaria vai resarcirnos dos danos e prexuízos causados emitindo 16 stops anunciando a manifestación en LOCALIA TV e coa emisión de 9 cuñas de radio , repartidas entre o venres 11 de abril e o domingo 13, a maiores das cinco que xa están contratada para o día 14.
 
Cumpriría  espallar isto entre os vosos contactos e amig@s.

Saúde e República

martes, 17 de setembro de 2013

Nota de Prensa. A cruz do Castro no pleno do Concello de Vigo do 9/9/13


NOTA DE PRENSA
A  “  CRUZ  DO CASTRO “  NO PLENO DO CONCELO DE VIGO DO 9 DE SETEMBRO DE 2013

 Á “ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO  36 “, recoñecida como”Viguesa Distinguida “  polo Concello de Vigo  que co respaldo das asinaturas de  4041 vigueses e viguesas e colectivos cidadáns leva anos reclamando ao citado Concello o derrubamento do monumento franquista en forma de “CRUZ que esta pe do Castro en aplicación da “Lei da Memoria Histórica” quere amosar a súa satisfacción polo feito de que tal cuestión se tratase  no  pleno municipal do pasado nove de setembro.

Porén,  a nosa Asociación non pode  por menos que amosar a súa máxima preocupación  logo de que, nese mesmo pleno municipal, o portavoz socialista Sr. López Font,  fixera publico a existencia dun pacto, digamos secreto, entre o Concello de Vigo e o Bispado de Tui-Vigo para non proceder ao derrubamento da citada cruz.

Tal sorprendente revelación obríganos a formular unha serie de interrogantes que, por hixiene democrática e por pura conciencia cidadán, queremos trasladar a todas e todos os vigueses en xeral:  un, qué negociou ó Sr. Caballero co Sr Bispo? ; dous,  onde está escrito e asinado o citado pacto e cando informou o Sr. Caballero as vigueses e viguesas sobre a súa existencia? e tres, porqué o Sr. Alcalde ten que negociar co bispado sobre un monumento que está nun espazo publico e que ademais é propiedade do Concello ? .

Na Asociación Viguesa Pola Memoria Historica do 36  pensamos que a cidade de Vigo, como todas as cidades, gobérnase con ”luz e taquígrafos” , transparencia e informando á cidadanía,  e no por medio de pactos secretos propios de formas de gobernos autocráticos.

Non é o noso obxectivo entrar en liortas partidistas e particulares, pero compre lembrar que os cargos públicos  deben dar conta dos seus actos. Que clase de inxieneria argumental terán que empregar  a  Sra. Carmela Silva e o  Sr. Hector Santos – ambolos dous concelleiros   do PSOE - para explicar a  abraiante contradicción que existe entre ter apoiado coas súas asinaturas o derrubamento da Cruz do Castro e a súa esquizofrénica abstención no pasado pleno municipal do nove de setembro?

Asemade, tamén queremos agora facer público, dado que no pleno fixose referencia ao Bispado,  que a Asociación Viguesa pola Memoria Historica do 36 remitiu unha carta ao titular da diocesis preguntandolle si pensaba que a Cruz do Castro era unha cruz cristiá, tal como afirma o Concello.  Compre sinalar que, a día de hoxe, aínda non recibimos resposta e que tamén, polo momento, ningunha autoridade relixiosa se ten pronunciado nunca sobre este particular  

Para finalizar, a ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO 36 quere poñer en coñecemento da opinión publica, que por moito que no pleno do Concello non se aprobara tirar abaixo a “Cruz do Castro”(cos votos en contra do PP, a abstención do PSOE e os votos afirmativos do BNG que foi quen levou a iniciativa ao pleno) esta  reivindicación, de limpa pureza democrática, non vai paralizarse e que continuaremos, teimuda e conscientemente, non só co procedemento aberto nos tribunais de xustiza, senón mantendo unha loita lexitima que , co apoio de miles de viguesas e vigueses antifranquistas, acabara  por conseguir  a retirada deste símbolo e testemuña  da ignominia e o crime. 

ASOCIACION VIGUESA POLA MEMORIA HISTORICA DO 36
11 de setembro de 2013 

Contacto
Telmo Comesaña Pampillon
Presidente
Tf  986-24-14-97
659-041-394

martes, 27 de agosto de 2013

Comunicado da Iniciativa Galega pola Memoria


 -Na que está integrada a A.C. MH 28 de Agosto de Cangas - 

A Iniciativa Galega pola Memoria considera impresentábel que non dimitira o alcalde de Baralla ou fóra expulsado do PP, valorando a necesidade de avanzar cara a ilegalización do Partido Popular se persiste na súa deriva fascista.

Co acontecido hoxe no Concello de Baralla, en sintonía coas multitude de pronunciamentos de membros do PP a prol do fascismo e da barbarie franquista que non son desautorizados contundentemente polos órganos desta forza política, poñen en evidencia un ideario incompatíbel cun réxime democrático e pluralista.

O feito gravísimo de que o alcalde de Baralla, o Sr. González Capón, non presentase a súa demisión por ter xustificado o asasinato de demócratas polo franquismo é motivo de abondo para a inhabilitación como cargo público, cousa que esiximos dende xa. Mais, o comportamento do PP secundando esta actitude, alíñao coa extrema dereita fascista que na Europa representan os negacionistas e xustificadores do Holocausto, e que en calquera país democrático estaría prohibido como organización e penalizada a apoloxía destes crimes.

Diante da deriva que está a tomar esta forza política, retornando ás súas raíces totalitarias vinculadas ao franquismo, é imprescindíbel lograr a inmediata derrogación da Lei de Amnistía de 1977 que prescribe os crimes cometidos polos partidarios do golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e certifica a impunidade dos verdugos, dando os pasos necesarios para ilegalizar os partidos políticos fascistas que non respecten as regras de xogo democrático e condenen o asasinato dos que discrepen das súas ideas.

Desde a Iniciativa Galega pola Memoria, coordinaremos os nosos esforzos cos colectivos e individualidades da Galiza e do resto do Estado para dignificar e rehabilitar as vítimas, mais, tamén para denunciar a xustificación e lexítimación da súa represión e esixir responsabilidades aos que os executaron e a quen os ampara e defende.

Galiza, 22/8/2013                                                                                                 

martes, 6 de agosto de 2013

A Iniciativa Galega pola Memoria pide a dimisión do alcalde de Baralla


Polas suas declaracións "fascistoides" e antidemocráticas

SR. GONZÁLEZ CAPÓN, A QUÉN SE REFIRE VOSTEDE CANDO DÍ “SERÁ PORQUE LO MERECÍAN”?
 
No último pleno municipal do concello de Baralla, celebrado o pasado 26 de xullo, o alcalde, Sr. González Capón, xustificou a negativa do PP a condear os crimes da ditadura franquista cunha frase bastante significativa “será porque lo merecían”. Imos ver, Sr. González Capón, a quén se refire vostede?

-Ás máis de 6000 persoas asesinadas polo franquismo –lembre vostede que en Galicia non houbo guerra civil, só houbo represión-?

-Ás mulleres violadas, ás que foron torturadas, ás persoas que tiveron que tragar aceite de ricino nunha das prácticas moi comúns por parte dos falanxistas?

-Ás máis de 115.000 persoas que aínda constan como desaparecidas –bastante probablemente enterradas nas cunetas- en todo o estado español, segundo fontes recollidas por Amnistía Internacional –un organismo de probada reputación apartidista-.

- Merece o pobo de Baralla que o seu alcalde falte así o respeto ás vítimas do franquismo? Coa mellor das intencións, diríalle que as súas declaración, Sr. González Capón, poden ser interpretadas por moitas persoas familiares das vítimas do franquismo como apoloxía do terrorismo, pois en nada axudan á paz e á convivencia democrática.

- Pode vostede cargar na súa conciencia o feito de estar ocupando unha alcaldía desde o ano 1987 e non ter evoluído o suficiente como para despegarse desas ideas reaccionarias, propias máis doutro tempo e do réxime franquista que dun dirixente democrático no século XXI?

- Sr. González Capón, en qué século vive vostede? Para vostede aínda goberna “El Caudillo”? Porque así o parece, as suas declaracións son máis própias dun alcalde máis interesado quedar ben cos dirixentes franquistas que as dun alcalde democrático deste tempo.

Agradecedíamoslle, xa que logo, que, logo de ter rectificado as súas palabras dicindo que foron “sacadas de contexto”, o seguinte que faga é “sacarse vostede mesmo do contexto” da vida política galega, dimitindo do seu cargo, pois non é de recibo  que un responsable político faga esas declaracións ofensivas e humillantes ás vítimas do franquismo en xeral. Non pode ser que un dirixente democrático adopte este tipo de declaracións nestes tempos que corren. Porque o tempo do franquismo xa pasou, Sr. González Capón. A ver se vostede se da por enterado.

sábado, 9 de febreiro de 2013

Comunicado de prensa da Asc. viguesa pola Memoria Historica do 36 respecto a cruz do Castro

O PROCESO SIGUE
 
Dende 2008 a Asociación Viguesa Pola Memoría Historica do 36( AVMH) vimos facendo todo o necesario para obrigar ao Concello de Vigo a que  retire a cruz do Castro por ser este  un símbolo inequivoco  - e aínda en pe -  da ditadura e porque vai contra a Lei da Memoría Historica. Logo de ter solicitado en reiteradas ocasións ser recibidosdo por Abel Caballero e diante do seu silencio fronte as nosas reclamacións para que derrubase tal símbolo do fascismo, en 2011 presentamos unha demanda xudicial contra o Concello por silenciar as nosas demandas e por nos respontar a este clamor. En decembro de 2012 o Xulgado nº 1 do Contencioso-Administrativo de Vigo estimou parcialmente a nosa demanda: ordenando ao Concello que se pronunciase sobre o a nosa petición, aínda que nada decía sobre a obrigatoriedade de derrubar a Cruz (esto non era o obxecto da demanda).

A resposta dada agora polo Concello  e que vos remitimos en arquivo adxunto é absolutamente inaceptable para a nosa Asociación pois  este négase a retirar o monumento fascista apelando a unha flagrante falacia sostida sobre a idea de que  “a Cruz do Monte do Castro, é iso, unha cruz. non é un simbolo da Ditadura, é un simbolo relixioso, básicamente cristián”. Neste sentido non estaría de máis lembraer que a mesma doutrina do Concilio Vaticano II especifica claramente que  a Igrexa católica non pode “reciclar “ no seu seo este tipo de monumentos que van en contra da “reconciliación cristiá”.

A Asociación Viguesa Pola Memoría Historica do 36 quere deixar ben claro por tanto que  non comparte nin acepta tal resolución do Concello de Vigo  e que estudiara todas as medidas legales tendentes a conseguir  o derrubamento da Cruz do Castro por ser un símbolo aínda vivo da ditadura franquista.

sábado, 22 de setembro de 2012

Xuntanza da Asociación Liste Forján pola Homenaxe ás Vítimas do franquismo​

Estimad@s Compañeir@s:

No arquivo adxunto, convócasevos a unha xuntanza en relación á Homenaxe que a Asociación Irmáns Liste Forján está a organizar. Agardando a vosa presenza
 
Un saúdo

Asociación Liste Forján
asoc.listeforjan@gmail.com
 
Libreria Lilith, rúa Travesa nº 7 Baixo, Santiago de Compostela, o sábado 29 de setembro ás 17:30h.

xoves, 19 de abril de 2012

Comunicado de repulsa ao atentado no monumento en memoria dos mortos pola represión franquista (Ourense, 14 de abril de 2012)

Pintada en la placa-recuerdo en el entorno del Monumento aos republicanos
 en la que figuran los nombres de los ciudadanos represaliados y
 enterrados en el Cemiterio S. Francisco de Ourense . 14-4-2012.


(Foto XLC-Archivo Diario Medico Guardia) Diario de un médico de guardia. Ourense, 14 de Abril de 2012
Ante o atentado realizado na madrugada do 14 de Abril no cemiterio ourensá de San Francisco, no monumento en memoria dos mortos pola represión franquista, os abaixo asinantes, en nome da sociedade libre e democrática, expresan a súa máis fonda repulsa por un acto que, alén de incívico, supón unha inaceptable aldraxe ás persoas mortas por defenderen os seus ideais.

Amigos da República
Asociación proCentenario de Nós 2020 (ApCNós2020)
Asociación Sociopedagógica Galaico Portuguesa (ASPGP)
Ateneo de Ourense
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Campus de Ourense-Uvigo
Colexio Oficial de Médicos de Ourense
Comisións Obreiras (CC OO)
Confederación Intersindical Galega (CIG)
Coral de Ruada
Encontro Irmandiño (EI)
Esquerda Unida (EU)
Fundación Vicente Risco
Máis Galiza (+G)
Nova Escola Galega (NEG)
Partido Comunista de Galicia (PCG)
Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista (PNG-PG)
Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE)
Seminario de Estudos Socialistas “Manuel Suárez”Unión Xeral de Traballadores (UXT)

Pintada en las flores violetas que decoran con los colores de bandera republicana
el entorno del Monumento aos republicanos en el Cemiterio S. Francisco de Ourense . 14-4-2012.
(Foto XLC-Archivo Diario Medico Guardia)