O Alcalde socialisto de Vigo é condenado pola xusticia a derrubala de urxencia pero segue negándose

sábado, 29 de maio de 2010

Non permitiremos a ocultación da memoria da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón


O día 5 de Xaneiro de 2010, 18 colectivos galegos relacionados coa recuperación da memoria dos represaliados e represaliadas tras o golpe militar de 1936, asinabamos un MANIFESTO A PROL DA CONTINUIDADE DE COLABORACIÓN POR PARTE DA XUNTA DE GALICIA NO TRABALLO DE RECUPERACIÓN DA MEMORIA DA REPRESIÓN FRANQUISTA EN GALICIA.

No segundo punto, subscribiamos:

“Perante o cambio de usos para a Illa de San Simón, demandamos que a mencionada illa sexa considerada “Lugar da Memoria” de especial significación na historia de Galicia e como tal debe ser sinalizado, patrimonializado e promovido, de maneira que alí se poidan desenvolver todo tipo de actos de recoñecemento, homenaxe e difusión da memoria de todas aquelas persoas que sufriron a perda da vida e da liberdade por ser demócratas”.

Pois ben, no día de hoxe coñecimos polos medios de comunicación o novo plano de usos que a Consellería de Cultura e Turismo quere desenvolver nos vindeiros anos na Illa, un plano de usos que, malia as declaracións do Sr. Conselleiro de que “las actividades se desarrollarán sin olvidar la historia ni las víctimas”, obvía totalmente os actos relacionados coa memoria dos vencidos. Partindo da base de que non consideramos incompatibles as propostas artísticas e culturais coas actividades que lembren á sociedade galega a barbarie do fascismo e o sacrificio dos e das que morreron tamén pola nosa liberdade, entendemos que as devanditas declaracións non son unha tentativa de enganar á opinión pública dicindo o contrario do que se pretende facer, tan só se dende a Consellería se cumpren as seguintes premisas:

1º) Se respeta a musealización xa acometida na Illa en lembranza da Colonia Penitenciaria, incluíndo a exposición, as placas de homenaxe e as distintas propostas estéticas xa realizadas.

2º) Se facilitan as visitas de grupos promovidas polas asociacións memorialísticas.

3º) Se leva a cabo o Centro Documental sobre a Memoria da Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón nun prazo razonable de tempo.

4º) Se permite realizar o acto que, dende o ano 2006, se ven celebrando o día 18 de Xullo na Illa como homenaxe nacional ás vítimas do franquismo en Galicia.

Se son estas as intencións dos responsables da Consellería, concordamos; se o que se pretende é confundirnos con declaracións ambiguas, aínda se está a tempo para rectificar. En consecuencia, solicitamos na maior brevidade posible unha entrevista co Director-Xerente da Fundación da Illa de San Simón, Sr. Alonso, na que poidamos abordar esta temática.

Estamos abertos ao diálogo e agardamos idéntica actitude por parte da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. De non ser así, defenderemos con toda enerxía e con todos os medios legais ao noso alcance o dereito da sociedade galega a saber o que aconteceu e a dignificar ás persoas inxustamente sacrificadas, persoas que hoxe deberían ser un referente ético para toda a cidadanía e o conxunto dos seus representantes políticos.

Galicia, 27/5/2010

Asociacións asinantes:

Asemblea Republicana de Vigo (Vigo)

Asociación pola Recuperación Histórica de Marín (Marín)

Asociación Memoria Histórica 28 de agosto (Cangas)

Asociación Cultural Comisión pola Memoria “Sinhor Afranio” (Colectivo da provincia de Pontevedra)

Asociación Ecoloxista e Cultural de Terra de Montes “Verbo Xido” (Terra de Montes)

Asociación Cultural Vagalumes (A Estrada)

Asociación viguesa pola Memoria Histórica do 36 (Vigo)

Colectivo Republicano de Redondela (Redondela)

Asociación “Amigos de Johan Carballeira” (Bueu)

Comisión Cidadá pola Verdade do 36 (Baixo Miño)

CRMH d´A Coruña (A Coruña)

Fundación 10 de marzo de CCOO (Galicia)

Instituto de Estudos Miñoranos (Val Miñor)

Asociación para a Defensa da Memoria Histórica e recuperación do Patrimonio Inmaterial de Teo, A Oliveira (Teo)

Fundación Luis Tilve UGT (Galicia)

Fundacion Galega contra a Impunidade "Fernando Pereira"

Asociación Cultural “O Naranxo” (Lalín)

Asociación “Amigos da República” (Ourense)

Comisión pola Memoria Histórica “Sempre con Vós” Cidadanía pola Verdade (Pontevedra)

Asociación Cultural “Irmáns Suárez Picallo” (Sada)

Asociación Cultural “O Meigallo” (Cuntis)

Asociación Cultural “O Fervedoiro” (Cuntis)

Asociación Cultural “Adellís” (Silleda)

Asociación da memoria histórica “Sempre con vós” cidadanía pola verdade (Pontevedra)

Nenhum comentário:

Postar um comentário