Esquerda independentista galega convoca em Vigo concentraçom no 40 aniversário do assassinato de Moncho Reboiras.
Amosando publicacións coa etiqueta concentración b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concentración b>. Amosar todas as publicacións
martes, 11 de agosto de 2015
domingo, 22 de febreiro de 2015
xoves, 16 de outubro de 2014
Concentración pola retirada da cruz franquista do Castro ¡Retirada! 15/10/2014
martes, 14 de outubro de 2014
Concentración cidadá, abaixo a cruz fascista do Castro
CONCENTRACIÓN NA CRUZ DO CASTRO MERCORES 15 ÁS 20 H
A Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, apoiamos e participamos na iniciativa dos colectivos políticos, sindicaís e sociais de vigo, na concentración no lugar de inxuria a democracia e ofensiva para as vitimas dos asasinatos, dos torturados e torturadas, dos presos e presas en cárceres e campos de concentración, dos e das exiliados/as, dos que sufriron incautacións -ainda non devoltas- todos e todas desprezados polo sistema da ditadura e da chamada democracia. estado que ainda non condenou o levantamento fascista nin recoñeceu ás vitimas, pero segue homenaxeando aos verdugos nese infamante simbolo en forma de cruz.
Non podemos consentir que o psoe sexa un coletivo servil apoiando ao pp , no revisionismo franquista
ACUDE O MÉRCORES Á CONCENTRACIÓN QUE CO APOIO DE COLECTIVOS SOCIAIS, PARTIDOS E ORGANIZACIÓNS SINDICAIS TERÁ LUGAR ÁS 20 HORAS AO PE DA CRUZ DO CASTRO EN VIGO
¡¡¡NON A CRUZ DO CASTRO¡¡¡
¡¡¡ABAIXO A SIMBOLOXÍA FRANQUISTA EN VIGO¡¡¡
CONCENTRACIÓN CIDADÁ
ABAIXO A CRUZ FASCISTA DO CASTRO!
Mércores 15 de outubro, ás 20h no Castro (ao pé da Cruz)
CIG-Vigo
Prezada compañeira,
Prezado compañeiro,
Diversas organizacións sociais, políticas e sindicais, entre as que nos atopamos a Confederación Intersindical Galega, promovemos a convocatoria dunha concentración cidadá para reclamarmos ao Goberno municipal de Vigo, encabezado por Abel Caballero, que execute a sentenza do xulgado número 2 de Vigo que o pasado 4 de setembro fallou que a chamada "Cruz dos Caídos" situada no Monte do Castro debe ser retirada por constituír un símbolo de exaltación fascista.
A CIG vimos defendendo desde hai moitos anos a necesaria supresión dunha simboloxía que ofende ás moitas vítimas tanto do golpe militar fascista de 1936 como da cruel ditadura que durante catro décadas padeceu o noso povo, e singularmente a clase traballadora. Achamos inconcebíbel que en pleno 2014 continúe en pé unha Cruz fascista de 12 metros de altura en pleno corazón da cidade de Vigo. Consideramos a posición adoptada polo Goberno local do PSOE de recorrer a sentenza e a súa reiterada negativa a retirar este vestixio franquista un acto de cinismo e clara conivencia coa simboloxía fascista.
É por iso que facemos un chamamento ao conxunto da nosa afiliación a participardes nesta convocatoria, para xuntos e xuntas pedir o seu derrube: abaixo a Cruz fascista do Castro!
Recebe un saúdo nacionalista e de clase.
SERAFÍN OTERO
Secretario Comarcal CIG-Vigo
A Asociación pola Memoria Histórica 28 de agosto de Cangas apoia a protesta contra a Cruz do Castro de Vigo. Anima a participar na concentración de mañá ao pé do monumento vigués
Faro de Vigo | Cangas 14.10.14
A Asociación Canguesa pola Memoria Histórica mostrou o seu respaldo ao acordo de Iniciativa Galega pola Memoria no que critica a decisión do goberno municipal de Vigo de non acatar a sentenza que pide a derriba da Cruz do Castro, ao presentar un recurso contra o mesmo. A asociación subliña que a única solución é acatar a sentenza e derrubar a Cruz do Castro, así como eliminar a simboloxía anexa.
O colectivo cangués apoia, por tanto, a concentración que mañá terá lugar ao pé do monumento a partir das 20 horas, á vez que anima a toda a poboación de Cangas e da comarca a que se some ao mesmo.
O colectivo cangués apoia, por tanto, a concentración que mañá terá lugar ao pé do monumento a partir das 20 horas, á vez que anima a toda a poboación de Cangas e da comarca a que se some ao mesmo.
Etiquetas:
comunicado,
concentración,
cruz do Castro,
lei da MH,
Pontevedra provinc,
simbolos fascistas,
solidaridade,
Vigo,
xusticia
luns, 6 de outubro de 2014
Unha concentración denunciará o día 15 a teima de Caballero por manter a Cruz do Castro
Concentración de protesta o vindeiro mercores 15 ás 20 horas diante da Cruz do Castro
Praza Pública - Marcos Pérez Pena
Ducias de colectivos reclaman a derruba da Cruz do Castro
Ducias de colectivos reclaman a derruba da Cruz do Castro
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, decidiu este luns, xusto cando o prazo legal estaba a piques de rematar, recorrer a sentenza do TSXG que obriga a derrubar a Cruz do Castro, símbolo franquista, por contravir a Lei de Memoria Histórica. De feito, fíxoo fóra dos 15 días habituais que se outorgan para realizar estes recursos, aproveitando as últimas horas do día de gracia que concede. E fíxoo coincidindo co pleno municipal no que PSOE e PP renovaron o seu apoio ao mantemento da Cruz.
En resposta a esa decisión do Concello, este xoves representantes dalgunhas das entidades que piden o derrubo do monumento, entre as que destacan a Asemblea Republicana de Vigo, sindicatos, entidades veciñais e partidos políticas, ofreceron unha rolda de prensa, para amosar a súa valoración polo recurso presentado e anunciar novas accións e mobilizacións, entre elas a defensa da sentenza xudicial ante o propio Tribunal Superior.
Condenan "de forma unanime e coa maxima contundencia" a decisión do alcalde de recorrer a sentenza, convocando unha concentración de protesta o vindeiro mercores 15 ás 20 horas diante da Cruz do Castro
Na rolda de prensa, leuse un texto conxunto das entidades convocantes, na que manifestan "a nosa máis enerxica protesta pola inopinada e incoherente defensa que o alcalde socialista quere facer do símbolo maximo da ditadura na nosa cidade, ergueito, e non por casualidade, fronte ao Concelllo, nun lugar de patente privilexio e publica ofensa". E condenan "de forma unanime e coa maxima contundencia" a decisión do alcalde de recorrer a sentenza, convocando unha concentración de protesta o vindeiro mercores 15 de setembro ás 20 horas diante da Cruz do Castro.
Contestan ademais o argumento empregado por Caballero de que "o monumento xa non representa un homenaxe ao fascismo porque agora so é unha cruz cristiá" e sinalan que "tal pretexto reforza o negacionismo franquista e a pretensión de que os crimes contra a humanidade se consoliden nun modelo de impunidade perefecta: os simbolos relixiosos que lexitimaron a infamia do 36 se invocan agora para perpetuala".
Engaden que "a connotación política dese monumento é ineludiblemente franquista e o alcalde socialista incurre en autoengano cando trata de reconvertilo para compracer, de feito ou de intención, aos complices da ditadura" e lembran que "a represión en Galicia sucedeu na retagarda, baixo a sobreactuación terrorista duns golpistas que trataban de afastar, a medio da crueldade extrema, o temor da derrota". E así mesmo sinalan que "a ofensa popular pola decisión do alcalde é a mellor medida do vivo que esta na lembranza a infamia do 36".
"Cando nós iniciamos este traballo para a retirada destes elementos, tratábase só de retirar unha cruz. Pero a teima de Caballero en mantela está facendo que esta cuestión se estenda por toda Galicia e que se convirta nun debate máis amplo"
O presidente da Asociación Viguesa pola Memoria Histórica do 36, Telmo Comesaña, considera "moi positivo" que a sociedade se "organice" nun movemento contra a simboloxía franquista que está "en crecemento". "Cando nós iniciamos este traballo para a retirada destes elementos, tratábase só de retirar unha cruz", di, "pero a teima de Caballero en mantela está facendo que esta cuestión se estenda por toda Galicia e que se convirta nun debate máis amplo". "Amólame que o debate se acabe centrando na cuestión de 'a cruz si ou a cruz non' e non no fondo da cuestión", destaca Comesaña, ao tempo que denuncia o mantemento en España de "cuestións inaceptables, que non se producen por exemplo en Alemaña". "O día 15 estaremos na concentración, eu coa foto de meu pai, para que se vexa que tiña rostro", conclúe.
Apoio masivo ao derrubo
CCOO, CIG e UGT difundiron un manifesto conxunto no que rexeitan o apoio outorgado por PSOE e PP no pleno municipal de Vigo ao mantemento da Cruz do Castro
A acatamento da sentenza e o derrubo deste símbolo franquista acada o consenso da meirande parte dos partidos e entidades sociais da cidade. Este mesmo mércores, os tres sindicatos maioritarios, CCOO, CIG e UGT, difundiron un manifesto conxunto no que rexeitan o apoio outorgado por PSOE e PP no pleno municipal de Vigo ao mantemento da Cruz do Castro. Os tres sindicatos sinalan que "non se trata simplemente dunha cruz", senón dun "símbolo fascista ao pé do cal foron fusiladas persoas desta cidade que non eran afíns ao réxime" e lembran que "a sentenza recoñece o trasfondo e a significación desta cruz e obriga o Concello ao seu derrubamento". Critican sobre todo a postura dos socialistas, "un goberno que presume de que modificou o dito símbolo fascista por acordo unánime dun pleno de 1981, non debería hoxe poñer tantos atrancos para cumprir unha sentenza que ditamina o cumprimento da lei de memoria histórica"
Hai uns días, ademais, Esquerda Unida remitiulle un escrito ao bispo da diócese Tui-Vigo no que denunciaba “o uso absolutamente falaz e arbitrario que o chamado bando nacional fixo da simboloxía cristiá deixou centos de monolitos, estatuas, placas, etc… que, sen perder a súa significación de lembranza da vitoria sobre os opositores, pretendían identificar o pensamento e práctica cristiá coa brutalidade da represión absolutamente incompatible cos valores da igrexa católica na súa formulación doctrinaria”. EU reclamaba ao bispo que fixera valer a autoridade que a súa figura otorga para que o Concello retire o recurso. Na súa resposta o bispo afirma literalmente “que nunca deixarei de intentar que todos, crentes ou non crentes, tratemos de descubrir e respectar o sentido cristiano da cruz, como símbolo supremo de reconciliación e perdón”, o que para EU supón unha defensa velada da permanencia do monumento fascista no Castro. Xa o pasado ano denunciábase a existencia dun pacto entre o Concello e o Bispado para o mantemento da Cruz.
domingo, 21 de setembro de 2014
"Non son prorrusos, son antifascistas!"
Entrevistamos a Óscar Valadares, activista do Comité Galego de Solidariedade Internacionalsita "Mar de Lumes", que convoca hoxe unha concentración en Vigo de solidariedade á Ucraína antifascista. O no MARCO.
Redacción | @VigoDixital
Arredor dun cento de persoas participaron na concentración de solidariedade coa "Ucraína antifascista" convocada na nosa cidade por "Mar de Lumes" e apoiada por numerosas organizacións políticas e sociais. Vídeo no interior.
Numerosas organizacións políticas e sociais apoiaron a convocatoria
O acto realizouse esta sexta feira, venres, ás 20:30h diante do MARCO, e nel ouvíronse consignas contra o goberno golpista de Kiev. "Non son prorrusos, son antifascistas", "Non pasarán", "Unión Europea, unión imperialista", foron algunhas das palabras de orde coreadas polas persoas que se concentraron nas escaleiras do museo.
Ao remate do acto deuse lectura a un breve manifesto no que se facía un apelo directo á "clase traballadora galega" a se solidarizar coa loita antifascista, en alusión ás milicias populares que combaten no Donbass contra o exército ucraíno.
A concentración contou co apoio de A Esquerda, Anova, BNG, CIG, Colectivo Nacionalista de Marín, Comités, Comunistas da Galiza-PCPE, FPG, Galiza Nova, Isca!, Liga Estudantil Galega, MGS, Nós-UP, PCG, PCPG, Partido Humanista e Xeira.
martes, 16 de setembro de 2014
Vigo acollerá unhas xornadas de solidariedade coa Ucraína antifascista
Redacción | @VigoDixital | 15 de Septembro de 2014
O Comité Galego de Solidariedade Internacionalista "Mar de Lumes", en colaboración coa Liga Estudantil Galega, convocan esta semana na nosa cidade unhas xornadas solidarias coa Ucraína antifascista baixo o lema "paremos a agresión imperialista".
A programación inclúe unha palestra arredor da situación que se vive naquel país do leste europeu. Óscar Valadares será o encargado de debullar o conflito desatado tras o golpe de estado que derrocou ao Presidente Ianukovich, auspiciado polas potencias occidentais e participado por grupos neonazis no chamado "Euromaidan", e a proclamación –por referendo popular- das República Populares de Donetsk e Lugansk.
Arestora o conflito atravesa un impass logo do cesar o fogo acordado entre Kiev e as milicias populares antifascistas. Estímase que as vítimas mortais, maiormente civís, superan os dous milleiros, e son centos de miles as persoas desprazadas das súas vilas e cidades a consecuencia dos bombardeos e ataques de artillería por parte do exército comandado polo goberno golpista. A charla terá lugar esta terza feira (martes) día 16 ás 20:30h na Libraría Andel (Camelias 102).
Completa o programa das xornadas unha concentración solidaria co povo ucraíno e a resistencia da rexión do Donbass, convocada para a sexta feira (venres) 19 ás 20:30h diante do MARCO.
[Vídeo] Chamamento de Novorossia aos pobos de Europa
Hoxe Ucraína é soamente un campo de entrenamento militar para o renacemento do fascismo mundial. Ao tempo, a poboación do Sureste sofre unha invasión militar que supón o masacre diario da súa poboación nunha operación baixo o paraugas dos EUA, da UE e da OTAN. Fronte o ocultamento mediático e a pasividade xeralizada, o pobo da Novorussia fai un chamado urxente á solidariedade dos diferentes pobos
Grande assistência nas jornadas solidárias com a Ucrânia antifascista que organizam Mar de Lumes e a Liga Estudantil Galega Vigo. Perto de 70 pessoas estiverom durante 2 horas debatendo sobre a situaçom actual no Donbass, geopolítica e o papel do fascismo e o imperialismo no conflicto ucraniano.
As jornadas finalizam a vindoura sexta-feira com um acto solidário convocado no Marco às 20:30.
Proximamente Ilkerman Iker e GZ Videos publicarám imagens e videos da palestra, a quem ...agradecemos o vosso trabalho.
Máis informaçom: www.mardelumes.org
luns, 25 de agosto de 2014
O fillo dun alcalde galego asasinado no franquismo intentará entregarlle unha carta a Merkel este luns en Santiago
![]() |
| A pancarta nas proximidades da praza do Obradoiro o día 25 |
Traducción Estación Atlántica
O primeiro querellante contra o franquismo en Arxentina e fillo do alcalde republicano de Castro de Rei (Lugo) asasinado polas forzas franquistas, Darío Rivas, intentará entregarlle unha carta á canciller alemá, Ángela Merkel e ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.
EUROPA PRESS. 24.08.2014
O primeiro querellante contra o franquismo en Arxentina e fillo do alcalde republicano de Castro de Rei (Lugo) asasinado polas forzas franquistas, Darío Rivas, intentará entregarlle unha carta á canciller alemá, Ángela Merkel e ao presidente do Goberno, Mariano Rajoy.
Farao este luns en Santiago e nela, segundo informou a Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica a través dun comunicado, pide que Alemania "descúlpese públicamente polo apoio militar a Franco, os bombardeos de civís e o internamiento de 14.000 republicanos españois nos campos nazis".
Ademais, Darío Rivas, acompañado polo escritor galego Manuel Rivas e por membros da mencionada asociación da memoria histórica, pedirá ao Goberno español que "retire todos os honores que figuran no Boletín Oficial do Estado a Hitler, Himmler e decenas de oficiais nazis".
Así, os activistas achegaranse ás 10,30 horas deste luns á Praza do Obradoiro, con "unha gran pancarta" na que aparecerá unha "fotografía de tamaño natural dunha fosa" e a frase 'Merkel, Alemania estivo aquí'.
Unha vez finalizado o intento de entregarlle a carta á canciller alemá e ao xefe do Executivo español, o activista, de 94 anos de idade e residente desde fai máis de 80 anos en Bos Aires, lerá o escrito, tras o cal o autor de 'O lapis do Carpinteiro' falará sobre a memoria histórica.
Xa solicitaron as desculpas de alemania
A Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica xa informou o pasado xoves de que enviaran esta petición a Merkel como previsión da súa visita á capital galega.
De feito, o presidente da organización, Emilio Silva, remarcou que, "noutras ocasións", solicitaron o "mesmo xesto" de perdón e recibiron negativas por parte da embaixada alemá, que respondeu que non se inmisce" en asuntos de España.
Con todo, a asociación recordou que, en agosto de 2004, o canciller naquel momento, Gerhard Schröder, pediu perdón polos crimes nazis nunha visita a Polonia. Deste xeito, reprochou que Alemania si presente as súas desculpas "ante numerosos países" por motivos similares, pero non a "toda a sociedade española".
Vídeos do día 25
A Policía Nacional cargaron contra os centos de manifestantes que se congregaron ese día en Santiago
Etiquetas:
actos,
concentración,
fascismo,
franquismo,
nazismo,
querela argentina,
represión,
Santiago,
simbolos fascistas,
videos
mércores, 6 de agosto de 2014
xoves, 24 de xullo de 2014
Paremos o xenocidio en Gaza. Concentración na Coruña
Xoves 24 de xullo ás 20 horas no Obelisco da Coruña
Hai uns días iniciábase por parte do exército de Israel unha das peores ofensivas dos últimos anos contra o territorio palestiniano de Gaza. Día tras día estanse a suceder escenas de verdadeiro horror que nos falan ás claras dun auténtico xenocidio. Aos constantes bombardeos sobre o territorio de Gaza uniuse agora unha... ofensiva terrestre que está a causar non só centos de mortxs e feridxs, senón o pánico dunha poboación civil desarmada que non ten para onde fuxir. O masacre continúa no medio da pasividade, a complacencia ou o apoio expreso da chamada comunidade internacional, que nada fai para pararlle os pés ao goberno xenocida israelí.
Perante unha situación límite insuportábel e aberrante chámase en réxime de autoconvocatoria a unha concentración para a quinta feira (xoves) 24 de xullo ás 20 horas no Obelisco da Coruña. Polo fin da agresión a Gaza, pola paz, pola liberdade de Palestina. Contra o xenocidio do pobo palestino. Paremos o masacre. Stop Ocupación!
Perante unha situación límite insuportábel e aberrante chámase en réxime de autoconvocatoria a unha concentración para a quinta feira (xoves) 24 de xullo ás 20 horas no Obelisco da Coruña. Polo fin da agresión a Gaza, pola paz, pola liberdade de Palestina. Contra o xenocidio do pobo palestino. Paremos o masacre. Stop Ocupación!
mércores, 16 de xullo de 2014
#GalizaconPalestina 12, 14 e 16 de Xullo 2014
![]() |
+ VER GALERÍA COMPLETA DE IMAXES |
Ourense [galería de fotos]
Ferrol
Santiago [galería de fotos]
Vigo [galería de fotos]
Colocación de bandeiras palestinianas nas rúas de Pontevedra
Axitación solidaria na Coruña con colocación de faixas e
bandeiras de Palestina, 12 de xullo
Marín 12 de xullo
Etiquetas:
A Coruña,
bombardeos,
concentración,
crimenes humanidade,
Ferrol,
manifestacion,
Ourense,
Palestina,
Pontevedra,
Pontevedra provinc,
Santiago,
solidaridade,
Vigo
sábado, 12 de xullo de 2014
Concentracións solidarias coa Palestina
Mar de Lumes 11/7/14
Mar de Lumes 11/7/14
A solidariedade galega coa Palestina reuniuse máis unha vez en diversos puntos do país para condenar os bombardeamentos do exército de Israel e reclamar a liberdade para o pobo palestiniano. Convocados por diversas organizacións, entre as cales Mar de Lumes, celebráronse senllas concentracións en Compostela, A Coruña e Lugo.
A de Compostela, que chegou case ás 200 persoas, contou, alén de con Mar de Lumes, coa participación de outras organizacións de solidariedade coa Palestina, entre elas Galiza Por Palestina e BDS Galiza e a Asociación Galaico-Árabe Jenin, que dirixiu unhas palabras por medio do seu portavoz Sami Ashour. Ademais, acordouse nela convocar unha nova manifestación de solidariedade coa Palestina para o luns 14, con saída ás 20:00h. da praza do Toural de Compostela.
Non á ocupación criminal da Palestina
Liberdade para os Povos!
Estas son as mobilizacións convocadas (en actualización):
- Compostela: luns 14, 20:00h. Praza do Toural.
- Ourense: luns 14, 20:30h. Praza do Ferro
- Vigo: luns 14, 20:00h. Farola de Urzaiz *
*A concentración de Vigo non esta incluída na noticia orixinal é engadida pola Estación Atlántica
Etiquetas:
A Coruña,
concentración,
Lugo,
Ourense,
Palestina,
Pontevedra,
Pontevedra provinc,
Santiago,
solidaridade,
Vigo
martes, 24 de xuño de 2014
Selección de videos das concentracións #GalizaPolaRepública
#GalizaPolaRepública - Accede en GzVideos.info á selección de videos das diferentes concentracións realizadas en todo o país desde a abdicación do Borbón no seu fillo.
Se non está a túa localidade envíanos o material de vídeo e editámolo! GzVideos, apaga a TV, prende a túa mente!
xoves, 19 de xuño de 2014
Concentración en Pontevedra pola República Galega
As galegas e galegos non temos rei. República Galega XA!! Hoxe haberá concentracións en todas as cidades galegas ás 20h. En Pontevedra será na Praza da Peregrina.
Concentración Unitaria xoves 19 En Noia
Terra de Outes 18/6/14
A Asociación Terra de Outes e a Comisión pola Memoria Histórica do Barbanza convocan a todos os seus socios/as e amigos /as a participar na concentración Unitaria que terá lugar o próximo xoves, 19 de xuño, a partir das 20.30 h., diante da Casa do Concello de Noia co lema GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR.
DI NON Á MONARQUÍA!!!
DEREITO A DECIDIR!!!
En arquivo adxunto envío o texto do manifesto
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
A Asociación Terra de Outes e a Comisión pola Memoria Histórica do Barbanza convocan a todos os seus socios/as e amigos /as a participar na concentración Unitaria que terá lugar o próximo xoves, 19 de xuño, a partir das 20.30 h., diante da Casa do Concello de Noia co lema GALIZA POLA REPÚBLICA E POLO DEREITO A DECIDIR.
DI NON Á MONARQUÍA!!!
DEREITO A DECIDIR!!!
En arquivo adxunto envío o texto do manifesto
Xoán X. Mariño
Presidente da ACC Terra de Outes
mércores, 18 de xuño de 2014
luns, 9 de xuño de 2014
Concentración en Vigo contra a monarquia española e pola República galega
O BNG continúa coas mobilizacións en diferentes vilas e cidades do país para denunciar, após a abdicación do Rei de España, o actual réxime herdado do franquismo e demandar un novo proceso constituínte que recolla o dereito dos pobos a decidir.
É por iso, que o BNG da Comarca de Vigo fai un chamamento á sociedade a participar na concentración convocada para mañá martes, ás 20.00h diante do Museo MARCO na rúa do Principe (Vigo) contra a monarquía española, pola soberanía e pola república da Galiza.
Decenas de persoas rodean o Hórreo para pedir un República galega
![]() |
| Foto Óscar Corral |
O portavoz do BNG criticou que PP e PSOE resolvan a situación «ás ocultas»
A Voz - Efe 07 de xuño de 2014
Decenas de persoas participaron este sábado nun abrazo simbólico ao Parlamento de Galicia para reclamar unha República galega. No acto participou o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, que criticou que o PP e o PSOE resolvan a «crise profunda» do sistema institucional e da monarquía de «tapadillo».
En declaracións aos medios mentres militantes da organización rodearon o Parlamento de Galicia, nunha actuación que contou tamén con participárona integrantes de NOS-UP, o líder nacionalista galego criticou, así mesmo, que se están «baleirando» de competencias ás institucións autonómicas, singularmente, á Cámara.
Deste xeito, Xavier Vence lamentou que as decisións se tomen «fóra das institucións democráticas».
Medio milleiro de persoas clama pola III República na rúa do Príncipe en Vigo
Vinte organizacións políticas e sindicais, entre elas EU e Anova, convocaron a concentración
A Voz - Carlos Punzón. Vigo 08 de xuño de 2014
Algo máis de cincocentas persoas están a concentrarse na rúa do Príncipe de Vigo esixindo a celebración dun referendo no que a sociedade española decida o seu modelo de xefatura de Estado.Vinte organizacións políticas e sindicais convocan a concentración que continúa cara á Porta do Sol.
Nun manifesto lido ante o MARCO, as organizacións convocantes claman pola proclamación da III República, como tamén forzas independentistas pediron que a república teña carácter soberano en Galicia.
O gasto que representa a familia Real, o aumento dos casos de corrupción ou as alianzas que os manifestantes auguran multiplicásense entre o PSOE e o PP para manter a actual correlación de forzas e poderes no Estado son algunhas das razóns que os concentrados corean en favor da celebración dun referendo e a posterior proclamación dunha nova república.
venres, 6 de xuño de 2014
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






























