A biografía de Ascensión Concheiro podería ser unha das esquecidas
historias da represión franquista se non fora porque Manuel Rivas a
levou á literatura en O lapis do carpinteiro.
Ascensión Concheiro, Chonchiña, morreu en México aos cen anos, o país do seu exilio ao que regresara en 2012
Ascensión Concheiro, Chonchiña, morreu en México aos cen anos, o país do seu exilio ao que regresara en 2012
Chonchiña, como era coñecida Ascensión
Concheiro, viviu en Tui até poucos anos antes da súa morte, acontecida
neste peche de agosto en México a pouco de ter feito os cen anos. Tui
foi o lugar do regreso xunto con Francisco Comesaña, o médico comunista
co que compartiu a súa vida e protagonizou a intensa historia que Rivas
novelou. A México regresou hai apenas dous anos, para vivir a súa última
etapa na compaña da súa filla, instalada xa para sempre no país do
exilio dos pais.
Con Francisco Comesaña partillara unha intensa historia de amor e resistencia que Manuel Rivas levou a novela en O lapis do carpinteiro e
Antón Reixa ao cine na película do mesmo nome. Médico Comunista,
Francisco Comesaña estivo preso na cadea de Compostela, entre outros,
con Manuel Calvelo e Isabel Ríos e esta mesma lembra nas súas memorias
as visitas de Ascensión Concheiro ao cárcere e a súa solidariedade cos
demais presos. Como no caso de Isabel Ríos, tamén a Francisco Comesaña a
sentenza de morte foille conmutada por cadea perpetua e despois dun
tempo en diversas cadeas franquistas, a parella, casada por poderes,
atopa a liberdade no seu exilio en Cuba e México até o seu regreso a Tui
en 1975.
Natural de Ordes, onde nacera en 1913, Chonchiña coñece a Francisco
Comesaña en Compostela, cando tiña dezasete anos e xa era secretario das
Xuventudes Socialistas en Santiago. O 26 de xullo de 1936, cando van
xuntos para que coñeza ela coñeza á nai del, Comesaña é detido e
encarcelado en Santiago onde a presión do goberno cubano -el nacera en
Cuba- fai que a pena de morte de fora conmutada por cadea perpetua.
Casados por poderes, Conchiña e Paco a primeira convivencia despois do
matrimonio foi a viaxe en tren dos cárceres de Valencia a Vigo, baixo a
custodia da Garda Civil, episodio que Rivas narraría na súa novela.
Máis de trinta anos vivirían en México, onde Conchiña Comesaña
participaría na Asociación de Mulleres Antifascistas Mariana Pineda.
No congreso, O Exilio Galego, celebrado en Pontevedra no
1999, Ascensión Concheiro foi homenaxeada canda Mariví Villaverde como
símbolo das mulleres que sufriron o exilio para fuxiren da represión
franquista.
Nenhum comentário:
Postar um comentário