Amosando publicacións coa etiqueta xornadas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xornadas b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 26 de abril de 2015
VI Seminario sobre a memoria, o exilio, a muller e a guerrilla. O Gardarrios
Etiquetas:
A Coruña prov.,
actos,
conferencia,
documental,
exilio,
guerrilleiros,
homenaxe,
libros,
Lugo prov.,
marcha,
mulleres,
presentación,
xantar,
xornadas
martes, 17 de marzo de 2015
III Xornadas represaliadas e resistentes en Pontevedra
Coincidindo coa exposición Do gris ao violeta (Praza da Ferraría, marzo e abril de 2015), a concellaria de patrimonio histórico organiza as III Xornadas represaliadas e resistentes, que se van desenvolver os días xoves 26, venres 27 e sábado 28 de marzo na Casa das Campás, coa participación de Xosé Álvarez Castro, Montse Fajardo, Montse Dopico, Paula Godinho, Aurora Rodrigues e Pilar Allegue. Na mesa redonda do xoves tamén participarán mulleres representantes de familias pontevedresas represaliadas (pendente de confirmar nomes).
TEMPO DE MULLERES 2015
III XORNADAS REPRESALIADAS E RESISTENTES
Casa das Campás, 26, 27 e 28 de marzo de 2015.
Xoves 26 de marzo ás 19 h
Mesa redonda sobre Sobrevivir á represión e á Ditadura
Con Montse Fajardo, Xosé Álvarez Castro e mulleres pertencentes a familias represaliadas
Venres 27 de marzo
19 h Conferencia de Montse Dopico: Semente de mudanzas
20 h Proxección do documental La memoria de las olvidadas
Sábado 28 de marzo
11 h Conferencia de Paula Godinho
Propriedade privada da história e "memórias fracas": a esquerda da esquerda e as revoltas da memória.
11.45 h Relatorio de Aurora Rodrigues. Memoria da represión e da resistencia na Ditadura portuguesa
12.15 h Relatorio de Pilar Allegue. Memoria da represión e da resistencia na Ditadura franquista.
Coloquio
Non é necesaria a inscrición previa
Etiquetas:
actos,
coloquio,
conferencia,
documental,
mesa redonda,
mulleres,
Pontevedra,
Portugal,
represión,
xornadas
mércores, 3 de decembro de 2014
Comeza o ciclo de conferencias: A ditadura franquista. Persecución e resistencia
Museo Provincial de Lugo
Este xoves, 4 de decembro, comezan no Refectorio do MPLugo as palestras do ciclo promovido pola vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo baixo o título “A ditadura franquista. Persecución e resistencia”. No acto de presentación deste ciclo participaron Mario Outeiro, delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o xornalista Antón Grande, e o doutor en Humanidades e investigador da memoria histórica, Antonio Somoza. O primeiro relatorio está a cargo de Ana Cabana Iglesia, ao que seguirán nas semanas seguintes as intervencións de Hartmut Heine e Eliseo Fernández
Este ciclo terá continuidade nos meses de xaneiro e febreiro con actividades que se irán anunciando oportunamente.
A entrada é libre e gratuíta.
PROGRAMA:
Xoves, 4 de decembro, ás 20:00 h.
Refectorio do MPLugo
Ana Cabana Iglesia: ”Detrás dos heroes, nas marxes do cotián. Vivir o franquismo na Galicia dos anos da fame.
Doutora en Historia Contemporánea e profesora do Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista na investigación arredor da historia agraria, a historia contemporánea e a historia rural de Galiza.
Mércores, 10 de decembro, ás 20:00 h.
Refectorio do MPLugo
Hartmut Heine: ”A Federación e o Exército Guerrilleiro: dous conceptos distintos da loita guerrilleira.
Doutor en Historia pola Universidade Libre de Berlín .
Mércores, 17 de decembro, ás 20:00 h.
Refectorio do MPLugo
Eliseo Fernández: ”Represión e supervivencia do sindicalismo de clase no primeiro franquismo.
Especialista no estudo do movemento operario en Galiza no século XX, principalmente o sindicalismo libertario. Tamén destaca polo seu activismo cultural e en prol da memoria, a través da Asociación Memoria Histórica Democrática e o Ateneo Ferrolán.
Etiquetas:
actos,
conferencia,
ditadura,
franquismo,
guerrilleiros,
Lugo,
maquis,
posguerra,
represión,
xornadas
luns, 17 de novembro de 2014
´O exilio comunista galego foi monolítico, porque o que se movía non saía na foto´
Traducción Estación Atlántica
Víctor Santidrián Doutor en Historia pola Universidade de Santiago
"Case todo o exilio republicano tiña un toque de anticomunismo porque era propio da época. Estabamos na guerra fría e eles eran os inimigos"
"Case todo o exilio republicano tiña un toque de anticomunismo porque era propio da época. Estabamos na guerra fría e eles eran os inimigos"
La Opinión A Coruña - Manolo Rodríguez - A Coruña 14.11.2014
O Consello dá Cultura en Santiago acolle hoxe e mañá un seminario sobre Os exilios ibéricos en clave comparada. O profesor Víctor Santidrián será o encargado de ofrecer unha das conferencias. O título é O caso galego dentro do exilio comunista internacional. Pese a que non foi un grupo numeroso, os exiliados comunistas contan coas súas propias particularidades.
-Os exiliados comunistas galegos coa chegada de Franco son moitos?
-O exilio galego, en comparación con outros de España, é numéricamente minoritario. E os comunistas que se exilian tamén son minoritarios ou non é a maioría dentro do grupo de galegos exiliados e non o é, en primeiro lugar, porque non era unha forza maioritaria e, en segundo, porque os que se exilian son, en gran parte, os que non estaban en Galicia o 18 de xullo de 1936. Por iso son poucos.
-Ten cifras?
-Houbo uns 1.200 exiliados galegos, que representan menos do 3% do exilio republicano español. E o exilio galego comunista é moi minoritario: unhas 200 persoas. Aínda que dentro dos 1.200 non é unha cifra despreciable, pero dentro do conxunto español é unha minoría moi minoritaria.
-E a onde se exilian?
-Están expandidos por todos os territorios onde hai exiliados galegos. O primeiro paso vai ser Francia porque unha vez que o exército republicano é derrotado van atravesar a fronteira. O destino natural dos galegos vai ser América Latina polas relacións coa emigración: Cuba, Arxentina, Chile, Venezuela, Estados Unidos? Outros se van a quedar en Francia durante toda a guerra mundial e o franquismo. E a peculiaridade do exilio comunista galego é que hai uns cantos que se van á Unión Soviética.
-Que tipo de lazos manteñen entre eles?
-Os galegos non se exilian por ser galegos, senón por ser comunistas. E no exilio, aínda que en determinados momentos si que manteñen as súas propias organizacións como galegos, os comunistas van pertencer a unha organización xa non só española senón internacional, que naquel momento era a Internacional Comunista. É un partido de ámbito mundial. O seu carácter galego téñeno, pero o que hai que destacar é que pertencen a un partido de ámbito internacional.
-Hai diferenzas entre os comunistas galegos no exilio e outras formacións como os socialistas ou os anarquistas?
-É un exilio profundamente dividido, moi dividido. En España e en Galicia. O republicanismo galego está moi dividido non só por loitas entre partidos, senón que os propios partidos están enfrontados entre si. Os comunistas dan a imaxe de ser máis monolíticos, porque, sencillamente, o que se movía non saía na foto. É un partido que purga aos seus disidentes e o núcleo forte mantense máis cohesionado por disciplina. É unha característica propia do exilio comunista galego e, en xeral, do exilio comunista. E aínda que ten as súas divisións, e moi gordas, fronte a outras formacións dan esa imaxe de monolitismo.
-E como son as relacións entre os diversos partidos no exilio?
-Son sempre moi complicadas. E non hai que esquecer que case todo o exilio republicano ten sempre un toque de anticomunismo porque é propio da época. Estamos na época da guerra fría e os comunistas son os inimigos.
-O exilio galego foi perdendo forza co paso do tempo. Cales foron as causas?
-O destino natural dos galegos foi América Latina e a dirección do republicanismo e tamén do comunismo deixa de estar en América Latina segundo pasan os anos 40 e céntrase en Francia. E os galegos non van estar presentes en Francia e van perder comba. Cando crece un novo galleguismo nos anos sesenta xa non ten lazos con América Latina porque xa é outra xeración e rompéronse prácticamente todos os lazos.

domingo, 10 de agosto de 2014
Nordés pon en marcha as IV Xornadas Memoria dun tempo
Crónica3.com 04-08-14
Nordés, a asociación para o desenvolvemento das Terras da Faladora, organiza para o 21, 22 e 23 de agosto as IV Xornadas “Memoria dun tempo” que, como é xa habitual, teran lugar no pobo de O Barqueiro (Concello de Mañón)
As devanditas xornadas, das cais lle facemos chegar o cartaz en arquivo adxunto, seguen la liña das anteriores coa apertura a novas temáticas sin perder de vista aquela que foi básica para o seu nascemento: a recuperación da chamada memoria histórica da bisbarra, é dicer, aquila que se centra nos anos da II República, Guerra Civil e represión franquista.
Exemplos do aumento de temas son a conferencia que abre a Xornadas, e que se centrará no Centeario da 1ª Guerra Mundial facendo unha aproximación ós feitos pasados en Galiza nos que iste conflicto foi protagonista. Estamos a falar do Congreso Internacional pola Paz que se levou a cabo en Ferrol no ano 1915. Para iste acto contaremos co historiador e Presidente do Ateneo Ferrolán Eliseo Fernández.
O venres 22 sí está máis centrado nos feitos da Guerra Civil e posguerra coa evocación da memoria e feitos da guerrilla antifranquista. Alejandro Rodríguez falaranos dos conflictos internos no seo da propia guerrilla, cuxo froito máis definido foi o abandono e fuxida de moitos dos seus integrantes, caso da saída dun grupo dende a praia de A Abrela, no concello de O Vicedo. Tamén se proxectará dentro diste acto o documental de Helena Villares e Pilar Faxil “A cidade da selva”.
Para o sábado 23 téñense programadas varias cousas, escomenzando cun roteiro didáctico que nos levará a percorrer as varias escolas construídas coas aportacións económicas da Unión Mañonesa, asociación de emigrantes fundada en Cuba en 1907. O roteiro contará como guieiros con Bernardo Penabade, Diana M. Rodríguez e o experto no asociacionanismo da emigración en Cuba Sixto Gómez.
Ás 8 da tarde contaremos de novo con Juan Carlos Salgado, que si ven en novembro pasado nos falou do afundimento do submariño alemán U966 en augas próximas á Estaca de Vares, esta vez se centrará nos ataques ós pesqueiros galegos durante a 1ª e 2ª Guerras Mundiais, así cómo na Guerra Civil. O título da súa poñencia é “Pescando en augas perigrosas: pesqueiros galegos nas guerras do século XX”.
Seguirá o sábado cunha cea de fraternidade no Restaurante Relojes, para o cal haberá que reservar primeiro chamando ó teléfono 653756454 (Ricardo).
E para rematar un concerto co título de “Cancións para un tempo de loita”, e que pódese definir coma unha segunda parte do recital co que se pecharon as Xornadas do ano pasado cun grande éxito de público e animación. De novo será Andrés Rodríguez, músico de O Carballiño, quen evocará as cancións que soaban nos ámbitos contestatarios durante o franquismo e maila transición, moitas dilas convertidas en himnos de loita universais.
Os actos terán lugar no Salón de Actos da Casa do Concello de Mañón, na Praza do Mesón de O Barqueiro, agás o roteiro que terá como ponto de partida a Escola da Unión Mañonesa restaurada en Mañón, a cea no lugar xa indicado, e o concerto que será en ” O Bar Queiro” .
martes, 24 de xuño de 2014
Fascismo Nunca Mais!. Xornada de loita antifascista e internacionalista
-12h00 Acto de Solidariedade Antifascista. Praza da Peregrina, Pontevedra
-14h30 Xantar de Confraternización. Bar Tolo, Moaña
-17h00 Palestra: a situación na Ucraína
-Remate: Realización colectiva de mural antifascista
luns, 7 de abril de 2014
I Jornadas de Memória "Portugal-Galiza: emigrantes e perseguidos"
Em Ginzo de Límia organizadas pola AGAL, Pró-AGLP, Assoc, de Montanha "Arnau" a colaborar com o Coro Santa Mariña, C.S Aguilhoar e a Casa da Cultura.
Descripción
Jornadas de Memória, Portugal-Galiza: emigrantes e represaliados
25 e 26 de abril na Límia
25 e 26 de abril na Límia
Programa:
25 de abril, às 20h00 na Casa da Cultura de Ginzo de Límia
Mesa Redonda com Camilo de Dios, Dionísio Pereira, Miro Martínez Cerredelo e Alex Rodríguez
Coral de Santa Mariña
26 de abril
Roteiro à Edreira com Camilo de Dios
Saída: 10h00 de Ginzo de Límia de Autocarro
20Km
Preço 15€ (comida+ viagem)
Para apontar-se enviar sms ao 677757983 ou enviar sms ao facebook.
Concerto de "TERRA MORENA" às 22h00 no C.S Aguilhoar
Organizam: Pró-AGLP, AGAL e Assoc de montanha Arnau
Colaboram: SAGA, Coral de Santa Marinha, C.S Aguilhoar e Concelho de Ginzo de Límia.
domingo, 6 de abril de 2014
VIIIª Xornadas do 14 de abril no Barco de Valdeorras
Traducción Estación Atlántica
Red 14 de abril
Actividades (ver cartel):
*9 de Abril. 20:00 horas. CINE: "Terra e liberdade".
Lugar: Sala Multiusos.
*11 de Abril. 20:00 horas. DOCUMENTAL: "Ferrol, 1936".
Lugar: Sala Multiusos.
*12 de Abril. 22:00 horas. CEA REPUBLICANA.
Lugar: Por determinar.
*14 de Abril. 12:00 horas. HOMENAXE aos represaliados. Posteriormente, DOCUMENTAL: "Vencidxs".
Lugar: Xardíns Riocigüeño.
Organiza: Ateneo Republicano de Valdeorras.
mércores, 14 de agosto de 2013
III Xornadas Memoria dun Tempo no Barqueiro (Mañon)
O Barqueiro (Concello de Mañón) A Coruña. 22-24 de agosto
Nordés 9/8/13
Programa das III Xornadas "Memoria dun tempo", organizadas por Nordés e que teñen un contido variado como veredes.
Gostaríanos moito contar convosco para poder seguir adiante con iste proxecto, polo que vos pedimos que veñades, participedes e, si cadra, vos faigades nordesteirxs.
luns, 20 de maio de 2013
'Xornadas sobre a represión franquista e a muller' en Pontevedra
Nomes e Voces 15 de maio 2013
No mes de xuño celebraránse en Pontevedra as 'Xornadas sobre a
represión franquista e a muller'. Un programa que contará con diferentes
actividades culturais e artísticas ademais dun simposio sobre a
represión franquista en Galicia (1936-1975) titulado 'As mulleres:
vítimas da represión, protagonistas da resistencia' que se celebrará no
Pazo da Cultura os próximos 7 e 8 de xuño e no que participarán Andrés
Domínguez Almansa e Julio Prada Rodríguez, membros do Proxecto 'Nomes e
Voces', entre outros investigadores.
PROGRAMA DO SIMPOSIO:
VENRES 7 DE XUÑO
17.00 h. Acto de apertura
17.15 h. Carmen Blanco: "Memoria, mulleres, represión, resistencia e liberación"
18.00 h. Andrés Domínguez Almansa: Presentación dos resultados do proxecto 'Nomes e Voces'. Represión e muller.
18.30 h. Coloquio: Pontevedra lembra o papel das mulleres durante a represión franquista
19.15 h. Mesa redonda coa participación mulleres represaliadas e resistentes
SABADO 8 DE XUÑO
10.30 h. Julio Prada: Franquismo e represión de xénero en Galicia
11.30 h. Ana Cebreiros. "Mulleres para España". La Sección Femenina de Falange.
13.00 h. Xosé Álvarez Castro: a represión contra as mulleres en Pontevedra
17.00 h. Luis Bará e Carme Vidal: Políticas públicas da memoria en Galicia (2005-2009). Mulleres con memoria.
17.45 h. Victoria Martins: Galegas nos cárceres franquistas
18.30 h. Coloquio
19.15 h. Aurora Marco: Galegas na resistencia antifranquista.

xoves, 25 de outubro de 2012
XIV Semana Galega de Historia
Nomes e Voces
Os días 29 e 30 de novembro e 1 de decembro celebrarase a XIV Semana Galega de Historia que leva por título "Franquismo, Investigación Históriográfica e Memoria Histórica" entre A Coruña (UdC) e Oroso.
Nestas xornadas participan entre outros investigadores e docentes os membros do Proxecto 'Nomes e Voces': Lourenzo Fernández, Julio Prada e Emilio Grandío e Dionísio Pereira.
Ver programa
Até o día 27 de novembro está aberto o prazo para inscribirse na próxima XIV Semana Galega de Historia. A matrícula dá dereito ao certificado de asistencia, á recepción das actas do encontro, unha vez publicadas, así como ao agasallo de dous números de Murguía. Revista Galega de Historia e de dous títulos publicados pola Asociación Galega de Historiadores.
A matrícula será gratuita para os membros da AGH, do Instituto Galego de Historia e para os subscritores/as de Murguía. Revista Galega de Historia. Para o resto de asistentes as taxas son as seguintes:
- Estudantes, desempregados/as e xubilados/as: 10 euros.
- Outros: 20 euros.
Para formalizar a inscripción hai que facer un ingreso ou transferencia na conta Asociación Galega de Historiadores Catalunya Caixa: 2013 1843 51 0200090717 co asunto Matrícula SGH e mandar o xustificante do pago a sgh@asociaciongalegadehistoriadores.com
martes, 19 de xuño de 2012
I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura
Ourense, 20, 21 e 22 xuño 2012
Mañá mércores día 20 comezan no Campus de Ourense as I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura, dirixidas polos profesores e especialistas en represión franquista: Julio Prada (Universidade de Vigo) e Abdón Mateos (Universidad Autónoma de Madrid), organizadas desde a UNED.
Nas xornadas participarán varios membros de HISTAGRA: Ana Cabana e Daniel Lanero e do Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces': Emilio Grandío, Dionisio Pereira e Julio Prada.
Fronte á propaganda oficial, que insistía en presentar un país unanimemente identificado coa obra redentora do Caudillo, álzase unha realidade, complexa e poliédrica, na que as inquebrantables adhesións mestúranse con importantes segmentos de oposición e con esa multiforme masa de indiferentes, pasivos e non comprometidos aos que réxime intenta atraer facendo uso das máis variadas fórmulas. En consecuencia, preténdese identificar e interpretar os mecanismos de xeración de consensos utilizados pola ditadura en Galicia durante o primeiro franquismo, analizar os seus apoios sociais e a xestión do poder local e afondar na variada gama de actitudes individuais e colectivas, indagando nas causas que as explican e no papel que desempeñaron para a súa consolidación.
Adxuntamos o programa das xornadas.
Agardamos que esta información sexa de interese.
I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura
Data: 20, 21 e 22 xuño 2012
Lugar: Aula Multiusos do Edificio de Facultades, no Campus de Ourense
Chus Martínez, Responsable de Comunicación
Proxecto Interuniversitario “Nomes e Voces”
Residencia Monte da Condesa, 2ºandar
Tel. +34 881 813598
domingo, 3 de xuño de 2012
I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura
Nomes e Voces
Entre o 20 e 22 de xuño, celebrarase no Campus de Ourense as I Xornadas O Franquismo en Galicia. Cine, política e sociedade. Consentimento e consenso na ditadura, dirixidas polos profesores e especialistas en represión franquista: Julio Prada (Universidade de Vigo) e Abdón Mateos (Universidad Autónoma de Madrid) e orgaizadas desde a UNED.
Fronte á propaganda oficial, que insistía en presentar un país unanimemente identificado coa obra redentora do Caudillo, álzase unha realidade, complexa e poliédrica, na que as inquebrantables adhesións mestúranse con importantes segmentos de oposición e con esa multiforme masa de indiferentes, pasivos e non comprometidos aos que réxime intenta atraer facendo uso das máis variadas fórmulas. En consecuencia, preténdese identificar e interpretar os mecanismos de xeración de consensos utilizados pola ditadura en Galicia durante o primeiro franquismo, analizar os seus apoios sociais e a xestión do poder local e afondar na variada gama de actitudes individuais e colectivas, indagando nas causas que as explican e no papel que desempeñaron para a súa consolidación.
PROGRAMA
Mércores, 20 de xuño de 2012
9,30 h. Recepción de participantes e inauguración do curso.
10,00 h. Emilio Grandío Seoane. Profesor titular de Historia Contemporánea (USC). 'A xestión do poder
local: vellas e novas elites'.
11,30 h. Descanso.
12,00 h. Ana Cabana Iglesia. Profesora contratadadoctora de Historia Contemporánea (USC). 'Non só Franco, non só os franquistas. As raíces do consentimento en Galicia'.
13,30 h. Mesa redonda e debate: 'Consentimento e poder na Galicia do primeiro franquismo. Emilio Grandío, Ana Cabana, Julio Prada.'
16,00 h. Dionisio Pereira González. 'Economista e Historiador. Patróns e pescadores: a Galicia mariñeira'.
17,30 h. Proxección, mesa redonda e debate. Xoel Díaz, Beatriz Nieto, Maiquel Vázquez.
Xoves, 21 de xuño de 2012
10,00 h. Domingo Rodríguez Teijeiro. Profesor titular de Historia
Contemporánea (UVigo). A Fronte de Mocidades.
11,30 h. Descanso.
12,00 h. Daniel Lanero Táboas. Investigador contratado Parga Pondal (USC). 'A Organización sindical: encuadramiento e control social dos traballadores'.
13,30 h. Mesa redonda e debate: 'Encadrando masas: os límites das políticas de atracción'. Domingo Rodríguez, Daniel Lanero, Ana Cebreiros.
16,00 h. Ana Cebreiros Iglesias. Bolseira María Barbeito (UVigo). 'Mulleres para España: a Sección Feminina de Falanxe'.
17,30 h. Proxección, mesa redonda e debate. Xoel Díaz, Beatriz Nieto, Maiquel Vázquez.
Venres 22 de xuño de 2012
10,00 h. José Ramón Rodríguez Lago. Profesor asociado de Historia Contemporánea (UVigo). 'A Igrexa galega'.
11,30 h. Descanso.
12,00 h. Julio Prada Rodríguez. Profesor titular de Historia Contemporánea (UVigo). 'Propaganda e nacionalización das masas'.
13,30 h. Mesa redonda e debate: Deus e Patria: a comunidade nacionalcatólica mito ou realidade? J. R. Rodríguez Lago, Julio Prada, Domingo Rodríguez.
16,30 h. José Luís Castro de Paz. Catedrático de Comunicación Audiovisual (USC). 'O discurso e a pegada: a representación de Galicia nas imaxes cinematográficas durante o franquismo'.
18,00 h. Mesa de debate.
19,00 h. Entrega de diplomas.
martes, 22 de maio de 2012
Memoria da guerrilla entre Melide e Rianxo
Francisco Martinez -Quico
Entre Melide e Rianxo e na primeira fin de semana de xuño realizarase o encontro “A guerrilla e os campos de concentración” coa presenza de Quico, un dos últimos guerrilleiros vivos.
Sermosgaliza 4 de Maio do 2012
O III Seminario sobre a memoria que terá lugar entre Melide e Rianxo desde o día 1 de xuño achegarase á guerrilla e os campos de concentración. Alén das conferencias e mesas redondas, no encontro visitaranse os lugares nos que se instalaron campos de concentración franquistas. Francisco Martínez (Quico) relatará a súa experiencia e servirá como singular guía dalgunha das actividades das xornadas. Quico pertenceu á guerrilla de Manuel Girón que actuou entre Galiza e León ata 1951, data na que se exiliou a Franza.
Especialistas e investigadores como Xaquín Yebra, Xesús Costa ou Xesús Santos participarán neste seminario organizado pola Nova Escola Galega e a asociación Barbantia.
No programa inclúese unha viaxe até Rianxo pola ruta a través da que se realizaba o transporte de prisioneiros desde Padrón a San Pedro de Muros, ademais dun percorrido polos espazos de referencia dos prisioneiros do franquismo en Rianxo.
sábado, 4 de febreiro de 2012
Ciclo de Cinema memoria histórica organizado pola asociación Ferrolterra Nosa Memoria
Ciclo de Cinema memoria histórica organizado pola Asociación Ferrolterra Nosa Memoria
Proyeccións ás 20.00h na Capela Centro Cultural Torrente Ballester
Rúa Concepción Arenal, s/n. 15402 Ferrol
1 de febreiro
"A cidade da selva" dirixido por Helena Villares
Ano 2006
Duración: 74'
8 de febreiro
"Canciones para después de una guerra" dirixido por Basilio Martín
Ano 1971
Duración: 99'
15 de febreiro
- "Maricielo" dirixido por Pablo Ces
Ano 2011
Duración: 40'
-"As Silenciadas" dirixido por Pablo Ces
Ano 2010
Duración: 66'
29 de febreiro
"Mariñeira" dirixida por Antón Dobao
Ano 2007
Duración: 84'

martes, 6 de decembro de 2011
Xornada "Memoria, destrución e resistencia frente ao Nazismo". Liceo de Ourense
Día 16 decembro 2011. 18:00 a 21:00 horas
"Memoria, destrución e resistencia en Europa frente ao nazismo: 1933-1945".
Celebrarase no Liceo de Ourense.
Organiza: Rede Interuniversitaria. Aerópago Protestante
mércores, 23 de novembro de 2011
VII Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica en Carral (A Coruña)
A Asociación Cultural Aberta de Carral (A Coruña), organiza as VII Xornadas de Recuperación da Memoria Histórica que comenzaran o vindeiro xoves 24 de novembro e rematarán o 26 deste mesmo mes.
Neste septimo ano baixo o título "A política penintenciaria do franquismo", contamos cos mellores especialistas e con persoas aínda viva que foron presos do franquismo, ademais de proxectar a película documental "Aillados" de DE Antón Caeiro.
¡Non faltedes!
martes, 6 de setembro de 2011
HISTRAGRA organiza o Curso de Verán da USC: "Cincuenta anos de sindicalismo agrario: da ditadura á democracia (1936 - 1986)"
Cincuenta anos de sindicalismo agrario en España: da ditadura á democracia (1936 -1986)
Curso Universidade de Verán 2011
Estimados/as amigos/as,
Entre os días 8 e 10 de setembro, HISTAGRA. Grupo de Referencia Competitiva de Historia Agraria e Política do Mundo Rural do Departamento de Hª Contemporánea e de América da USC, organiza en Arzúa (A Coruña), un dos Cursos de Verán da Universidade de Verán 2011 baixo o título: "Cincuenta anos de sindicalismo agrario en España: da ditadura á democracia (1936 -1986)".
A inauguración oficial do curso celebrarase o xoves día 8 ás 9.30 horas no Recinto Ferial "Terra do Queixo", coa participación de José Luis García López, Alcalde de Arzúa; Francisco Durán Villa, Vicerreitor de Estudiantes, Cultura e Formación Contínua; Víctor Santidrián, Fundación 10 de Marzo de CCOO e Daniel Lanero Taboas, Director do Curso de Verán.
Acompañamos sinopse do Curso, o tríptico co programa en PDF e o cartaz anunciador do mesmo.
Un saúdo e agardamos que esta nova sexa de interese.
Para máis información:
Daniel Lanero Táboas
Universidade de Santiago de Compostela (USC)
Departamento de Historia Contemporánea e de América
Facultade de Xeografía e Historia
Praza da Universidade s/n, 15782
Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf: 981563100 ext:12636
MUNDO RURAL E SINDICALISMO AGRARIO A DEBATE EN ARZÚA, A CORUÑA
Entre os vindeiros 8 e 10 de setembro, celebrarase no Recinto Feiral “Terra do Queixo” (Multiusos) do Concello de Arzúa (A Coruña) o Curso de Verán: Cincuenta anos de sindicalismo agrario en España: da ditadura á democracia (1936 – 1986), organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria, Cultura e Sociedade da Universidade de Santiago de Compostela e polo Grupo de Investigación HISTAGRA: Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX.
Este Curso de Verán conta tamén coa colaboración do Excmo. Concello de Arzúa, do Proxecto de Investigación: Mobilización política e conflitividade social nun contexto de grandes cambios… e da Fundación 10 de Marzo de CCOO de Galicia.
Tomando como fío conductor a análise de medio século de asociacionismo agrario en Galicia e no conxunto de España, este seminario - no que participarán algúns e algunhas d@s máis nomead@s especialistas no tema nos ámbitos galego e estatal - pretende facer un balance historiográfico crítico e actualizado sobre a situación política e socio – económica do mundo rural durante a ditadura franquista, a transición e os primeiros anos da democracia (até o ingreso de España na CEE).
A primeira xornada (día 8 de setembro) adicarase a análise do sindicalismo vertical franquista no mundo rural como instrumento para a desmobilización política e o encadramento da sociedade rural, atendendo tamén a aspectos como a represión da preexistente sociedade civil rural, o cooperativismo franquista ou ós vencellos entre entidades sindicais, propietarios, poderes locais e empresariado agrícola.
As ponencias do día 9 de setembro centraranse nas organizacións do sindicalismo agrario democrático durante o tardofranquismo e a transición, é dicir, entre a clandestinidade e a legalización dos sindicatos, e no papel desempeñado por estes no agro como medio para a socialización política dos labregos e a reivindicación da democracia.
Unha mesa redonda no fin do mesmo día 9, que pretende dar voz á memoria de aqueles axentes da sociedade civil rural que protagonizaron a fase final do franquismo e a transición, analizará as grandes mudanzas estruturais (produtivas, sociais, demográficas… pero tamén políticas e culturais) que experimentou o mundo rural en Galicia e España dende 1960 en adiante, coincidindo coa chamada crise da agricultura tradicional, a imposición do paradigma produtivo da Revolución Verde e a incorporación de España á CEE e á Política Agraria Común (PAC). Unha saída de campo, na mañá do día 10, percorrendo diferentes paisaxes rurais do Concello de Arzúa e visitando unha explotación gandeira, servirá para apreciar in situ as “herdanzas”, as problemáticas e as expectativas de futuro deixadas pola industrialización da agricultura en esta bisbarra do interior de Galicia.
O Curso de Verán, de 20 horas de duración, está destinado a un público plural e diverso, que teña como denominador común o interese pola situación actual do mundo rural e pola súa xénese histórica. En primeiro lugar, a estudantes universitarios de grao e posgrao que estean a cursar estudos no eido das Humanidades e das Ciencias Sociais (Historia, Humanidades, Ciencias Económicas e Ciencias Políticas, Socioloxía, Antropoloxía, Ciencias Medioambientais…) pero tamén en ensinanzas técnicas relacionadas co mundo rural (Enxeñería Agroalimentaria, Forestal, Veterinaría...). Tamén a axentes sociais activos en entornos e sociedades rurais, como labreg@s, funcionari@s de servizos públicos vencellados á agricultura, mestres, técnic@s e empresari@s agrarios, membros de asociacións veciñais e culturais, organizacións sindicais e partidos políticos… e en xeral a calquera persoa que desenvolva a súa vida cotiá nun entorno rural… De aí a elección de Arzúa (A Coruña), un concello rural representativo dunha economía de base agrogandeira, para a realización deste Curso de Verán da USC.
domingo, 7 de agosto de 2011
"Facianas da represión franquista na Terra de Montes"
Amigas e amigos:
Desde a asociación Verbo Xido de Terra de Montes achégovos unha das fotos que forman parte da publicación que se vai presentar o día 13 de agosto, "Facianas da represión franquista na Terra de Montes", realizada polo historiador Dionísio Pereira e por Xosé Ramón Paz Antón, exdiputado no Parlamento galego do BNG e actual concelleiro no Porriño, que nos últimos tempos traballa na elaboración dun arquivo fotográfico de Memoria Histórica a nivel galego.
No acto que terá lugar no Centro Cultural de Cerdedo ás 19,30 horas, tamén intervirá o historiador estradense Xoan Carlos Garrido, coordinador de Iniciativa Galega pola Memoria, actual punto de encontro das asociacións que traballan neste eido no noso país, que presentará unha iniciativa a prol da erradicación da simboloxía franquista no territorio galego.
Posteriormente ao acto, no que se repartirá de balde a publicación entre a asistencia, iremos ás 20,30 horas apróximadamente á Ponte do Barco en Pedre para homenaxear ás vítimas cerdedenses da represión franquista e alí contaremos cunha colaboración moi especial como é a de Amalia Bóveda, filla de Alexandre Bóveda, asasinado como é sabido na Caeira (Poio) o 17 de agosto do 36, que porá o remate a esta xornada de recoñecemento ás vítimas inxustamente esquecidas e non recoñecidas xurídica e, decote, socialmente como tais.
Na foto podedes ver a Jose Mª. Taberneiro Fraíz de Vilapouca (Soutelo) durante os anos 20, xunto con outros compañeiros na entrada da mina de carbón de Indiana (EEUU) onde traballaban. Taberneiro, foi "paseado" a carón doutros tres compañeiros de Soutelo e Cerdedo na noite do 11 de agosto de 1936.
Agardamos, outro ano máis, o voso apoio e a vosa asistencia.
Un saúdo.
Lola Varela.
Presidenta da Asociación Verbo Xido
domingo, 3 de abril de 2011
Tributo aos composteláns que sufriron represión
O ciclo «A memoria silenciada. Conxo e Compostela», homenaxeará ás vítimas da ditadura franquista
M. Beceiro -Santiago-A Voz 2/4/2011
A concellaría de Cultura dará voz aos composteláns que sufriron a represión e dará a coñecer a historia e o edificio do Psiquiátrico de Conxo co programa A memoria silenciada. Conxo e Compostela. A concelleira, Socorro García, recordou que «máis de douscentos veciños e veciñas» sufriron múltiples formas de represión.
O ciclo arrinca o luns día 4 coa conferencia Ánxel Casal Gosende, alcalde de Santiago e editor de Nós, a cargo de Miguel A. Seixas, proxectándose a continuación "Ánxel Casal a luz impresa".
O día 6 Pilar García Negro falará sobre Castelao, Compostela e ou Seminario de Estudos Galegos, proxectándose "Filmando a Castelao".
O día 7 haberá unha mesa redonda, Os nomes e as voces de Compostela e Conxo, con Lourenzo Fernández Prieto e Luis Pasín, e a proxección de "Liste, pronunciado Lister".
O 11 falará Encarna Otero sobre Ou silencio dás silenciadas e proxectarase "Coralia e Maruxa". As irmás Fandiño.
O 13, David Simón falará sobre Galenos de Galicia: historias de represión, exilio e depuración, tras o cal proxectarase "Galicia, a tempestade do 36".
E o 14, unha mesa redonda sobre Ou psiquiátrico de Conxo non tardofranquismo, e o filme "A mirada de Anna".
Etiquetas:
14 de abril,
actos,
conferencia,
documental,
exilio,
homenaxe,
mulleres,
Santiago,
vitimas,
xornadas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)